Beber sueños: seis palabras acerca de Agustín Fernández Paz

Share Embed


Descrição do Produto

Beber soños: seis palabras ao redor de Agustín Fernández Paz Montse PENA PRESAS

Dicir Agustín Fernández Paz é dicir clásico. Mais tamén é convocar outros significados que a min me gustaría condensar en seis: tradición, reivindicación, renovación, misterio, amor e premios. A súa biografía e a súa carreira literaria son hoxe abondo coñecidas, tanto que só me cómpre trazar unhas poucas liñas sobre a primeira, para logo afondar nas claves da segunda. A súa nenez en Vilalba, da que fican pegadas agochadas en moitas das súas obras; os seus estudos interdisciplinares (Peritaxe Industrial, Maxisterio, Pedagoxía) e os seus múltiples traballos, sempre relacionados coa educación (mestre, autor de libros e proxectos vencellados ao galego, investigador nas áreas da sociolingüística e da literatura infantoxuvenil) resumen o seu lado máis divulgado, conformando así o perfil do escritor ao que me quero achegar a través das palabras, a materia coa que el traballa. Tradición. A produción de Fernández Paz insírese, dun xeito absolutamente consciente, como parte da cultura –nun senso amplo– e da literatura –nun senso restrinxido– galega, porque como di un dos personaxes de Aire negro: “cada persoa é dun tempo e dun país”. O autor coñece perfectamente cal é o seu contexto de partida (ser un escritor dunha lingua minorizada dun campo literario invisibilizado, situado tamén nas marxes) e reivindícao como lugar dende o que o ollar o mundo. É habitual que obras da nosa literatura se colen entre as liñas de Agustín, para ensinar ao público máis novo e lembrar ao adulto que o feito literario galego de hogano posúe unha tradición oral e escrita que non pode nin deben permanecer na sombra. E así Castelao, Otero Pedrayo, Cunqueiro ou Ferrín sitúanse tras os seus textos, inspirándoo, prestándolle enfoques, motivos e citas que amosen que, como declarou o autor nunha oteriana concepción do mundo: “só se pode ser universal sendo fiel ás

1

propias raíces”1. Mais o emprego destas referencias ten que ver, así mesmo, co papel da literatura infantil e xuvenil (LIX) como elemento normalizador (aínda que sexa de xeito indirecto) da lingua, outra das ancoraxes do autor na súa realidade, como mostra o seu traballo a prol da dignificación e difusión do galego e a temática dalgunha das súas ficcións (así, O centro do labirinto –alén das súas características de texto de ciencia ficción– débese entender coma unha apaixoada defensa das linguas minorizadas). Reivindicación. O segundo alicerce dende o que escribe Fernández Paz: a consciencia plena de que crea, como receptor primario, para o público mozo. Porque o autor goza explorando esa “idade da fronteira” á que sempre alude, porque defende a existencia e a necesidade dunha literatura xuvenil como unha etapa fundamental da formación lectora e porque amosa habitualmente, especialmente a través dos seus protagonistas (que, porén, non son sempre mozos), o seu coñecemento e a súa conexión cos lectores adolescentes, que lle permiten conectar tanto con eles. Por iso, mergullándonos de novo nos numerosos libros que se citan nas súas obras, comprobamos que, amais dos que pertencen a autores galegos, atópanse diferentes creadores xuvenís de distintos sistemas literarios. Ao aludir a Jules Verne, Peter Härtling, Gianni Rodari, Judith Kerr, Roald Dahl ou Robert L. Stevenson, entre moitos máis, Agustín visibiliza o seu campo literario a través de clásicos, insírese conscientemente na historia literaria universal da literatura xuvenil e envía estrelas fugaces en forma de obra para que sexan atrapadas polas lectoras curiosas. Namentres, isto sérvelle para caracterizar algúns dos seus personaxes: “meu pai di que se pode coñecer a unha persoa examinando a súa biblioteca”, di Sara,

Nicolás, Ramón: “Entrevista con Agustín Fernández Paz”, “Faro da Cultura”, Faro de Vigo, 23/5/2002.

