As \"espontáneas\" de San Xoan de Río. Sexualidade extraconxugal e tentativas de control municipal das mulleres no século XIX

Share Embed


Descrição do Produto

AS “ESPONTÁNEAS” DE SAN XOÁN DE RÍO | Álbum de mulleres...

1 of 5

Biobibliografias:

Liñas do tempo

Por orde alfabética

Especiais

Por ámbitos de ocupación

Hemeroteca

Busca libre:

Xornadas

Qué é o Álbum?

http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=1044

Cartografías

Comisión de Igualdade [email protected] +34 981 957 202

Bibliografía Ligazóns Agradecementos

Indice alfabético abadesas de Sobrado de Trives Syra Alonso Amparo Alvajar Francisca Álvarez Ángeles Alvariño

as “espontáneas” de san xoán de río Sexualidade extraconxugal e tentativas de control municipal das mulleres no século XIX Ligazóns...

Nicolasa Añón Paz Antigas Galaicas

Blogue sobre mulleres da provincia de Ourense, onde se sitúa San Xoán de Río

María Araújo Concepción Arenal

Web do concello de San Xoán de Río. Localidade da que proceden a meirande parte das “espontáneas”

Xela Arias Carmen Arias ''Mimina'' As Marías: irmás Fandiño Ricart AS “ESPONTÁNEAS” DE SAN XOÁN DE RÍO

Bibliografía...

Felicia Auber María Balteira María Barbeito Rosa Bassave Roibal Beatriz Benavides

Autora da ilustración: Renata Otero

Josefina Blanco Tejerina

1847 (data do primeiro expediente).San Xoán de Río (Terras de Trives)

Maruxa Boga María Brey Mariño María Cagiao

1847 - 1852 (data do último expediente). San Xoán de Río (Terras de Trives) 1852 Ámbitos de ocupación...

Emilia Calé

Acción político - social

Juana Capdevielle

Doméstico

Sofía Casanova

Marítimo / Agrícola / Gandeiro

María Casares

No arquivo municipal de San Xoán de Río (Ourense) conserváronse trinta expedientes de 1847 a 1852 que permiten achegármonos a algunhas manifestacións da sexualidade de mulleres á marxe do matrimonio e ás tentativas de control das mesmas por parte das autoridades municipais decimonónicas. Segundo a documentación, o obxectivo declarado polos poderes públicos era evitar as prácticas abortivas, o que, precisamente, acaba constituíndo un sólido indicio para pensar na súa existencia no marco dunha sexualidade feminina más aberta e diversa da que se adoita imaxinar para o século XIX. Estamos ante unha fonte certamente excepcional, que, porén, permite coñecer unha realidade social posiblemente máis xeneralizada do que reflicten outros documentos históricos e literarios do momento. Nun contexto no que as únicas prácticas sexuais ben vistas eran as matrimoniais, destinadas a garantir a reprodución familiar, este pequeno repertorio

María Castaña Placeres Castellanos Pilar Castillo Sánchez Rosalía de Castro Constanza de Castro Inés de Castro Rosa María de Castro y Centurión Concha Castroviejo Carmen Cornes Clara Corral Aller María Corredoyra Luisa Cuesta Gutiérrez María Antonia Dans As mulleres das Encrobas Filomena Dato

Arquivo do Concello de San Xoán de Río (ASXR, Caixa 372, Carpeta “Curiosidades non clasificadas” (1845-2000). Carpetiña “Expediente das espontáneas”). MORANT, ISABEL (DIR.): Historia de las mujeres en España y América Latina. III. Del siglo XIX a los umbrales del XX, Madrid, Cátedra, 2006. GALLEGO DOMÍNGUEZ, OLGA: Historia da muller. Mulleres ourensás dos séculos XIV-XVIII, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 2008. REY CASTELAO, OFELIA; RIAL GARCÍA, SERRANA: Historia das mulleres en Galicia. Idade Moderna, Xunta de Galicia e Nigratrea, 2010. PERNAS OROZA, HERMINIA: Historia das mulleres en Galicia. Época contemporánea, Xunta de Galicia e Nigratrea, 2011.

Beatriz de Castro

18/05/2016 20:57

AS “ESPONTÁNEAS” DE SAN XOÁN DE RÍO | Álbum de mulleres...

