Atlas Arqueolóxico da Paisaxe Galega

Share Embed


Descrição do Produto

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza. Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval. O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes –ou ausentes– nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas. A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.

César Parcero-Oubiña (Santiago de Compostela) é arqueólogo, especialista no estudo dos momentos finais da prehistoria e na aplicación de tecnoloxías dixitais en arqueoloxía. Investigou especialmente sobre o mundo castrexo en Galicia e, máis recentemente, sobre o período preincaico nos Andes. É investigador do CSIC e membro do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit). Carlos Otero (Ferrol) é arqueólogo e desenvolve o seu traballo especialmente na recuperación patrimonial de sitios arqueolóxicos dende unha perspectiva fortemente social, en relación coas comunidades locais implicadas. Nese marco, dirixiu varios proxectos en Galicia e, máis concretamente, en castros. É investigador colaborador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).

atlas arqueolóxico da paisaxe galega

Elena Cabrejas (Caldas de Reis) é arqueóloga e traballou na xestión de impacto arqueolóxico en obras públicas e na transferencia á sociedade da investigación sobre o patrimonio cultural. Dirixiu e participou en abondosos proxectos de prospección en diferentes partes de Galicia. É investigadora colaboradora do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit). Anxo Rodríguez Paz (Moaña) é debuxante e leva máis de 25 anos traballando en debuxo e deseño gráfico para arqueoloxía, faceta que abrangue dende obxectos a sitios e paisaxes. É técnico no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).

Listaxe de autores:

788491 210481

Roberto Aboal Xurxo Ayán Vila David Barreiro Paula Ballesteros-Arias Manuela Costa-Casais Pastor Fábrega-Álvarez João Fonte Camila Gianotti A. César González-García Alejandro Güimil Fariña Elena Lima Olivera Raquel López Noia Patricia Mañana-Borrazás Antonio Martínez-Cortizas Matilde Millán Manuel Santos-Estévez

9

I S B N 978-84-9121-048-1

1327145

XG002263_atlas_arqueoloxico_cub.indd Todas las páginas

atlas arqueolóxico da paisaxe galega

Felipe Criado-Boado (Santiago de Compostela) é arqueólogo, especialista no estudo arqueolóxico das paisaxes monumentais e na relación entre a arqueoloxía e o patrimonio cultural. Traballou, sobre todo, no estudo do fenómeno tumular en diferentes partes do mundo e mais na teoría arqueolóxica. É investigador do CSIC, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) e, na actualidade, presidente da European Association of Archaeologists (2015-2018).

felipe criado boado césar parcero oubiña carlos otero vilariño elena cabrejas (eds.) anxo rodríguez paz (ed. gráfica)

15/2/16 10:04

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.