Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

Share Embed


Descrição do Produto

mOnOgRafía 9 9

Leticia Eirín García Xoán López Viñas (editores)

Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica

Lingua, texto, diacronía

ÁREA DE FILOLOXÍAS GALEGA E PORTUGUESA

Leticia Eirín García Xoán López Viñas (editores)

Estudos de lingüística histórica

9 Leticia Eirín García Xoán López Viñas (editores)

Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica

ÁREA DE FILOLOXÍAS GALEGA E PORTUGUESA

Director: Xosé Ramón Freixeiro Mato (Universidade da Coruña) Subdirector: Xosé Manuel Sánchez Rei (Universidade da Coruña) Secretario: Xoán López Viñas (Universidade da Coruña) Edita: Área de Filoloxías Galega e Portuguesa Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística Depósito Legal: C 2238-2014 ISBN: 978-84-9749-609-4 Distribúe: Consorcio Editorial Galego: [email protected] Deseño: Torné Asociados Maquetación: Antonio Souto

Índice Limiar Leticia Eirín García / Xoán López Viñas

5-7

Da lección manuscrita á lectura crítica:gramática histórica, constitutio e interpretatio textus Mariña Arbor Aldea 9-31 Denominacións metafóricas dos órganos sexuais femininos, vinculadas ao campo sémico do aloxamento, nas cantigas de escarnio e maldizer Xosé Bieito Arias Freixedo

33-58

A expresión da IRA nas cantigas de amor e de amigo Mercedes Brea

59-96

Construções com ser, estar e jazer na história do português: notas em torno de inovação, persistência e obsolescência Maria Teresa Brocardo

97-107

Poetics, Historical Grammar and Textual Criticism: Augua or Agua in Pero Meogo? Rip Cohen 109-122 Corominas e a etimoloxía galega Rosalía Cotelo García

123-141

O alógrafo sigmático do grafema na documentación medieval galega Pedro Dono López

143-159

O léxico do proceso amoroso nas cantigas de amor de Don Denis Leticia Eirín García

161-175

Por volta de topónimos e textos afonsinos. A cantiga «Ansur Moniz, muit’ouve gran pesar» [B 482, V 65] Manuel Ferreiro

177-196

Vós sodes mui fraqueliña molher. Sobre a sufixación apreciativa na poesía trobadoresca profana Xosé Ramón Freixeiro Mato

197-225

A alternancia h-/Ø entre “ortografía alfonsí” e “ortografía dionisina” Pär Larson

227-238

Unha ferramenta para o estudo do léxico medieval: o GLOSSA Xoán López Viñas

239-256

Traxectoria histórica dos resultados galegos do sufixo número-persoal latino -tĭs Ramón Mariño Paz

257-290

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

291-318

Caer/cair e similares. Alguns apontamentos filológico-linguísticos José Luís Rodríguez

319-350

Aproximación aos pronomes demostrativos nos primordios da Idade Moderna Xosé Manuel Sánchez Rei

351-368

Os primeiros escritos em galego-português: revisão e balanço José António Souto Cabo

369-393

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

Ricardo Pichel Gotérrez/Xavier Varela Barreiro Universidade de Santiago de Compostela Instituto da Lingua Galega

1. Introdución Neste traballo recóllese a información máis actualizada dos proxectos de edición de textos medievais nos que participan algúns dos investigadores pertencentes ao Tesouro Medieval Galego-Portugués, como o Corpus de Textos Antigos de Galiza (COTAGAL), o proxecto Libros, memoria e arquivos. Cartularios monásticos do noroeste peninsular (séculos XII-XIII) (LEMA) e o proxecto de Dixitalización e Edición selectiva do fondo medieval do Arquivo de San Paio de Antealtares (DEASPA). En todos eles, un dos obxectivos fundamentais é a transcrición e edición de fontes documentais e obras literarias no ámbito da Galiza medieval e moderna.

2. COTAGAL: Corpus de Textos Antigos de Galiza O Corpus de Textos Antigos de Galiza é un dos proxectos integrados no Tesouro Medieval Galego-Portugués, do Instituto da Lingua Galega (USC), nomeadamente na sección textual correspondente a Galiza (Biblioteca dixital da Galiza Medieval BGM), e dentro dela contén as obras e coleccións editadas polo equipo de investigación. O actual equipo do COTAGAL1 herda os obxectivos sostidos nos últimos dez anos pola anterior versión do proxecto, denominado Transcrición paleográfica de obras medievais, mais con novos materiais de traballo e cunha metodoloxía renovada e axeitada aos novos tempos e ás novas ferramentas informáticas dispoñíbeis. Aínda que o proxecto nunca foi beneficiario de financiamento externo específico, isto 1 O equipo de transcrición e edición está integrado por Ricardo Pichel (IP, UCM/USC) e Xavier Varela Barreiro (USC) e, desde 2013, Pedro Dono López (Univ. do Minho). Alén deles, conta coa colaboración de Xosé Luís Couceiro Pérez (USC), Ramón Mariño Paz (USC), Paulo Martínez Lema (Univ. de Deusto) e Rocío Dourado Fernández (Univ. de Vitoria-Gasteiz).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

291

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

non supuxo en ningún momento a paralización dos labores de transcrición desde os seus inicios (2004) até a actualidade e mesmo se abriu na rede unha páxina de acceso aos materiais de edición allea da BGM (http://sli.uvigo.es/BGM/). O acceso a estes córpora en formato de base de datos –como concordancias, non á íntegra– é posíbel para os textos galegos a través de dous recursos accesibles na rede: a) para os escritos en galego, o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG), corpus que está en liña desde 2004 (http://ilg.usc.es/tmilg/); b) para o conxunto, incluíndo tamén os escritos en latín, castelán e outras linguas, o Xelmírez, igualmente en liña desde 2009 (http://sli.uvigo.es/xelmirez/index.html), ambos os dous dirixidos por Xavier Varela Barreiro. Presentamos na Táboa 1 un esquema da estrutura organizativa deste conxunto de recursos, con indicación, mediante subliñado, daqueles que contan con acceso na internet: Tesouro Medieval Galego-Portugués (TMGP)

TMILP (portugués)

TMILG (galego)

TMILL-P (latín)

TMILL-G (latín) TMILC-G (castelán)

-

Galiza

BGM

Galiza

Xelmírez

Dom Dinis

Portugal

Bibliotecas textuais COTAGAL 1 (edicións propias)

Portugal COTAPOR 1 (edicións propias)

COTAGAL 2 COTAPOR 2 (edicións alleas) (edicións alleas)

BPM

Bases de datos

Táboa 1. Estrutura do Tesouro Medieval Galego-Portugués

2.1. Obxectivos principais e metodoloxía O obxectivo principal do COTAGAL é a edición múltipla de obras literarias e prosa documental producidos na Galiza medieval (sécs. IX-XV) e moderna (sécs. XVIXVIII). A metodoloxía empregada supón necesariamente un triplo acceso ao texto: (a) transcrición paleográfica (TP), coa posibilidade de reflectir a variación (alo) gráfica do texto e de incluír ou non o desenvolvemento dos símbolos abreviativos; (b) presentación crítica do texto (PC) –ou, dito doutra forma, edición interpretativa–, que supón a regularización –nivelación e redistribución– das unidades gráficas irrelevantes do punto de vista escriptolingüístico, a aplicación de criterios estandarizados de ordenación do texto (segmentación gráfica, puntuación etc.) e a representación diacrítica dalgúns valores suprasegmentais (acentuación); (c) reprodución facsimilar do manuscrito. Desta maneira, o aproveitamento dos textos é múltiplo, segundo o nivel de presentación ao que se accede: (a) estudos paleográficos e grafemáticos; (b) estudos lingüísticos, literarios ou históricos; (c) estudos pictográfiRevista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 292

