A importancia nuclear da Xeración Galaxia na saída do primeiro franquismo (1937-1956), inédito 2000

October 1, 2017 | Autor: E. Vazquez Souza | Categoria: Galician Literature
Share Embed


Descrição do Produto

1.3.2. A importancia nuclear da Xeración Galaxia na saída do primeiro franquismo (1937-1956). No es nuestro intento, líbrenos Dios de tal, combatir ni rebajar reputaciones consagradas por el paso de los años; pero no debemos olvidar tampoco que la opinión pública fué favorable en demasía en los comienzos del actual renacimiento á todos aquellos que se significaban escribiendo en nuestra lengua materna. 1 E. Carré Aldao.

En Xuño de 1950 Carmen e Manuel Casal Agra, coñecían por Armando Carballo 2, moi amigo de Ánxel, viaxante que ía pola parte de Santiago, que se estaban levantando as sepulturas das parroquias próximas e que había que estar atentos para que non se adiantasen ao traslado dos cadáveres. Meu dito, meu feito, o 30 de Xuño recibían o aviso. Ao chegaren a Cacheiras, a “cousa” complicabase pois o enterrador esixía a autorización do médico forense de Teo e a do xulgado. O asunto de traslado dos restos do “paseado” foi resolto con todos os temerosos e discretos procedementos nestes casos. Gracias a amigos, como Mosquera Pérez e Manuel Rodríguez Iglesias, que coñecían a “quen había que coñecer”. Mais cos atrancos, xa era polo serán, e todas eran dificuldades. Ao voltaren á Cruña, era noite, como xa non era hora de enterramentos, o conserxe do cemiterio de San Amaro, señor Parga, abriu as portas, como favor, e na conserxería ficaron depositados os restos destinados ao nicho número cen do departamento segundo esquerda da parte de San Nicolás. Ao día seguinte, 1 de Xullo, procedeuse ao discreto enterramento de quen foi, ata a data, o único nacionalista Alcalde de Santiago de Compostela e Vicepresidente da Deputación da Cruña. Mais que tamén fora: Presidente da Comisión executiva do Estatuto de Autonomía en 1936, fundador das Irmandades da Fala e Partido Galeguista, profesor nas escolas gratuítas en galego e sobre de todo o fundamental editor e impresor do libro galego no XX. Acudiu só a familia e Benito Ferreiro, a única persoa á que se podía avisar, por medo a que as autoridades puxesen impedimentos. Pasado tempo, varios amigos queixáronse porque non se lles dera conta do enterro. O Padroado "Rosalía de Castro" foi o que facilitou a caixa de cinc, indispensábel para o traslado dos restos que entregou Mosquera Pérez. 3 No mesmo ano da morte de Castelao e da fundación de Galaxia, arquivábase discretamente, unha das máis fundamentais figuras da cultura galega contemporánea, cando menos ata nadal de 1995, en que Casal se revelou, coa súa habitual discreción e refugamento das autoridades, como unha das pedras de alicerce do proxecto de construcción nacional galego. Visto que os datos e coñecementos existentes eran excesivamente contradictorios coa realidade documental que aparecía, e que o seu nome sempre acompañara na América galega e na Galiza franquista afirmacións rotundas de democracia, conforme se estudiaba, era evidente que algo, mais que o mero azar, o Estado e o franquismo, afectaba a visión e periodización do galeguismo de preguerra desde o hoxe, e que era fundamental tratar de dilucidar. En Novembro de 1936, Víctor Casas, remataba a súa brillante carreira nas letras con varias cartas. Verbas estremecedoras de sensibilidade e esperanza en quen ás poucas CARRÉ ALDAO, E., Literatura Gallega, Maucci, Barcelona, 1911, pp. 47-48. Antigo membro da Irmandade e do P.G. 3 Datos dunha conversa con Manuel Casal Agra, Xaneiro 1997. 1 2

xornadas sería fusilado. As que seguen, evidencian o camiño tomado polo galeguismo en 1936, que o golpe de Estado viña coutar dun xeito aínda insospeitado. Pídolle a voste e a todos que no intre do trunfo e de liquidación do sucedido non esquezan os culpabres. Confio en que seguirán traballando pola Terra encamiñandoa xa polos vieiros da sua liberación definitiva. Reorgaicen o Partido, o noso grorioso Partido, e xa craramente, pois non pode haber dúbida para ninguén, con un matiz netamente esquerdista dentro das esencias vivas da 4 persoalidade de Galicia.

Entre a data desas liñas, e o 1 de Xullo de 1950, o mundo mudara radicalmente. Con el a esperanza democrática dos galeguistas e dos republicanos. A partir dese 1950 comezaba unha nova xeira, un novo ciclo de difícil interpretación desde a linearidade transmitida ata o presente. Entre o ano 1936 e 1950, Galiza ficara sumida nas sombras da historia como nunca nos cen anos anteriores. Os protagonistas intelectuais e sociais, que acompañaran a Casal e a Víctor Casas na súa tentativa democrática, percorreran nestes anos moi diversos camiños, ata algúns dos sobreviventes reapareceren, moi discretamente, a partir deste ano 50. En Xullo de 1951, Franco, decidira axustar o rumo da súa política, aproveitando a melloría económica producida polo progresivo achegamento internacional. Ata ese momento, o réxime dictatorial que apostara polo Eixo, só tivera aceptación nalgúns países americanos e africanos. A situación internacional evoluíra: Alemaña e USA eran aliados con Inglaterra e como consecuencia da Guerra fría, primeiro e do Conflicto de Corea, despois, a España de Franco estaba a piques de se reintegrar á comunidade internacional. Era o primeiro paso na asimilación pactista ou violenta dos países de cultura hispánica ao novo modelo de forzas. O Concordato co Vaticano, asinado o 27 de Agosto e os Pactos de Madrid co embaixador dos USA o 26 de Setembro de 1953, condenaban ao ostracismo internacional aos representantes do goberno lexítimo español no exilio e a todos aqueles que optaran por permaneceren, no país e fóra, na súa fidelidade á Democracia. Por algún estraño acordo cos nosos maiores, temos resolto aceptar tres cousas deste período, misteriosamente borrado das memorias. Primeira, que a historiografía e a historia da literatura galega puido –non se sabe moi ben como- eludir e enfrontar a visión nacional católica que nos legou a longa posguerra e establecer cun esforzo “cultural” formidábel algún tipo de oposición –nunca ben explicitada- de carácter non político. Segunda, que entre os galeguistas (do interior e o exilio) houbo algún tipo de acordo tácito (tal e como o houbera na preguerra) e que de todos os xeitos a importancia do papel xogado, posición e perspectivas válidas e posíbeis eran as dos intelectuais galegos do “interior” organizados a partir dese máxico ano. E terceira, que os intelectuais sobrevivintes no interior conseguiron inculcar aos mozos dos 50 “toda” a tradición galeguista acompañada de riquísimas e lúcidas análises da realidade. Tradición e análise na que –non obstante- non aparecían as concepcións políticas da Irmandade e o PG, a tradición republicana ou a biografía política de Castelao 5. Tamén, segundo a nosa tradición cultural máis extendida Ramón Piñeiro –sen que saibamos moi ben de que poder, asemblea, acordo ou reunión emanou a súa lexitimidade- acordou como prioritarias tres frontes: recompoñer que se salvara do grande naufraxio da guerra civil, dotar o país de conciencia galega e

CASAS, Víctor, Carta a Gómez Román, Carcel de Pontevedra, 2 de Novembro 1.936. Reproducida íntegra en Galicia Hoy, Ruedo Ibérico, 28, Buenos Aires, 1966, pp. 57-58. 5 FRANCO GRANDE, X. L., Os anos escuros, I. A resistencia cultural da xeración da noite (1954-60), Xerais, Vigo, 1985, passim. En espacial para este punto terceiro, pp. 31, 46,47, 48, 50, 148. Sobre a maneira de actuar e dirixir de Piñeiro: pp. 40, 42, 48, 108, 139-167. 4

asegurar a continuidade do galeguismo nas novas xeracións, para isto deseñou un programa (o “culturalismo”) que pretendeu prolongar ata os anos oitenta. Vai sendo hora de tomarmos en consideración estas afirmacións que temos escoitado, sentido repetir, estudiado e nós mesmos repetido centos de veces. Pois de non prendernos tanto a estes apriorismos poderíamos constatar unha serie de elementos que modifican esas conclusións; e, sobre todo de considerarmos cal ten sido o papel conformador do total da nosa literatura (1180-1990) por parte dos intelectuais do “interior”. E vai sendo hora de saber que foi deles entre 1939 e 1956, pois eses anos, ese ambiente de desmemoria, afectaba mesmo aos que xa eran críticos antes de 1936: Cuando me fui a América en 1955 llevaba encima diecinueve años de franquismo. Apenas interrumpidos por algunos viajes por Europa. Mis amigos exiliados me lo notaban a pesar de mis esfuerzos por sentirme por encima de las circunstancias vividas. Cierto que yo tenía buena defensa porque de los diecinueve años que ellos llevaban de exilio les exhalaba un cierto tufillo sefardí, que pedía a gritos su vuelta a ponerse en contacto con la realidad de la tierra, viviendo y luchando contra las circunstancias. Pero no puedo negar que yo mismo me daba cuenta de la desinformación que llevaba sobre las cosas de mi país. Hechos de enorme trascendencia que habían acontecido cerca de nosotros y a cuatro lustros de tiempo padecía una total ignorancia sobre ellos. La información que tenían mis amigos estaba muy por encima de quienes habíamos quedado atrapados aquí, y esto nos producía rubor y desasosiego. Me costó trabajo volver a ver las cosas desprendiéndome de los hábitos y de las formas que nos había impuesto el régimen del General Franco. Es lógico que este asilvestramiento padecido en diecinueve años tenía que ser más profundo para quienes tuvieron que soportar cuarenta años de régimen, o nacer en él. 6

E a fractura coas tradicións culturais, para as novas xeracións era terrorífica. Tanto para os que naceran antes da guerra e accedían á universidade neses escuros anos:

Non é un episodio anecdótico para un estudiante galego de Letras, na miseria moral e informativa daqueles anos, establecer contacto coa biblioteca que contiña case todos os libros escritos en lingua galega. [...] Aquela bibliografía –inxente e insospeitada- eran as pezas dun discurso literario, dun discurso cultural que eu ignoraba e, coma min, tantos e tantos universitarios galegos de Compostela, de Madrid, de Barcelona.... Esa parcela do universo cultural, a miña, que se nos sustraera, descubrina un día que non podo precisar, do outono de 1948, na biblioteca dun Inspector galego que residía en Madrid.[...] Durante os meus anos en Madrid disfrutei non poucas veces da palabra e da biblioteca de Ben-Cho-Shey, e cónstame que, anos despois pasarían pola mesma experiencia outros universitarios galegos, se ben nun tempo de menos miseria informativa e moral.[...] 7

Mais, se houbera unha transmisión esta fora minoritaria e agachada, como para os que, como Antón Avilés de Taramancos, se galeguizaban na Cruña dos primeiros 50, en conversas e presencias dos silenciados pola guerra, nas reunións na casa que Uxío Carré establecera en Eirís, onde o seu fillo morrera asasinado polo fascismo nos primeiros días do 36 ou chegando a ver en que se convertiran as esperanzadas figuras da preguerra: Certamente o entorno sócio político da Coruña dos anos cincuenta non era doado. Governados militarmente por un musulmán (aínda que para o caso é o mesmo), civilmente por un requeté devaluado, e municipalmente por un delegado permanente do Caudillo –é dicir, un caudillo en pequeño-, controlada a povoación de cotío por ser sede de verán, de pesca e de caza do señor de Meirás, era difícil calquer expresión cultural, e menos política, que non estiver axustada aos programas oficiais do Estado. Había, pois, que andar con moito tento, e deixar-se pasar, as máis das veces, por persoaxes pintorescas –falar galego era pintoresco- e andar nas catacumbas á procura dalgunha persoa afí para contar as nosas cuitas ou os anguriantes proxectos de futuro. A Real Académia Gallega era totalmente irreal. Non quere dicir que non houbera membros dignos de aprécio e de respeto. Vivía ainda un dos fundadores, e había outros que eran académicos

DÍAZ PARDO, Isaac, Galicia hoy y el resto del mundo..., (2ª), Ediciós do Castro/Documentos 41, Sada, A Coruña, 1991, pp. 16-17. 7 ALONSO MONTERO, Xesús, Ben-Cho-Shey. Galegos na Historia,6, Ir Indo, Vigo, 1996, pp. 9-12. 6

silenciados. Os que sonaban eran comentaristas de fútbol e de crónica social (bodas e bautizos), qe o único que aportaron ao noso idioma foi a piqueta demoledora programada desde o governo central. O momento histórico non daba para máis, pero aínda agora a cousa non se compuxo. Así e todo o fermento da galeguidade estaba vivo: os vellos petrucios da Cova Céltica e das Irmandades da Fala deixaran a sua semente e nas tertúlias dos cafés ou nas tabernas atopabamos de vez en cando a algún dos seus descendentes e unha aperta de irmandade daba-nos o alento de seguir adiante e de esperar tempos mellores (sempre temos esa ilusión): os Carré Alvarellos, os Villar-Chao, Lugrís, MartínezBarbeito mesmo, amparaban calisquer agromo de sentimento a prol da nosa cultura (e algúns da nosa liberación). Álvaro Cebreiro, xa enfermo, falaba-nos de Manoel Antonio e do manifesto “Máis Alá!”. don Uxío Carré Alvarellos, vello patriarca que eu tanto amei, acollíanos na sua casa de Eirís, construída no sítio mesmo onde os feixistas asasinaran ao seu fillo, e daba-nos sempre unha leición de humanidade e de amor á pátria. Aínda vivía Dona Gala, a filla de Rosalía, e eu sinto agora a emoción revivida de bicar a sua man polo que representaba. 8

Como para os que naceran despois. Ilustrativa, tamén, da desmemoria, polos feitos e a probada coherencia dos personaxes implicados nos parece a seguinte anécdota: Alá polo ano 66, fixemos unha función na Casa da Cultura da Coruña. Representamos unha obra de Carlos Muñiz, un dramaturgo madrileño, que traducira Manuel Lourenzo. Levouse a cabo a representación, e ao remate, principiou o coloquio. De contado, un home maior que estaba entre o público, preguntou cal era a razón de traducir a un autor madrileño para representalo en galego. Respostóuselle con moita ousadía: "Mire vostede, non representamos autores galegos porque non hai autores galegos". O home aquel indignouse ante a nosa absoluta ignorancia, con razón, porque se trataba de don Leandro Carré Alvarellos, un dos homes que máis levaba feito polo teatro neste país. Para nós, daquela, o teatro galego comezaba e morría somentes en dúas obras: A fiestra valdeira e Os vellos non deben namorarse. Mais non eramos culpables do noso descoñecemento encol do teatro, aínda que a nosa resposta supuxese un insulto á vida e o traballo de moitos homes, 9 porque eramos víctimas dunha educación e dun modelo de sociedade”.

En 1958, Luís Pimentel, sacaba á luz, Sombra do aire na herba, neste libro, dedicaba a un seu amigo este poema testemuño: FORASTEIRO

Pra o poeta amigo Carballo Calero "Cánto terror levamos os homes". Só estás, nista cidade coa que non tes soñado endexamáis. Relembras os teus sinos, cuios sons fuxiron xa dos teus ouvidos. Paseias lentamente e con ninguén podes trocar o teu sorriso. Ollas pra ise edificio sen nais nas fiestras. Tes medo ós arrabás. Ti sabes que alí as bandeiras están abatidas i esfarrapadas. Coñeces que esiste unha hora solitaria coroada por un silenzo de morte. Ti Sabes que todos os días 8 “Xohán Casal: Os froitos da névoa”, AVILÉS DE TARAMANCOS, Antón, Obra viva, Laiovento, Santiago de Compostela, 1992, pp. 22-23. Tamén: “Don Uxío Carré Alvarellos”, pp. 99-100 e “Álvaro Cebreiro”, p.115 9 PONTE PATIÑO, Pilar & GARCÍA ROMERO, Roxelio X.,“A dobre máscara do teatro galego. Conversa con Francisco Pillado Mayor”, in Gume 1, p. 48.

hai un home morto que ninguén coñece aínda, en cuia ollada derradeira ficou unha praza valeira 10 descoñecida pra il.

A idea básica do poema é o medo. Un medo concreto de alguén que tivo que deixar o seu Ferrol nativo por buscar un anonimato sempre temeroso noutra vila. O mesmo medo con que Otero salvaba ao Risco “en mans das mulleres”, nas tertulias do “Café Español” no 1955. Mais, alén do simples medo, vai sendo hora de destacar que, por algún motivo, temos esquecido, como lembra Lois Tobío, certas diferencias non só de matiz: [...] Volvín no ano 62 e algún amigo meu, moderadamente demócrata antes da catástrofe, veuse disculpar comigo, non porque se aproveitara senón porque en certo senso baixara a cabeza. O que non é perdonábel son os que fixeron negócio a conta da renúncia. O medo é o medo e cada un é dono do seu, e pode ser disculpábel, pero os que se afastaron por medo e despois aproveitáronse para medrar, non teñen perdón de ningunha caste. As xentes que tiveron responsabilidade durante a República e despois se amañaron co franquismo non teñen xustificación. (Subliñados nosos) 11

Sistematicamente, temos feito un todo común dos intelectuais galegos “do interior”, identificando galeguismo con progresismo antifranquista e uso lingüístico con compromiso político. Mais, pasando por alto, á hora de analizar o traballo dos intelectuais formantes do grupo Galaxia e relacionados, que hai unha serie de gradacións moi diferentes á hora de explicarmos as súas actuacións nestes anos e neste medio, especialmente sabendo cal fora o seu papel na República. Ben-Cho-Shey, indicaba de Risco, e outros, por volta do 1939: ¡Qué lle direi eu que vostede o non sepa millor ca min! O ateo dos comenzos de século; o «Polichinela» do Miño, terror das beatas; o librepensador e demagogo dentón [Dantón?], o teósofo, o budista descobridor de Tagore e tantas outras cousas máis, reptando agora ó pé dos altares, rezando espectacularmente do xeito máis antirreligioso posibre pra que os verdadeiros creentes se decaten millor da comedia. E, o que aínda é pior, o autor da Teoría do nacionalismo galego, renegando de si mesmo e fuxindo da súa obra. Outro tanto poderíamos decir do Floro e do seu compadre i ex-compañeiro seu Jaime Colemán. Istes camaradas de hoxe coidan que a xente perdeu a memoria [...] Triste sino o de istes capi'táns Araña que se pasaron a vida nun perpetuo diletantismo, sin sentir endexamais os ideás que sucesivamente decían ter, tratando somentes de chamar pra si a atención das xentes i embarcando a infelices que pagaron coa vida a defensa das doctrinas que ¡les lles imbuiran [... ] Conocedor do seu afán proselitista, eu ben sei que tratarán de atraguelo a vostede ó seu campo pra cubrir así o seu descreto co prestigio que V. aportase, pro confío cegamente na enteireza do home que se... (Subliñados nosos) 12

