Teoría polisistema gl

Share Embed


Descrição do Produto

periferia A teoría do polisistema (Even-Zohar 1979) é unha teoría aplicada ó campo literario que pretende describir o funcionamento dos sistemas e subsistemas dos textos traducidos. Esta teoría contribuíu a fundamentar o principio conforme as traducións se desenvolven no sistema meta, ou receptor.

masa

núcleo / canon

Malia a súa orientación eminentemente editorial, os seus principios poden servir para describir o dinamismo das traducións dentro de calquera outro campo cultural ou social. O modelo organízase arredor de tres principais oposicións binarias (Hurtado Albir 2001: 562-564):

periferia

periferia forza centrífuga

dinámica primaria, sustentada por industrias culturais

núcleo

núcleo

forza centrípeta

a) A oposición núcleo (ou centro) / periferia. O núcleo é un espazo conservador que contén as obras canónicas, mentres que na periferia circulan elementos que non se consideran lexítimos e non gozan de tanto prestixio como as formas do núcleo. A periferia é a pel do sistema, a súa zona de contacto directo coas influencias externas. Os elementos da periferia evolucionan e cambian rapidamente de posición (máis ou menos periférica, máis ou menos central). Existen correntes centrípetas que achegan os elementos periféricos ó centro, e correntes centrífugas que afastan elementos centrais para a periferia. Desta forma, o sistema móvese constantemente, a medida que os elementos se reposicionan, desaparecen ou irrompen, por exemplo cando dende outro sistema chega unha tradución ó sistema meta e acomódase nalgunha das súas capas. b) A oposición canonizado / non canonizado. O canon comprende os elementos considerados lexítimos por parte das institucións e as clases dominantes. Componse de obras e das regras de produción desas obras. O canon instálase no interior do núcleo, e tende a perpetuarse no seu interior, conforme as instancias do poder reproducen as regras, principalmente mediante a educación ou a escolarización, etapas nas que se aprende cales son os elementos canónicos. Dentro do núcleo, os elementos do canon móvense lentamente pero poden acabar por desgastarse e perder lexitimidade: neste caso derivarán cara a periferia do sistema. Co tempo, algúns elementos canónicos que abandonaron o núcleo e “enfriaron” na periferia volven para o interior do sistema. Isto débese a que o público, que “esquenceu” o percorrido deses elementos, os ve como novidosos e interprétaos coma se fosen modernos. Os elementos non canonizados, de menor peso simbólico, xeralmente gravitan fóra do núcleo, dentro do sistema ou na súa periferia, mentres agardan para chamar a atención grazas á súa posición marxinal. A periferia é, logo, una marxe. c) A oposición primario / secundario. Primaria é unha actividade entendida como innovadora. A innovación permite renegociar posición dentro dun sistema, ás veces cara ó núcleo. Por secundarias enténdense as actividades conservadoras, é dicir as que fixan e solidifican elementos nas súas posicións. Nestes esquemas, as traducións son operación mediante as que un elemento (coa etiqueta de elemento traducido) é incorporado dentro dun sistema, procedente doutro. Coa noción de assumed translation (tradución suposta) non todas as traducións son de feito traducións e que moitas son o resultado de creacións dentro do propio sistema receptor. En calquera caso, a teoría do polisistema atende aqueles procesos e produtos que son considerados traducións, e non outros. Noutras palabras: a teoría dos polisistemas non serve para mapear o funcionamento de todos os tipos de tradución, dado que un número considerable delas (transferencias que cumpren cos postulados de Toury) non deixan pegadas ou non se interpretan como traducións.

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.