Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda (galego)

June 30, 2017 | Autor: Ó. Rodríguez Fern... | Categoria: Propaganda, Futbol, Franquismo, Nacionalismo, Censura durante el franquismo
Share Embed


Descrição do Produto

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

FÚTBOL E PATRIA EN ESPAÑA NO SÉCULO XX: NACIONALISMO, POLÍTICA E PROPAGANDA

Óscar Alejandro Rodríguez Fernández

RESUMO O fútbol é o deporte máis popular do planeta, pero tamén un vehículo inmellorable para albergar mensaxes ideolóxicos co fin de construír, fomentar e asimilar unha idea de patria na sociedade. En España, a relación entre fútbol e patria é totalmente perceptible ao longo do século XX, combinándose elementos de nacionalismo, política e propaganda en cada un dos diferentes períodos de dito século. Ante estes feitos, o presente traballo ten como obxectivo analizar o uso do fútbol na construción e fomento de identidades nacionais, estudando cómo se promoveron distintos relatos e estereotipos nacionais españois, cataláns e vascos a través do fútbol. Móstrase a natureza cambiante de cada réxime no uso e implantación de ideas nacionais, a implantación da chamada cultura de evasión ou tamén cómo os cambios sociopolíticos foron moldeando narrativas futbolísticas que reforzan as identidades nacionais Palabras chave: fútbol, nacionalismo, política, propaganda, patria

1

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

INTRODUCIÓN 30 de maio de 2015. O rei Felipe VI colócase en posición firme no palco presidindo por primeira vez a final da Copa do Rei de fútbol. Á súa esquerda, Ángel María Villar, presidente da RFEF, mira estupefacto o que está a acontecer nas bancadas; á dereita, Artur Mas, presidente da Generalitat de Cataluña, sorrí. Nos primeiros compases da Marcha Real, os afeccionados presentes no Camp Nou comezan unha atronadora pitada que deixa ao himno español en segundo plano, mentres os xogadores albiscan a fronte como actores secundarios nos prolegómenos do partido. Este acto era o símbolo da crítica ante ese rei, ante os seus antepasados e ante un estado que non recoñecían. Nas bancadas estaban representados, maioritariamente, seareiros do Athletic Club de Bilbao e do Fútbol Club Barcelona, dous contendentes que sempre foron máis que simples clubs de fútbol. Non xogaban só por e para as súas afeccións. Xogaban por anos de demostración de que as súas comunidades autónomas eran nacións distintas á española. Este é un só dos exemplos que nos explican como fútbol e nacionalismos están moi próximos. Os dirixentes políticos sábeno bastante ben, mais non tanto os afeccionados, pese ao que poida parecer. Na sociedade en si non existe un problema nacionalista, non no sentido de comunidades de imposible convivencia como sucedeu, por exemplo, na antiga Iugoslavia. É, máis que nada, un problema nacionalista entre elites políticas. Por iso un vehículo tan popular como o fútbol é unha ferramenta moi eficaz para os nacionalismos no seu afán de medrar, utilizalo e levalo á rúa. Dende días antes do partido, os medios de comunicación levaban ás súas cabeceiras frases de políticos aludindo á liberdade de expresión, sabendo xa o que ía ocorrer minutos antes de que o árbitro dese por comezado o partido. Sen ningunha dúbida, o fútbol é, como dixo Jorge Valdano, ex xogador e ex adestrador do Real Madrid, «o máis importante das cousas menos importantes». En medio dunha crise económica que fai fornecer un futuro moi escuro, a meirande parte da sociedade segue fiel a causas verdadeiramente antigas: fútbol e patria. Como dicía Albert Camus, «patria é a selección nacional de fútbol». Ante estes feitos, a idea fundamental do presente traballo é analizar a vinculación entre nacionalismo, política e propaganda co fenómeno do fútbol na España do século XX. Dito século, como ben sabemos, está composto por períodos moi diferentes entre si, polo 2

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

que outro obxectivo do traballo é o de analizar o papel que tiveron os diferentes réximes políticos e gobernos da España do século XX no uso do deporte e, en concreto, do fútbol, como elemento de construción, fomento e asimilación da identidade nacional. A continuación, analizarase a narrativa e estereotipos sobre a identidade nacional española ligada ao fútbol, creada a través do estado e dos medios de comunicación, e a súa pervivencia ao longo dos anos. Por último, convén analizar o fútbol como mecanismo universal de creación e promoción de identidades nacionais periféricas —Cataluña e Euskadi— en España. En definitiva, este traballo reflexiona sobre tales asuntos dende unha perspectiva histórica e sociolóxica. O contido combina tres análises: a historia do fútbol en España no século XX, a construción da identidade nacional española, e o auxe e progreso dos nacionalismos periféricos. Todos conflúen de maneira singular na fin do traballo, un fío condutor que degraña os diferentes momentos chave do período contemporáneo. En definitiva, a historia dunha patria imposible no que atinxe ao fútbol.

HISTORIOGRAFÍA, METODOLOXÍA E FONTES En España, pese a importancia tanto do fútbol como da cuestión nacional, as investigacións académicas sobre o deporte e as identidades nacionais apenas son relevantes, ademais de ser moi tardías. Os escasos traballos realizados están dedicados a períodos concretos, ámbitos territoriais ou temas específicos, nos que destacan historiadores de certa sona. Por dar conta dalgunha destas investigacións, convén mencionar os traballos promovidos por historiadores da escola inglesa, como o pioneiro de Duncan Shaw (1987) sobre o fútbol na etapa franquista, ou o de Liz Crolley e David Hand (2006), sobre a relación do deporte rei coa ideoloxía fascista e a comunista en ámbitos europeos, tratando como un máis á ideoloxía franquista. Sen embargo, a meirande parte dos estudos que se realizaron estudan zonas xeográficas concretas. Convén ter en conta os traballos de Xavier Pujadas e Carles Santacana en Cataluña, de Andrés Domínguez Almansa en Galicia ou de Ángel Bahamonde no que atinxe a un tema concreto como é o Real Madrid. Da nova xeración de historiadores sobresae Alejandro Quiroga, cuxa liña de investigación o levou a facer unha das obras de máis importancia para a realización deste traballo. Non convén tampouco desprezar os 3

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

artigos de numerosos xornalistas que afondan no tema dende a súa disciplina, como Carles Torres ou Alfredo Relaño. Sen dúbida, a bibliografía empregada para a realización deste traballo non é moi ampla e limita a profundidade da investigación. Para un maior achegamento aos obxectivos do presente traballo precisouse da busca de fontes primarias. Os filmes como Furia Española ou Los Ases Buscan la Paz son fontes moi significativas para explicar a visión que se quería dar naquel momento de diferentes episodios, ademais do NO-DO. Por outra banda, realizouse un importante traballo da busca e compilación de artigos xornalísticos dunha innumerable cantidade de xornais deportivos e xerais que inciden de forma fiable na realidade do fútbol español durante o século XX. A metodoloxía do presente ensaio combina o estudo dos discursos dos nacionalismos central e periféricos, o significado dos textos dos medios de comunicación e o análise histórico e circunstancias sociais que atinxen ao contexto. Ante isto, se preferiu escoller unha secuencia histórica cronolóxica, co fin de ver detalladamente como os medios teñen un efecto acumulativo na transmisión de narrativas futbolísticas e, en definitiva, na creación de identidades nacionais, que posteriormente adoptarán os diferentes gobernos ou réximes para un maior control das masas. Evidentemente, o século XX en España ten numerosos puntos de ruptura que fan desta metodoloxía a máis utilizada e, do mesmo modo, a máis preferible para analizar as diferentes fases. Así, o traballo está estruturado en cinco grandes categorías que abarcan a meirande parte do século pasado. O primeiro apartado (1900-1939) explica como o fútbol conseguiu ser o deporte referente na España antes da Guerra Civil, e as características propias que xorden en cadanseu lugar; o segundo (1939-1947) trata os cambios que orixinou o franquismo ata que, debido á presión internacional, comeza a desfascistización; a terceira (1947-1967) é a etapa de máis éxitos deportivos no fútbol, da man da Selección e do Real Madrid, e tamén do réxime; a cuarta etapa (1967-1975) explica a fin do franquismo e o auxe dos nacionalismos periféricos; e, por último, a quinta etapa, a cal explica brevemente e a modo de conclusión os anos do fútbol en democracia.

