(2015) Apontamentos para o estudo das cruces de pedra na Escocia

July 5, 2017 | Autor: Lois Ladra | Categoria: Atlantic World, Scottish History, Early Christian Art, Medieval Stone Crosses
Share Embed


Descrição do Produto

14 ACTAS DO VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS

APONTAMENTOS PARA O ESTUDO DAS CRUCES DE PEDRA NA ESCOCIA.

1.-ENCADR AMENTO DO ESTUDO E CONTEXTUALIZACIÓN DA ESCOCIA. O Cristianismo é unha das poucas relixións milenarias que actualmente está implantada con carácter universal nos cinco continentes. O mesmo que acontece con calquer outro culto institucionalizado, como tal, precisa de símbolos que o identifiquen e que testemuñen con vontade de permanencia o seu omnipresente espallamento proselitista. Neste caso a cruz é, sen dúbida algunha, a imaxe que acadou unha maior proxección icónica, representando para os cristiáns o sacrificio persoal do Fillo de Deus para poder garantir a redención universal dos pecados do Home e a salvación eterna de todos os crentes. A pedra foi escollida como materia prima por excelencia para a simbolización plástica desta crenza, considerando as suas propiedades de maleabilidade e perdurabilidade. A diferenza da madeira, que apodrece, e dos metais, que poden ser fundidos baixo a acción controlada do seu sometemento a altas temperaturas, a pedra sobrevive á pasaxe do tempo e ofrece maiores dificultades para a sua reciclaxe, especialmente cando representa un pensamento simbólico de carácter místico. É por iso que hoxe podemos atopar cruces de pedra espalladas polos cinco continentes, ainda que a sua elevade densidade e grande difusión ao longo da costa atlántica europea sexa especialmente significativa e precisamente por iso obxecto da nosa atención pretérita e futura. O estudo parcial das cruces de pedra na Europa Atlántica é unha realidade xa encetada con certo rigor por diversos investigadores, cando menos, desde a primeira metade do século XIX. Galiza, o mesmo que Portugal, Escocia, Inglaterra, Gales, Bretaña, Cornualles ou Irlanda, conta con abondosas monografías que non deixan de nos lembrar esta senlleira realidade cultural.

asinalamos o feito de que, agás Castelao (1930) e no caso concreto da Bretaña, moi poucos foron os investigadores galegos que se achegaron ao estudo das cruces de pedra noutras latitudes. Desde hai varios anos temos encetado un proxecto persoal de análise in loco das cruces de pedra na fachada ocidental europea, co propósito de algún día poder ofrecer unha visión global deste patrimonio común, especialmente significativo pola sua cantidade, calidade e variedade. Até hoxe temos exposto sinteticamente as impresións que as nosas viaxes de estudo nos forneceran das fisterras oceánicas da Bretaña – Breizh, do País de Gales – Cymru, da Irlanda – Erin, do veciño Portugal e da Illa de Man – Ellan Vannin (LADRA, 2009; 2010; 2012; 2013 e 2014). Desta volta tócalle a vez a Escocia, tamén historicamente designada como Caledonia, Pictavia ou Alba, segundo as fontes que consultemos. Escocia é unha nación europea, integrada hoxe no Reino Unido, na que tivemos a oportunidade de coñecer recentemente e de primeira man unha realidade insular tan aparentemente afastada da nosa como singular pola súa antigüidade, riqueza e variedade. A título de mera curiosidade, podemos referir que ao longo da sua historia, Escocia ofreceu á Humanidade xenios tan dispares como os filósofos David Hume e Adam Smith, o matemático John Napier ou os escritores Walter Scott e Arthur Conan Doyle, que deron vida a personaxes novelescos como Ivanhoe ou Sherlock Holmes. As Illas Británicas acollen actualmente unha grande diversidade cultural, pois nelas podemos atopar nacións tan diferentes como Irlanda, Escocia, Inglaterra, Gales, Cornualles ou a Illa de Man. No caso concreto de Alba, este país localízase no Norte da Gran Bretaña, ocupando practicamente un terzo da mesma. (Fig. 1)

No noso primeiro estudo destas manifestacións escultóricas (LADRA, 2002), xa

227

14 LOIS LADR A

un claro propósito divulgativo (cfr., entre outros: ROSS, 2008 e 2009).

