Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas ao campo sémico do aloxamento, nas cantigas de escarnho e maldizer

August 30, 2017 | Autor: X. Arias Freixedo | Categoria: Medieval Literature, Galician-Portuguese Lyric Poetry, Cantigas De Escárneo E Maldizer
Share Embed


Descrição do Produto

mOnOgRafía 9 9

Leticia Eirín García Xoán López Viñas (editores)

Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica

Lingua, texto, diacronía

ÁREA DE FILOLOXÍAS GALEGA E PORTUGUESA

Leticia Eirín García Xoán López Viñas (editores)

Estudos de lingüística histórica

9 Leticia Eirín García Xoán López Viñas (editores)

Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica

ÁREA DE FILOLOXÍAS GALEGA E PORTUGUESA

Director: Xosé Ramón Freixeiro Mato (Universidade da Coruña) Subdirector: Xosé Manuel Sánchez Rei (Universidade da Coruña) Secretario: Xoán López Viñas (Universidade da Coruña) Edita: Área de Filoloxías Galega e Portuguesa Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística Depósito Legal: C 2238-2014 ISBN: 978-84-9749-609-4 Distribúe: Consorcio Editorial Galego: [email protected] Deseño: Torné Asociados Maquetación: Antonio Souto

Índice Limiar Leticia Eirín García / Xoán López Viñas

5-7

Da lección manuscrita á lectura crítica:gramática histórica, constitutio e interpretatio textus Mariña Arbor Aldea 9-31 Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas ao campo sémico do aloxamento, nas cantigas de escarnio e maldizer Xosé Bieito Arias Freixedo

33-58

A expresión da IRA nas cantigas de amor e de amigo Mercedes Brea

59-96

Construções com ser, estar e jazer na história do português: notas em torno de inovação, persistência e obsolescência Maria Teresa Brocardo

97-107

Poetics, Historical Grammar and Textual Criticism: Augua or Agua in Pero Meogo? Rip Cohen 109-122 Corominas e a etimoloxía galega Rosalía Cotelo García

123-141

O alógrafo sigmático do grafema na documentación medieval galega Pedro Dono López

143-159

O léxico do proceso amoroso nas cantigas de amor de Don Denis Leticia Eirín García

161-175

Por volta de topónimos e textos afonsinos. A cantiga «Ansur Moniz, muit’ouve gran pesar» [B 482, V 65] Manuel Ferreiro

177-196

Vós sodes mui fraqueliña molher. Sobre a sufixación apreciativa na poesía trobadoresca profana Xosé Ramón Freixeiro Mato

197-225

A alternancia h-/Ø entre “ortografía alfonsí” e “ortografía dionisina” Pär Larson

227-238

Unha ferramenta para o estudo do léxico medieval: o GLOSSA Xoán López Viñas

239-256

Traxectoria histórica dos resultados galegos do sufixo número-persoal latino -tĭs Ramón Mariño Paz

257-290

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

291-318

Caer/cair e similares. Alguns apontamentos filológico-linguísticos José Luís Rodríguez

319-350

Aproximación aos pronomes demostrativos nos primordios da Idade Moderna Xosé Manuel Sánchez Rei

351-368

Os primeiros escritos em galego-português: revisão e balanço José António Souto Cabo

369-393

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas ao campo sémico do aloxamento, nas cantigas de escarnio e maldizer* Xosé Bieito Arias Freixedo Universidade de Vigo Para Rosa e Pipo

A maioría dos dicionarios, glosarios ou traballos lexicográficos similares adoita recoller os usos figurados de certos termos ou frases. Para a elaboración dun dicionario convencional dunha lingua, non hai unha dificultade maior en rexistrar ese tipo de usos, pois están vixentes na lingua do día a día, tanto a nivel oral como escrito. Porén, cando se trata da elaboración dun glosario medieval as dificultades multiplícanse, porque non sempre temos as claves axeitadas para podermos percibir cando unha palabra está empregada con sentido figurado. No caso das cantigas de escarnio trobadorescas, son frecuentes este tipo de significados figurados. Como é sabido, na propia Arte de trobar fragmentaria recollida nos folios iniciais do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (Tavani 1999), ao definir as cantigas de escarnio, faise referencia ao emprego de palavras cubertas, que hajan dous entendimentos e á dificultade de decodificación que isto suporía xa para o público coevo: pera lhe-lo non entenderen ligeiramente. Cando se fala de equivocatio ou de duplo sentido nas cantigas de escarnio, trátase sempre dun dobre sentido con connotacións sexuais. No presente traballo tentarase exemplificar esta problemática a partir dun grupo moi concreto de casos onde está presente ese dobre sentido sexual. En concreto, examinaranse as alusións metafóricas que transportan alguhas palabras que poderían incluírse, grosso modo, no campo sémico da ‘habitación’ ou do ‘aloxamento’, e que son empregadas cun sentido velado que nos remite ao ‘sexo feminino’ e ao ‘acto sexual’. En moitos casos, o duplo sentido sexual é evidente, mais hai outros que son certamente dubidosos. A compoñente sexual é un elemento fundamental nas cantigas de escarnio e mal dizer. Se toda a produción trobadoresca foi concibida cunha finalidade lúdica, como divertimento de corte, estas cantigas escarniñas teñen, ademais, unha finalidade satírica (dizer mal de alguen), de tal forma que converten unha personaxe ou grupo en albo dos risos burlescos do público. Encadradas no ámbito da inversión paródica *

Este traballo foi realizado ao abeiro do proxecto de investigación Glosario crítico da poesía medieval galego-portuguesa. II. Cantigas de escarnho e de mal dizer (FFI2012-32801), subsidiado polo “Ministerio de Economía y Competitividad”.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

33

Xosé Bieito Arias Freixedo

e deformante, nos versos das cantigas deste xénero póñense en xogo diversas estratexias para provocar a comicidade. Un dos motivos universais vinculados á comicidade é a sexualidade, tratada a través do prisma da deformación, da distorsión, da esaxeración hiperbólica. Nas composicións do xénero escarniño encontramos, pois, denominacións relativas aos órganos sexuais, tanto masculinos como femininos, así como á actividade sexual, fundamentalmente á cópula tanto hetero- como homosexual, mais tamén a outras actividades sexuais (v. g. prácticas onanistas, incesto, pederastia etc.) e a certas circunstancias relacionadas coa actividade sexual ou consecuencias desta (v. g. doenzas de transmisión sexual). Nun gran número de textos, as denominacións dos órganos e das actividades sexuais reproducen as propias dun rexistro baixo da lingua común, mais tamén con moita frecuencia as alusións son de carácter indirecto, a través de palabras, de expresións ou de xogos de palabras, que esconden un dobre sentido oculto de carácter sexual, seguindo o ditado da fragmentaria Arte de trobar a que se aludiu máis arriba.