Madrygal, 2010, 13 147-150

ISSN: 1138-9664

Montse Pena Presas

a protagonista de Noite de voraces sombras. Mesmo porque nos seus textos hai sempre algún caracter marcado polo amor aos libros, a súa produción pódese entender como unha campaña indirecta de fomento da lectura. Porque esta, globalmente, é a súa loita para “lograr un status digno para a literatura xuvenil”2. A mesma que o leva a buscar deliberadamente a publicación en coleccións para mozos e mozas, xa que considera que así tamén poderá chegar aos receptores adultos. Os pasos de Fernández Paz nesta dirección van encamiñados a romper prexuízos, a cuestionar e dinamitar as bases do sistema adulto (canónico) e do da literatura infantil e xuvenil (periférico). Renovación. O momento en que este autor comeza a crear é unha etapa clave para o campo literario infantoxuvenil galego. A finais da década dos oitenta (concretamente, a súa primeira obra, A cidade dos desexos, sae do prelo en 1989), a edición en lingua galega para rapazas e mozos é aínda un sistema abondo incipiente, pois se ben o boom editorial, co xurdimento das correspondentes coleccións dedicadas ao público infantil, xa se producira3, aínda será nos anos seguintes cando se afortale a rede editorial dirixida a mozas e mozos4 e se aumente a tiraxe e a difusión dos textos publicados. A temática das ficcións exeperimenta tamén nesta etapa unha reviravolta que a abre ao mundo e fai que os textos de carácter puramente realista, os que procuraban unha liña continuista –sen afáns de transgresión– co popular e os que deliberadamente se enchían de riscos identitarios sen espazo para nada máis, deixen paso a obras en que a fantasía, a aventura, a ciencia-ficción e o humor ocupan un lugar senlleiro5. Todas estas novas cuestións, que xa eran (aínda que escasamente) motivos literaturizados entre 1975 e 1985, van pasar a ocupar o centro do sistema, acompañados dun novo realismo e dun ludismo en diálogo coa tradición oral. Os nomes propios (logo, afortunadamente, virían moitos máis) desa apertura e consolidación de horizontes da literatura infantil e xuvenil galega foron autores como Paco Martín, Xabier. P. Docampo, Fina Casalderrey (os tres Premios

Beber soños: seis palabras ao redor de Agustín Fernández Paz

Nacionais), Miguel Vázquez Freire ou María Victoria Moreno. Entre eles, tamén, Agustín Fernández Paz, que abre fiestras non só a partir das temáticas que emprega, senón tamén polas formas e as figuras que utiliza. Porque con el, igual que cos escritores que veño de citar, o intercambio de voces e visións narrativas ou a aparición de personaxes e escenarios máis verídicos, tomarán unha importancia definitiva. No seu caso, singularízaoo o relevante papel que as mozas acadarán nas súas ficcións, como amosan moitos dos seus títulos, que as fan protagonistas (a mostra máis evidente disto é Rapazas) e lles outorgan, máis alá do papel de nai e de ser pasivo, en xeral, o de xornalista, doutora ou científica cunha total naturalidade e sen forzar situacións de cambio de roles (tal e como sucedeu nas obras europeas dos anos 70 ou das derivadas da colección “A favor de las niñas” xa na década dos 80, que non funcionaron como cumpriría debido ao seu exceso de didactismo). Mais desta volta, voume centrar (a cuestión do xénero na súa produción merece unha achega moito máis demorada) no tratamento de dous elementos fondamente relacionados na súa obra: o misterio e o amor, pois se do primeiro se derivan boa parte dos outros temas, o segundo é unha compoñente transversal da súa produción. Ambos, en todo caso, alicerces primeiros da fórmula Fernández Paz. Misterio. O misterio, entendido este nun senso amplo, é o ingrediente fundamental da súa fantasía, dende onde comezan e cara onde evolucionan grande parte das súas obras, coma Aire negro, O laboratorio do doutor Nogueira ou Avenida do Parque, 17. Agustín, que se ten confesado fascinado pola novela de xénero e lector de Hammet, Lovecraft ou Bradbury (tres mestres do misterio, o terror e a ciencia ficción) domina as claves destes estilos, mesturándoos en ocasións, e resaltando na creación de intrigas e no tratamento de sucesos que escapan ás explicacións da razón. Mais a base narrativa da que parte está firmemente ancorada na realidade, como se as súas ficcións comezasen na tentativa de abordar historias que lle acontecen a xente normal, que mesmo poderiamos ser nós. Os

