O emprego da pedra no xacemento da Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña)

Share Embed


Descrição do Produto

!

O emprego da pedra no xacemento da Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña) José Manuel Costa García

Sen saber aínda moi ben por que o 17 de maio de 2009 deixara atrás boa parte de Galicia e Portugal camiño de Mérida. “Va a ser un congreso bonito y va a asistir gente importante. Yo iría, chato, pero no me apetece meterme la paliza”. Dous minutos tardei en pasar de casual visitante na procura dun libro emprestado a oficioso representante da USC nun Coloquio Internacional. De arte. Estudaba e estudo campamentos romanos. “Ya se te ocurrirá algo chulísimo que contar”. E así foi. Nese preciso momento comezou a miña paixónobsesión

pola

análise

da

arquitectura

castrametacional,

pola

improvisación e os plans arriscados. Cos seus correspondentes microinfartos. Pero non é este o lugar para falar de todas esas cousas. Só quero salientar a seguridade, o desenfado e a lixeireza coa que adoitaba despachar Raquel asuntos que semellaban da máis absoluta transcendencia. Non compartindo xeración nin tema de estudo con quen foi a miña titora, é no reino da palabra rápida e a afectuosa humanidade onde me teño por sincero admirador e discípulo. Motivo polo que a teño por mestra da vida e amiga.

Introdución Mentres que certos elementos exhumados na Cidadela –cerámicas (Doval 1997; López 2006), vidros (Caamaño 1990; Caamaño e Vázquez 2001; Vázquez 2000), material latericio (Caamaño 1989; Carlsson-Brandt 2011)...- contan con traballos específicos, o estudo da pedra tense visto reducido á súa mínima expresión. Unicamente atopamos breves alusións nalgunha publicación sobre os distintos achados no xacemento (Caamaño e Fernández 2006) ou, por motivos obvios, en relación coa análise das súas arquitectura (Caamaño 1997) e epigrafía (Balil 1983; Caamaño 1983). Mentres escavamos e #)!

!

estudamos as estruturas do lugar (Costa 2010; Blanco-Rotea et al. 2015) tivemos ocasión de observar máis de preto este elemento e os seus usos, que tentaremos resumir nas seguintes liñas.

Material construtivo Definidos xenericamente como xistos, os materiais pétreos máis abundantes no xacemento son un conxunto de rochas ígneas – peridotitas serpentinizadas- e metamórficas - granulitas, anfibolitas e paragneises- que emerxen localmente. Trátase dunha materia prima de baixa calidade pero de fácil fractura por exfoliación debido á súa estrutura laminar. O máis común é o seu emprego como cachotería nos abundantes paramentos de opus incertum das épocas romana, tardoantiga

–antes

chamada

‘xermánica’-

e

altomedieval.

Nas

primeiras fases construtivas do forte romano chegan incluso a formar pseudo-fiadas ben niveladas grazas ao emprego de ripios e dunha arxila ocre como aglutinante. É

neste

momento

que

perpiaños

de

granito

ben

escuadrados

ennobrecían os esquinais, xambas e albores das edificacións. A procedencia exacta destes materiais aínda non foi convenientemente aclarada: nas áreas veciñas de Curtis e Vilasantar afloran granitoides migmáticos, pero é cara á zona de Guitiriz onde se atopa unha pedra que se axusta ás características litolóxicas da da Cidadela (Caamaño e Fernández 2006). Isto suporía ter que desprazar a materia prima uns 25-30 quilómetros desde as canteiras ata o forte, onde sería procesada. Os restos de pezas molduradas, pilastras e columnas son mostra da boa man dos artesáns militares e amósanos o modo no que as fachadas dos principais edificios se verían adornadas. Nas

murallas

obsérvase

unha

semellante

alternancia

dos

dous

materiais xa aludidos: os xistos e gneises nos lenzos e o granito nos esquinais das torres de intervalo e angulares. Polo que respecta ás portas, o nivel de deterioro amosado pola entrada principalis dextra no momento de ser escavada probablemente reflicte o uso prioritario do granito na súa construción froito do seu carácter monumental (Caamaño 1997).

$+!

!

Fig. 1 Modelo fotogramétrico tridimensional (Agisoft Photoscan 1.1.6) das fachadas oeste e sur da igrexa parroquial de Santa María de Ciadella. Apréciense as doelas da entrada oeste e o abundante emprego de perpiaños romanos nos aparellos.