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

cos e comprobación das lecturas. Neste sentido, a reflexión sobre os parámetros de transcrición e presentación gráfica na edición de textos e a análise descritiva das diferentes unidades (alo)gráficas e abreviativas é tamén unha das abordaxes máis recorrentes no grupo de investigación2. O obxectivo último do proxecto é ofrecer acceso en rede a todos estes materiais: nunha primeira etapa presentando o texto plano (tanto a TP como a PC) e, posteriormente, tras a súa etiquetaxe en XML-TEI, despregando un corpus textual pensado para a consulta simultánea das diferentes instancias de transcrición/edición dispoñíbeis. Outro aspecto salientábel da metodoloxía empregada polo COTAGAL, neste caso compartida coa do TMILG, é o emprego dunha etiquetaxe referencial (DTD) renovada e bastante pormenorizada, que abrangue tanto a identificación do conxunto da obra como a de cada unha das súas pezas textuais (por exemplo, nas coleccións documentais). Velaí a estrutura principal desta nova DTD3: 1. Encabezamento xeral: 1.1. Información da versión electrónica do texto: título por extenso e abreviado, versión (1ª, 2ª, 3ª etc.), extensión do arquivo (nº de palabras e caracteres). 1.2. Descrición bibliográfica: autoría (autor(es) e/ou editor(es)), título orixinal, datos da publicación. 1.3. Revisión do procesamento do texto: 1º asentamento/corrección (preparación do propio texto e etiquetaxe), 2º asentamento/corrección (marcaxe onomástica, locutiva, segmentación gráfica etc.). 2. Encabezamento individual: 2.1. Localización da unidade textual na obra (sección/capítulo, páxinas). 2.2. Datación crónica: século e ano (os códigos 1 e 2 aluden á transmisión textual básica: copia e orixinal, respectivamente), era (hispánica, cristía ou outras datacións: períodos correspondentes a papados, reinados etc.), día da semana e quotum (calendario moderno [día do mes, mes e forma literal] e calendario romano). 2.3. Datación tópica: circunscrición notarial (de todos os calígrafos implicados na confección do texto: notario(s), escribán, notario substituto etc.), con indicación do referente xeográfico administrativo, o referente medieval (forma literal e estandarizada) e a referencia moderna (forma actual, tipoloxía referencial, freguesía, concello e provincia); lugar de redacción do documento. 2 Pichel Gotérrez (2010b, 2011a, 2011b 2012a, 212b, 2013b, 2013c, 2014b), Garrido Martín (coord.) / González Gómez / Pichel Gotérrez / Pedrote, A. (2014). 3 Véxase Pichel [Gotérrez] / Varela Barreiro (2009) para unha descrición máis detallada. A DTD foi obra dos autores citados e mais de Paulo Martínez Lema.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

293

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

2.4. Autoría, isto é o(s) scriptore(s) implicados na conscriptio do documento: nome, coa indicación de todas as denominacións presentes no texto (forma extensa ou abreviada, literal; forma estandarizada, a partir da forma abreviada; lingua na que se redactou), signum notarial (gráfico e/ou verbal), condición (notario substituto, encomendante, escribán etc.). 2.5. Tipoloxía documental: natureza xurídica (texto dispositivo ou non dispositivo), tipoloxía xeral (prosa notarial, prosa non notarial e verso), tipoloxía específica e subcategoría tipolóxica4 (con indicación da fórmula antiga literal, a fórmula de acción xurídica e a forma moderna estandarizada). 2.6. Participantes: concedente, representante (do concedente), concesionario ou destinatario. Para cada unha das figuras xurídicas implicadas na actio documental indícase, entre outras referencias, a súa natureza (particular, institucional), condición (eclesiástica, civil, real), nome e profesión. 2.7. Lingua: indícase a lingua na que está escrito o orixinal e, de ser o caso, a copia. A posibilidade de documentos lingüisticamente híbridos contémplase mediante a combinación das códigos correspondentes a cada unha das linguas coexistentes, sempre na orde que corresponda á importancia de cada idioma concreto dentro do documento. 2.8. Aspectos editoriais, codicolóxicos e paleográficos: transmisión textual (orixinal, copia, traslado, rexesto, tradución, falsificación etc.), mecanismos de autentificación (na documentación dispositiva: signum, sigillum, quirógrafos etc.), rexestos (antigo, medieval e/ou moderno, e actual, do editor; nos dous casos procúrase o contido, o autor e a data), información arquivística (arquivo, fondo ou sección, cartafol, número, foliación etc.), información codicolóxica (soporte: pergameo, papel; tipo de letra, di-

4 Para a prosa notarial distinguimos, de acordo con Vázquez Bertomeu (2001: 69-82), (a) documentos referentes á adquisición e xestión do patrimonio: vendas, traspasamentos, desembargos, aforamentos, arrendamentos, alugueiros, nominacións, almoedas, doazóns, concambias etc., alén das subcategorías tipolóxicas máis específicas como, por exemplo, no caso dos aforamentos, os traspasamentos de foro, subaforamento, renovación de foro etc; (b) documentos relativos ao mundo mercantil e ás transaccións comerciais: gardas, peñoramentos, fianzas etc.; (c) documentos administrativos: memoriais, inventarios de bens, apeos, etc.; d) documentos pertencentes ao ámbito familiar e doméstico: mandas, testamentos, codicilos, dotes, etc.; (e) escritos de tipo xeral: testemuños, procurazóns, avinzas, sentenzas, renunciamentos e quitazóns, albarás, outorgamentos, demandas, frontas etc. A estas cinco categorías xerais podemos engadirlles aínda outras dúas representadas por documentos de características temáticas bastante peculiares, mais que veñen especificamente singularizados polo contexto institucional en que se xeraron: documentos reais (privilexios, acoutamentos, mandatos, ordenanzas, pesquisas) e documentos eclesiásticos, especialmente os relativos á regulación interna monástica (cartas de irmandade, decretos de anexión, repartimentos, restauracións monásticas etc.). No que atinxe á prosa non notarial, ditinguimos a prosa propiamente literaria (como a Historia Troiana ou o Livro de Tristán), a historiográfica (como as traducións galegas da General Estoria e da Estoria de España), a relixiosa (como os Miragres de Santiago), a técnica ou didáctica (como o Tratado de Alveitaría) e a xurídica (como as traducións fragmentarias das Partidas ou do Ordenamiento de Alcalá). Por último, no que respecta ás obras en verso, como xa se indicou, está a lírica trobadoresca, profana ou mariana, e a lírica epigonal (sécs. XIV-XV).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 294

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

mensións do soporte, estado de conservación etc.), edicións actuais dispoñíbeis (inclúese tanto a referencia bibliográfica como o tipo de edición: interpretativa, paleográfica, semidiplomática etc., e a súa rendibilidade como fonte de estudo: histórica, filolóxica, paleográfica etc.); por último, indicación, se procede, doutras versións do texto (copias, traslados etc., coa información arquivística e codicolóxica pertinente).

2.2. Obras e coleccións documentais abordadas O COTAGAL non só aborda a edición de obras e textos galego(-portugueses) no período cronolóxico sinalado, mais tamén de textos casteláns e latinos facturados na Galiza medieval e moderna. En primeiro lugar, no dominio galego-portugués, o equipo do COTAGAL realizou a transcrición paleográfica íntegra dos catro códices das Cantigas de Santa María (To, T, E e F), así como dos cancioneiros da lírica profana trobadoresca (A, B e V); na actualidade prepara a presentación electrónica destas transcricións paleográficas, así como a súa correspondente edición interpretativa tras o confronto dos diferentes testemuños5. No que atinxe á prosa non documental, preparouse a transcrición paleográfica da Historia Troiana6, o Livro de Tristán, o Tratado de Alveitaría e os Miragres de Santiago7. Actualmente, está en proceso de transcrición a tradución galega da General Estoria, así como o seu confronto paleográfico coa sección galega da Historia Troiana, coa que comparte coordenadas espazo-temporais e escripto-lingüísticas8. A partir do ano 2015 está previsto o inicio dunha nova lectura do testemuño galego-castelán da Crónica de 1404 (custodiado na Hispanic Society of America de Nova York) e do testemuño galego fragmentario máis antigo desta mesma obra (Biblioteca Menéndez Pelayo de Santander), así como o testemuño máis tardío da tradución galega da Estoria de 5 A modo de exemplo dos estudos derivados deste labor de transcrición, véxanse os traballos de Mariño Paz / Varela Barreiro (2005), Rodríguez Guerra / Varela Barreiro (2007) e Varela Barreiro (2005, 2010, 2014). 6 Dispoñíbel na tese de doutoramento de Pichel Gotérrez (2013a), dirixida por Xavier Varela Barreiro e Ramón Mariño Paz, actualmente en proceso de publicación. Véxase tamén Pichel Gotérrez (2013d e 2014c), onde se editan e estudan as notas marxinais e os signos de corrección coetáneos da Historia Troiana. 7 Convén salientar que en todos os casos a transcrición baséase en reproducións a cor e, posteriormente, consulta directa dos manuscritos; isto é especialmente relevante no caso do Livro de Tristán e o Tratado de Alveitaría, de recente reaparición no Archivo Histórico Nacional e na Biblioteca Nacional de Madrid, respectivamente. 8 Este proxecto (edición da Geral Estoria e confronto paleográfico coa Historia Troiana) iníciase coa concesión a Ricardo Pichel dunha estadía de investigación na Faculdade de Letras da Universidade do Porto (FLUP), financiada polo programa de “Becas Iberoamérica 2014. Jóvenes Profesores e Investigadores” (Santander Universidades) e baixo a orientación, no ámbito do SMELPS (Seminário Medieval de Literatura, Pensamento e Sociedade), do profesor José Carlos Ribeiro Miranda.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