I. Denominacións rectas Antes de vermos os sentidos figurados, faremos un percurso polos casos máis significativos de uso da denominación recta para o sexo feminino, todas elas por volta da voz cono, que xa en latín clásico (cunnus) era o termo con que se designaban na lingua común os órganos sexuais femininos (Montero 1991: 29-34). Na nosa escola trobadoresca, a palabra cono é a única denominación recta para designar o sexo feminino. Propia do rexistro baixo da lingua coloquial, é usada con moita frecuencia nas cantigas de escarnio, onde, lonxe da relación idealizada das cantigas de amor, abunda o sexo con prostitutas e onde a muller e máis en concreto o seu sexo é tratado como unha mercadoría pola que se pide prezo e se relea por consideralo excesivo. O exemplo máis significativo é a seguinte cantiga de Pero d’Ambroa (B 1576), onde se pretende que a muller desexada sexualmente utilice certas fórmulas comerciais como a venda a retallo (vv. 1-2 e 12-14): Pedi eu o cono a ũa molher, e pediu-m’ela cen soldos enton, [...] por én devedes do cono fazer soldada, ca non ha de falescer, se retalhardes, quen vos compr’o al.

Son numerosos so exemplos onde se utiliza a forma recta nun contexto de

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 11:mostra 79-103 os seguintes tres exemplos comercio sexual con prostitutas. Vallan2010, como Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 34

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

de, respectivamente, Vaasco Perez Pardal (B 1506, vv. 5-8), Joan Soarez Coelho (V 1016, vv. 10-12) e Afonso Eanes do Coton (B 1583, V 1115, vv. 1-6): ca x’é mui mal engan[ad]o, se lh’alguen non dá conselho, o que ten cono mercado, se lhi por el dan folhelho. vós non sodes grav’en pedir haver por vosso con’, e vós sodes grave, a quen vos fode, muito, de foder Mari Mateu, ir-me quer’eu d’aquen, porque non poss’un cono baratar: […]       Mari Mateu, Mari Mateu,       tan desejosa m’es de cono com’eu! 1

O uso do termo recto cono dáse sempre nun rexistro de lingua baixo en nun contexto conceptual e ideolóxico misóxino, despectivo para as personaxes femininas. En efecto, a misoxinia que caracteriza as cantigas de escarnio como un dos principais elementos que se poñen en xogo para producir o escarnio e como mecanismo para provocar o riso, acada por veces cotas extremas, como xa se puido comprobar. Un outro caso significativo disto é a cantiga de Pero Viviãez (B 1617, V 1150, vv. 1112), onde se realiza un antirretrato totalmente depreciativo da figura da Muller e do seu papel durante o acto sexual, que fica reducido a unha serie de buracos que o macho debe tapar con eficiencia. tapo-t’ao primeiro sono da mia pissa o teu cono

O mesmo ocorre nestoutra cantiga de Joan Servando (V 1030, vv. 19-20) onde se alude a prácticas onanistas dunha soldadeira de nome Mariña: e vós, Marinha, co dedo havede’lo con’usado

Por outra parte, a combinación dunha prosodia e dunha fonética e sintaxe ambiguas permite nalgún caso certos xogos equívocos entre a preposición con máis o artigo determinado o(s), a(s): con o(s), con a. Trátase da figura retórica do cacemphaton,

1 Incorporo a corrección editorial neste texto que foi proposta por Manuel Ferreiro (2012).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

35

Xosé Bieito Arias Freixedo

que Quintiliano na Institutio Oratoria (VII, 9, 2-10) trata como un vicio a evitar, precisamente porque pode dar lugar a unha obscena dictio (Marcenaro 2010: 133-135). Mais nunha cantiga de escarnio de carácter misóxino onde a temática sexual é prioritaria, non se trataría dun vicio ou defecto na xuntura (iunctura) ou na separación (divisio) das palabras, senón dunha figura procurada conscientemente para producir a anfiboloxía. Non pode ser casual a intensiva repetición deste procedemento na famosa cantiga afonsina do Dean de Cádiz (B 493, V 76): con estes livros que vós veedes…/ e con os outros que el ten dos sous (vv. 5-6); con os livros que ten non há molher (v. 11); e sabe d’arte de foder tan ben, que con os seus livros d’artes que el ten (vv. 1920); que con os livros que el ten faz (v. 23); ainda faz al / con os livros que ten (vv. 29-30). Parece obvio que a insistencia no recurso acaba por crear unha subliminal equivalencia: conos = livros. Na cantiga da ermida velha (B 1595, V 1128), sobre a que volveremos máis adiante, temos outro exemplo que non parece un erro involuntario senón un efecto procurado que espellaría, por un simple xogo de equivalencias, o valor metafórico que a ermida ten nesta cantiga: con a ermida é muit’acordado (v. 11). Xorde neste caso un problema de tipo lingüístico, dado que a forma rexistrada sempre nas cantigas de escarnio como referencia recta ao sexo feminino é sempre o masculino cono, aínda que non se pode excluír a existencia dunha forma feminina, absolutamente maioritaria no galego actual. Tamén na cantiga de Joan Baveca Maior Garcia sempr’oi[u] dizer (B 1455, V 1065) encontramos este procedemento. A protagonista di que quere facer o imposíbel por ter sempre a man dous ou tres clérigos para se confesar en caso de que a morte lle chegue por sorpresa, e vai facer o posíbel por conseguir o diñeiro preciso para os gastos que isto suporía. Eis os vv. 11-14: e diz que ha ben per u o fazer con o que ten de seu, se d’alhur non: dous ou tres clérigos, ũa sazon,

[pode mui ben consigo sempr’haver].

II. Usos figurados. Denominacións metafóricas do campo sémico da ‘habitación / aloxamento’ Fronte a esa exclusiva denominación no uso recto, son variadas as referencias metafóricas ao sexo feminino. Algunhas delas son de sobra coñecidas. Pensemos na maeta ferrada e sen cadeado da Balteira, da cantiga de Pero da Ponte (B 1642, Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 36

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

V1176); pensemos na besta de dona Ouroana, protagonista da cantiga de Joan Garcia de Guilhade (B 1499, V1109); pensemos na malha da loriga de Domingas Eanes, que tras moitos ‘combates’ xa era desvencida, así como na chaga que tiña fistolada desde había moito tempo, que encontramos nunha cantiga de Afonso X (B 495, V 78) etc. Mais chama a atención de xeito especial o emprego variado e frecuente de termos pertencentes ao ámbito semántico da ‘habitación/ aloxamento’ con valor metafórico sexual. En concreto, os termos da lingua común relativos a lugares de aloxamento e á acción de aloxarse, entendéndoos fundamentalmente como o lugar onde se acobillar para descansar, para pasar a noite, para durmir. Se a casa, e os seus equivalentes, é o espazo onde nos acollemos para pasar a noite, onde nos metemos en busca de amparo, a transposición metafórica sexual que identifica a casa coa vaxina (nalgún caso co ano), resulta doada nun contexto de burla e comicidade. Vexamos pois algúns destes termos usados con sentido figurado.

