Tema 5 Os espazos do sector primario

September 25, 2017 | Autor: Antón Rouco Rivas | Categoria: Geography
Share Embed


Descrição do Produto

Tema 5 Os espazos do sector primario Anxo

Vocabulario Xeográfico Acuicultura Técnica do cultivo de organismos acuáticos, incluíndo peixes, moluscos, crustáceos e plantas acuáticas, tanto en ríos como en augas mariñas, e con fins comerciais. (Ed. Santillana)

Agricultura Tamén chamada en ocasións como alternativa, sostible, orgánica ou ecolóxica biolóxica. É aquela que aproveita de xeito reacional e equilibrado os recursos naturais para producir, sen empregar produtos químicos (pesticidas, abonos sintéticos…) nin transxénicos (organismos xeneticamente modificados), coa fin de conservar afertilidade da terra e respecta-lo medio ambiente. (Ed. Santillana)

Denominación É un tipo de indicación xeográfica aplicada a un produto agrícola ou de orixe alimenticio cuxa calidade ou características débense fundamental e exclusivamente elabora.

ao

medio xeográfico no

que

se produce, transforma e

Noutras palabras, é unha cualificación que se emprega para protexer legalmente certos alimentos que se producen nunha zona determinada, contra produtores doutras zonas que quixesen aproveitar o bo nome que crearon os orixinais, nun longo tempo de elaboración ou cultivo. Os produtores que se acollen á denominación de orixe, comprométense a manter a calidade o máis alta posible e a manter tamén certos usos tradicionais na produción, por exemplo, no caso do viño, en certas zonas esíxese utilizar a uva tradicional da zona. Así mesmo, adoita existir un organismo público regulador da denominación de orixe, que autoriza exhibir o distintivo aos produtores da zona que cumpren as regras. A ventaxe fundamental da denominación de orixe é que garante ao consumidor un nivel de calidade máis ou menos constante e unhas características específicas. A cambio, os produtores obteñen unha protección legal contra a produción ou elaboración de tales produtos noutras zonas, aínda que se utilicen os mesmos ingredientes e procedementos, que lles permite influír sobre o prezo final destes. Tamén se sinala que esta figura fomenta a organización do sector produtivo e facilita o acceso de produtores a mercados nacionais e internacionais. (Galipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Denominaci%C3%B3n_de_orixe)

Desagrarización O concepto de “desagrarización” refírese á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o conseguinte debilitamento das | Xeografía – 2ºBAC

1

Tema 5 Os espazos do sector primario Anxo

institucións sociais vencelladas a esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social (por exemplo, a explotación familiar agraria, a propiedade da terra como base da estratificación social, os sistemas de xestión comunla dos recursos agrícolas, etc.). (La población rural de España. De los desequilibrios a la sostenibilidad social. Colección Estudios Sociales, nº 27, 2009, Fundación La Caixa, Luis Camarero – Coordinador- et al.) http://www.aragon40.telefonica.es/assets/aragon40/docs/mesa1_La_poblacion_rural_espa nya.pdf

Explotación Forma de explotación agraria localizada sobre unha superficie reducida de intensiva terreo, que proporciona altos rendementos grazas aos elevados investimentos que recibe en traballo ou no emprego de técnicas avanzadas. (Ed. Anaya)

Política Política Agraria Común na Unión Europea, cuxa orixe remóntase a mediados Agrícola Común do século pasado destinada a fomentar-la mellora da produtividade agrícola, (PAC) de xeito que os consumidores dispuxeran dun subministro estable de alimentos a prezos asequibles (ofrecíanse subvencións e sistemas que garantían prezos elevados aos produtores, proporcionando incentivos para que produciran máis). En 2003 acordouse a súa reforma profunda. (Ed. Santillana)

Política Pesqueira Comunitaria (PPC)

A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) é o principal instrumento co que contamos, a escala europea, para fcer posible o desenvovemento dunha pesca rendible e responsable. O primeiro Regulamento do ano 1983, contempla cuestións como o acceso aos caladoiros, as condicióss para levar a cabo acordos con outrso países ou o reparto das Cotas Totais Admisibles (TAC) nas que se limita a cantidade de peixe que se pode pescar por cada especie e por cada país membro. En 2004 o seu orzamento foi de máis de 900 millóns de euros (o 0’75% do total comunitario). http://ec.europa.eu/fisheries/cfp/index_es.htm http://es.wikipedia.org/wiki/Pol%C3%ADtica_Pesquera_Com%C3%BAn_de_la_UE

Silvicultura Ciencia ou actividade que ten por obxecto o cultivo , conservación e aproveitamento dos bosques e montes. O tipo de silvicultura que se practica depende da súa tradición histórica, das características do lugar, etc. Entre algúns dos cometidos desta actividade está a explotación madereira,aínda que tamén é importante a protección e rexeneración de bosques e solos, a prevención de incendios e pragas, e o desenvolvemento dos usos múltiples do monte. (Diccionario Galego de Xeografía VV.AA., Xunta de Galicia, 1993)

Transxénicos Plantas modificadas xeneticamente, é dicir, sometidas a unha alteración dos | Xeografía – 2ºBAC

2

Tema 5 Os espazos do sector primario Anxo

seus xenes ou que recibiron xenes procedentes doutros organismos para dotalas de certas propiedades: resistencia ás malas herbas e a certas pragas, maior rendemento etc. (Ed. Anaya)

| Xeografía – 2ºBAC

3

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.