A diversidade do Patrimonio Cultural Inmaterial galego

May 26, 2017 | Autor: Isa Vigo Rodriguez | Categoria: Galician Studies, Inmaterial Heritage, Galicia, Patrimonio cultural inmaterial
Share Embed


Descrição do Produto

GALICIA E O PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL A diversidade do Patrimonio Cultural Inmaterial galego 1. O contexto no que se desenrola O Patrimonio Cultural Inmaterial galego presenta multitude de manifestacións que poden actuar como símbolos de toda unha comunidade mais na súa maioría correspóndense con entidades menores que en conxunto conforman a cultura inmaterial galega a través da unión territorial. No caso de Galicia, a cuestión dos lindes xeográficos abarca máis alá das actuais fronteiras da Comunidade Autónoma xa que ao longo da Historia o territorio político mudou. A actual Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, abrangue un ámbito con trazos patrimoniais en común, un aspecto que foi tido en conta á hora da salvagarda e posta en valor. Algunhas das formas intanxibles destacadas e consideradas comúns co Norte de Portugal foron sinaladas con motivo da candidatura conxunta presentada sen éxito nos primeiros anos do século XXI para formar parte da listaxe do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade1. Entre as celebracións propias da área galego-portuguesa atópanse o Entroido, os Maios, o San Xoán, o Magosto e as festas marítimas e romarías. En común aparecen artes de pesca e do marisqueo así como outros oficios e artesanías ou a preparación da lamprea como produto específico da rexión. A música e as danzas poden presentar tamén similitudes, ao igual que as regueifas ou cantares ao desafío, formas da tradición oral que chegaron ata os nosos días. A diversidade cultural presente en Galicia é innegable, pois unha historia e costumes comúns poden derivar co paso do tempo e manifestarse de xeitos diversos. A variedade ben conformada por outros elementos tan obvios como pode ser a xeografía, é dicir, unha vila mariñeira non terá as mesmas manifestacións patrimoniais intanxibles que as dun pobo de interior porque as formas de vida, de expresarse e de relacionarse co medio e coa comunidade tampouco son as mesmas. Unha mostra diso é algo tan natural e clave como a lingua e as súas variantes dialectais que nos permiten situar no mapa a un individuo tan só por unha fala determinada. Elemento que se pode extrapolar a festividades, elaboración de alimentos, etc. 1

Patrimonio Inmaterial Galego-Portugues. Web oficial da candidatura. A Cultura Común. http://www.opatrimonio.org/gz/docs/CulturaComun.PDF Consulta: 16/11/2013

30

Mais isto non sempre é así, existen manifestacións que son comúns a todo o territorio galego e outras que dentro da súa diversidade son igualmente representativas. A variedade de formas nas que aparece representado o Patrimonio Cultural Inmaterial galego será tido en consideración máis adiante a través de exemplos, polo de agora cabe falar desa representatividade, do Patrimonio intanxible como parte identitaria, factor que no contexto galego non está tan presente como noutras comunidades. En Galicia, existe un punto crítico que xoga en contra da posta en valor deste campo patrimonial, como é o desapego da comunidade cara a tradición. O desenrolo urbano e industrial galego xogou en contra mais seguiron persistindo aquelas que tiveron historicamente un maior calado na sociedade, por exemplo, as manifestacións de carácter festivo. A persistencia de formas de vida rurais conservaron de xeito maioritario o Patrimonio Inmaterial galego. Historicamente, e continúa a darse de certo xeito na actualidade, prevaleceu un pensamento negativo con respecto ás tradicións e cara todo aquilo que nos distingue como nación. A principal problemática está en que as xeracións máis novas desvincúlanse nun amplo número das manifestacións culturais propias do lugar no que naceron e que os seus devanceiros realizaban de cotío. É o caso dos traballos do agro, por pór un exemplo frecuente de desvinculación xeracional, máis tamén o é o uso da lingua do que se derivan outras perdas tales como a práctica de expresións orais tales como as regueifas ou as cantigas. O descendemento do número de galegofalantes é unha mostra de cómo o propio é rexeitado en favor do alleo, de cómo ideas do pasado inculcadas con insistencia tentaron desvincular

aos propios protagonistas das formas culturais de seu en prol da

uniformidade e do pensamento único. A lingua, elemento herdado ou interiorizado por imitación, é un factor significativo no contexto da cultura galega, un exemplo de Patrimonio que continúa vivo pola práctica que exercen os seus protagonistas ou portadores. Mais que debe ser tamén apoiada a través de vínculos externos para manterse en pé e poder camiñar cara a súa posta en valor para persistir no tempo. A idea de crear liñas de actuación para que o Patrimonio Inmaterial non desapareza sen deixar apenas pegada debe aplicarse do mesmo xeito a todos e cada un dos ámbitos e manifestacións representativos deste eido.

31

Para iso, é fundamental que as novas xeracións se poidan embeber do Patrimonio Cultural Inmaterial sendo partícipes e converténdose en protagonistas, aí é onde fica a importancia de crear accesos para o seu coñecemento. No territorio galego, son máis ou menos habituais, por exemplo, as escolas de danza e música tradicionais mais escasean os medios para a aprendizaxe de outras moitas formas patrimoniais intanxibles. Ademais, o Patrimonio non material está, polo xeral, moi pouco presente na sociedade galega actual sendo minoritarias as súas referencias mediáticas pero tamén no eido da investigación, documentación e salvagarda. No caso dos medios de comunicación, quizais a problemática sexa a visibilidade dada a este tipo de contidos culturais e non tanto no espazo que ocupan na programación. Pois existen na televisión pública galega referencias ás formas inmateriais da cultura, con oco para as festividades, as crenzas, a gastronomía, a música, o baile, etc. Pero cunha proxección a un público concreto tratando de chegar a un rango de idade concreto e sen caer na innovación ou na busqueda de fórmulas que poidan dar maior magnitude a estes contidos. Ámbitos como os da protección e a posta en valor a través de proxectos e iniciativas serán tratados máis de vagar con posterioridade, non obstante, cabe sinalar que só existe un elemento recoñecido como Ben de Interese Cultural Inmaterial en Galicia. Este é o legado do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, obra relacionada co pensamento político e coa arte vinculándose de xeito claro a formas materiais. A súa declaración xustifícase polo “valor simbólico e o interese da súa obra en canto vehículo de concienciación e afirmación da identidade diferencial do pobo galego”2. A finalidade deste recoñecemento é a de promover a conservación, a difusión e a investigación e fomentar dese xeito a pervivencia da pegada de Castelao para que poida ser transmitida a xeracións futuras. Namentres, outras formas con maior risco de perda ou extinción seguen a agardar, xa non a que sexan investigadas e postas en valor, senón a que sexan documentadas para non ficar no esquecemento. Así mesmo, ten destaque, o feito de que nin o baile rexional coas súas variantes apareza inventariado pois normalmente son as formas do folclore as primeiras en ser adoptadas como símbolos dunha comunidade e protexidas como tal. Con todo, o Patrimonio Cultural Inmaterial galego poderíase dicir que tivo a sorte de 2

