Medo político e control social na retagarda franquista

Share Embed


Descrição do Produto

Edicións Xerais de Galicia, S. A. Doutor Marañón, 12- 36211 Vigo Tlf: 986 214 888 - Fax: 986 201 366 End. Elec.: [email protected] - Web: http://www.xerais.gal- Blog Xerais: blog.xerais.es

Medo político e control social na retagarda franquista Lucio Martínez Pereda XERAIS CRÓNICA-MEMORIA (1345143) 496 páxinas ISBN: 978-84-9914-808-3 P.V.P: 22,00 € NOVIDADES FEBREIRO 2015

«MEDO POLÍTICO E CONTROL SOCIAL NA RETAGARDA FRANQUISTA » DE L UCIO MARTÍNEZ PEREDA O MEDO POLÍTICO E OS MECANISMOS DE CONTROL SOCIAL INHERENTES AO SEU FUNCIONAMENTO DERIVARON NUN IMPORTANTE AXENTE PSICOLÓXICO DE ACCIÓN SOCIAL E ALONGARON TEMPORALMENTE OS SEUS EFECTOS ATA BEN ENTRADA A DÉCADA DE

1950.

Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu. Manexando un conxunto documental heteroxéneo –sentenzas e expedientes xudiciais, informes de servizos de investigación, expedientes de depuración, peticións de clemencia, cartas de delación…–, a información recollida por Lucio Martínez Pereda nesta obra vai máis aló dos cárceres, dos paseos nocturnos e dos pelotóns de fusilamento para estudar os aparellos represaliadores –comisións de depuración e de incautación de bens, tribunais de responsabilidades políticas e de represión da masonería– que a modo de tea de araña integraron un amplo repertorio de castigos: desde o cárcere e o desterro ata a perda das propiedades, negocios e traballos. Este proceso represivo, non interrompido ao final da guerra e continuado nun sistema composto de distintas formas de persecución complementarias entre si, provocou que o medo e a vontade de sobrevivir se convertesen nunha forma de xerar pasividade que permeabilizou socialmente a violencia política entre amplas capas da sociedade galega. O medo político e os mecanismos de control social inherentes ao seu funcionamento derivaron nun importante axente psicolóxico de acción social e alongaron temporalmente os seus efectos ata ben entrada a década de 1950. Lucio Martínez Pereda (Vigo). Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como profesor de Historia no IES Valadares de Vigo. O seu labor investigador centrouse en diversos aspectos da retagarda franquista durante a Guerra Civil: mobilización, propaganda política e depuración administrativa. Leva publicado os seus traballos en varias revistas de estudos históricos e é autor das obras La depuración franquista del Magisterio Nacional en el norte de Zamora 1936-1943 (2008), Propaganda, mobilización e cerimonias político relixiosas en Vigo durante a Guerra Civil (2011) e Medo político e control social na retagarda franquista (Xerais, 2015). Actualmente estuda a mobilización e politización de masas na fase inicial da ditadura en Galicia.

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.