4

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

1. O FÚTBOL EN ESPAÑA NAS ORIXES DA SOCIEDADE DE MASAS (1900-1939) No primeiro terzo do século XX, o fútbol despega en España. Se no século anterior era un deporte estranxeiro e ligado a puntos concretos da xeografía española, en poucos anos o fútbol collerá pulo e chegará a ser un deporte de masas propiamente dito, axudado por unha prensa que mitificará os logros dos nosos. Miles de espectadores gozarán nas bancadas do football que trouxeron os ingleses, xa apoiasen a un club ou a unha selección rexional ou nacional. Sen embargo, a Guerra Civil supuxo un punto de ruptura xa que a organización, infraestrutura e obxectivos mudarán completamente. a. O BERCE DO FÚTBOL EN ESPAÑA Ata o século XIX, a meirande parte da xente habitaba en pobos ou aldeas lonxe das grandes aglomeracións. Eran núcleos rurais illados entre si, unidos só por sendeiros ou camiños de carros. Moi lonxe atopábanse as capitais administrativas onde unha pequena parte da poboación, normalmente burguesía e clases dirixentes, vivían sen contacto coa xente do rural. Moi pouca importancia lle daban os habitantes rurais a iso das patrias e das nacións, eles procuraban gozar das festas locais, lonxe dos modernos espectáculos deportivos de masas. Pero como en España, pasaba o mesmo nos numerosos pobos de Europa. Non foi ata o último terzo do século XIX cando a poboación comezou a sentirse habitante dun estado nacional. A modernización industrial e económica favoreceron a decadencia dos localismos e o auxe das nacións: unha comunidade política imaxinada, dotada máis tarde de Estado e convertida en patria1. Ao mesmo tempo que se creaban patrias, formalizábanse regras para que os xogos de sempre se converteran en deportes. De aí xurdiron clubs fundados por, normalmente, altos burgueses, gustosos do deporte en xeral. O primeiro club fundouse en 1857, o Sheffield FC, en Inglaterra. Co paso das décadas, fundáronse máis equipos na illa británica ligados a empresas ou sectores, como o West Ham United á siderurxia ou o Manchester United ao ferrocarril2. A extensión foi moi rápida, e de Inglaterra pasou ao continente

1 2

ANDERSON, B., (1993), Comunidades imaginadas, Fondo de Cultura Económica, México, pp. 23-24 DE LA MADRID, J. C. (2013), Una patria posible. Fútbol y nacionalismo en España. Trea Ensayos, Gijón, p. 49

5

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

europeo por medio de estudantes, comerciantes, traballadores ou militares que partían a países como España, Italia, Alemaña ou Francia. En España, o fútbol chegou polos portos. O resultado foi a implantación do novo deporte en vilas e cidades mariñeiras como Bilbao, Xixón, Tarragona ou, no caso galego, Vilagarcía de Arousa. A imitación dos ingleses, comezarían a fundarse clubs nestas vilas, como o Athletic Club en Bilbao ou o Foot-ball Club Barcelona en dita cidade, de aí os anglicismos nos nomes dos equipos. Por outra banda, cidades como Madrid tamén fundaron clubs pola súa situación de capital do reino e os ideais de rexeneración e modernización que traía o novo deporte, como foi o Madrid Football Club en 1902 ou o Athletic Club de Madrid un ano despois, sendo nun primeiro momento sucursal do equipo bilbaíno; ou Huelva, onde a Rio Tinto Company Limited levou traballadores e costumes ingleses, favorecendo a creación do Huelva Recreation Club en 1878, o primeiro club español3. A unión da prensa e de boa parte da aristocracia, como o propio rei Afonso XIII, fixo que nacese a Copa do Rei no ano 1902. Anos despois, e tras moitas dificultades, creouse en 1909 a Real Federación Española de Fútbol, que aínda está vixente a día de hoxe. É o berce e implantación dun novo deporte na península, que pouco a pouco florecerá coa creación de moitos clubs deportivos. b. A NARRATIVA DA FURIA E DO FRACASO A narrativa da furia española nace coa Selección. A popularización definitiva do fútbol na sociedade española deuse na Olimpíada de Amberes de 1920, onde a participación española foi un éxito. Pese ao amateurismo dos propios xogadores, a selección conseguiu a medalla de prata tras vencer a países como Dinamarca ou Holanda, claros favoritos ao título. Neste torneo acúñase o termo furia por parte de diferentes medios de comunicación estranxeiros, definindo o xogo brusco e pouco sofisticado da selección, facilitada pola imaxe que tiña España de ser un país con xente apaixonada e impulsiva, seguindo os estereotipos que proviñan do século anterior4.

3

Ibid., p. 53 QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. (2004), Goles y banderas. Fútbol e identidades nacionales en España, Marcial Pons Historia, Madrid, pp. 39-40

4

6

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

O concepto de furia trasladouse da esfera internacional á nacional por medio de diferentes publicacións na década dos anos vinte, culminando na creación dun semanario deportivo en Barcelona en 1929 chamado «Furia Española»5. Sen embargo, a violencia e o xogo brusco da selección pasaron a ser coraxe, valentía e afouteza para a prensa española. A furia era considerada un espírito de loita heroico que levara á selección a vencer nas Olimpíadas de Antwerp, un fito histórico que se utilizará a partir de entón como propaganda, sobre todo pola narrativa franquista. Malia que durante este período os medios de comunicación non usarán con moita frecuencia o termo furia, a palabra consolidarase nos vindeiros anos. En relación á narrativa da furia, foi xurdindo a chamada narrativa do fracaso. Este fatalismo baseábase na crenza de que unha combinación de mala sorte, malos arbitraxes e calquera inclemencia excepcional actuaban en contra de España e impedía que a Selección desenvolvera todo o seu potencial. Esta narrativa comezou xa nas Olimpíadas de Amberes, pero aparecerán tamén nas Olimpíadas de París de 1924 ou nas de Ámsterdam en 1928. Sen embargo, o caso máis sangrante foi o ocorrido en 1934. A apaixonada exaltación do público influíu decisivamente na vitoria que conseguiu onte Italia sobre España, en Florencia, pola diferenza mínima dun “goal” a cero. Todo o “match” transcurriu baixo a coacción da violencia deportiva e o escándalo público, que os españois resistiron heroicamente. […] A mala sorte acompañounos de novo nesta xornada. […] A selección española recuperou todo o seu prestixio merced aos heroicos esforzos dos seus xogadores.6 Igualmente, pese ás grandes diferenzas ideolóxicas entre El Debate e El Socialista, na Copa do Mundo de 1934 ambas crónicas eran moi semellantes, ao igual que a do ABC, citada anteriormente. Por unha banda, o xornal de dereitas loubaba o «heroísmo e a caballerosidade», que resistira aos italianos e aos árbitros «contra vento e marea»7. Por outra banda, El Socialista mostrou unha clara conciencia do potencial manipulador do fútbol e acusou a Mussolini de amañar o torneo subornando os árbitros, pero tamén sacaba orgulloso recalcando o «entusiasmo grande da loita española» que pouco puido facer ante 5

Íbid., p. 41 ABC, 2 de xuño de 1934, pp. 47-48 7 El Debate, 2 de xuño de 1934 6

7

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

un árbitro que «quería a todo transo que gañase u once azul» 8. Os medios de comunicación da época comezaron a mostrar as causas: o fatalismo, a mala sorte e a inxustiza, en definitiva, a desgraza dunha nación por malas intencións9. Unha páxina máis na Lenda Negra de España. Pese a súa utilización posterior na época republicana, esta narrativa da furia e do fracaso está intrinsecamente relacionado co réxime de Primo de Rivera e as intencións que tiña o goberno de promover unha imaxe nova e positiva de España contra o nacionalismo pesimista da Xeración do 98. A narrativa do século anterior perdera autoestima, unidade nacional e mitos. Aquelas narracións da patria común que comezaba cos celtas e iberos e seguía con Roma, visigodos, a Reconquista ou os Reis Católicos, aqueles heroes e iconas como Sagunto, Numancia ou o 2 de maio comezaban a ter lagoas. A idea de nación española apoiábase nun estado sumido nunha grave crise política, económica e social. Ante isto, o goberno de Primo de Rivera decidiu mostrar un carácter dunha España festiva. Fronte á icona da Mater Dolorosa do século anterior, o novo réxime promoveu un proceso de «andalucización»10 coa figura dunha moza andaluza de beleza e felicidade inusitada; fronte á crise e o drama de fin de século, os primorriveristas retrataron a figura dunha nación rexuvenecida. Pode parecer que coa proclamación o 14 de abril de 1931 da Segunda República esta narrativa ía mudar. Nada máis lonxe da realidade, Destacable foi nesta época como o fútbol comezou a experimentar un crecemento moi forte, convertido xa na década dos vinte nun espectáculo de masas. A culminación deste feito foi, quizais, a vitoria do combinado español fronte a Inglaterra en 1929 ante 50.000 espectadores no Estadio Metropolitano de Madrid. Este fito foi, sobre todo, glorificado en época franquista, e que terá unha importancia en 1950 cunha nova vitoria ante Inglaterra, como se explicará posteriormente. c. SELECCIÓNS REXIONAIS E NACIONALISMO En España, o fútbol chegou no mesmo momento que os nacionalismos periféricos disputaban con España as súas ideas nacionais e as receitas para conseguir vigor escapando dos vellos tempos. A vinculación entre nacionalismo e clubs de fútbol serve para entender o 8