Texto orixinal en castelán. Decreto 249/2011, polo que se declara BIC o conxunto da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. http://noticias.juridicas.com/base_datos/CCAA/ga-d249-2011.html Consulta: 16/11/2013

32

conservarse en gran medida aínda que só fose de portas para dentro, en círculos pechados e sen facer alarde da súa existencia. Ora que, no ámbito da conservación das manifestacións inmateriais non se pode pasar por alto a labor realizada dende os museos etnográficos que proliferaron e se espallaron pola xeografía galega co paso dos anos. A museografía etnográfica desenvólvese de xeito paralelo ás ciencias antropolóxicas tendo como base común o estudo das formas de vida, das institucións e da cultura material das sociedades. As coleccións destes museos tratan de reflectir a esencia cultural das comunidades que representan de aí que nos espazos habilitados para a exposición poidan mostrarse tanto os vestixios materiais como o factor intanxible que deles emana. O discurso centrado na memoria viva debe ser elaborado dende o comisariado e o equipo investigador museístico e chegar de xeito claro ao espectador. Os principais museos etnográficos galegos recollen nos seus fondos mostras da cultura tradicional galega que foron conservadas ao longo do tempo con maior ou menor acerto. Ás veces, os criterios herdados do coleccionismo están moi presentes nestas institucións creadas por persoas alleas á labor museográfica e que recompilaron obxectos que consideraron curiosos ou dignos de preservar. Eruditos locais, asociacións ou proxectos didácticos son moitas veces os indutores destes museos que contan tamén con financiamentos variados, estando presente tanto a administración pública como o capital privado. O feito de que moitos deles fiquen parados, desactualizados, con exposicións e discursos estancados volve sobre a idea de que certo Patrimonio non interesa e a análise queda relegada aos propios obxectos sen afondar no proceso de interpretación, nas historias que deles poden xurdir e que nos poñen en relación co Patrimonio Cultural Inmaterial. Agora ben, non hai que esquecer que o Patrimonio denominado Etnográfico privilexia sempre ao obxecto emporiso non deixou de dar cabida ao coñecemento de formas intanxibles da nosa cultura. En Galicia existen alomenos trinta e catro museos etnográficos dos cales nove pertencen á provincia de A Coruña, oito a Pontevedra, seis a Lugo e os once restantes a Ourense, a provincia galega con un maior número. As orixes, como xa se sinalou, poden ser variadas como tamén o son as súas datas e as súas temáticas, que aínda que se poidan repetir representan aspectos diferentes dende os máis xerais, que representan a unha 33

comunidade, a outros máis concretos que mostran unha manifestación determinada. No estudo realizado foron referidas as institucións museográficas que a continuación se incorporan (Figura 1 e Táboa 2). A concluír, é preciso sinalar que ao Patrimonio Cultural Inmaterial galego lle queda aínda moito camiño por andar, así será exposto a continuación, para deixar de avanzar e retroceder e erixirse dunha vez por todas como marca dunha comunidade que pode gabarse de saber conservar, na medida das súas posibilidades, un legado fráxil como é o intanxible a pesar de todas as trabas e impedimentos que se lle presentaron e que non o permitiron avanzar con naturalidade.

Figura 1. Mapa de Galicia coa situación dos museos etnográficos.

3

Táboa 2. Os museos etnográficos galegos por provincias.4 A CORUÑA

LUGO

Museo Etnográfico Sotelo Blanco (Santiago de Compostela) Museo Etnográfico de A Capela Museo Marítimo “Seno de Corcubión” Museo das Mariñas (Betanzos) Museo do liño (Zás) Museo do traxe (Vimianzo) Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) Museo de Meixido (Ortigueira) Museo Monte Caxado (As Pontes)

Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao) Museo comarcal de A Fonsagrada Museo Etnográfico de O Cebreiro (Pedrafita) Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol) Museo Provincial do Mar (Cervo) Palloza Museo Casa Sesto (Piornedo)

PONTEVEDRA

OURENSE

Casa do Patrón (Lalín) Centro Etnográfico de Terra de Montes (Forcarei) Museo da Salga (O Grove) Museo Etnográfico “Pazo da Cruz” (Covelo) Museo etnográfico e do viño (Cambados) Museo Liste (Vigo) Museo Massó (Bueu) Museo Muíño de Mareas “A Seca” (Cambados)

Casa do viño (A Teixeira) Centro da identidade (Chandrexa de Queixa) Museo Arqueolóxico e Etnográfico de Castro Caldelas Museo de Etnoloxía e Arte Sacra (Baños de Molgas) Museo do liño (Manzaneda) Museo do liño “O Piadeiro” (Allariz) Museo do Xoguete (Allariz) Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos) Museo Etnográfico Olimpio Liste (Oseira) Museo Etnolóxico de Ribadavia Parque Etnográfico do Río Arnoia (Allariz)

3

Ibidem. Consulta online en: https://maps.google.com/maps/ms?msid=206860072491318903165.0004e0663774056715134&msa=0&ll=42.81958 1,-6.437988&spn=2.187778,5.410767 4 Elaboración propia.

34

2. Algunhas manifestacións inmateriais representativas Volvendo sobre a cuestión da diversidade do Patrimonio Cultural Inmaterial galego, corresponde agora precisar ese dato a través da clasificación das manifestacións intanxibles máis emblemáticas de Galicia. Para esta análise, foron tomados como base de apoio os ámbitos que o Plan Nacional considera axeitados á hora de organizar as categorías patrimoniais inmateriais. Partindo desa agrupación, destacaranse os aspectos máis relevantes para Galicia e que, de chegar a realizarse algún día o inventariado destes bens intanxibles, terían unha maior presenza. O primeiro grupo engloba os coñecementos tradicionais sobre actividades produtivas, procesos e técnicas. Con certeza, esta categoría contaría na área galega con multitude de manifestacións entre as que se poderían destacar os oficios tradicionais e artesanais que representan formas de traballo espalladas por todo o territorio. Os canteiros, os selleiros, os carboeiros, os cabaqueiros, os ourives, os ferreiros, os torneiros, os oleiros, os poteiros, os augardenteiros, as redeiras, os zoqueiros, os serrachíns, os paraugueiros, os afiadores, os pescadores de anguía ou lamprea, os polbeiros e ata os matachíns son algúns dos oficios que estarían presentes no inventariado do Patrimonio non material galego. Deles, poderían salientarse aqueles que representasen a unha zona por ter alí unha maior presenza ou os que destaquen de xeito significativo coa labor realizada. É o caso dos afiadores en Ourense, lugar onde eran maioritarios, ao igual que os ourives en Santiago mais tamén se terían en conta a especificidade dos oleiros de Buño, por pór un exemplo, debido á singularidade da súa olaría.

