Transgrafías: Relatos do corpo terrorista.

Share Embed


Descrição do Produto

TRANSGRAFÍAS: RELATOS DO CORPO TERRORISTA Rodríguez Avilez, Nelson Filoloxía Inglesa Universidade da Coruña [email protected] RESUMO A corporeidade como tarxeta de presentación para o mundo que nos rodea, non deixa de ser a maneira por antonomasia na que existimos, como imaxes re-creadas nos ollos dxs outrxs, do afora. Como tal, fíxose necesario para o sistema post-capitalista, un reduccionismo de tales identidades de modo que poidan ser dixeridas dentro del e perder a carga de ameaza que poidan representar para os corpos normativos como elementos afianzadores da moral heterosexual, productiva, sumisa – mentres que a modificación dos corpos non reguladas polo poder médico segue a ser punido legal e socialmente. Mediante unha curta reflexión achego o paralelismo entre as corporeidades disidentes e o “corpo terrorista” como concepto, xa que igual que nas guerras, sofre a taxonomización de quen vence para personificar o mal. PALABRAS CLAVE: Performatividade, trans, teoría queer, corpo terrorista, biopolítica. INTRODUCCIÓN O dito decía que o soño da razón producía monstros, e moitxs delxs foron soñadxs e representadxs nas diferentes artes plásticas ao longo da historia da humanidade, moitos relatados oralmente ate incrustarse no máis profundo dos nosos coñecementos mentras xogaba co medo que producían a serie de macanismos reguladores para que a normalidade imperase no mundo, dende a xustiza romana á policía, pasando pola Inquisición, os soplos de ar que contiñan chivatazos e o escarnio popular aberto e claro. Mais todos estes métodos coercitivos compartían unha misma fin: a morte, literal ou en vida, da monstrosidade delatada. O medo ao non normativo quedou instalado no fondo dos nosos cerebros dende o tempo da pedra e a lanza. Na memoria popular, o corpo anormal do que falou Michel Foucault na súa anaálise das políticas punitivas e a psiquiatría, sintetizouse en formas diversas, mais sempre pexorativas por diferentes motivos. Máis concretamente, no caso das sexualidades non normativas foi a monstrosidade oculta, o carácter non visible do mal, a mecha que de sempre prendeu no subconsciente da poboación, controlada primeiro por unhas bases morales e máis tarde por unha serie de aparatos reguladores, administradores dos poderes de control, encargados de categorizar e suministrar as doses de normalidade e castigo necesarias dentro do sistema para correxilo1. Co afianzamento do sistema dimórfico de sexos, a estructura a protexer non se sitúa na propia integridade, mais na integridade do afora (Fausto-Sterling 2006), é decir, coa integridade dun sistema que non debe verse atacado polos elementos non permitidos dentro do concepto de heteronormatividade que plantexa en cada momento a normalidade en base a un ou outro sexo sempre e cando esa identidade sexa heterosexual, e polo tanto, “máquina deseante” (Deleuze e Guattari 1985) e re-productiva2.

1 Ainda que a maior parte do análise que Michel Foucault fai sobre o sistema punitivo e represor é partindo do S.XIX, considero necesario poñer en relación o sistema punitivo moderno coa tradición mitolóxica previa e continua até o presente como algo que “constituye un fenómeno que está íntimamente relacionado con todo un conjunto de instituciones de control, con toda una serie de mecanismos de vigilancia y de distribución del orden.” (Foucault 1990, 83) 2 Emprego a palabra fragmentada para indicar o dobre sentido da mesma, por un lado o vencellado ao “deber” moral da reproducción por parte das identidades heterosexuais, e por outro á capacidade productiva que cada identidade debe ter para ser admitida dentro do conxunto post-capitalista. (Deleuze e Guattari 1985)