El Socialista, 2 de xuño de 1934 QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. p. 43 10 Íbid., p. 45 9

8

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

crecemento de ambos polo apoio mutuo. Destacan dous casos que nacerán a comezos do século: o Athletic Club, vinculado ao nacionalismo vasco; e o Fútbol Club Barcelona, vinculado ao nacionalismo catalán. Por unha banda, o Athletic Club de Bilbao, un dos máis antigos equipos do país, sempre representou fielmente á cidade. Dende a súa fundación en 1899, o Athletic tivo directivos vinculados ao Partido Nacionalista Vasco (PNV), que buscaban a través do uso do fútbol adoutrinar á clase traballadora en postulados abertzales11. Tamén tivo, dende a súa orixe, unha importancia económica na base dunha cidade en auxe, como foi o presidente Alejandro de la Sota entre 1913 e 1918, avogado e membro dunha das familias máis preeminentes da burguesía bilbaína12. En 1919, a imaxe fortaleceuse tras a decisión da xunta directiva de crear un equipo formato totalmente por vascos, excluíndo a xogadores doutros territorios de España. A chegada da II República aumentou a identificación entre o Athletic Club e o nacionalismo vasco, apoiando incluso a campaña a favor da autonomía vasca. Convén destacar dúas matizacións sobre a unión do nacionalismo vasco e o fútbol. En primeiro lugar, o apoio do PNV ao fútbol non foi pleno. Nas décadas dos vinte e trinta, os sectores máis moderados do PNV, hispanofalantes e urbanos, apostaron por este deporte como instrumento de nacionalización; non obstante, os sectores das zonas rurais, máis conservadores, consideraban o fútbol como un deporte liberal e estranxeiro, non apto para o pobo vasco. En segundo lugar, a utilización por gran parte da sociedade de identidades vascas e españolas á vez, sen aparentes problemas. Obsérvase isto no recibimento da selección española a Irún tras o bo papel nos Xogos Olímpicos de Amberes ou as manifestacións populares en San Sebastián ou Bilbao. En Cataluña, máis do mesmo. A Mancomunitat de Catalunya estivo en mans dunha Lliga Regionalista que sempre tratou de catalanizar os deportes como o fútbol. Destacaba dende había anos un club fundado por un suízo chamado Hans Gamper, o FC Barcelona, apoiado pola potente burguesía catalá e que chegou a apoiar a campaña proautonomía de

11

QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. p. 49 DíAZ NOCI, Javier (2000): "Los nacionalistas van al fútbol. Deporte, ideología y periodismo en los años 20 y 30", en ZER Revista de Estudios de Comunicación, nº9, Bilbao, UPV/EHU, pp. 357-394. 12

9

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

1919 organizada por Francesc Cambó13. Durante a época de Primo de Rivera, o conxunto catalán atópase nun preludio do que acontecerá con Franco. A prohibición da senyera no estadio de Les Corts e a pitada dos afeccionados ao himno español en 1925 provocou o peche do estadio durante seis meses14. Esta lexislación autoritaria e centralista era sinónimo dun ataque directo a Cataluña, facendo que moitas persoas se converteran en socios do club, aumentando o prestixio e, á vez, a oposición ao réxime militar. A chegada da República favoreceu a un FC Barcelona que mostraría o seu apoio ao estatuto de autonomía de Cataluña, manténdose vinculado en todo momento ao movemento catalanista. Á vez, a vinculación do nacionalismo catalán e o FC Barcelona favoreceu a que o outro equipo da cidade condal, o Espanyol, fora considerado un equipo de casteláns, os cales escolleran un nome deliberadamente que era unha ofensa e unha provocación para os cataláns15. A rivalidade que nacerá entón perdurará ata os nosos días. O certo é que, nos primeiros anos do século XX, os seareiros vinculáronse emocionalmente aos clubs da súa cidade ou pobo, antes que as seleccións rexionais e nacionais fixeran a súa aparición. En Galicia, o nacionalismo non se apoiou en ningún conxunto de fútbol de forma tan decidida como en Barcelona ou Bilbao. Non obstante, e como explica o historiador Alejandro Quiroga en numerosas publicacións, nos primeiros momentos do fútbol en España existían identidades múltiples16. Unha persoa podía ser dun equipo de fútbol, apoiar á Selección Española, pero tamén apoiar á súa rexión nos amigables que se disputaron ao longo das décadas, como anteriormente mencionamos coa recepción en Euskadi da Selección das Olimpíadas de Antwerp. Esta compatibilidade de identidades locais, provinciais, rexionais ou nacionais estaba relacionada co marco flexible no que se desenvolveron as competicións deportivas. Os clubs xogaban en campionatos rexionais, a Selección en Mundiais e Xogos Olímpicos, mentres que as seleccións rexionais xogaban amigables contra outras seleccións. Agora ben, podíanse dar casos peculiares. Un caso foi como en 1912 a selección catalá xogou ante Francia en París, e anos despois, en 1924, xogouse un Cataluña contra España en

13

DE LA MADRID, J. C. (2013), Op. Cit. p. 91 RODRÍGUEZ PARDO, J. M. (2009), “Historia de dos abucheos” en Cuadernos de fútbol, 1 de diciembre de 2009, nº 5, 15 SHAW, Duncan (1987), Fútbol y franquismo, Madrid, Alianza, pp. 22-23 16 QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. pp. 51-52 14

10

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

Barcelona17, algo impensable a día de hoxe. Por outro lado, convén sinalar a creación da Copa Príncipe de Asturias, xogada por primeira vez en 1915, onde os participantes representaban a distintas federacións: Cataluña, Centro, Asturias, Norte, Galicia…18 As identidades múltiples eran algo perfectamente existente antes da Guerra Civil, pero coa chegada do franquismo esta concepción deixará de existir. d. DO ESTADIO Á TRINCHEIRA O golpe de estado de xullo de 1936 colleu desconcertado á meirande parte da poboación. Neste mesmo momento íase celebrar a Olimpíada Popular de Barcelona entre o 19 e o 26 de xullo de 1936, a «experiencia máis relevante de internacionalización do deporte popular e obreiro durante a Segunda República19». Se ben todo quedou suspendido polo alzamento militar e o conseguinte inicio da guerra, este evento deportivo víase como un rexeitamento dos Xogos Olímpicos de Berlín e unha unión dos movementos deportivos antifascistas. En si, era a concreción do deporte popular onde terían lugar 18 disciplinas, entre elas o fútbol, e agardábase a participación de nacións con recoñecemento – URSS, Francia ou Estados Unidos – ou por exiliados das mesmas – Alemaña e Italia – e de combinados rexionais, como Galicia, Cataluña, Euskadi, Palestina ou un equipo de xudeus emigrados20. Non obstante, a chegada da Guerra Civil dividiu en dous España e con ela o fracaso de tódalas tentativas de progreso deportivo xurdidas durante a Segunda República. Coa guerra non só ráchase a unidade territorial do campionato, senón que a batalla chegaría ao interior dos propios clubs, sendo moitos deles incautados e perseguidos. A división do terreo de xogo tamén pasou ás trincheiras. Son numerosos os casos de xogadores e, en definitiva, persoas ligadas ao fútbol, que quedarían no territorio peninsular e loitarán na fronte de batalla, tanto por un bando coma polo outro, sobre todo dos lugares con forte compoñente nacionalista. Convén subliñar célebres personaxes como o presidente do FC Barcelona e deputado de Esquerra Republicana de Catalunya, Josep Sunyol, fusilado nas proximidades de Madrid a comezos de agosto de 1936, ou Rafael Sánchez Guerra,

17

El Mundo Deportivo, 14 de marzo de 1924 EIRÉ, A., (1998), O fútbol na sociedade galega, Edicións A Nosa Terra, Vigo, pp. 95-104 19 DOMINGUEZ ALMANSA, A., “Estadios y trincheras. Deporte y retaguardia en la Guerra Civil (1936-1939)” en PUJADAS, X., (2010), Atletas y Ciudadanos. Historia social del deporte en España (1870-2010), Alianza Editorial, Madrid, p. 162 20 Íbid., 166-167 18