Convén distinguir, ao falarmos dos intelectuais galegos da posguerra, cando menos entre catro grandes grupos interrelacionados. Os marcados pola súa precariedade, inseguridade, terrores físicos e dependencias de represaliados (Carballo Calero, Fraguas, Ben-Cho-Shey, Fernández del Riego). Os que amosaban maior proximidade ideolóxica co réxime nacionalcatólico que coa súa oposición “comunista e atea” (Risco, Cuevillas, Otero Pedrayo, Piñeiro). Os que non só subsistiron senón trunfaron, con longas carreiras no franquismo (Paz Andrade, Varela Jácome, Rof Carballo, Álvaro Gil, Cunqueiro, GarcíaSabell, Penzol, Filgueira, Fermín Bouza-Brey 13). Por fin, sabemos do franquismo ou PIMENTEL, Luís, Poesía Enteira, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1981, pp.65-66. CARBALLA, Xan, “Lois Tobío” Entrevista, A Nosa Terra, 650, 1-12-1994. 12 Borrador, Carta a ¿Otero Pedrayo?, 1939-1940. ALONSO MONTERO, Xesús, Ben-Cho-Shey. Galegos na Historia,6, Ir Indo, Vigo, 1996 ,p.37. 13 Galeguista conservador afín á dereita galeguista, xa postulara na III asemblea do PG, a separación deste en dúas frontes. En 1936, como xuíz de primeira instancia, salvará as acusacións mais terá a desagradábel tarefa de levantar os cadáveres e abrir procesos. Ascenderá a maxistrado, nos anos 40, séndoo das Audiencias 10 11

falanxismo de figuras como Sánchez Cantón14, Couceiro Freijomil 15, Armando Cotarelo 16, Álvaro Cunqueiro, Eugenio Montes 17, Montero Díaz 18, Castroviejo 19, Víctor Lis Quibén, territoriais de Santiago, Pontevedra, Lleida e Oviedo. Continuará o seu labor erudito co apoio dun respectado home do réxime e mestre seu, Armando Cotarelo. En 1952, é cesado de xeito fulminante. As causas da depuración son hoxe confusas, mais nelas semella que tivo a ver unha denuncia sobre as súas inclinacións sexuais que calquera opinión política (información facilitada por I. Díaz Pardo). 14 Francisco Javier Sánchez Cantón (Pontevedra 1891-1971), pertencente aos círculos intelectuais católicos de Pontevedra, discípulo de Álvarez Giménez, Said Armesto e García de Diego, foi compañeiro de Erasmo Buceta, Blanco Porto, Iglesias Vilarelle e integrante do Club Karepas. Cursou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, foi colaborador do Centro de Estudios Históricos de Madrid, arquiveiro especialista en arte e pintura, traballo nos fondos do Pazo Real e Museo do Prado. Despois da guerra foi membro do Padroado do museu do Prado, Decano da faculdade de Filosofía e Letras de Madrid, director do Nacional de Escultura en Valladolid. Fundador da polifónica de Pontevedra, amigo de Castelao, colaborou na impresión do Album Nós, xunto con Cordero Carrete e Filgueira cimentou a organización do SEG e foi un dos membros en activo que coordenou a integración, despois da guerra (1943), no CSIC, como Instituto Padre Sarmiento. Íntimo de Ortega e do ministro de cultura Ruíz-Giménez, adscríbese nos anos 50, canda Laín Entralgo (rector da Universidade de Madrid) e Luis Tovar nas figuras aperturistas dentro do intelectualidade nacionalcatólica. Conservador, máis non falanxista é unha figura fundamental na reorganización do organigrama cultural español da posguerra. Orientador da colección Bibliófilos gallegos foi, polas súas relacións persoais e peso no franquismo unha das figuras fundamentais na orientación cultural da cultura galega desde os parámetros da Dictadura. 15 Antonio Couceiro Freijomil, (Pontedeume, 1888-Compostela 1955). Destacado estudiante de maxisterio, foi profesor en Ourense e inspector de Ensino primario. Redactor xefe do conservador Diario de Orense, colabora en La Zarpa e Galicia. Colaborará en El Norte de Galicia, Vida gallega, El Compostelano, Correo Gallego e La Noche. Nomeado en 1938 colaborador da Oficina Técnica Administrativa de Depuración del Personal de educación nacional, solicita e consigue ser exento. De filiación conservadora, mantén unha postura arqueoloxizante cara o uso do galego, negándolle o uso pleno e toda reivindicación política da lingua e a cultura de Galiza. Durante os anos 30 polemizou contra a colocación da bandeira galega nos edificios oficiais combatindo en diversos artigos, posteriormente compilados (COUCEIRO FREIJOMIL, Antonio, La bandera de Galicia. Colección de artículos. Editan varios amigos y admiradores del autor, Imp. y Pap.Galicia, Orense, 1930) a bandeira e escudo moderno desde supostos eruditos que esconden como no caso das súas polémicas gramaticais, as súas preferencias políticas. Membro do SEG, elabora unhas normas ortográficas supeditadas á ortografía castelá que non foron aceptadas (COUCEIRO FREIJOMIL, Antonio, Ortografía gallega.Bases para su unificación con un apéndice del profesor Abelardo Moralejo de la universidad de filosofía y letras de Santiago, imp. Pap. y relieves. La popular, Orense, 1929 e COUCEIRO FREIJOMIL, Antonio, El idioma gallego: Historia, gramática, literatura, Casa ed. Alberto Martin, Barcelona, 1935). Autor dun monumental diccionario de escritores galegos, converteuse, por moitos anos, nun dos autores, xunto con Carballo Calero, básicos na investigación literaria galega. Non obstante, dada a aínda validez da súa obra fundamental, convén advertir o sesgo conservador e a carga ideolóxica que contén. 16 Armando Cotarelo Valledor (Vega de Ribadeo, Asturias,1879-Madrid, 1950), Doctor aos 19 anos en Filosofía e letras, obtivo todos os premios da carreira, catedrático desde 1904, de linguas e literatura española foi o primeiro presidente do SEG. Catedrático de Literatura española en Compostela, con Cabanillas foi, un dos membros numerarios da Real Academia Española correspondentes a Galiza en representación das “letras regionales”. A partir de 1924 fixou residencia en Madrid, ata esa data foi un significado Dramaturgo en galego, consolidou a creación dun grupo de teatro na Universidade onde representaou varias das súas obras: Trebón, Sinxebra. Habitual colaborador de Nós, e das publicacións do SEG. Home fondamente conservador, fixo carreira nas Academias durante a Dictadura de Primo de Rivera e na Universidade. Secundou o alzamento de 1936 chegando a ocupar altos cargos en educación e cultura, foi membro do prestixioso Patronato da Biblioteca Nacional. Estaba moi vencellado organica e persoalmente ao grupo da oficialidade académica con Pérez Bustamente e Iglesias, do Seminario de Estudios Galegos, grupo que xunto ao elemento relixioso, serían os verdadeiros orientadores da política cultural do SEG despois da morte de Cabeza de León e decantarían o afastamento da editorial Nós e da política estudiantil no bienio negro. 17 Eugenio Montes Domínguez (Bande, 1897-Madrid,1982). Narrador e poeta vangardista, amigo de Risco e autor en galego, destacou non só como escritor falanxista, senón, na posguerra, como unha figura de relevancia na cultura do primeiro e comezos do segundo franquismo (1937-1956). Comezou a súa carreira vencellado ao galeguismo irmandiño, pasando desde a órbita da ING ao liberalismo de La Época e El Sol, onde faría carreira durante a Dictadura de Primo de Rivera. Discípulo de Ortega, remata en Madrid o doutoramento en Filosofía e Letras. En 1926 gaña cátedra de filosofía en Cádiz e é pensionado dous anos na Sorbona. De 1931 a 1932 é correspondente de El Debate en París e en 1933 en Londres. Coa chegada da República decántase definitivamente pola dereita, militando en Acción Española e escorando cara o fascismo,

Torrente Ballester, polas que pasan moitas das iniciativas culturais dos homes de Galaxia. Descoñecemos así mesmo que acontece con figuras de importancia que fican, entre esquecidas e fóra de contexto, nun escurecemento excesivo (os Carré Alvarellos, Ramón Villar Ponte, Lugrís Freire, Gómez Román, Placido R. Castro, Elvira Bao, etc) Este complexo sistema de terrores, esquecementos e interdependencias (que non son só propios de Galiza, senón do conxunto da intelectualidade española baixo o réxime franquista) é o que fornece esta rede de silencios e reconstruccións “maquilladoras” do pasado. Non distinguimos como se debe a diferencia de actitudes a respecto do franquismo. Salvo casos evidentes de submisión, aceptación ou permanencia na ortodoxia do réxime, tendemos a considerar, nas reconstruccións dos anos 60-70 e posteriores, como oposición ou tentativas de renovación o que máis ben era heterodoxia ou se se quer periferia do réxime (tal acontece con figuras como as de Sanchez Cantón, Calvo Serer, Pedro Laín, Aranguren, Julián Marías, Francisco Sintes, Camilo J. Cela, Torrente Ballester, Manuel Fraga)20. O habitual recurso ao se referir a estes anos é enmascarar a realidade conflictiva e misérrima a través dun anecdotario carente de análise. Noméanse personaxes e circunstancias sen identificárnolos na súa incardinación nun réxime de estado de excepción prolongado, carente de liberdades civís e onde había que xustificar todo un rexistro de lealdades non explicitadas 21. especialmente despois de ser correspondente do ABC en Roma e Berlín de 1934 a 1936. Orador e xornalista falanxista, admirador de Franco, Director do Instituto Español en Lisboa e Roma, nos anos da II Guerra mundial, é un representante destacado, xunto con García Sanchiz, R. Sánchez Mazas e D’Ors, da “nova intelixencia” saída da gadañada da Guerra civil. Redactor desde 1939 de Arriba, Académico da Real española (1940, tomará praza en 1977), membro da Real Academia de Bellas Artes, colaborador destacado, xunto con Cunqueiro da falanxista revista Escorial. Practicaría un fascismo hexemónico e absorbente de toda a intelectualidade que quixese colaborar no “Novo estado”, destacando como propagandista entre o catalanismo, galeguismo e intelectualidade latinoamericana. 18 Santiago Montero Díaz (Ferrol, 1911-Madrid, 1985). Licenciado en Filosofía e Letras formou parte do Corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios do Estado, e foi bibliotecario e docente da Universidade de Compostela. Aos 25 anos gañou a cátedra de Historia Medieval da Universidade de Murcia, da que chegou a ser decano despois da Guerra. En 1941 foi trasladado á Faculdade de Filosofía e Letras da Universidade de Barcelona e un ano despois por concurso oposición gaña a cátedra de de Historia universal da Universidade de Madrid, onde foi docente ata os incidentes de 1965, polos que foi sancionado. Personaxe irregular, anécdotico e diverso, amigo persoal de Carballo Calero, Santiso Girón e Lois Seoane, colaborou con estes na axitación social da FUE durante a Dictadura de Primo de Rivera, destacándose polo seu comunismo e separatismo. Rompeu cos dous últimos a causa da súa deriva cara á dereita que o levaría a combatir o estatuto de autonomía, do que integraba a Comisión, facendo voto particular contra o uso oficial do galego. A partir de 1933 milita na Falanxe pretendendo editar en Santiago o Semanario fascista Unidad, que só puido sair na Cruña, ante a presión dos seus antigos amigos e o asalto á imprenta Paredes. Moi activo nos anos 40, a súa figura foi perdendo relevancia no universo oficial franquista a partir de 1955, ata a marxinalidade da que sairá con motivo da protesta estudiantil dos anos sesenta. Achegado aos estudiantes do “Grupo Brais Pinto”, foi o Director dunha tese fundamental para a construcción do discurso que servíu de base á estructuración da Historia da literatura galega contemporánea, a do seu vello amigo Ricardo Carballo Calero. 19 José María Castroviejo y Blanco-Cicerón (1909- ) Nado en Compostela, cursou dereito (premio extraordinario de licenciatura) e filosofía e letras. Becado pola Universidade galega estudiou o doutoramento en Lyon (1931). Profesor por oposición de economía política e facenda pública na faculdade de Dereito de Santiago (1935). Coa chegada da República, comezaría unha deriva cara a dereita que o aproximaría, con Santiago Montero á falanxe, secundando o Golpe de Estado. Combatente e mutilado de guerra foi asesor da dirección Xeral de Relacións culturais do Ministerio de Asuntos Exteriores (1940), Profesor de Lingua e Literatura galega na Universidade de Palermo foi nos anos 40 e 50 director de El Pueblo Gallego. 20 O que é un fenómeno común na memorialística de figuras que destacaron dalgún xeito no franquismo. Para este concreto vid. os panexíricos a estas figuras en ESCOLAR, Hipólito, El compromiso intelectual de bibliotecarios y editores, Fundación Germán Sánchez Ruiperez/Biblioteca del Libro, Pirámide, Madrid, 1989. Para unha postura máis crítica: MORÁN, Gregorio, El maestro en el erial. Ortega y Gasset y la Cultura del franquismo, Tusquets/Andanzas, Barcelona, 1998. 21 Vid. por exemplo a descrición –sen ningunha alusión a quebra- normal e anecdótica da historia de La noche, feita por BOROBÓ, “Memorial de Trevonzos”, en Plumas e letras en La Noche (1946-1949), Centro de

A respecto do exilio, pouco ou nada sabemos de actuacións, institucións, revistas e libros entre 1940 e 1960. Un “capituliño”, entre a xeración Nós e o “espertar dos 50”, na nosa historia da literatura, abonda. Só que resulta demoledor constatar que entre 1936 e 1939, e por un período non menor de 20 anos, deixarán territorio español entre 300.000 e 500.000 exiliados. M. Andújar e A. Risco contan 2.000 médicos, 1.000 avogados, 500 enxeñeiros, 7 rectores, 156 catedráticos e 234 escritores e xornalistas. Do modélico corpo facultativo de bibliotecas (política mimada da República), foron asasinados oito membros: sete en Madrid e unha, Juana Capdevielle na Cruña; unha trintena exiliaron e unha grande parte foron depurados con penas diversas que ían da separación do servicio ao desterro e traslado obrigatorio 22. Aínda maior foi a purga no maxisterio, unha valoración prudente eleva a algo máis de 15.000 os mestres sancionados –25 por 100 do total do maxisterio- dos que 6.000 foron separados forzosamente do ensino, algo máis de 3.000 foron suspendidos temporalmente e outros 6000 perderon a praza e foron obrigados a trasladarse 23. Habería que sumar a estes, mortos da talla dun Lorca, Unamuno, J. Besteiro, Machado, máis o conxunto de mestres, catedráticos e avogados depurados, editoras quebradas, prensa intervida... que fixeron das cátedras e editoras de Hispanoamérica un paraíso cultural por décadas. Contas na que o número só é menos indicativo que o trastorno na xeografía humana, cultural, académica e editorial de España. Esquecemos moi doadamente a grande diferencia entre a categoría intelectual dos membros da “España peregrina”, das súas cátedras ambulantes e da calidade, temática e tirada dos seus libros e revistas fronte a producción intelectual da “España eterna e escolástica”. A rotura da guerra supuña a eliminación total dunha das traxectorias culturais que decorrera parella ata 1939: La victoria de una de las mitades contendientes de España determinaba una nueva y unitaria dirección espiritual, porque en el desenlace de la pugna cruenta no hubo tan sólo una victoria militar, ni muucho menos el triunfo de un grupo minoritario artificiosamente robustecido desde fuera. Hubo ante todo la victoria de una concepción cultural determinada, verdaderamente nacional. 24

Non deberían ser tomadas á lixeira afirmacións de tan groso calibre que afectan a comprensión do propio feito cultural. A temática social e política, o debate intelectual desaparecerá da vida cultural española por décadas, comportando deficiencias que nos dificultan enormemente a comprensión de realidades da época dos nosos avós. Asumirmos que entre 1900 e 1936 as editoras españolas daban á luz, con normalidade textos marxistas, investigacións lingüísticas e literarias Ramón Piñeiro, Xunta de Galicia, Santiago, 1996, pp. 17-55; tamén FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco, “Filgueira Valverde na nosa memoria”, El Museo de Pontevedra, LI: Homenaxe a Filgueira Valverde, Museo de pontevedra, Pontevedra, 1997, pp. 103-113. Ou as diversas contribucións memorialistas de Mariano Tudela (vg: TUDELA, Mariano, Alvaro Cebreiro, Ediciós do Castro/ O movimento renovador da arte galega, 2, Sada, A Coruña, 1983). Este aspecto ten afectado ao sistema habitual de nota biográfica. Non é habitual facer referencias á quebra da guerra nelas (vg: COUCEIRO FREIJOMIL, Antonio, Diccionario Bio-Bibliográfico de Escritores III Vols., Bibliófilos gallegos. Enciclopedia Gallega I, Santiago, 1951-53; FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco, Diccionario de escritores en lingua galega, Edicións do Castro, Sada, A Coruña, 1990; VILAVEDRA, D. (coord.), Diccionario da literatura galega, I. Autores, Galaxia, Vigo, 1995.) Igualmente anecdótico mais sen perder a constatación da rotura véxase: RUÍZCASTILLO BASALA, J., Memorias de un editor. El apasionante mundo del libro, Fundación Germán Sánchez Ruipérez/Biblioteca del libro, Serie maior, H, Pirámide, Madrid, 1986 (especialmente, p.80). 22 Por riba interrompeuse a política de creación de bibliotecas populares, os fondos foron censurados e o préstamo e lectura censurados. A Biblioteca Nacional pechou a súa sala pública (que permanecía en uso desde 1931) ata 1950 e ata 1956 a política cultural de bibliotecas e alento da lectura desapareceu das prioridades do réxime. Para máis datos sobre este concreto, vid: ESCOLAR, Hipólito, El compromiso intelectual de bibliotecarios y editores, Fundación Germán Sánchez Ruiperez/Biblioteca del Libro, Pirámide, Madrid, 1989, pp. 248-238. 23 MORENTE VALERO, Francisco, La escuela y el estado nuevo. La depuración del magisterio nacional, 1936-1943, Ámbito, Valladolid, 1997. 24 CALVO SERER, Rafael, España, sin problema, Rialp. Biblioteca del Pensamiento Actual, Madrid, 1949, p.140.

revolucionarios, “sicalípticos”, pornográficos e que nas charlas de café o chiste político, obsceno ou laico, ou o ambiente cultural eran máis libres, nun venres de coresma, que o máis permisivo de todos os martes de entroido por trinta anos despois é a primeira evidencia que deberiamos considerar para comprendermos a historia da cultura española. E, para Galiza, moito nos tememos que iluminados baixo a luz do candil de Galaxia, temos tecido a ilusión dun impacto terríbel aínda que superábel para a cultura galega. Para facermos unha idea máis real, para cuantificarmos á serio a importancia do impacto, da falta de luz, tomemos a referencia dos intelectuais galegos asasinados. A mellor referencia, aínda que non completa, en A. Vilanova 25: Así vimos caer al joven campeón del nacionalismo gallego Alejandro Bóveda, [...] médicos de tan alta jerarquía como Amancio Caamaño, Vega de la Barrera, Eugenio Arbones, Ubaldo Gil, Telmo Bernárdez, Jaime Quintanilla, Etcheverri, Manuel Díaz, Luis Poza, Alejo Díez Jurado, Darío Alvarez Limeses, Pérez Carballa, Manuel Morgado, Calvelo, Torviso, Novoa González, Manuel Fernández López y tantos otros más. Escritores y periodistas de tan señalado prestigio como Juan Jesús González, “Xohán Carballeira”, Roberto Blanco Torres, Manuel Lustres Ribas, Jacinto Santiago, Víctor Casas, José López Bouza, Manuel Gómez del Valle Apolinar Torres, Arturo Noguerol Buján, Modesto López Teijeiro, Matías Usero Torrente, (sacerdote y abogado), Urbano R. Moledo... Abogados como Manuel Ferreiro Panadeiro, Narciso Vidal Fraga, Enrique Peinador Porrúa, César López Otero, Víctor Martínez, José Adrio Barreiro, Carlos Brasa, Eduardo París Villar, Luis Prado, Ramón Fuentes Canal, Tomás de la Torre, Joaquín Martín Martínez, Segundo Alvarez... Los diputados a Cortes, José Miñones Bernárdez, Antonio Bilbatúa, José María Villamil, Ignacio Seoane, Manuel Guzmán. Los gobernadores civiles de las cuatro provincias gallegas, numerosos diputados provinciales y alcaldes que sería largo enumerar, y entre los cuales debemos recordar al alcalde de Compostela, Angel Casal, firme y generoso puntal de las más distinguidas editoriales gallegas... Artistas como Camilo Díaz Baliño, Luis Huici, Francisco Miguel... Es también numerosísima la lista de maestros nacionales que atrajeron el odio de los sicarios y que se cifra en más de dos centenares, flor y nata del magisterio gallego. (Subliñados nosos)

A lista dos membros da “Galiza emigrante” que ofrece o propio Vilanova é desacougante. A diferencia de nivel faise aínda maior: Adolfo Vázquez Humasque (enxeñeiro); Alberto Paz Mateos (fiscal e maxistrado do Supremo); Alejandro Finisterre; Alejandro Otero Fernández (PSOE, Médico e catedrático); Alejandro Raimúndez (BBC, Londres); Alejandro Viana Esperón; Alfonso Díaz Trigo (médico, Arxentina); Alfonso Gayoso Frías; Alfonso Pazos Cid (dep. Cortes); Alfredo Somoza; Álvaro Fernández Suárez; Andrés Rodríguez Barbeito; Ángel Lázaro; Antón Alonso Ríos (dep. Cortes) Consello de Galiza; Antonio Baltar (médico, Arxentina); Antonio F. Carnicero (Médico); Antonio Fernández Pérez; Arturo Cuadrado; Arturo Souto; Avelino Rodríguez Elías; Basilio Álvarez; Bibiano Fdez Ossorio Tafall (dep. Cortes), Presidente da comisión do Estatuto; Carlos Velo Cobelas (cineasta); Castelao; César Álvajar Diéguez (dep. Cortes, Concellal da Cruña e Gobernador civil); Edmundo Lorenzo (dep. Cortes); Elpidio Villaverde Rey; Emilio Gonzáles López (dep. Cortes, USA); Emilio Pita; Ernesto Guerra da Cal (Universidades. USA); Federico Ribas; Fernando Blanco Sallares; Florencio Delgado Gurriarán; Francisco Comesaña. (Médico); Francisco Vázquez Díaz (“Compostela”); Gerardo Álvarez Gallego; Germán Vidal; Giordano Lareo; Gumersindo Sánchez Guisande, (médicos, Arxentina); Hernán y Laureano Poza Juncal; Ignacio Herrero Fuentes; Jesús Bal y Gay; Jesús Dopico (violinista); Jesús Vázquez Gayoso (médico, Univ. Caracas); José Almoina Mateos; José Calviño Domínguez (dep. Cortes); José Calviño Ozores (enxeñeiro); José Caridad Mateo (arquitecto); José María Fernández Colmeiro (investigador, biólogo); José Mosqueira Manso (temas do mar); José Otero Espasandín; José Pardo Gayoso, (Médico); José Rubia Barcia (Univ. La Habana); José Suárez Fernández ( avogado e fotógrafo); José Velo Mosquera; Julio Vaamonde (arquitecto); Leandro Pita Romero; 25

AUVERRE, “Los exiliados Gallegos”, Galicia Hoy, Ruedo Ibérico, 28, Buenos Aires, 1966, pp. 67-75.

