[Trabajo del Grado] A Presencia de soldados na Baiona do S. XVI: Estudo a través das actas municipais

October 8, 2017 | Autor: Marián Garrido | Categoria: Metodologia De La Investigacion, Historia Moderna De España
Share Embed


Descrição do Produto

A Presencia de soldados na Baiona do S. XVI: Estudo a través das actas municipais

Marián Ferro Garrido (2º Grao Xª e Historia)

Índice: 1. Introducción 2. Estructura dunha acta 3. Estudo da presencia dos soldados en Baiona durante o S. XVI a. As actas municipais do Concello de Baiona dende o ano 1580 ó 1593 b. Análise da presencia dos soldados 4. Balance do traballo 5. Bibliografía

1. Introducción O tema a tratar no traballo é o estudo da presencia de soldados na Baiona do século XVI e como ésta afectou os seus habitantes e a vila. Isto farase a través das actas publicadas dende o ano 1580 ata o ano 1593. - Xustificación da elección da temática do traballo Unha das temáticas que máis me chaman a atención, son os bélicos e con este traballo dábaseme a oportunidade de estudar ós soldados de Baiona no S. XVI, século que como ben se sabe, Galicia sufriu diversos ataques de corsarios, como o de Francis Drake, polo que tamén a través do estudo dos soldados, podería coñecer como se viviu esta situación en Baiona.

2. Estructura dunha acta En todas as actas repítese o mesmo esquema: No primeiro parágrafo, colócase a data e o lugar onde se leva a cabo a Acta. A continuación noméase as persoas presentes xunto cos seus cargos. No seguinte parágrafo, relátase o tema a tratar na acta e as veces no mesmo parágrafo ou nun terceiro, aparecen as ordeanzas do concello para solucionar os asuntos

tratados. No último parágrafo aparece a rúbrica dos presentes.

3. Estudo da presencia dos soldados en Baiona durante o S. XVI A continuación preséntase a relación de actas nas que aparecen nomeados os soldados e as medidas tomadas polo Concello ante a problemática xurdida pola súa presencia. Isto completarase coa análise posterior das actas a través de bibliografía.

a. As actas municipais do concello de Baiona dende o ano 1580 ó 1593 ● 1580 - Acta 295 Cédula do rei no que ordea que o Capitán Sancho Pardo Osorio se encargue da garda e defensa da fortaleza de Monterreal , da villa de Baiona e do porto de Vigo. Ademáis de encargarse das reparacións, obras e a fortificación da villa.

- Acta 297 O correxidor de Baiona e o procurador xeral aceptan o nomeamento do Capitán Sancho Pardo Osorio, que pasará a sustituír ó anterior Capitán, Gómez Pérez de las Mariñas.

● 1581 - Acta 336 O rei, ante a mensaxe do Capitán de que na vila de Baiona non había xente práctica na guerra, ordea a Sancho de Ávila, Capitán Xeral da costa do Reino de Granada e Maestro de Campo Xeral, que envíe a Baiona cincuenta ou sesenta soldados españois e que sean bos na práctica da guerra, para que residan da vila de Baiona e a garden e defendan o seu porto e o de Vigo, ante a ameaza de corsarios e inimigos que quixeran atacalos.

- Acta 349 O Capitán Sancho Pardo Osorio presentase ante o Reximento de Baiona cunha cédula real na que o rei ordea que se lle dé aloxamento os cincuenta e seis soldados que acaban de chegar a vila. En total, notificáronse vinte e nove posadas para eles no alto de Monterreal.

- Acta 350 O Concello de Baiona decide enviar a un dos rexidores a Audiencia Real para pedir que os soldados se retiren xa que fan máis dano que se non estivesen.

- Acta 352 O Concello ordea darlle seis ducados ó mordomo da vila, Pedro García, para que llos entregue

a Gregorio Calzado xa que os soldados levan dende que chegaron, gastando quince ducados en leña para a centinela de noite, así que reducindolles o pago, se verán obrigados a aforrar máis.

- Acta 362 Ante a necesidade de artilleiro, o Concello pídelle que volva o seu posto Gonzalo Ganbino, aínda que con menos salario (trinta e seis ducados polos seus tercios de ano) xa que o rei deu aviso de que de Francia saíran naos de corsarios e que estes se dirixen hacía a costa de Galicia, polo que é necesario estar en alerta e conseguir pólvora e poñer a artillería en orde.

- Acta 365 O Concello envía a Gregorio Domínguez a Coruña a buscar armas para repartir na vila. En total son catrocentas noventa picas e cento trece arcabuces. Éstas deben ser levadas por terra ata Padrón e dende alí, envialas por mar. Tamén se lle ordea a Gregorio Calçado unha libranza de oito ducados para os gastos dos soldados. Por último, acordase a compra de brea e grasa para artillería.