Fig. 1. Localización xeográfica da Escocia. Elaboración: Patrícia Costa

Escocia ou Alba (o seu nome na lingua gaélica vernacular) ocupa unha superficie de 78.782 km2, acollendo un total de 5.313.600 habitantes nas estatísticas relativas ao censo do ano 2013. En termos xerais, Escocia pódese dividir en duas grandes rexións: a das Terras Altas ou Highlands e a das Terras Baixas ou Lowlands, sendo a primeira delas claramente a mais rural. As cinco principais cidades escocesas son: a sua capital, Edimburgo (Dùn Éideann); a urbe mais poboada e industrial, Glasgow (Glaschu); as duas grandes aglomeracións da costa oriental, Dundee (Dùn Deagh) e Aberdeen (Obar Dheathain) e Inverness (Inbhir Nis), a “capital do Norte”. En termos de xeografía física, Escocia acolle o ponto mais elevado das Illas Británicas, coñecido como Ben Nevis, con 1334 metros. O clima é de tipo atlántico e o substrato xeolóxico está formado por xistos e granitos, aínda que tamén haxa areniscas e calizas. 2.-A HISTORIA DE PICTAVIA E DAS SUAS PRIMEIR AS CRUCES DE PEDR A. Para todos aqueles que queiran coñecer mellor a historia antiga de Escocia podemos indicar que existen diversas obras recentes, algunhas delas inspiradas con

ACTAS DO VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS

A diferenza de outras terras do Ocidente europeu, a Escocia nunca chegou a ser totalmente sometida e integrada nos dominios do Imperio Romano. Porén, no ano 84 d.n.e. o exército imperial derrotou na batalla do Mons Graupius unha confederación de tribos indíxenas lideradas por un tal Calgacus. Mesmo así, a política exterior de Roma preferiu asinalar os límites do Imperio no norte da actual Inglaterra, construíndo o Muro de Hadrián e o Muro de Antonino, para así deixar ao norte deles a temida Caledonia. Consecuentemente, pódese afirmar que Escocia non foi romanizada nen latinizada. Sexa como for, o certo é que, entre o conglomerado inestábel de tribos caledonias, houbo unha que pouco a pouco se foi destacando das demais: a dos Pictos. O papel desta tribo na historia antiga da Escocia acadou tal importancia para alguns investigadores que chegan a afirmar que os Pictos constitúen en esencia o primeiro pobo “escocés” (JONES, 2014: IV) e que son os únicos que apenas ocuparon na Idade Media territorios comprendidos na actual Escocia (FOSTER, 2014: XVIII). Para os estudosos das cruces de pedra en Alba, os Pictos tamén teñen unha extraordinaria relevancia, pois foi en Pictavia onde se erixiron por vez primeira este tipo de manifestacións plásticas. Sendo así, cómpre explicar minimamente cómo este pobo céltico e pagán acabou por construir a maior parte dos testemuños materiais que ainda hoxe podemos admirar. Por desgraza, os Pictos non deixaron nengún texto escrito para a posteridade. É por iso que descoñecemos cal era a palabra que utilizaban para se autodenominaren colectivamente. O que si sabemos é que, para os irlandeses, os Pictos eran os Cruithni, que significa “o pobo dos debuxos”, mentres que os britóns os chamaban Prydin. A primeira referencia documental aos Pictos é do ano 297 d.n.e. e procede dun texto escrito en latín: Picti sería un

228

etnónimo traducíbel como “os que se pintan”, o cal ten levado á maior parte dos autores a considerar que a práctica da tatuaxe corporal sería común entre os membros desta tribo. San Isidoro de Sevilla reforza esta interpretación nas Etimoloxías (s. VII), aplicándoa a todos os habitantes de Pictavia. O certo é que os Pictos, aos ollos dos cristiáns, eran un pobo pagán, que continuou a selo durante varios séculos e, polo tanto, era susceptíbel de ser mais tarde ou mais cedo cristianizado pola acción evanxelizadora dos monxes proselitistas. No ano 397 d.n.e. San Ninian fundou un templo cristián en Whithorn (Galloway), tendo sido o primeiro que construiu unha “igrexa” no que hoxe é Escocia, nación que actualmente lle recoñece este papel iniciático ao consideralo como seu apóstolo. Posteriormente e xa no século VI d.n.e., o cristianismo será novamente levado ao territorio dos Pictos durante a época dos grandes misioneiros: San Columba, Kentigern, Moluag... Todos eles, procedentes da Irlanda, fundaran mosteiros na costa ocidental escocesa. A contorna da abadía da Illa de Iona, fundada no ano 563 d.n.e. por San Columba, sería así o primeiro lugar da Escocia no que se erixiron cruces, na segunda metade do século VI d.n.e. Durante mais de dous séculos, Iona será o principal núcleo de irradiación da nova Fe. Probabelmente a partir do século VII d.n.e. os Pictos terían acadado un certo esplendor cultural, plasmado nos varios centos de Pictish Symbol Stones (“Pedras con Símbolos Pictos”), das que mais adiante falaremos, pois foi sobre moitas delas onde se gravaron as típicas cruces de pedra escocesas. A historia dos Pictos non se pode isolar da dos seus viciños coevos: irlandeses, escotos, viquingos e anglosaxóns. Con eles mantiveron innúmeras trocas e desputas, sendo que no ano 685 d.n.e. o líder picto Bridei derrotou aos Escotos na Batalla de Nechtansmere. Pouco despois, no 710 d.n.e., produciuse a conversión ao Cristianismo do primeiro rei picto. Outras datas a non esquecer son a do ano 794