Leoncio Jaso Roldán, (Médico); Lois Tobío; López Mosquera; Lorenzo Varela; Luis Díaz Gallego, (Médico); Luis Soto; Manuel Colmeiro; Manuel Cordero Pérez (UGT. dep. Cortes); Manuel D. Benavides; Manuel e José Souza (fotógrafos e cineastas, México); Manuel García Becerra (dep. Cortes); Manuel García Gerpe (Laboralista); Manuel Martínez Risco y Macías (optico científico); Manuel Millares; Manuel Miñones Bernárdez, (Médico); Manuel Portela Valladares; Maria Casares (actriz, París); María Luisa Viqueira (filla de J.V. Viqueira, México); María Miramontes Mato; N.. Castaño, (Médico); Pedro Antón García; Pedro Longueira (dep. Cortes); Quintela Novoa, (Médico); Rafael Dieste; Rafael Ochoa Carrrasco; Rafael Seoane, (Médico); Ramón de Valenzuela; Ramón Fernández Mato; Ramón Iglesia Parga (Historiador); Ramón María Tenreiro; Ramón Martínez López (Universidades. USA); Ramón Suárez Picallo; Salvador de Madariaga (antigaleguista); Salvador González Etcheverría (Avogado, exgobernador, ministro no exilio); Santiago Casares Quiroga; Sebastián González García Paz (Univ. Puerto Rico); Vicente Gómez Paratcha; Víctor Rico González (Univ. México); Xerardo Díaz Fernández; Xosé López Durá, (avogado); Xosé Núñez Búa... Se iso é a respecto de intelectuais en plena madurez, insistirmos no posíbel maxisterio crebado, persoal e o que é máis institucional, supón unha das páxinas máis mouras do pensamento hispano, con repercusións mundiais aínda non sopesadas. Mais non só e iso. As iniciativas editoriais que prolongan en mercados americanos o pensamento reformista son erradicadas da España. Mentres en América son publicados e popularizados libros coas contribucións galegas ao pensamento universal: Gondomar, Feixó, Sarmiento, Vicetto, Rosalía, Murguía, Pondal, Curros, Valle Inclán; na órbita Galaxia apóstase por un medievalismo colorista, pola paisaxe, a saudade e a adaptación da ideoloxía (ortodoxa) en voga. Mentres en América téntase nun medio alleo, non galego (e mediatizado) a introducción de elementos galeguistas nunha producción de masas destinados a manter o enfrontamento, en Galiza a opción é de minorías (elitista) e propositadamente carente de mensaxe de enfrontamento. Os libros de EMECE (Col. Hórreo), Editorial Nova (Col. Camino de Santiago), Botella al Mar, Citania, Alborada, Follas Novas, Atlántida, Nós, As burgas, Ánxel Casal ou mesmo as Publicacións da Federación de Sociedades Galegas ou as edicións Galicia do Centro Galego de Buenos Aires ofrecen a respecto do libro feito en Galiza (Bibliófilos Gallegos e Galaxia), substanciais diferencias en títulos e temas. As editoras americanas pretenden coa súa actividade acadar dous obxectivos: publicar uns libros que en territorio español non tiñan espacio e defender a cultura galega no racista ambiente americano 26 Os obxectivos das editoras galegas non son tan claros en temas nen contidos. En 1949 nace en Compostela Bibliófilos Gallegos, “operación falanxista” segundo Alonso Montero (Conversa, Faculdade de Filoloxía, Compostela, 14-4-1999) orientada e empuxada por Xosé Filgueira Valverde, Felipe Cordero Carrete e Xosé Sánchez Cantón. Que como editora só pretendía unha producción destinada a bibliófilos e personaxes escolleitos, de filiación coñecida dentro do réxime ou intelectuais desligados de toda idea ou función política. Fóra da colección de raros e curiosos, de creación contemporánea publicarán dous volumes de Cabanillas e Carballo moi afastados da súa liña de preguerra e de marcado acento arcaico. As principais obras da colección ata 1957 dan mostra clara disto:

Ao respecto das editoras no exilio, AXEITOS, Xosé Luís & SEOANE, Xavier, Luís Seoane e o libro galego na Arxentina (1937-1978), Deputación de A Coruña, 1994. Este catálogo de tapas/capass e documentación contén unha interesante panorámica de cada unha destas editoras (pp.10-23) e un apéndice de publicacións. 26

CABANILLAS ENRÍQUEZ, Ramón, Camiños no Tempo, Bibliófilos gallegos. Biblioteca de Galicia v.1. Imp. del Seminario, Santiago, 1949, poesías narrativas, 200 pp, 25 x 18 cm. CASTILLO LÓPEZ, Ánxel del, El Pórtico de la Gloria, Bibliófilos Gallegos. Obradoiro I.Blass. s.a & Hauser y Menet, Santiago/Madrid, 1949, Ensaio, 44 pp + 48 lams, 16 x 12 cm. MOLINA, Bartolomé Sagrario, Descripción del Reyno de Galizia...Introducción de José Filguera Valverde, Facsímile da edición de 1550, Bibliófilos gallegos I. Talleres Peón e fotograbados Agraf, Santiago-Pontevedra-Vigo, 1949, XXXII +158 pp, 25 x 18'5 cm. NEIRA DE MOSQUERA, Antonio, Monografías de Santiago y dispersos de temas compostelanos (18441852). Reproducción de la Edición de 1850. Estudio preliminar de B. Varela Jácome, Bibliófilos gallegos. Biblioteca de Galicia v.2. Imp. del Seminario, Santiago, 1950, 352 pp pp, 25 x 18 cm. CARBALLO CALERO, Ricardo, A Xente da Barreira. Ilustracións de A. Portela Paz. Premiada en el I Concurso de la "Editorial de los Bibliófilos Gallegos", Bibliófilos gallegos. Biblioteca de Galicia v.3. Imp. del Seminario Conciliar, Santiago, 1951, Narrativa, 176 pp., 25 x 18 cm. CHAMOSO LAMAS, Manuel, Ribadavía, Bibliófilos Gallegos. Obradoiro 3.Blass. s.a & Hauser y Menet, Santiago, 1951, 22 pp.+48 lam., 16 x 12 cm. FILGUEIRA VALVERDE, Xosé, Industrias de Sargadelos, Bibliófilos Gallegos. Obradoiro 4.Blass. s.a & Hauser y Menet, Santiago, 1951, 62 pp + 48 lam + 4 cor, 16 x 12 cm. GÓMEZ TONEL, Juan, Relación de las Exequias que hizo la Real Audiencia del Reyno de Galicia a la Majestad de la Reyna Margarita de Austria, Ntra Sra. (Introducción de Antonio Rey Soto). ed facsímil de la de 1612, Bibliófilos gallegos II, Santiago, 1951, Poesía, s.p, 25 x18 cm. MARTÍNEZ BARBEITO, Carlos, Macías el enamorado y Juan Rodríguez del Padrón. Estudio, antología por... Capitales y viñetas por Urbano Lugrís, Bibliófilos gallegos. Biblioteca de Galicia v.4. Imp. del Seminario Conciliar, Santiago, 1951, 224 pp, 25 x 18 cm. POKORNY, Julius, Poesías céltigas por..., traducción al gallego de Celestino F. de la Vega y Ramón Piñeiro, premiada en el I I Concurso de la "Editorial de lo Bibliófilos Gallegos", Bibliófilos gallegos. Biblioteca de Galicia v.5. Imp. del Seminario Conciliar, Compostela, 1951, Traducción, XXXII +152 pp, 18 x 25. SÁNCHEZ CANTÓN, Francisco Javier, Museo de Pontevedra, Bibliófilos Gallegos. Obradoiro 2.Blass. s.a & Hauser y Menet, Santiago/Madrid, 1951, 36 pp + 48 lam., 16 x 12 cm. PITA ANDRADE, José Manuel, Monforte de Lemos, Bibliófilos Gallegos. Obradoiro 5.Blass. s.a & Hauser y Menet, Santiago, 1952, 82 pp +48 lams, 16 x 12 cm. TROCHE Y ZÚÑIGA, Froilán, El Cazador gallego con escopeta y perro (1837). (reproducción de la obra editada en santiago en 1857). Estudio preliminar de José Mª Álvarez Blázquez. Notas de Francisco de Paula Fernández de Córdoba, Bibliófilos gallegos. Biblioteca de Galicia v.6. Imp. del Seminario Conciliar, Santiago, 1952, ensaio-Facsímile, 179 pp, 25 x 18 cm. LÓPEZ FERREIRO, Antonio, Novelas de López Ferreiro: O Niño de Pombas. O Castelo de Pambre. A Tecedeira de Bonaval. Limiar de Paulino Pedret Casado, Bibliófilos Gallegos. Biblioteca de Galicia v.7, Santiago, 1953, Narrativa, XV+347 pp 2 fol. lam., 25 cm. MARÍA ANTONIA DE JESÚS (S. T. J.), Edificio espiritual, escrito por la Madre ... "A monxiña do Penedo" (1700-1760). Prólogo de Manuel Capón Fernández, Biblioteca de Galicia, VIII. Bibliófilos Gallegos, Santiago, 1954, 276 pp, 25 cm. CABANILLAS ENRÍQUEZ, Ramón, Versos de alleas terras e de tempos idos. Paráfrasis galegas por... Portal de F. J. Sánchez-Cantón, Bibliófilos Gallegos. Biblioteca de Galicia IX, Santiago, 1955, poesía, 174 pp, 25 x 18 cm. CRESPO POZO, José Santiago (O. de M.), Blasones y linajes de Galicia II. heráldica, Bibliófilos Gallegos, Santiago, 1957, 425 pp., 30 cm.

Pouco despois nace en Vigo, abeirada pola libraría anticuaria do seu mesmo nome, o selo editorial Monterrey. Fundada polos dous socios Viñas Cortegoso e Álvarez Blázquez, “pretendía tentear as posibilidades de reabrir a producción en galego” 27. Aínda sen termos detalladas monografías sobre os contidos, difusión e perspectivas destas iniciativas podemos intuír que, ata mediados da década dos 60, coa aparición da biblioteca popular O Moucho, os obxectivos destas casas editoras son a edición de obras de especial interese bibliográfico, textos antigos eruditos, ou curiosidades. As dúas

27

Conversa con Xesús Alonso Montero, Faculdade de Filoloxía, Compostela, 14-4-1999.

editoriais destacaranse polo limitado das súas tiradas 28 e a calidade das edicións. Son libros carentes de todo compromiso político e destinados a un público moi limitado e perfectamente inseridas no contexto cultural do catolicismo azul. En resume, estas iniciativas están destinadas a un público exclusivo e concreto, están apoiadas por elementos fortemente vencellados á cultura do réxime e carecen de toda pretensión civil. En 1949 sairá a luz unha iniciativa diferente que pretendía unha divulgación de textos poéticos ou de autores novos. A iniciativa ía abandeirada co emblema do pirata pontevedrés Benito Soto. Esta “editorial pirata” non pode ser considerada tampouco senón como un desabafo cultural que permitiu a saída a certas plumas, sen pretender unha maior difusión. Non obstante, aínda tratándose da iniciativa persoal e amigábel dun mociño poeta, tamén vencellado ao falanxismo, consigue acugular na súa breve existencia un pequeno caudal de textos poéticos e pulos de liberdade que si serán combatidos, en canto pretendan a transformación da modesta iniciativa nun labor editorial máis importante, alentados por Celso Emilio Ferreiro. A aventura rematará nas costas de América onde, unha vez esfarelada a colección, o incautado e prohibido Fabulario Novo de Cuña Novás recibirá o premio de poesía Ciudad de Buenos Aires 29. En canto a Galaxia, a súa política de edicións 30 deixa bastante que desexar no aspecto civil, tanto nas décadas dos cincuenta como dos sesenta e setenta 31. Posteriormente, para destacaren a capital importancia da empresa, practicaron, ata hoxe, unha política da anulación da tradición galega e estableceron unha moi particular transmisión da historia do libro galego: Despóis da –“Biblioteca Gallega”, foron xurdindo en diversos puntos da nosa xeografía novos empeños editoriáis: “Lar” na Coruña -que chegóu a publicar unha longa riola de narracións breves-; “Céltiga” no Ferrol, de características semellantes; “Terra a nosa”, e outras. Pero ten sido, sobre de todo, a Editorial “Nós” a que deu axeitada continuidade ao labor encetado pola Biblioteca de Martínez Salazar. Inda que nalgúns aspectos as súas publicacións desmerecesen en feitío tipográfico e presentación con referencia ás de aquéla, a súa obra marcóu un fito sustancial na Literatura galega da pre-guerra. Pesie a que as súas edicións fosen de curta tiraxe, o Catálogo das mesmas inxire tíduos de importante siñificación nos variegados xéneros da creación e do ensaio. Castelao, Otero Pedrayo, Risco, Cotarelo, Manuel Antonio, Amado Carballo e tantos escritores máis, deron a conocer o millor da súa produción en volumes publicados pola Editorial «Nós». I entramos xa nos eidos da historia máis recente. Despóis do grande valeiro producido a partir do 36, comenza a xurdir en América un novo florecimento editorial, vivo e auténtico. En talleres de Buenos Aires e doutras cidades ultramarinas empezan a se publicar libros galegos de corte europeu, belidamente ilustrados, pola iniciativa dun calificado grupo de escritores e artistas con sinificación fonda no ámbito da nosa cultura: Luis Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Manuel Colmeiro, Outeiro Espasandín e outros, residentes naqueles intres na Arxentina, andiveron a realizar un intelixente esforzo que emprincipia agora a se valorar axeitadamente. Ese esforzo acada un As tiradas de Monterrey roldarán os 200 a 400 exemplares e os de Bibliófilos irán destinados aos seus socios (nunca máis de 240). 29 Vid. ao respecto TORRES FERRER, Sabino, “Onde se conta como foi o nacemento da Colección “Benito Soto” e canto lle aconteceu ata a súa desaparición” en La Colección Benito Soto, Excma Deputación provincial de Pontevedra, servicio de publicacións, Edición facsímile, 1991. 30 “Política de edicións” en FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco, A xeración Galaxia, Galaxia/Agra aberta, Vigo, 1996, pp. 77 e ss. Para unha análise moi crítica, mais documentada, da evolución do Consello de administración e capital da empresa consúltese: COLECTIVO MEENDINHO, “A “editorial Galáxia” de Partido Galeguista na sombra a empresa mercantil”, VV.AA., Actas do II Congreso Internacional da lingua Galegoportuguesa na Galiza, 1987, AGAL, Santiago, 1989, pp.709-717. 31 Que a política de edicións ten unha clara orientación revélao o Prólogo á edición definitiva de Longa Noite de Pedra. Textiño no que alén de darse conta da fabulosa cifra de vendas das 5 edicións (25.000 exemplares), suxírese que Galaxia tras a 1ª edición (Salnés, 7, 1962) non tivo máis interese pese a que esta estaba esgotada aos poucos meses. 28

acento sinificativo, porque enche un valeiro sentido na terra nutricia, i enlaza co labor que va realizar anos despóis a Editorial Galaxia. 32

A Editorial Galaxia xurde nun intre básico da vida cultura galega, que emprincipia a renacer. Inaugura as súas actividades aló polos fins do ano 1950, e dende aquela adícase a promocionar a publicación de libros en tódolos eidos que lle resulta posíbel abranquer. O seu propósito primeiro foi o de prestixiar o idioma, que viña considerándose cómo idioma familiar e coloquial; como fala dos desherdados, das xentes incultas, e cando máis, como lingua soio apta pra a creación poética. Compría, pois, arrincar outravolta ao galego das camadas populares i erquelo ao nivel de instrumento de cultura. E o empeño de revalorizar ese idioma, de dinificalo nos ambentes intelectuáis, de categorizalo como meio de espresión cultural no senso máis amplo, constituíu unha das empresas máis importantes que Galaxia afrontóu. Non interesaba, inicialmente, darlle unha dimensión popular, porque tal popularismo era moi difícil de conseguir naqueles intres. E inda de se ter acadado edicións pra ese fin, as xentes seguirían sin ler na fala propia, e o galego seguiría manténdose na sona de lingua empobrecida, axeitada só pra unha comunicación de tipo localista, e sin o vóo literario que singulariza aos idiomas cultos. Aos escritores que colaboraban na nova Editora interesáballes, sustantivamente, proporcionarle á lingua -recobrada en etapas anteriores folgos universalistas; insuflarlle unha selva de actualidade, capaz de vitalizala, trocándoa en vehículo apto pra se manifestar en tódolos eidos culturáis: Dende a narrativa ao ensaio, dende a espresión filosófica ao mester de traducir as 33 obras máis calificadas do xenio universal. (Subliñados nosos)

Antes de nada e a respecto do primeiro parágrafo, Teñamos en conta que, Ánxel Casal, en a penas 12 anos de editor (1924-1936), publicaría en LAR e NÓS uns 152 folletos e separatas (enténdase volumes de menos de 60 páxinas: de menos de dez páxinas, 18; menos de trinta páxinas, 73; de trinta ou máis, 30; entre corenta e sesenta páxinas, 31), uns 82 libros (enténdase volumes de 60 ou máis páxinas: de sesenta ou máis, 10; entre oitenta e cen, 17; entre cen e cento corenta, 18; entre cento corenta e menos de duascentas, 10; duascentas ata duascentas sesenta, 12; duascentas sesenta ata trescentas, 8; trescentas ou máis, 2; catrocentas ou máis, 2; máis de cincocentas, 2 ; máis de seiscentas, 1) e ademais, un diario: El Momento (14 números); dous grandes semanarios políticos: Claridad e Ser (24 e 39 números). Do seu prelo saíron uns 88 números de A Nosa terra, 118 volumes da Revista Nós, con 47 Suplementos gratuítos Nós; varios medios xornalísticos: Universitarios (FUE, 2 números); Galicia Federal, (4 números); Máis ( 1), El Ciclón, (1?), Amañecer (4 números), Resol (4 números). e un número indeterminado de panfletos e follas voantes nun número non inferior a 300. (Para estes datos pormenorizados véxase o apartado 4. 4. A fouce, o hórreo, e o prelo: proxecto nacional, reivindicación social e cultura popular. Ánxel Casal, un editor e impresor para Galiza.) Galaxia, de 1950 a 1965 editará, segundo un home da casa: X.L. Franco Grande, “cento vinte libros, ademáis de dúas revistas” e, de 1965 a 1975, “o número de libros increméntouse deica pasar dos douscentos sesenta, sin contar os sesenta e oito números da Revista de Economía nin os corenta e cinco da Revista “Grial” 34. Se revisamos o catálogo xeral de publicacións de 1975 á venda (que abrangue libros editados de 1960 a 1975) descubrimos que ascende a un total de 25 novelas e narracións, 13 pezas teatrais, 7 libros de poesía máis 28 da Colección Salnés, 1 de viaxes e 3 de literatura popular, 15 na Todo o texto é corrido salvo neste salto no que comeza o cerne do artigo. O autor dá a sensación de toda a tradición literaria ser preparatoria de Galaxia. 33 FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco, “O libro coma elemento de comunicación e coma empresa”, en O libro galego a discusión. Cadernos do Laboratorio de Formas de Galicia, 2, Ediciós do Castro, Moret, A Coruña, 1974, pp. 74-75. Este é a, para nós, mellor síntese aínda que xa se apunta, co anuncio de que pronto había nacer Galaxia en LORENZANA, Salvador, [pseud. Fdez. Del Riego, F.], “O problema editorial en Galicia”, La Noche, 4-11-1949. 34 FRANCO GRANDE, X.L., “O mercado do libro en ALMANAQUE. Galaxia. 1950-1975, Galaxia, Vigo, 1975, pp. 97-100. (O Catálogo xeneral de publicacións, á venda, nas páxinas 175-186). 32

Colección Illa Nova, 6 en Trasalba, 11 en festa das letras, 18 de libros infantís, 1 libro escolar, 15 ensaios máis 10 de Manuais, 1 na Colección Murguía (a Historia da Literatura de Carballo), 5 da colección Pondal, 5 de Varia, 2 de economía e sociedade, 3 de enquisa, 3 de Agra aberta, 2 dos precursores, 1 Alén Nós, 8 de Historia, 3 de música e 10 da Colección de lingüística, 4 de Arte Novo, 3 de deseños e 7 Cousas da Vida, 65 números da Revista de Economía de Galicia e 4 números de Grial máis os 150 da revista en curso) Endebén dos números, a aposta “universalista e de elite”, non de divulgación popular, vai ofrecer estraños resultados. A polémica para traducir obras ao galego que antes non estivesen traducidas ao castelán (aínda que non sabemos que houbera problema para traducir o Cancioneiro da poesía céltica de Pokorny, A comedia da oliña de Plauto, O mito da Espenuca de Platón) que sostén Galaxia (editora sen número de rexistro) sáldase coa traducción dunha conferencia do orixinal alemán de Martin Heidegger 35. Fernández del Riego acredita como o máis importante que “ó se expresar Heidegger no noso idioma, que viña ser como se se expresase Kant ou outro así, desaparecían os motivos para seguir dicindo que se trataba dunha lingua de labregos” 36. Mais, a ninguén se lle escapa que traducir a Heidegger 37, un dos poucos filósofos contemporáneos que contaba coa completa aprobación ata a dos sectores máis duros do réxime franquista no ambiente español dos anos cincuenta non era precisamente unha orixinalidade e moito menos un enfrontamento para a cultura do réxime. A este respecto, querer traducir, ou mellor escoller de entre todos os filósofos alemáns, non a Kant, nen a Hegel, senón ao filósofo nazista por excelencia, desde ben antes da data da súa final publicación (1956) só pode ser comprendido desde dúas ópticas. Ou ben a de desbordar ao réxime pola dereita ou ben a de manifestar a figuras como Rafael Calvo Serer que se podía facer a “cultura correcta”, en galego 38. Como demonstrarían, coas Festas minervais de 1956 (ano no que as folgas estudantís contra o SEU abrollaban na univerisidade española) ao rectorado compostelán e ao SEU os mozos que se movían arredor de Xelmírez 15. Mais é que xa nos anos cincuenta existían propostas alternativas, como os textos que Ramón Villar Ponte, os irmáns Carré Alvarellos, Roxerius e Ben-Cho-Shey, publicaban xunto a Alberto Vilanova, Picallo e os exiliados galegos nas revistas do Prata (especialmente importante para recoller as voces censuradas dos escritores galegos é Lar, Revista del Centro Gallego). Mais non só, na propia Galiza, aínda que con insinuacións podíanse filtrar algúns nomes e temas en espera da homenaxe e da xusta memoria. Así remata a última das grandes aportacións de Ramón Villar Ponte, Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega, publicada uns meses antes da súa morte 39: Ahí queda, amigo lector, un relato -del vivir académico desde que la entidad surgió por feliz iniciativa de aquel gran patriota que se llamó Fontenla Leal, cuya memoria aguarda todavía el condigno homenaje, hasta los tiempos por nosotros alcanzados. Trátase de un relato hecho sin pretensiones literarias, sin alarde de galas retóricas -nosotros gustamos de la sencillez- pero mantenido siempre dentro de un gran respeto a la verdad. Tal relato debiera ser de por sí estimulador y fructífero, de tal 35 Datos interesantes en “Una obra de Martin Heidegger en idioma gallego”, Galicia Emigrante, 19, MarzoAbril, 1956, p. 9. 36 FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco, A xeración Galaxia, Galaxia/Agra aberta, Vigo, 1996, p.83. 37 HEIDEGGER, Martin, Da esencia da verdade (Celestino Fernández de la Vega & Ramón Piñeiro Traducción e notas), Galaxia, Vigo, 1956. (80 pp. 20 x 23 cm. ) 38 Noutra perspectiva pero con datos coincidentes: MÉNDEZ FERRÍN, Xosé Luís, “A batalla de Heidegger”, Os camiños da vida, Faro de Vigo, 9-10-98. 39 A morte de Villar Ponte, segundo a súa filla Teresa Villar Chao, produciuse a resultas dunha malleira que lle propinaran na rúa do Orzán da Cruña un grupo de mozos falanxistas. Tiña o autor de Doctrina Nazonalista, 63 anos.