2

Nicolás, Ramón (2002): “Entrevista con Agustín Fernández Paz”, “Faro da Cultura”, Faro de Vigo, 23/5/2002. A piques de comezar a década dos noventa, xa existían coleccións infantís de editoriais galegas, como “Xabarín” (de 1982) e “Merlín” de Xerais (1986); “Textos” (1984) de Vía Láctea ou “A Chalupa” e “Árbore” de Galaxia. 4 Será nos dez anos próximos cando coleccións hoxe tan consolidadas como “Doce x vintedous” de Sotelo Blanco, “Costa Oeste” de Galaxia e “Fóra de Xogo”, de Xerais, pór citar só as máis coñecidas, pulen polos nomes de creadores hoxe canónicos da LIX de noso. 5 O resumo das temáticas que se consolidaron entre mediados dos oitenta e mediados dos noventa está tirado, para ir en coherencia co resto do artigo e salientar a faceta de investigador deste escritor, da obra A literatura infantil e xuvenil en galego de Agustín Fernández Paz. 3

148

Madrygal, 2010, 13 147-150

Montse Pena Presas

seus escenarios son realistas (aínda que en ocasións acaban por transformarse en fantásticos), adoitan ser localizacións concretas e contar co seu nome verdadeiro ou cun pseudónimo que, porén, convida a identificalas. Pese a esta primeira atmosfera de aparente tranquilidade, dende as primeiras liñas o autor consegue que o lector intúa (a través de prolepses, creación de situacións tensas e comentarios da voz narrativa) que algo senlleiro, tan marabilloso coma estraño, vai acontencer. Na súa ansia por saber qué sucesos lle esperan, a lectora debullará e debullará páxinas e máis páxinas, para comprobar que o rumbo da narración trocou e que esa aparente cotidianidade tornou nun mundo real visitado por sucesos marabillosos, misteriosos ou terroríficos, moitas veces adobiados cunha pinga de humor (coma, por exemplo, en Contos por palabras), que personaliza indubidabelmente o seu estilo. Ese acontecemento fóra do cánon do estándar pode partir dun anuncio de xornal, beber da tradición popular galega e/ou desprenderse do mundo do cinema (Drácula e Marilyn, entre outros, acaban por visitar Galicia coma Simbad, Merlín ou Xenebra facían nas creacións cunqueiriás). Mais o seguro é que ese feito diferente se erixe no leiv motiv que conduce a obra, no elemento que guía a un receptor que, dende aí, xa só arela coñecer o remate da historia. Un remate que, especialmente na súa produción xuvenil, adoita ser aberto, incerto, talvez problemático, ensinando de maneira indirecta que, ás veces, a vida está chea de sucesos inexplicábeis e é un nobelo confuso que hai que tentar desenrolar. O misterio é o seu kilómetro cero, mais dende alí escora para outras temáticas que, de cando en vez, o atrapan. A ecoloxía é unha desas redes que o envolven, e el adoita combinala con trazos da novela de aventuras ou da mitoloxía galega. En diversas creacións súas (especialmente as dirixidas ao público infantil) aparece como unha necesidade, como un instrumento para contemplar o planeta con outros ollos e construír así un futuro esperanzador. O autor pousa nas mans do lector a idea de que todo o que el faga a prol da natureza repercutirá no ben común (pensen na historia d’As flores radiactivas, onde o valor de Alba dá paso a unha fermosa utopía ecoloxista) e de que os tempos vindeiros dependen da súa actitude (boa mostra disto