2 of 5

María Dios Emilia Docet Ilduara Eriz Exeria Nieves Fariza Alonso Belén Feliú Rita Fernández Queimadelos Antonia Ferrín Moreiras Irene González Corona González Daría González García Grupo Saudade Francisca Herrera Xosefa Iglesias Vilarelle María Francisca de Isla y Losada Ana Kiro Hortensia Landeira Pontijas Andrea López Chao Rosa López Comunión Rita Amparo López Jeán Pura Lorenzana Maruja Mallo Marcela e Elisa María Mariño Meigas Urania Mella Xulia Minguillón María Miramontes Anisia Miranda Monxas de Ramirás María Luz Morales María Victoria Moreno Francisca Morlán "Pancha" Movemento democrático de mulleres en Galicia Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid Mulleres na olería de Buño María Muñoz de Quevedo Carmen Muñoz Manzano Mercedes Núñez Antonia Ortiz La Bella Otero Enriqueta Otero Ernestina Elena Otero Sestelo María del Portal Panisse Emilia Pardo Bazán Pepa a Loba María Antonia Pereira de Andrade Narcisa Pérez Reoyo María Pita Rosa Pons i Fábregas Jesusa Prado Concepción Ramón Amat María Reguera

http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=1044

documental sobre as chamadas “espontáneas” –nome derivado da “espontaneidade” coa que crecían os seus ventres a pesar de estar solteiras e, por tanto, non ser considerados lícitos eses embarazos–, é unha fonte de grande interese para coñecer a confrontación existente entre as marxes de liberdade sexual tradicional –en gran medida aceptada socialmente, segundo apuntan moitos dos estudos realizados sobre a ilexitimidade no Antigo Réxime–, e os cambios que se foron producindo ao respecto na mentalidade colectiva do século XIX, especialmente co proceso de consolidación do Estado liberal e dunha moralidade burguesa que tendeu a promover a conversión das mulleres en auténticos “anxos do fogar”, reprimindo moitas das marxes de liberdade das que dispuñan nos períodos históricos anteriores. Aínda que os documentos conservados emanan da alcaldía dun pequeno municipio do rural ourensán como é San Xoán de Río, as verdadeiras protagonistas dos mesmos son as mulleres, solteiras e viúvas, que se viron sometidas a un interrogatorio público máis ou menos estandarizado. O que se pretendía era coñecer se estaban embarazadas –como así apuntaban os seus ventres avultados–, e quen foran os responsables de “seducilas” e, por tanto, de deixalas embazadas. Isto evidencia o paternalismo absoluto existente por parte das autoridades masculinas cara as mulleres ao entender que as prácticas sexuais non podían estar motivadas polo propio desexo delas senón unicamente polo engano ou abuso dos varóns. Ademais, as autoridades municipais querían poñer ás embarazadas baixo a tutela dalgún familiar ou membro da veciñanza –home ou muller–, que sería quen debería evitar que a “espontánea” malograra o froito da súa preñez. Por exemplo, Francisca Álvarez do Reboledo foi entregada á súa ama, Rosa Arias dos Abeledos, para “celarla, y vigilarla, para que no derrame la prole que en su vientre abriga”. As respostas ofrecidas nos expedientes revelan situacións moi diversas. A través delas podemos coñecer non só os nomes das “espontáneas” –mulleres campesiñas como a meirande parte das que vivían na Galicia do momento–, senón tamén achegármonos ás súas voces de forma indirecta. Xustificándose no engano sufrido polas falsas promesas de homes, algunhas recoñecen o embarazo e, consecuentemente, a súa ou as súas prácticas sexuais extramatrimoniais. Neste sentido, este grupo de espontáneas dá conta dos feitos e das súas consecuencias, pero din telo feito porque recibiron palabras de casamento finalmente non cumpridas. Así, Ramona Gómez, moza viúva e veciña do Reboledo, di que “su dañante fue su primo Donato Álvarez, quien la sedució con palabras de casamiento, y vajo ellas a él se subjetó”. Cando menos publicamente, o seu modelo de comportamento tería certa xustificación ao non ser totalmente rompedor co modelo imperante dunha muller que debería vincular e limitar a súa práctica sexual ao matrimonio. Dese modo, os embarazos poderían chegar a aceptarse socialmente ao existir unha promesa matrimonial, e este é o caso que máis se repite nas declaracións estudadas. Porén, cómpre preguntarse sobre a veracidade desta afirmación en tódolos casos, é dicir, se todas as que declaran esta situación foron realmente vítimas de falsas promesas,

18/05/2016 20:57

AS “ESPONTÁNEAS” DE SAN XOÁN DE RÍO | Álbum de mulleres...