modo que los que de él, lleguen a tener conocimiento, se sientan acuciados por deseos de sumarse a las tareas académicas, o por lo menos de secundarlas -cada uno dentro de sus posibilidades-, compartiendo los nobles afanes de los que integran el conjunto corporativo, y caigan de lleno en el firme convencimiento de que sirviendo a la Academia -y los modos de servir son muchos- se sirve a la madre común, a Galicia, dignamente y con eficacia. De esta manera se dará satisfacción a aquel deseo que el Maestro nacido en Rianxo manifestaba con frase feliz, como todas las suyas, en su monumental obra póstuma, de que la cultura gallega fuese algo vital, dinámico, vibrante de ideal, que en modo alguno pudiese devenir en estática, fría e infructífera cultura esterilizada. Y no olvidemos que los deseos del Maestro, precisamente por ser de quien son, deben tener para nosotros la fuerza y el acuciamiento de un imperativo ineludible... (Subliñados nosos, cursivas de Villar Ponte) 40

En 1956, celebrábase en Buenos Aires o centenario do Banquete de Conxo (que na Galiza e pese aos rogos de Otero soaba alleeiro) cun congreso que acollía a toda a intelectualidade galega. As actas e ponencias, editadas por Suárez Picallo e Alonso Ríos, recollen as diversas perspectivas culturais en debate dentro do galeguismo. As posturas dos exiliados están marcadas polo contido cívico que animara o Banquete de 1856, pola reivindicación da memoria de Castelao, o plebiscito e a legalidade republicana 41. As opinións de Galaxia, a través das voces dos seus máis destacados membros tiveron acollida nas actas. Non obstante, e como proba de que no “ermo do exilio interior” non todo era Galaxia, aparece a memoria e análise que desde o interior facían intelectuais da talla dos Carré Alvarellos, representantes da tradición republicana da Irmandade da Fala e afastados do grupo dominante de Galaxia. Vistas estas notas, que deberían acadar algún día a forma de ensaio cumprido, resulta máis que complicado continuar mantendo o resgate da tradición da Irmandade da Fala, a suposta confluencia ou complementariedade de obxectivos dos que falan del Riego, Dónega e Piñeiro 42, a dificuldade de tratar cos americanos “que en vez de dar diñeiro a Galaxía querían bombas” (X.L. Franco Grande), ou a actual idea do “caos” dun exilio composto por individualidades dispersas en vez de por representantes eleitos nas urnas e agrupados en Institucións 43. Máis, se a opinión (silenciada) de Suárez Picallo 44 e o Consello de Galiza era esta: IVº Galáxia. Galaxia é, como se sabe, unha editorial galega consagrada con alma e vida a arrequentar, fortalecer, esclarecer e xerarquizar o ser nacional de Galicia usando o esparexemento da nosa cultura como ferramenta. Niste senso leva feito unha laboura maravillosa, diña de toda loubanza e merecedora de maixima axuda. Os libros que leva publicados, constituien, a parte da sua fermosa presentación bibliográfica, un magno caudal de cultura galega: Poesía, Historia, Literatura, VILLAR PONTE, Ramón, Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega, La Coruña, Litografía e imprenta Roel, 1953. 41 CONGRESO DA EMIGRACIÓN GALEGA, 1856-Banquete de Conxo-1956. Primeiro Congreso da Emigración Galega Feito desde o 24 ao 31 de xulio de 1956 en Buenos Aires. Documentación/ Crónicas, Editorial Nós. Art. Graf. Alonso Ruíz, Buenos Aires, 1959. 42 FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco, A xeración Galaxia, Galaxia/Agra aberta, Vigo, 1996, passim e moi especialmente LAMA LÓPEZ, Mª Xesús, “Entrevista con Don Francisco Fernández del Riego. Presidente da Real Academia Galega”, Galizien Magazin. Galicien Zentrum. Trier 5/Mai 1998, pp.9-15. (especialmente pp.10 sobre a non disolución do PG e p.11 a respecto do Consello de Galiza); [Anónimo], Entrevista a Ramón Piñeiro, Man Común, 0, maio 1980, p.16; DÓNEGA, Marino, “Galaxia 1950-1975” en Almanaque. Galaxia. 1950-1975, Galaxia, Vigo, 1975, pp.7-8. 43 NÚÑEZ SEIXAS, Xosé Manoel, “Castelao dentro do galeguismo do exilio”, Cadernos Fundación Castelao, 12, 1998; FRANCO GRANDE, X. L., Os anos escuros, I. A resistencia cultural da xeración da noite (1954-60), Xerais, Vigo, 1985, passim. 44 O texto a seguir é unha trascripción dun informe manuscrito de Suárez Picallo ante o consello de Galiza (Real Academia Galega, arquivo. Caixa 144), foi publicado en A Nosa Terra, 819, 26-2-1998, pp.34-35, parcialmente retocado e baixo o título (responsabilidades do xornal, non miña nen de Picallo): “Un informe secreto de Ramón Suárez Picallo descrebe as diferencias do galeguismo do interior e o exílio”. 40

Narración, Ensaio, Filosofía e Historia. E derradeiramentes, unha seición de Economía - con Revista especializada – con vistas a convertirse nun grande Centro de outos Estudos Económicos e de formación de teinicos. A sombra de Galáxia, acolléronse a maioría dos inteleituales galeguistas sobrevivintes da guerra e da posguerra civil. Pouco a pouco foron achegándose a ela os mozos galegos especialmente universitarios das derradeiras promocións, agrupados pros efeitos da sua labor literaria na seición nomeada "Illa Nova”. Pol-o que levan feito e pol-o que matinan facer ista mocedade de estrelas – que escribe en galego – ven ser a natural continuación dos vellos mestres e garantía de permanencia do galeguismo na Terra. Mais todo esto no aspeito cultural. No aspeito político da loita galega a cuestión varia. Iles fan política colateral dende auturas inteleituales, inaicesibles as capas populares da Sociedade galega, sumándose, inorgánicamente, as mais das vegadas os outros núcleos de oposición ao réximen. Nembargantes iles aspiran a dirixir e ourentar a política galeguista universal. Incluso a do galeguismo do Plata, coa que, como xa fica dito non están dacordo, namentres iles, a pesar das nosas reiteradas solicitacións, non nos presentan ningún plan de aición política concreto, que nós poidamos estudiar, aceitar ou rechazar, correxir ou enmendar. Iles sosteñan –e veleiquí a raiz da discrepancia – que a nosa loita política na emigración é totalmente ineficaz; que a nosa única misión eiquí é o de axudar económicamente a todo o que iles fan alá. Que o diñeiro quue eiquí se gasta en aitos, publicacións, celebración e demais é gastar pólvora en salvas. Que en troque, todo ise diñeiro e o demais que se debe recoller, débeselles remitilo pros seus traballos 45. (Subliñados nosos)

E que tampouco temos cuestionado, senón asumido, o liderado indiscutíbel e luminoso de Ramón Piñeiro. Sen entrar a asumir ou rexeitar o seu maxisterio convén advertir que el mesmo se erixiría cun liderado absoluto que nunca condicionou disciplina de partido, asemblea ou xuntanza, dirixindo, por legatarios e epístolas e conformando cos seus consellos e orientacións aos seus discípulos nunhas crenzas que non eran o galeguismo, senón a SÚA particular visión deste. Ao xeito do Risco dos anos 20 fíxose central e imprescindíbel. Por iso, non concordamos coa existencia de dous Piñeiros ou coa diferencia entre a súa postura entre os anos 50 e os 80, máis ben consideramos que a diferente percepción cara a súa figura ven dada pola mudanza na concepción do liderato, entre unha e outra data, entre os vellos e posíbeis discípulos. En 1959, cando xa apuntaban novas xeracións, máis politizadas, Ramón Piñeiro 46 definía os factores esenciais e os motivos dos que debía ocuparse a literatura galega: lirismo, humorismo e sentimento da paisaxe, ou o que é o mesmo saudosismo, folclorismo, paisaxismo. A razón desta teorización, para Alonso Montero 47, sería a necesidade de xustificar a actuación de Galaxia. Actuación que se cuestionara, especialmente na transmisión da memoria, o ano anterior en Buenos Aires e se plasmara en dúas editoriais de Galicia Emigrante48. Coa edición de La Soldadera crúzanse unhas cartas49 entre Piñeiro e Seoane que son reveladoras da orientación desemellante das dúas partes.

O título orixinal e data era: “Informe secreto do deputado e Conselleiro de Galicia, Ramón Suárez Picallo, á Primeira asamblea das Irmandades Galegas do Plata, celebrada os días 10 e 11 de Xaneiro do Ano 1958”. 46 PIÑEIRO, Ramón, “Factores esenciales de la Literatura gallega”, Ínsula, 152-153, Xullo-Agosto, Madrid, 1959, p.13. (o mesmo texto traducido en PIÑEIRO, Ramón, “Factores esenciais da Literatura Galega”, Olladas no futuro, Galaxia, Vigo, 1974. pp.142-147). 47 ALONSO MONTERO, Xesús, As Palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane, Xerais/Ensaio, Vigo, 1994, pp. 114-124. 48 “El exiliado y el perro”, Galicia emigrante, maio 1957 e “Querubines en el bestiario”, Galicia emigrante, Setembro 1957. 49 Cartas reproducidas xunto coas editoriais en Apéndice 3, en ALONSO MONTERO, Xesús, As Palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane, Xerais/Ensaio, Vigo, 1994, pp. 197-216. 45

O 18 de xullo de 1959, cos pulos da aventura editorial de Citania, Seoane manifesta as súas discrepancias a respecto do proxecto editorial de Galaxia, que capitanea o destinatario: É hora de que vos decatedes de que estades en plena confusión con respecto a nós e que a política cultural que facedes, inicieina eu en Buenos Aires sin máis programa que o da cultura galega arredor de 1940, como ti debías sabere, aínda que non por ún que nunca falei disto.

Moitos anos máis tarde, en xa nun contexto de transición cara a democracia, Piñeiro artellaría, en varias fases 50 a súa xustificación para a historia: Non foi unha decisión tomada dun día para outro. Foi máis que nada un proceso que durou algún tempo. Nos anos corenta nós reconstruíamos o PG, mesmo existía una executiva e unha asamblea. Cando vimos que os aliados non ian intervir e que o réximen de Franco se consolidaba, e cando vimos tamén que as novas xeneracións de galegos estaban sometidos a unha absoluta despersoalización, foi cando decidimos orgaizar unha plataforma legal desde a que actuar, e eso foi Galaxia. A decisión de deixar de funcionar como PG non foi tomada nunha asamblea ou reunión, nen foi, por suposto, unha decisión dunha soia persoa. Forono esixindo as propias circunstancias. [...] A partires dos anos cincoenta deixamos de falar de partido galeguista, e eramos moi consciente do que estabamos a facer. (subliñados nosos) 51

Para a Historia do galeguismo posterior á Guerra Civil establecéronse 1943 e 1950 como as datas que marcaban, respectivamente, o enterramento dos postulados políticos e a necesidade da fronte cultural que definiría Galaxia: Certamente, os investigadores que no futuro estuden esta época da nosa historia comprobarán que as verdadeiras datas de partida son os anos 43 e 50, cos que se corresponden a reorganización clandestina do galeguismo político e a reorganización pública do galeguismo cultural, unha e malia outra íntimamente vencelladas. A evolución de ámbalas dúas, cos naturais e inevitables procesos diversificadores e innovadores, daría lugar polos anos 60 e 70 a novas datas significativas. 52

Idea básica, que se perpetúa ata hoxe 53. Mais, non obstante o discurso establecido, é importante sinalarmos que, xa antes da constatación dunha imposíbel resistencia política que definiría a fin da II Guerra Mundial- había voces que tiñan como prioritario o aspecto cultural. O día de Reis de 1940, antes da definición da Guerra Mundial, co franquismo no seu momento máis xermanófilo, escribía Ramón Piñeiro: Querido Ben-Cho-Sei: Con moito gusto aproveito a ocasión de poderlle mandar unha carta por conducto de enteira confianza, pois non ha¡ millor xeito pra lle comunicar as novedades de eiquí. Comenzarei por contarile o que fai a xente conocida: O Ánxel Fole dá clases nunha Academia; Milucho Gil está en Madrid estudiando Ciencias Naturaes; Antón Figueroa está en Salamanca estudando Meiciña; Vallina está empregado na Caixa Regional Gallega; Antonio continúa coma sempre; Ramón Varela prepara oposicións a Notarías; Filgueira foi trasladado a... Pontevedra; Castelao está en New-York faguendo dibuxos de negros; Martínez López está en Francia e vai marchar pra California, onde lle deron unha cátedra; J. Bal tamén anda por Norteamérica; del Riego está en Vigo, trabaliando con Valentín; Plácido Castro está na Cruña; os de Ourense xa sabe vostede diles. Fai pouco tempo celebrou unha xuntanza a Academia Galega. Acordou reanudar a súa laboura (?) e continuar a pubricación do Diccionario. O Seminario continúa pechado, sin que haxa probabilidades de que recobre axiña aitividade. As Diputacións van a editar o Cancioeiro Musical de Galicia. Interesante neste proceso, PIÑEIRO, Ramón, “Vicisitudes históricas de la cultura gallega”, Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia, 4, Ediciós do Castro, A Coruña, 1975, pp. 19-35. 51 Entrevista a Ramón Piñeiro, Man Común, 0, maio 1980, p.16. 52 “Presentación” en Galicia, 1950-1980. Trinta anos de Cultura, Publicación conmemorativa do trinta aniversario da editorial Galaxia, Galaxia, Vigo, 1980, p.3. (editorial) 53 A versión máis actualizada –radicalmente diferente da por nós exposta- da realidade de Galaxia e Piñeiro,en FERNÁNDEZ, Carlos, “O pacto e a vontade de país”, Tempos Novos, 31, decembro, 1999, pp.30-33. 50

Do ambente pouco se pode decir. Vivimos con gran tranquilidade sin que ninguén nos moleste. É lástima que vostede non poida voltar pra Galicia, xa que, de estar eiquí, poderíase adicar de cheo aos traballos de investigación, único xeito de servir actualmente os intereses da cultura galega. Neste campo das actividades culturales, espero que non tardará en haber marxen pra labourar con eficacia. A volta da Monarquía (único desenlace posible de esta situación) traguerá ao ambente un tono de máis tolerancia, e con eso xa se poden facer cousas serias. Sin outra cousa por hoxe, reciba unha forte aperta do seu amigo e irmán. (Subliñados nosos) 54

Mais, convén indicar que non eran unicamente as consecuencias da Guerra Civil as que provocaran a mudanza cara o cultural e o ostracismo en todos os galeguistas. O mesmo Piñeiro, en propias lembranzas de conversas con Bóveda en 1933 e 1936, postulaba sobre a preeminencia da redención cultural por riba da actuación política 55. E non era o único. Antón Fraguas, de novo figura pública no mundo cultural galego contra 1950 56, nunha entrevista, en 1994, lembraba que, dentro do galeguismo, o aspecto político: Era, si, foi o que se organizou ao final. Eramos dentro do partido unha chea deles partidários de non se apresentar á eleccións nen de facer cousa nengunha. Primeiro había que conquistar Galiza pola cultura, non pola política. [...] A política..., eu tiven que andar con moito tino. Recórdome cando foi Piñeiro a xunto de min que andaba organizando o galeguismo e díxenlle: ‘ai Ramón, non podo, que ainda estou baixo esta situación’. El estivera preso, pero eu tamén estivera preso, pero puco tempo, só horas, na Estrada. Pero esas horas foron tremendas, aquela noite vian a morte, para min pasou o medo á morte. 57 (subliñados nosos)

Coa caída do franquismo, os mesmos partidarios da non intervención política, prolongarán, noutras circunstancias, a necesidade do culturalismo, fuxindo da opción política. Novamente o círculo de Piñeiro e Sabell, optará por un camiño político abstracto, Realidade Galega, continuación de Galaxia. Ante a proposta de fronte política que se desenvolve desde o PSG e ANPG, Piñeiro propón a súa de Fronte cultural, que fai consecuencia natural da súa versión da historia do galeguismo: Para levar a cabo este labor, que se presentaba -e foi- longo e difícil, resultaba improcedente encerrarse no ámbito partidista. Para galeguizar ás nosas xeneracións, culturalmente formadas no marco ideolóxico do franquismo, había que lles ofrecer un ideal que fase válido para todolos galegos demócratas, quer decir, había que despertar neles o ideal da identificación con Galicia, a conciencia da sua identidade galega, compatible, naturalmente, coa ulterior adhesión a calquera das ideoloxías concretas que fosen aparecendo. Mais que encerrar o galeguismo dentro do marco estricto dun partido, había que o abrir ás diversas ideoloxías partidarias. A nosa misión era galeguizar aos galegos, deixándolles a eles a misión de galeguizar os partidos cande fosen xurdindo. Durante 30 anos, Galaxia veu realizando o seu labor de galeguización activa e aberta. Tal como fora previsto, esa galeguización foise diversificando por si mesma en chegando a hora das opcións políticas, de tal xeito que, en maior ou menor medida, en case todas elas está presente a Lugo, día de Reises de 1940. Carta a Xosé Ramón F. Oxea, ALONSO MONTERO, Xesús, Ben-Cho-Shey. Galegos na Historia,6, Ir Indo, Vigo, 1996, pp. 31-33. 55 Entrevista a Ramón Piñeiro, Man Común, 0, maio 1980, p.16. O mesmo en CASARES Carlos, Ramón Piñeiro, Publicacións do Centro de Investigacións lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, Xunta de Galicia, Dir. Xeral de política Lingüística, Ophiusa, sd [1996]. Esta pequena (93 pp. 19 x 10 cm) biografía de Ramón Piñeiro, é moi útil para exemplificar esta reelaboración de posturas e papeis pois, incide explícitamente na defensa dun galeguismo non nacionalista (explicitamente no texto p. 30), potenciador do aspecto culturalista e intelectualista fronte ao político e de masas (co exemplo do primeiro parágrafo, p.31: posturas de Bóveda e Piñeiro fronte á aprobación do Estatuto (sen atención ao detalle das idades e peso político)). [O mesmo texto en CASARES, Carlos, Ramón Piñeiro, A nosa memoria, 9, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Comunicación Social, Santiago,1996]. 56 Vencellado desde a creación ao Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos do Cesntro Superior de Investigaciones Cinetíficas, fora electo membro de número da Academia galega o 19 de abril de 1951. 57 VILAR, Manuel, “Antonio Fraguas”. Entrevista, A Nosa Terra, 652, 15-12-1994. 54

conciencia galega. Como é natural, individualidades ou grupos que descubriron a sua identidade galega a través do labor político-cultural de Galaxia, ao iren evolucionando ideolóxicamente cara o activismo político consideraban que Galaxia debía seguir o mesmo camiño que elas seguiran e revirábanse críticamente contra ela. Con todo, o esforzo galaxiano de galeguización cultural dos galegos sigue sendo preciso, e deberá ser intensificado por todos, astra conseguir que o noso pobo teña toda a consistencia e todo o peso que a sua personalidade colectiva debe ter. A política galega será intrínsecamente feble mentres non leña o vigoroso respaldo dunha conciencia colectiva plenamente adulta e con vontade de acción auto-realizadora. Non é aventurado decir que sin o esforzo político-cultural de Galaxia a imaxe da Galicia actual sería ben distinta. Pero tamén compre decir que non é obra exclusiva dela. Galaxia foi a primeira e mantivo unha tiña de acción clara e firme ao longoo dos últimos 30 anos. Pero detrás dela, no decorrer dos dous últimos decenios, foron xurdindo outras iniciativas valiosas, algunhas moi valiosas, que contribuiron eficazmente á formación da Galicia actual. Todas elas, e outras que vaian xurdindo, serán necesarias para lle devolver a Galicia a plenitude do seu ser. 58