295

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

España (Biblioteca Universitaria de Salamanca) e algúns dos testemuños da prosa xurídica galega, entre eles os fragmentos das Partidas e a transcrición íntegra das glosas de Vasco Lourenzo de Tui integradas nun testemuño misceláneo castelán do Fuero Real de finais do século XIV (custodiado na Biblioteca Nacional de Madrid). Polo que respecta á edición de fontes documentais (prosa notarial), o equipo do COTAGAL vén traballando nos últimos anos na transcrición paleográfica e presentación crítica de diferentes coleccións diplomáticas datadas entre os séculos IX e XVI, como a documentación dos mosteiros bieitos de Santo Estevo de Chouzán (Carballedo), San Salvador de Sobrado de Trives (A Pobra de Trives), Santa María de Pesqueiras (Chantada), San Fiz de Cangas (Pantón) ou San Xoán da Cova (Carballedo); todos eles priorados do convento compostelán de San Paio de Antealtares9 (vid. § 4). Outra tipoloxía documental explorada e en proceso de transcrición –parcial ou íntegra– son os cartularios ou tombos monásticos, como os de Santa María de Sobrado dos Monxes (obxecto de estudo do proxecto LEMA; vid.  §  3), Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos, San Xoán de Caaveiro ou San Salvador de Lourenzá: neles abordamos non só a documentación orixinaria do cartulario (latina ou romance), mais tamén os diplomas orixinais superviventes e as unidades textuais incorporadas con posterioridade á confección do tombo. Tamén é obxecto de interese a documentación de natureza gremial, como o cartulario da Confraría de San Xoán Bautista de Pontevedra10, ou a documentación administrativa abacial de carácter interno, como un rexistro de contas, recentemente descuberto, redactado en galego na segunda metade do século XV e vinculado á comunidade, aínda masculina, de San Paio de Antealtares11. Os primeiros textos (latino-)romances, dos séculos XII-XIII, tamén foron obxecto de edición e estudo, especialmente a documentación non dispositiva de carácter preparatorio (rascuños, minutas) ou probatorio e testemuñal (noticias, pesquisas, probanzas, relatos procesuais etc.)12. Por último, unha nova liña de traballo iniciada recentemente é a revisión paulatina dalgunhas escolmas documentais de referencia xa editadas, como a transcrición dos “Documentos antiguos de Galicia” realizada por Margot Sponer (1932-34), en proceso de revisión e actualización tras o confronto cos orixinais. Recentemente, desde xuño de 2013, o COTAGAL integrouse na Rede Internacional CHARTA (Corpus Hispánico y Americano en la Red: Textos Antiguos), proxecto

9 Pichel Gotérrez (2008b, 2008c, 2008d, 2009a). 10 Este é o obxecto de estudo da tese de doutoramento de Lucía Doval Iglesias, aínda en fase inicial, dirixida por Xavier Varela Barreiro e Ricardo Pichel Gotérrez. 11 Pichel Gotérrez / Buján Rodríguez (2012). 12 Pichel Gotérrez (2007, 2008a, 2009b, 2009c, 2010a) e Pichel Gotérrez / Cabana Outeiro (2007)

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 296

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

coordinado por Pedro Sánchez-Prieto Borja destinado á publicación en rede dun corpus de textos e documentos antigos entre os séculos XII e XIX de España e Hispanoamérica (http://www.charta.es/). A presentación da nova versión deste corpus, así como dos labores de adaptación ao estándar XML-TEI13, tivo lugar nun encontro científico celebrado a comezos de setembro de 2014 na Universidade de Alcalá. O equipo de traballo do COTAGAL, que herda os labores de informatización das edicións incorporadas ao CHCG14 (Corpus Histórico do Castelán de Galicia), transcribe actualmente para a Rede CHARTA, e seguindo as súas pautas de transcrición e presentación crítica15, un conxunto de documentación galega redactada en castelán entre os séculos XIII e XIX, custodiada fundamentalmente no Arquivo de San Paio de Antealtares, no Arquivo da Catedral de Ourense, no Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, no Arquivo Histórico Universitario de Santiago, no Arquivo Diocesano de San Martiño Piñeiro, no Arquivo do Reino de Galicia e no Archivo Histórico Nacional. Velaquí un exemplo fragmentario de transcrición preparada para CHARTA (transcrición paleográfica, presentación crítica e reprodución):

Fig. 1. ASPA, Pergameos, San Paio de Antealtares, gabeta 6, pasta 2/5 (a. 1566).

13 Isasi Martínez (coord.) / Lobo Puga / Martín Aizpuru / Pérez Isasi / Pierazzo / Spence (coord.) (2014). 14 Trátase dun dos subcorpora integrados no Tesouro Medieval Galego-Portugués (sección Xelmírez), anteriormente denominado TMILC-G (Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Castelá de Galicia), e que recolle un total aproximado de 2.500 unidades textuais castelás da Galiza medieval, tiradas de diferentes coleccións diplomáticas xa editadas, maiormente por historiadores, nas últimas décadas. Este subcorpus hoxe é accesíbel no sitio web do RILG (Recursos Integrados da Lingua Galega): http://sli.uvigo.es/xelmirez/index.html. 15 Pódense consultar aquí: http://www.charta.es/criterios-de-edicion-/ (última actualización abril de 2013).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

297

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

Trascrición paleográfica: {1} [latín: Jn dei nomine Amen] Sepan Quantos Esta {2} Carta De Aforamiento. Vieren Como nos Doña Cathalina de fonseca Abbadessa del monasterio De Sant payo de ante altares de {3} la çiudad de santiago. y françisca de azeuedo Priora. ynez aluares deparga. Anna decosgaya cathelina de obiedo. Susana debriones ysabel {4} figueroa. beatriz de noboa leonor enrriques beatriz montoto. doña ynez xarpa. doña biolante. monJas profesas del dho monasterio q {5} somos presentes. Juntas ala rred del dho monasterio para ello llamadas segun lo habemos de vso E de costumbre por nos y en nombre delas mas {6} ausentes e por nras subcessoras viendo E considerando quelo adelante contenido es hecho En nra vtilidad. probecho. y en acreçentamiento delos {7} bienes e rrentas del dho monasterio. Dezimos que por quanto anos al dho monasterio perteneçe el lugar e casal qse dize de leon con sus casas e casares {8} heredades arboles. e plantados a montes y afontes. questa y es sito enla felegresia de sancta maria de obral y siendo proprio anexo e pertenesçiente {9} al dho monasterio y abiendo lo siempre lleuado y gozado vsufructuado E  nros labradores y presonas en nro nombre por nros titulos que del dho lu{10}gar les an sido hecho por parte del dho monasterio dende muchos años a esta parte somos enformadas que algunas personas se an entrometido a en{11}trar. lleuar y poseer el dho lugar sin nos pagar por rrazon dello ninguna rrenta ni pension antes el dho monasterio esta despoJado dela posession del di{12}cho lugar. y vos bartholame rrodriguez barbero vezino dela dha çiudad vos habeis ofrecido asacar el dho lugar de poder de las presonas que {13} lo traen entrado y ocupado de seguir e proseguir el pleito que sobre ello ouiere conque os hyziesemos del contrato de fuero por vra vida E de ma{14}ria vasquez vra muger y tres vozes. E viendo que es hecho en nra vtillidad otorgamos e conosçemos por esta presente carta: que Aforamos eda{15}mos en aforamiento e por rrazon de fuero avos el dho bartholame rrodriguez que sois presente e ala da vra muger ques ausente: para vos E pa{16}ra ella. E por tiempo y espaçio de vras vidas E por mas tiempo y alliende tres vozes que habeis de nombrar enesta manera en vra vida e salud e {17} al tiempo del falesçimiento decada vno de vos habeys de nombrar la primera voz. [sobrescrito: boz] e la primera la segunda. e la segunda la terçera... Presentación crítica: {1} In Dei nomine amen. Sepan cuantos esta {2} carta de aforamiento vieren como nós, doña Catalina de Fonseca, abadessa del monasterio de Sant Payo de Antealtares de {3} la ciudad de Santiago, y Francisca de Azevedo, priora, Inez Álvares de Parga, Ana de Cosgaya, Catelina de Obiedo, Susana de Briones, Isabel {4} Figueroa, Beatriz de Noboa, Leonor Enriques, Beatriz Montoto, doña Inez Xarpa, doña Biolante, monjas profesas del dicho monasterio que {5} somos presentes juntas a la red del dicho monasterio para ello llamadas según lo habemos de vso e de costumbre por nós y en nombre de las monjas {6} ausentes e por nuestras sucessoras, viendo e considerando que lo adelante contenido es hecho en

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 298

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

nuestra utilidad, probecho y en acrecentamiento de los {7} bienes e rentas del dicho monasterio, dezimos que por cuanto a nós al dicho monasterio pertenece el lugar e casal que se dize de León con sus casas e casares, {8} heredades, árboles e plantados a montes y a fontes, qu’está y es sito en la felegresía de Santa María de Oural, y siendo proprio anexo e pertenesciente {9} al dicho monasterio y abiéndolo siempre llevado y gozado usufructuado, e nuestros labradores y presonas en nuestro nombre por nuestros títulos que del dicho lu{10}gar les han sido hecho por parte del dicho monasterio dende muchos años a esta parte, somos enformadas que algunas personas se han entrometido a en{11}trar, llevar y poseer el dicho lugar sin nos pagar por razón d’ello ninguna renta ni pensión; antes el dicho monasterio está despojado de la posessión del di{12}cho lugar. Y vós, Bartolamé Rodríguez, barbero, vezino de la dicha ciudad, vos habéis ofrecido a sacar el dicho lugar de poder de las presonas que {13} lo traen entrado y ocupado, de seguir e proseguir el pleito que sobre ello oviere con que os hiziésemos del contrato de fuero por vuestra vida e de Ma{14}ría Vásquez, vuestra muger, y tres vozes. E viendo que es hecho en nuestra utilidad, otorgamos e conocemos por esta presente carta que aforamos e da{15}mos en aforamiento e por razón de fuero a vós, el dicho Bartolamé Rodríguez que sois presente, e a la dicha vuestra muger qu’es ausente, para vós e pa{16}ra ella e por tiempo y espacio de vuestras vidas, e por más tiempo y alliende tres vozes que habéis de nombrar en esta manera en vuestra vida e salud: e {17} al tiempo del falecimiento de cada uno de vós habéis de nombrar la primera boz e la primera la segunda e la segunda la terçera...