1. Albergue /albergar Tanto o substantivo albergue (do gótico haribaírgo ‘campamento, aloxamento’) como o verbo albergar (do gótico haribaírgôn ‘aloxarse’) son termos frecuentes na lingua medieval, no seu significado recto de ‘aloxamento’ e ‘dar aloxamento; tomar aloxamento, para pasar a noite’, respectivamente. Nas propias cantigas de escarnio, ben como noutros textos medievais, encontramos exemplos numerosos (DDGM s. v. albergar). O substantivo albergue rexístrase só nun caso con sentido figurado erótico, na cantiga de Pero da Ponte Marinha Lopez, oimais, a seu grado (B 1631, V 1165). A protagonista quere mudar de vida para remiir seu pecado (v. 14), e decide retirarse a un lugar apartado onde non saberá parte nen mandado de nulh’home (vv. 17-18). O lugar elixido é a casa de don Lopo; mais esta casa, aínda que apartada, estaba situada nun camiño moi transitado por onde pasaban centos de cabaleiros. O termo albergue forma parte da expresión dar albergue e aparece asociado ao propio verbo albergar e ao termo porto (‘paso estreito entre montañas ou no vao dun río, por onde pasa un camiño’), ambos os dous tamén con dobre sentido metafórico sexual. Dise, con segundas, da agora arrepentida e caritativa Marinha Lopez que: ... se pobr’ou coitado passar per aquel porto, sabe-lo-á albergar e, de mais, dar-lh’alberg’endõado. (vv. 19-21) Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 37

Xosé Bieito Arias Freixedo

Pola súa vez, o verbo albergar rexístrase en máis ocasións con duplo sentido metafórico sexual. Cando o verbo albergar é intransitivo, o seu valor erótico equivale ao que poden ter na lingua actual os verbos durmir ou deitarse, que funcionan como eufemismos en contextos como ‘durmir con alguén’, ‘deitarse con alguén’. Con este significado encontrámolo por exemplo nas Cantigas de Santa Maria. A muller dun mercador ve como o seu marido parte de viaxe, e di a narración: ... e poi-lo ela viu ido, por fazer mais a sa guisa, des que s’achou sen marido, fezo como moller maa, non quis albergar senlleira. (213.16-18)

Na cantiga de Joan Baveca Maior Garcia sempr’oi[u] dizer (B 1455, V 1065), a protagonista Maior Garcia, aterrada polo medo a morrer sen confesión, decide estar sempre acompañada de dous ou tres clérigos (fig. ‘penes’) e non se atreve a durmir soa: E Maior Garcia, por non perder sua alma, quando esto oiu, foi buscar clérigo e non s’atreveu a ’lbergar [senlheira u quer que ela maer]; e já tres clérigos pagados ten, que, sen un deles, sabede vós ben que a non pode a morte tolher. (vv. 15-21)

Na coñecida cantiga de Pero da Ponte, Maria Perez, a nossa cruzada (B 1642, V 1176), toda ela unha imaxe construída a base de numerosos equívocos de contido sexual, rexístrase o termo nun contexto en que non parece ter un valor erótico evidente, e de telo, estaría supeditado á contundente metáfora da maeta trastornada: Tal maeta como será guardada, pois rapazes albergan no logar, que non haj’a seer mui trastornada? (vv. 13-15)

Un outro exemplo témolo na cantiga de Pedr’Amigo de Sevilha Pero d’Ambroa, tal senhor havedes (B 1662, V 1196). A muller de Pero d’Ambroa pídelle a Pedr’Amigo que, se realmente é amigo do seu marido, durma con ela esa noite. Así librará ao pobre Pero d’Ambroa do cuidado (v. 14) e das coitas (v. 8). Logo deberá ir contarllo a el, para que lle pase a coita que tiña por amor a ela (a coita non era outra que a de non poder satisfacela sexualmente). Outros verbos sinónimos tamén co mesmo sentido erótico, como jazer (vv. 7, 9, 17), maer (v. 13), son empregados na cantiga xunto con albergar, que aparece na terceira estrofa (vv. 15-21): Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 38

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

E já que lhi vós amor demonstrades, semelh’ora que lhi sodes amigo: jazede logo aquesta noite migo, e des i pois crás, u quer que o vejades, dizede-lhi que comigo albergastes, por seu amor, e que me lh’enmentastes, e non tenha que o pouc’ajudades.

2. Carcer Rexístrase este termo carcer (lat. carcerem ‘prisión subterránea’) nunha cantiga de Martin Soarez (B 1369, V 977) onde a protagonista, unha doncela, ‘mete no cárcere’ a un tal Don Caralhote, nunha parodia do cabaleiro artúrico Lancelot e das súas famosas e arriscadas aventuras. Nese cárcere metafórico xa estiveron outros moitos presos, e todos ‘morreron’ alí dentro antes de saíren: A boa dona, molher mui leal, pois que Caralhote houv’en seu poder, mui ben soube o que del[e] fazer: e meteu-o log’en un carcer atal, u muitos presos jouveron assaz; e nunca i tan forte preso jaz,

que én saia, [a] meos de morrer. (vv. 15-21) A metáfora é equivalente á da prisión (prison), que se trata máis abaixo.

3. Casa É o termo xenérico para a morada, ao tempo que tamén é o máis frecuente. O termo casam denominaba en latín unha cabana, unha vivenda de proporcións reducidas e de condicións humildes. Nas linguas peninsulares e noutras linguas romances desprazou a forma clásica latina domus. Do substantivo casa deriva o verbo casar. E casar implica pasar a vivir na mesma casa, constituír unha casa nova. Isto podería axudar a interpretar a expresión fazer ũa casa que se rexistra na cantiga de Don Afonso Lopez de Baian (En Arouca ũa casa faria, B 1471, V 1081) así como a réplica de Paai Gomez Charinho (Don Afonso Lopez de Baian quer / fazer sa casa, B 1625, V 1159). Fazer ũa casa sería unha Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 39

Xosé Bieito Arias Freixedo

expresión equivalente a ‘casar’. Mais ocorre que, en ambas as cantigas, a expresión é empregada nun contexto en que se salienta a vertente sexual do casamento. Don Afonso Lopez de Baian quer que a abadesa do convento lle forneza madeira nova, isto é, unha das mozas que tiña como novizas no mosteiro de Arouca, para fazer ũa casa, isto é, para satisfacer os seus desexos sexuais, e non vai reparar nos gastos con tal de conseguilo (jamais custa non recearia, v. 3). Ambas as cantigas son elaboradas imaxes construídas a partir dun conxunto de metáforas en que toda a terminoloxía da linguaxe da construción pode ser interpretada cun duplo significado sexual; e particularmente o termo casa, nalgúns contextos pode interpretarse claramente como unha alusión metafórica á vaxina: … ir logo a casa madeirar e telha-la, e pois que a telhar, dormir en ela de noit’e de dia. (vv. 12-14) …esta casa iria fazer e cobri-la e descobri-la ia

e revolve-la, se fosse mester (vv.17-19) O valor de ‘ter relacións sexuais’ atribuído aquí ao verbo casar (e á expresión equivalente fazer ũa casa) parece encontrar apoio na cantiga de Pero d’Ambroa que comeza Pero d’Armea, quando composestes / o vosso cuu (B 1603, V 1135), onde o trobador responde a un hilarante texto do colega con outro non menos hilarante, avisándoo para que ande con cautela e oculte o seu cu tan ben enfeitado, tendo en conta que o significado do participio casado é o de ‘fodido’: e punhade logo de o encobrir, ca se vejo don Fernand’Escalho vir, sodes solteiro e seredes casado. (vv. 19-21)

Joan Airas de Santiago usa esta metáfora en dúas cantigas consecutivas nos cancioneiros onde trata xocosamente o motivo dos agoiros. Na primeira delas (B 1467, V 1077) unha dona de quen non di o nome tiña intención de ir oír misa, mais [houv’] un corvo carnaçal (v. 5) / houve sig’un corv’a caron (v. 11) / houv’un corvo sobre si (v. 23); isto é, encontrouse cun corvo metafórico (un home) enriba dela (fisicamente). O verso do refrán e non quis da casa sair (vv. 6, 12, 18) sustenta unha dupla interpretación simultánea: a dona non se atreveu a saír da casa por medo á ave de mao agoiro, mais tamén o corvo metafórico non quixo saír da casa, tamén metafórica, onde entrara. Na segunda cantiga (B 1468, V 1078), que presenta importantes dificultades de lectura, un tal don Pero Nunez tamén se atopa cun corvo e teme non poder librarse Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 40