O culturalismo, herdeiro directo da teorización de Risco nos anos vinte, tiña nos anos trinta bastantes seguidores dentro do Partido Galeguista: Fraguas, del Riego, Piñeiro, Fole, Otero Pedrayo, Cuevillas, Ferro Couselo...; moitos máis na Dereita Galeguista: Mosquera Pérez, Pedret Casado, Manuel Beiras, Filgueira e “independentes”: Sebastián Martínez Risco, Xaime Isla Couto, Penzol, Paz Andrade, Marino Dónega, García Sabell... Coa creba da guerra estes intelectuais, como elementos menos marcados dentro do franquismo, pasaron a primeiro plano e pasaron a identificar o “seu galeguismo cultural” co galeguismo. Desde esta óptica, unha análise da producción e orientación da literatura galega da posguerra permite comprender o distanciamento cara atrás, cara a etnografía, cara a paisaxe, a saudade e a relixión como vencello. O ermo cultural 59 dos 50 que reverdeceu Piñeiro, só cultivou limitados eidos. Lectura que explica e explicita polémicas que se han desenvolver na literatura galega nos 60. Non se trata tan só de censura, senón de orientación. Mais, é que esa orientación non só afectou a producción do período. A súa influencia é moito maior, ao ter constituído unha liña de transmisión e á vez sofisticada peneira da tradición nacionalista, na súa face política e cultural. A admiración por Piñeiro, ou García-Sabell que manteñen en bloque os que serían, despois de seren os seus discípulos, os seus adversarios (Franco Grande, Beiras, Ramón Lorenzo, en parte Méndez Ferrín), couta todo enfrontamento directo a este maxisterio. Semellante respecto e complicidade xeracional, imposibilita toda revisión sobre o pouso ideolóxico e estético con que se configuran as contribucións “canónicas” de Carballo Calero e Fernández del Riego. Lonxe de nós, arremeter contra as memorias humanas, contra os sentimentos ou contra os respectos debidos aos maxisterios, non obstante semella xa hora de indicar que a transmisión da nosa tradición cultural, para os nados entre 1929-1945 (de Alonso Montero a Méndez Ferrín, pasando por X. M. Beiras), non foi directa desde a República, senón filtrada, xa a través de reconstruccións desde testemuñas parciais, xa a través das concepcións e ideoloxías de determinado sector, que se agrupa arredor de Galaxia e ten o seu líder en Piñeiro. A respecto do establecemento da cronoloxía e xeracións na literatura galega, conviría insistir na necesidade de revisar o canon presente hoxe para todos. Pois, é unha PIÑEIRO, Ramón, “Galaxia e o frente cultural”, Man Común, 7, Febreiro, 1981. Para máis datos sobre a súa xeración, o maxisterio do Piñeiro e este tema desde unha postura diametralmente oposta: NEIRA CRUZ, Xosé A., “Entrevista a Xosé Luís Franco Grande”, Tempos, nº24, maio, 1999, pp.43-47. 58 59

obviedade que o período republicano do galeguismo e o proceso que leva a el desde mediados do XIX, constitúe a época dourada da literatura galega. Mantendo esta idea na nosa proposta de lectura, poderiamos concluír que a identificación política progresista/literatura que se dá na literatura galega desde o Rexurdimento non podía ser cómoda para manter, sen enfrontamento político-ideolóxico, unha cultura galega na España nacional-catolica dos Menéndez Pelayo, Balmes, Donoso Cortés, ou dos “serios” editores da colección “Clásicos castellanos”, que se permitían lindezas mutiladoras destinadas a “mellorar” eses mesmos clásicos, algúns simplesmente censurando miudezas “fora de ton”. Outros, advertíndoo: En aquellos mismos que hemos admitido, si nos han parecido excesivamente prolijos, o bien si descaminándose del estudio de las costumbres, se perdían en disquisiciones impertinentes, históricas o de cualquier otro género, con perjuicio de la amenidad o del interés literario, nos hemos tomado la libertad de entrar con la tijera 60.

E, de que outro xeito podía ser, se o pensamento dominante neses anos 50 (que se prolongaría con bastante intensidade ata 1977), e ao que había que se axeitar, era aquel nado “mediante un acto enérgico, tajante y claro, en 1936”, definido sen fisuras e vulgarizado por Calvo Serer, para quen desde 1939 España deixara de “ser un problema” 61. Esta emblemática obra, España, sin problema, rematada de imprentar en Outubro de 1949 é un bon barómetro cultural e ideolóxico do permitido e axeitado neses anos: “Tradición cristiana”; “contrarreforma”; “pensamento contrarrevolucionario”... Mestres: Balmes, Unamuno, Baroja, Azorín, Maeztu e, por riba de todos, don Marcelino, “padre do nacionalismo español revolucionario” e o profético Donoso Cortés. Estranxeiros aceptados: Carl Schmitt, Toynbee, Berdaieff, Maritain, Wust, Landsberg, Dawson,... Desprezo olímpico de conceptos como revolución, liberalismo, enciclopedismos, protestantismo, sufraxio universal, comunismo e bolxevismo... Bestas negras: Voltaire, Rousseau, Nietzsche, Kierkegard, ou o perigosísimo Burckhart. En fín, optimismo e oposición contra todo o que non sexa ese patriótico espírito español “monumental y primitivo como los muros ciclópeos”. Se era xeral o vernizado, disfrace e revisión de textos e autores dunha literatura consolidada e da importancia da española en lingua castelá, pensamos que non temos insistido como deberiamos en que este contexto podería ter obrigado (desde a realidade dos anos 40 62 e logo dos 50 63) a privilexiar sectores e figuras do presente e pasado de Galiza que permitisen unha aceptación maior por un réxime que por esas datas trataba de enfariñar a Larra, a Machado (A.), aos poetas da Xeración da República. Permítasenos engadir que podemos analizar a nosa construcción teórico literaria canto queiramos, insistindo na independencia do non enfrontamento, agora o que non podemos negar é un LOMBA y PEDRAJA, José R., “Dos palabras al que lo leyere” en LARRA. M.J, Artículos de Costumbres I, Clásicos Castellanos, Espasa Calpe, Madrid, 1952, p.XI. 61 CALVO SERER, Rafael, España, sin problema, Rialp. Biblioteca del Pensamiento Actual, Madrid, 1949, p.10. (a “Biblioteca del Pensamiento Actual”, do que este libro de ensaios fai o volume catro estaba dirixida polo propio Calvo Serer, aínda que monarquizante, figura de peso no réxime vencellada ao Opus dei e na altura un dos intelectuais orientadores da cultura oficial española). O prezo do opúsculo de 197 páxinas era de 23 pesetas de 1950. 62 Para coñecer as claves intelectuais máis aceites na España, ata a batalla de Stalingrado, vid. o prólogo memoria de Pedro Laín Entralgo en GANIVET, Ángel, Idearium Español, Ediciones Fé, Madrid, 1942, pp. IXXLVIII. 63 Para este anos, moi útil polos xuízos de valor constantes, o especialmente antirrepublicano ensaio de TORRENTE BALLESTER, Gonzalo, Panorama de la Literatura española contemporánea, Ediciones Guadarrama, Colección Panoramas, II, Madrid, 1956. 60

contexto que ata se atreverá, nada máis e nada menos, que a reinterpretar coa axuda filial 64 á grande besta negra dos “martes” hispanos, Don Ramón María del Valle Inclán. E o que é máis, os diversos elementos e escollas do culturalismo, non obstante o minoritario entre o nacionalismo na década dos trinta, xa tiñan o referente de determinada orientación ideolóxico-política de preguerra (o abano ING-Dereita galeguista 65), agora reinterpretado baixo a denominación constitutiva de Xeración Nós (e os seus apéndices as Irmandades e o Seminario de Estudos Galegos), que se presentará como centro e referente para a nacente Xeración Galaxia. A respecto do tema da construcción dunha xeración, tema obsesivo na España intelectual dos 50 66, é moi interesante o conxunto de entrevistas, con fotos de grupo ou interrelacionadas que realizará Francisco Fernández del Riego aos principais integrantes desta, no decorrer dos anos 55-58 nas páxinas de Galicia Emigrante67. Destas entrevistas entresacamos que nesas datas 68 fica establecida a “actual” xénese galeguista de Nós a Galaxia 69 e que xa comeza a deslizarse a polémica artística xeracional que estouraría pouco despois. A publicación das 54 páxinas de Mourullo 70 desencadearán un proceso de enfrontamento, que tamén se considera isoladamente no proceso, en que se xoga, máis que a estética, o maxisterio e a orientación 71. Non podemos deternos en analizar unha por unha as contribucións á historia da literatura galega dos anos 50-70. Isto, de por si, sería tema de tese. O que si podemos apuntar –como veremos ao longo deste traballo- é a desconfianza ante certas testemuñas e 64 A edición de Luxo da Ópera Omnia de 1942 é arbitraria en canto á selección das obras como na edición dos propios textos. As obras editadas en Austral nos 40-60 conteñen abondosas censuras, a empezar polo substancioso prólogo de Manuel Murguía aos relatos contidos en Femeninas, 1894. 65 Por exemplo, Risco, Filgueira, mais tamén Manuel Beiras, Mosquera Pérez, Banet, Illa Couto. 66 Moi interesante a síntese: “Una nueva generación española”en CALVO SERER, Rafael, España, sin problema, Rialp. Biblioteca del Pensamiento Actual, Madrid, pp.135-170. 67 LORENZANA, Salvador: “A fala con Carballo Calero, sobre temas da nosa cultura”, Galicia Emigrante,16, Decembro de 1955, pp.4-6; “Conversa con García Sabell”, Galicia Emigrante, 17, enero 1956, pp.3-4; “Conversa con Fermín Bouza Brey” Galicia Emigrante, 20, mayo, 1956, pp. 2-3; “Celestino Fernández de la Vega, e a súa interpretación da Realidade Galega”, Galicia Emigrante, 22, julio 1956, pp. 7-8; “Fernández Oxea fálanos de arqueoloxía e folklore”, Galicia Emigrante, 25, nov y Diciembre 1956, pp. 3-4 + 6; “Conversa con Fermin Penzol, o gran bibliófilo galego”, Galicia Emigrante, 26, enero y febrero 1957, pp. 2-4; “A voz da mocedade. Conversa con Ramón Lugrís”, Galicia Emigrante, 28, mayo 1957, pp. 4-5; “Conversa sobre Galicia co autor de TERRA BRAVA”, Galicia Emigrante,29, junio y julio, 1957, pp. 4-5; “Xosé Luis Franco Grande opina”, Galicia Emigrante,31, octubre y noviembre, 1957, pp.4-5; “Conversa con Xohana Torres”, Galicia Emigrante,36, septiembre y octubre de 1958, pp.11-12. Temas relacionados: “Literatura galega en 1955”, Galicia Emigrante, 18, febrero 1956, pp. 16-17 + 37; GARCÍA SABELL, Domingo, “Fermín Penzol calado”, Galicia Emigrante, 25, nov y Diciembre 1956, pp. 8-9; “Verbas do Novoneira”, Galicia Emigrante, 25, nov y Diciembre 1956, pp. 4 + 6. 68 A excesiva importancia que se ten concedido ás entrevistas de certos personaxes vencellados a este grupo como fonte documental de primeira man, prolongouse por décadas e explica certas interpretacións e liñas discursivas: v.g.: BRAXE, L., “Xaquin Lourenzo, “Xocas””, en VV. AA., A sombra imensa de Otero Pedrayo, A Nosa Terra, Extra 8, Vigo, 1987, pp. 5-9 e aínda continúa: LAMA LÓPEZ, Mª Xesús, “Entrevista con Don Francisco Fernández del Riego. Presidente da Real Academia Galega”, Galizien Magazin. Galicien Zentrum. Trier 5/Mai 1998, pp.9-15. 69 Ao respecto o comunmente acepto hoxe é o que sintetiza del Riego. “A Continuidade xeracional” en FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco, A xeración Galaxia, Galaxia/Agra aberta, Vigo, 1996, pp. 21-26; e no mesmo volume “Xeración de realizadores” pp. 133-140. 70 RODRÍGUEZ MOURULLO, Gonzalo, Nasce un árbore. Limiar de R. García Suárez. ilustr. Xoán Ledo, Monterrey, Vigo, 1954. 71 BARREIROS, Cosme, “Conversa con un novo escritor”, Galicia Emigrante, 24, octubre 1956, p.13 +18; OTERO PEDRAYO, Ramón, “Presentación de los jóvenes escritores gallegos”, Galicia Emigrante, 27, Marzo y Abril 1957, pp. 3 +36.

o frouxo de certas asercións comunmente aceptas. Priorizar, no longo proceso de construcción nacional galego, a liña ideolóxica –sesgada e readaptada polo demais- que conflúe na chamada Xeración nós (reformulada así nestes anos 50 72 e como adaptación da “Generación do 98”), provocou un corremento de datas substantivo para “poderen” explicar o proceso, sen aludirmos nunca a roturas tan fundamentais como a Dictadura de 1923 e a Guerra civil. Haberá que dividir nas tres etapas que coido máis representativas: “As Irmandades da Fala”, o “Seminario de Estudos Galegos” e “Galaxia”. As tres obras que tiveron meirande infruxo na mocedade durante a etapa das Irmandades foron “Da terra asoballada”, de Cabanillas, o “Album Nós”, de Castelao i a “Teoría do Nacionalismo Galego” de Vicente Risco [...] O “Seminario de Estudos Galegos” marcóu o comezo da etapa que poderíamos chamar de “investigación en equipo” dentro da evolución da nosa cultura. Traballouse seriamente en moitos campos, mais quizaves fose no campo da Arqueoloxía onde este etapa foi máis fecunda. A obra de Cuevillas é a máis lograda, a que máis metódicamente cumpríu o seu ouxetivo. “Galaxia” representa a terceira etapa, ou sexa, a etapa aitual. Con estar aínda na fase inicial do seu desenrolo, xa lle imprimíu a súa fisonomía á nosa vida cultural. Caracterízase pol-o seu alento renovador e pol-a incorporación do ensaismo riguroso. 73

O atraso na cronoloxía dos logros e as aspiracións galeguistas permitía, non xa mudar aos protagonistas, senón desprazar o centro da Cruña a Ourense, do republicanismo laico ao galeguismo “puro” e católico, do esquerdismo a un conservadorismo máis acorde coa situación político cultural que vivía a España de Franco. Chegaremos así a un proceso paralelo máis achegado ao universo cultural franquista, en que o galeguismo era aceptado como un apéndice colorista (no folclore de “Coros y danzas”) do conservadorismo católico cultural intrínseco a un Estado español que comezaba a instrumentalizar a Contrarreforma, a sobrevalorar os séculos XVI e parte do XVII, e a adaptar, mercé a protagonistas colaboradores, todo o que se podía e deixaba adaptar do naufraxio da España intelectual republicana 74. Evidentemente non todas as voces foron tan uniformes, en 1972, Baldomero Cores, definía a mixtificación identitaria producida: Para quienes no conocen bibliografía gallega a fondo es muy fácil confundir la cultura gallega con la cultura Galaxia, que es solamente una de las formas de vida, los problemas y las situaciones del vivir gallego. Las intenciones de ofrecer canle axeitado ó espallamento da obra dos nosos publicistas que se formula en la solapa de su primera obra –Antífona da cantiga- no se llevó a la realidad y antes bien Galaxia, que pasó de editorial a grupo, si es que ya no lo era anteriormente, adquirió fama de grupo hermético y unilateral, basado en una interpretación exclusiva de lo gallego, ideal contrario al sostenido por las Irmandades da fala o el Seminario de Estudios Gallegos. Alonso Montero recordará en 1968 que Galaxia “dista de ser la empresa que fue”, “que varias Galicias que hoy enriquecen Galicia no caben en el marco de Galaxia” y que Galaxia, hoy por hoy, sólo es una respuesta a medias”. 75

72 Vid. LORENZANA, S. [pseud. Fdez. Del Riego, F.], “A xeneración Nós na cultura galega”, en Grial, 7, 1965, pp. 75-85. 73 “Conversa con Fermín Penzol, o gran bibliófilo galego”, Galicia Emigrante, 26, enero y febrero 1957, p.4. 74 A negación do salto republicano, da historia política e literatura dos séculos XVIII e XIX, afecta moi seriamente á comprensión do proceso literario cultural galego, que abrolla nas épocas máis escuras da racionalidade ilustrada e vai medrando parello aos procesos liberais-progresistas que apoia, acompañado dun discurso tradicionalista. Unha explicación montada sobre unha das bases soa, non resulta coherente, por máis que si o sexa a respecto dunha das partes e do medio desde o que se fragua. 75 CORES TRASMONTE, Baldomero, “Sociologia del libro regional: Las colecciones y bibliotecas de Galicia”, en Estudios de información, 24, octubre-diciembre, 1972, Instituto de Opinión Pública, Madrid, p. 160. (Subliñados nosos)

O propio Alonso Montero, pouco despois insistiría no seu Informe dramático. No capítulo 7. “Problemática de nuestro tiempo: 1936 al 1973”, achega o silencio cultural que o réxime franquista producira. Boa parte do capítulo introduce a temática do galego no exilio e tamén presenta a Galaxia, con todo o seu compromiso co idioma, mais cunha certa crítica ante a ausencia de temática social: Las cuatro lineas esbozadas no constituyen toda la labor de Galaxia, pero me permiten señalar algunas ausencias o limitaciones importantes. En efecto, no hay poesía social, no hay cantos civiles, no hay narrativa de denuncia y tampoco traducciones de textos que inciten al análisis sociológico de los hechos y de las situaciones. No todas estas omisiones se deben, creo, a los escritores mismos. Cabe pensar que la 76 coyuntura oficial hubiera vigilado muy cerca estas actividades intelectuales.

Outras voces tamén sinalarían que a periodización e historia establecida nos sesenta, setenta e oitenta fora xa duramente enfrontada, desde fins dos cincuenta, pola mocedade con perspectivas políticas e algúns vellos republicanos e que, moito máis tarde, fora lexitimada por estratexias diferentes: Cando se forma o Laboratório de Formas [1968] e se instala aquí, Luís Seoane propón e consegue que Piñeiro, García Sabell ou Paco del Riego, que eran amigos seus por moitas diferéncias que tivese, se incorporen no Museu Carlos Maside e participen doutros proxectos, mesmo na restauración do Seminario de Estudos Galegos. O proxecto noso é explicitamente moito máis político, pero consegue arrastrar á xente, e mesmo reabilitar a posición do grupo Galaxia, que hai vinte anos estaba completamente desacreditado entre a mocidade. (Subliñados 77 nosos)

As puntualizacións de Cores, Díaz Pardo e de Alonso Montero, deberían levarnos a unha consulta máis demorada, desas opinións a fins dos 60. As dificuldades dos anos cincuenta e sesenta, foron deseñando unhas estratexias culturalistas, que ben poderiamos aceptar como lóxicas nesas décadas, mais que custa entender como se mantiveron ata os anos oitenta. Mais, o grupo Galaxia, fixo da necesidade virtude, que serviu para marcar unha rotura co discurso do galeguismo republicano e do exilio. O homes de Galaxia (Piñeiro, Illa Couto, Sabell, del Riego e mesmo Carballo), nunha complexa estratexia de autolexitimación marcaron e definiron, como único posíbel, un modelo de galeguismo que fixo pasar como continuísta do discurso histórico. A mellor puntualización que coñecemos a este discurso son os dous puntos cos que Méndez Ferrín discrepa do exposto por Xosé Luis Franco Grande, no prólogo aos Anos escuros. No primeiro deles faise unha impuganción clara do piñeirismo como único modelo factíbel e axeitado: Non comparto a idea segundo a cal o galeguismo nos anos 50 e 60 só poido ter sido o galeguismo culturalista que efectivamente foi, xa que non era posíbel facer outra cousa. Coido que a práctica culturalista propiaciada, con exclusión de outras, por Ramón Piñeiro, así como a actividade cultural orixinada en outros núcleos non dependentes do piñeirismo (“Galicia Emigrante”, e outras publicacións inspiradas por luís Seoane en Buenos Aires; Benito Soto e Monterrey animadas por Celso Emilio Ferreiro e Xosé Mª Alvarez Blázquez respectivamente, Brais Pinto), foi absolutamente necesaria e magnificamente ben executada, tanto ou mellor que se respondese a unha política de impregnación social programada polo mesmo Gramsci. Pro esta práctica brillante ficou, en boa parte, invalidada ao ser liquidado o Partido Galeguista polo piñeirismo, así como rachados os vínculos co nacionalismo de América, e sobre todo co Consello de Galiza, órgao político supremo

76 ALONSO MONTERO, Jesús, Informe dramático sobre la lengua gallega, AKAL/Arealonga,1, Madrid, 1973.Máis crítico en ALONSO MONTERO, Jesús, “Treinta años de literatura galega: 1936-1966” en Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega, Editorial Ciencia Nueva/ “Los complementarios”, Madrid, 1968, pp. 147-174. 77 “Isaac Díaz Pardo, Entrevista”, A Nosa Terra, 636, 25-8-1994.

que, como a Generalitat e o goberno Vasco, era expresión simbólica da legalidade democrática nacional, e equiparábel ao noso goberno autónomo no exilio. O piñeirismo, ao liquidar o Partido Galeguista, e desvincular o galeguismo do interior co nacionalismo da emigración, reducíndose ás actividades culturais, eliminou todo tipo de órgaos colexiados (Asambleas, congresos, Comités, Secretariados) e fixo posíbel que todo o poder se concentrase na só persoa de Ramón Piñeiro, quen endexamáis tivo que dar conta dos seus actos e directivas a ninguén. O erro incomprensíbel desta política impediulle a Galicia ter durante todo o período franquista anterior á criación da UPG un instrumento político nacional de referencia pública e asi mesmo, impediu as relacións entre o interior e o Consello de Galiza. De maneira que, sonada a hora da Reforma política, en vez dun negociador isolado e desvinculado da realidade política da nosa Terra, como Valentín Paz Andrade, os galeguistas dispostos a participar na operación non poideron exhibir o seu propio partido e máis un goberno galego no exilio e un presidente como Antón Alonso Ríos, tan lídimo e valedeiro como o famoso Tarradellas. Tiñan, pois, razón os nacionalistas de América ao reclamaren a reorganización do Partido Galeguista no interior e non a tiña o piñeirismo, nen a tiña o seu portavoz Manuel Beiras García que, como se conta neste libro, negouse con Piñeiro á restauración do Partido de Bóveda e, cando despois da morte de Franco intentou, con outros inocentes e ben nacidos a sua resurrección, era xa demasiado tarde e os galeguistas perderan corenta anos de historia de Galicia. 78

E non só, a ninguén se lle pode pasar inadvertido que Galaxia rompe coa liña de teorización liberal republicana que, desde Murguía, fixera acompañar proxecto literario á teorización política. Os diversos traballos de Carré Aldao, fonte inagotábel e resgatábel para a comprensión do feito cultural e ideolóxico do XIX, foron desbotados completamente por Carballo Calero. O ferrolán, coñecedor e usador dos datos de Carré, seguindo a Risco, destaca, a prol da cualidade literaria, o limitado dos límites estéticos e ideolóxicos da xeración de Carré. Límites ideolóxicos e estéticos que, porén, coinciden coa tentativa de formulación dun aparello nacional intelectual propio e progresista. Formulación que non encaixa na estructuración canónica de determinada xeración: Galaxia en determinado contexto político e ideolóxico: o franquismo. Sen vernos presa do terror, poderiamos engadir que, por causa deste discurso interposto, carecemos dunha liña de historia da literatura galega fiábel. Pois, en canto ás perspectivas existentes, deseñadas polos membros de Galaxia, advertimos enormes deficiencias metodolóxicas e de concepción, que se perpetúan ata o presente. E isto afecta á comprensión desde o hoxe, xa que a base da reflexión sobre a literatura galega continúan a ser as premisas establecidas polo noso admirado e fundamental Carballo Calero. Aínda a nosa admiración polo meritorio do acopio e organización da materia, é pertinente observar, que os seus traballos, especialmente a súa Historia da Literatura galega contemporánea, quebran a liña de traballo emprendida polas xeracións de Carré (Cova Céltica) e do 16 (Irmandades) e aparecen enfocados desde unha perspectiva de selección baseada na calidade (subxectiva) das manifestacións literarias producidas en lingua galega 79. Feito que lle nega, a pesar da grande suma de datos, o carácter de historia da literatura á súa monumental achega, e fai dela, máis un manual de literatura para “gourmets”que un traballo destinado a explicar os procesos históricos que levan a retomar, potenciar e despregar, como bandeira de oposición política, unha lingua e unha cultura minorizada.