3. LEMA: Libros, memoria e arquivos. Cartularios monásticos do noroeste peninsular (séculos XII-XIII) Trátase dun proxecto de investigación financiado inicialmente polo Ministerio de Ciencia e Innovación de España (HAR2009-09529) e posteriormente polo Ministerio de Economía e Competitividade, polo período de 2010-2014, liderado por Ana Isabel Suárez González (USC), que aborda o estudo integral dun corpus relevante de cartularios monásticos datados no arco cronolóxico dos séculos XII-XIII e producidos en cenobios peninsulares noroccidentais. O carácter interdisciplinar desta empresa supuxo desde un principio a selección dun equipo de investigación específico para cada un dos parámetros de análise do proxecto: diplomático, codicolóxico e paleográfico, arquivístico, historiográfico e filolóxico; neste último caso, o equipo de traballo está composto por Ricardo Pichel Gotérrez e Xavier Varela Barreiro. O proxecto dispón de páxina web na que se ofrece en aberto información de tipo xeral e en exclusiva, polo momento, para o equipo de investigación acceso ao corpus de textos informatizados, ás imaxes e a información bibliográfica (http://ilg.usc.es/LEMA/). Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

299

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

Os cartorios seleccionados como obxecto de estudo non só foron abordados como meros repositorios e transmisores de documentos integrados nunha colección diplomática, mais tamén como artefactos culturais en si mesmos, susceptíbeis de múltiplas lecturas e interpretacións (arqueolóxicas, diplomáticas, filolóxicas, artísticas etc.), e tamén desde unha visión en conxunto, estabelecendo os trazos comúns e distintivos con respecto a outros códices diplomáticos coetáneos16. Desde a óptica da Codicoloxía integral e da Paleorafía, os ditos cartorios son considerados como libros únicos, obxectos específicos surxidos a partir de técnicas concretas e resultado do labor de determinados artífices xeralmente vinculados co centro promotor; trátase, por tanto, de exemplares que se mantiveron abertos, vivos e cambiantes durante un longo período, concibidos para recibir adicións e sufrir modificacións, cunha estratigrafía a miúdo complexa, unicamente abordábel do punto de vista arqueolóxico, cunha variedade gráfica que precisa dunha minuciosa análise paleográfica e, ocasionalmente, cunha iluminación sorprendente. Como produtos bibliográficos, a súa importancia é capital no ámbito territorial escollido, pois pouco se coñece da composición e características materiais dos manuscritos que nos séculos XII e XIII conformaron o patrimonio bibliográfico dos mosteiros nos que se xestaron. Os exemplares diplomáicos permiten deducir os usos codicolóxicos e dispor dunha mostraxe de escrituras librarias a falta dos códices, desparecidos ou non identificados, que serviron á liturxia e á formación destas abadías. Como repositorios da memoria monástica, intencionada e selectiva, un estudo comparativo e en conxunto permite, unha vez fixadas as coordenadas temporais, pór de manifesto se houbo períodos especialmente rendíbeis de “cartularización” e que acontecementos históricos o propiciaron. Como libros asociados a arquivos concretos, tamén son reflexo da organización primixenia do dito depósito. A información destes códices diplomáticos, xunto coa que ofrecen as cartas superviventes, permite deducir a estrutura e os criterios de clasificación dos arquivos na área escollida e contribuír deste modo a un mellor coñecemento da arquivística monástica medieval. Finalmente, a imprescindíbel abordaxe desde a Diplomática e a Filoloxía, a través do estudo e confronto dos cartularios e dos diplomas orixinais que aínda conservamos, tal como veremos máis adiante, supón estabelecer a fiabilidade das transcricións, como parte dunha avaliación máis ampla.

3.1. Delimitación do corpus O nacemento dos primeiros códices diplomáticos coñecidos, tendo en conta o acoutamento de autoría e territorio, prodúcese no século XII e a maioría dos super-

16 Sobre o proxecto, véxanse os traballos de Varela Barreiro (2011) e Suárez González (2014).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 300

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

viventes orixináronse no século XIII; de aí a fixación do marco cronolóxico específico dos séculos XII-XIII para o proxecto. O número de testemuños estudados (17 exemplares, entre códices propiamente ditos e fragmentos) é abondo significativo para extraer conclusións relevantes e tamén foi accesíbel no tempo destinado ao proxecto. Alén disto, debido á natureza facticia da maior parte dos volumes estudados, o dito corpus confórmase realmente como unha biblioteca diplomática moito máis ampla, cun número de unidades codicolóxicas e, por tanto, de cartularios primitivos individualizábeis, que triplica esta cifra. Como se pode ver nas Figuras 2 e 3, os cartularios escollidos son orixinarios de canónicas e mosteiros bieitos e cistercienses localizados en Galiza (A Coruña: San Martiño de Xuvia, San Xoán de Caaveiro, Santa María de Sobrado e Santos Xusto e Pastor de Toxos Outos; Lugo: San Salvador de Lourenzá e San Xulián de Samos; Ourense: Santa María de Oseira e San Salvador de Celanova), no oeste de Asturias (San Juan Bautista de Corias e Santa María de Belmonte), de León (San Pedro de Montes), e de Zamora (San Martín de Castañeda e Santa María de Valparaíso), e no espazo fronteirizo do norte de Portugal (Santa María de Fiães).

Fig. 2. Mosteiros en Portugal, Asturias, León e Zamora.

Fig. 3. Mosteiros en Galiza.

O proxecto aborda, por tanto, o estudo interdisciplinar dunha quincena de abadías con características e traxectorias históricas moi distintas, e os seus correspondentes diplomas e arquivos. Os documentos orixinais custódianse fundamentalmente no Archivo Histórico Nacional, mais outras pezas encóntranse no Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, no Arquivo Distrital de Braga, no Archivo Histórico Diocesano de Astorga, na Biblioteca Nacional de Madrid e na Biblioteca del Monestir de Montserrat. Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 301

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

3.2. Obxectivos principais Unha vez delimitado e estabelecido o “estado da cuestión” do corpus obxecto de estudo, o proxecto ten tres obxectivos fundamentais: primeiramente o estudo exhaustivo dos caracteres externos e internos de cada un dos cartularios (algúns deles facticios e case todos obxecto de adicións e mudanzas de diferente tipo), a fixación da súa estratigrafía e dedución do seu proceso de xénese. En segundo lugar, a contextualización e interpretación dos cartularios, que deben ser incardinados nos respectivos cenobios en que se promoveu a súa confección e o seu uso, o que nos achega á historia das ditas institucións e permite a reconstrución dos seus arquivos. En terceiro lugar, a avaliación histórica, filolóxica e diplomática dos cartularios, con vistas a determinar o grao de fiabilidade do seu contido como fonte de información para estudos de diversa índole. A abordaxe destes tres obxectivos permitiu a extracción de conclusións globais relativas a todos os aspectos mencionados anteriormente e o confronto cos datos correspondentes a cartularios coetaneos doutros ámbitos xeográficos. Do punto de vista editorial, contempláronse outros tres obxectivos principais: por unha parte, a (re)edición crítica selectiva das pezas non diplomáticas (algunhas aínda inéditas)17 e dos textos documentais imprescindíbeis para avaliar a súa transcrición e fiabilidade (vid. infra 3.3). Doutra parte, como se expón na seguinte epígrafe, realizouse unha edición múltipla, baixo criterios de transcrición de natureza interdisciplinar, dos códices 976 e 977 do Archivo Histórico Nacional, exemplares facticios orixinarios da abadía cisterciense de Santa María de Sobrado dos Monxes (A Coruña). Por último, tamén se editou a documentación latina e/ou romance doutros cartularios estudados no proxecto, como os de Toxos Outos, Lourenzá e Caaveiro18. Por último, creouse un Arquivo de Recursos do proxecto LEMA (o ARLEMA), que recolle os materiais necesarios para o desenvolvemento da investigación e supón a habilitación dun sitio web asociado ao proxecto, actualmente en fase de proba, que permite un mellor aproveitamento e difusión dos resultados obtidos. Trátase, por tanto, dunha rede de bases de datos e de arquivos de texto na que se inclúen as imaxes dixitalizadas dos cartularios obxecto de estudo e as pezas documentais orixinais que aparecen copiadas nos ditos cartorios, os textos informatizados en formato XML correspondentes (tanto os transcritos no seo do grupo de traballo como os editados por outros investigadores), a información codicolóxica, diplomática, paleográfica, filolóxica e arquivística, así como tamén un exhaustivo inventario dos materiais bibliográficos en formato PDF. 17 Véxanse a modo de exemplo os traballos de Suárez González (2011 e 2013) derivados do proxecto. 18 Pichel Gotérrez (2007: 83-97), Martínez Lema / Pichel Gotérrez (2009), Castro Correa / Pichel Gotérrez (2011) e Pichel Gotérrez / Martínez Lema (2014).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 302

