GUIA (DE PETO) DA ARQUITECTURA DA CORUÑA

September 3, 2017 | Autor: P. Lizancos Mora | Categoria: Galician Studies, Galicia, A Coruña
Share Embed


Descrição do Produto

arquitecturas

a coruña

23

29

30

24 06

01

31 ISBN: 978-84-9749-562-2 Depósito legal: C 1061-2013 2,50€

12 05

03 09 25 07

GZ

14

04 17

15 13

08

10

16

22 26 32

11

19 18

27 21

20

02

33 34

28

01·B8

CASTRO DE ELVIÑA

s. III a.C.

08·C3

Castro é o nome que se lle dá aos asentamentos que os celtas levantaron a finais da idade do Bronce no N.O. de Iberia. Este reúne as características comúns a todos: emprazamento nun lugar elevado e fortificado e as edificacións, de planta ovalada, organízanse a modo de acios. Padeceu a romanización e sofre agora o acoso da cidade.

02·E2

TORRE DE HÉRCULES Caio Sevio Lupo

40

09·C3

REAL COLEXIATA DE 1150 SANTA MARÍA DO CAMPO Juan de Ciórraga

10·C4

IGREXA DE SANTIAGO

11·D3

1217

CONVENTO DE SANTA BÁRBARA

s. XV

CASTELO DE SAN ANTÓN 1587 Pedro Rodríguez Muñiz

12·C3

PALACIO DE CORNIDE Francisco Llobet

s. XVII

Un edificio singular, de recia cantería granítica. Levantado de acordo cos gustos do seu propietario, o ilustrado Diego Cornide. Foille obsequiado por un industrial da cidade ao anterior Xefe do Estado en 1965.

CASAS DE PAREDES

1779

17·C3

13·C4

18·D4

MURALLAS E XARDÍN José María de Noya

19·D4

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

1841

CUARTEL DE ATOCHA

1855

É o edificio máis extenso da cidade. A súa composición severamente neoclásica conxuga unha resposta tanto para a súa escala próxima como na de obxecto xigantesco. Actualmente encóntrase practicamente en desuso malia ter sido reivindicado para diversas funcións.

XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ Celedonio Uribe

1860

GALERÍAS DA MARINA Juan de Ciórraga

1862

23·A7

24·B6

VIVENDA BURGUESA NO 1920 ENSANCHE

25·C3

1920 BANCO PASTOR Antonio Tenreiro Brochón e Juan José Estellés

26·D3

1927 ANTIGA PRISIÓN PROVINCIAL Juan Álvarez de Mendoza

27·D3

VILLA MOLINA González Villar

28·F4

1928

O autor coloca na cidade xardín coruñesa unha caixa cúbica levantada sobre un zócalo para dominar a baía. Esta caixa acolle dúas vivendas e un local comercial. A ornamentación da súa pel baséase en dúas bandas de cor que percorren as catro fachadas do edificio.

EMBOTELLADORA DE 1960 COCA COLA Andrés Fernández-Albalat e Antonio Tenreiro Brochón

30·B7

UNIDADE VECIÑAL Nº 5 José Antonio Corrales

31·C3

1964

MUSEO DE BELAS ARTES 1988 Manuel Gallego Jorreto

33·E5

SEDE FUNDACIÓN CAIXA 2006 GALICIA Nicholas Grimshaw

Aberto a dous ámbitos de escala moi diferente, o edificio pretende unha resposta unitaria a través dunha única envolvente e do establecemento dunha vía interior que os conecta. O lugar parecía esixir unha evocación das galerías tradicionais e isto téntase cunha solución tecnificada o que fai ler a proposta máis como alarde pretensioso que como unha resposta sincera.

Edificio destinado a albergar e exhibir o tesouro da veciña Colexiata. As súas reducidas dimensións ordenan a luz, os pavimentos, a cor e a escultórica varanda, ademais da escala íntima. A fachada responde ao dobre requirimento de protexer con seguridade o tesouro e de abstraerse nunha delicada contorna de variadas tipoloxías.