78 MÉNDEZ FERRÍN, Xosé Luis, “Prólogo” a FRANCO GRANDE, X. L., Os anos escuros, I. A resistencia cultural da xeración da noite (1954-60), Xerais, Vigo, 1985, pp. 13-14. 79 “Porque xa damos por suposto que a literatura galega é a literatura escrita en galego. [...] non se trata de defender esta posición como única aceitábel, pero é que nós en grande parte somos estudiosos de filoloxía [...] e entón, o obvio é considerar que a Literatura galega é a literatura escrita en galego. Enfin, é a aceptación filolóxica que adoptamos [...] porque no noso país, onde hai uns contidos ideolóxicos que se relacionan co feito da utilización polos habitantes da nosa terra de duas línguas, a língua autóctona e a língua importada, a língua estatal, é evidente que suporía grandísima confusión falar de literatura galega referíndose á literatura en galego e á literatura en castellano” en CARBALLO CALERO, Ricardo, “Introducción á literatura galega”, A Nosa Literatura: Unha interpretación para hoxe, A Coruña. A.C. Alexandre Bóveda, 1988, pp 9-21.

Sen entrarmos en polémicas, precisamos advertir que non pode ser inconsciente esa priorización de elementos estéticos sobre os sociopolíticos, nun intelectual da talla e da importancia, xa na preguerra, de Ricardo Carballo Calero. Só advertimos que estamos moi precisados dun traballo analítico e crítico sobre a elaboración e escollas da Historia da literatura de Carballo. Análise que incida nas presións exteriores, nas autocensuras, ninguneamentos de figuras fundamentais (os membros da Cova Céltica, especialmente o “clan” dos Carré, Blanco Amor, Celso E. Ferreiro, X.L. Méndez Ferrín) e, especialmente, no sesgo orientativo que contén. Ese traballo, central se queremos comezar a elaborar un discurso explicativo sobre a literatura galega, non pode ser, por límites o obxecto desta introducción. Limitámonos, non obstante, a indicar que a Historia de Carballo non é en si o problema, senón que a carencia está en que esta monumental contribución, comezada nos anos 50 e fechada a mediados dos 70, continúe a ser material de recurso obrigatorio (case único) sen que prestemos a atención debida nen aos anos e correntes ideolóxicas na que foi fraguada, nen as advertencias a este respecto do Ricardo Carvalho Calero que retomou as súas reflexións histórico-lingüísticas desde a seguridade democrática dos anos 80. Do mesmo xeito, e cun carácter máis subxectivo e cargado de ideoloxía, actúan os traballos ensaístico-memorialísticos de del Riego, García-Sabell Piñeiro e Filgueira Valverde 80, nados -como o de Carballo- dunha identidade xeracional na que se recolle a perspectiva das elites culturais do país a respecto do feito cultural. Como advertencia ao uso dos materiais que conteñen, insistamos en que se negan, en todas elas as manifestacións que non contribúan a fornecer a perspectiva “lexitimadora” do Culturalismo, pasándose por alto as manifestacións ideolóxico-político-estéticas que non se axusten ao programa total no que se desenvolven, o sistema creado pola xeración “Galaxia”. Traballo fundamental na estructuración da Literatura galega sería analizar os compoñentes ideolóxicos que forneceron o discurso galeguista, culturalista durante o franquismo. O peso de certos axiomas incontestados (imposibilidade de calquera outra tarefa especialmente política, liderado indiscutido e acepto de Ramón Piñeiro, rotura co desconexo exilio, oposición do galeguismo de Galaxia ao réxime franquista e viceversa...), ten afectado tanto a construcción da historia do galeguismo que se fai precisa unha revisión rigorosa do período e dos intelectuais. Cando menos, convén insistir en que o discurso que actualmente coñecemos, tal e como o coñecemos, naceu nese período. En 1964, apagábanse as voces de Suárez Picallo e María Miramontes. Luís Seoane facía unha fermosa gabanza na que indicaba lapidariamente: O nome de Ánxel Casal, un dos mais prestixiosos entre os caídos de entón, foise esquecendo pra os actos conmemorativos da memoria de quenes se tiñan dito seus irmáns. 81

Se pretendemos abordar a biografía e contexto de figuras como Ánxel Casal, nacionalista e político republicano, esquerdista, activista e modelo de laicismo, convén advertir que, ata hoxe, non se considerou o feito de os conformadores da nosa tradición político cultural, seren intelectuais moi despolitizados e de predominancia conservadora, católica tradicional e antimarxista, algúns xa decantados na preguerra. 80 Especialmente as reflexións contidas na colección “Adral”: FILGUEIRA VALVERDE, X. F., Adral, Ediciós do Castro, Sada-A Coruña, I, 1979, II, 1981, III, 1984, V, 1989, VI, 1990, VII, 1992, VIII, 1994, IX, 1996. 81 “María Miramontes e Ramón Suárez Picallo” por Maximino Brocos en A Nosa Terra. Marzal 1965.

Os intelectuais galegos no interior, conformadores da nosa tradición cultural durante os anos 40 a 60, englobaban grupos e subgrupos diversos, tantos como as súas actitudes a respecto da dictadura. Había: sobreviventes, periferia do réxime e ultradereita. A estes, habería que sumar os que militaran na República en Dereita Galeguista, un amplo abano de elementos, achegados a Risco e á Igrexa, que na preguerra sobresaíran polo seu labor cultural e non polo seu compromiso político. Non se trata só de relevar, morbosamente, o puntual conservadorismo, colaboracionista coa cruz e a falanxe, de figuras tradicionalistas no ronsel de Losada Diéguez. Non se trata de sinalarmos co dedo o feito de Risco, de Cuevillas, de Arias Sanjurjo, de Sotomayor, de Otero, colaboraren, desde revistas franquistas coa “cruzada”. Trátase de lembrar que Penzol era un bibliófilo encadrado desde os anos 20 na ING, que se mantivo á marxe do galeguismo político, rexeitándoo abertamente desde 1933. Que Bouza Brey, arqueólogo poeta e maxistrado depurado nos tardíos cincuenta non por cuestións políticas, foi postulador –desde a dereita- da división do galeguismo na III Asemblea en esquerdas e dereitas. Que Paz Andrade colaborara coa Dictadura de Primo de Rivera e vira incompatíbel o seu galeguismo coas súas relacións na Patronal Viguesa, que en 1936 se presentara a Cortes nas listas de Portela en compaña de caciques agrarios e non no PG. Que Cabanillas era un conservador pousón e visceral antimarxista, que como referente de asemblea nacionalista tiña Monforte. Que Banet Fontenla, Manuel Beiras e Mosquera Pérez, xa romperan co PG en 1936, fundando e declarando a profesión de fe da Dereita galeguista. Que Filgueira Valverde, xa rompera en 1935, despois que o Consello directivo prescindira da súa ambiciosa persoa. Que nen Pimentel, nen Rof Carballo, nen García Sabell tiveron de galeguistas máis que o seu nome e prestixio conservador por volta dos anos 50. Que Fole era un narrador, como Noriega fora poeta, usando e abusando dun ruralismo literario afastado de todo outro uso político-social. Que Cunqueiro, enorme escritor, vestiu camisa azul e ideoloxía como Torrente Ballester. Que Carballo Calero, xa ten enfrontamentos no seo da FUE en 1931 polo seu rexeitamento á politización dun movemento que para el non debe saír nunca das orientacións sindicais profesionais; que dentro do republicanismo e do PG, sempre subscribiu posturas liberais, mais negadoras da democracia radical, apostando sempre por un control desde as elites. Que Fernández del Riego, destacado intelectual, non puxo a súa pluma máis que a prol das causas culturais, antes e despois de 1936, e serviu de elo da voz risquiana e freo dentro da radicalización das Mocidades galeguistas. Que Xaquín Lourenzo, “Xocas”, nunca tivo o compromiso político do seu irmán e o seu labor orientouse sempre dentro do culturalismo tan de sotanas do SEG. Que Dieste rompera co galeguismo xa en 1931, facendo gala dun españolismo subido. Que Fraguas mantivo demasiados anos un silencio, se que en realidade tiña algo que dicir, dado que o seu compromiso, en 1936 estaba coa súa profesión e a etnografía e non coa política da rúa. Que Piñeiro, non era, en 1936, senón un dirixente da Mocidade Galeguista de Lugo, un secretario de actas nunha asemblea e un orador ocasional de 5 minutos nas Arengas de 1935. Asemade, é importante insistirmos en como ese discurso ten afectado a outras “testemuñas” fundamentais. Figuras como Alonso Montero ou Isaac Díaz Pardo, clasificábeis nos antípodas ideolóxicos dos membros de Galaxia, teñen aceptado e contribuído a fornecer esta transmisión sesgada do nacionalismo republicano. A aceptación por parte da esquerda “non nacionalista” (e mesmo “antinacionalista”) deste discurso reductor, obedece a fortes prexuízos subxectivos sobre imposibilidade de conciliar o discurso clásico da esquerda cun nacionalismo reformista no social, moderno e progresista. Ou o que é o mesmo, a negativa a aceptaren o proxecto político populista do nacionalismo galego dun Seoane, Alonso Ríos, Picallo, Castelao ou Casal e preferiren unha cómoda

oposición, que non ensombrece os espacios políticos comúns, ante o elitista e conservador modelo de bases católico-risquianas, dun Brañas, Lousada Diéguez, Otero, Filgueira, Piñeiro, Casares... A transcendencia desta concepción da historia do movemento galeguista desde a dereita, é considerábel, na medida en que acabou por se converter na base sobre a que se teñen edificado as historias do pensamento, procesos políticos e a da literatura na Galiza actual e que, nun xeito ou outro, impregnou mesmo o pensamento popular. Elementos fundamentais deste maxisterio continúan plenamente vixentes, incorporados á vida académica, mais tamén aos de concepcións que se presentan como alternativas (discursos da esquerda nacionalista e non nacionalista). O éxito que acadou a xeración Galaxia, especialmente o maxisterio de Piñeiro, non ten, non sendo o de Vicente Risco na década dos vinte, precedentes na historia intelectual da Galiza. Conseguiu facernos compartir a súa particular visión e tradición do movemento galeguista, que se establece como unha sucesión de conquistas culturais e lingüísticas dunha lingua galega tratada como un ser vivo, porén prescindindo de todo o contexto político, económico e social do Estado no que se insire. Fíxonos aceptar, con isto, a súa visión da cultura galega en progreso, que consigna como avanzado todo o que conduce cara un maior uso da lingua galega, sen tratar para nada as relacións sociais e o artellamento político da nación en relación, nen a loita de clases. Todo isto, sen aceptar que poidan existir outras formas válidas de configuración do proxecto nacional e de defensa da cultura galega, descualificando as vías alternativas como imposíbeis, retrógradas ou utópicas. A teorización do “Culturalismo” contaxiou a nosa visión do presente, facéndonos crer que existe unha evolución cultural e lingüística que actúa á marxe da política, e que a submisión dos intelectuais ao franquismo, sen coercións, na espera de tempos mellores, foi a que definiu e define a resistencia cultural galega. Con todo, dividiu o galeguismo entre cultural e político, facilitando o uso folclórico aos herdeiros do franquismo, debilitou a unidade política nacionalista (ao non apoiar os partidos nacionalistas) durante a longa transición e corrompeu os nosos proxectos para o futuro. Futuro, no que todo se concibe como unha progresión cara a normalidade dos usos da lingua e a literatura galega, incapacitándonos para considerar unha auténtica alternativa e repensar a nosa historia nacional. 82 1.4. Terceira aproximación. A estructuración dunha cultura nacional. O período e o proceso: Intelectuais, libros e pobo. 1.4.1. O libro como centro do proceso.

Porque queda siempre vivo el gesto de elevar el libro, de mirarlo y de ofrecerlo como si fuera una sagrada forma, una forma sagrada que tiene que estar por encima de todo, que tiene que manifestarse como si fuera verdaderamente una forma de comunión. Algo ha de haber en esto que digo cuando se despierta ese odio y ese amor y esa ternura. La existencia del libro es, ya por si misma, una revelación, contenga lo que contenga. María Zambrano, “El libro, ser viviente”, Diario 16, Madrid, 20-3-1986

Aínda que nos últimos dez anos comezou a enfiarse o estudio do complexo fenómeno editorial na España do XIX e XX 83 e que xa comezan a ser obxecto de importantes monografías as coleccións e revistas de novela breve e relato 84 e de que xa Conclusións inspiradas en “Capitalismo e historia. La escuela escocesa” en FONTANA, Josep, Historia. Análisis del pasado y proyecto social, Crítica/Grijalbo, Barcelona, 1982, pp. 79-97. 83 BOTREL, Jean-François, La diffusion du livre en Espagne (1868-1914). Les libraires, Bibliotheque de la casa de Velázquez, 5, Madrid, 1988. 84 SÁNCHEZ ÁLVAREZ-INSUA, Alberto, Bibliografía e historia de las colecciones literarias en España (1907-1957), Libris, Asociación de Libreros de viejo, Madrid, 1996. CARRILLO, Víctor, “Radiografía de una colección de novelas a mediados del siglo XIX ("El novelista universal", de la Sociedad Literaria)”, en TUÑÓN DE 82

empezan a aparecer como conxuntos definidos e de importante transcendencia para comprender o fenómeno literario como producto social desde fins do XIX 85, non é menos certo que nunca se ten levado a cabo un estudio de tales proporciones para o conxunto galego. Como indicabamos é fundamental a revisión da bibliografía galega que habitualmente manexamos. Os estudios anteriores están excesivamente lastrados por determinadas liñas de investigación baseadas nunha tradición reduccionista para o estudio do libro galego. Esta liña de traballo, que se continúa hoxe nos traballos bibliográficos en curso foi desenvolvida entre dous supostos fundamentais: 1º confección de bibliografías por autores, 2º bibliografías de obras. Esta perspectiva xeral, que poderíamos denominar clásica, foi centrando a análise do libro na estilística, esquecendo maioritariamente a realidade sociolóxica e socioeconómica que arrodea a producción, especialmente a partir da etapa industrial 86, difusión e realidade física do libro impreso, os soportes materiais (editoras e imprentas) e o paratexto e o peritexto 87 (medidas, coleccións, formatos, tiradas, difusión, debates ideolóxicos, dedicatorias, censuras...). Por outra banda, o turbulento da historia de Galiza, da España contemporánea, produciu unha evidente distorsión á hora de proceder á catalogación de obras nos traballos xa existentes. Esta realidade, sumada á práctica de aproveitamento de bibliografías, causou, e é demostrábel na mera confrontación coas propias realidades textuais, tres fenómenos singularmente importantes e que son habitualmente desbotados nas investigacións. En primeiro lugar o escurecemento e falta de interese de certos bibliógrafos por determinadas obras, coleccións e autores que son producto de realidades sociais e políticas moi diferentes ás dos momento de fixación dos corpus bibliográficos (os casos de Couceiro Freijomil e Filgueira Valverde 88 son ben relevantes); en segundo lugar, a tendencia da bibliografía galega para centrarse na producción só en lingua galega, autocoutándose a percepción dos fenómenos editoriais como conxunto fenómeno que é sumatorio co anterior, (casos de Carballo Calero 89 e Fernández del Riego 90) ou oposto ideoloxicamente (Francisco LARA, Manuel & BOTREL, Jean-François (coord), Movimiento obrero, política y literatura en la España contemporánea, IV Coloquio del seminario de Estudios de los Siglos XIX y XX, Universidad de Pau. Centro de Investigaciones Hispánicas, Cuadernos para el diálogo, Madrid, 1974, pp. 159-177. 85 Unha boa perspectiva en MARRAST, Robert, "Libro y lectura en la España del siglo XIX. Temas de Investigación", en TUÑÓN DE LARA, Manuel & BOTREL, Jean-François (coord), Movimiento obrero, política y literatura en la España contemporánea, IV Coloquio del seminario de Estudios de los Siglos XIX y XX, Universidad de Pau. Centro de Investigaciones Hispánicas, Cuadernos para el diálogo, Madrid, 1974, pp 145157. 86 Para unha boa reflexión sobre o período, COBB, Christopher H., La cultura y el pueblo. España, 1930-1939, Historia 52/ Papel 451, editorial LAIA, Barcelona 1981. 87 VALLCORBA, Jaume, “El peritexto editorial” en en Le Livre et l’Édition dans le monde hispanique XVI e-XXe siécles. Practiques et discours paratextuels, Actes de Colloque international, CERHIUS, Grenoble, 14-16 novembre 1991, Revue Tigre, 1992, pp.325-330. 88 Da inxente obra do polígrafo pontevedrés referida ao mundo do libro damos conta, canto puidemos, na bibliografía xeral. Unha boa antoloxía na que contrastar as nosas opinións, témola en FILGUEIRA VALVERDE, Xosé, Arredor do libro. Artigos de bibliofilia, Prólogo de Manuel Fraga Iribarne, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Comunicación Social/ Bibliofilia de Galicia, 10, Litonor, 1996. (En especial “A edición do “Álbum Nós””, pp. 249-254 e “Os suplementos de “Nós”” pp.255-258 [Tamén: "Os suplementos do «Nós»", en Sexto Adral, Ediciós do Castro, Sada-A Coruña, 1990, pp. 41-43]). 89 “Concibo nista obra a historia da literatura galega como exposición das realizacións e do desenrolo da fala galega no orde literario. [...] Técnicamente, é o idioma empregado o que caracteriza ás distintas literaturas”, en “1. Lingua e Literatura”, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981, 3ª. pp.11-19. 90 O caso de Fernández del Riego é absolutamente paradigmático, no decurso deste traballo temos apuntado frecuentemente a pouca fiabilidade da súa crítica; mais tamén o poden ser os traballos de Montero Santalha, a