Para entender, polo tanto, unha oposición ao corpo normativo, hai que achegarse baixo unha metodoloxía baseada na crítica á colonización da identidade, á potestade que sobre cada un.ha de nós exercen os diferentes mecanismos para nomearnos baixo as ferramentas da orde biopolítica, a crítica post-capitalista e certa dose de ontoloxía ate conseguir un corpo resistente – ao sistema – existente, e contraproductivo. EXISTENCIAS DISIDENTES. Hannah Arendt (1974) definiu a existencia en base á capacidade de existir pública de cada un.ha de nós, á capacidade de ser vistx e ouvidx polo resto. A existencia, polo tanto, comeza no momento en que somos transformadxs e interpretadxs como realidades dentro do mundo, algo que pode parecer unha obviedade é unha das maiores virtudes da que o sistema patriarcal heteronormativo fai uso e abuso cada día. A existencia de cada identidade LGTBQi vese condicionada pola capacidade axencial primaria, é decir, a de nomearse a sí mesma, de xeito que supoña existente para o resto, a existencia pública, é o que se coñece coa tan sobada expresión “saír do armario”. A ritualidade de cada saída de armario supón un reforzamento do sistema heteronormativo que establece a saída continuada ao longo da vida como a moeda de cambio para poder existir como tal, sendo presuposta a existencia heterosexual re-productiva, e expoñéndose así aos xuízos de valor que podan ser feitos por parte da audiencia ao considerar cuestionable a característica disidente desa identidade; mais esta ritualidade é tamén a manifestación performativa da violencia simbólica continuada que calquera identidade non normativa sofre cada día. A violencia como ritual, o ritual violento ou o ritual de violencia? Como sinala Werner Binder (2010) no seu estudo sobre a performatividade da violencia en relación á prisión de Abu Ghraib , existen diferentes tipos de relación establecida entre a ritualidade e a violencia; diferentes formas de facer extensible a tortura e a violencia, e diferentes ritualidades que confiren ao proceso o aire sacro necesario para facer do disruptivo a norma, acadando cotas de perfecccionamiento xamáis vistas e aplicadas nas identidades disidentes. Nas diferentes formas de amosar e ritualizar a violencia e acadar así a finalidade desexada: dende a violencia como acto disruptivo, liminal e non estructurado máis que pola propia violencia – como os casos de maricas defenestrados e mortos por ISIS – pasando polas técnicas de tortura como mecanismo accionador do medo á existencia, á visibilidade – como no caso da escalada da caza marica en Irak en 2009 (Javier Sáez e Sejo Carrascosa 2011) ou Rusia en 2012 – ate a “tortura sutil”3 que exerce a heteronorma dentro do contexto non orientalizado que é occidente, que segue a mirar coa súa democracia cara oriente “como a problemas que hay que resolver, aislar o – como las potencias coloniales hicieron con su territorio – dominar.” (Edward Said 2008. p.279) A tortura sutil, esa que busca non deixar marcas e que se emprega como elemento de dominación e xerarquización entre diferentes actantes, é esas que instaura o rexime do terror sobre a norma, a heter[r]o[r]norma. As identidades non normativas, pasan a ser polo tanto identidades desobedientes, corpos non controlados polos múltiples mecanismos do control biopolítico, corpos non normalizados ou mesmo que non queren ser normalizados – sempre en tempo pasivo, des-axencial, colonizadx, subalterno -. O resultado sobre estas identidades é a súa imposibilidade de existir como tal, a imposibilidade de performar a identidade desexada por supor unha transgresión non permitida. Brandon Teena4, Leelah Alcorn5, Rachel Bryk6, son parte 3 Traduzo así o termo “stealth torture”, de Darius Rejali mencionado no artigo referido de Werner Binder, para referirse ao común na actualidade da tortura como mecanismo que non marca externamente. 4 http://es.wikipedia.org/wiki/Brandon_Teena Consultado: 2/05/2015 5 http://es.wikipedia.org/wiki/Leelah_Alcorn Consultado: 2/05/2015 6 http://www.meristation.com/pc/noticias/una-programadora-transexual-se-suicida-al-sufriracoso/58/2058039 Consultado: 30/04/2015