Unha breve visita á veciña aldea de Ciadella mostra con claridade por que o granito se converteu nun obxectivo prioritario dos espolios en épocas máis recentes, tal e como testemuñan algúns documentos (Costa 2014). Na súa igrexa parroquial podemos atopar un grande número de perpiaños procedentes do xacemento: o seu estudo detallado reflicte módulos perfectamente romanos e semellantes medidas en uncias e pedes se atopan nos exemplares aínda in situ (Fig.1). Incluso boa parte das doelas do arco de entrada da fachada oeste poderían ser pezas antigas. No poboado, encaixado no lintel dunha vivenda, pódese ver aínda o antigo capitel que xa Ángel Del Castillo observara nas súas viaxes a comezos do século pasado; peza semellante á atopada durante as escavacións de 2010. Pero xa durante as fases tardorromana e tardoantiga moitos dos vellos perpiaños romanos foran reempregados en novos paramentos.

$*!

!

Nalgúns casos fíxose un uso distintivo dos mesmos, imitándose as técnicas romanas, pero noutros moitos pasaron a formar parte sen máis da cachotería dos lenzos. Este sería tamén o destino puntual doutros materiais minoritarios como a pedra de gra (Costa 2010) que, tendo en conta a súa segura procedencia foránea e o seu potencial para a labra, moi probablemente tivo unha diferente finalidade en tempos anteriores. Polo contrario, a lousa relaciónase intimamente coas fases de ocupación tardoantigas. Nos niveis estratigráficos datados neste período aparecen numerosas pranchas que presentan un buraco nalgún dos seus extremos. Dada a súa abundancia e a notable presenza nos derrubes que selan estes estratos, cómpre pensar no seu emprego como material de cuberta para as edificacións antes que como pesas ou pondera para teares. É seguro que este material non foi extraído nas proximidades do xacemento, pois se ben existen na Serra da Cova da Serpe algúns afloramentos de xistos e lousa, estes non serían explotados na antigüidade. Polas súas características petrolóxicas, podería provir da zona do Incio, o que supón un desprazamento duns 85 quilómetros seguindo o trazado viario romano. Xistos e lousas aparecen tamén na construción das tumbas de laxas tardoantigas descubertas en 1934-1996 e 1997. Respecto aos sartegos pétreos que reempregan grandes perpiaños graníticos é difícil ofrecer unha datación, se ben un deles apareceu encaixado nun muro que podería pertencer á época medieval.

Artes plásticas Tense afirmado que durante o período romano existiría na zona de Cidadela un taller de lapicidas (Caamaño 1983; Caamaño e Fernández 2006). En efecto, na súa sinxeleza as distintas aras (CIRG I 31=AE 1986 387; CIRG I 32=AE 1984 548=AE 1989 436; CIRG I 38, máis dous fragmentos achados en 1992 e 2010) presentan notables similitudes morfolóxicas: cabeceira rematada por dous cilindros que enmarcan o focus, campo epigráfico delimitado por molduras planas e grafía moi semellante. Incluso o granito empregado como soporte parece ter unha mesma orixe. Pola súa banda, os monumentos funerarios adoptan diferentes solucións formais: dende a simpleza das $"!

!

placas (CIRG I 33=HEp 4, 1994 356=AE 1984 549=AE 1989 436; IRG I 18=CIRG I 35=HEp 4, 1994 357; CIRG I 36), que só contan coa correspondente moldura, ata o maior grado de complexidade que amosan as estelas. Nestas últimas é posible apreciar algunha figuración sinxela, como acontece coa lúa crecente enmarcada nun remate triangular (IRG I, 15 = CIRG I, 37), ou motivos máis elaborados, caso da coñecida –e polémica- escena representada na estela de Iulius Seuerianus (AE 1912 13; AE 1952 114; AE 1954 156; CIRG I 34; Balil 1983). A este conxunto débese sumar un case inédito fragmento que mostra unha cabeza humana masculina en baixorrelevo co esquematismo que caracteriza ás producións galaicorromanas (Costa 2011) (Fig. 2).

Fig. 2. Modelo fotogramétrico tridimensional (Agisoft Photoscan 1.1.6) do fragmento de estela con figuración dunha cabeza humana masculina. Peza en posesión de José Lapido, veciño da Ciadella.