Figura 2. O afiador5

Figura 3. Transporte de pezas aos fornos.6

5

Fotografía do arquivo de Pablo Vidal. Fonte: http://www.torbeo.com/2008/09/o-afiadoro-carteiro-de-torbeo-eoutras.html Consulta: 20/12/2013 6 Fonte: Concello de Malpica de Bergantiños. Departamento de Cultura. En: http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=482 Consulta: 20/12/2013

35

As artes de pesca e marisqueo serían incluídas baixo a mesma denominación. Neste caso, como tamén ocorrería cos oficios xa desaparecidos, cabería documentar aquelas formas xa substituídas cos avances da modernidade, labor que se foi desenvolvendo a través de diferentes estudos nos últimos anos. O mesmo ocorre cos coñecementos e técnicas agrarias, gandeiras e forestais que van ficando no esquecemento co paso das xeracións. Artes de enmalle como as redes, outras como o palagre, a fisga, o salabar, as formas de marisqueo a pé ou artes de fondo como as nasas, das que ademáis da súa elaboración se derivarían coñecementos acerca das técnicas de cebado ou iscado e lastrado das mesmas, así como as manobras de largado e recollida. Todas forman parte das manifestacións inmateriais do Patrimonio galego xunto coa malla, a sega, a sementeira, a poda, a vendima, a matanza do porco ou a rapa das bestas. Xunto a elas, deberían considerarse as actividades de produción, transformación e elaboración de produtos tales como o proceso de elaboración do pan, que non se realiza do mesmo xeito en tódolos puntos de Galicia nin coa mesma materia prima. As diferentes variedades de pan (millo, trigo, centeo…) toman tamén diferentes técnicas de elaboración segundo o lugar no que se realice chegando a converterse en singulares (Cea, Carballo, Carral…). Algo similar ao que ocorre co viño, que pode ser elaborado de xeitos diversos, como de forma tradicional nun lagar de pedra, e que a súa producción varía tamén duns lugares a outros ao igual que os tipos de uva. Todos os coñecementos derivados da variedade de actividades pesqueiras, marisqueiras, agrarias e gandeiras e de oficios vinculados tanto á área rural como á urbana conforman parte importante da identidade galega do pasado e do presente. En segundo lugar, seguindo o Plan Nacional, estarían as crenzas, rituais e calquera outro tipo de prácticas cerimoniais que en Galicia se observan nun número significativo con múltiples variedades. De entre a mitoloxía popular, as figuras que quizais gocen de maior destaque son a Santa Compaña, os mouros e os trasnos, xa que as lendas que os aluden espállanse por todo o territorio. Á hora de documentar este Patrimonio habería que recorrer sobre todo a fontes da tradición oral polo que ditas manifestacións corren o risco de desaparecer se o material non transcende a través dos portadores. Con todo, o interese por recompilar estas formas da tradición como as lendas e os contos está presente nalgúns estudosos que contribúen a materializar un legado oral colaborando así a que este transcenda. As crenzas en relación coa morte, coa curación, co namoro ou vinculadas cos estados lúa, son do máis destacado en Galicia. 36

Figura 4. Graffiti da Santa Compaña en Pontevedra (Rúa Almirante Matos, 31)

En torno a estes aspectos xiran a maioría dos rituais, mais tamén entroncan con festividades tales como o Nadal, o Entroido, os Maios ou o San Xoán, datas representativas dos cambios estacionais. O rito de pór unha xesta ou flor para espantar os males do maio segue presente a día de hoxe, así como as fogueiras do San Xoán e os rituais purificadores das herbas e da auga que por esa mesma data se realizan. No Nadal, a tradición galega marcaba unhas pautas que na actualidade se están a perder ou nalgúns casos son case até descoñecidas pola incursión de costumes foráneas que teñen maior calado na actual sociedade de consumo. A litúrxia de deixarlle castañas aos nenos en nome do Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro, dependendo da comarca, ou a de prender o tizón o día de Noiteboa, máis propio das zonas de Lugo e Pontevedra, son tradicións que foron caendo no esquecemento mais deberían ser tidas en conta e recuperadas como parte representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial galego. No caso da figura mitolóxica do Apalpador, a asociación cultural compostelá A Gentalha do Pichel comezou anos atrás unha labor de recuperación e promoción que conta co apoio de diversos colectivos.

Figura 5. Os maios viventes 7

7

Figura 6. A roda de San Xoán, Castelao

Fonte: http://andarela.blogaliza.org/2010/05/01/o-maio/ Consulta:

8

9

Figura 7. O Apalpador

20/12/2013

37

Figura 8. Peliqueiro.Entroido de Laza

Figura 9. Os troteiros. Entroido de Bande11

10

Figura 10. Os xenerais. Entroido da Ulla12

O caso do Entroido é diferente, sendo posiblemente unha das manifestacións con maior saúde a pesar das moitas particularidades que presenta duns lugares a outros. A provincia de Ourense é a que conta cun maior número de localidades que fan desta celebración a súa sinal de identidade: A Merca, Bande, Boborás, Cartelle, Cualedro, Entrimo, Laza, Manzaneda, Melón, Muíños, O Bolo, Oimbra, Ourense, Sande, Sarreaus, Toen, Verín, Viana do Bolo, Xinzo e Vilariño de Conso, son os lugares ourensás destacados dende o Proxecto Ronsel13. Da provincia lucense son significativos o Entroido de Quiroga e de Chantada e da pontevedresa o Entroido de Cobres en Vilaboa, o de Sanxenxo e o de Pontevedra. Na Coruña destaca o Entroido da Ulla, que alcanza tamén a provincia de Pontevedra pois é celebrado en diferentes vilas vinculadas ao río que lle da nome, estas son: Boqueixón, Teo, Touro, Vedra, A Estrada, Santiago de Compostela e Vila de Cruces. Sería oportuno inventariar tamén neste grupo a multitude de romarías, tanto sacras como profanas, que se efectuan por toda Galicia, así como as festas de recreación histórica ou outras celebracións de grande relevancia na nosa comunidade tales como os actos festivos relixiosos. Así, a Semana Santa maniféstase con individualidades e gran relevancia en localidades como Ferrol ou Viveiro e o Corpus Christi, coas tradicionais alfombras florais, son especialmente distinguidas en Ponteareas. Esta categoría engloba 8