229

d.n.e., cando os viquingos invadiron e saquearon a Illa de Iona, así como a de 842 d.n.e., cando o rei Kenneth McAlpin unificou definitivamente os reinos dos Pictos e dos Escotos, transladando a capital a Scone e sentando así as bases políticoadministrativas da actual Escocia. Porén, mentres as costas orientais ficaron a salvo da pirataría nórdica, en pleno século XI os viquingos ainda eran os amos das costas septentrionais e ocidentais. E así se mantivo o Reino de Alba até que no ano 1286 d.n.e. o rei escocés Alexandre III morreu ao caer accidentalmente do cabalo e a “Pérfida Albión” entrou en acción, co monarca inglés Eduardo I invadindo o territorio da Escocia, para acabar por conquistala e governala como se fose unha colonia militar. A resistencia non tardaría moito en xurdir, aparecendo as coñecidas figuras de William Wallace e de Robert de Bruce, que acabarían por recuperar a soberanía perdida. Pero esta é outra historia e para o estudo das cruces de pedra en Escocia no principal período en que foron erixidas ben podemos ficar por aquí, con excepción de un pequeno e tráxico apontamento: o da Reforma Protestante, da que apenas iremos deixar constancia nunhas breves liñas. A comezos do século XVI Escocia era un país católico, con un rei católico e con un pobo católico, inzado de igrexas e de cruces. Porén, a partir da segunda metade desta centuria e coa Reforma Protestante na sua fase de maior exaltación, produciríase a destrución masiva e sistemática das cruces de pedra, nun fanático movemento iconoclasta que partiu en anacos, cando non eliminou totalmente, moitas das representacións que agora son obxecto da nosa pesquisa. De seguido tentaremos repasar a historia das investigacións, pois será a través das obras de varios autores que chegaremos a un relativo estado actual da cuestión e sobre o cal faremos as nosas propias consideracións, atendendo ao feito de que non existe nengún estudo integral e diacrónico sobre as cruces de pedra escocesas.

14 LOIS LADR A

3.-ACHEGA HISTORIOGR ÁFICA AO ESTUDO IN LOCO DAS CRUCES.

Man, Dinamarca...), así coma o feito de que os mais antigos monumentos escultóricos en pedra da Cristiandade escocesa ofrecen moitas veces en simultáneo representacións iconográficas pagáns e cristiás.

Con anterioridade á introdución do Cristianismo en Pictavia, as crenzas relixiosas dos Pictos expresábanse de varios xeitos, sendo as xa referidas Pictish Symbol Stones ou “Pedras con Símbolos Pictos” (PSP) a mais importante manifestación das mesmas. E foi precisamente sobre elas que apareceron gravadas moitas cruces, testemuñando así o espallamento do novo culto.

Stuart recolleu no primeiro volume da sua obra cento cincuenta esculturas, das que nada menos que a metade, setenta e cinco, contiñan cruces. Outra das consideracións que o autor refere é a necesidade de contrastar a iconografía cristiá sobre pedra coa doutros soportes coevos diferentes, coma os manuscritos medievais e os materiais procedentes de escavacións arqueolóxicas. Por outro lado, o autor apresenta unha cartografía distributiva e asinala o feito de que no territorio administrativamente escocés existen cruces de pedra que proceden de diversas tradicións insulares: picta (cruz de Aberlemno) irlandesa (cruces de Iona), anglosaxona (cruz de Ruthwell)...

Cando os primeiros investigadores locais se debruzaron sobre o estudo das cruces de pedra en Escocia, logo asimilaron unha das suas peculiaridades mais importantes: sen comprender primeiro as “Pedras con Símbolos Pictos” nunca chegarían a ningures, pois tanto unhas como outras se atopan inextricabelmente unidas ao longo de varios séculos. Por iso para nós, cando encetamos esta pesquisa, a insistente reiteración de todos os autores escoceses que analisaron as cruces de pedra sobre o tema primixenio dos Pictos nos sorprendeu bastante, até que observamos in loco a existencia de numerosas laxes nas que aparecían simultaneamente representadas tanto as iconografías claramente pagás (os símbolos pictos) como as iconografías cristiás (cruces, apóstolos...). Fagamos daquela unha pequena viaxe no tempo. Os primeiros traballos publicados que inclúen pontualmente representacións das cruces de pedra e dos símbolos pictos recúan no tempo até ao século XVIII e son pouco menos que froito da curiosidade duns poucos anticuarios (HENDERSON, 1993). Porén, non será até a segunda metade do século XIX que comezarán a aparecer as primeiras monografías específicas e dignas de mención. Todas estas obras están inspiradas nas correntes literarias e na ideoloxía do Romanticismo, típico do período decimonónico. O primeiro autor a reseñar será John Stuart, que, logo de nove anos adicados a varios estudos previos, publica en dous

ACTAS DO VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS

Finalmente, a atribución cronolóxica proposta por Stuart para as cruces de pedra pictas baséase na analoxía comparativa coas suas homólogas irlandesas, defendendo por iso unhas datas comprendidas entre os séculos VII e XI (STUART, 1856: X), así como unha funcionalidade vencellada a propósitos memorialísticos e funerarios.