$#!

!

Elementos móbeis Existe un bo número de pezas líticas relacionadas con diferentes actividades produtivas. No ámbito do procesado dos alimentos é frecuente o achado de partes de muíños circulares –soltas ou reempregadas nos muros- e mesmo en 1996 atopouse unha cubeta que puido servir como morteiro. Tamén un canto rodado partido pola metade e pulido na súa superficie de corte foi quizais empregado a moenda. Certas pezas de granodiorita, cuarcita ou xisto de orixe local foron usadas pola súa dureza como afiadores ou alisadores. De tamaño e peso aptos para o seu uso cunha man, mostran polo menos unha das dúas superficies máis longas pulidas debido á fricción. Para a canalización e retención da auga documentáronse algunhas pías, contando incluso unha elas cun desaugue. Finalmente, as fusaiolas adoitan aparecer con relativa frecuencia. Pequenas pezas discoidais ou toneliformes perforadas e fabricadas en materiais brandos ou mesmo en xisto relaciónanse coas fases de ocupación tardoantigas. No eido do lecer, algunhas pezas de lousa mostran un debuxo en forma de cuadrícula, polo que existe a posibilidade de que fosen utilizadas como taboleiro de xogos do mesmo modo que ocorre coas tellas con marcas semellantes. Pequenas pedras aplanadas de cuarcita puideron ser usadas como fichas de xogo en calquera das etapas de ocupación do xacemento. Pódense vincular ao continxente militar romano varias pezas que poderían ter servido como proxectís de artillería: algúns bolaños de granito duns 10 cm de diámetro como munición para balistae e diversas pezas de pequeno tamaño en granito ou cuarcita como glandes

de

tirafonda,

a

semellanza

dos

exemplares

cerámicos

atopados no forte. A funcionalidade doutras pezas máis pequenas é difícil de precisar: un prisma de cuarzo tal vez serviu como punteiro ou amuleto; á minúscula boliña de azurita documentada en 1996 supónselle un emprego como adorno.

$$!

!

Conclusións O estudo da pedra aínda ten moito que ofrecer. O máis afinado coñecemento da procedencia das materias primas podería ser un importante factor para reconstruír as redes de intercambio durante os períodos romano e tardoantigo, máis aló da sabida relación que existe entre Cidadela e a cidade de Lugo. Nos últimos anos, o estudo de paramentos, coa correspondente identificación dos usos dos diferentes materiais pétreos, axudounos enormemente á hora de redefinir as distintas fases construtivas e, no seu conxunto, a secuencia de ocupación do xacemento. Polo que respecta á epigrafía, non existe ata o día de hoxe un estudo monográfico sobre a materia. Unha análise detida dos soportes e os estilos podería achegar nova información para un coñecemento na produción destes monumentos e confirmar a existencia dun taller local.

BIBLIOGRAFÍA AE = L'Année épigraphique. BALIL ILLANA, A. (1983): "Observaciones sobre la estela de Iulius Severianus (IRG, I, 17)". Boletín do Museo Provincial de Lugo 1: 179-183. BLANCO-ROTEA, R.; COSTA GARCÍA, J. M. & SÁNCHEZ PARDO, J. C. (2015): "Análisis de la evolución constructiva de las estructuras excavadas en el yacimiento de A Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña) y propuestas interpretativas sobre sus ‘fases tardoantiguas’". Estudos do Quaternário 12: 69-93. CAAMAÑO GESTO, J. M. (1983): "Aportaciones al estudio de la Cohors I Celtiberorum: Una inscripción militar hallada en el campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes - Coruña)". Brigantium 4: 61-71. —— (1989): "Estampillas de la Cohors I Celtiberorum halladas en el campamento romano de Cidadela". Gallaecia 11: 209-229. —— (1990): "Vidrios hallados en el campamento de Cidadela (Sobrado dos Monxes - A Coruña)". Gallaecia 12: 177-190. —— (1997): "Sondeos arqueológicos en la muralla del campamento romano de Cidadela". Gallaecia 16: 265-284.

$%!