CASTELAO; A roda de San Xoán, publicado en Nós, nº1, 1920. Ilustración de Leandro Lamas 10 PROXECTO RONSEL; Entroidos http://ronsel.uvigo.es/index.php?option=com_rsgallery2&Itemid=30&gid=18 Consulta: 29/11/2013 11 Ibidem. 12 Ibidem. 13 Ibidem. 9

38

un Patrimonio Inmaterial amplísimo xa que existen celebracións, rituais e crenzas comúns a todo o territorio galego que poden contar incluso con variantes dependendo do lugar, mais tamén hai moitas manifestacións concretas nos diferentes pobos, vilas, aldeas ou cidades de Galicia. Un terceiro grupo, faise cargo das tradicións orais e das particularidades lingüísticas que tamén supoñen unha carga importante na variedade de manifestacións. O Patrimonio Cultural Inmaterial está conformado neste caso polos topónimos, as formas dialectais, a literatura popular oral e calquera outra expresión oral como xergas locais ou profesionais, formas de comunicación colectiva, etc. As oracións e os rezos específicos de Galicia, o refraneiro galego, o cancioneiro popular, as cantigas e até os tópicos e os chistes están incluidas nesta categoría. Unhas manifestacións relacionadas moi directamente co uso da lingua que non caso de Galicia, co terreo gañado polo español, están a perder peso. Isto é provocado tamén polos cambios de hábitos, pois, por exemplo, os toques das campás perderon moitos dos usos que presentaron en tempos pasados pola mudanza das formas de comunicación. Os mapas de topónimos, o estudo do léxico dialectal das áreas diferentes galegas e a recompilación das formas orais e de comunicación son as principais tarefas a desenvolver para a súa posta en valor. Ditas labores, deben ir da man da revalorización da lingua e así como das súas vertentes dialectais, moitas veces desprezadas polos propios portadores. Por outra parte, as representacións e escenificacións son recollidas no mesmo grupo que os xogos e deportes tradicionais. Deste xeito, no cuarto grupo teñen cabida as danzas tradicionais, tanto o baile rexional, é dicir, a muiñeira e as súas variantes, como outros bailes destacados da xeografía galega. De entre todos eles cabe destacar as danzas de espadas presentes en moitas vilas de Galicia como Redondela, Carril ou Baiona, mais existen outras especificas como a Danza da Fraqueira na Cañiza, a de Cobas na Lanzada, a de San Roque de Ío, Aldán ou Darbo en Cangas e a Danza do Cristal en Celanova. No caso das representacións teatrais ou parateatrais son significativas a obra de teatro realizada polos veciños de Catoira durante a semana da Romaría Vikinga ambientada nos sucesos medievais dos ataques normandos, ou a posta en escena das pasaxes bíblicas máis destacadas da Paixón de Cristo que ten lugar na celebración da Semana Santa en Paradela de Meis.

39

Figura 11. Danza do Cristal, Celanova14

Figura 12. Venres Santo. Paradela de Meis15

As regueifas destacarían dentro das escenificacións parateatrais, sendo manifestacións que con denominacións diversas son compartidas con outros territorios. Doutra banda, están os xogos e deportes tradicionais, enmarcados baixo a mesma categoría, e que gozan dun forte arraigo na sociedade galega polo que ocuparían tamén un papel destacado nun inventario do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. Os máis significativos son a estornela, os zancos, a billarda, a porca, a ra, a cucaña mariñeira, o brilé, as carrilanas, os pelouros, os birlos ao canteiro ou a chave. Respecto a esta última modalidade existen diversas prácticas dependendo das formas de xogar sendo as máis coñecidas a chave ourensá, a santiaguesa ou a de Ferrolterra.

Figura 13. Cucaña na Ponte, Padrón16

Figura 14. A chave ourensá17

14

Fotografía de Fernando García.. Fonte: http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/conxuntosinstrumentais/o-gaiteiro/ Consulta: 20/12/2013 15 Fonte: http://www.semanasantaparadela.com/Galeriafotografias.htm Consulta: 20/12/2013 16 Fonte: http://www.flickr.com/photos/49528693@N00/3753106142 Consulta: 20/12/2013 17 Fonte: http://www.xogospopulares.com/desportes.php Consulta: 20/12/2013

40

En canto ás manifestación musicais e sonoras estas poderían ser clasificadas distinguindo entre a música tradicional, o cancioneiro popular ou outros sons derivados tanto da natureza como da execución instrumental. Forman parte da memoria colectiva de todos os galegos pezas instrumentais como a muiñeira de Chantada, multitude de alalás ou cancións como A rianxeira ou A saída da Carolina. A súa transmisión e popularidade ao longo do tempo fixo que a día de hoxe continúen a ser recoñecidas por boa parte da poboación inclusive tomándoas como símbolos ou himnos da Cultura galega. Por iso, as perdurables manifestacións musicais convértense nun claro exemplo de Patrimonio vivo intanxible que non debe deixarse esmorecer en prol de facelas máis fortes se cabe. O Plan Nacional dedica o sexto grupo ás formas de alimentación. Para comprobar a diversidade que Galicia presenta neste terreo abondaría con referenciar o número de festas gastronómicas que se veñen realizando por toda a xeografía. O receitario galego presenta trazos significativos que, en ocasións, foron tomados como símbolos da identidade galaica. O polbo á feira, as filloas de sangue, a receita tradicional da lamprea, o pan de millo, a empanada, o cocido, a androlla, os pementos de Padrón, o licor café ou a augardente en todas as súas variantes, son das máis destacadas formas gastronómicas galegas. Tamén se han de considerar as formas de conservación, condimentación e elaboración dos alimentos antes de ser cociñados.

Figura 15. Polbo á feira

Figura 16. Filloas de sangue

Figura 17.Pementos de Herbón ou Padrón

Sobre este aspecto, en Galicia sempre foron destacadas as salazóns, os secadoiros ou as conserveiras, métodos tradicionais e modernos que contribuiron a melloras alimenticias. Un exemplo de secado artesanal é o do congro en Muxía recollido no Proxecto Buserana18 que máis adiante será tratado. Tamén é importante reflectir as diferentes elaboracións do pan, do viño ou do queixo que crean multitude de variedades chegando

18

Proxecto Buserana; http://proxectobuserana.blogaliza.org/secados-do-congro/ Consulta: 29/11/2013