Fig. 2. Portada do libro de J. Stuart (1856) e debuxo dunha laxe coa cruz e alguns símbolos pictos

volumes (1856 e 1867) a obra Sculptured Stones of Scotland. (Fig. 2) O prefacio do primeiro volume da monografía de John Stuart revela o coñecimento bibliográfico que o autor tiña das cruces de pedra (Inglaterra, Irlanda, Gales, Illa de

230

Mais interesante ainda que o primeiro volume desta obra de J. Stuart será o segundo, no que o autor irá moito mais alén nas suas consideracións interpretativas. Así, por exemplo, será un dos primeiros investigadores que asocie directamente as cruces de pedra con símbolos pagáns na rexión centro-oriental ao antigo territorio de Pictavia, defendendo por iso para elas a denominación de Pictish Stones ou Pictish Symbol Stones. Tamén propugnará unha anterioridade cronolóxica das cruces de pedra pictas en relación coas suas homónimas irlandesas, ás que se terían adiantado como mínimo dous séculos (STUART, 1867: 21). Compre asinalar, xa desde agora, o feito de que a práctica totalidade dos traballos de investigación dos autores escoceses sobre as cruces de pedra terán como obxecto principal de estudo os símbolos

231

pagáns pictos, pois constitúen unha particularidade exclusiva desta nación, ao non teren sido observados en ningún outro país da Europa Ocidental. Continuando co noso percurso historiográfico, pasemos agora á monografía de John Anderson publicada no ano 1881 co título Scotland in Early Christian Times. Amais de ser un dos primeiros traballos que recorreu pontualmente á fotografía como método de rexistro gráfico, nel se apresentou a primeira proposta tipolóxica para as laxes escocesas con cruces gravadas. Esta tipoloxía será fundamental para os estudos posteriores ao basearse nun esquema tripartito: monumentos nos que aparecen símbolos pagáns sen a presenza de cruces, monumentos con símbolos pagáns acompañando á cruz e cruces sen presenza de símbolos pagáns (ANDERSON, 1881: 78). (Fig. 3) Á marxe do grupo principal, o das “laxes con representación da cruz” (or. ingl. slabs bearing representation of the cross), Anderson refere ainda a existencia de outras tres categorías analíticas que non se deben descoidar para a creación dun futuro museu: as cruces gravadas (or. ing. crossmarked slabs), as cruces exentas (or. ing. Free-standing crosses) e as cruces monumentais (or. ing. Monumental free-standing crosses). Estas consideracións de orde morfolóxica terán posteriores implicacións, pois as cruces gravadas primitivas serán asociadas á cristianización de antigos monumentos pagáns e ás primeiras evidencias da presenza do Cristianismo en Escocia, ao mesmo tempo que as cruces de pedra monumentais se verán sistematicamente asociadas a dinámicas culturais alleas aos pictos. Daquela, ou ben serán asociadas aos monxes irlandeses da illa de Iona (cruces altas aneladas), ou ben serán tomadas como testemuños do antigo reino anglo de Nortumbría (cruz de Ruthwell, hoxe situada en territorio escocés, pero que cando foi erixida, no século VII d.n.e., estaba fora dos dominios de Alba). Pouco despois da publicación da obra xa referida de Joseph Anderson (1881), un xoven enxeñeiro londinense de ascendencia

14 LOIS LADR A

das cruces de pedra británicas (ALLEN, 1882-83; 1883-84; 1884-85; 1885; 1887; 1889; 1896...). Ao longo de mais de unha década de sisudos traballos, J. R. Allen irá actualizando cada vez mellor o estado en que daquela se atopaban as pesquisas, ao tempo que irá perfilando os seus propios obxectivos. Non nos cabe dúbida algunha de que J. R. Allen será para as cruces de pedra en Escocia o mesmo que A. D. R. Castelao foi para a Galiza e vale a pena acompañar o seu impresionante percurso como investigador. Nun primeiro momento, as atencións de Allen estarán focadas na gramática xenerativa ornamental dos entranzados típicos da Arte Céltica Insular, que estudou até o mais ínfimo pormenor (ALLEN, 1882-83). Posteriormente, debruzará o seu interese sobre a iconografía paleocristiá ocidental (ALLEN, 1883-84). De seguido, voltará a retomar a análise dos elementos decorativos da Arte Céltica Insular, desta volta analisando os padróns xeométricos a base de grecas e de espirais (ALLEN, 1884-85). Todo isto en extensos artigos publicados na revista dos Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland, hoxe doadamente accesíbeis na rede.