3 of 5

M.ª Dolores del Río Isabel Ríos Dolores Rodeiro Boado Hildegart Rodríguez María Aurea Rodríguez Aurora Rodríguez Carballeira Carme Rodríguez de Legísima Mercedes Ruibal Ángela Ruíz Robles Concepción Sáiz Otero María Antonina Sanjurjo Aranaz Elvira Santiso García Mulleres no Seminario de Estudos Galegos María Soliña Marisa Soto María Tobío Urraca l de León e Castela Teresa Vaamonde Valencia Olimpia Valencia Avelina Valladares Maria Valverde Concha Vázquez Pura Vázquez Iglesias María Vázquez Suárez Juana María de Vega Martínez Engracia Vérez Puentes Mercedes Vieito Luísa Villalta Maruxa Villanueva Marisa Villardefrancos María Vinyals Isabel de Zendala y Gómez

Ambitos de ocupación Docente Literario / Letras Artístico Acción político - social Empresarial / Prof. Liberais Médico / Sanitario Medios de Comunicación Doméstico Xurídico Político - Institucional Investigación / Científico Relixioso Marítimo / Agrícola / Gandeiro Deportivo Agrícolas

http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=1044

ou se se podería tratar dunha declaración destinada a salvagardar parte da súa honra, unha honra que se vía danada socialmente ao se visibilizar o embarazo. Neste sentido, é difícil afirmar ou negar con rotundidade se nos atopamos ante unha estratexia que as mulleres empregaron para se presentar a si mesmas como vítimas dun engano dun varón, ocultando o feito real de vivir unha experiencia sexual en liberdade fóra das convencións sociais que as condenaría radicalmente ante a mirada masculina que se exercía desde as autoridades municipais e desde outras instancias de poder no seo do Estado liberal. En todo caso, trataríase dun aproveitamento do discurso patriarcal, dunha estratexia para defenderse ante a misoxinia imperante que lles negaba, posiblemente cada vez máis, a súa liberdade sexual. De todos modos, parece probable a reiteración desas falsas promesas matrimoniais no seo da sociedade decimonónica como forma de abuso dos homes sobre as mulleres, cuxa sexualidade –e non a dos varóns– era a que estaba sometida a un forte control social e podía comprometer a situación e imaxe pública delas. Aínda así, documéntanse outros casos de “espontáneas” nos que parece ser real o desexo de casar, como sucede con Ana Rodríguez, moza viúva e veciña do Aciveiro, na parroquia de Cerdeira, da que sabemos que “su dañante Domingo Fernández, mozo soltero, y vecino de San Pedro del Vurgo, a quien se subjetó bajo palabras de casamiento, al que hallándose presente dijo ser cierto (…) con quien trataba de cumplir, y casarse, lo que no podía hacer por lo de ahora, en cuanto no quita la licencia de sus jefes, mediante es soldado”. Nesta ocasión, trataríase dunha manifestación clara de prácticas sexuais prematrimoniais que, pese a ir contra as normas, poderían chegar a aceptarse socialmente se finalmente era celebrado o casamento. Noutros casos as declaracións apuntan cara a existencia de prácticas sexuais libres entre homes e mulleres á marxe do matrimonio, sen mediar engano nin abuso. Este último podería ser o caso de Manuela Pérez, veciña de Valdemiotos, que declara o nome do “danante”, “a quien se sujetó vajo una amistad entablada ya hace algún tiempo”, ou o de Cecilia Diéguez, moza solteira e veciña de Seoane, que declara que o seu “dañante fue Ramón Álvarez de las Cortes, a quien se subjetó vajo un apetito carnal”. Esta é a mesma resposta que ofrecen Magdalena Álvarez das Cabanas ao falar do seu embarazo de seis meses e Catalina Álvarez, da parroquia de Castrelo, embarazada de sete meses. Ás veces as “espontáneas” negáronse a “manifestar su dañante”, como Benita Rodríguez, da parroquia de Santa María de Castrelo, que estaba embarazada “de ocho meses sobre poco más o menos”, ou Silvestra Pérez de Villardá que “no descubre su dañante, mediante no le es conveniente hacerlo”. ¿Cabe sospeitar dalgún home da igrexa ou casado? Tamén hai algunhas que declaran non estar seguras do seu embarazo como Dominga Álvarez, moza solteira da parroquia das Cabanas, que “no sabe ciertamente si se halla embarazada, aunque es cierto que ha tenido aceso carnal” con un veciño seu chamado Andrés “ya hace tres meses y medio, quien la sedució con palabras amorosas”, polo que foi “depositada” en poder do seu pai Pascual Álvarez.

