Premio Real Academia Doctores España 2015

June 24, 2017 | Autor: E. Paredes Rosendo | Categoria: Cryopreservation
Share Embed


Descrição do Produto

10/28/2015 9:43 AM

DUVI. Diario da Universidade de Vigo - A Rea...

Inicio

Investigación

1 of 1

Campus Vigo

Venres, 16 de outubro do 2015 É unha dos trece investigadores galardoados entre máis de 200 candidatos

A Real Academia de Doctores de España premia a tese de doutoramento de Estefanía Paredes Sobre a criopreservación de estados temperás de desenvolvemento de invertebrados mariños como o ourizo de mar 2

Tweet

4

Share

Delicious

M. Del Río | Vigo Máis de 200 teses de doutoramento competían polos Premios á Investigación da Real Academia de Doctores de España 2015. Pero só 13 investigadores de todo o Estado foron os distinguidos por estes galardóns e, entre eles, unha científica da Universidade de Vigo, Estefanía Paredes, única seleccionada das universidades galegas. Os galardóns foron entregados este mércores en Madrid coincidindo co acto de apertura do curso 2015-16, ocasión que aproveitou a investigadora para regresar a España xa que se atopa realizando unha estancia postdoutoral nos EEUU. A tese de Paredes, dirixida por Juan Bellas e baixo a titoría de Ricardo Beiras, realizouse no laboratorio de Ecoloxía Costeira da Universidade, que leva dende 2008 traballando no desenvolvemento dunha metodoloxía para conxelar embrións e larvas de catro especies de invertebrados mariños: ourizo de mar, ostras e dous tipos de mexillóns.

Un recoñecemento a moitas horas de traballo Na convocatoria de 2015 destes Premios á Investigación presentáronse máis de 200 traballos. O premio que rexistrou o maior número de aspirantes é o das Ciencias da Vida e da Saúde, con 78 teses. No caso de Estefanía Paredes, que recibiu o da categoría de Ciencias Experimentais e Tecnolóxicas, impúxose entre 42 candidatos, o segundo máis concorrido. Paredes amósase moi satisfeita pola obtención deste galardón, que se une ao Premio Extraordinario de Doutoramento que lle outorgou a Universidade de Vigo o pasado ano. Recoñece que a concesión destes dous premios “significa un recoñecemento ás moitas horas que demanda un traballo doutoral” e subliña sobre todo o esforzo que require “unha investigación innovadora como a nosa, na que partimos dende cero”. A investigadora estende o recoñecemento a outros científicos, porque “non é soamente mérito do traballo duro e das horas invertidas senón tamén da xente coa que tiven o pracer de traballar na Facultade de Ciencias do Mar e na ECIMAT, pero tamén é mérito do meu director de tese, Juan Bellas do Instituto Español de Oceanografía de Vigo”.

Dispoñibilidade de embrións durante todo o ano A investigadora realizou o seu traballo a medias entre os laboratorios da Facultade de Ciencias do Mar e os da Ecimat ata conseguir por primeira vez a conxelación de embrións temperás de ourizo de mar con altas expectativas de supervivencia. Explica que a importancia de contar cun criobanco de embrións destas especies de alto impacto comercial [mexillón verde de Nova Celandia (Perna canaliculus), mexillón galego (Mytilus galloprovincialis), ourizo de mar (Parecentrotus lividus) e ostra pacífica (Crassostrea gigas)] ten aplicacións destacadas tanto no eido da avaliación da contaminación mariña como para a acuicultura. A criopreservación, segundo explica Paredes, é un proceso “laborioso e delicado que nos permitiu a conxelación de embrións de ourizo de mar cunha alta porcentaxe de supervivencia que poden ser utilizados en bioensaios ecotoxicolóxicos”. Engade que se adoita empregar esta especie porque “en estados de desenvolvemento temperán son moi sensibles á contaminación e permiten detectala incluso en concentracións baixas incubando os embrións en dilucións desa mostra de auga contaminada”. Deste xeito, grazas ás técnicas de criopreservación asegúrase a dispoñibilidade de embrións durante todo o ano, independentemente do mal tempo ou por estar fóra da temporada desta especie. Contar cun biobanco deste tipo é de utilidade tanto para avaliar a contaminación como para a acuicultura. No primeiro caso desconxelados os embrións, retíranse os restos dos crioprotectores e incúbanse en mostras diluídas da auga que se quere analizar. No caso da utilidade para a acuicultura, a investigadora destaca que o seu traballo tamén avanzou na criopreservación de embrións de mexillón ou ostra, que teñen moito peso no sector da acuicultura nacional e poden a atopar na criopreservación vantaxes para mellorar a produción.