Fig. 3. Portada do libro de J. Anderson (1881), e fotografía dunha cruz de pedra escocesa

galesa iniciábase timidamente no mundo da arqueoloxía paleocristiá con diversos artigos inseridos na prestixiosa revista Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland. Este mozo chamábase John Romilly Allen e tería unha fulgurante carreira inicial como investigador

ACTAS DO VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS

As conclusións mais destacadas ás que chega J. R. Allen para o futuro estudo das cruces de pedra en Escocia pasan pola necesidade absoluta de contextualizalas no seu ámbito xeográfico insular (Illas Británicas) e no seu ámbito artístico (elaboración conxunta e coeva de manifestacións plásticas paleocristiás sobre soportes diferentes, que corresponden á escultura en pedra, aos manuscritos iluminados e á metalistería). Todo isto, obviamente, sen perder de vista o necesario debate sobre a sua cronoloxía. Inicialmente, J. R. Allen propón un balizamento temporal para o que el mesmo denomina “as pedras cristiás de Escocia” entre os séculos VII e XII d.n.e. (ALLEN, 1882-83: 225). Apenas un ano mais tarde, o autor reformula esta proposta, cinguíndoa para todo o conxunto das cruces de pedra británicas aos séculos VIII-XI (ALLEN, 1883-84: 382). Nesta altura xa insiste na

232

mais que desexábel creación dun Museu de Arqueoloxía Cristiá. Perante a enorme cantidade de cruces de pedra que existen espalladas entre a Gran Bretaña e a Irlanda e considerando a imposibilidade práctica de que un só individuo as estude, J. R. Allen defenderá tamén a necesidade de encetar primeiro diversas análises rexionais, antes de proceder a unha caracterización conxunta de todas estas manifestacións plásticas. Allen tamén dará ao prelo monografías sobre o Simbolismo paleocristián insular e sobre a Historia dos monumentos da Igrexa Británica (ALLEN, 1887 e 1889). No primeiro destes traballos realizará un estudo histórico aprofundado sobre as orixes do Cristianismo británico, contextualizando así axeitadamente a época e as circunstancias que fomentaron a aparición das primeiras cruces de pedra insulares e o seu posterior espallamento (ALLEN, 1887: 71-81). Na segunda monografía, o autor afirma que a típica cruz de pedra escocesa é aquela gravada en relevo sobre unha laxe subrectangular fincada na terra, tipo predominante no Norleste do país (ALLEN, 1889: 178). A piques de rematar a penúltima década do século XIX e cando J. R. Allen pouco mais que acababa de entrar na sua cuarta década de vida, a calidade dos seus traballos acadou tal sona e prestixio que foi convidado polo Consello da Sociedade de Anticuarios de Escocia para encetar baixo a tutela do veterano J. Anderson o que acabaría por ser o maior estudo xamais realizado sobre as cruces de pedra na Escocia. Estamos a falar da obra titulada The Early Christian Monuments of Scotland, mais coñecida polas suas siglas en inglés ECMS (ALLEN, 1903). (Fig. 4) Por sorte para todos nós, hoxe resulta relativamente doado coñecer os diferentes pasos que foron seguidos ao longo da elaboración dos ECMS, desde a sua fase de preparación previa até a demorada publicación da monumental monografía, que tardaría mais de unha década en ver a luz. Paga a pena resumir brevemente este percurso.

233

Fig. 4. Cruces paleocristiás gravadas de Kirkmadrine (Allen, 1887: 89) e portada da obra ECMS (1903)

Nos comezos de 1890 J. R. Allen acepta o reto de elaborar un corpus das cruces de pedra escocesas e inmediatamente elabora unha lista dos exemplares cronoloxicamente anteriores ao ano 1100 d.n.e. até daquela publicados. A partir daí, decide enviar a tal lista e un cuestionario

14 LOIS LADR A

anexo a todos os curas e notábeis locais do rural, co obxecto de indagar o estado de conservación das cruces (ALLEN, 1889-90). Logo de colectar todas as respostas recibidas, Allen programa a primeira fase dos seus traballos de campo, que se desenvolverán nas terras ao Norte do rio Dee durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro. Como non podía ser de outra maneira, o autor redactou un pormenorizado relatorio de todas as suas actividades e percursos, que sería publicado nos Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland e no que xa refere os tres tipos principais de monumentos identificados (ALLEN, 1890-91: 422). A segunda fase dos traballos de campo relativos á elaboración do Corpus das cruces de pedra escocesas desenvolveuse nos meses de Xuño e Xullo de 1891, na rexión situada ao Sul do rio Dee, incluindo a illa de Iona, onde San Columba tiña fundado un mosteiro no século VI d.n.e. e onde existen varias cruces altas do tipo irlandés. En resumidas contas, o autor percorreu mais de duascentas localidades, recenseando un total de quiñentas cruces, das que cento trinta eran inéditas (ALLEN, 1891-92: 258). Este entusiasta investigador, inasequíbel ao desalento, tripou estradas, camiños, rios e mares nos que acadou un coñecimento de primeira man sobre toda esta ampla e complexa realidade: fartouse de constatar o seu abandono e o lamentábel estado de conservación dos monumentos, a necesidade de protexelos, de rexistralos, de fotografalos e de crear un museu de arqueoloxía paleocristiá. Foi, por así dicilo, o primeiro “conservacionista” das cruces de pedra, reclamando ao Estado Británico a adopción de medidas protectoras e á Sociedade de Anticuarios de Escocia a contratación de fotógrafos profisionais para rexistraren todos e cada un dos fragmentos existentes para a posterior publicación dun catálogo. Por outro lado, convén ainda destacar o feito de que antes de chegar a ver publicado monograficamente o seu monumental estudo, John Romilly Allen xogou ainda un papel sobranceiro na catalogación e clasificación ornamental das cruces de pedra en Cornualles (ALLEN, 1896) e na comparación formal