Rodríguez 91, X. L. Méndez Ferrín 92, H. Monteagudo 93, Freixeiro Mato) ; e en terceiro lugar o asentamento dunha serie de tópicos en canto a periodizacións, grupos xeracionais e definicións, baseado na ausencia de revisión e de material crítico de interese para períodos de especial importancia conformadora das claves identitarias da nosa literatura 1880-1916 en nunha xustificación cara a normalidade desde o feito literario (casos de Basilio Losada 94, Méndez Ferrín 95, Dobarro Paz 96, A. Tarrío 97 e os contemporáneos de ANT-ASPG 98 ou o máis recente de Dolores Vilavedra 99). En todos os casos, salvo nos traballos de Carré Aldao, existe unha falta de teorización previa total sobre a metodoloxía, discurso e enfoque a usar para a periodización da Literatura galega. Aínda nos estudios, que coherentemente só abarcan a época contemporánea, a teorización redúcese a acoutar o desenvolvemento do fenómeno literario que chaman de Rexurdimento. O importante, sen embargo, non é datar, é sí definir a natureza do proceso. Análise demandada hai bastante máis de dúas décadas e que continúa sen resolverse: En el s. XV. el idioma gallego perdió su condición de lengua de cultura para, paulatinamente, irse reduciendo a un instrumento de comunicación oral sin proyección pública ni de ningún tipo. En estas circunstancias el signo literario - por la simple razón de vehicularse en un sitema no sólo no normalizado sino también agredido - adquiere connotaciones que se explican fuera de él mismo, es decir, en el conjunto de circunstancias socio-político- económicas que determinan o condicionan su aparición. respecto da obra bibliográfica do seu adorado Carballo Calero, MONTERO SANTALHA, José-Martinho, CARVALHO CALERO e a sua obra, Laiovento, Ensaio,21, Compostela, 1993; ou mesmo os traballos de Alonso Montero, ou J.A Durán, moi condicionados polas súas ideoloxías. 91 “Podemos concluír que, analizada a realidade empírica das obras literarias e o comportamento dos seus autores, é literatura galega a que está feita en galego e responde á conciencia de Galicia como realidade cultural autónoma, diferenciada”, RODRÍGUEZ, Francisco, “Definición, características e periodización da literatura galega”, en Historia da Literatura galega, Fasc, 1. Tomo I. ASPG/A Nosa Terra, Vigo, 1996, pp. 6-32. 92 MÉNDEZ FERRÍN, X. L., De Pondal a Novoneyra, Xerais/Universitaria, Vigo, 1990. (1;ª 1984). 93 MONTEAGUDO, Henrique, Historia social da Lingua galega. Idioma, sociedade e cultura a través do tempo, Galaxia/Manuais, 1, Vigo, 1999. 94 LOSADA CASTRO, Basilio, “La literatura”, en VV. AA., Los Gallegos, Madrid, Ed. Istmo, 1976, pp. 241318. 95 MÉNDEZ FERRÍN, X. L., De Pondal a Novoneyra, Xerais/Universitaria, Vigo, 1990. (1;ª 1984). 96 DOBARRO PAZ, Xosé María, “Prensa e literatura galega no século XIX” en VV. AA., Literatura galega. Unha interpretación para hoxe, ASPG, Ourense, 1982, pp.51-65 e DOBARRO PAZ, Xosé María, “Inventario da producción lírica do primeiro rexurdimento”, Anuario de Estudios Literarios Galegos, Galaxia, Vigo, 1994, pp.5166. 97 Unha síntese desta visión reduccionista (moi relevante pola importancia actual do autor na crítica literaria galega) en TARRÍO, Anxo, “A crítica literaria”, en Colóquio Letras. Revista Trimestral. A Literatura Galega, 137138, Julho-Dezembro, Calouste Gulbenkian, Lisboa,1995, pp. 212-.214. 98 RODRÍGUEZ, Francisco, “Definición, características e periodización da literatura galega”, en Historia da Literatura galega, Fasc, 1. Tomo I. ASPG/A Nosa Terra, Vigo, 1996, pp. 6-32. Sorpréndenos a pouca innovación teórica no enfoque da Historia da literatura editada por fascículos coleccionábeis da ASPG-ANT. Aínda que haxa que advertir que o resultado da suma dos fascículos non é unha verdadeira historia da literatura senón dunha sucesión de monográficos –moitos deles, iso sí de indubidábel calidade- atribuímos a ausencia de revisión da periodización tradicional á falla de coordinación entre os autores e ao propio carácter divulgativo dunha temática coñecida. 99 “Introducción. Algunhas consideracións teóricas e metodolóxicas” en VILAVEDRA, Dolores, Historia da literatura galega, Galaxia/Manuais,2, Vigo, 1999., pp.13-36. A publicación do manual de Galaxia (Marzo, 1999) continúa a mesma liña sumativa, substituíndo fascículos por capítulos. Tampouco innova enfoques, estructuración, nen revisión de presupostos cronolóxicos. E o que pode ser admitido nunha obra de circunstancias destinado ao grande público tórnase inadmisíbel nunha obra arroupada polo contexto académico universitario no que nace e ao que en principio vai destinado. A pretendida Historia toma así un carácter de manualiño no que se resumen uns contidos a xeito de apuntamentos tradicionais. Un manual con complexo de secundaria que non pode ser tomado nen resposta ás necesidades e rigor que o mundo universitario galego demanda.

No podemos, en consecuencia, enfocar el Rexurdimento como si se tratase de un fenómeno exclusivamente cultural o abstrayéndolo de las reivindicaciones, protestas, acciones, etc., que se producían en los terrenos económico y político. 100

As investigacións adoitan limitarse ao terreo cultural, lingüístico ou estilístico: analizan os autores e as súas obras, as influencias que exercen entre eles, a transmisión e recorrencias temáticas duns libros a outros. Este tratamento esmigalla as ideas do seu contexto histórico concreto, deslígaas dos sistemas de pensamento do que forman parte, e favorece unha concepción imanentista (comezada por Carballo Calero e extremada por A. Tarrío e D. Vilavedra) que se limita a considerar as xéneses de aspectos concretos. Non nos serve esta metodoloxía para o noso propósito de relacionar a visión do proceso (de construcción nacional) coas súas concepcións da sociedade. Tal obxectivo requer unha óptica máis globalizadora que interrelacione historia, literatura e sociedade. A historia das sociedades esixe que apliquemos unha orde aproximativa de prioridades de pesquisa e unha hipótese de traballo sobre o que constitúe o nexo central ou o nó sobre o que pivotar o complexo conxunto de conexións do noso tema. Por isto é importante non esquecer cales son os elementos centrais do obxecto do estudio, para así establecer as prioridades e non divagar sobre elementos periféricos, como vimos facendo ata o de agora. Non se lle escapará a ninguén a prioridade de estudiarmos a influencia do franquismo ambiental nos nosos historiadores da literatura en vez de continuar concedéndolle importancia aos estilos de versificación nos poetas do Rexurdimento. ¿Ou non será senón anecdótico o xulgarmos a calidade maior ou menor das estrofes dos discípulos de Pondal fronte ao seu papel de artelladores ou non dun conxunto mítico de valor político cultural?. En canto á historia da literatura galega é evidente que aínda a precariedade domina as dúas liñas de traballo fundamentais: a estructuración dunha Historia da literatura e da cultura galega e as monografías e biografías necesarias. Por unha banda, un abuso das testemuñas memorialistas, ten coutado un traballo de investigación necesario; por outra banda, aterroriza a falta de vontade e a carencia de datos precisos que sirvan para estudios concretos no ámbito literario, económico e social. Estamos a traballar nun mundo de material disperso e non catalogado, descentralizado, sen estatísticas fiábeis de poboación, votación, emigración, alfabetización, comercio, estradas, libros, tiradas editoriais, lectores posíbeis, librarías, imprentas. Datos que non permiten estructurar o impacto, mercados, lectores ou difusión do libro galego e a conformación do aparato cultural nacional. A falla dunha mínima perspectiva sociolóxica nos manuais tradicionais xa fora advertida hai varias décadas por Escarpit 101. Indicaba un dos pais da socioloxía da literatura que aínda que os autores de manuais tivesen conciencia, ás veces, da existencia dunha dimensión social do feito literario e tratasen de representala, o habitual era careceren dun método rigoroso adaptado a este fin, e ficaren acomodaticios na repetición do esquema tradicional de homes e obras, chegando como máximo a definir períodos estéticos ou movementos. Así, se a historia da literatura, en clave historia ou socioloxía pode resultarnos limitada, como indica José Carlos Mainer, para a análise dos fenómenos artísticos, non o é tanto para a análise dos medios de producción, a abordaxe contextualizadora dos grupos ou promocións de creadores e a comprensión dos circuítos ou canles polos que se trasmiten as mensaxes éticas, estéticas e/ou literarias.

100 101

DOBARRO PAZ, Xosé María, “Rexurdimento”, G.E.G. , vol. 26, pp. 172-174. ESCARPIT, Robert, Sociología de la literatura, Los libros del mirasol, 62, Buenos Aires, 1962, p. 12.

Na Galiza, esta cadea de circunstancias, obviadas no presente, implican unha moi seria dificuldade para fixar cronoloxías, editoriais e imprentas na súa realidade física. O seguimento das bibliografías clásicas para a confección de novas bibliografías e repertorios (caso dos actuais repertorios que confecciona o Instituto Ramón Piñeiro 102 ou o departamento de Literatura da Universidade de Santiago) ten producido unha perpetuación de erros e de vaguidades. Así o ámbito do libro galego entre 1800 e 1936 resulta, aínda hoxe, un universo complexo, de realidades contradictorias e pouco fiábeis para o investigador e o persoal catalogador de Bibliotecas e Arquivos. Con importantes repercusións á hora de analizar o proceso e a situación actual 103. Sen lugar a dúbidas, as diversas perspectivas utilizadas para a comparación, a propia escaseza e complexidade dun sistema en continuo cambio e de poucos recursos teñen conformado unha realidade inestábel e indefinida que dificultan o labor do técnico. Pero, aínda hai máis. A constitución sistemática de fondos galegos nas bibliotecas públicas en Galiza é un feito terribelmente moderno, dos anos 70 e fundamentalmente 80-90. Que evidentemente apresenta unhas pautas censoras irreversíbeis na súa constitución e un atraso nun mercado altamente competitivo como o é o do coleccionismo no libro galego. A carencia de libros fundamentais de carácter politico-social foi norma nas bibliotecas da Galiza, que só nos últimos anos, e á base de “enormes” orzamentos teñen feito verdadeiros esforzos de compilación de libros. Os libros dos exiliados practicamente son descoñecidos nas bibliotecas galegas e nada que dicir de folletos e pequenos libros, do XIX e dos anos escuros do franquismo. Así pois, nas grandes bibliotecas galegas, os libros galegos serían fabas contadas, se non fose polas compras e doazóns (que aínda hai almas bondadosas e patrióticas ou familias necesitadas) de bibliotecas persoais de destacados intelectuais. As grandes bibliotecas universitarias, provinciais e municipais estarían baleiras, máis do que están, de fondos galegos de importancia, sen esta política “da vergoña” de novos ricos. Así, a maior parte dos fondos de importancia na Biblioteca Provincial da Cruña proveñen de compras realizadas nos anos 80: as Bibliotecas Blanco Maneiro e Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos”, completadas (1998) coa adquisición da de Carlos Martínez Barbeito. A da Faculdade de Xeografía e Historia de Compostela posúe fondos galegos de importancia mercé á doazón do fondo bibliográfico de Paulino Pedret Casado nos anos 70. A biblioteca da Deputación Provincial de Ourense adquiriu fondos de suma importancia a partir de 1979: en 1980, os fondos de Xosé Ramón e Fernández Oxea “Ben-cho-shey”; Eduardo Blanco Amor (1983) e Alberto Vilanova (1984); en Vigo, a Fundación Penzol ten conseguido nos anos 80 diversos fondos, entre eles a biblioteca e arquivo de Francisco Fernández del Riego, que vén a sumarse aos diversos fondos da Institución. En Pontevedra o Museo, xestionado por décadas por Xosé Filgueira Valverde ten catalogado e a disposición as bibliotecas de Castelao e o propio Filgueira, así como diversos fondos contemporáneos.

GARCIA GONDAR, Francisco (dir.), Repertorio bibliográfico da lingüística galega. Desde os seus inicios ata 1994 inclusive, Xunta de Galicia, Centro de investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela, 1995. O que a pesar das súas 609 (24 x 17 cm) pp. e a súa vontade de incorporar todas aquelas entradas que inclúan algún dato fundamental sobre a lingua galega esquece importantes obras citadas na nosa bibliografía (é paradigmático e exemplificador o caso das entradas de Carré Aldao). 103 SENÍN, Xavier, “Editar en Galicia, editar en galego” en Colóquio Letras. Revista Trimestral. A Literatura Galega, , 137-138, Julho-Dezembro, Calouste Gulbenkian, Lisboa,1995, pp. 210-212. 102

No aspecto técnico os estudiosos da literatura, carecemos de bons relevamentos bibliográficos e de estatísticas fiábeis para editoras e prensa 104. En xeral non se distinguen canto preciso as imprentas das editoras. Nen se analiza en profundidade as causas. Problema fundamental da catalogación do libro en España e especialmente complexo no caso galego. O editor é un personaxe moderno na historia da cultura. A palabra vén, histórica e etimoloxicamente de Roma, do verbo edere “dar á luz, parir, expor”. Na antigüidade clásica, Grecia, Exipto e Roma existían empresarios (e particulares) que mantiñan obradoiros de escribas (scriptoria) destinados a copiar os manuscritos. Os empresarios vendían, en postos e librarías os rolos de papel manuscritos. As edicións non chegaban a dous centos de exemplares. Ata catorce séculos despois, coa aparición da imprensa, non comezou a dividirse a función. A aparición de obradoiros de impresión fixo aparecer un novo tipo de empresario: o impresor. Nun principio estes eran editores, impresores e libreiros. Absorbidos pola producción de libros víronse pronto na obriga de deixar en mans de especialistas a venda e difusión. Os séculos XV a XIX son os anos dos libreiros: estábeis e ambulantes, e das casas de libreiros. Aínda que nunca deixou de ser clara a liña entre editores e os impresores, deberiamos tomar aos primeiros, principalmente, como os responsábeis da edición e aos outros como os técnicos ou talleres que efectúan o proceso de composición do libro. Non obstante convén advertir que, na Galiza, ata etapa industrial (e aínda ata hoxe, con menor frecuencia) os libros foron en non poucos casos editados polos propios autores, sociedades ou grupos culturais, xogando as imprentas o mero papel de negocios funcionais. En realidade, é unha deficiencia na sistematización do fichado do libro o que dificulta as tarefas de delimitación. En Galiza a situación é aínda máis complexa, dado que a situación de desenvolvemento tecnolóxico e cultural é moito máis atrasada. Aínda así, é preciso sinalar que ata o século XIX a industria que se move arredor do libro (producción e venda) en Galiza é semellante ou superior a de espacios similares do territorio hispano 105. Hai que ter en conta que o valor, concepto e difusión do libro sufriu unha grande mudanza nos tres últimos séculos. Ata o século XVIII, a Literatura e as súas manifestacións a través de libros eran un concepto cultural reducido. Non se producía literatura nen libros senón como calquera outra arte, para unha aristocracia da cultura, maior ou menor segundo o desenvolvemento dos países máis sempre reducida. A partir de 1800 a literatura cobra dimensión social e o libro pasa a ser un producto industrial que amplía o seu destinatario cara a elite burguesa letrada e comeza a perder o seu carácter de producto de luxo. O que provoca a simplificación das súas formas externas: papel, capas, ornamento e un aumento do volume da producción. Coa chegada da industrialización as cousas mudan. A fins do XIX ou comezos do XX o libro pasa a ser un elemento de impacto político social. A propaganda, a alfabetización e o incremento tecnolóxico mudan os destinatarios das grandes casas editoras: as masas lectoras son agora o destinatario dos milleiros de volumes editados. Na Galiza do XIX e XX, a falla de casas editoras (que corran co negocio e a distribución do libro) e o voluntarismo que arrodeaba, ata a situación actual, a producción 104 Para a prensa vid. PALOMARES IBÁÑEZ, Jesús María, “As estatísticas da prensa periódica e a prensa de Galicia”, Grial, anexo 1. Historia, Vigo, 1982, pp.37-65. 105 CALDERÓN, Carlos & COLOMBO, Sandra & MENGASCINI, Hugo, “Determinaciones y sobredeterminaciones en la circulación del impreso en la Galicia de los inicios de la modernidad”, en Anuario del Centro de Estudios Gallegos II, Universidad de la República. Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación, Montevideo, Uruguay, 1998 pp.37-56. (Moi interesante sobre o XVI-XVII, boa bibliografía).

do libro galego, dificulta enormemente a fixación da súa realidade física. Á dispersión dos fondos, hai que engadir o feito de traballarmos guiados, nos máis dos casos, por referencias excesivamente seguidistas. O traballo sobre o libro en forma directa ha deparar constantes sorpresas á hora de establecer iniciativas, coleccións e mesmo procesos económicointelectuais que poidan aclararnos o papel de xeracións, circos intelectuais, grupos culturais e como afecta a marxinalidade ante o poder e os medios de comunicación, ao proceso de construcción nacional de Galiza. Facemos referencia a que, se ben existen estudios sociolóxicos e aportes para certos períodos sobre o libro e o feito editorial 106, estes non abordan a confección e explicación do proceso histórico-cultural en que se insire a literatura galega. Isto é, que os fundamentais datos sobre a propiedade, disponibilidade e capital dos medios de producción e recursos de propaganda non foran considerados á hora de comezar unha abordaxe sobre unha literatura de construcción nacional. Para nós, conscientes da necesidade de axustar canto posíbel a realidade física do libro galego, como primeiro paso para a confección dunha periodización e estructura coa que abordar a Historia da Literatura Galega no seu contexto sociopolítico, o paso previo para a abordaxe de tal propósito sería a confección dun catálogo documental total do libro galego. Soporte desde o que artellar a secuenciación dos productos, os circos intelectuais e as realidades nos que se moven, as imprentas e impresores, as editoras e os editores, as coleccións e os seus periplos, as periodizacións e a realidade económico-industrial. En conxunto, un traballo previo interdisciplinar que forneza os materiais que permitan ao futuro investigador unha abordaxe superadora da actual e integradora nun conxunto máis amplo de explicación e interpretación globalizadora de fenómenos. Aínda que na Galiza foran frecuentes as incidencias sobre o feito diferencial da nosa producción impresa, e mesmo con insistencia cara a falta de normalidade da nosa cultura 107, hai que sinalar que é ben difícil atoparmos unha concepción sociolóxica do feito literario en Galiza 108, e menos aínda un artellamento a través dos eixos con que libreiros, impresores e editores emprenden a tarefa de dar estructura e saída ao pensamento estructurador da nación 109. Se ben é certo que Soto e Freire 110, Rey Soto 111 e 106 Por exemplo o moi encomiábel, MAURE RIVAS, Xulián, Galicia sen libros. Informe sobre o libro galego, 1986, Consello da Cultura Galega, Santiago, 1987. 107 RODRÍGUEZ, Francisco, Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza, Edicións Laiovento, 7, Compostela, 1991. (3ª corrixida e aumentada). 108 Paradigmáticos, neste aspecto, o citado ODRIZOLA, Antonio & BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón, Historia de la imprenta en Galicia, Consellería de Cultura e Comunicación Social/ Bibliofilia de Galicia, La Voz de Galicia, 1992 ou RIELO CARBALLO, Nicanor, El Libro lucense, (1495-1936), Ediciós do Castro, Sada-A Coruña, 1982. 109 Aínda que descoiden este aspecto son importantes as numerosas contribucións monográficas de actualidade: De LLANO LÓPEZ, Pedro & NAYA PÉREZ, Juan, “Una existencia ejemplar al servicio de Galicia. Vida y obra de Martínez Salazar. Estudio Bio-bibliográfico” in Andrés Martínez Salazar. Algunos Temas Gallegos II vol. Real Academia Gallega, Moret, La Coruña, 1981, pp 461-493; MARTÍNEZ BARBEITO, Carlos “Andrés Martínez Salazar. (Prólogo)”, in Andrés Martínez Salazar. Algunos Temas Gallegos II vol. Real Academia Gallega, Moret, La Coruña, 1981, pp 11-41; ODRIZOLA, Antonio, Las imprentas de Pontevedra en el siglo XIX, Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1980; ALONSO MONTERO, Xesús, Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante (Prólogo de Manuel Fraga Iribarne), A Nosa Diáspora. Da Emigración á Galeguidade, Xunta de Galicia, 1995; TATO FONTAIÑA, Laura, Teatro e Nacionalismo. Ferrol 1915-1936, Edicións Laiovento, Ensaio/50, Santiago,1995; RODRÍGUEZ FER, Claudio, “A literatura galega, en Galicia, durante a guerra civil”, en Boletín galego de literatura, 3, 1990, pp. 49-63; RODRÍGUEZ FER, Claudio, A literatura galega durante a guerra civil, Xerais/ Universitaria, Vigo, 1994; e para o particular estudio: ROIG, Blanca Ana, "As noveliñas LAR, unha lección para o quiosko galego", en Dorna, 7, 1984, pp. 17-23; CARBALLOCALERO RAMOS, Mª Victoria, A Ilustración Na Revista Nós, Deputación Provincial de Ourense, 1982;

fundamentalmente Uxío Carre Aldao foran pioneiros no seu tempo en estudios destas características, temos que agardar ata hoxe, nun momento en que os estudios sobre a literatura galega están a coller novos e importantes pulos, para atoparmos monográficos de certo interese e calidade. Non obstante, como advertiamos no apartado primeiro deste traballo, a historia da literatura galega sufre de debilidade nos seus alicerces e así afronta a modernidade con materiais e metodoloxía sustentes en tópicos e fráxiles evidencias de transmisión pouco documentada. O fenómeno literario que nomeamos co título de Rexurdimento –tomado no seu sentido máis amplo, isto é o proceso socio-político e lingüístico-literario que comeza arredor da Francesada e remata coa Guerra Civil- é cientificamente inabordábel, hoxe por hoxe, sen un previo e exhaustivo labor de pescuda e catalogación do conxunto da producción editorial de, cando menos, os oitenta anos previos a 1936 e especialmente nas tres décadas anteriores. Pois o fenómeno aludido esixe unha abordaxe partida, a que marca a rotura industrial do XX co XIX e a proliferación dunha industria cultural en toda regra, arredor da masificación da cultura. Falarmos en rotura, non implica supor, como habitualmente, a aparición “ex nihilo” dun fenómeno que debe remontarse, en tradición e baseamento nun proceso estructurador evidente. Cegármonos por unha puntual explosión e espallamento da cultura, como habitualmente vimos facendo para abordar o núcleo intelectual que se move arredor da revista Nós como xeración, supón, por unha banda, unha simplificación moi evidente da realidade de varias promocións ou xeracións en debate, e por outra, a análise atomizada dunha parte puntual dun longo proceso de reconstrucción, e de construcción mesmo, dos soportes da nación cultural, paso previo da nación total. Nas actuais contribucións, excesivamente influídas de seguidismo, percíbese unha esaxerada orientación cara a divulgación do coñecido máis que á investigación ou a apertura de novas perspectivas 112. O “complexo de manual de secundaria” que afecta este tipo de obras prodúcenos un desasosego constante. Unha verdadeira Historia da Literatura non pode prescindir das figuras e manifestacións que non se axusten ao canon inventado, só pena de producir unha metodoloxía (destinada a explicar, non o esquezamos, un proxecto de (re)construcción nacional-cultural múltiple) e un corpus literario (cultural) de circunstancias. Polo que fai á organización temática, hai que indicar que non podemos empregar para unha Historia da literatura galega unha linealidade histórica da que carece. ACUÑA, Xosé Enrique, “As capas de libro na arte galega (1900-1936)” en As capas do libro de artistas galegos (1900-1936) Exposición, Sá de Mostras Temporais do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, s.i., s.p.,1990; LEDO ANDIÓN, Margarita, Prensa e Galeguismo. Da Prensa periódica do XIX ao primeiro periódico nacionalista. Vinte anos de A Nosa Terra (1916-36); Sada, ediciós do Castro, 1982; ALSINA GÓMEZ ULLA, Mercedes, “Catálogo de La Biblioteca de Castelao”, en Lembranza de Castelao, Patronato José María Quadrado (separata de El Museo de Pontevedra, Tomo XXX), Artes Gráficas Galicia, Vigo, 1976. 110 SOTO Y FREIRE, Manuel, La imprenta en Galicia, Edición Círculo de las Artes, Lugo, Artes Gráficas Galicia s.a, Vigo, 1982 (Introducción, revisión do texto e notas de BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón). 111 REY SOTO, Antonio, La imprenta en Galicia. El libro gótico, Xunta de Galicia, Consellería de cultura e Benestar social/ Bibliofilia de Galicia, 2, Gráfico Galaico, A Coruña, 1988. (Facsímile da ed. de 1924 do discurso de ingreso como académico da RAG coa contesta de Marcelo Macías). 112 Por exemplo, TARRÍO VARELA, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1994. TARRÍO VARELA, Anxo, Literatura gallega, Taurus, Madrid, 1990; VV.AA., Historia da Literatura galega, IV vol., ASPG/A Nosa Terra, Vigo, 1996-1997 e VILAVEDRA, Dolores, Historia da literatura galega, Galaxia/Manuais,2, Vigo, 1999.