dunha longa lista de mortes producidas por esa “tortura sutil” exercida pola hetero[r]o[r]norma e analizada no informe da Fundación Americana para a Prevención do Suicidio (Haas, Ann P., Phillip L. Rodgers e Jody L. Herman 2014) mediante a NTDS -Enquisa Nacional de Discriminación de Transxénero- onde se da a voz de alarma sobre o elevado número de intención de suicidio entre as identidades non normativas relacionadas directamente coa presión do ámbito social7. Na lóxica desta existencia subalterna subxace a imposibilidade de existir dentro dos límites marcados polo Imperio (Hardt e Negri 2005) e a non posibilidade de establecer unha axenda de resistencia que converta a estas identidades en corpos bárbaros8. Nun momento no que a característica máis importante para a mutabilidade do sistema post-capitalista é a alineación coas diferentes manifestacións identitarias que permitan o fluír das existencias non normativas a priori por medio da súa deslocalización e comodificación para o consumo masivo en forma de hype, tatuaxes máis perfeccionados lonxe de criminales e putas (Lacassagne, Le Blond e Lucas 2012), perforacións ao límite da asepsia occidental emulando a ritualidade tradicional de diferentes poboacións orientalizadas... Aquelas identidades, aqueles corpos que non conforman con ese aspecto comercializable da identidade que pode ser comprada e vendida polo sistema é o corpo terrorista. O corpo terrorista é dono de seu e reivindica a propiedade alén da “Transfrontera”9 (Diana J. Torres 2011), é productivo mais nunca re-produce, modifica as tecnoloxías do seu corpo nun intento de amosar a capacidade axencial de cada un.ha de nós (Preciado, 2004), escapa das identificacións legais para non ser ela nin él senón nós, nós identitarios en forma rizomática, multitude (Deleuze e Guattari 2003) que establece a súa resistencia como necesidade de escapar do Imperio, da norma, da “guerra sobre o Terror” que a heter[r]o[r]norma estableceu sobre nós facendo do dimorfismo de sexo (Fausto-Sterling 2006), unha liña de diferencias baseadas na propia liberdade performativa en lugar de nas técnicas de control biomédico e social. TRANSGRAFÍAS: Unha cartografía da hiperrealidade. A característica da transgrafía é a modificación visionaria da realidade como forma de expresión artística. A propia técnica de impresión, tosca, superposta e irreal, abre camiño cara unha realidade paralela que non existe e ao mesmo tempo re-crea, marcando a diferencia con unha exposición reproductora, acorde co imperativo do poder. Transgrafía é unha técnica de impresión sobre unha superficie mediante a que se traslada a tinta por medio dun disolvente, o que permite acadar diferentes capas útiles para achegar expresións artísticas feitas da combinación de diferentes realidades coa fin de conseguir unha nova, unha modificación axencial na que cada quen pode deseñar a súa propia imaxe. 7 Por desgraza, non existen polo momento dados na nosa contorna no que se poña de manifesto a realidade trans- mediante estatísticas ou gráficas. 8 Michael Hard e Antonio Negri estableceron a definición de “nuevos bárbaros” (2005) en relación a aquelas identidades que acadaban sair do Imperio – da normatividade – plantexando así novas formas de resistencia e fuxida do sistema re-productivo, cara unha independencia identitaria e non subalterna. 9 Para a lectura completa do poema online dada a súa extensión, visitade a páxina de poesía de Diana J. Torres: http://pornoterrorismo.com/lee/poemas/