11

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

presidente do Real Madrid, que foi encarcerado e posteriormente exiliado21. No bando nacional, personaxes como Santiago Bernabeu loitarían na fronte de batalla, creando unha figura que o vinculará durante toda a súa vida co franquismo, ademais doutras figuras como Ricardo Zamora ou Vicente Calderón. Por outra banda, os estadios deportivos foron utilizados polos diferentes bandos, como o de Mestalla, o cal servira como campo de concentración e tivo que ser reconstruído unha vez finalizada a guerra22. Mención especial merece, pola súa repercusión posterior, as xiras polo estranxeiro de dúas seleccións, unha vasca e outra catalá. Tras percorrer Europa, ambos conxuntos fixeron as Américas xogando amigables en países coma Arxentina, Cuba ou México, lugar onde moitos quedarán no exilio. Outros moitos permanecerán na zona república, pero ningún aceptaría pasar á zona franquista. Convertémonos en vellos errantes – lembraría Zubieta anos máis tarde – e a nosa arma era a calidade deportiva. Éramos como unha compañía de artistas sometida ao mellor postor. Se ben ninguén podería queixarse de que faltasen contratos. Comezábamos, sen sabelo, unha nova vida sen posible coñecemento do final e creo que cando deixamos a fronteira para adentrarnos en territorio francés, non houbo desalento entre nós, pois agardábamos retornar pronto. Sen embargo…23 Máis alá da fronte de batalla, na retagarda tiveron lugar numerosas competicións, sobre todo torneos rexionais. No bando nacional impuxéronse os sublevados, os cales comezarán a exercer unha autoridade militar modificando os vellos postulados do deporte, xerme do que acabaría no novo réxime unha vez gañada a guerra, e que se explicará máis en profundidade no seguinte epígrafe. Na España republicana creáronse, sobre todo, competicións internas, a meirande parte delas de modo benéfico, como o campionato de Catalunya, a Liga Mediterranea ou a Copa da España Libre. A caída dos últimos bastións republicanos remataron con estes eventos, implantándose o réxime impulsado por Francisco Franco en todo o territorio nacional.

21

DE LA MADRID, J. C. (2013), Op. Cit. pp. 106-107 Íbid., 116 23 GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Sport y autoritarismos: la utilización del deporte por el consumo y el fascismo, Alianza Editorial, Madrid, p. 179 22

12

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

2. AS MUDANZAS NO FÚTBOL NO “PERÍODO AZUL” (1939-1947) «No día de hoxe, cautivo e desarmado o exército vermello, alcanzaron as tropas nacionais os seus últimos obxectivos militares. A guerra terminou». Así o 1 de abril de 1939 proclamaba o xa Xeneralísimo Francisco Franco a través de Radio Nacional de España o último parte da Guerra Civil. Comezaba a implantación en todo o territorio nacional do experimento que xa fixeran dende anos anteriores nas zonas conquistadas. A fascistización do deporte non será allea ao fútbol, cunha transformación das estruturas e un uso da censura e da propaganda que se amplificarán nos primeiros anos do réxime franquista. a. A TRANSFORMACIÓN DAS ESTRUTURAS DEPORTIVAS O 21 de decembro de 1938, a escasos meses para a finalización da guerra civil, o xeneral José Moscardó, heroe da resistencia do Alcázar de Toledo, foi nomeado máximo responsable da Delegación Nacional de Deportes, organismo que supeditaba o deporte ao novo Estado controlado, a súa vez, por Falange, dentro do partido único, o Movemento Nacional. Que a súa máxima figura fose un militar falanxista non é casualidade, xa que o novo Estado quería facer do deporte, e especialmente o fútbol, unha ferramenta de proxección excepcional para o novo réxime e impor lazos de amizade cos réximes amigos do Eixe, ademais dun medio de nacionalización de masas nunha sociedade eminentemente rural e con profundos déficits educativos24. Os primeiros anos de posguerra foron de represión e depuración de todo aquilo con matiz republicano, e o fútbol non ía ser menos. Todo o deporte foi analizado no Tribunal de Responsabilidades Políticas antes de transferilo ao Movemento. As competicións disputadas durante a Guerra quedarían anuladas, e os campionatos rexionais suprimíronse en 1940, co fin de unir á única e indisoluble España e, á vez, loitar ante os nacionalismos. A Falanxe penetrou non só nos organismos e estruturas deportivas, senón nos propios equipos, obrigándoos a incluír nas xuntas directivas a dous falanxistas. O Exército tamén quixo protagonismo, e accedeu a través do Atlético de Madrid, convertido no Atlético Aviación entre 1939 e 1946. Esta etapa foi, sen dúbida, na que houbo unha maior profusión de símbolos e ideoloxía fascista. A depuración ás veces alcanzaba o absurdo, 24

QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. pp. 53

13

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

obrigando a moitos equipos a castelanizar os nomes prescindindo de calquera son ou grafía inglesa nas denominacións das asociacións. Así, o Athletic Aviación Club pasou a ser Club Atlético de Aviación, o Fútbol Club Barcelona pasou a ser Club de Fútbol Barcelona, etc. Os censores tamén aplicaron esta imposición nos medios de comunicación, extraendo todos os anglicismos como corner ou match por saque de esquina ou partido. Igualmente, clubs como o Madrid CF ou o Deportivo puideron recuperar os títulos e distintivos monárquicos prohibidos durante a II República, engadindo en moitos o termo “Real”. b. OS SÍMBOLOS PROPAGANDÍSTICO NO FÚTBOL Do mesmo modo que na Alemaña nazi e na Italia fascista, o novo réxime utilizou o fútbol como ferramenta de adoutrinamento patriota. No caso español, os instrumentos propagandísticos, así como as estruturas deportivas, fóronse creando durante a Guerra Civil nos territorios caídos, para implementalos en todo o territorio unha vez rematase a guerra. O exemplo máis claro é o da creación do xornal Marca. O 21 de decembro de 1938 saíu á rúa o primeiro número do semanario deportivo que, convertido logo en xornal, será un dos que teña máis tirada durante a época franquista. A súa portada é significativa: unha muller rubia de aspecto xermánico saudando e un titular: “Brazo en alto a los deportistas de España”25. Dentro del, numerosos artigos de diferentes deportes, pero un moi interesante de Jacinto Miquelarena, onde bota a culpa á Segunda República dos males do fútbol español. O fútbol era durante a República unha orxía vermella das máis pequenas pasións rexionais e das máis viles. Díxeno claramente. Case todo o mundo era separatista –e grosero – fronte a un match para o Campeonato de España. O bizcaitarrismo dábase tanto nos graderíos de San Mamés como na tribuna de Chamartín. Na meirande parte dos casos, o madridista era un bizcaitarra de Madrid; é dicir, un localista, un retrasado mental fronte aos límites nacionais26. Sen embargo, unha diferenza clara entre o réxime de Franco e os de Alemaña e Italia foi a non disposición de Franco a gastar sumas enormes de diñeiro no deporte. A economía española non era boiante despois de tres anos de guerra civil, polo que a fascistización do 25 26

Marca, 21 de decembro de 1938. Marca, 21 de decembro de 1938. Extraído de GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Op. Cit., p. 180

14

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

fútbol só se deu ata a caída das potencias do Eixe e sempre no chanzo superior do deporte. Esta fascistización consistía en pequenos signos que denotaban o sentir do novo réxime, como o obrigatoriedade de facer o saúdo fascista antes de cada partido mentres se entoaba o Cara al Sol ou, por parte da selección nacional, a utilización de camisetas azuis no tocante a vermella. Non lle deu moita sorte á Selección, posto que unicamente ata 1945 organizáronse seis partidos sen bos resultados ante conxuntos que exemplifican ben os aliados do franquismo: dúas veces contra a Portugal de Salazar, un partido ante a neutral Suíza, dous ante a Alemaña nazi e a Italia fascista e o último contra a Francia colaboracionista de Vichy. Neste marco, os partidos da selección utilizáronse para remarcar o vínculo entre a ditadura e a nación española, ademais dun vehículo de exaltación fascista internacional. Como sinalou Hans von Tschammer und Osten, director de Deportes do Reich, o partido escenificaba nun terreo de xogo a “fermosa e fiel amizade entre os dous pobos que estaban unidos no combate contra o inimigo mundial dos campos de batalla de Rusia”27. Mentres, en territorio nacional a competición volveu en 1939. Convén mencionar como o Oviedo non puido participar dado que o seu estadio rematara destruído pola Guerra Civil, dándolle a oportunidade ao Osasuna polo incondicional apoio da cidade de Iruña ao conflito bélico28. Ao contrario que o FC Barcelona e o Athletic Club, sinónimos de separatismo, tanto o Osasuna como o Espanyol ían ser sinónimo de todo o contrario. Os principais equipos da década dos corenta serán dous: Atlético Aviación, como anteriormente se mencionou, o equipo do Exército, e o Athletic Club. Pese ao apoio que fixo o equipo vasco durante o conflito ao réxime republicano, o franquismo loubará a súa disposición e filosofía de xogo como súa: forza, entusiasmo, enerxía ou virilidade. Neste senso, o xornal Marca describía ao Athletic como un club “genuinamente español” á vez que denunciaba o “despojo” dos seus xogadores por marchar do país coa fin da República29. En síntese, a furia española de anos atrás estaba encarnada polo Athletic Club, tanto que no propio Estadio de San Mamés se podía ver a frase “Franco, Franco, Franco” nun dos tellados da tribuna.