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

3.3. Cara a unha nova edición dos Tombos de Sobrado. O confronto cos diplomas orixinais Como xa indicamos na alínea anterior, un dos obxectivos do proxecto é a edición dos códices 976 e 977 do Archivo Histórico Nacional, que transmiten unha boa parte do patrimonio documental da abadía coruñesa Santa María de Sobrado dos Monxes. A selección destes dous cartularios para unha edición íntegra veu motivada polo gran número de pezas diplomáticas (máis de mil) das que son transmisores, polo seu extraordinario valor como fonte, pola súa complexidade –externa e interna–, pola posibilidade de avaliar a súa fiabilidade mediante colación cos orixinais e pola ausencia dunha edición minimamente fiábel19. A metodoloxía editorial empregada é a mesma que a do Corpus de Textos Antigos de Galiza, polo que se fixo previamente un primeiro asentamento paleográfico, no que se reflectiu a variación (alo)gráfica do texto, o desenvolvemento das abreviaturas, así como a súa tipoloxía (trazo superior, sobreposición literal, símbolos especiais etc.) e morfoloxía (extensión, posición ou alcance do trazo superior, figura alfabética ou non no caso das letras sobrepostas, trazado formal etc.). A partir deste primeiro asentamento, pódense ofrecer, de maneira (semi)automática, diversos tipos de presentación crítica, unha vez aplicados os diferentes parámetros de nivelación ou redistribución gráficas (das unidades irrelevantes do punto de vista escriptolingüístico) e de adecuación suprasegmental (acentuación, puntuación, segmentación gráfica, nivelación do trazado maiúsculo etc.)20. Outra das novidades que ofece a reedición dos cartularios de Sobrado dos Monxes e que, ao noso xuízo, é imprescindíbel nun texto destas características, é a colación diplomática e filolóxica cos documentos orixinais conservados, o que permite, entre outras cuestións, avaliar a fiabilidade das transcricións incorporadas nos tombos. A seguir dedicaremos algunhas liñas ao respecto.

3.3.1. Confronto filolóxico Polo que respecta á avaliación filolóxica, do punto de vista textual encontramos certas diferenzas gráfico-fonéticas e mudanzas ou alteracións na secuencialidade das formas, que serán obxecto de anotación xerarquizada no aparato crítico editorial correspondente. Algúns exemplos de diverxencias gráfico-fonéticas: no vocalismo pretónico inicial, a

19 A coñecida edición dos Tumbos de Santa María de Sobrado, debida a Pilar Loscertales (1976), é, en realidade, unha obra inacabada, pois non puido ser revisada antes de pasar pola imprenta debido ao falecemento inesperado da autora. Véxase Suárez González (2009). 20 En Pichel Gotérrez (2014a: § 4) pódense ver algúns exemplos da transcrición paleográfica e presentación crítica dos tombos.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

303

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

alternancia entre e (ex. Gondisaluus ~ Gundisaluus, Fig. 4); no postónico final, a alternancia entre e (exs. iuri ~ iure, Sarantis ~ Sarantes; Figs. 5 e 6); no que atinxe á representación dos ditongos decrecentes, a alternancia entre os segmentos e (exs. Ferrecroa ~ Ferreiroa, Anafrecta ~ Anafreita; Figs. 7 e 8). No plano consonántico, detéctanse, por exemplo, certas mudanzas entre as grafías sibilantes, como a alternancia entre ~ (ex. Eldonça ~ Eldonza, çapatos ~ zapatos; Figs. 9 e 10), ~ (ex. Carriz ~ Carris, Fig. 11), ~ (ex. Gallecia ~ Galletia, Fig. 12).

Fig. 4. AHN, pasta 528/2 (gondisaluus) | AHN, códice 976, fol. 92v (gundisaluus).

Fig. 5. AHN, pasta 528/2 (iuri) | AHN, códice 976, fol. 92v (iure).

Fig. 6. AHN, pasta 532/10 (sarantis) | AHN, códice 976, fol. 129r (sarantes).

Fig. 7. AHN, pasta 532/10 (ferrecroa) | AHN, códice 976, fol. 129r (ferreiroa).

Fig. 8. AHN, pasta 534/2 (anafreita) | AHN, códice 976, fol. 123r (anafrecta).

Fig. 9. AHN, pasta 526/17a (eldonça ou eldouça) | AHN, códice 976, fol. 145v (eldo[n]za).

Fig. 10. AHN, pasta 526/17b (çapatos) | AHN, códice 976, fol. 145v (zapatos).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 304

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

Fig. 11. AHN, pasta 533/8 (carriz) | AHN, códice 976, fol. 92v (carris).

Fig. 12. AHN, pasta 526/4 (gallecia) | AHN, códice 976, fol. 6v (galletia).

Por outra parte, son moi habituais as mudanzas textuais ou as alteracións secuenciais: exs. “uestro conuentui uel uoci uestre” > “uestro conuentu et uoci uestre”, “si aliquis de parte mea uel de extranea uenerit” > “si aliquis de parte mea uenerit uel de extranea”; ou as diverxencias de copia nos numerais, o que permite ás veces detectar erros na transcrición da data crónica ou dunha determinada cantidade pecuniaria: exs. “sub era Iª C LXXXVIIII” > “sub era Mª Cª LXXXª VIIIª” (Fig. 13), “XIIII solidos” > “XIII solidos” (Fig. 14), “pro C IX solidos” > “pro C X solidos” (Fig. 15).

Fig. 13. AHN, pasta 526/17b | AHN, códice 976, fol. 145v.

Fig. 14. AHN, pasta 538/14a | AHN, códice 976, fol. 168r.

Fig. 15. AHN, pasta 533/8 | AHN, códice 976, fol. 92v.

Son especialmente interesantes, do punto de vista escriptolingüístico, os casos de relatinización ou romanceamento gráfico ou morfolóxico no tombo fronte aos diplomas orixinais. No primeiro caso, os exemplos de relatinización no tombo, con respecto á variante híbrida ou romanceada presente no documento orixinal, parecen máis frecuentes: exs. uenabrum > uenabulum (Fig. 16), Roderiquiz > Roderici (Fig. 17), Petriz > Petri (Fig. 18), don Ordonius > donnus Ordonius (Fig. 19), magistro de Reparade > magister de Reparade, “quomodo uadit ad sexum de Ledur” > “quomodo uadit ad saxum de Ladur”. Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

305

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

Fig. 16. AHN, pasta 526/4 (uenabrum) | AHN, códice 976, fol. 6v (uenabulum).

Fig. 17. AHN, pasta 528/5 (roderiquiz) | AHN, códice 976, fol. 92v (rodericj).

Fig. 18. AHN, pasta 533/18 (petriz) | AHN, códice 976, fol. 178v (petri).

Fig. 19. AHN, pasta 538/14b (donordonius) | AHN, códice 976, fol. 168v (donnus ordonius).

No caso contrario, os exemplos de romanceamento (formas híbridas ou plenamente romances) no tombo, con respecto á forma latina ou latinizante do diploma, son menos frecuentes: exs. in Superaddo > in Subrado (Fig. 20), auulorum > auorum (Fig. 21).

Fig. 20. AHN, pasta 526/9 (superaddo) | AHN, códice 976, fol. 8v (subrado).

Fig. 21. AHN, pasta 528/2 (auulorum) | AHN, códice 976, fol. 92v (auorum).

3.3.2. Confronto diplomático No que atinxe á avaliación diplomática dos documentos orixinais conservados con respecto á súa copia no cartulario, observamos que non é infrecuente, mesmo na Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 306

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

documentación máis importante (como privilexios ou doazóns reais), a omisión ou amplificación no tombo de enunciados enteiros tanto na sección dispositiva do diploma (por exemplo, na demarcación dos lindes dunha determinada herdade), como nas partes máis formulísticas (como o protocolo ou o escatocolo). A seguir, incluiremos algúns exemplos que ilustran, en maior ou menor grao, estas cuestións e outras relacionadas. No que atinxe á omisión de segmentos textuais, o primeiro exemplo (AHN, pasta 528/5, a. 1161; Fig. 22a) ilustra a práctica non infrecuente de elidir na copia do cartulario (neste caso: AHN, Tombo 976, fol. 93r; Fig. 22b) certos segmentos de carácter formulístico que non teñen especial relevancia no que ten a ver co propio contido do documento: “in domino deo eternam salutem amen. Placuit mihi atque conuenit nullo quoque indigente sed propria mente accessit uoluntas” (ls. 2-3 do orixinal), “Ego maria roderiquiz et omnis uox mea. uobis senioribus superaddi et mei uoci uestre. in hanc cartam manus meas” (l. 11 do tombo). Estas secuencias aparecen encaixadas na imaxe do diploma orixinal (Fig. 22a) e a súa omisión sinálase –cunha barra vertical– na localización correspondente da copia en tombo (Fig. 22b).