Pretendermos unha continuidade lineal desde a Idade Media ata hoxe supón unha perda de perspectivas e o que é máis a aceptación inconsciente da “normalidade” oficial da Historia de España. Sen reflexión previa, non podemos construír como un discurso homoxéneo as manifestacións de Literatura medieval 113, as do período medio e Ilustración, xunto coas manifestacións do chamado Rexurdimento e contemporáneas. Tal e como se todas elas reflectisen un corpus lineal, sen quebras. Sen advertirmos que o corpus medieval foi patrimonializado (como no resto das construccións de literaturas nacionais), así como as manifestacións dos séculos medios e Ilustración desde o proceso de reivindicación construcción nacional que se artella –en períodos- desde mediados do XVIII e se desenvolve con diversas quebras e intromisións no período 1808-1936. Asemade, non considerar como punto inicial do arranque e a teorización a quebra e consecuencias de 1936, a longa posguera e a situación de subordinación cultural do galego despois da transición alén de reforzar esa falsa linealidade en progreso, impide analizar con obxectividade períodos base. Dos períodos e grupos intelectuais a precisaren de revisións explicativas, dous son básicos: o nomeado dos “Epígonos”ou “Período de entre dous séculos” que xunta nun mesmo espacio autores e propostas político-lingüísticas moi diversas e a “Literatura do tempo das Irmandades e Xeración Nós”. Así, é chegado o momento de analizar a producción literaria, socioliteraria, que se define arredor do que denominamos, un tanto superficialmente Xeración Nós. A análise o máis rigorosa posíbel, require catalogación concreta de obras e autores, de períodos e coleccións; a definición dos seus contidos e orientacións, e analizármolos como producto cun mercado concreto, cuns lectores e autores caracterizados socioeconomica e sociopoliticamente dentro de todo o conxunto que os envolve. Habería que comezar a situar as obras nos conxuntos editoriais nos que se dan a coñecer ao público e o efecto que dentro destas e cara ao mesmo (ou a diferente) público son destinadas. Xulgarmos cos valores estéticos do hoxe ou do máis próximo onte, as obras que “nos interesan ou interesaron en determinado momento”, ten levado non á análise das obras no seu conxunto, senón ao establecemento dun canon moi determinado 114, que en moi boa medida condiciona ás lecturas que sobre o feito literario (e tamén sociopolítico) galego están a facerse hoxe en día. Esquécese, como xa dixemos, con moita facilidade –en boa medida por que foron os transmisores da historia- o papel xogado polos intelectuais galegos en relación á consolidación dunha certa cultura galega asimilábel Semella comunmente establecido a elaboración dun discurso lineal para a Historia da literatura galega, facendo partir a súa evolución desde a idade media ata o presente, contemplando o longo período que abranxe os séculos XV a XVIII como un período de decadencia entre dous grandes períodos de creación. Nós consideramos como punto de partida a recuperación, no contexto dunha literatura nacional emerxente (proxecto nacional-cultural), que se dá no século XIX, e que reconstrue para atrás na procura de fontes lexitimadoras. Un proceso diferente, mais marcado pola quebra profunda da Guerra civil, acontece na posguerra. Neste sentido consideraremos estas dúas quebras e reconstruccións, respectivamente orientadas nos seus puntos programáticos por Manuel Murguía e Ricardo Carballo Calero, facéndoas patentes para tentar elaborar o propio discurso. Proceder como se ven facendo ata hoxe, mellorando as premisas programáticas establecidas tentando adaptalas a tal ou cal propósito metodolóxico, ten provocado un impasse na estructuración da Historia da literatura galega, difícil de resolver. (A respecto e contra a nosa proposta: VILAVEDRA, Dolores, “Introducción. Algunhas consideracións teóricas e metodolóxicas”, Historia da literatura galega, Galaxia/Manuais,2, Vigo, 1999, pp. 13-35. Tamén moi interesante a entrevista concedida por Laura Tato (como coordenadora da Historia da Literatura Galega de ANT-ASPG), VEIGA, Manuel (entr.), “Laura Tato. A perda da nosa lírica está intimamente relacionada coa perda da nosa independencia ”ANT, 729, 6-6-1996. 114 Facemos nosas para a literatura galega a idea xeral que se desprende das conclusións que sobre este particular establece Inman Fox sobre a necesidade de revisar o canon literario español sobredeterminado polo peso da ideoloxía nacionalista española e o franquismo. FOX, Inman, La invención de España. Nacionalismo liberal e identidad nacional, Cátedra/ Historia, Madrid, 1997. 113

á franquista xeral. Catolicismo, paisaxismo, culturalismo e saudade non desentoan moito no colorista “rexionalismo 115” nacionalcatólico. Moito nos tememos que un exame, que se pretende crítico, sen o coñecemento detallado das fontes (no caso galego real e alarmantemente infrautilizadas) teña conducido a unha sucesión de erros e á consagración de afirmacións aventuradas, tan carentes de fundamentos como sospeitosas nos enunciados. Sobre todo cando a situación empresarial é, aínda hoxe tan fraquiña, dependente das subvencións e carente de obxectivos 116. A comodidade de manter certos tópicos nun sistema deficitario de crítica e as certas carencias estructurais dos centros destinados a conter os fondos precisos para quen pretenda a abordaxe de tal estudio teñen determinado un certo estado de impasse que só poderá quebrar un abalo monumental na concepción da propia realidade obxecto de estudio e na concepción da propia nación. Se os traballos de Botrel, Ferreras 117 e Santonja 118, a pesar das críticas, dado o ambicioso dos obxectivos, marcaron un antes e un despois nos estudios de historiografía literaria española, a historiografía literaria galega está moi precisada de traballos destas características que permitan a formulación e análise que a crítica literaria demanda. A crítica, na súa análise do texto literario como soporte das ideas, precisa da mellor fixación posíbel do texto, mais tamén de todo o conxunto paratextual que envolve o texto e a súa interpretación. Previamente a unha análise do corpus galego, é fundamental un coñecemento exhaustivo da realidade editorial e do conxunto no que o libro galego está inserido 119. Así pois, a nosa proposta vai encamiñada, non só a elaborar bibliografías referidas ao libro en galego, senón a elaborar un fondo do libro galego. Procedemento que se nos revela moito máis axeitado aos obxectivos que nos propomos. Non pretendemos a formulación de datos que obriguen ao crítico e ao lector a un determinado enfoque ideolóxico dos textos, senón todo o contrario, liberalos, ao dotalos dun contexto de comparación, dos prexuízos dunhas lecturas condicionadas por ideoloxías que poidan ser alleas a textos moitas veces nados en ambientes, formulacións e condicións moito máis libres que as que moitos anos máis tarde condicionaron as lecturas canónicas. Ao facermos referencia a Rexionalismo, téñase en conta que o empregaremos con diferente valor se estamos a referirnos antes ou despois de 1916-19. Rexionalismo durante o XIX, entre os Cruñeses equivalerá ao que máis tarde será nacionalismo. Rexionalismo durante as dúas primeiras décadas do século e especialmente despois de 1916, terá significado máis limitado de sentimento, estudio e defensa das realidades e intereses rexionais, cun concepto máis atenuado da personalidade obxecto. Nacionalismo, xa nesas datas é doutrina e aspiración, ou sexa teoría e sentimento cun fin político concreto. Posteriormente a 1936, rexionalismo, quedará case reducido a manifestacións de cor ou sabor local. 116 SENÍN, Xavier, “Editar en Galicia, editar en galego” en Colóquio Letras. Revista Trimestral. A Literatura Galega, , 137-138, Julho-Dezembro, Calouste Gulbenkian, Lisboa,1995, pp. 210-212. 117 FERRERAS, Juan Ignacio, La Novela por Entregas (1840-1900), Taurus, Madrid, 1972. 118 Especialmente, SANTONJA, Gonzalo, La República y los libros. El nuevo libro popular de la II República, Anthropos/ Ámbitos Literarios ,29, Madrid, 1989. 119 Especialmente faltos estamos de traballos de campo na prensa do período. A falla de traballos hai que sumala á dificuldade de atoparmos coleccións hemerográficas completas e de atender á importancia que ten fixar o corpus hemerográfico do período. Para este aspecto, FERNÁNDEZ CLEMENTE, Eloy, "La Prensa, "material" de trabajo para el historiador", en TUÑÓN DE LARA, Manuel & BOTREL, Jean-François (coord), Movimiento obrero, política y literatura en la España contemporánea, IV Coloquio del seminario de Estudios de los Siglos XIX y XX, Universidad de Pau. Centro de Investigaciones Hispánicas, Cuadernos para el diálogo, Madrid, 1974, pp. 211-221. 115

A análise do feito impreso galego, xa na súa entidade de libro, xa na súa entidade de prensa periódica 120, carece de estudios que permitan establecer a relación existente entre o producto cultural e o contexto social político e cultural que o produce e ao que vai dirixido. Á aparente modernidade e humildade do material vaise opondo nos últimos tempos un amplo abano de riquísimas proporcións 121. Se queremos abordar un estudio de historia da prensa, imprensa, libro, editoras, coleccións e lectores relativo a Galiza (poderiamos dicir o mesmo para o estudio de institucións, organizacións, colectivos, sociedades) é preciso sinalar que os estudios realizados a nivel global (especialmente os realizados nos últimos anos por estudiosos españois e franceses) esquecen ou minimizan a complexa realidade galega 122 e que os estudios realizados en Galiza carecen da profundidade sociolóxica e rigor histórico necesario, limitándose en moitos dos casos a recortes, perfís e anécdotas moi subxectivas 123. Así mesmo, consideramos a existencia actual dunha freada de perspectivas global, potenciada polas propias entidades que deberían impulsar o proceso (estámonos a referir ao proceso de cipayización incardinado na nebulosa cultural Xunta-Institutos parauniversitarios-editoras). Traballos como os moi documentados de María Cruz Seoane e María Dolores Saiz 124, ofrecen nas reflexións sobre a prensa galega un simples verniz, en moitos casos distorsionador, producido por causas fundamentais: o incompleto e ideoloxicamente sesgado das obras que se encontran a súa disposición no mercado; a falta de traballos exhaustivos destinados a fixar a producción literaria galega entre 1800 a 1950; a curiosa inexistencia nos arquivos históricos estatais de documentación referida a Galiza e a particular desorganización e atomización dos arquivos galegos. A literatura, ou mellor dito a crítica literaria galega, sempre ten contado co magnífico asesoramento de bibliófilos destacados e relevantes estudiosos, amantes do libro e da imprenta. Abondan en Galiza os estudios sobre o feito impreso, salientándose no presente a reedición e divulgación de importantes textos teóricos e compendios (especialmente coa aparición da irregular colección de Bibliofilia de Galicia da Consellería Realidade que é fundamental no caso galego e que non foi aínda obxecto dun estudio que nos revele a súa verdadeira función catalizadora, dinamizadora e soportadora de ideoloxía. Os casos de La Voz de Galicia e El Pueblo Gallego precisarían de amplos estudios monográficos que nos presentasen a influencia da liña editorial no tratamento das informacións culturais. 121 Como ficou claro hai case 20 anos, no catálogo da mostra, a pesar de incompleta, VILARIÑO PINTOS, Daría & PARDO GÓMEZ, Mª Virtudes, O libro Galego Onte e Hoxe, Catálogo da exposición bibliográfica, Santiago, maio-Xuño, 1979, Monografías de la Universidad de Santiago de Compostela, 60, Secretariado de Publicacións da Universidade de Santiago, Santiago, 1981. Meritorio, alén de solitario, é o traballo sobre a prensa e imprensa anarquista de PEREIRA, Dionisio, Sindicalistas e rebeldes, A Nosa Terra/Prensa & Ciación, Vigo, 1998.Ou os traballos de xentes tan afastadas como, CALDERÓN, Carlos & COLOMBO, Sandra & MENGASCINI, Hugo, “Determinaciones y sobredeterminaciones en la circulación del impreso en la Galicia de los inicios de la modernidad”, en Anuario del Centro de Estudios Gallegos, Universidad de la República. Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación, Montevideo, Uruguay, 1998 pp.37-56. 122 Case non existen referencias nen datos de prensa galega nos moi documentados ensaios recollidos no volume de AUBERT, Paul & DESVOIS, Jean-Michel (eds.), Presse et Pouvoir en Espagne 1868-1975, Colloque international de Talence (26-27 novembre 1993), Collection de La Maison des pays Ibériques,68/Collection de La Casa de Velázquez,58, Bordeaux/ Madrid, 1996. DESVOIS, Jean Michel, La Prensa en España (19001931), Estudios de Historia contemporánea, Siglo XXI editores, Madrid, 1977. 123 Por exemplo: CABRERA, María Dolores, Editar en Galicia, Andel, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Xuventude, 21, 1993 ou ALONSO MONTERO, Xesús, Escritores desacougados, desterrados, namorados, desacougantes, desacougados, Ediciós do Castro/ Ensaio, A Coruña, 1981. 124 SAIZ, María Dolores & SEOANE, María Cruz, “La Prensa” en Historia de España. Menéndel Pidal, Tomo XXXIX, Escasa-Calpe, Madrid, 1994, vol. 2, Parte 4ª, I, pp. 701-730. 120

de Cultura). Por outra banda, dadas as inmellorábeis coleccións e bibliotecas particulares de moitas das figuras intelectuais da Galiza do XX, resulta sorprendente que a abordaxe do libro e da imprenta en Galiza ou o feito do libro galego fique sempre ás portas do XX, tal e como o deixara Uxío Carré. Así, os estudios e estudiosos sobre o libro, editoras e imprentas galegos non abordan o importante período comprendido entre 1900 e 1950, deixando así, de lado o fundamental período que remata coa guerra civil e se continúa no exilio americano 125. Esta evidencia, que nos semella preocupante e intencionada, marca a fraxilidade dos estudios que sobre o corpus da literatura galega son e poidan ser realizados, pois obvian a realidade editorial galega, a producción e a relación tripla autor-editor-público. Sumado isto ás características e enfoques que sobre a Literatura Galega foron establecidos hai máis de corenta anos por Carballo Calero, non deixa de provocar en nós certa sorpresa e progresivamente desazo cal poida ser o resultado dos traballos que se abordan con tan incompleto e selectivo material. Habería que preguntarse como é que ata este momento, existindo tales precedentes non existe unha seria monografía sobre as editoras e o feito do libro galego de preguerra 126 (como tampouco existía biografía seria sobre a fundamental figura de D. Ánxel Casal), máis aínda, por que, existindo tantos recursos, funciona un claro preterimento e misnusvaloración do fundamental e moderno corpus impreso no exilio galego. Insistirmos unha vez máis no intencional dese esquecemento, e ofrecermos aproximación e achego de material o máis completo posíbel foi o obxectivo que motivou boa parte do presente traballo. Cales foran as causas de figuras como Penzol, Filgueira Valverde, Fernández del Riego, Odriozola, Fraguas, Carballo ou mesmo Xosé Ramón Barreiro 127, Alonso Montero ou o complexo SEG-Sargadelos de Isaac Díaz, reputados e curiosos bibliófilos non teren abordado como se merece un estudio explicativo do libro galego desde principios de século ata a aparición de Galaxia sería por si motivo de varias teses ou estudios. As razóns podemos supolas moitas e de diverso signo, mais a ausencia dun estudio, non xa crítico senón simplesmente enumerativo, por parte de persoas en boa medida implicadas nos contextos culturais que crearon as manifestacións impresas das que estamos a falar, produciu unha falsa sensación de seguridade, simplificación e coñecemento dunha realidade que se desprega ante os nosos ollos rica, diversa, complexa e moito máis próxima da Os diversos traballos de Xesús Alonso Montero ou Xose Luís Axeitos, non están na liña que estamos a indicar, senón que se estructuran e basean na particularidade individual, primando neles o estudio do detalle da creación sobre o estudio dos procesos e conxunto. 126 O meritorio traballo, por sintético, de FREIRE LESTÓN, Xosé Vicenzo, A Actividade editorial en Galicia (1850-1936). Apuntamentos para unha historia do libro Galego, eds. do Cumio, Vigo 1997, non pode ser considerado senón como o que el indica. Uns apuntamentos úteis, unha boa esquematización de material xa existente, mais que non fornecen nen analizan a profundidade das relacións sociais do material que manexa. Por outra banda, detéctase neste traballo unha considerábel falta de traballo de campo e unha dependencia excesiva da Historia da Literatura de Carballo e do Diccionario bio-biliográfico de Couceiro Freijomil, ata o extremo de continuar erros xa corrixidos. Non entendemos que boa parte deste traballo reproduza uns datos facilitados por J.A. Durán sobre os folletíns en castelán de La Voz de Galicia, sen atender a calquera outro xornal e revista, cando nalgúns deles existen abondosos textos refereridos a Galiza ou mesmo obras en galego. 127 Quen ten abordado en numerosas ocasións a realidade sociocultural galega deste período como conxunto, un bon resume das súas contribucións, BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R., Historia contemporánea de Galicia. S. XIX-XX. Tomo III Historia de la cultura Gallega, Eds. Gamma, La Coruña, 1982. Un bon resume dos estudios e investigación nese campo en: BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón, “Indtroducción” a BOUZA BREY, Fermín, A imprenta Compostelana. Séculos XVI-XIX, Xunta de Galicia/Bibliofilia de Galicia,5, Santiago, 1993, pp. V-XXIII. 125

sociedade e da política do que o simples verniz artístico-literario do enfoque habitual pode enxergar. Para nós, supuxo un considerábel esforzo a recompilación e catalogación só das obras tiradas dos obradoiros de Ánxel Casal. Pois, por idade, formación deficiente e falta de recursos económicos, os feitos e os libros que tratamos de describir resultan remotos e inasequíbeis. O silenciamento que envolve a figura de Casal exerce a mesma influencia cara a súa sempre gabada, mais nunca estudiada a serio, editorial. Resgatarmos a Casal implica, como tentamos expresar na parte primeira desta introducción, recuperar unha visión do nacionalismo de preguerra que excede en capacidade e modernidade a visión que desde todos os bandos se nos presenta -por descoñecemento ou interese- no hoxe. Resgatarmos as editoriais Lar e Nós, cos seus antecedentes (e continuadores), no contexto político e sentido social que tiñan, supón quebrar tamén con esa concepción culturalista e de minorías, estigmatizada e dogmática, que sobre o libro galego foi establecida e porén, ofrecería unha maior concreción, proxección e significados sobre o propio feito cultural e nacional galego. A construcción dunha literatura nacional e á vez popular é un obxectivo fundamental desas empresas, fillas dunha moi determinada concepción do mundo. Concepción, ideais de modernidade, culturización, igualación e reforma que foron varridos en 1936 e sobre os que se operou unha terrorífica e propositada operación de disfrace e rebaixa.

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.