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

do mao agoiro sen prexuízo dos seus bens, da súa propia integridade física, ou da súa muller: —“Deste corvo non posso escapar que del non haja ‘scarnho a tomar, con gran perda do que hei gaanhado, ou da maior parte do que houver, per ventur’, ou do corpo ou da molher (vv. 9-13)

Na terceira estrofa amplifícase o motivo do dano recibido a través da muller, pois o ‘corvo’ anda demasiado achegado á ‘casa’ desta, e acabará por entrar: E tornou-se contra seu gasalhado e diz: -“Amiga, muit’hei gran pesar, ca me non posso de dano guardar deste corvo, que vejo tan chegado a vossa casa, pois filha perfia e corvej’aqui sempr’o mais do dia... (vv. 15-20)

Noutra composición de Joan Soarez Coelho (V 1017), o protagonista recoñece perante dona Luzia Sanchez que non é quen de satisfacer o desexo sexual desta, porque non fodo mais nemigalha d’ũa vez; e pois fodo, se Deus mi valha, fic’end’afrontado ben por tercer dia (vv. 2-4)

A culpa é da súa pissuça cativa (v. 13) que […]semelha mais morta ca viva, e se lh’ardess’a casa, non s’ergeria (vv. 15-16)

Parece evidente que a ‘casa ardendo’ é unha metáfora que expresa un desexo sexual extremo. Mais a pissuça cativa do protagonista nin así conseguiría erguerse. Noutra cantiga de Pero Garcia Burgales (B 1384, V 993) rexístrase a forma casa molhada (v. 18), xunto con outros termos metafóricos equivalentes, como pousada (v. 11) e estrabaria (v. 19), co significado de ‘vaxina’. A cantiga xoga toda ela cun equívoco evidente e xocoso: a protagonista Maria Negra dedícase a comprar caralhos (v. 5) e/ou pissas (vv. 2, 7, 9, 10, 16, 21), mais ‘mórrenlle’ todas de polmoeira ou de torcilhon (v. 13), porque fican aaguadas (v. 14). A causa destas ‘mortes’ é, tal como explica a voz narrativa, pola casa molhada/ en que as mete (v. 18). Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 41

Xosé Bieito Arias Freixedo

Aínda noutra composición de Joan Garcia de Guilhade (B 1489, V 1100) achamos o termo casa empregado con este valor metafórico sexual. En realidade, aínda que se emprega a forma recta alusiva ao acto sexual (foder, vv. 6, 13, 21), toda a cantiga xoga co equívoco, de xeito que termos como peon, abrir a porta, levantar-se, albergar etc. teñen un duplo significado sexual. Nesta ocasión é Elvira Lopez quen, desatendendo as advertencias feitas por Guilhade noutra cantiga anterior, deitou na casa sigo un peon (v. 3) e o peon levantou-s’e fodeu (v. 6). A idea repítese nas dúas estrofas seguintes: sigo na casa o ia jeitar [ao peon]; [...] ca vos direi do peon como fez: abriu a porta e fodeu ũa vez, (vv. 10-13) leixou-o sigo na casa albergar, […] e levantou-s’o peon traedor e […] fodeu-a tost’e foi logo sa via. (vv. 17-21)

4. Ermida Na cantiga de Pero d’Ambroa Ora vej’eu que est’aventurado (B 1596, V 1128), o da Ambroa ironiza coa decisión de Pedro Amigo de Sevilha de entrar nunha vella ermida (do lat. tard. eremitam) e alí facer penitencia corporal polo resto da súa vida. Toda a cantiga ten unha segunda lectura en clave sexual, de xeito que a palabra ermida, que aparece repetida en varias ocasións (vv. 5, 11, 18), e outras expresións como entrar dentro, quer i as carnes marteirar, meter, morar, quitar, sair, sepultura etc., teñen un duplo sentido erótico: ũa ermida velha que achou; e entrou dentr’; e pois que i entrou, de sair dela sol non é pensado. (vv. 5-7) con a ermida é muit’acordado e diz que sempre querrá i morar e que quer i as carnes marteirar (vv. 11-13) ca da ermida tant’é el pagado, que ha jurado que non saia d’i

morto nen viv’, ... (vv. 18-20)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 42

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

5. Estrabaria A palabra estrabaria (derivada do lat. stabulum ‘lugar cuberto onde se garda o gando vacún’, ou do verbo stabulare ‘gardar nun estábulo’) significa ‘estábulo, dependencias para o gando, cortes’. Rexístrase só nunha ocasión, usada en contexto burlesco e tamén depreciativo, na cantiga de Pero Garcia Burgales (B 1384, V 993) comentada máis arriba, protagonizada por unha desventuirada soldadeira, Maria Negra, a quen lle morrían de polmoeira todas as pissas que compraba por as meter nun lugar demasiado húmido e insalubre. Ao identificar metaforicamente o sexo da soldadeira cun estábulo, cunha corte, coa parte baixa da casa onde se gardan os animais, o elemento escatolóxico, que tan frecuentemente se mestura con referencias sexuais na comicidade popular, eleva de xeito importante o ton depreciativo e misóxino que caracteriza as cantigas de escarnio e mal dizer: de tantas pissas no ano perder, que compra caras, pois lhe van morrer; e est’é pola casa molhada en que as mete, na estrabaria (vv. 16-19)

Podería especularse con que, como parte dun todo denominado como pousada (v. 11) ou como casa molhada (v. 18), a estrabaria (v. 19), onde a soldadeira mete as pissas, alude metaforicamente a que esta tamén se prestaba a prácticas de sexo anal. Neste sentido, aínda que nin en galego nin en portugués se conserva a forma patrimonial derivada do latín anum, o coñecemento do latín de que fan gala algúns trobadores permitiría especular tamén coa posibilidade de que o verso 16, de tantas pissas no ano perder, sexa así mesmo equívoco no sentido relativo a prácticas de sexo anal, onde o termo ano podería ser dilóxico. Trataríase dunha referencia dirixida exclusivamente aos elementos máis selectos e leterados do público, entre eles os propios trobadores.