Un ano nos EEUU Dende hai algo máis dun ano Estefanía Paredes traballa no laboratorio de Criobioloxía teórica e aplicada da Universidade de Tennessee, USA, baixo a dirección de Peter Mazur, un dos investigadores pioneiros neste eido. A súa investigación céntrase agora en adaptar esta técnica a novos organismos, tipos de células que non se conseguiron criopreservar ata o agora con métodos existentes. Explica que "a vitrificación, así é como se chama a conxelación rápida, considérase o futuro da criopreservación médica de células, tecidos e incluso órganos enteiros para transplantes" pero tamén ten aplicacións na conservación da diversidade e do medio ambiente, na xestión de pesquerías e acuicultura e na industria alimentaria e aeroespacial. Paredes recoñece que vivindo fóra non pode evitar comprar os sistemas de investigación de ambos países. Considera que moitas cousas se están facendo mellor en España que en EEUU pero o principal problema reside no orzamento para a ciencia e o I+D en cada un dos países. “Nos EEUU teñen un plan estable a longo prazo e a esfera política cre que a inversión en I+D non é una broma, están certos de que é onde reside o futuro do país, mentres que en España as cifras orzamentarias demostran que a investigación non é unha prioridade, unha pena porque temos científicos de moita calidade e España está a desperdiciar o seu potencial … xa nos lamentaremos”, láisase a investigadora. Preguntada polo seu futuro, Paredes recoñece que é a pregunta máis complicada para investigadores españois que están no estranxeiro. “Gustaríame moito volver pero aínda se seguen destruíndo postos de traballo nas institucións científicas e nas universidades. A pesar de que sairon varias convocatorias rexionais e estatais, as ofertas son increiblemente precarias, non soamente na duración dos contratos senón tamén nos soldos e condicións de traballo”. De momento ten contrato posdoctoral na Universidade de Tennessee ata o ano que ven e, segundo explica, ten varias colaboracións en proxectos cunha universidade española e cunha start-up americana en proceso polo que recoñece que non ten “nin idea de onde estarei a estas alturas dentro dun ano”.

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10439&Itemid=55

10/28/2015 9:45 AM

Trece investigadores, galardonados con los Pre...

Trece investigadores,galardonados con los Prem ios a la Investigación 2015 de la RADE La academ ia,según su presidente,cree que una m ayorpresencia de doctores en la econom ía española increm entaría su com petitividad