Fig. 22a. AHN, Clero, Sobrado dos Monxes, pasta 528/5.

Por outra parte, hai unha serie de segmentos textuais (marcados nas dúas imaxes mediante subliñado) que aparecen alterados ou acrecentados no traslado ao cartulario: “ut facere uobis supradictis cartam uenditionis de hereditate mea propria quam habeo de successione...” (ls. 3-4) > “fatio uobis cartam uendictionis de Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 307

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

hereditate mea propria quam ul habeo uel habere debeo de successione...” (ls. 3-4); “porcionem integram” (l.  5) > “portionem ibi meam integram” (l. 5); “tempore de iure meo” (diploma l.  7)  > “tempore de meo iure” (ls. 9-10); “ut habeatis et possideatis uos” (ls. 7-8) > “ut habeatis et possideatis eam uos” (ls. 10-11); “Si aliquis de parte mea uel de extranea uenerit” (l. 8) > “Si autem aliquis de parte mea uenerit uel de extranea” (ls. 11-12); “sit excomunicatus et maledictus” (l. 9) > “sit maledictus et excommunicatus” (ls. 12-13); “Regnante rege domno fernando in laione et in gallecia” (l. 12) > “Regnante rege domino fernando in legione. et gallecia. in asturíís. et extrematura” (ls. 14-15).

Fig. 22b. AHN, Códice 976, fol. 93r.

A diferenza deste, no seguinte exemplo (AHN, pasta 526/18, a. 1151), do que existen dúas copias simples coetáneas (AHN, pasta 526/19 e 526/19bis21), a maior parte dos segmentos omitidos na copia no tombo (AHN, códice 977, fol. 8rv) afectan á parte dispositiva, onde se estabelecen os lindes territoriais.

21 Esta segunda copia non aparece rexistrada en Pardo Ferrín (1950: vol. 2, doc. 182).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 308

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

Fig. 23a. AHN, Clero, Sobrado dos Monxes, pasta 526/18.

Repárese nos fragmentos sinalados en negra na seguinte transcrición do diploma orixinal (e subliñados enriba na Fig. 23a), omitidos no traslado ao cartulario (Fig. 23b): Jn nomine domini amen. Qvanto diuitijs et possessionibus habundantius quisque uidetur affluere. tanto de his que possidet deo et ueris dei cultoribus prosalute anime sue et peccatorum suorum remissione |2 largius debet inpendere. iuxta illud apostoli. facite bonum adomnes. maxime autem addomesticos fidei. Ea propter ego adefonsus hispanie imperator. una cum uxore mea imperatrice domna rrica. et cum filijs meis |3 santio. et fernando pro amore dei et proanimabus parentum meorum. et peccatorum meorum re[---] consilio et uoluntate comitis domni fernandi. et domni uermudi petri. facio cartam donationis. et textum firmi|4tatis deo omnipotentj et sancte marie uirgini. et uobis abbatj domno petro et omnibus succesoribus u[---]nasterio superaddi cum filigrisijs suis. et de cautis ecclesiarum uidelicet. de pegraia. et de ecclesia alba. et de sancto iuliano |5 decolinbrianis. et insuper de tota hereditate que dicitur regalenga quam habeo in subradu. uidelicet inter terminos istos. per illam mauram. et per lamas maiores. et per curtem de porcis. et inde per nidum aquile. et per |6 portum de lausis. et inde ad couam de serpente. et inde quomodo uadit per illam serram. et per uallem de inferno ad petram de domino ueremudo. et inde per riuum siccum. et inde ad ambas mestas. et inde per siluam rotundam. et per auterium de sáámir. |7 et inde ad patronum. et inde ad peonem de carnis. et inde inter lacunam pantonariam et castrum de arias. et inde ad portum de centenales qui est inter cudissum de munio et caput de aural. et inde ad mamuam de thyera. et inde ad lausas. et inde |8 ad fontem de riuo de nanton quomodo uadit donec intrat in tamar.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

309

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

et inde uadit ad pontem presaris. et per illum riuum de tamarela. et per illum montem de super ruzadas. et ad illum paramium et finit in illam mauram inqua cepimus. |9 Do itaque uobis et fratribus insuperaddo deo seruientibus prelatum monasterium cum suis filigrisijs et predictis cautis. et omnem hereditatem quam uocitant regiam. quam infra terminos supradictos inuenire potueritis. ut habeatis et possideatis |10 uos et omnes successores uestri. ut semper sitis memores mei. et parentum meorum in orationibus uestris. et hoc meum factum semper sit firmum. Si uero in posterium aliquis ex meo genere hoc meum factum rumpere uoluerit. sit maledictus. et excommu|11nicatus. et cum iuda proditore dominj injnferno dampnatus. et pectet regie parti. mille morabetinos. Facta carta in toleto quando imperator ibat ad gaen. ERa .Mª. Cª. Lxxxª. viiijª. et quotum .viº. jdus aprilis. Jmperante ipso imperatore |12 in toleto et legione. in gallecia. et castella. in naiara. et saragocia. in baencia. et almaria. Comes barchilonie tunc temporis uassalus imperatoris. Santjus rex nauarre tunc temporis uassalus imperatoris. Ego adefonsus imperator hispanie hanc |13 cartam quam fieri iussi propria manu mea roboro et confirmo.

Por outra parte, igual que no primeiro exemplo, detéctanse certas diverxencias; algunhas moi simples, no plano gráfico ou secuencial, como xa vimos antes en §  3.2.1: “dampnatus” (l. 11) > “damnatus” (l. 26), “posterium” (l. 10) > “posterum” (l. 24), “uassalus” (l. 12) > “uassallus” (l. 30), “inuenire potueritis” (l. 9) > “potueritis inuenire” (l. 22). Noutros casos, a secuencia muda, acrecéntase ou acúrtase na versión trasladada (véxanse os fragmentos subliñados na Fig. 22b): “de tota hereditate que dicitur regalenga quam habeo in subradu” (l. 5) > “de hereditate quam habeo in subradu” (l. 14), “et inde uadit ad pontem presaris” (l.  8)  > “et per illum pontem presaris” (l. 19), “et omnem hereditatem quam uocitant regiam” (l. 9) > “omnes meam hereditatem quam uocitant regiam” (l. 21), “Si uero in posterum aliquis ex meo genere” (l. 10) > “Si uero imposterum ex meo uel alieno genere” (l. 24), “viiijª et quotum viº jdus aprilis” (l. 11) > “ixª et quotum viº idus aprilis” (l. 29), “et” (ls. 6 e 8) > “et inde” (ls. 17 e 20).

Fig. 23b. AHN, Códice 977, fol. 8rv.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 310

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

No terceiro exemplo recollemos un caso ben rechamante de acrecentamento significativo da parte dispositiva dunha bula papal (AHN pasta 526/14, Fig. 24a) no seu traslado a un dos cartularios (AHN códice 977, fol. 5v; Fig. 24b), o que permitiría afinar a traditio do diploma conservado: unha copia da bula orixinal que serviría de modelo para a súa trasncrición no tombo22.

Fig. 24a. AHN, Clero, Sobrado dos Monxes, pasta 526/4.

Compárense as dúas secuencias destacadas en negra nos fragmentos seguintes: ...Jn quibus hec proprijs duximus ex primen|6da uocabulis. uidelicet locum ipsum qui dicitur superadum. cum omnibus appendicijs suis. sicut testantur carte donationis. Terram uidelicet que uocatur marcia. Terram de aluariza. Terram |7 de sagulfi. et auom. Terram de gunderij. Terram de tanzin. Terram de uillur plano. Terram de oian. Terram de sanctj et sancton. et uillares. et de uilla de monte. et interitorio de nendos genrozo. Sane laborum |8 uestrorum quos proprijs manibus aut sumptibus colitis. siue de nutrimentis uestrorum animalium. nullus a uobis decimam exigere presumat... (diploma, ls. 5-9; Fig. 24a). ...terram de oian. terram de sancti. et san\c/ton. et uillares. et de uilla de monte. et dom|15brechi. et guardiam. et causo. et carnis. et sangorzo. et rouoredo. Et  interritorio de nendos.|16genrozo. et untia. et petario. et salinas. et uentosa. et mariniano. Jn territorio trasancos.|17brion. et sanctum xpoforum. et baloni. et sarantelios. et reparadi. et priorio. Jn  territorio monte|18roso. fahenti Jn terrritorio buual. sancctum laurentium. et rugitorio. et rechaneda. Sane|19laborum uestrorum quos proprijs manibus aut 22 Pardo Ferrín (1950: vol. 2, doc. 173) indica que falta a bula.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 311

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

sumptibus colitis. sjue de nutrimentis uestrorum animaljum.|20nullus auobis decimam exigere presumat... (tombo, ls. 15-21; Fig. 24b).