6. Logar Enrique Montero fai referencia ao uso deste termo (do lat. localem), xa na propia lingua de orixe como eufemismo na linguaxe técnica: como expresión genérica específica de los genitales femeninos solamente podemos hablar de loci o loca. […] En latín es usado en todo tiempo por eufemismo, en particular dentro de la lengua técnica, que que sólo excepcionalmente sale de esta esfera. En ella se aplica tanto a animales como a personas con el significado de ‘útero’ o bien de ‘partes genitales femeninas’ (Montero 1991: 52). Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 43

Xosé Bieito Arias Freixedo

Indica tamén este autor que o termo é empregado nalgúns tratados latinos co valor de ‘útero’. Por outra parte, dentro da linguaxe técnica, tamén pode ter o significado de ‘testículos’. E salienta aínda que Ovidio usa a palabra como eufemismo literario tanto en plural como en singular: Cum loca reppereris, quae tangi femina gaudet, non obstet, tangas quominus illa, pudor (Ov. Ars amandi, 2, 719) Infelix, cui torpet hebes locus ille, puella, quo pariter debent femina virque frui. (Ov. Ars amandi, 3, 799)

Nos Carmina Priapea (Cano / Velázquez 2000: 69, nº 3), rexístrase o termo loci alusivo ao sexo feminino, en oposición a ‘ano’, nun contexto en que se narra o suposto costume, recollido tamén noutros autores (Séneca, Ovidio, Marcial), de as noivas preferiren realizar sexo anal durante a noite de vodas, por un presunto temor ao trauma do desfloramento: quod virgo prima cupido dat nocte marito, dum timet alterius vulnus inepta loci (vv. 7-8)

Na particular e idiosincrática forma en que se foi conformando ao longo dos séculos a distribución e asentamento da poboación no noroeste peninsular, o substantivo lugar é a denominación aplicada a unha pequena entidade de poboación dentro dunha parroquia, formada por un número moi reducido de casas coas terras máis próximas. Denominacións como O lugar da Pena, O lugar da Torre etc. son frecuentísimas na nosa toponimia. Con este sentido recto é utilizada por exemplo na cantiga de amor Mentre non soube per min mia senhor (A 110, B 219), de Pero Garcia Burgales, nunha pasaxe onde se vai focando cada vez con máis precisión a localización da morada da amada: e quand’a terra vej’e o logar, e vej’as casas u mia senhor é (vv. 25-26)

Ou na enigmática cantiga de Garcia Mendiz d’Eixo (B 454): […] ora me volho tornar A Sousa, a lo mon logar (vv. 5-6)

Por outro lado, o substantivo logar expresa a idea de localización, cando o contexto non esixe unha maior precisión descritiva. Un exemplo dos moi numerosos que se poderían aducir pode ser este de Estevan da Guarda (B 1310, V 915, vv. 2-4): porque vos vej’en privança entrar d’el-rei, a que praz d’haverdes logar no seu conselho mais doutro prelado

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 44

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

É difícil percibir cal destes dous significados ten o termo logar nalgunhas cantigas de escarnio, onde se rexistra a palabra nun contexto de dobre significado erótico. Na citada cantiga da ermida de Pero da Ambroa (B 1596, V 1128), nos versos 8-10, a equivalencia da metáfora é clara: E pois achou logar tan aguisado en que morasse, por dereito ten de morar i…

Tamén na cantiga da maeta de Pero da Ponte (B 1642, V 1176, vv. 13-18): Tal maeta como será guardada, pois rapazes albergan no logar, que non haj’a seer mui trastornada? Ca o logar u eles han poder, non ha perdon que s’i possa asconder, assi saben trastornar a pousada.

Nesta estrofa, a maeta metafórica do primeiro verso é equivalente á pousada metafórica do último: maeta e pousada son trastornadas polos rapazes que se albergan metaforicamente naquel logar do que se apoderan. Polo tanto parece que se pode concluír que se combinan tres alusións metafóricas ao sexo de Maria Perez: a maeta, o logar, que aquí sería unha referencia imprecisa a un local para aloxarse, que é precisada na pousada do verso final. Nunha cantiga de Gonçalo Eanes do Vinhal (V 1005), o valor metafórico sexual da palabra logar é dubidoso. O termo está asociado nas dúas ocorrencias ao verbo chegar, que na construción cheguei a vosso logar, pode resultar ambiguo, por permitir unha interpretación simultánea entre os significados de ‘finalizar un traxecto’ e o de ‘aproximarse’ (con valor erótico), tal como acontecía co corvo demasiado chegado á casa da muller de don Pero Nunez na cantiga de Joan Airas de Santiago (B 1468, V 1078): Abadessa, Nostro Senhor vos gradesca, se lhi prouguer, porque vos nembrastes de mi a sazon que m’era mester: u cheguei a vosso logar; que tan ben mandastes pensar i do vosso comendador! (vv. 1-7) Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 45

Xosé Bieito Arias Freixedo

porque vos nembrastes de min, quand’a vosso logar cheguei; ca ja d’amor e de prazer non podestes vós mais fazer (vv. 24-26)

7. Maison No final desta mesma cantiga de Gonçalo Eanes do Vinhal (V 1005), o comendador agradécelle á abadesa todos os favores recibidos, e no último verso encontramos o termo maison (lat. mansionem ‘casa de dimensións considerábeis’), tamén do campo semántico da habitación, que concretiza o pouco concreto logar das estrofas anteriores, mais que non resolve as dúbidas de se podemos estar ou non ante unha alusión metafórica á vaxina. Ou sexa, que a cantiga enteira ten unha dupla lectura en clave sexual, mais non sabemos ben se lle agradece á abadesa que o ‘recibise’ e o tratase pracenteiramente na súa propia maison metafórica, ou se os termos maison e logar fan referencia ao mosteiro real onde a abadesa recibiu o comendador viaxeiro e onde o agasallaría con todo o que había naquela casa, incluídos os favores sexuais dela mesma ou dalgunha das mulleres que alí moraban: Cento dobr’hajades por én por mi, que lhi non mingou ren de quant’havia na maison. (vv. 29-30)

8. [Morada] / Morar O termo morada, substantivo deverbal de morar (do lat. morare ‘residir’), rexístrase na lingua medieval fundamentalmente co significado de ‘acción e efecto de morar, de establecerse nunha residencia durante un período de tempo’. Con este valor aparece en frases léxicas e expresións como casas de morada, fazer morada, ficar de morada etc. Mais xa se rexistra tamén co significado da propia ‘vivenda, lugar de residencia habitual’ (DDGM, s.v. morada). Nas cantigas de escarnio non se rexistra o substantivo utilizado metaforicamente, mais si o verbo morar, na xa coñecida cantiga en que Pero d’Ambroa se burla da sorte de Pedro Amigo, que entrou nunha ermida velha e xa non quer saír dela. Combinada con outras palabras que teñen tamén un dobre significado erótico (entrar, sair; meter, quitar, jazer, as carnes marteirar etc.), o valor metafórico sexual de morar (dentro da ‘ermida’), parece claro: […] e pois que i entrou, de sair dela sol non é pensado.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 46

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

E pois achou lugar tan aguisado en que morasse, por dereito ten de morar i; e vedes que lh’avén: con a ermida é muit’acordado e diz que sempre querrá i morar (vv. 6-12)

9. Pousada / Pousar Xa se falou da cantiga de Pero da Ponte Maria Perez, a nossa cruzada (B 1642, V 1176), onde se poñen en xogo varias metáforas sexuais, entre as cales encontramos o termo pousada (de pousar, procedente do lat. pausare ‘facer unha pausa, descansar, parar ao final do día para descansar e durmir’), co valor trasladado de ‘vaxina’: Ca o logar u eles han poder, non ha perdon que s’i possa asconder, assi saben trastornar a pousada. (vv. 16-18)

Outro exemplo de dobre sentido erótico deste termo encontrámolo na cantiga de Pero Garcia Burgales Maria Negra, desventuirada (B 1384, V 993), que tamén vimos anteriormente: E já ela é probe tornada, comprando pissas; vedes que ventuira: pissa que compra pouco lhe dura, sol que a mete [e]na sa pousada; ca lhi convén que ali moira enton (vv. 8-12)