Trece inves gadores, de los más de 200 candidatos  presentados, han sido galardonados por la Real Academia de  Doctores de España (RADE) con sus Premios a la Inves gación  2015, que dis nguen las mejores tesis doctorales defendidas  el curso pasado. La convocatoria cuenta con el patrocinio de  Alcaliber, Fundación Gómez Pardo, Laboratorios Ovejero y don  José Lladró. La entrega de los premios se ha efectuado durante  el acto solemne de apertura del curso 2015‐16 de la  corporación, bajo la presidencia del doctor Jesús Álvarez  Fernández‐Represa,  tular de la RADE, y la presencia del Subsecretario de Educación, Cultura y Deporte, Fernando Benzo  Sáinz, entre otras personalidades. El Premio RADE de Humanidades ha correspondido ex aequo, a Virginia Carracedo Mar n (Madrid, 1973), por su tesis  doctoral Incendios forestales y ges ón del fuego en Cantabria, y a Ángel Manuel Gu érrez Cabero (La Seca, Valladolid,  1964), por La enseñanza de la caligra a en España a través de los Artes de Escribir de los siglos XVI al XX. El Premio RADE de Ciencias de la Vida y de la Salud se ha adjudicado a Iñaki Comino Méndez (Pamplona, 1986), por su  tesis The iden fica on of new familial pheochromocytoma/paraganglioma genes using whole exome sequencing. El Premio RADE de Ciencias Jurídicas y Económicas ha sido para la tesis Influencia de la responsabilidad social corpora va  en el comportamiento del consumidor turís co: un estudio desde la perspec va del turismo sostenible, de Patricia Mar nez  García de Leaniz (Santander, 1984). El Premio RADE de Ciencias Experimentales y Tecnológicas  ene también dos ganadores ex aequo: Jesús Esteban Serrano  (Madrid, 1985), por su tesis Procesos verdes para la producción de carbonato de glicerina y solketal; y Estefanía Paredes  Rosendo (Moaña, Pontevedra, 1984), por Cryopreserva on of marine invertebrate early‐life stages: applica ons in marine  water quality assessment and aquaculture. El Premio Fundación Gómez Pardo de las áreas de ciencias de la  erra, minería, metalúrgica e ingeniería de materiales se  ha otorgado a Julio Antonio Rodrigo Naharro (Valencia, 1979), por su tesis El análogo natural de almacenamiento y escape  de CO2 de la cuenca de Gañuelas‐Mazarrón: implicaciones para el comportamiento y la seguridad de un almacenamiento  de CO2 en estado supercrí co Dos inves gadores han recibido ex aequo el Premio Abelló Pascual I del área de bioquímica: Raúl Rodrígues Díez (Segovia,  1984), por El factor de crecimiento de tejido conec vo: modulador redox y citoquina proinflamatoria implicada en la  génesis del daño vascular, y Ana Villarejo Nieto (Madrid, 1986), por Snail2: Estudios estructura‐función y análisis in vivo de  su papel en el desarrollo del folículo piloso y la carcinogénesis química de piel. También han sido dos los galardonados ex aequo del Premio Abelló Pascual II sobre métodos analí cos en bioquímica:  María Arechederra Calderón (Madrid, 1985), por Nuevos mediadores de las acciones de p38alfa MAPK en la supervivencia  y la migración/invasión celular. Interacción con C3G, y Andreu Fabregat Rossell (Arenys de Munt, Barcelona, 1986), por  Re‐exploring testosterone metabolism: new insights for doping control. Valeriano Sánchez Famoso (Bilbao, 1974), con la tesis The singulari es of internal social capital in family firms: a literature  review and four quan ta ve essays, ha obtenido el Premio Lladró sobre estudios económicos relacionados con la  promoción de la figura del emprendedor. Finalmente, la tesis Estudio taxonómico de bacterias relacionadas con el síndrome del alevín de la trucha, de Leydis  Zamora Morales (Las Tunas, Cuba, 1978), ha sido galardonada con el Premio Laboratorios Ovejero sobre microbiología e  inmunología microbiana. Los requisitos de la convocatoria establecían que las tesis presentadas hubieran sido defendidas entre el 1 de julio de  2014 y el 30 de junio de este año, y hubieran obtenido la calificación de sobresaliente cum laude. La valoración y análisis  de los trabajos ha correspondido a un jurado compuesto por académicos de la RADE especialistas en las dis ntas áreas  de conocimiento. Memoria y discurso de apertura Tras dar lectura a la memoria del curso anterior, en una doble función, el secretario general, doctor Emilio de Diego  García, pronunció el discurso de apertura del nuevo curso: Consideraciones sobre la historia, desde la historia, en el que  abordó las cues ones de por qué y para qué sirve la historia. De Diego comenzó subrayando que “la insistencia en acabar con la historia y la desconfianza hacia ella, o peor todavía la  resignación, de quienes aceptan ser privados de la posibilidad de conocerse y de reconocerse, derivan de esa misma  negación de la historia y cons tuyen uno de los mayores peligros de nuestros días. Porque las propuestas de demolición  de las referencias del pasado conducen a una drás ca reducción de las potencialidades del ser humano, individual y  colec vamente. Así, la negación de la posibilidad de pensarnos en el  empo, implica, si bien se mira, la imposibilidad de  http://www.radoctores.es/pagina.php?item=123 pensar, pues nos priva de la radical dimensión humana que comporta la historia”.

1 of 1

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.