41

a converterse algunhas delas en emblemas ou marcas destacadas da Comunidade Autónoma galega. Os produtos con denominación de orixe son referentes da gastronomía tanto para propios como para alleos. Por último dentro desta categoría, destácanse os rituais vinculados coa alimentación e os alimentos. O máis significativo por antonomasia é o conxuro da queimada. Este pode ser escenificado ou recitado mais é unha das tradicións que segue a perdurar e que se tomou tamén como insignia do pobo galego gañando unha gran popularidade e revalorizándose incluso co paso dos anos. Un exemplo de que a posta en valor contribúe á conservación das manifestacións por parte dos portadores. O derradeiro grupo clasificatorio dos bens inmateriais proposto é o que atinxe as formas de sociabilidade e organización. Estas manifestacións son menos doadas de recoñecer polo que hai que afondar nelas e estudar de preto aos seus portadores. A principal problemática é que quizais a conciencia sobre a súa existencia non é tan forte como nos demais ámbitos polo que non son consideradas nin valoradas como formas do patrimonio inmaterial. Os usos sociais da lingua, da música, das labores do agro que unían á comunidade tanto para festexar como para traballar, as organizacións que desas accións se derivan, así como normas de conduta ou hospitalidade integran esta última categoría. Logo do desglose dos ámbitos patrimoniais, cabe sinalar que é moi probable que unha mesma manifestación poida ser incluída en grupos diversos, pois a pesar do intento de concretar as categorías estas poden verse superadas polas formas coas que se mostra o Patrimonio Inmaterial. Para unha maior claridade e concreción á hora de inventariar os bens culturais intanxibles debería considerarse a posibilidade de fixar subgrupos, ou inclusive establecer novas categorías, para delimitar aínda máis os ámbitos sinalados. A continuar, son recollidos de xeito esquemático as diferentes seccións que se foron propoñendo (Táboa 3).

42

Táboa 3. Os ámbitos do Patrimonio Cultural Inmaterial en Galicia.19 1.

COÑECEMENTOS TRADICIONAIS

2.

SOBRE ACTIVIDADES PRODUCTIVAS,

CRENZAS, RITUAIS E OUTRAS PRÁCTICAS CERIMONIAS

PROCESOS E TÉCTINAS 1.1. Oficio tradicional ou artesanal 1.2. Arte de pesca ou marisqueo 1.3. Coñecemento ou técnica agraria, gandeira ou forestal

2.1. Figura da mitoloxía popular 2.2. Crenza popular 2.3. Ritual 2.4. Celebración profana ou relixiosa

1.4. Actividade de produción, transformación ou elaboración de produtos 3.

TRADICIÓN ORAL E

4.

PARTICULARIDADES LINGÜÍSTICAS 3.1. Topónimo 3.2. Forma dialectal 3.3. Xerga local ou profesional

REPRESENTACIÓN, ESCENIFICACIÓNS, XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS

4.1. Danza tradicional 4.2. Representación teatral ou parateatral 4.3. Xogo ou deporte tradicional

3.4. Conto ou lenda da literatura popular 3.5. Forma de comunicación colectiva 5.

MANIFESTACIÓNS MUSICAIS E

6.

FORMAS DE ALIMENTACIÓN

SONORAS 5.1. Música tradicional 5.2. Canción popular 5.3. Outros sons

6.1. Receita tradicional 6.2. Forma de conservación, condimentación ou elaboración dun alimento 6.3. Ritual vinculado coa alimentación

7.

FORMAS DE SOCIABILIDADE E ORGANIZACIÓN

7.1. Usos sociais 7.2. Normas de conduta 7.3. Regras de hospitalidade 7.4. Institucións tradicionais 7.5. Organizacións formais e informais

19

Elaboración propia. Datos extraídos do Plan Nacional de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (2011).

43

Con todo o aquí exposto, tratase de manifestar a necesidade de organización das categorías do Patrimonio Cultural Inmaterial adaptadas á comunidade portadora debido á complexa labor requirida á hora de inventariar esta clase de bens culturais. É preciso crear unhas pautas de traballo que deben vir marcadas dende a lexislación e perfeccionadas polos grupos de traballo. Os profesionais deben responder á multidisciplinariedade presentada por esta categoría patrimonial non material así como atender tanto a labores de documentación e investigación como de posta en valor, contribuíndo todas elas á necesaria salvagarda do fráxil e diverso Patrimonio Inmaterial galego. Actualmente, Galicia presenta unha total desorde respecto a este cometido. A lexislación actual non da resposta ás necesidades que se presentan, as administracións públicas colaboran timidamente en iniciativas que non rematan de ser punteiras mentres os protagonistas e portadores se van afastando cada vez máis dos ámbitos intanxibles propios aos que a globalización lles vai gañando terreo.

44

2. A protección autonómica No Estado español as autonomías teñen un papel fundamental no eido do Patrimonio Cultural. As competencias patrimoniais en Galicia recaen na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pertencente á Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia. A citada institución ten como principios establecidos a promoción e difusión da cultura galega, a protección, conservación e posta en valor do Patrimonio Cultural galego así como a regulación e o fortalecemento das industriais culturais20. A día de hoxe, inclúense na mesma carteira as materias referidas á Educación e Ordenación Universitaria. A lexislación pola cal se rexe a Comunidade Autónoma galega é a Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia que no título referido ao Patrimonio Etnográfico21 integra aos bens inmateriais. Esta normativa pertence a unha primeira xeración de lexislacións autonómicas xunto con Euskadi (1990) e Catalunya (1993) que teñen como base a Lei de Patrimonio Histórico española do ano 1985 e a diversidade como característica común22. Estes primeiros pasos servirán como punto de inicio ás demais Autonomías á hora de regulamentar o Patrimonio Cultural de seu. O feito de destacarse aquí unha orixe prematura trata de revelar a inmadurez presentada respecto a leis elaboradas con posterioridade. A norma galega integra na vertente etnográfica aos lugares e bens, mobles e inmobles, ás actividades e coñecementos que compoñen formas relevantes ou que son expresión da cultura e modos de vida tradicionais propios do pobo galego, tanto de índole material como inmaterial. Dentro do título específico do Patrimonio Etnográfico, o artigo 65 da Lei do Patrimonio Cultural alude de xeito concreto á protección dos bens inmateriais determinando que se lle outorgará valor etnográfico e protección a aqueles “coñecementos, actividades, prácticas, saberes e calquera outra expresión que proceda de modelos, técnicas, funcións e crenzas propias da vida tradicional galega”23. As medidas oportunas de salvagarda serán postas en práctica co fin de garantir a transmisión e a posta en valor. Ditas labores, que deben ser promovidas dende a 20

XUNTA DE GALICIA. El papel de la Consellería de Cultura y Turismo http://cultura.xunta.es/interior_idioma.php?form=i&lg=gal&txt=gallega_consellaria Consulta: 20/11/2013 21 Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia; p. 25. http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei8_1995.pdf Consulta: 20/11/2013 22 QUEROL FERNÁNDEZ, M.A. (2009); El tratamiento de los bienes inmateriales en las leyes de Patrimonio Cultural. En: Patrimonio cultural de España, nº0, Ministerio de Cultura; p. 84. 23 Lei 8/1995 do Patrimonio…; p.25