Tamén o verbo pousar, que se rexistra con certa frecuencia co valor recto de ‘hospedarse’, ten ás veces o duplo sentido sexual de ‘foder’, tal como se ve na cantiga de Joan Garcia de Guilhade Elvira Lopez, que mal vos sabedes (B 1488, V  1099), onde o termo se rexistra repetido, primeiro no sentido neutro de ‘hospedarse’ e logo no sentido sexual, que está explicitado nos versos seguintes co verbo foder: Elvira Lopez, que mal vos sabedes vós guardar sempre daqueste peon que pousa vosc[o], e há coraçon de pousar vosc’, e vós non lh’entendedes; hei mui gran medo de xi vos colher algur senlheira; e se vos foder, o engano nunca lho provaredes. (vv. 1-7) Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 47

Xosé Bieito Arias Freixedo

O mesmo trobador volve empregar o termo na cantiga Martin jograr, que gran cousa (B 1490, V 1101), en que o significado sexual do termo aparece explicitado no verso equivalente da estrofa seguinte: Martin jograr, que gran cousa: ja sempre convosco pousa        vossa molher. Ve[e]des m’andar morrendo, e vós jazedes fodendo        vossa molher.

10. Prison Na cantiga de Joan Airas de Santiago Meu senhor rei de Castela (B 966, V 553), o protagonista é perseguido polo marido dunha muller a quen cantara cando ela era doncela solteira. Agora pide o amparo da xustiza do rei e móstrase disposto a aceptar o castigo de “entrar na prison” da muller (lat. prehensionem ‘acto e efecto de prender, de arrestar’), se ela tiver algunha queixa das súas palabras. Senhor, por Santa Maria, mandad’ante vós chamar ela e min algun dia, mandade-nos razõar: se s’ela de min queixar de nulha ren que disesse, en sa prison quer’entrar. (vv. 15-21)

Nun contexto dun marido tan extremadamente celoso da fidelidade da esposa, o dobre sentido do verso en sa prison quer’entrar (v. 21), ten evidentes connotacións sexuais, e é, ademais, unha recontextualización burlesca do topos clásico da ‘prisión de amor’, que se rexistra tamén nas cantigas de amor (cf., por exemplo, Fernan Rodriguez de Calheiros, B 58, vv. 20-21; Osoiro Anes, B 39bis, vv. 1-4) e noutras manifestacións literarias do código amoroso cortés.

11. Sepultura É un tópico a imaxe da sepultura (lat. sepulturam ‘funeral, sepultura’) como a última morada, a morada definitiva. Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 48

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

O teor cómico e burlesco que caracteriza a cantiga de Pero d’Ambroa sobre a ‘ermida’ metafórica en que entrara Pedr’Amigo de Sevilha, acada o seu punto culminante nos versos finais, onde Pedr’Amigo jura que nunca máis vai saír da ‘ermida’, pois está tan a gusto nela que ten decidido que, cando morra, lle servirá de sepultura. ca da ermida tant’é el pagado, que ha jurado que non saia d’i morto nen viv’, e sepultura i ten en que jasca, quando for passado. (vv. 18-21)

12. Tenda Unha coñecida cantiga do Conde Don Pedro (V 1039) vai seguida dunha extensa rubrica explicativa da cal se deduce que o protagonista, mestre dunha orde de cabalaría, mantiña unha barragá e os fillos en común coas ganancias dunha tenda, mais que todo o negocio se botou a perder por culpa da má administración exercida pola barragá. Esta cantiga de cima foi feita a un Meestre d’ordin de cavalaria, porque havia sa barragãa e fazia seus [filhos] en ela ante que fosse Meestre; e depois havia ũa tenda en Lixboa, en que tragia mui grande haver a guanho; e aquela sa barregãa, quando lhi algũus dinheiros vinhan da terra da Orden e que o meestre i non era, enviava-os aquela tenda, pera guanharen con eles pera seus filhos; e depois tiraron ende os dinheiros da tenda e deron-nos en outras praças pera gaanharen con eles, e ficou a tenda desfeita; e non leixou por én o Meestre depois a gaa[r].

Toda a cantiga ten un dobre sentido sexual, que se percibe nunha lectura xeral, mais o problema xorde cando se baixa aos elementos individuais. O problema fundamental é a interpretación do termo tenda, sobre o que se constrúe todo o equívoco entre a tenda real de que se fala na rubrica e outra tenda sobre cuxo valor metafórico hai controversia. Isto é así até o punto de que o que parte da crítica interpreta como metáfora do ‘sexo feminino’, outra parte da crítica interprétao como o ‘pene erecto’ (Simões (1991), Arias Freixedo (1993), Marcenaro (2010). A voz tenda deriva do verbo latino tendo, tendis, -ere, tetendi, tentum ‘tensar’. Unha das acepcións de tenta, tentorum designa en latín os órganos sexuais masculinos en erección, e como tal é usado por Catulo e Marcial. Para Enrique Montero (1991: 81) non hai dúbida deste valor. Na tradición literaria hai algúns casos máis deste uso metafórico. Así acontece nos Carmina Priapea, onde se rexistra con certa frecuencia a tentigo, un dos castigos que o deus protector das hortas, Príapo, aplicaba aos ladróns que se atrevían a entrar para roubar (tal castigo equivale á doenza que hoxe aínda se denomina priapismo).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

49

Xosé Bieito Arias Freixedo

Nun destes poemas, o nº 68 (Cano / Velázquez 2000: 213), que é unha reescritura erótica da Odisea, Penélope diríxese aos seus ‘erectos pretendentes’ con palabras metafóricas: Nemo meo melius nervum tendebat Ulixe (v. 33) ‘ninguén tensou nunca o nervio coma o meu Ulises’, onde a expresión ‘tensar o nervio’, isto é, a corda do arco (da arma) describe metaforicamente o pene erecto. No poema nº 63 (vv. 13-14) fálase do libidinoso nervio e da pirámide tensa (‘e falta o sinal da desvergonza, a pirámide tensa levantada’): accedit istis impudentiae signum, libidinoso tenta pyramis nervo.

Xa na literatura romance, nunha sottie francesa aparece a figura do arco mal tensado, nese caso como metáfora do pene impotente: Se ung arc n’est bien raide bendé / il ne fera ja coup qui vaille (Nelson 1977: 98) Tamén na cantiga do conde Don Pedro se incide na idea dunha corda mestra, que foi tan tensada que acabou por caer e con ela veuse abaixo toda a tenda. O sentido concordaría: a mestra (isto é a barregá do mestre de cabalaría) esixiríalle tanto á tenda ben armada (v. 6) deste (ao seu pene erecto) que acabou por esgotalo: Un cavaleiro havia ũa tenda mui fremosa que, cada que nela siia, assaz lh’era saborosa; e un dia, pela sesta, u estava ben armada de cada part’, espeçada foi toda pela meestra. Na tenda non ficou pano nen cordas nen guarnimento que toda non foss’a dano, pelo apoderamento da maestra, que tirando foi tanto pelo esteo, que por esto, com’eu creo, se foi toda [e]speçando. A corda foi en pedaços e o máis do al perdudo; mais ficaron-lhi dous maços Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 50

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

[a] par do esteo merjudo, e a meestra metuda na grand’estaca, jazendo; e foi-s’a tenda perdendo assi como é perduda. Per mingua de bon meestre pereceo tod’a tenda; que nunca se dela preste pera don nen pera venda, ca leixou, con mal recado, a meestra tirar tanto da tenda, que, ja enquanto viva, seerá posfaçado.