Situado entre dúas estruturas urbanas moi desiguais: o histórico barrio da Pescadería e un novo tecido nado tras un recente sventramento. Rehabilítase parte do vello convento das Capuchinas (1715). O museo nace dentro dunha caixa neutra e lixeira de planta flexible. A luz natural cóase sen iluminar os obxectos expostos senón definindo espazos. Premio Nacional de Arquitectura en 1995.

ÁGORA 2010 Begoña Fernández-Shaw, Liliana Obal e Luis Rojo

Leste non é outro máis dos moitos colectores que se alzaron a principios do século XXI. Detrás del hai un proxecto para armar unha comunidade nun lugar esquecido da cidade, A Agra, que necesitaba desde sempre unha Ágora. É un edificio sedutor, enérxico, accesible e aberto para acoller unha actividade cívica moi ben recibida. 34·E4

O solar abrupto dunha canteira, derradeiro baleiro urbano que a cidade ofrecía ao Atlántico, é a localización dun edificio de imaxe clara e escala territorial, con simbólica fachada curva en pezas de formigón. O seu aspecto fainos ver a un estraño navío varado á beira do mar. Foi proxectado por Arata Isozaki e dirixido por César Portela.

En 1933 a tensión bélica mundial provoca a fortificación desta atalaia que domina a cidade enteira e a boca de varias rías. Aquí instálanse baterías dunha dimensión sobrecolledora. Tras ser abandonadas despois de non ser usadas nunca hoxe son pano de fondo para o pacífico paseo dominical que permite recoñecer desde o alto a morfoloxía da cidade.

CENTRO DE ARTE 2003 LUIS SEOANE Juan Creus e Covadonga Carrasco

Dous novísimos titulados gañan o concurso para a remodelación dun antigo cuartel colocado nun lugar relevante da cidade pero carente de calidade arquitectónica salvo un descoñecido Patio de Armas. O edificio proxéctase ao redor deste patio e consolídase como fito urbano, onde ocorren cousas vibrantes nas súas coidadosamente deseñados espazos. 32·D4

PARQUE MIRADOIRO DE 1993 SAN PEDRO

EDIFICIO XOANA 2003 CAPDEVIELLE José R. Garitaonaendía de Vera

O edificio universitario alberga un complexo programa e localízase no punto de acceso ao novísimo campus universitario. Formalmente preséntallenos como unha caixa, de pel metálica, que envolve organizadamente os diversos usos do seu interior.

MUSEO DE ARTE SACRA 1982 Manolo Gallego Jorreto

MUSEO DOMUS 1993 Arata Isozaki e César Portela

CAMPUS DA SAÚDE 1995 Reboredo, de Pineda, las Casas, Amado.

No que foi o antigo lazareto da cidade encóntranse un hospital, a facultade de ciencias da saúde e un pavillón comedor. Todo iso convive con pavillóns modernistas, árbores centenarios e vistas espléndidas nun conxunto harmonioso, que responde aos seus requirimentos. O edificio universitario, de De las Casas, recibiu o premio nacional de arquitectura en 1997.

Vivendas sociais de diversas dimensións, locais comerciais, un mercado, unha igrexa, unha escola infantil, estacionamentos e espazos libres duros e axardinados conforman un conxunto que durante trinta anos definiu a fachada da cidade cara ao campo. As diversas pezas conéctanse entre si por unha rede de vías peonís elevadas, lembrando as ideas de Bakema.