45

Consellería de Cultura, estarán encamiñadas ao estudo e á documentación e realizaranse cando as manifestacións culturais inmateriais se vexan en perigo de desaparición, perda ou deterioro. Cabe destacar que non se especifican as propostas para a salvagarda, é dicir, existe a conciencia de que a protección é necesaria mais as medidas non se acaban de concretar. Por iso, hai que recorrer a aquelas que aluden aos bens mobles e inmobles e que aparecen recollidas na mesma Lei mais que non poden aplicarse baixo os mesmos formatos. O inventariado ou catalogación dun ben inmaterial precisa duns formatos e criterios que distan dos necesarios para a documentación do Patrimonio Material. En Galicia existen tres categorías de protección sendo a de maior importancia a declaración de Bens de Interese Cultural (BIC) baixo a cal ten cabida o Patrimonio moble, inmoble e inmaterial. Así o recolle a normativa, mais a día de hoxe só hai un único BIC inmaterial declarado como tal pola Xunta de Galicia no 2011, é, como xa foi citado, o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Os demais bens protexidos que non chegan a ser declarados BIC pola Lei do Patrimonio Cultural galego son englobados baixo outras dúas denominacións, segundo sexan bens catalogados ou bens inventariados. Mais estas declaracións correspóndense coas formas materiais da cultura, ás que maior atención presta a norma que se está a tratar. A profesora Mar Llinares sinalou no ano 200224 outras problemáticas presentes na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. En primeiro lugar, destaca cuestións terminolóxicas que interfiren coa protección do Patrimonio non material. Refírese ao uso alterno e pouco definido de conceptos como etnográfico ou etnolóxico e popular ou tradicional, que reflicten “o desinterese da lexislación (dos lexisladores) polos bens que difiren da concepción clásica do museo e o monumento e tamén a situación ambigua da disciplina antropolóxica, especialmente en España e en Galicia.”25 A utilización da categoría Patrimonio Etnográfico non fai máis que continuar a privilexiar a cultura material e formas de estudo descritivas que deixan á marxe ás analíticas e contextualizadas que se atopan máis preto da Antropoloxía. E por outra banda, a redución ao popular e tradicional deixa fóra de xogo a todas aquelas manifestacións culturais que non se enmarcan nestes parámetros como as formas de cultura urbanas.

24

LLINARES GARCÍA, M. (2002); El patrimonio etnográfico inmaterial en la Lei do Patrimonio Cultural de Galicia: algunas notas (críticas). Gallaecia, nº21. Santiago de Compostela; pp.371-392. 25 25 LLINARES GARCÍA, M. (2002); El patrimonio etnográfico…; p. 374

46

Pódese concluír que a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia mostra nun comezo interese por abarcar o Patrimonio Cultural dun xeito amplo coa inclusión dos bens inmateriais, feito que lle outorga un carácter pioneiro dada a súa data de redacción, mais isto vaise esvaecendo a medida que o texto avanza. As referencias a este ámbito son reducidas e só integra o Patrimonio Cultural Inmaterial que pode ser catalogado baixo a etiqueta de etnográfico. Estas cuestións deberían ser solucionadas deixando atrás fórmulas do século pasado que non fan máis que tratar de vincular de xeito forzado o Patrimonio intanxible aos vestixios materiais e coa tradición sen ter en conta que as expresións non materiais da cultura poden ser tamén vivas e cambiantes ademais de intanxibles. Unha necesidade de cambio tamén manifestada na comparación da Lei autonómica galega con outras do mesmo rango dentro do territorio español. Comunidades con máis camiño andado que deixan atrás a aquelas que, como Galicia, non acaban de dar o empurrón definitivo á hora de apostar pola salvagarda e posta en valor do seu valioso legado inmaterial comezando pola actualización da súa lexislación. Así, a derradeira revisión da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia realizouse en febreiro do ano 2010, un par de anos despois da aparición de novas normas que trataron de reforzar de xeito secundario o Patrimonio Cultural Inmaterial galego. Pois alén da Lei autonómica, xurdiron no ano 2008 dúas normativas que inclúen as manifestacións non materiais co fin de velar pola súa salvagarda e outorgarlle visibilización. Unha é a Lei 245/2008 de creación da Axencia das Industrias Culturais que se refire de xeito directo ao papel que ditas industrias deben outorgar á protección, promoción e explotación do Patrimonio Cultural Inmaterial. E a outra é, o Decreto 442/2008 do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia no que hai unha sección destinada especificamente ás manifestacións culturais intanxibles26. Doutra índole é o decreto que regula a declaración das festas de interese turístico de Galicia pois enmárcase no eido do Turismo aínda que sen deixar de todo atrás os aspectos culturais. Esta última medida, que data do ano 2001, consegue que o ámbito do Patrimonio Cultural Inmaterial relativo ás celebracións se vexa fortalecido mediante o apoio da 26

SANJIAO OTERO, F. J.; O patrimonio cultural inmaterial de Galicia na encrucillada. En: RODIL MARZÁBAL, O.- coord.- (2009); A mercantilización e a regulación do coñecemento. Universidade de Santiago de Compostela; p. 109.

47

Axencia de Turismo de Galicia, órgano dependente da Xunta autonómica. A pesar de que o requisito fundamental é que as manifestacións festivas gocen de atractivo turístico, tamén se valoran factores tales como a antigüidade, a singularidade, o arraigamento e o interese cultural. Así, serán declaradas festas de interese turístico “aquelas manifestacións ou acontecementos de carácter festivo que, celebrados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, supoñan unha valoración da cultura e das tradicións populares e teñan unha especial importancia como atractivo turístico”27. Estes trazos recollidos de xeito disperso na lexislación e referentes ao Patrimonio Cultural Inmaterial galego non deixan lugar a erro, Galicia precisa dunha lei que abandone a limitación aos aspectos materiais do Patrimonio Cultural en favor dunha concepción máis ampla que de cabida a unhas formas culturais que cada vez corre máis presa conservar e protexer. Expresións cambiantes e fráxiles que mostran a identidade dunha sociedade de múltiples xeitos, como xa se tivo sinalado con anterioridade, que precisan dun soporte que as apuntale para que non se esvaezan co paso do tempo e das xeracións.