III. Elementos da casa empregados con sentido figurado No corpus das cantigas de escarnio e mal dizer rexístranse tamén palabras que denominan elementos da casa ou dunha parte da casa, empregadas con sentido figurado sexual.

1. Bureco / Fendedura / Furado Rexístranse como sinónimos en tres estrofas da cantiga de Joan Airas de Santiago Don Beeito, home duro (B 1464, V 1074), en que o protagonista, o tal Don Beeito, se ve obrigado a ir ter encontros ocultos coa súa propia muller, á que, en sentido literal, só podería beixar a través dun furado na parede, ou talvez a través do furado da pechadura. O probábel transfondo que deu orixe a unha pequena serie de cantigas deste trobador sería talvez a oposición familiar ao matrimonio de ambos. En sentido metafórico, os tres termos terían ademais un valor alusivo ao sexo da muller de Don Beeito, quen polo que se ve practicaba o cunnilinguis decote con ela. O público coñecedor da circunstancia que deu orixe á burla apreciaría certamente o carácter xocoso e cómico destes dobres sentidos, a depender tamén da interpretación xestualizada dos xograis. Come ome aventurado, foi beijar pelo furado        a mia senhor. Vedes que gran desventura: beijou pela fendedura        a mia senhor.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 51

Xosé Bieito Arias Freixedo

Vedes que mui grand’abeto: foi beijar polo bureco        a mia senhor. (vv. 4-12)2

2. Fundamento Na cantiga de Paai Gomez Charinho Don Afonso Lopes de Baian quer (B 1625, V 1159), en que o almirante pontevedrés responde literariamente á cantiga da ‘madeira nova’ de Afonso Lopez de Baian, por tres veces insiste en lle aconsellar que debe abrir ben fondo o fundamento da casa que quer facer, e batelo ben batido para que todo o que se constrúa sobre el sexa firme … tanto que houver madeira, logo punh’ena cobrir, o fundamento ben alt’, e guarir pod’o lavor per i, se o fezer. (vv. 4-7) e se o lavor non quer escarnir, abra-lh’o fundament’alt’; e ferir e muito bate-lo, quanto poder. (vv. 12-14) E pois o fundamento aberto for alt’e ben batudo, pode lavrar en salvo sobr’el… (vv. 15-17)

O fundamento da casa, os alicerces que hai que cavar (abrir) ben fondos, é unha evidente metáfora da vaxina, así como os verbos reiterativos bater, ferir, lavrar son alusións metafóricas aos movementos do coito. Evidentemente, tal expresión é xerada por unha perspectiva masculina, cousificadora do papel da muller.

3. Porta A metáfora rexístrase na cantiga de Joan Garcia de Guilhade Elvira Lopez, aqui noutro dia, (B 1489, V 1100). Combinada coa metáfora erótica da casa, o significado trasladado da expresión abrir a porta, resulta evidente, alén de estar explicitado en varios versos da composición: ca vos direi do peon como fez: abriu a porta e fodeu ũa vez, [e] nunca soube del sabedoria. (vv. 13-15) 2 Seguimos o texto estabelecido por Ferreiro (2014).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 52

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

O concepto da ‘entrada, limiar, porta’, como metáfora erótica rexístrase na poesía latina clásica. Un caso significativo encóntrase no Centón Nupcial de Ausonio3, composición paródica con finalidade lúdica onde se reutilizan recontextualizados versos soltos de Virxilio, para crear un texto de contido erótico con pasaxes certamente escabrosas, como no capítulo IX, dedicado á desfloración, onde se describe o sexo da noiva do seguinte xeito (en tradución ao castelán do texto latino, cf. Montero 1990: 240): En un lugar apartado, al que conduce un estrecho sendero, hay una hendidura inflamada y palpitante […] A ningún ser casto le es permitido franquear este umbral de infamia. Co valor de ‘veneris foramen’, como o define Pierruges no seu Glossarium eroticum linguae Latinae, o termo porta é utilizado en varias ocasións nos Carmina priapea, tanto para se referir á vaxina como para aludir ao ano. Por exemplo no poema nº 52, onde se di que o libidinoso garda, co seu alterno meter e sacar, vai abrir de par en par a ‘porta’ do ladrón que se atreva a roubar na horta gardada por Príapo: iam primum stator hic libidinosus alternis et eundo et exeundo portam te faciet patientiorem (vv. 3-5)

A porta como metáfora erótica rexístrase tamén na poesía medio-latina. O coñecido poema dos Carmina Cantabrigensia, en que unha muller convida sensualmente ao seu namorado a un encontro amoroso, termina con estes suxestivos versos: Si cum clave veneris, Intrare poteris

Isto é, a chave que serviría para abrir a porta da casa ou da cámara da muller, sería simultaneamente unha chave metafórica que valería para abrir unha porta tamén metafórica. Tamén nos Carmina Burana se encontra algún exemplo. Así no carmen nº 72, onde se describen as fases do amor, nos versos finais da estrofa 4a, en que se narra a relación sexual en termos de combate militar, descríbese como a moza cruza e aperta as pernas para que a ‘porta do pudor’ non sexa aberta: sese plicat et intricat genua, ne ianua pudoris resoluatur. (vv. 6-10) 3 Agradezo ao colega Francisco Ledo a información sobre este exemplo.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

53

Xosé Bieito Arias Freixedo

E nos versos finais da estrofa 4b continúa a narración da pelexa sexual (realmente o que se narra non difire en nada dunha violación) que termina coa conquista e a entrada no palacio de Dione, a mansión rexia metafórica da deusa do amor: Brachia eius ligo, pressa figo basia; sic regia Diones reseratur. (vv. 5-10)

Tamén no poema nº 84, nun contexto en que se identifica de novo a relación sexual cun combate militar, se rexistran estes conceptos de ‘entrada’ e ‘limiar’ con sentido metafórico erótico. Unha entrada que ela defende coas uñas bloqueando o acceso: Dum propero, uim infero posti minante machina; nec supero, nan aspero defendens ungue limina obserat introitus. (vv. 11-17)

Xa se foron vendo ao longo desta exposición algúns verbos relacionados co campo semántico do aloxamento ou da morada, usados con sentido metafórico sexual: albergar, entrar, meter, morar, pousar etc. A estes poderían engadirse algúns outros como jazer, maer etc. de significado metafórico erótico igualmente evidente nos contextos en que aparecen, polo que se obviará un tratamento específico.