As transgrafías achegan a hiperrealidade, como impresión dos elementos que se superpoñen para compoñer unha representación que é irreal, mais está composta de miradas á realidade; do mesmo xeito que a hiperrrealidade no sentido teórico fai referencia ás simulacións da realidade que suplantan a identidade real10, a transgrafía re-debuxa esa realidade e a presenta aplicándolle un filtro artístico. As transgrafías como obxecto narrativo son narrativas biográficas, Bildungsroman nas que x protagonista non é el.a no sentido máis dimórfico da palabra, senón unha corporeidade disidente, hiperreal e auto-axencial, que decide a súa propia manera de perfomar a identidade. As transgrafías literarias son relatos biográficos dun “corpo terrorista” que como tal, debe ser vixiado para manter a orde normativa, mais permitidas como transgresións que só suceden no plano hiperreal, como copias da relaidade para amosar corporeidades e identidades que quedan difuminadas no acuoso do disolvente. A representación tanto da monstrosidade como da corporeidade colonizada que representa o “corpo terrorista” é representado nos seus diferentes aspectos en dúas obras próximas no tempo e de realidades espaciais diferentes, sendo precisamente esta unha das márxenes que máis afecta ao desenvolvemento das historias que contan. Mayra Santos-Febres, con Sirena Selena Vestida de Pena (2000) e Jeffrey Eugenides con Middlesex (2002) transgrafían o corpo terrorista á ficción, de tal xeito que a ilegalidade da modificación de xénero DIY á que se ten que someter unha grande parte da poboación trans non occidentalizada – excluída, precaria, non normativa – é permitida como exercicio narrativo de novela de crecemento. Os relatos de vida de La Sirena e Cal.liope - xs protagonistas -, rózanse nos puntos nos que se alonxan. Do performativo ao cirúrxico, o espectro que amosan é o de dúas personaxes alonxándose do Imperio na busca dunha liberdade performativa que en ambos casos roza con certo carácter re-productivo nun sentido melancólico (Judith Butler 2011), mais tamén afondan na comodificacción orientalista do monstro, e no control biopolítico da medicina. Ambos corpos representan unha “ameaza-para-o-mundo-libre” xa que personifican o imposible, o antinatural (Foucault 1990). La Sirena representa a figura dun.ha crossdresser bolerista que salta de Puerto Rico á República Dominicana en busca dun futuro como cantante onde poder performar a súa identidade dun xeito menos restrictivo a cambio de convertirse nun abxecto de consumo – aproveitando o vacío legal sobre o traballo de menores na isla - , un ben colonizable e colonizadx, para a familia Graubel e baixo o abrigo da figura dx empresarix que lle da traballo a cambio de reportar beneficios, re-producindo así o “capitalismo lite” (Haesendonck 2003). Cal.liope pola súa parte representa personifica a figura monstrosa do hermafrodita, colonizadx dende o nacemento e determinada polas regulacións médicas que deciden alterar o seu corpo para non chegar a ser un elemnto disruptivo dentro da considerada “orde natural” das políticas de sexo (Fausto-Sterling 2000). A frase que abre a novela - “I was born twice” (3) – resume non só a historia ficcional, mais representa a historia de grande parte da poboación intersexuada que crece educada nunha performatividade dimórfica e decidida polas políticas reguladoras médicas, para terminar por convertirse, no caso de Cal.liope – e reflexo de casos famosos como o de David Reimer11 – nun monstro en éxodo continuo coa idea de chegar a performar unha identidade masculina dimórfica que sexa convincente cara fora. Tanto La Sirena como Cal.liope, buscan a súa existencia como final dun proceso de crecemento. Biopolítica, restriccións médicas e monstrosidade danse a man nestas dúas obras que coinciden no fondo e teñen en común o símil acuático do descoñecido. Si La Sirena establece unha relación coa mitoloxía a partir do seu propio nome, o seu canto percebido como o canto ao oculto e o seu corpo non normativo, son calificados de escuros, engañosos. Do mesmo xeito que 10 Baudrillard ou Umberto Eco son nomes que poden axudar a unha concepción máis ampla da hiperrealidade. 11 Para un coñecemento maior do caso: http://es.wikipedia.org/wiki/David_Reimer. Consultado: 2/05/2015