27

Decreto 39/2001, do 1 de febrero, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico; p.9. http://turismo.xunta.es/fileadmin/arquivos/documentos/Decretos_Consello_Galego_de_Turismo/93-a-Decreto392001_refundicion_ConselloGalegoTurismo.pdf Consulta: 20/11/2013

48

3. As principais iniciativas En primeiro lugar, cabe mencionar que os proxectos e actividades que fan referencia a o Patrimonio Cultural Inmaterial galego son poucos e de características variadas. Debe ser referido o escaso interese mostrado dende as administracións mais tamén a presenza cada vez máis notoria de iniciativas populares que revelan o interese dos propios protagonistas por mostrar un Patrimonio co que se senten identificados. É o pobo, son os portadores da tradición os que reclaman a súa visibilización por considerala un legado importante que debe ser transmitido a xeracións futuras. Entre os diferentes proxectos encamiñados á salvagarda e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial no ámbito galego obsérvanse particularidades que serán tidas en conta nesta análise. As iniciativas poden ter un carácter xeral, é dicir, abranguen manifestacións do conxunto do territorio mais tamén se cinguen, ás veces, a un eido ou localización determinados. Ao mesmo tempo, poden estar elaboradas dende as administracións de nivel autonómico ora que, outros proxectos levados a cabo son de índole provincial, comarcal ou inclusive local. Quizais un dos primeiros proxectos a destacar sexa a candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués que se pon en marcha pouco despois de que a UNESCO establecese no ano 1999 a proclamación bianual de Obras Mestras da Humanidade. Entre os requisitos figuraba o feito de que as expresións culturais estivesen vivas e en perigo de desaparecer ademais de que a iniciativa partise da propia sociedade civil. En Galicia, foi a asociación cultural e pedagóxica Ponte…Nas Ondas! a que valorou a posibilidade de presentar a candidatura luso-galaica sendo consciente da existencia dun Patrimonio oral común e vivente pero próximo a desaparecer como consecuencia do relevo xeracional e as mudanzas socioeconómicas28. Dende o inicio deste proceso encamiñado a converter o Patrimonio Cultural Inmaterial galego-portugués en Patrimonio da Humanidade, as administracións mostraron un gran desinterese sen chegar a asumir as responsabilidades que lles eran propias. A presentación da candidatura foi orixinada pola sociedade, como marcaban as directrices da UNESCO, e contou con varias fases durante as cales foi sometida a procesos de mellora baixo o asesoramento de dita institución internacional. Así, no ano 2005 logo de ser declinada a proposta para a elección das Obras Mestras da Humanidade, o propio 28

VIEIROS (2005); O itinerario dun soño. http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=45620 Consulta: 25/11/2013

49

xurado recomenda volver a presentar a candidatura concretando as manifestacións non materiais que precisasen dunha maior protección e promoción29. A partir deste momento, parece existir o compromiso de continuar co traballo realizado que remata por materializarse dous anos despois, no 2007, co Proxecto Ronsel. Esta é unha das máis afamadas iniciativas galegas en prol da salvagarda e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial. Isto é debido a que contou coa participación da Xunta de Galicia a través das Consellarías de Cultura e Deporte, e de Innovación e Industria, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), así como das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo30. Foi un proxecto para desenvolverse en cinco anos que tiña como fin primeiro a elaboración dun inventario que non chegou a facerse efectivo. O Proxecto Ronsel contou cunha parte máis teórica mediante a redacción do Plan para a salvagarda e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia publicado en novembro do 2008 cunha forte inspiración na Convención redactada no ano 2003 pola UNESCO. A súa elaboración correu a cargo de expertos na materia e concretou por primeira vez en Galicia a situación dos bens inmateriais. O Plan emitiu un diagnóstico DAFO e sinalou unhas liñas de actuación, pretendendo que o Patrimonio Cultural Inmaterial fose comprendido e valorado polo conxunto da sociedade. As accións básicas para ese cometido son por un lado as de identificación, documentación e investigación, e polo outro, as de protección, promoción, transmisión e difusión que de conseguirse acadarían os obxectivos sinalados. A parte práctica era a encargada de levar a bo fin o proxecto de turismo participativo Agroturismo en Terra de Lemos que abarcaría dende o ano 2008 ata o 201131. Mais o Proxecto Ronsel non sobreviviu pasada a primeira década do século como consecuencia da falta de apoios derivada dunha crise económica que fai que as políticas culturais ocupen un plano secundario chegando a volverse case prescindibles para as administracións públicas. Iniciativas tales como a creación na Internet do Portal do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia atópanse a día de hoxe paralizadas e as accións propostas no Plan sen chegar a materializarse. 29

VIEIROS (2005); O valor do inmaterial. http://vello.vieiros.com/noescaner/noescaner.php?Ed=1&id=45625 Consulta: 25/11/2013 30 PROXECTO RONSEL (2008); O proxecto Ronsel http://ronsel.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=15&Itemid=34 Consulta: 25/11/2013 31 PROXECTO RONSEL (2010); Agroturismo na Terra de Lemos http://ronsel.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=92&Itemid=40 Consulta: 25/11/2013

50

Con todo, existen outras formas de velar polo Patrimonio Cultural Inmaterial con iniciativas de menor escala mais que axudan á conservación dalgunhas das súas manifestacións. É o caso do Arquivo sonoro de Galicia, programa promovido dende o Consello da Cultura Galega que recompila dende a súa creación no ano 1995 gravacións sonoras do Patrimonio oral e musical galego. A súa labor é a da “recuperación do Patrimonio oral e musical galegos e xorde co propósito último de se converter ou, cando menos, sentar as bases para a creación e posta en funcionamento da necesaria e futura Fonoteca de Galicia”32 que a día de hoxe aínda non se fixo efectiva. Trátase dun proceso de dixitalización, arquivo e catalogación que contribúe á súa difusión e á dispoñibilidade para a investigación33. Existe doutra banda o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) promovido dende o Instituto de Estudo das Identidades do Museo do Pobo Galego e con características similares ao anterior proxecto. Coa colaboración de distintas administracións públicas e privadas galegas, este arquivo é consecuencia do proxecto denominado Sons e Voces da Identidade34. De novos, unha labor de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do Patrimonio oral que actualmente xa non se atopa accesible na súa plataforma dixital35. Entre os colectivos que promoven coas súas actividades o Patrimonio Cultural Inmaterial galego atópase a Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega (AELG) que conta cunha sección de literatura de tradición oral na que se enmarca o proxecto Polifías nado no 2007 e que segue a desenvolverse na actualidade. Trátase de abordar e poñer en valor un Patrimonio oral, literario e musical que é gravado e difundido a través da Internet36. Para dita labor conta coa colaboración da Xunta de Galicia e as deputacións provinciais de Lugo e A Coruña. Esta asociación tamén emprendeu a iniciativa Palabras con memoria que pretende recuperar as verbas en desuso que os dicionarios non recollen para que non fiquen no esquecemento37. O apoio, esta vez, ven da man da Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo. 32