● 1591

- Acta 371 Nesta acta trátase o tema do traslado do alférez don Gonzalo de Bintran a casa de Antonio Varela Çeta e ordease que as personas señaladas lle presten servizo e que Juan Altrape deixe a casa libre. Se non se sigue estas pautas, avisarase ó Capitan Troncoso de Ulloa para que faga tomar a casa. Tamén se ordea o traslado de soldados que estaban aloxados nunhas casas, a outra parte para así deixalas libres.

● 1592

- Acta 375 O capitán Troncoso solicita unha axuda de mil reais para a súa compañía que devolverá na primeira paga. - Acta 379 Tamén trátase sobre o socorro de mil reais para a compañía do Capitán Troncoso. - Acta 383 Nova petición do Capitán Troncoso de socorro de mil reais para a súa compañía e o traslado do soldado Gaçate a outra casa pois na que está aloxado instalarase un estudo. - Acta 384

Cédula real na que se lle concede o Concello de Baiona seis pezas de artillería dunhas galeazas que naufragaron. - Acta 385 Petición do Capitán Troncoso dun socorro de mil reais para a súa compañía.

- Acta 386 O Concello envía o alférez maior da vila, García Gómez que faga certas xestións na Corte, como despachar o negocio dos mariñeiros e que non pidan máis socorros os soldados da vila. Tamén envían a xente a sacar un tiro de artillería onde as galeazas naufragaron.

- Acta 387 Envío de instruccións a Comisión que vai negociar coa Corte en nome da vila. Unha delas é a petición de que se traslade o Corpo de Garda da plaza ó Barrio do Cuartel xa que producen moitos danos. Tamén que se trate o asunto de castigar debidamente os delitos dos soldados e que sea o Correxidor da vila quen se encargue de aplicar os castigos pertinentes. E por último, que se continúe co pleito polas casas do Cuartel que están en mans do relator Paredes.

- Actas 389 Nomeamento de cinco capitáns para as compañías da vila. Estes capitáns deberán encargarse das necesidades dos cidadáns da vila e portar as bandeiras da vila alí onde se lles ordease.

● 1593 - Acta 392 O Capitán Troncoso pide que lle presten mil cen reais para socorrer oito días ós soldados da súa compañía.

- Acta 393 Petición do Capitán Troncoso para reparar a artillería e aprovisionarse de leña e fariña. Tamén se tratou o asunto dos Capitáns da milicia que son de terra, que fagan os seus oficios en nome da vila.

- Acta 395 Don Martin de Ayala, encargado da xente de guerra do Reino pretende que as compañías de terra non sexan da vila e que o Capitán Troncoso lles entregue as bandeiras da vila e que se usen sen a aprobación do Concello. Tamén que se fagan reseñas e recontos de armas pola súa autoridad. Ante isto, o Concello fai unha queixa nas Cortes e notifican que nomearán os Capitáns das capitanías que estén vacantes e ordea que se lle envíe unha carta a don Martin de Ayala remitindolle isto. Por último, faise un requerimento o Capitán Troncoso que entregue todo o diñeiro que veu á vila (treinta e cinco mil reais).

- Acta 396 Requerimento do Capitán Troncoso de que os veciños da vila se aprovisionen de pan, leña, fariña carbón e auga. - Acta 397 Ante o aviso de perigo de que o inimigo acércase ás costas, para a defensa da vila, o rei ordea que non saia a xente da vila e que agarden en casa armados e que cada noite faga a guardia un barco con cinco tripulantes nas Islas Cíes, os cales terán que chegar ó anoitecer e volver de día. Se hai algunha noticia deberán volver tres homes ata a vila para dar aviso.

- Actas 400/401/402 El Capitán Troncoso solicita socorro para oito días de mil cen reais.

- Acta 406 Aprovisionamento de pan e outras cousas frente a posible ataque inglés.

- Acta 410 O Capitán Troncoso solicita socorro de mil reais para oito días para a súa compañía.