ACTAS DO VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS

e ornamental das cruces de pedra escocesas e irlandesas (ALLEN, 1896-97). Tampouco descurou a publicación específica das cruces de pedra da illa escocesa de Iona (ALLEN, 1900-01), anunciando neste último traballo que, dez anos despois de teren concluído os seus traballos de campo, a monumental obra ainda continuaba no prelo, baixo o título de Descriptive Catalogue of the Early Christian Monuments of Scotland. A sua morte estaba ben perto e corría o risco de non ver publicados os resultados de tan inxente labor. Sexa como for, o certo é que tan temíbeis presaxios non chegaron a confirmarse e J. R. Allen viu publicada a monografía con unha ampla introdución do seu mentor, Joseph Anderson. Ao longo de mais de un milleiro de páxinas ficou plasmado un traballo que deixaría admirado ao encorsetado mundo académico, desde o inicio do século XX até os nosos días. En resumidas contas e a partir de un amplísimo e pormenorizado corpus de mais de quiñentos exemplares, J. R. Allen clasificou os monumentos paleocristiáns escoceses en tres grandes grupos ou clases: os da Clase I serían monolitos con símbolos pictos gravados, sen presenza de iconografía cristiá; os da Clase II serían as laxes que apresentan cruces e símbolos pagáns esculpidos en relevo, ficando os da Clase III reducidos a aquelas amostras nas que se exhibía a cruz e motivos decorativos célticos, sen símbolos pagáns das clases I e II (ALLEN, 1903: 3-4). Con posterioridade ao catálogo de John Romilly Allen, os monumentos das clases I e II pasaron a ser designados, cada vez mais insistentemente, como “pedras pictas” (or. ing. Pictish Stones) ou “pedras con símbolos pictos” (or. ing. Pictish Symbol Stones), ao tempo que a expresión “cruces de pedra” perdía folgo entre os investigadores. O estudo dos Pictos, progresivamente asociado a un “esencialismo étnico” escocés e os seus misteriosos símbolos gravados, sen analoxías coñecidas na Europa Ocidental, deron lugar a unha moi abondosa bibliografía, que tamén foi consultada (cfr., entre outros, MACK, 2007; SCOTT e RITCHIE, 2009; HARDEN, 2010; HENDERSON e HENDERSON, 2011; McHARDY, 2012; FOSTER, 2014...).

234

Nembargantes, o noso tema de estudo son as cruces de pedra na Europa Atlántica e por iso non iremos discursar sobre os Pictos nen sobre os seus peculiares símbolos. Simplemente, tentaremos ofrecer unha visión actualizada e moi resumida da grande diversidade cronolóxica, tipolóxica e formal das manifestacións escultóricas directamente asociadas á iconografía da cruz cristiá no territorio da actual Escocia. 4.-ESTUDO IN LOCO DAS CRUCES DE PEDR A ESCOCESAS.

Fig. 5. Escocia: templos e museus visitados. Elaboración: Patrícia Costa

No pasado mes de Setembro de 2014 e no ámbito do proxecto de investigación que inicialmente referimos, realizamos unha viaxe de estudo a Escocia, co propósito de coñecer directamente as suas cruces de pedra. (Fig. 5)

“marcadores de sepulturas”, como as das estelas funerarias da figura 4. Por outro lado, a partir do Concilio de Constantinopla (680 d.n.e.) a cruz comezou a substituir “oficialmente” outros símbolos cristiáns: o crismón, o peixe, o año divino…

Antes de proseguir con este breve apartado do noso estudo, convén destacar a existencia de condicionantes xeolóxicos que poden viciar de raíz calquera consideración. En primeiro lugar e mentres o norte da Escocia é rico en recursos litolóxicos, as rexións mais meridionais sempre tiveran dificultade ao longo da historia para atopar boas pedras que servisen para propósitos edilicios ou escultóricos. Suponse que moitas das primeiras igrexas cristiás, así como moitas das primeiras cruces –mais ou menos monumentais– terían sido feitas en madeira, co cal nengunha delas chegou indemne aos nosos dias. Por outro lado, o seu cromatismo orixinal tamén se perdeu.