Fig. 24b. AHN, Códices 977, fol. 5v.

4. DEASPA: Dixitalización e edición selectiva do fondo medieval do Arquivo de San Paio de Antealtares Trátase dun proxecto de investigación financiado inicialmente pola Deputación da Coruña (convocatoria 2012 de bolsas de investigación), durante o período 20122013, e para o que contamos, tamén, coa cesión temporal dos recursos técnicos23 necesarios por parte do Consorcio de Santiago de Compostela. Con vistas á súa adecuada preservación e conservación, o obxectivo prioritario do proxecto foi a dixitalización dun dos principais fondos medievais de Galiza, o do arquivo histórico do mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares, composto por máis de 1.300 unidades textuais, fundamentalmente pergameos soltos datados entre os séculos IX 23 Mesa de dixitalización Kaiser RTX (con soporte regulábel, brazos e focos de luz fría), cámara fotográfica Canon EOS 5D (obxectivo Canon EF35 1:1.4) e equipo informático con sofware de captura de imaxes.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 312

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

e XVI24 (ex. Fig. 25), alén do fondo do Condado de Altamira, con abundante documentación dos séculos XIII-XVI.

Fig. 25. ASPA, Pergameos, San Salvador de Sobrado de Trives.

Outros dos obxectivos do proxecto foron a actualización da descrición arquivística das pezas documentais integradas neste fondo e a procura da documentación medieval historicamente pertencente a este mosteiro compostelán, mais espallada por outros arquivos (fundamentalmente o Archivo Histórico Nacional, o Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela e o Arquivo Histórico Universitario desta mesma cidade), alén da creación dun repositorio dixital con acceso local composto polas capturas dos pergameos (perto de 18.000 imaxes en formato RAW), convenientemente editadas e inventariadas. No período 2014-2015 está prevista a activación dunha plataforma online onde se poida ter acceso tanto ás dixitalizacións como á información arquivística actualizada de cada unha das unidades textuais.

24 Este gran conxunto documental procede maioritariamente dos priorados beneditinos de San Paio de Antealtares: San Pedro de Ansemil (Silleda, 48 docs.), San Salvador de Camanzo (Vila de Cruces, 50 docs.), San Pedro de Dozón (Dozón, 47 docs.), San Fiz de Cangas (Pantón, 30 docs.), Santo Estevo de Chouzán (Carballedo, 105 docs.), San Xoán da Cova (Carballedo, 26 docs.), Santa María de Pesqueiras (Chantada, 8 docs.), San Xián de Lobios (Sober, 25 docs.), San Salvador de Albeos (Crecente, 35 docs.), San Pedro de Lobás (O Carballiño, 26 docs.), San Salvador de Sobrado de Trives (Pobra de Trives, 238 docs.), San Pedro de Ramirás (Ramirás, 558 docs.), San Salvador de Celanova (Celanova, 5 docs.) e San Mamede de Seavia (Coristanco, 7 docs.). O arquivo de Antealtares custodia tamén unha colección documental do mosteiro asturiano de San Salvador de Cornellana (Salas, 49 docs.), alén de seis diplomas da súa etapa anterior ao século XV, como comunidade bieita masculina, e 25 documentos máis de data e localización indeterminadas (por deterioración do soporte). Unha descrición deste fondo pódese consultar en Buján Rodríguez (1996: 205-288).

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009

313

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

Por último, do punto de vista editorial, o proxecto aborda a transcrición e edición selectiva, segundo a metodoloxía antes descrita do COTAGAL, dunha serie de pezas ou conxuntos documentais pertencentes a este fondo histórico, inéditos ou xa éditos mais de maneira parcial ou deficiente, como o fondo de San Salvador de Camanzo, San Fiz de Cangas, San Xoán da Cova e San Salvador de Sobrado de Trives.

Referencias bibliográficas Arbor Aldea, M. / Varela Barreiro, X. (2008): “O uso dos signos gráficos e como segundo elemento de ditongo decrecente. A evidencia de dúas mans na copia do Cancioneiro da Ajuda”, en Brea, M. / Fernández Rei, F. / Regueira, X. L. (eds.), Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina, 419442 (Santiago de Compostela: Universidade). BGM = Varela Barreiro, X. (dir.): Biblioteca dixital da Galicia Medieval (Santiago de Compostela: Universidade, Instituto da Lingua Galega). Dispoñíbel en: http://sli. uvigo.es/BGM/. Buján Rodríguez, Mª M. (1996): Catálogo archivístico del Monasterio de benedictinas de San Payo de Ante-Altares (Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago). Garrido Martín, B. (coord.) / González Gómez, J. / Pichel Gotérrez, R. / Pedrote, A. (2014, en preparación): “Edición de textos e historia de la lengua diez años después: avances y nuevos problemas” (mesa redonda), en Actas del XIV Congreso Internacional de la Asociación de Jóvenes Investigadores de Historiografía e Historia de la Lengua Española (Madrid, 9-11 abril 2014). Isasi Martínez, C. (coord.) / Lobo Puga, A. / Martín Aizpuru, L. / Pérez Isasi, S. / Pierazzo, E. / Spence, P. (coord.) (2014): Guía para editar textos CHARTA según el estándar TEI: una propuesta. Dispoñíbel en: http://www.charta.es/investigacion/charta-tei/. LEMA = Suárez González, A. (dir.): Libros, memoria y archivos. Cartularios monásticos del noroeste peninsular (siglos XII-XIII) (Santiago de Compostela: Universidade). Dispoñíbel en: http://ilg.usc.es/LEMA/. Loscertales de García de Valdeavellano, P. (1976): Tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes. (Madrid: Dirección General del Patrimonio Artístico y Cultural). Mariño Paz, R. / Varela Barreiro, X. (2005): “O uso dos signos gráficos , e no Cancioneiro da Ajuda”, en Brea, M. (coord.), Carolina Michaelis e o Cancioneiro da Ajuda, hoxe, 309-374 (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Política Lingüística / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades). Pardo Ferrín, M. (1950?): Aportación a la historia del Monasterio de Sobrado durante la Alta Edad Media. Tese de doutoramento inédita (dir. Ángel Canellas). Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 314

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

Martínez Lema, P. / Pichel Gotérrez, R. (2009): “Documentación romance no Tombo de Toxos Outos: edición filolóxica e estudo toponímico”, Moenia. Revista lucense de lingüística & literatura 15, 207-231. Pichel Gotérrez, R. (2007): “A documentación latino-romance ‘non dispositiva’ na emerxencia do galego escrito”, Cadernos de Lingua 29, 45-108. Pichel Gotérrez, R. (2008a): “A documentación non-dispositiva na emerxencia do galego instrumental: a pesquisa e o relato procesual”, Verba. Anuario Galego de Filoloxía 35, 73-120. Pichel Gotérrez, R. (2008b): “A documentación medieval do mosteiro de Sta. María de Pesqueiras (sécs. XIII-XIV)”, en Casal, R. / Andrade, J. M. / López, R. (coords.), Galicia Monástica. Estudos en lembranza da profesora María José Portela Silva, 61-78 (Santiago de Compostela: Universidade). Pichel Gotérrez, R. (2008c): “A habilitación do romance na documentación do mosteiro de Sto. Estevo de Chouzán”, en Corral, E. / Fontoira, L. / Moscoso, E. (eds.), A mi dizen quantos amigos ey. Homenaxe ao profesor Xosé Luís Couceiro, 479-493 (Santiago de Compostela: Universidade). Pichel Gotérrez, R. (2008d): “O mosteiro de San Salvador de Sobrado de Trives: primeira documentación romance (1255-1271)”, Murguía. Revista de Historia 15-16, 47-74. Pichel Gotérrez, R. (2009a): Fundación e primeiros séculos do mosteiro bieito de Santo Estevo de Chouzán (sécs. IX-XIII). Edición da colección documental (A Coruña: Toxosoutos, Col. Trivium 36). Pichel Gotérrez, R. (2009b): “Aspectos lingüísticos da documentación ‘non dispositiva’ galega nos sécs. XII e XIII”, en Ibba, D. (coord.), Interlingüística. La lingüística entre los jóvenes investigadores, 480-490 (Girona: Universitat, Documenta Universitaria). Pichel Gotérrez, R. (2009c): “Emergencia de la scripta romance y pervivencia de la formulística latina en la génesis del acto documental medieval”, en Romero, L. / Julià, C. (coords.), Tendencias actuales en la investigación diacrónica de la lengua, 319-329 (Barcelona: Universitat). Pichel Gotérrez, R. (2010a): “Habilitación y disposición de la scripta vernácula en la documentación probatoria latino-romance”, en Encinas Manterola, M. T. / González Manzano, M. / Gutiérrez Maté, M. / López Vallejo, M. Á. / Martín Gallego, C. / Romero Aguilera, L. / Torres Martínez, M. / Vicente Miguel, I. (comps.), Ars longa. Diez años de la Asociación de Jóvenes Investigadores de Historiografía e Historia de la Lengua Española, 81-100 (Argentina: Librería Voces del Sur). Pichel Gotérrez, R. (2010b): “Contribución á braquigrafía do galego medieval. Procedementos abreviativos e transcendencia escriptolingüística”, en Cano López, P. / Cortiñas Ansoar, S. / Dieste Quiroga, B. / Fernández López, I. / Zas Varela,  L. (eds.),  XXXIX Simposio Internacional de la Sociedad Española de Lingüística (Santiago de Compostela: Unidixital; publicación electrónica). Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 315