6

Beber soños: seis palabras ao redor de Agustín Fernández Paz

é o relato “A máquina do tempo”6, onde a receptora pode escoller entre tres finais que deciden cómo se desenvolverán as épocas futuras). A fantasía, esta vez coas tinturas da obra con conciencia de medio natural, volve aparecer en forma de seres mitolóxicos, porque quen axuda aos protagonistas a conseguir os seus obxectivos ou a cambiar a súa perspectiva do contorno son trasnos (No corazón do bosque), fadas (As fadas verdes) ou sereas (A praia da esperanza), na fantástica e xa clásica concepción de que estas persoíñas son as verdadeiras, pois nada hai máis real ca a fantasía, gardiás da natureza. Outro dos tecidos con que lle gusta traballar a Fernández Paz é a memoria. Moi ao contrario dun dos seus personaxes, o doutor Nogueira, que inventa un “selector de lembranzas” para que a xente só sexa quen de lembrar as cousas que a fan feliz, el recorre á memoria como xeito de comprender o presente e seguir camiñando para diante, aínda que por veces os recordos firan co seu aguillón. De novo, a importancia de saber de onde se vén (tanto familiar como culturalmente) e cara onde se vai aparece na súa produción. De xeito explícito, este é o tema central de dúas obras: Noite de voraces sombras e Corredores de sombras. A sombra, en ambos os dous casos, é a guerra, pero amais o pasado oculto que xorde coma un manancial imparábel para favorecer o crecemento dos máis novos. Tamén en relación co reivindicativo que hai nos seus textos, a memoria dos caracteres esquecidos é sempre a memoria de quen defendeu a República, mais sobre todo de quen amou a causa galeguista. Todo con fins claramente didácticos, porque como di a nai de Sara, a protagonista de Noite de voraces sombras, aínda “andamos a edificar sobre a desmemoria”. Amor. O amor é a outra trabe de ouro da produción de Fernández Paz. Contemplado como sentimento primixenio, case puro, no paso á adolescencia (pénsese en Trece anos de Branca), sen deixarse levar por unha dozura superficial e sen concesións, o escritor tamén se detén no sentir amoroso entre adultos, enchido das contradicións e complicacións que o dificultan (boa proba disto é Aire negro). Xustamente neses desencontros, nesas idas e vidas do sentimento máis desexado pero tamén

Incluído na obra Unha lúa na fiestra (1994).

Madrygal, 2010, 13 147-150

149

Montse Pena Presas

máis danoso na súa beira contraria, é onde se procura a materia narrativa. A saída d’ O único que queda é o amor en 2007 alumeou a certeza de que o tema latexaba en todas as súas ficcións, mais aínda lle faltaba unha última explosión. O seu agromar tróuxolle o merecido Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 (do que xa quedara finalista con Corredores de sombra), porque nel está o mellor Agustín. O que condensa a súa paixón pola poesía, con Valente, Neruda ou Yeats á fronte, coa prosa delicada (que xa amosara en creacións como a fermosa O meu nome é Skywalker) que furga no sentir escuro, no sentir dorido, na desolación do desamor ou na paixón inmorredoira. Premios. Cunhas corenta obras publicadas, Agustín Fernández Paz é un dos escritores máis

150

Beber soños: seis palabras ao redor de Agustín Fernández Paz

premiados da literatura galega, ao posuír todos os galardóns estatais importantes no que a LIX se refire. Todo como premio á unha obra-macrotexto (pois dunhas ficcións agroman outras, como ocorre, por exemplo co relato “Meditación ante o álbum de fotos familiar”, xermolo de Corredores de sombra) que se constrúe con desiguais doses de tradición, reivindicación, renovación, misterio e amor, que sempre se saben mesurar ao xeito. Por iso, ao falar de Fernández Paz, falamos dun dos escritores de noso máis lidos de todos os tempos. El, que acredita na literatura xuvenil como un instrumento para trocar a realidade e construír unha sociedade futura mellor. El, que nos convida, con cada ficción, a beber soños das súas mans. El, que cre que en iso, en beber soños, consiste a lectura.

Madrygal, 2010, 13 147-150

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.