O primeiro monarca picto que se convertiu ao Cristianismo fíxoo no ano 710 d.n.e., data a partir da cal podemos considerar que as típicas cruces de pedra pictas se xeneralizaron, a xeito de estelas verticais sub-rectangulares insculturadas bifacialmente, con motivos cristiáns e pagáns. Estas cruces pervivirán no tempo alén do ano 843 d.n.e., data en que os reinos escoto e picto foron unificados. (Fig. 6)

As primeiras cruces de pedra na Escocia probabelmente apareceron no intre histórico en que se produciu a transición do paganismo politeísta indíxena de matriz céltica ao monoteísmo cristián, coa consecuente mudanza do ritual funerairo, que pasou da cremación á inhumación do finado. A Cristianización da Escocia teríase producido como consecuencia da acción evanxelizadora dos monxes de orixe gala (San Ninian, s. IV d.n.e.) ou irlandesa (San Columba, s. VI d.n.e.). Moitas destas primeiras cruces- crismóns serían

235

Fig. 6. Cruces de pedra pictas no Museu de Meigle. Fotos orixinais: Lois Ladra

14 LOIS LADR A

Mentres todo isto acontecía nos dominios pictos das rexións centro-orientais da Escocia, na zona mais meridional prevalecía o reino da Nortumbría, que tamén erixiu ao longo do século VIII numerosas cruces de pedra anglosaxonas, entre as que convén salientar o magnífico exemplar de Ruthwell, con os seus 5,5 metros de altura e considerado como unha verdadeira obra mestra da escultura altomedieval. Para alén dos Pictos e dos Anglos, no territorio da actual Escocia tamén destacaron como construtores de cruces de pedra os monxes cristiáns que se instalaron na costa ocidental (principalmente na illa de Iona e mais en Kildalton), onde acabarían por importar e até espallar as típicas High crosses ou cruces altas irlandesas, que se prolongarían no tempo até o que convencionalmente denominamos período románico. Remataría así, por volta dos séculos XI-XII o que poderíamos chamar “período áureo” das cruces de pedra en Escocia, aínda que todavía hoxe se conserven os restos de algunhas cruces góticas, como a de Eilean Mor, procedente da comarca de Argyll e datada no século XIV. Trátase de unha cruz alta, con inscrición epigráfica no varal e coa imaxe da Crucifixión no anverso da cabeceira, hoxe conservada no Museu Nacional da Escocia, en Edimburgo – Dùn Éideann. (Fig. 7)

Ainda que as primeiras referencias documentais sobre as Mercat croces ou cruces do mercado daten dos séculos XII e XIII, o certo é que a maioría das mais de cento cincuenta que hoxe se poden ver na Escocia son dos séculos XVI-XVII e asinalaban os lugares das vilas e cidades nos que se celebraban periodicamente as trocas comerciais oficialmente institucionalizadas (SMALL, 1900; THOMSON, 1998). Como exemplo destas cruces podemos citar a de Aberdeen – Obar Dheathain. (Fig. 8)

(1884-85): “Notes on Celtic Ornament. The Key and Spiral Patterns”, Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland, 19: 253-308. (1887): Early Christian Symbolism in Great Britain and Ireland before the thirteenth century. London: Whiting & Co. (1889): The Monumental History of the Early British Church. London: Society for Promoting Christian Knowledge.

Chegamos así ao final do noso percorrido polos principais tipos de cruces de pedra que hoxe se atopan na Escocia, sen esquecérmonos ainda das innúmeras cruces memorialísticas (funerarias ou conmemorativas) que, a xeito de modernas réplicas das cruces altas irlandesas, xurdiron co Romanticismo para acabar por implantarse en moitos camposantos e cidades británicas nos séculos XIX e XX.

(1889-90): “Preliminary list of sculptured stones older than A. D. 1100 (…)”, Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland, 24: 510-525. (1890-91): “Report on the sculptured stones older than A. D. 1100 (…) north of the river Dee (…)”, Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland, 25: 422-431. (1891-92): “Report on the sculptured stones older than A. D. 1100 (…) south of the river Dee (…)”, Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland, 26: 251-259.

A xeito de balanzo final, apenas queremos referir agora duas realidades que consideramos de grande interese. En primeiro lugar e ainda que non exista unha única publicación que se teña debruzado sobre o estudo conxunto de todas estas manifestacións plásticas, xamais poderemos deixar de admirar e recoñecer o mérito dos ainda modélicos e prolíficos traballos de J. R. Allen. Por outro lado, constatamos o feito de que no territorio da actual Escocia existe unha amplísima variedade tipolóxica, cronolóxica e cultural de cruces de pedra, o que fai desta nación atlántica unha das fisterras europeas con maior riqueza e diversidade do nosso actual obxecto de estudo.

(1896): “Notes on the ornament of the Early Christian Monuments of Cornwall”, pp. 348-407, en Arthur G. Langdon, Old Cornish Crosses. Truro: Joseph Pollard. Fig. 8. Cruz do Mercado en Aberdeen. Foto: L. L

(1896-97): “On some points of resemblance between the art (…) of Scotland and of Ireland”, Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland, 31: 309-332.

BIBLIOGR AFÍA REFERIDA NO TEXTO

(1900-01): “The Early Christian Monuments of Iona (…)”, Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland, 35: 79-93.