- Acta 413 Petición do Capitán Troncoso de mil cen reais para socorro da súa compañía. O Concello solicita que a partir do vinte e dous de setembro se faga un reconto dos socorros e as persoas ás que se lles debe diñeiro por prestalo para os soldados, para así saber se seguir socorrendoos máis adiante. Por último, o Concello solicita que se terminen as guardias nas illas Cíes, pois non hai evidencia do inimigo.

b. Análise da presencia dos soldados Durante á década dos oitenta, Baiona convértese nun centro militar que aloxa a soldados de guarnición na vila. Nun primeiro momento, Felipe II, nomea como Capitán da fortaleza de Baiona, a Gómez Pérez das Mariñas, pero sucédelle ó pouco, o Capitán Sancho Pardo Osorio (Actas 295 e 297). Tras isto, o rei decide enviar a Monterreal un batallón de soldados que veñen de Granada e a vila vese obrigada a darlles albergue (Actas 336 e 349), pero o Concello queisaxe ás Cortes dicindo que non é necesario a presencia dos soldados pois fan máis dano que axudar (Acta 350). Pero a pesar das queixas, tiveron que seguir facendose cargo dos alquileres das casas nas que se hospedaban e os recursos que consumían como a leña para a fortaleza. Pero gracias a presencia destes soldados, conseguiron facerse con armamento (Actas 365, 384). Pero este período de relativa paz, vese interrumpido pola presencia a partir de 1585 de

Francis Drake, que está nas Illas Cíes e ameaza con vingar os danos causados os mercaderes ingleses en Baiona, pero conseguen evitar o cerco e éste vese obrigado a volver ó seu refuxio. En 1589, volve a repetirse a ameaza de Drake, pero segue sen conseguir o seu cometido en Baiona. Unha vez finalizada a ameaza dos ingleses, Baiona faise consciente do enorme peso económico e social que supón manter a guarnición. O reximento acumulaba deudas por satisfacer as necesidades dos soldados e moita xente vírase obrigada a alquilar as súas casas e non se lles pagara nada a cambio (Actas 371, 383, 413). A pesar de que o Reximento enviou a xente para queixarse ante as Cortes (Actas 386, 387), as solucións fixeronse esperar. O asunto como a paga de compañías residentes en Galicia estábase convertindo en motivo de conflicto que requerían dunha rápida solución. Para o pago das compañías de Baiona pretendíase que viñera procedente da administración da sal e das alcabalas galegas, pero non foi suficiente. A cuestión da paga das compañías era irresoluble a nivel local, pois dependía máis da capacidade do rei ca dos seus delegados, quenes intentaban facer frente as necesidades urxentes cos medios que podían. Mentres, o Capitán Álvaro Troncoso non para de alarmar a vila con avisos de peligros e reclamando “socorros” (Actas 375, 379, 385, 392, 400, 401, 402, 406, 410, 413), pero a pesar do seu desagrado polo Capitán, non poden prescindir del, aínda que o amonestan para que intensifique a vixilancia da costa por mandato do rei, xa que non parece cumplir moi ben co seu cometido (Acta 397). Pero o pobo non podía seguir consentindo os abusos destes soldados, así que comenzan as denuncias a éstes (Acta 387), dicindo que as tropelías dos soldados eran consentidos polos xefes. Estas queixas presentaronse no Consello de Guerra, o que trouxo o odio e rencor do Capitán. A pesar de que Baiona quería que regresaran as milicias municipais, que tan bos resultados lles había traído, non se puido e foi inevitable o nomeamento dun novo Capitán, que non resultou ser mellor ca Troncoso (Actas 389, 393, 395). Aínda que finalmente, tamén conseguiron desfacerse del.

4. Balance do traballo ¿Foi realmente imprescindible a presencia dos soldados na vila de Baiona? Como xa vimos a través das actas e da bibliografía consultada, Baiona tivo que pasar por grandes apuros debido a presenza dos soldados, estes fixeron que o Concello tivera que endebedarse para facer frente as súas demandas, que as xentes se viran obrigadas a alquilar a súa casa a éstes, ademáis dos moitos agravios que causaron a xente da vila, pero a pesar de todo isto, quizais sen a súa presencia, non terían conseguido facer

frente as ameazas externas e facer que o inimigo se retirase (como con Francis Drake), pois a xente da vila non estaba instruída no arte da guerra e Baiona ata a chegada dos soldados non estaba moi ben equipada en canto a armamento se refire. Quizais a pregunta que deberíamos facernos é se a vila de Baiona tivo que pagar a un alto precio esta axuda militar inestimable.

5. Bibliografía GARCÍA ORO, José et al. : Baiona de Miñor en sus documentos: actas municipales correspondientes al siglo XVI. Pontevedra, Diputación Provincial, 2003. GARCÍA ORO, José et al. : Bayona y el espacio urbano tudense en el siglo XVI. Santiago de Compostela, s. n, 1995. SAAVEDRA VÁZQUEZ, María del Carmen: Galicia en el Camino de Flandes. A Coruña, Edicios do Castro, 1996. - Imaxes: GARCÍA ORO, José et al. : Baiona de Miñor en sus documentos: actas municipales correspondientes al siglo XVI. Pontevedra, Diputación Provincial, 2003.

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.