27

LARA, M. A., Un Alemania-España para la División Azul, [web en liña] Diario Marca, [Consulta 1 de xuño de 2015] 28 GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Op. Cit., p. 179 29 QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. pp. 55

15

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

Mais, sen dúbida, a imaxe na que máis se observa a idea de fútbol como vehículo das actitudes e a propaganda fascista é a ocorrida o 25 de xuño de 1939. A primeira final da Copa do Xeneralísimo ía ter como contendentes ao Sevilla e ao Racing de El Ferrol, o equipo do propio Franco. Ambos equipos se alinearon antes do comezo do partido e elevaron o brazo dereito para facer o saúdo fascista, mentres polos altofalantes do estadio comezaba a soar o Cara al sol. Os xogadores comezaron a cantar – ou facer que cantaban – ao igual que os afeccionados nas bancadas do vello estadio de Montjuïc.

3. OS ANOS DOURADOS DO FÚTBOL EN ESPAÑA (1947-1967) Dende 1945, coa derrota do Eixe, a situación en España comezou a mudar. O dominio da Falanxe comezou a minguar e, con iso, os diferentes símbolos fascistas que aínda perduraban nos campos de fútbol. Neste ano, a selección española abandonara o brazo en alto; ao ano seguinte, o Atlético de Aviación, recuperaba o seu anterior nome de Atlético de Madrid; e, en 1947, abandonábase a cor azul da selección volvendo ao vermello tradicional. No fútbol só perduraron dende entón a esixencia de dous falanxistas nas directivas de cada equipo ata 1967, e a castelanización das denominacións dos clubs ata a caída do franquismo. Comeza, por tanto, en 1947, un novo período onde o réxime comezarase a abrir ao mundo co fútbol como ferramenta, mentres que no interior o deporte rei se utilizará como cultura de evasión. a. A «DROGA SOCIAL» OU CULTURA DE EVASIÓN «Ogallá o fútbol aparvase ao país e ogallá pensaran no fútbol tres días antes e tres días despois do partido. Así non pensarían en outras cousas máis perigosas»30. Son verbas de Vicente Calderón, presidente do Atlético de Madrid, que explican de forma irrefutable o fútbol como droga social. Esta teoría é aceptada comunmente e evoca a todo o período franquista: o fútbol foi utilizado sistematicamente polo réxime de Franco para manter ao pobo despolitizado. Tal cultura existiu practicamente en tódolos países, pero asumiu unha significación peculiar en España pola miseria que existía, a dura represión e a obrigada ausencia do debate político. Esta droga social non foi a única ferramenta que utilizou o

30

ALCAIDE HERNÁNDEZ, F., (2009), Fútbol, fenómeno de fenómenos, Lid Editorial, Madrid, p. 36

16

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

franquismo, senón que o réxime impulsou a propaganda a través do cine, das festas populares e dos touros. A popularidade do fútbol aumentou notoriamente despois da guerra civil. A isto axudou a información a través dos medios de comunicación, radiando os partidos internacionais e o NO-DO, o cal incluía reportaxes sobre os partidos da selección e levaba as mensaxes a miles de espectadores en cines de todo o país. A combinación entre prensa, radio e NO-DO mantiña un partido de fútbol durante semanas na mente de calquera español. Neste senso, o seguimento mediático dos partidos de España comezou na Copa do Mundo de Brasil en 1950, onde os medios trataron de unir selección, réxime e nación. A prensa volcouse e o exemplo claro foi o gol de Telmo Zarra ante Inglaterra, inmortalizado por Matías Prats nunha retransmisións radiofónica que aínda pervive nos recordos de moitos anciáns. O mesmísimo xeneralísimo chegou a mandar un telegrama ao equipo español que foi reproducido ao día seguinte en tódolos xornais do país. A partir de aí, a emisión radiofónica e as imaxes foron utilizadas polo NO-DO para unha película e proxectada nos cines de toda España durante meses. A épica era tal que o xornal El Alcázar, dous días despois de derrotar a Inglaterra, presentaba o partido como un novo episodio «na histórica loita hispana contra a Pérfida Albión» e reivindicaba a «época dourada do Imperio español fronte a Lenda Negra»31. O franquismo tamén utilizaría o éxito dun club de fútbol coma o Real Madrid para mitigar o illamento internacional, mentres o club se beneficiaba das simpatías do réxime, grazas ao seu presidente. Santiago Bernabeu desenvolveu un mandato paralelo ao de Franco (1943-1978 Bernabeu e 1939-1975 Franco), mantendo un apego claro pola ditadura. O éxito do Real Madrid (cinco Copas de Europa entre 1955 e 1960) favoreceu a que o club madrileño se considerase “embaixador” de España32. O réxime axudou a aumentar o nivel de «droga social» sen paliativos. Basicamente obsérvase esta afirmación nas axudas económicas por parte da Delegación Nacional de Deportes a diferentes conxuntos para construír estadios de maior tamaño. Así, hai axudas 31 32

El Alcázar, 3 de xullo de 1950 GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Op. Cit., p. 193

17

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

para a construción do Estadio Santiago Bernabeu (1947) ou Camp Nou (1957) co fin de aumentar o número de espectadores e, así, que máis espectadores poidan abstraerse co fútbol33. Sen embargo, o mellor exemplo da implantación da cultura da evasión era o partido previo ao 1 de maio. A Delegación Nacional de Deportes programaba sempre para o 30 de abril o partido máis importante do ano, co fin de quitarlle importancia ás posibles manifestacións que se puideran dar ao día seguinte nas rúas españolas. Ademais de televisar o partido íntegro en directo, a semana previa se ofrecían diferentes programas deportivos, sobre todo na década dos sesenta, coa chegada da televisión á meirande parte de fogares34. b. O ANTICOMUNISMO FUTBOLÍSTICO A apropiación franquista das vitorias españolas foi máis alá da Selección. A ditadura utilizou a figuras internacionais que viñeron xogar a España nos anos cincuenta como ídolos e heroes para os españois, sendo os casos máis coñecidos os de Ladislao Kubala ou Alfredo di Stefano. Se o fútbol e o cine eran dous ámbitos que o réxime explotaba para amplificar a cultura da evasión, máis o é o feito de que numerosas estrelas futbolísticas participaron en filmes, con gran éxito, e cunha mensaxe detrás: a promoción do anticomunismo e os valores franquistas e o fútbol como un medio de ascenso social. É o caso de Alfredo di Stefano, coa película La Saeta Rubia (1956) ou de Ladislao Kubala con Los Ases Buscan la Paz (1954)35. O oportunismo e quizais a astucia do réxime tamén se observou no momento no que, en Hungría, os tanques da Unión Soviética penetraran en Budapest en 1956. Xogadores como Puskás, Kocsis e Czibor chegarían a España e serían nacionalizados neste contexto como refuxiados políticos. Eran anticomunistas e católicos, polo que pouco tardou a prensa en erixilos como ídolos de masas. Sen embargo, algo que non se trata suficiente é o tema de que en 1962 se prohibiu contratar xogadores estranxeiros, quizais un posible rexurdimento da influencia fascista sobre o fútbol español36. Pensábase que o fútbol español, e sobre todo tras o fracaso de 1962, só podía medrar con xogadores da terra; non obstante, a finais da 33

SHAW, Duncan (1987), Op. Cit., pp. 109-110 Íbid., pp. 106-108 35 Íbid., pp. 145-151 36 Íbid., p. 89-90 34