IV. Adverbios e deícticos Para alén dos substantivos e dos verbos, cuxos significados figurados deberán ser recollidos á hora de elaborar un glosario, é preciso chamar aínda a atención sobre certos adverbios e deícticos que, polo contexto en que se rexistran, fan referencia indirectamente ao sexo feminino, aínda que por seren contextuais, estes valores semánticos non deberán ser obxecto de recolla nun glosario. Trátase fundamentalmente do adverbio dentro e dos deícticos alá, ali e i. Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 54

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

1. Dentro Ten a súa lóxica que, así como se entra dentro dunha casa ou nunha hospedaxe, tamén se poida entrar dentro da casa metafórica. Máis unha vez encontramos un exemplo na famosa cantiga da ermida velha, reforzado por outro adverbio de lugar, i, que comparte outrosí o sentido figurado sexual: ũa ermida velha que achou; e entrou dentr’; e pois que i entrou, de sair dela sol non é pensado. (vv. 5-7)

2. Alá Encontramos un caso de uso deste adverbio cun máis que probábel duplo sentido erótico na cantiga de Joan Airas de Santiago Pero Garcia me disse (B 1461, V 1071), onde se realiza unha parodia do topos do medo á senhor tan recorrente nas cantigas de amor, pois o medo que lle confesa Joan Airas a Pero Garcia, e polo que non quer aventurar o corpo, isto é, arriscar a vida, indo onda Dona Maria, e ‘entrar’ alá, é, hipoteticamente, o medo a coller algunha doenza de transmisión sexual: Disse-m’el: - Aventuremos os corpos e alá entremos. Dixe-lh’eu: - Non o faremos.        Ai Pero Garcia, gran med[o] hei de Dona Maria,        que nos mataria! (vv. 7-12)

3. Ali Aparece este adverbio en substitución da pousada metafórica do verso anterior na cantiga de Pero Garcia Burgales Maria Negra, desventuirada (B 1384, V 993): pissa que compra pouco lhe dura, sol que a mete [e]na sa pousada; ca lhi convén que ali moira enton (vv. 8-12)

E tamén, de novo, na cantiga da ermida velha de Pero d’Ambroa (B 1596, V 1128): E non sei eu no mund’outr’home nado que s’ali fosse meter (vv. 15-16)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 55

Xosé Bieito Arias Freixedo

4. I Son varios os casos en que este deíctico adquire este valor contextual. Por exemplo, en Martin Soarez (B 1369, V 977, vv. 18-21): ... un carcer atal, u muitos presos jouveron assaz; e nunca i tan forte preso jaz, que én saia

Tamén en Pero da Ponte (B 1642, V 1176, vv. 13-18): Tal maeta como será guardada, pois rapazes albergan no logar, que non haj’a seer mui trastornada? Ca o logar u eles han poder, non ha perdon que s’i possa asconder, assi saben trastornar a pousada.

Ou en Pero da Ambroa (B 1596, V 1128, vv. 8-10): E pois achou logar tan aguisado en que morasse, por dereito ten

de morar i…

V. Final Non deixa de resultar significativo que este tipo de metáforas, que resultan dunha transposición de significado bastante ‘intuitiva’, só se rexistren moi esporadicamente noutras tradicións literarias medievais, o que contrasta co abundante uso que delas fixeron os nosos trobadores. Nunha sottie francesa, encóntrase a expresión ‘fréquenter le domicile’ e tamén ‘maison’ (Nelson, 1977: 90, 100), aínda que tendo en consideración que na sottie o sexo é homosexual, neste caso o ‘domicilio’ metafórico sería un ‘ano’ e non unha ‘vaxina’. Na abundante poesía provenzal, que non examinamos a fondo, só localizamos algún caso esporádico destes usos metafóricos. O máis significativo áchase nunha poesía de Arnaut Daniel (Lo ferm voler q’el cor m’intra), onde a palabra cambra (‘cámara, cuarto dentro dunha casa’, máis concretamente ‘o cuarto de dormir’) aparece usada repetidamente cun dobre sentido sexual co valor de ‘útero, vaxina’. Cómpre indicar Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 56

Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas...

que para os coñecementos anatómicos da época non había unha distinción clara entre vaxina e útero. A interpretación da cansó de Arnaut Daniel como un texto con duplo sentido sexual non é unánime, mais o uso do termo cambra, xunto con outros como arma, intra, ongla ou verga, repetidos todos eles varias veces, parece darlle a razón a Charles Jernigan (1974) cando interpreta que o conxunto da composición oculta todo el un xogo sexual. Nos versos 33-36 di o amante referíndose á amada: q’ill m’es de joi tors e palaitz e cambra, e non am tant fraire, paren ni oncle: q’en paradis n’aura doble joi m’arma, si ja nuills hom per ben amar lai intra.

E remata con esta finida: Arnautz tramet sa chanson d’ongl’e d’oncle, a grat de lieis que de sa verg’a l’arma, son Desirat, cui pretz en cambra intra. (vv. 37-39)

Curiosamente, na nosa poesía trobadoresca profana non se rexistra a palabra cámara. O termo aparece dúas veces nas Cantigas de Santa Maria, mais en sentido recto, que tamén aparece noutros textos galegos en prosa, tanto literarios como documentais (DDGM s. v. cámara).

Referencias Bibliográficas Cano, P. L. / Velázquez, J. (2000): Carmina priapea. A Príapo, dios del falo (Bellaterra: Universitat Autònoma de Barcelona). Carracedo, J. (trad.) (2004): Carmina Burana. Poemas de amor (Vigo: Galaxia). DDGM = Dicionario de dicionarios do galego medieval (Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega). Dispoñíbel en: http://www.sli.uvigo.es/DDGM/ [consult. 20.06.2014]. Ferreiro, M. (2012): “Erros dos copistas, lapsos dos editores (O pronome che e a cantiga B 1584 / V 1116 de Afonso Eanes do Coton”, en Fernández Rodríguez, N. & Fernández Ferreiro, M. (eds.), Literatura Medieval y Renacentista en España. Líneas y Pautas, 545-562 (Salamanca: SEMYR). Ferreiro, M. (2014): Apostilas ao texto da cantiga Don Beeito, ome duro [B 1464, V 1074] de Joan Airas de Santiago”, en Esteve, C. (ed.): El texto infinito. Tradición y reescritura en la Edad Media y el Renacimiento, 511-527 (Salamanca: SEMYR). Jernigan, C. (1974): “The Song of Nail and Uncle: Arnaut Daniel’s Sestina Lo ferm voler q’el cor m’intra”, Studies in Philology 71, 127-151.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

57

Xosé Bieito Arias Freixedo

Marcenaro, S. (2010): L’equivocatio nella lirica galego-portoghese medievale (Alessandria: Edizioni dell’Orso). Montero, E. (1990) Priapeos. Grafitos amatorios pompeyanos. La velada de la fiesta de Venus. El concúbito de Marte y Venus. Centón Nupcial (Madrid: Gredos) Montero, E. (1991) El latín erótico. Aspectos léxicos y literarios (Sevilla: Universidade de Sevilla). Nelson, I. (1977): La sottie sans souci. Essai d’interprétation homosexuelle (Paris: Honoré Champions). Pierrugues, P. (1908): Glossarium eroticum linguae Latinae (Berlín: Hermann Barsdorf Verlag). Rodríguez, J. L. (1993): “A mulher nos cancioneiros. Notas para um anti-retrato descortês”, in Actas do Simpósio Internacional Muller e Cultura, 43-67 (Santiago de Compostela: Universidade de Santiago). Simões, M. (1991): Il canzoniere di Don Pedro, Conte di Barcelos (L’Aquila: Japadre). Tavani, G. (1999): Arte de trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa: Introdução, edição crítica e fac-símile (Lisboa: Edições Colibri).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 58

9 Leticia Eirín García Xoán López Viñas (editores)

Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica

ÁREA DE FILOLOXÍAS GALEGA E PORTUGUESA

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.