Réplica da prisión Modelo de Barcelona (1904), tomada como referente por axeitarse ás “esixencias da ciencia e da lei”. O edificio, que simula unha planta panóptica, rebe parte da memoria da cidade. Dende que perdeu o seu uso en 1999 esmorece malia o esforzo de diversos colectivos que o reivindican para a cultura popular. 21·D4

29·A5

Unha caixa de vidro e aceiro na que se fabrica unha bebida nova nun emprazamento destacado, á entrada da cidade e un proceso industrial hixiénico, sofisticado, á vista de todos. Esta é, en síntese, a primeira mostra de arquitectura international-style chegada á cidade. Unha recente ampliación violenta a súa lectura.

Os arquitectos levantan, bebendo directamente nas augas das fontes de Chicago, o que foi no seu momento o edificio máis alto de España e sede do máis importante banco galego. Detrás da súa pel pétrea escóndese unha das primeiras estruturas de formigón armado da cidade.

20·D3

1932 MERCADO DE SAN AGUSTÍN Santiago Rey Pedreira e Antonio Tenreiro Brochón

Unha atrevida bóveda laminar de perfil parabólico emparentada cos ensaios de Freyssinet en Reims, pecha a vella ferida aberta entre a cidade vella e o seu arrabalde. O luminoso edificio parece pensado para acubillar, en realidade, calquera mercado aldeán ao aire libre.

Define o centro comercial da cidade e ao tempo o catálogo da súa mellor arquitectura modernista, como se ve en edificios que se salvaron do acoso da especulación. Levántanse aquí edificios de vivendas de entre outros Juan de Ciórraga, López Hernández, Leoncio Bescansa e Julio Galán. As fachadas están pintadas e ornamentadas de modo moi imaxinativo.

A desamortización de 1835 abre o camiño á creación de equipamentos na cidade. Así a mediados do século XIX constrúese neste solar un edificio de dobre uso xa que alberga o Teatro Novo e ao redor del, baixo o mesmo teito, o Palacio Provincia da Deputación. En 1993 Manuel Gallego realiza unha rehabilitación interior que prestixia ao edificio. 14·C3

22·C3

Arquitectura, artesanía e industria ao servizo da vivenda burguesa que toma da arquitectura popular a galería. Combínase a racionalidade do vidro e o ferro fundido con sistemas compositivos clásicos. Sobresae nun extremo do conxunto a Casa Rey de Julio Galán, coa súa fachada formada por carpintarías de traza modernista, enriquecida con cariátides e outros motivos clasicistas.

CAPELA DO CEMINTERIO 1833 SAN AMARO Alejo Andrade

1834

1859

Son trazados sobre os terreos gañados aterrando o mar cos cascallos das murallas recentemente derrubadas. Desde aquela data estes xardíns enriquécense con quioscos, edificios institucionais e monumentos de desigual fortuna. O arboredo variado, nobre e portentoso acolle aos coruñeses no que estes identifican coa sala de estar da cidade.

O xardín romántico de San Carlos resulta da adecuación dun baleiro existente entre dúas das murallas para acomodar o cenotafio do xeneral Moore, un inglés, protestante, caído en loita contra os franceses. A primeira muralla bicaba o mar e hoxe estrema cun estacionamento. Boa parte foi derrubada para acoller diversas ampliacións urbanas como o Ensanche ou a Praza de María Pita.

Empoleirado nun illote rochoso da baía, hoxe case perdeu esa condición insular. Actualmente é sede do Museo Arqueolóxico Municipal, onde se expoñen interesantes vestixios da Galicia celta.

07·C3

16·C4

Levantouse en 1833, xunto co cemiterio do mesmo nome. Para o deseño deste pequeno edificio, o seu autor copia un proxecto similar que Juan de Villanueva deseñou e nunca chegou a construír. Ten planta en cruz grega e, en xeral, claro influxo palladiano. É, xunto coa concatedral de Vigo, o mellor do neoclásico en Galicia.

O convento fúndase a finais do século XV, aínda que del consérvase pouco máis que un relevo sobre a porta principal. O convento ábrese á praciña do seu mesmo nome. É un pequeno espazo urbano, algo maltratado pero aínda así cheo da maxia da cidade ida.