18

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

década dos sesenta a Delegación Nacional de Deportes fixo a vista gorda e entraron moitos xogadores sudamericanos con documentos falsos. c. DA CRISE COA URSS AOS XXV ANOS DE PAZ A apertura do réxime dende mediados da década dos corenta ía provocar, a súa vez, unha apertura no ámbito deportivo. Logo dos éxitos internacionais dos clubs na década dos cincuenta, presumíase que a década dos sesenta ía ser de éxitos para a Selección. Non obstante, a primeira parte da década ía estar tinxida de luces e sombras, estas últimas motivadas en última instancia por Francisco Franco. En 1960 daba comezo a primeira edición da Copa de Europa de Nacións

—actual

Eurocopa— coa non participación de seleccións do nivel de Italia, Alemaña Occidental ou os equipos británicos. A fortuna quixo reunir, en cuartos de final, á Unión Soviética e a España, un réxime comunista contra outro cun matiz fascista. Nese momento emerxeu a figura de Franco e, en vésperas da eliminatoria, o goberno franquista prohibiu toda mención ou alusión en xornais e emisoras sobre o partido37. Tan só se dedicou unha pequena nota nos xornais nacionais aludindo a un simple “quedan suspendidos” co fin de calar a decisión do mesmísimo Franco de que un equipo comunista non xogase en territorio español. A Federación enviou unha nota na que desviaba cara a URSS a responsabilidade da renuncia por non ter aceptado xogar en campos neutrais contra España, algo obviamente falso. É, sen dúbida, un exemplo claro de censura. En diferentes telegramas da época obsérvase como a UEFA intentou, en diferentes momentos, contactar coa Federación Española para confirmar a súa participación, ofrecéndolles diferentes posibilidades38. Non obtiveron resposta e, tras a non participación, España foi eliminada, clasificándose a Unión Soviética á fase final da Eurocopa na que, finalmente, vencerían. Ningún xogador puido facer declaración algunha sobre o ocorrido. Os xogadores, concentrados por se ían viaxar finalmente a Moscova, foron informados horas antes por parte do presidente da Federación, cun simple “os partidos suspéndense e regresan vostedes aos vosos domicilios”39.

37

RAMOS, R. (2012), ¡Que vienen los rusos!, Comares, Granada, p. 11 RAMOS. R., (2012), Op. Cit. 211 39 Íbid., p. 107 38

19

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

Finalmente, a Federación non foi castigada por autoexcluirse. Catro anos despois, e baixo o lema dos XXV anos de paz onde se celebraba o vinte e cinco aniversario do último parte da Guerra Civil en 1939, o réxime franquista viu a oportunidade da repercusión e mobilización do fútbol e non dubidou en traer a Eurocopa a España, pese a que dous países do outro lado do pano de aceiro participaran nel: Hungría e a temida Unión Soviética. De novo a fortuna fixo que España e a URSS se reencontrasen na final. A bandeira vermella coa fouce e o martelo ondearon no maior santuario futbolístico español, o vello Chamartín, mentres os acordes do himno soviético atronaban polos altofalantes co público en pé. Francisco Franco asistiu á final para ver a unha selección que recuperou, para dito partido, o uniforme azul, mentres que a URSS utilizou o vermello, sinónimo do comunismo imperante no estado soviético40. Ao contrario que o hermético silencio que catro anos antes impúxose sobre os medios de comunicación, desta vez os titulares de prensa e as portadas explotaron nas súas crónicas a vitoria de España fronte a Unión Soviética por 2-1, con argumentos a favor da vitoria nacional, aproveitando nun ton épico a adhesión inquebrantable ao Caudillo e ao espírito do réxime. A censura foi tal que a xogada do segundo gol español foi modificada no NO-DO co fin de que fose máis “espectacular”, un segredo a voces que perdurou durante corenta anos sen que ninguén falase diso41.

4. OS ÚLTIMOS ANOS DO FRANQUISMO (1967-1975) A década dos sesenta e a primeira metade dos setenta foi un período que serviu de catalizador dos nacionalismos periféricos, en especial do catalán e o vasco. Esta etapa tamén se presentou en diferentes ocasións como un período no que o uso do fútbol como vehículo para transmitir a mensaxe nacionalista oficial diminuíu tras a lei de prensa de 1966, na medida en que en Euskadi e Cataluña medraban as identidades alternativas cos estadios do Athletic e o Barcelona como altofalantes. Nada máis lonxe da realidade, o nacionalismo imposto polo franquismo a través do deporte estivo lonxe de diminuír durante os primeiros anos da década dos sesenta e continuou ata o seu colapso en 1975. a. CAMBIOS E CONTINUIDADES 40

Íbid., pp. 167-169 El gol de Marcelino, un montaje del NO-DO, [En liña ], RTVE, [Consultado o 1 de xuño de 2015] Dispoñible en http://www.rtve.es/deportes/20080828/gol-marcelino-montaje-del-do/145655.shtml

41

20

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

Despois da vitoria na Eurocopa de 1964, a Selección Española arrastrouse polos campos do mundo, dando unha imaxe que non cadraba co que quería retransmitir o réxime. Fracasou no campionato de Inglaterra 1966 e nin participou nos de México 1970 e Alemania Occidental 1974. Iso si, durante a segunda metade da década dos sesenta e os primeiros anos dos setenta, a ditadura seguiu facendo un uso político do deporte. A programación en TVE non deixa lugar a dúbidas, programando partidos ou recopilacións das mellores xogadas todos os trinta de abril e primeiro de maio, nun intento de contrarrestar as mobilizacións de protesta obreira do Día do Traballo, ademais das xa destacadas corridas de touros. A pegada de Fraga como Ministro de Información e Propaganda foi notable, deixando citas importantes que explican ben a súa labor42. Non obstante, o franquismo da década dos sesenta quixo abrir España ao mundo e aproveitar o crecemento económico. Ante isto, un tema que pouco trascendeu foi a candidatura que presentou o COE aos Xogos Olímpicos de Madrid no ano 1972. En dito ano, pese as dificultades que entrañaba, a capital española estivo a piques de vencer a Múnic nas votacións, mais as críticas cara o réxime e cara a falta de infraestrutura, planificación e modernización económica por parte dos países europeos trastocaron os plans de Franco. En 1924 xa se pediran os Xogos Olímpicos de Barcelona, sen sorte, ao igual que desta vez43. Por outra banda, ante o fracaso da selección española de fútbol, o réxime tivo que buscar novos deportes para proxectar a súa narrativa nacionalista. Os tenistas Manolo Santana e Manuel Orantes, o esquiador Paquito Fernández Ochoa, o ciclista Javier Ocaña, os boxeadores Pepe Legrá, Pedro Carrascro e Urtain ou o motociclista Ángel Nieto serviron á ditadura para continuar a narrativa que o fútbol deixara baleiro, logo das dificultades no ámbito internacional tanto de clubs coma de seleccións. Non obstante, a narrativa do fracaso que tanto se utilizara a comezos de século ía seguir perdurando. As dúas opcións que se daban era a dos complots das nacións estranxeiras cara España ou, pola contra, o infortunio da selección. Na derrota de 1968 ante Inglaterra, o adestrador Domingo Balmanya declarou que o resultado «era inxusto» e acusou ao árbitro de axudar aos ingleses pese a impor «coraxe e vontade para facerse co partido que, por verdadeira mala sorte,

42 43

SHAW, Duncan (1987), Op. Cit., pp. 104-108 GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Op. Cit., p. 171

21

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

perdemos»44. Outro exemplo característico deuse na clasificación para a Eurocopa de 1972, onde o equipo nacional tiña que vencer á URSS para clasificarse e, finalmente, tan só puido empatar. O xornal deportivo As utilizou o clásico argumento da mala sorte. Necesitábase gañar […] mais, desgraciadamente e nunca mellor empregada a palabra no campo do balompé, o balón non quixo entrar nas redes de Rudakov, un gardameta que non só emulou ao lendario Tachin, senón que se aliou da forma máis descarada que imaxinarse poida coa deusa Fortuna, que foi a que cando aquel se viu batido colocouse entre os seus tres paus para reforzar a xa de por si poboada muralla dos seleccionados soviéticos45. b. MÁIS QUE DOUS CLUBS A teoría da relación entre fútbol e nacionalismos periféricos é simple. A causa da adhesión republicana de vascos e cataláns durante a Guerra Civil, Franco tratou de destruír sistematicamente todos os trazos de separatismo: linguas, bandeiras, encarcerar líderes… para evitar a actividade política. Nos anos sesenta e setenta, xunto coa emigración, creouse un amplo movemento de oposición de carácter cultural e político, máis forte nestas zonas, que encontrarían un altofalante no fútbol. O deporte sempre foi un medio para que unha cidade ou rexión se proxecte, sobre todo cando loita para conservar a identidade separada fronte a un réxime centralista e autoritario46. Así, os campos de FC Barcelona, Athletic Club e, en menor medida, da Real Sociedade, demostraron ser un excelente medio para transmitir identidades nacionais contrahexemónicas. No caso do Barcelona, a chegada de directivos ligados ao catalanismo político dende 1970 repolitizaron ao club como fixeran durante a Segunda República. Anteriormente, Narcís Carreras dixo na súa toma de posesión como presidente en 1968 que o Barcelona era «més que un club»47. A frase, que aínda é utilizada hoxe en día en numerosos actos do conxunto catalán, demostra o feito de que o FC Barcelona trascende do terreo deportivo e alcanza unha dimensión social que ningún outro club de España ten. Dende entón, a catalanización continuou: en 1972 sumouse á campaña polo uso do catalán nas escolas; no 44