as sereas eran seres embaucadores na mitoloxía, La Sirena é unha transgrafía na que a tinta difumina unha identidade nova e termina por presentar os prexuízos que cara as identidades non-normativas seguen a existir. Por outra banda, Cal.liope, representada como nena feliz pola ignorancia e adulto melancólico por encaixar nun sexo e xénero que asume predeterminado e heterosexual, é representada dentro da auga no marco dun espectáculo voyeur, representando a figura do deus Hermaphroditus, no que a xenitalidade das mirillas por onde se fragmenta o seu corpo fan de Cal.liope un obxecto de consumo non normativo, pero permitido por asumir a súa condición de ben susceptible de ser usado para o disfrute alleo pola súa animalidade. CONCLUSIÓNS: A patada no cu do Imperio metamórfico. O cu como lugar de inxuria (Sáez e Carrascosa 2011), centro das infamias políticas heteronormativas de control e espazo anatómico do terror heterosexual normativo. Ese é o lugar no que reciben a patada os corpos terroristas unha vez amordazados e privados da vista na súa tortura diaria. As patadas, os golpes en forma de insulto, as agresións en forma de risotadas aos chistes homófobos, o bullying nas aulas, as palizas nos parques ou a carta de suicidio que simboliza a confesión dx presuntx terrorista, mentras o sistema heter[r]o[r]normativo apunta cunha pistola na súa cabeza tras de inflinxir as torturas necesaria como técnica de confesión. (Binder 2010) Mentras que se pode asimilar a dobre xustificación dos corpos non normativos, a comodificación que sufriu a modificación corporal en termos estéticos, considérase transgresora dentro duns estándares reproductivos e non realmente ameazadores. As imaxes de tatuaxes, piercings, etc, resultan ser sinónimo dunha estética xuvenil que se asocia á reproducción e non á resistencia real. Nembargantes, poñer en cuestión os límites biopolíticos do corpo como territorio impón sempre un condicionante de perigo que tradicionalmente foi categorizado dentro da anormalidade e que continúa a poñer en perigo todo o sistema heteronormativo do que depende o espazo da re-producción. Michel Foucault delimitou o espazo punitivo das identidades non normativas, Anne-Fausto Sterling delimitou un novo espazo de resistencia para o monstro que representaba a identidade intersexual, Michael Hardt e Antonio Negri cartografiaron un territorio de disidencia á marxe do Imperio onde poder resistir o colapso da tortura biopolítica, Beatriz Preciado viviseccionouse para convertirse no producto que o rexime reproductor médico e legal non permite. SantosFebres e Jeffrey Eugenides expuxeron mediante exemplos narrativos, dúas novelas de formación que sirven como cartografía dun territorio que aínda está por liberar, o territorio colonizado das corporeidades disidentes, o “corpo terrorista” dun territorio que é secuestrado por motivos de seguridade universal para evitar ser ese “lobo aclamado, feroz, selvagem,/o meu lobo,/que acabo de violar.” (Moure 2013)

POSTER

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS Arendt, Hannah (1975): La condición humana, Seix Barral, Barcelona. Binder, Werner (2010): “Ritual Dynamics of Torture. The Performance of Violence and Humilliation at the Abu Ghraib Prison.”. Publicado en Kitts, Margo; Schneidmüller, Bernd et al. Eds. State, Power and Violence. Wiesbaden, Harroassowitz, (pp. 75-104). Butler, Judith (2011): Mecanismos psíquicos del poder, Egales, Madrid. Deleuze, Gilles e Guattari, Félix (1985): El Anti Edipo, Paidós, Barcelona. Deleuze, Gilles e Guattari, Félix (2003): Rizoma, Pre-Textos, Valencia. Eugenides, Jeffrey (2002): Middlesex, Picador, New York. Fausto-Sterling, Anne (2000): “The Five-Sexes, Revisited. The Varieties of Sex Will Test Medical Values and Social Norms” The Sciences, Vol.40, Nº4 (18-23) Fausto-Sterling, Anne (2006): Cuerpos sexuados, Melusina, Barcelona. Foucault, Michel (1990): La vida de los hombres infames, La Piqueta, Madrid. Haesendonck, Kristian Van: “Sirena Selena vestida de pena de Mayra Santos-Febres: ¿transgresión de espacio o espacio de ansgresiones?”, CENTRO Journal, Vol. XV Nº 2, (79-97) Hardt, Michael e Negri, Antonio (2005): Imperio, Paidós, Barcelona. http://williamsinstitute.law.ucla.edu/wp-content/uploads/AFSP-Williams-Suicide-Report-Final.pdf Consultado: 28/04/2015 Lacassagne, Le Blond e Lucas (2012): Tatuajes de criminales y prostitutas, errata naturae, Madrid. Moure, Teresa (2013): Eu violei o lobo feroz, Agal, Galiza. Preciado, Beatriz (2008): Testo Yonqui, Espasa, Madrid. Sáez, Javier e Carrascosa, Sejo (2011): Por el culo. Políticas anales. Egales, Barcelona e Madrid. Said, Edward (2008): Orientalismo, Mondadori, Barcelona. Santos-Febres, Mayra (2000): Sirena Selena Vestida de Pena, Mondadori, Barcelona. Torres, Diana J. (2011): Pornoterrorismo. Txalaparta, Tafalla.

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.