A cerámica arqueolóxica do xacemento de O Cepo (San Cibrao das Viñas, Ourense)

May 28, 2017 | Autor: F. Sánchez Blanco | Categoria: Ceramic Analysis (Archaeology), Arqueología, Edad Del Hierro, Galicia, Ceramica
Share Embed


Descrição do Produto

Xornada de Divulgación Científica “Primeiros pasos na ciencia” 7 de outubro 2016 Auditorio da facultade de Veterinaria de Lugo

Fátima Sánchez Blanco ([email protected]). Universidade de Santiago de Compostela

A cerámica arqueolóxica do xacemento de O Cepo (San Cibrao das Viñas, Ourense) INTRODUCIÓN

West sector 156

O xacemento de O Cepo localizase no lugar de Vilanova, pertencente a parroquia de San Miguel de Soutopenedo (San Cibrao das Viñas, Ourense). Foi descuberto nos traballos de control e seguimento arqueolóxico realizados a consecuencia das obras de construción da Autovía Rías Baixas, tramo San Cibrao de Viñas - Alto de Allariz. A intervención arqueolóxica estivo baixo a dirección técnica do arqueólogo Alejandro Parga Castro no ano 1996. As estruturas arqueolóxicas documentadas son improntas tipo gabia de tipo navicular, denominadas así por presentar unha forma alargada e sección en U, porén, a súa función concreta non se puido determinar. Conxuntamente tamén se documentaron dúas fosas. Unha definida por un botado de pedras de granito de pequeno tamaño. E unha segunda fosa de forma oval, presentaba unha pedra de granito na súa zona central. Rexistráronse un total de 2.510 pezas no xacemento resaltando os materiais cerámicos cun total de 2.440 fragmentos distribuídos de maneira diferencial en cinco áreas, entre os que cabe destacar 8 fragmentos de pezas de posible vinculación a produción de fío. Seguíndolle os líticos cun total de 67 útiles, localizándose entre eles unha posible fusaiola ou pesa de tear. Finalmente documéntase de forma esporádica metais (2 pezas) e pasta vítrea (1 peza).

pit 2

pit 1

1000 m 1500 m

1m 1 2m

3m South sector 4m 65 m

0 5m

North sector

O Cepo 334

395

1A

1

OBXECTIVOS E METODOLOXÍA

5m

0

Perfil topográfico do xacemento e croques das áreas escavadas nas que figuran as estruturas

Localización do xacemento

O obxectivo deste estudo é describir o conxunto cerámico e analizar os datos para a súa caracterización, e así definir a súa cadea operativa na medida do posible e en segundo lugar pretendese definir a cronoloxía do xacemento a partir dos materiais en cuestión. Empregando así para a súa realización a metodoloxía da Cadea Tecnolóxica Operativa (CTO). As tarefas desenroladas foron as seguintes:  Xestión de materiais: lavado e siglado  Inventario e descripción dos materiais  Selección do material representativo para o seu estudo de recipiente  Fotografado e debuxo  Estudo de distribución espacial das pezas  Datación AMS de mostra

Primeiro momento de actividade: Paleolítico Inferior-Medio Un conxunto de aproximadamente vinte pezas pendentes de estudo pertencente a este momento.

SCV-S021 5 cm

0

SCV-ZW001

Segundo momento de actividade: Idade do Bronce

MATERIAIS. CARACTERIZACIÓN FORMAL E CRONOLOXÍA RELATIVA Documentáronse diferentes fases de ocupación no xacemento:

Ca69

Campaniforme cun total de 2 fragmentos pertencente a 2 recipientes.

Ca106

5 cm

0

Terceiro momento de actividade: Idade do Ferro Colgante

Brazalete

PEZA 601

PEZA 525

4 107 7

SCV-C232

5 cm

0

159

68 20

0

Foto xeral da pieza: anverso e reverso Detalle do remate

Detalle da parte inferior

Detalle do remate

SCV-W620

SCV-C381 SCV-C140

SCV-C374

SCV-S045

SCV-W231

Foto xeral da peza: anversoe reverso

Sector W Recheo da fosa de maior tamaño

SCV-W051

SCV-N050 0

0

3 cm

5 cm

Cuarto momento de actividade: Época Romana PEZA SCV/056

Quinto momento de actividade: Idade Medieval CONSIDERACIÓNS FINAIS Un total 15 fragmentos p e r te n c e nte s a u n recipiente.