La Vanguardia, 4 de abril de 1968 As, 28 de outubro de 1971 46 SHAW, Duncan (1987), Op. Cit., pp. 181-183 47 QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. pp. 66 45

22

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

ano seguinte comezaron a facer anuncios por megafonía en catalán e ondearon a Senyera e, en 1975, meses antes da morte de Franco, o Barcelona volveu declarar o catalán como idioma oficial do club48. Non obstante, a catalanización do club non implica un sentimento antiespañol. Enténdese mellor unha diferenciación da nación española política, representada polo franquismo e rexeitada maioritariamente, e unha nación española entendida en termos culturais, á que moitos cataláns e simplemente seareiros doutros territorios de España se sentían vinculados. O mesmo ocorre en Euskadi. Nas últimas décadas dos sesenta e principios dos setenta, o Athletic Club gañouse a imaxe de equipo de clase obreira e a súa política de non pagar grandes soldos aos xogadores deulle moitas simpatías en todo o territorio español. Tanto o equipo de Biscaia como a Real Sociedade, de Guipúscoa, mostraron por medio dos seus directivos o carácter nacionalista vasco a través de medidas, moitas simbólicas. Un caso que exemplifica isto foi a impresión das entradas para o campo de Atocha, en Donostia, en castelán e vasco, en 1972; mentres que en Bilbao algúns espectadores comezaron a tocar o txistu nas gradas de San Mamés como protesta á ditadura49. Sen embargo, a recuperación dos símbolos nacionais levaría máis tempo. A ikurriña cada vez víase máis nas gradas de San Mamés, pero a bandeira permaneceu prohibida ata 1977. Nunha mostra de rexeitamento ao franquismo, en outubro de 1975, unha figura como José Ángel Iríbar, próximo á esquerda abertzale, convencería aos seus compañeiros para que lucisen un brazalete negro en protesta polo fusilamento de dous membros de ETA e tres de FRAP. Se ben Iríbar declarou que era para conmemorar o cabodano de Luis Albert, un ex xogador e directivo do Athletic, o certo é que todo o mundo sabía que o detalle ía contra a brutalidade do franquismo no chamado «proceso de Burgos». Como no caso de Cataluña, o franquismo perdera a batalla ante os nacionalismos periféricos e a súa idea de nación única e indisoluble. Na contraposición deste sentimento, segundo moitas persoas, estaría o Real Madrid. Foi o club madrileño o equipo do réxime franquista? A resposta da para acalorados debates entre historiadores —e de toda a sociedade— dependendo do seu apego e ideoloxía. O certo é que o Real Madrid obtivo moitas facilidades por parte do Réxime, pero foi este quen 48 49

Íbid. Íbid., 68

23

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

se favoreceu dos seus éxitos deportivos, sobre todo a escala internacional. Os beneficios que tivo foron semellantes a outros clubs como o FC Barcelona, pero a súa situación de equipo na capital do estado e o apego de numerosos ministros ao equipo lle fai dar ese alcume50. O certo é que, pese a que o franquismo quixo impor unha unión entre Selección e réxime, moitas persoas desenvolveron un sentimento de afinidade deportiva cara a nación española que non necesariamente conlevaba asumir postulados franquistas. Da mesma maneira que no Mundial de 1978, miles de arxentinos distinguiron entre a alegría pola vitoria da albiceleste de manipulación política do réxime militar, en España moitos diferenciaron entre a nación cultural española relacionada co fútbol e unha nación política relacionada co franquismo. O impacto da propaganda franquista nos españois foi limitada nas últimas décadas da ditadura. Se ben a gran maioría da poboación recibía a información a través da televisión, radio e prensa franquista, moitos españois desenvolveron puntos de vista democráticos e antiautoritarios no ámbito privado ou en espazos públicos non oficiais. Moitos españois aprenderon, finalmente, a distinguir entre a propaganda oficial e aquela información que estaba máis en sintonía coas experiencias do día a día, ademais de aprender a ler entre liñas. Sobre isto, convén destacar a un dos medios de comunicación deportivos máis importantes dende entón, Don Balón, o cal na súa primeira editorial utilizaba alegorías e ironía como ferramentas de contestación contra a ditadura. Pensamos que podemos informar coa seriedade e honestidade que require o lector español, ese lector ao que incluso no deporte ás veces se lle da gato por lebre, aínda que xa está o suficientemente maduro para saber diferenciar o gato da lebre, pese a que algúns continúen, erre que erre, pensando que en deporte estamos a un nivel subdesenvolvido51.

5. FÚTBOL E DEMOCRACIA Trala morte de Franco o 20 de novembro de 1975, España quedou paralizada. O falecemento supuxo alivio para moitos españois, pero tamén incertidume e temor, xa que o resultado final non estaba claro. Juan Carlos I xurou defender os principios do réxime 50 51

SHAW, Duncan (1987), Op. Cit., pp. 60-62 Don Balón, nº 1, 7 de outubro de 1975

24

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

franquista e os pequenos cambios cosméticos dos primeiros meses deron lugar a protestas populares a favor da instauración dun réxime democrático. A favor destas folgas non só estarían traballadores, senón xogadores do fútbol como Vicente del Bosque, José Ángel Iríbar ou Amancio Amaro, buscando cambios e unha mellora nas súas condicións ou participando e colaborando coas folgas52. A creación dun réxime político democrático tivo un impacto directo no fútbol español. No período entre 1975 e 1982, as estruturas deportivas franquistas desmanteláronse e creáronse novas institucións descentralizadas e máis democráticas. A Real Federación Española de Fútbol e os clubs profesionais tamén pasaron por unha serie de cambios, cambiando as súas estruturas ou detalles como a recuperación dos nomes de clubs sen importar a súa grafía estranxeira. A utilización do fútbol na promoción e a presenza en España a nivel internacional non mudará, seguirase utilizando como fixo o franquismo, mais sen embargo nesta etapa búscase que o fenómeno deportivo español a nivel internacional reflicta o proceso de cambio que se estaba a dar coa chegada da democracia. Ao longo da década dos oitenta e os noventa, o fútbol continúa o proceso de mercantilización que comezara na década anterior, culminando no século XXI. Sen embargo, poucas vitorias se conseguiu a nivel internacional. O fracaso —como ocorreu ao longo de todo o século XX— seguía sendo un tópico, ata tal punto que no ano 2001, Jose Ignacio Wert, exministro de Educación, Cultura e Deporte, falaba dunha «certa anorexia patriótica» no combinado nacional que «lles fai perder nervio competitivo, ilusión e bravura na pelexa»53. Sen embargo, xa no século XXI, España gañou o que nunca gañara. A xente pola rúa, caras e edificios pintados de cor vermella e amarela, berros de «Yo soy español, español, español»… Por fin encaixaba a peza que nin sequera a propaganda franquista conseguira moldear. É así como o fútbol se converteu nun recurso eficaz para integrarse á sociedade cunha bandeira, cunha nación. O que conseguira o fútbol nunca o conseguira ninguén antes, nin décadas de franquismo, nin gobernos de diferentes cores. Só o fútbol, o encargado de unir a unha patria imposible e, ademais, nun clima de crise económica abafante, con problemas secesionistas tanto en Euskadi coma en Cataluña. Hobsbawn xa o deixou escrito: 52 53

QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. pp. 77 WERT, Jose Ignacio, Anorexia Patriótica, El Pais

25

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

«a imaxinada comunidade formada por millóns semella máis real se adopta a forma dun equipo de once persoas con nomes e apelidos.»54