! CAAMAÑO GESTO, J. M. & FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, C. (2006): "Producción y comercialización en el campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña)". Á. Morillo Cerdán (Ed.), Arqueología militar romana en Hispania II: Producción y abastecimiento en el ámbito militar. León: ULe: 167-184. CAAMAÑO GESTO, J. M. & VÁZQUEZ MARTÍNEZ, Mª A. (2001): "El vidrio de ventana de época romana hallado en el campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña). Catálogo de piezas". Gallaecia 20: 205-216. CARLSSON-BRANDT FONTÁN, E. (2011): "El material constructivo latericio en el campamento de Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña)". Gallaecia 30: 167-180. CIRG I = PEREIRA MENAUT, G. (1991): Corpus de inscricións romanas de Galicia I (Provincia de A Coruña). Santiago de Compostela: CCG. COSTA GARCÍA, J. M. (2010): "Estudo de paramentos e análise das estruturas exhumadas na “pars nobilis” do campamento romano de A Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña)". Gallaecia 29: 191-201. —— (2011): "Revisitando los recintos militares romanos de la antigua Galicia. ¿Centros de producción o de consumo artístico?". T. Nogales Basarrate & I. Rodá de Llanza (Eds.), Roma y las provincias: modelo y difusión. Roma: L’Erma di Bretschneider. Hispania Antigua, Serie Arqueológica 3. Vol. II: 753-762. —— (2014): "Las primeras intervenciones arqueológicas en A Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña". Gallaecia 32: 109-127. DOVAL GALÁN, J. F. (1997): "Los morteros del campamento de Cidadela". Gallaecia 16: 285-300. HEp = Hispania epigraphica. IRG = BOUZA BREI, F. & D’ORS, A. (Eds.) (1968): Inscripciones romanas de Galicia. Santiago de Compostela: IPSEG. LÓPEZ PÉREZ, Mª C. (2006): "La importación de terra sigillata en el campamento de Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña)". Á. Morillo Cerdán (Ed.), Arqueología militar romana en Hispania II: Producción y abastecimiento en el ámbito militar. León: ULe: 432-437. VÁZQUEZ MARTÍNEZ, Mª A. (2000): Los vidrios de Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña). Santiago de Compostela: USC - Tese de Licenciatura Inédita.!

$&!

!

ÍNDICE Recuerdos de Santiago y reflexiones sobre el significado de la estela de Troitosende. José María Luzón Nogué Raquel, para ti o meu sabático. Pepa Rei Castiñeiras Santiago, Xuño de 1990. Lugo, setembro de 2015. A pulseira de prata do castro de San Xusto de Reposteira, Palas de Rei (Lugo). Aurelia Balseiro García El Collar del Tesoro de Elviña Nuria Reboredo Canosa

5 17 23

31

O emprego da pedra no xacemento da Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña). José Manuel Costa García

39

Agua, aguas, aquae, pero al fin y al cabo, aguas, en el origen de las ciudades romanas: un tributo a Palmira. Silvia González Soutelo

47

Escolma dalgúns reselos nas moedas de Augusto co escudo galaico. (LVCVS AVGVSTI - GUERRAS CANTÁBRICAS) .Laureano F. Carballo

53

Nin zapato baixo nin media de seda: A desfolclorización da indumentaria galega. Belén Sáenz-Chas Díaz

61

Begin the Beguine: As doas da Barbanza. Mª José Bóveda Fernández

67

El escritorio monetario español del Siglo de Oro. Antonio Roma Valdés

75

“Galiza” no Livro das fortalezas de Duarte de Armas. Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez

83

Matres, mouras e soberanas. André Pena

91

*#%!

!

La historia del Santiago medieval en un castillo. Álvaro Rodríguez Resino

99

Xoan Arias, o señor das Rochas: As dúas torres. David Fernández Abella

105

As moedas do xacemento romano de Cabreiras, San Andrés de César, Caldas de Reis. Paz Blanco Sanmartín

115

Raquel, parte da minha historia. Víctor Manuel Vázquez Domínguez

119

In Iubilatio da profesora Dra.Raquel Casal García. Xosé Anxo Vázquez Urtiaga

123

Breve nota de agradecimiento a la Profesora Raquel Casal García. Beatriz Pereiras Magariños

125

Mi amiga Raquel. Paquita Chaves

127

Miscelánea aberta

131

*#&!

!

Este libro do que non hai dous fíxose especialmente para a PROFESORA DOUTORA RAQUEL CASAL GARCÍA co gallo da súa IUBILATIO da UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA efectiva o 31 de agosto de 2015

*#'!

!

*$+!

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.