1 cm

Foto xeral da peza: anverso e reverso

0

5 cm

5 cm

Un total de 2388 fragmentos pertencentes a 147 cacharros. Morfoloxicamente hai pouca variedade, documéntanse tres tipos: 49 olas, 7 cuncas, e 3 xerras. En relación co tratamento técnico, presenta unha gran homoxeneidade nas pastas onde na súa totalidade son feitas a man. Documentáronse un total de seis cacharros decorados onde se observa escaseza e sinxeleza nos motivos e nas técnicas; a técnica decorativa máis empregada é a do acanalado. Asociado a esta fase hai dispoñible unha datación que enmarca a ocupación máis importante do xacemento na transición dos séculos V-IV B.C., que será presentada no congreso de Ibercrono de Barcelona en outubro de 2016. Tamén aparece material metálico coherente con esta datación. A esta fase asocianse as fusaiolas e fichas recollidas. Esta é a fase na que centramos a elaboración do Traballo de Fin de Grao.

Un total de 22 fragmentos pertencente a 14 recipientes. O conxunto é bastante homoxeneo e constatase a presenza de engobe en nove recipientes. A este material tense que asociar a pasta vitrea que pode ofrecernos indicios de posible producción de vidreo no entorno próximo.

Sexto momento de actividade: Idade Moderna Un total 15 fragmentos pertencentes a 4 recipientes.

BIBLIOGRAFÍA Parga Castro, A. 1996. Informe valorativo. Excavación arqueológica en el yacimiento de O Cepo (San Cibrao das Viñas, Ourense). Autovía Rías Bajas N-525. Tramo: San Cibrao das Viñas - Alto de Allariz. Memoria técnica de los trabajos (inédita). Sánchez Blanco, F. 2016. O xacemento de O Cepo (San Cibrao de Viñas, Ourense): o estudo da cerámica da Idade do Ferro. Unha aproximación ao seu contexto. Traballo Final de Grao. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. A restante bibliografía empregada foi recollida en dito TFG.

Atopámonos cun xacemento arqueolóxico que presenta actividade humana ao longo de varios milenios, dende o Paleolítico Inferior e Medio ate a actualidade, sendo a fase castrexa a máis destacada. A existencia dunha notoria cantidade de restos materiais adscritos a Idade do Ferro, sobre todo cerámicos, indica que houbo unha maior intensidade de ocupación na Idade do Ferro e, en menor medida, en época Romana. Con respecto a ocupación da Idade do Ferro, atopámonos cun tipo de xacemento pouco común e apenas coñecido na rexión, dado que non se trata dun asentamento fortificado senón dunha ocupación intensa nunha zona sen fortificar con construcións en madeira e non en pedra. Este tipo de evidencia pode estar mostrando que os asentamentos non fortificados nesta época poderían ser importantes. Por último, a pesar de ter unha cerámica moi homoxénea e aparentemente pouco sofisticada, constatase o control das diferentes fases dos procesos de produción, desde o tratamento da materia prima ata o preciso momento en que o recipiente sae do forno.

RECOÑECEMENTOS Este traballo foi desenrolado no marco de 2 proxectos: “Estudio del cambio social en el III y II milenios BC en el NW de la Península Ibérica a partir de yacimientos de contexto mixto. Programa Nacional de Proyectos de Investigación Fundamental, Ministerio de Economía y Competitividad, entre 2013 y 2015. Axudas do Programa de Consolidación e Estructuración de Unidades de Investigación Competitivas, Modalidade Grupos de Referencia Competitiva nº expte GRC2014/009 (GI-1919, SINCRISIS. Universidade de Santiago de Compostela.

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.