CONCLUSIÓNS A unión entre fútbol e patria é moi complexa na España do século XX. Como vimos ao longo do ensaio, o nacionalismo, a política e a propaganda son tres ferramentas fundamentais para que as diferentes ideoloxías que perduran ao longo do pasado século, dunha maneira máis forte nunhas que noutras, o utilicen para a construción dunha patria. Convén precisar que cada período está determinado por tres compoñentes: o réxime político, os grandes medios de comunicación e a sociedade. No caso de España, observamos claramente como os réximes autoritarios —sobre todo o franquismo— utilizaron ferreamente as súas armas para expor a súa idea de nacionalismo, política e propaganda. Dende o peche do estadio de Les Corts na década dos vinte pola pitada ao himno, pasando polo rexeitamento a que a URSS xogase en España en 1960 ou a propaganda anticomunista logo da vitoria na final da Eurocopa fronte a Unión Soviética. Nacionalismo, política e propaganda obsérvanse en moitos exemplos ao longo dos réximes de Primo de Rivera e de Franco, axudados por uns medios de comunicacións afíns —ou mesmo controlados polo propio goberno— para inculcar valores á sociedade. Mentres, na II República e na transición democrática posterior ao franquismo, o nacionalismo, a política e a propaganda non teñen unión tan clara. Certo é que, pese a non tratalo no presente traballo, tanto os Gobernos centrais como autonómicos mostraron unha gran tendencia a manipular os medios de comunicación públicos e incluso privados, mostrando ideas propias no fútbol, mais non acadan o nivel dos períodos anteriormente mencionados. Ademais, politicamente o réxime democrático supuxo unha maior inversión económica no deporte, modificando as actitudes sociais. As inversións e o interese popular no fútbol fixeron que os medios de comunicación levasen a voz cantante dende entón, cunha independencia e liberdade bastante ampla. Por outra banda, é evidente que neste século se intentou construír, fomentar e asimilar a identidade nacional. De diferentes formas e de diferentes ideas, ao longo do 54

DE LA MADRID, J. C. (2013), Op. Cit. p. 204

26

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

século o estado central se propuxo crear un novo nacionalismo español, dende Primo de Rivera e, sobre todo, durante o franquismo. Sen embargo, unha vez falece Franco no ano 1975, os símbolos utilizados ata entón son sinónimo de antidemocráticos para gran parte da sociedade, o que provoca un certo nivel de desafecto cara todo aquilo que supoña o nacionalismo español. Comparando con outros países, podemos ver como o 14 de xullo en Francia se engalana París coa drapeau tricolore, mentres que en España o 12 de outubro é considerado practicamente un día máis. Tan só cos títulos internacionais da Selección xa no século XXI houbo un amago efémero de nacionalismo español que, sen embargo, a día de hoxe custa observar. O certo é que a unión entre fútbol e patria só se conseguiu por medio de once xogadores trala vitoria en varios torneos internacionais. Nun clima de crise económica abafante, con problemas nacionalistas en Cataluña ou Euskadi, a Selección Española de fútbol vence en varios torneos e a xente comeza a identificarse cuns símbolos que anteriormente non lles representaba. Sen embargo, o fútbol é unha patria fugaz, algo epidérmico que se ve arrastrado pola voráxine do triunfo en grandes acontecementos, pero que no político ten unha dimensión menos profunda. O certo é que a consideración, o uso e a estima dos símbolos do estado-nación español viron modificada a forma en que son vistos por unha boa parte da sociedade, sobre todo da máis moza. Ao lado deste decaemento do nacionalismo español na etapa franquista, nos últimos anos do réxime medraron considerablemente os nacionalismos periféricos. Xa existían no período democrático prefranquista, mais, como se sinalou, existían o que se chamaba identidades múltiples, onde un individuo podía sentirse parte e apoiar a diferentes seleccións. Neste traballo, no que aludimos ao catalán e vasco, medran co fútbol como símbolo de oposición ao franquismo, pero tamén como construción e promoción das identidades rexionais vasca e catalá. Os estadios convértense en lugares de liberdade, os xogadores en actores e, os equipos, en directores. Dende entón son máis que simples clubs. Un caso concreto é o do Barcelona, o cal nos últimos anos tivo figuras que proclamaban o dereito a decidir —Joan Laporta, Gerard Piqué ou Josep Guardiola— e que proclamaban ideas alleas ao fútbol. Un exemplo deuse en decembro de 2012, onde o Barcelona redactaba un comunicado contra a proposta de «españolización de Cataluña» lanzada polo exministro Wert. 27

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

No caso de Galicia, pese a que unha idea inicial previa á formación do traballo era encontrar a relación entre nacionalismo galego e fútbol nos últimos anos do franquismo como ocorreu en Cataluña ou Euskadi, a información recollida é nimia. Non se encontrou unha relación clara sobre isto. O galeguismo só comeza a interesarse polo fútbol unha vez chegada a democracia a través da Selección Galega, mais daquela non houbo apenas interese nin fortuna. Non será ata os últimos anos do século XX cando esta unión sexa importante, primeiro a través de colectivos como Seareiros Galegos e, xa no século XXI, a través de partidos de goberno. En definitiva, despois dun século XX de complicada definición nacional, imposta por uns e repudiada por outros, os cinco anos entre 2008 e 2012 demostraron que en España a patria do fútbol é fugaz, pero posible. O resto, unha patria —ou patrias— imposibles.

28

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

BIBLIOGRAFÍA LIBROS, CAPÍTULOS E ARTIGOS ALCAIDE HERNÁNDEZ, F., (2009), Fútbol, fenómeno de fenómenos, Lid Editorial, Madrid ANDERSON, B., (1993), Comunidades imaginadas. Reflexiones sobre el origen y la difusión del nacionalismo, Fondo de Cultura Económica, México. BAHAMONDE, Á., (coord) (2000), Historia de España Siglo XX, 1875-1939), Cátedra, Madrid. CROLLEY, L. e HAND, D., (2006), Football and European identity: historical narratives through the press, Routledge, New York. DE LA MADRID, J. C. (2013), Una patria posible. Fútbol y nacionalismo en España. Trea Ensayos, Gijón. DELGADO IDARRETA, J. M., “Prensa y propaganda bajo el franquismo”, en LUDEC, N. y DUBOSQUET LAIRYS, F., (coords) (2004), Centros y periferias: prensa, impresos y territorios en el mundo hispánico contemporáneo: homenaje a Jacqueline Covo-Maurice, Madrid, PILAR. DíAZ NOCI, Javier (2000): "Los nacionalistas van al fútbol. Deporte, ideología y periodismo en los años 20 y 30", en ZER Revista de Estudios de Comunicación, nº9, Bilbao, UPV/EHU, pp. 357-394. EIRÉ, A., (1998), O fútbol na sociedade galega, Edicións A Nosa Terra, Vigo. FERNÁNDEZ SANTANDER, C. (1990), El fútbol durante la guerra civil y el franquismo, San Martín, Madrid. GARCÍA LUQUE, X., y FINESTRES, J. (2006), El caso Di Stéfano. Toda la verdad sobre el caso que marcó una época, Península, Barcelona. GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Sport y autoritarismos: la utilización del deporte por el consumo y el fascismo, Alianza Editorial, Madrid. MARTÍNEZ, J. A. (coord), (1999), Historia de España Siglo XX, 1939-1996, Cátedra, Madrid.

29

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

PRESTON, P. (1994), «Preparándose para la inmortalidad: 1964-1969», Franco, Caudillo de España, Griljalbo, Barcelona. PUJADAS, X. e SANTACANA, C., (1997) L’esport és notícia. Història de la Premsa Esportiva a Catalunya (1880-1992), Collegi de Periodistes de Catalunya, Barcelona. PUJADAS, Xavier (coord.), Atletas y ciudadanos. Historia social del deporte en España (18702010), Madrid, Alianza Editorial, 2011. QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. (2004), Goles y banderas. Fútbol e identidades nacionales en España, Marcial Pons Historia, Madrid. RAMOS, R. (2012), ¡Que vienen los rusos!, Comares, Granada. RELAÑO, A. (2004), Memorias en blanco y negro. Historias del deporte en los tiempos del NoDo. Corner, Barcelona. SEVILLANO CALERO, F. (1998), Propaganda y medios de comunicación en el franquismo, Universidad de Alicante, Alicante. SHAW, Duncan (1987): Fútbol y franquismo. Madrid, Alianza. TORRES, C. (2013), La Historia oculta del Real Madrid, Planeta, Madrid.

XORNAIS E PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS ABC

El Debate

El Socialista

Don Balón

El Mundo Deportivo

La Vanguardia

El Alcázar

El Pais

Marca

RECURSOS WEB Real Madrid. FC Barcelona. 30

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

RTVE. Cuadernos de Fútbol. Revista en liña do Centro de Investigacións de Historia e Estatística do Fútbol Español. DOCUMENTAIS E FILMES Communism and Football (2006) Fascism and Football (2003) Furia Española (1975) La Saeta Rubia (1956) Los ases buscan la paz (1954)

31

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.