06·B4

PALACIO DE CAPITANÍA 1748

PRAZA DE MARÍA PITA José María de Noya

A derriba de parte das murallas libera chan, que se destina a instalacións castrenses e uso público. Aquí levántase o novo consistorio e unha praza. De Noya redacta o proxecto e Faustino Domínguez as ordenanzas da edificación que conforma por tres lados o espazo urbano. A execución destes edificios, destinados a vivenda en altura recae na burguesía local.

Exemplo na imaxe urbana da submisión burguesa coruñesa aos gustos arquitectónicos galos. Este conxunto residencial inspírase nas actuacións que se desenvolvían nos quais das maiores cidades francesas. Só a crise económica de finais do XVIII impedirá que o enxeñeiro militar Martín Cermeño concluíse o proxecto de dotar á cidade dunha fachada academicista cara ao mar.

Templo levantado ao fío das peregrinacións xacobeas. Era punto de partida para os peregrinos que chegados por mar pretendían acadar Compostela. Ademais das dúas portadas románicas, a principal co Apóstolo dacabalo no tímpano e a lateral cun Agnus Dei, chaman a atención os caneciños, imaxinativos e ousados.

05·C3

15·C3

Na Galicia do XVIII as cidades de Ferrol, A Coruña e Santiago repártense institucións e edificios oficiais. Arquitectos e enxeñeiros militares, franceses ou nacionais adoutrinados en Francia chegarán aquí da man dunha monarquía francófila para levantar edificios con linguaxes galas. Este palacio é unha obra de Juan Verxel, iniciada en 1740 de acordo coas premisas referidas.

Da edificación orixinal só se conserva a ábsida e as naves, finalizadas en 1302. En 1889 o arquitecto municipal Juan de Ciórraga alarga a planta e constrúe unha nova fachada, de estilo neolombardo na que incrusta a portada románica. As torres permanecen no seu emprazamento orixinal.

04·C3

1693

Este é un dos escasos edificios barrocos dunha cidade que perdeu os seus edificios históricos a mans de violentos invasores ou de especulativas operacións urbanísticas. Esta igrexa pertence a un vello convento xesuíta demolido en 1927. As obras iniciounas Domingo de Andrade a finais do XVII, continuándoas Casas e Novoa e concluíndoas Fernández Sarela, todos eles provenientes das obras da catedral de Santiago.

O máis antigo faro do mundo, aínda en uso. Atribúeselle a súa construción a Hércules. A fábrica exterior e a lanterna débense a unha reforma do s.XVIII de Giannini. En 1990 constrúese un Museo que aproveita as escavacións arqueolóxicas do seu pé e colócanse as portas de bronce, do escultor Paco Leiro. A contorna natural salpicouse de esculturas que configuran recunchos evocadores. 03·C3

IGREXA DE SAN XURXO

MUNCYT Victoria Acebo 2012 e Ángel Alonso

Aínda que xorde como centro de arte e escola de danza, posteriormente cámbiase o seu uso a museo nacional de tecnoloxía (MUNCYT). O edificio resiste estas tensións pois a súa estrutura e a súa fachada desvanécense discretamente, permitindo un xogo de extraordinarios efectos no que os diversos espazos percíbense unitariamente. Desde a distancia o edificio é un radiante obxecto de escala incerta. EDICIÓN: Plácido Lizancos Mora PRODUCCIÓN: Rocío Casasempere Dalama Andrea Fernández Carrín Valerio González Somoza Silja Molist López María Novas Ferradás ISBN:978-84-9749-562-2 Depósito legal: C 1061-2013

REFERENCIAS: Escola de arquitectura: www.udc.es/etsa Arquitectura de Galicia (no oficial): www.arquitecturadegalicia.eu Concello de A Coruña: www.coruna.es Recursos turísticos de Galicia: www.turgalicia.es Colexio de Arquitectos de Galicia: www.coag.es

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.