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

Pichel Gotérrez, R. (2011a): “Reflexiones ecdótico-lingüísticas en torno a la prosa instrumental gallega del siglo XIII. Apuntes grafemáticos”, en Carmona Yanes, E. / Rey Quesada, S. del (coords.), Id est, loquendi peritia. Aportaciones a la Lingüística Diacrónica de los Jóvenes Investigadores de Historiografía e Historia de la Lengua Española, 335-343 (Sevilla: Facultad de Filología, Departamento de Lengua Española, Lingüística y Teoría de la Literatura). Dispoñíbel en: http://institucional.us.es/ idestloquendi/. Pichel Gotérrez, R. (2011b): “Hacia una edición comprometida de la prosa instrumental. Notas para un estudio crítico de la braquigrafía medieval gallega: el signo general de abreviación”, en Beas Teruel, Mª A. (coord.), Nuevas líneas de investigación en el estudio diacrónico de la lengua española, 65-76 (Palma, Illes Balears: Edicions UIB). Pichel Gotérrez, R. (2012a): “A representación gráfica da nasalidade vocálica e do trazo palatal no galego antigo e o seu tratamento editorial”, Estudos de Lingüística Galega 4, 87-106. Dispoñíbel en: http://ilg.usc.es/elg/volume/4/. Pichel Gotérrez, R. (2012b): “El anisomorfismo braquigráfico en el gallego medieval como fuente para la investigación filológica y lingüística: Compendios abreviativos híbridos”, en Torrens Álvarez, Mª J. / Sánchez-Prieto Borja, P. (eds.), Nuevas perspectivas para la edición y el estudio de documentos hispánicos antiguos, 197-218 (Bern: Peter Lang, Col. Fondo Hispánico de Lingüística y Literatura 12). Pichel Gotérrez, R. (2013a, en preparación): A Historia Troiana (BMP ms. 558). Edición e estudo histórico-filolóxico (Santiago de Compostela: USC Editora). Pichel Gotérrez, R. (2013b): “En torno a la presentación crítica de un texto medieval gallego-castellano (s. XIV). Algunos aspectos grafemáticos”, en Fernández López, Mª C. / Suárez Fernández, M. / Veiga, A. (eds.), Oh lux Iberiae. En torno a las letras en la España medieval, 135-162 (Lugo: Axac, Col. Yuso). Pichel Gotérrez, R. (2013c): “Notas sobre braquigrafía galega medieval. Sinais abreviativos especializados”, en Casanova Herrero, E. / Calvo Rigual, C. (eds.), Actas del XXVI Congreso Internacional de Lingüística y de Filología Románicas (Valencia, 6/11-9-2013), vol. 7 (sec. 11), 335-346 (Berlín: Walter de Gruyter). Pichel Gotérrez, R. (2013d): “As notas marxinais coetáneas da Historia Troiana (séc. XIV). Edición e estudo”, Revista Galega de Filoloxía 14, 117-159. Pichel Gotérrez, R. (2014a, no prelo): “Proyecto «Libros, Memoria y Archivos: Cartularios monásticos del noroeste peninsular (ss. XII y XIII)». En torno a la (multi) edición interdisciplinar”, en Actas del XII Congreso Internacional de la Asociación de Jóvenes Investigadores de Historiografía e Historia de la Lengua Española (Padova, 2-4 mayo 2014). Pichel Gotérrez, R. (2014b, no prelo): “Algunos aspectos paleográficos y grafemáticos conflictivos de la Historia Troyana (sección castellana, 2ª mitad del s. XIV)”, en Actas del II Congreso Internacional Tradición e Innovación: nuevas perspectivas para la edición, la investigación y el estudio de documentos antiguos (Neuchâtel, 7-9 septiembre 2011). Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 316

Edición de textos da Galiza medieval e moderna. Algúns proxectos en marcha

Pichel Gotérrez, R. (2014c, no prelo): “Signos ou evidencias de corrección na escritura orixinaria da Historia Troiana (MP Ms. 558)”, en Actas do I Coloquio de Lingüística Histórica (Santiago de Compostela, 1-4 xullo 2013) (Santiago de Compostela: Anexo de Verba. Anuario galego de filoloxía). Pichel Gotérrez, R. / Buján Rodríguez, Mª M. (2012): “A comunidade bieita de San Paio de Antealtares no séc. XV. Un caderno de contas inédito en galego (1455-1465)”, en Marín López, R. (coord.), Homenaje al Profesor Dr. José Ignacio Fernández de Viana y Vieites, 421-438 (Granada: Universidad). Pichel Gotérrez, R. / Cabana Outeiro, A. (2007): “Parámetros para o estudo da introdución do romance na documentación notarial galega”, en Boullón Agrelo, A. I. (ed.), Na nosa lyngoage galega: A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media, 129-157 (Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega). Pichel Gotérrez, R. / Martínez Lema, P. (2014): “Documentação posterior à confecção do tombo de Toxos Outos (sécs. XIII-XIV). Edição e inventário toponímico”, Scriptum digital. Revista de corpus diacrónicos y edición digital en lenguas iberorrománicas 3. Dispoñíbel en: http://scriptumdigital.org/documents/4-Pichel_et_al_revi_Ruth-bo.pdf. Pichel Gotérrez, R. / Varela Barreiro, X. (2009): “O corpus do galego medieval: o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)”, en Enrique-Arias, A. (ed.), Diacronía de las lenguas iberorrománicas: nuevas aportaciones desde la lingüística de corpus, 195-215 (Madrid / Frankfurt am Main: Iberoamericana / Vervuert, Col. Lingüística Iberoamericana 37). Rodríguez Guerra, A. / Varela Barreiro, X. (2007): “As grafías do Cancioneiro da Ajuda”, en Boullón Agrelo, A. I. (ed.), Na nosa lyngoage galega: A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media, 473-556 (Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega). Suárez González, A. (2009): “Los libri cartarum Superaddi: notas para otra lectura (AHN, códices 976 y 977)”, en Casal, R. / Andrade, J. M. / López, R. (coords.), Galicia Monástica. Estudos en lembranza da profesora María José Portela Silva, 39-59 (Santiago de Compostela: Universidade). Suárez González, A. (2011): “Memoria de la fundación de San Lorenzo de Carboeiro (una crónica despistada)”, Rudesindus. Miscelánea de arte e cultura 7, 77-93. Suárez González, A. (2013): “Invocar, validar, perpetuar (un círculo de círculos)”, Revista de poética medieval 27, 61-99. Suárez González, A. (2014, no prelo): “Cistercian scriptoria in the twelfth and thirteenth centuries: a starting point”, en DíEmilio J. (ed.), Culture and Society in Medieval Galicia: a Cultura Crossroads at the Edge of Europe (University of South America). TMILG = Varela Barreiro, X. (dir.): Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega. (Santiago de Compostela: Universidade, Instituto da Lingua Galega). Dispoñíbel en: http://ilg.usc.es/tmilg. Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 317

Ricardo Pichel Gotérrez / Xavier Varela Barreiro

Varela Barreiro, X. (2005): “Os usos das letras maiúsculas no Cancioneiro da Ajuda”, en Boullón Agrelo, A. I. / Couceiro, X. L. / Fernández Rei, Fco. (eds.), As tebras alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos en homenaxe a Ramón Lorenzo, 275-288 (Santiago de Compostela: Universidade). Varela Barreiro, X. (2010): “Un novo glosario do Cancioneiro da Ajuda: a microestrutura das entradas verbais”, Estudos de lingüística galega 2, 141-171. Varela Barreiro, X. (2011, no prelo): “LEMA: multiedición de cartularios medievais do noroeste peninsular”, en Actas do Simposio ILG 2011. Textos, palabras e voces: corpora e ferramentas para a investigación lingüística (Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega). Varela Barreiro, X. (2014): “As letras maiúsculas no códice To das Cantigas de Santa María”, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 17, 139-150. Dispoñíbel en: http:// revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/45745/42991. Vázquez Bertomeu, M. (2001): Notarios, notarías y documentos en Santiago y su tierra en el siglo XV (Sada, A Coruña: Ediciós do Castro). XELMÍREZ = Varela Barreiro, X. (dir.): Xelmírez. Corpus Lingüístico da Galicia Medieval (Santiago de Compostela: Universidade, Instituto da Lingua Galega). Dispoñíbel en: http://sli.uvigo.es/xelmirez/index.html.

Revista Galega de Filoloxía, ISSN 1576-2661, 2010, 11: 79-103 Data de recepción: abril de 2009 | Data de aceptación: xuño de 2009 318

9 Leticia Eirín García Xoán López Viñas (editores)

Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica

ÁREA DE FILOLOXÍAS GALEGA E PORTUGUESA

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.