18/05/2016 20:57

AS “ESPONTÁNEAS” DE SAN XOÁN DE RÍO | Álbum de mulleres...

4 of 5

http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=1044

Finalmente, hai incluso mulleres que non recoñecen o seu estado, como Francisca Vázquez, moza solteira, veciña das Guístolas. Esta muller, sen dúbida tratando de escapar do control das autoridades municipais, di ter o ventre crecido porque “va a hacer un año que le andaba su regla, y habiendo comido un poco de pulpo en este estado, se le detubo, y aún no le volvió hasta hoy día”. Non parece ser unha resposta que convenza a José González, alcalde constitucional de San Xoán de Río, quen a entrega finalmente á súa nai, Josefa Rodríguez, para que a “cele, vigile, y repare de su hija, a fin de que no eche a perder la prole, si acaso la abriga en su vientre y para que de ocho en ocho días se presente ante dicho Sr. Alcalde”. En definitiva, a pesar dos discursos imperantes, discursos elaborados fundamentalmente por homes e tendentes a inculcar no imaxinario colectivo a represión da sexualidade feminina á marxe do matrimonio, as fontes históricas reflicten a existencia dunha realidade rica e diversa na que cabe ter en conta, xunto aos enganos e abusos dos homes, a existencia de marxes de liberdade das mulleres tanto no que respecta á práctica da súa sexualidade como de control dos seus corpos –de aí que se contemple a posibilidade das prácticas abortivas–. Nese sentido, o Estado liberal e a moralidade burguesa supuxeron un reforzamento da tentativa patriarcal por reprimir esa realidade, de aí a preocupación das institucións públicas por coñecer e poñer límites a actuacións de mulleres que, sen dúbida algunha, afectaban ao ámbito da súa vida persoal. Logrado ou non, o certo é que os expedientes das “espontáneas” de San Xoán de Río posiblemente evidencian unha cotidianidade máis próxima á realidade social de moitas mulleres do rural decimonónico galego do que os modelos burgueses que se nos transmiten a través doutras fontes e que, desde logo, non contribúen máis que a encorsetar a experiencia histórica das mulleres dentro duns modelos de feminidade que, se ben tentaron ser implantados, non poden ser xeneralizados e utilizados como retrato histórico da realidade das mulleres do século XIX. Estudos de caso coma o aquí apuntado van demostrando que posiblemente o excepcional era esa imaxe do “anxo do fogar”, dunha feminidade totalmente subordinada ao conxunto de modelos teóricos de dominación androcéntrica e patriarcal. De aí que sexa necesario profundar na historia social e cotiá das mulleres mediante a recuperación de fontes que aporten luz sobre a diversidade desa experiencia de ser muller ao longo da historia de Galicia. Neste camiño, os expedientes das “espontáneas” de San Xoán de Río que hoxe recuperamos resultan un exemplo moi ilustrativo sobre o que seguiremos indagando.

Autor/a da biobibliografía: Miguel García-Fernández

Información Arquivo Eventos Especiais Temas do dia Zona Cultura Fin de Semana

Soportais LG3 - Literatura RCG - Audio AVG - Cine BD - Banda Deseñada

Interactividade Propostas de temas Boletins Enviar actos Enviar certames

Nós O equipo do portal

Correo da redacción

18/05/2016 20:57

AS “ESPONTÁNEAS” DE SAN XOÁN DE RÍO | Álbum de mulleres...

5 of 5

Axenda Certames Biblioteca Zona Rss

http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=1044

Mapa do Sitio Axuda

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org) Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia) Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: [email protected]

18/05/2016 20:57

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.