-ALLEN, John Romilly (1882-83): “On the discovery of a sculptured stone (…) with some notes on interlaced ornament”, Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland, 17: 211-271. (1883-84): “Notes on Early Christian Symbolism”, Proceedings of the Royal Society of Antiquarians of Scotland, 18: 380-464.

Fig. 7. Pormenor da cruz gótica de Eilean Mor. Museu Nacional de Escocia. Foto: L. L.

ACTAS DO VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS

236

237

(1903): The Early Christian Monuments of Scotland [con unha introdución de Joseph Anderson]. Edinburgh – Dùn Éideann: Society of Antiquarians of Scotland [Reed. facsimilar1993]. -ANDERSON, John (1881): Scotland in Early Christian Times (Second Series). The Rhind Lectures in Archaeology. Edinburgh – Dùn Éideann: David Douglas.

14 LOIS LADR A

-CASTELAO, Daniel A. R. (1930): As cruces de pedra na Bretaña. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos [Existen varias reedicións]. -FOSTER, Sally M. (2014): Picts, Gaels and Scots. Early Historic Scotland. Edinburgh – Dùn Éideann: Birlinn Ltd. -HARDEN, Jill (2010): The Picts. Edinburgh – Dùn Éideann: Historic Scotland – Alba Aosmhor. -HENDERSON, Isabel (1993): “Introduction. The making of The Early Christian Monuments of Scotland” [Breve texto introductorio da reedición facsimilar de J. R. Allen e J. Anderson (1903)]. -HENDERSON, George e HENDERSON, Isabel (2011): The Art of the Picts. Sculpture and Metalwork in Early Medieval Scotland. Londres: Thames & Hudson. -JONES, Duncan (2014): The Picts. Musselburgh: Goblinshead. -LADRA, Lois (2002): Arte relixiosa popular na Terra de Valga. Cruceiros, cruces e petos de ánimas. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de La Maza. (2009): “Castelao revisitado: as cruces de pedra na Bretaña oitenta anos despois”,

ACTAS DO VI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS

Actas do I Congreso Galego sobre Cruceiros e cruces de pedra, pp. 149-158. Mos: AGCE. (2010): “Achega ás cruces de pedra no País de Gales”, Actas do II Congreso Galego sobre Cruceiros e cruces de pedra, pp. 142149. Mos: AGCE. (2012): “Breve reseña sobre as cruces de pedra en Irlanda”, Actas do III Congreso Galego sobre Cruceiros e cruces de pedra, pp. 55-60. Mos: AGCE. (2013): “Cruzeiros, cruzes e alminhas. Materialidades simbólicas e patrimonio cultural inmaterial en Portugal”, Actas do IV Congreso Galego sobre Cruceiros e cruces de pedra, pp. 31-43. Lugo: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas. (2014): “As cruces de pedra na Illa de Man. Orixes, contextos, cronoloxías e significados”, Actas do V Congreso Galego sobre Cruceiros e cruces de pedra, pp. 131-146. Lugo: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas. -MACK, Alastair (2007): Symbols and Pictures. The Pictish Legacy in Stone. Brechin: Pinkfoot Press. -McHARDY, Stuart (2012): Pagan Symbols of the Picts. The Symbology of preChristian Belief. Edinburgh – Dùn Éideann: Luath Press Ltd.

238

-PENNICK, Nigel (2007): The Celtic Cross. Cardiff – Caerdydd: St. David’s Press. -ROSS, David (2008): Ancient Scotland. From the Roman invasion to 1034. New Lanark: Geddes & Grosset. (2009): A History of Scotland. Belfast: Appletree Press Ltd. -SCOTT, Ian G. e RITCHIE, Anna (2009): Pictish and Viking-Age Carvings from Shetland. Edinburgh – Dùn Éideann: RCAHMS. -SMALL, John William (1900): Scottish market crosses. Stirling – Sruighlea: Eneas Mackay.

AGR ADECEMENTOS: Desexo expresar publicamente a miña gratitude a Patrícia Lindner Costa por todo o apoio prestado durante os traballos de campo e na preparación final das imaxes agora apresentadas. Tamén quero agradecer aos traballadores do National Museum of Scotland (Dùn Éideann), do Meigle Sculptured Stone Museum (Mìgeil) e da Society of Friends of Dunkeld Cathedral (Dùn Chailleann) as facilidades prestadas para realizar o estudo directo e o rexistro fotográfico dos numerosos exemplares de cruces que serviron de base a este traballo in loco. Calquer erro ou omisión é da miña absoluta responsabilidade.

-STUART, J. (1856-1867): Sculptured stones of Scotland. Aberdeen– Obhar Dheathain: Spalding Club. -TAYLOR, Iain (2011): Place-names of Scotland. Edinburgh – Dùn Éideann: Birlinn Ltd. -THOMSON, Lindsey J. e URQUHART, D. C. M. (1998): “Scottish Mercat Croces. Their spiritual and secular significance”, pp. 461472, en J. M. Fladmark, Proceedings of the Robert Gordon University Heritage Convention. Aberdeen – Obhar Dheathain: RGU.

239

14 LOIS LADR A

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.