CONSELLO DA CULTURA GALEGA; Obxectivos do Arquivo Sonoro de Galicia http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/obxectivos.php Consulta: 25/11/2013 33 Plan Nacional de…(2011); pp.99-100 34 MUSEO DO POBO GALEGO; Instituto de Estudos das Identidades http://www.museodopobo.es/museoinstituto.php Consulta: 25/11/2013 35 O acceso online á documentación está inactivo. www.apoi-mpg.org Consulta: 28/11/2013 36 AELG; Sección de Literatura de Tradición Oral http://www.aelg.org/Polafias/ Consulta: 25/11/2013 37 AELG; Palabras con memoria http://www.aelg.org/GoToWordsWithMemory.do Consulta: 25/11/2013

51

O vogal da asociación responsable da sección relativa á tradición oral é Antonio Reigosa, coordinador e autor destes proxectos e doutros tales como Mestres da memoria ou Galicia Encantada. Este último eríxese como a “Enciclopedia de Fantasía Popular de Galicia”38 continuando a ser actualizada recentemente e con presenza tamén activa nas redes sociais. No seu site web recóllense mostras da mitoloxía galega, rituais, referencias a obxectos sagrados, lendas de todo tipo, contos, personaxes míticos da tradición popular galega,etc. co fin de que todas as xeracións, presentes e futuras, poidan ter acceso a elas e poidan valorar o seu coñecemento. Outra asociación destacada é a Asociación ORAL de Galicia en relación co Centro Veciñal e Cultural de Valladares de Vigo creada no ano 1997 co fin de “realizar todo tipo de actividades de estudo, investigación, creación, difusión, promoción, divulgación, formación, etc. tendentes a recuperar e dignificar a tradición dos desafíos orais improvisados en verso (…) que teñan como denominador común a oralidade, o desafío, a improvisación, a rima, o enxeño ou a arte”39. Contan con varias liñas de traballo e accións desenroladas a prol da posta en valor da Regueira baixo o patrocinio da Secretaría Xeral de Modernizadión e Innovación Tecnolóxica da Presidencia da Xunta de Galicia, do Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e comercio do Goberno de España, así como da Unión Europea40. Tamén en Vigo, xorde Escoitar.org unha comunidade en rede aberta que toma forma como asociación cultural. A súa labor arrinca arredor do ano 2007 baixo o Proxecto Edición do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) e a Fundación Luís Seoane, e as liñas de investigación do Grupo Investigación DX7 da Universidade de Vigo. A súa principal achega é a creación dun mapa de sons mais tamén conta con outras seccións e servizos encarrilados á posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial. Os traballos de campo desta iniciativa viguesa engloban a gravación e contextualización dos sons partindo dun punto de vista artístico, etnomusicolóxico, bioacústico e antropolóxico41 e destinaron esforzos á restauración e dixitalización do Arquivo Sonoro de Galicia así como á creación de seminarios e obradoiros que contribuísen á

38

Galicia encantada http://www.galiciaencantada.com/index.asp Consulta: 25/11/2013 ORAL; Quén somos http://www.regueifa.org/quen-somos Consulta: 25/11/2013 40 ORAL; Patrocinadores http://www.ctv.es/USERS/cvallada/Somos1%20%20Regueifa.htm Consulta: 25/11/2013 41 ESCOITAR (2006); Acerca de Escoitar http://www.escoitar.org/Acerca-de-Escoitar Consulta: 27/11/2013 39

52

promoción do “fenómeno sonoro como elemento fundamental da cultura do país”42. Unha proposta en relación a esta é a da creación dun mapa colaborativa da música e do baile tradicional de Galicia43 a través da ferramenta web Google Maps, formato empregado tamén por Escoitar.org. As iniciativas que van a ser tratadas con posterioridade son xa de carácter local centradas nun espazo concreto que non vai máis alá da área comarcal. É o caso do Proxecto Buserana que xorde no ano 2009 baixo o lema “Muxía, pola defensa do Patrimonio Cultural Inmaterial”44. É unha iniciativa que Viki Rivadulla, técnica de Cultura do Concello de Muxía, comeza de xeito persoal e que acaba sendo incorporada no Departamento de Cultura do Concello de Muxía. Para a posta en marcha desta aposta a prol do Patrimonio intanxible da área fisterrá, contan coa colaboración veciñal que aporta toda clase de información referida aos elementos, usos e costumes que conforman a identidade cultural da zona e que contribúen a conformar un inventario. O obxectivo sinalado é o de definir unha cultura propia “a través daqueles trazos que nos fan ser quen somos”, fin polo cal se fará uso da “memoria colectiva e as lembranzas e coñecementos de cada un”45. Maniféstase tamén a intencionalidade de “dinamizar á veciñanza, facer participar a todos os veciños e veciñas porque este é un proxecto que é de todos/as e que imos facer entre todos/as”46. Unha ampla mostra fotográfica así como a recompilación de sons e vídeos fai posible visibilizar un Patrimonio por si mesmo invisible contribuíndo á súa posta en valor e perdurabilidade. Recóllense mostras da gastronomía da zona mediante receitas de cociña, mais tamén as lendas e obras literarias que aluden a Muxía, expresións e palabras do vocabulario muxián, oficios que se seguen a recrear e a dar a coñecer como o secado do congro ou elementos como o mar e o Camiño de Santiago importantes na conformación dos modos de vida do lugar e dos seus habitantes. Todos estes elementos forman parte da memoria colectiva dun pobo que, a través deste proxecto, trata de materializar os recordos e vivencias para que non sexan esquecidos co paso do tempo, ou o que é o mesmo, buscan que aquilo que conforma a súa cultura non esmoreza.

42

Ibidem. MAPA MUSICAL GALEGO; O mapa http://mapamusicalgalego.blogspot.com.es/p/o-mapa.html Consulta: 27/11/2013 44 Proxecto Buserana http://proxectobuserana.blogaliza.org/ Consulta: 27/11/2013 45 Proxecto Buserana http://proxectobuserana.blogaliza.org/a-benvida-ao-proxecto-buserana/ Consulta: 27/11/2013 46 Ibidem. 43

53

En Tomiño existe tamén un arquivo dixital denominado Arrimando historias que xorde dende o voluntariado mais que está organizado dende a Asociación Xuvenil Taíña coa que colabora o Concello de Tomiño e os Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) e que se atopa estancado. Un traballo que comeza a súa andaina co obxectivo de crear un catálogo que reúna as achegas dos informantes, que non son outros que os veciños da zona, que toman a forma de fotografías, audios, pistas audiovisuais e outras publicacións variadas que axudan a comprender e a coñecer a memoria colectiva dunha comunidade concreta. O que se pretende citando todos estes proxectos é demostrar que as iniciativas poden abarcar un ámbito máis xenérico e dirixirse ao conxunto da Humanidade baixo as declaracións promovidas pola UNESCO, mais tamén poden tomar un matiz local onde os propios protagonistas se converten en promotores e difusores do Patrimonio Inmaterial que consideran parte da súa identidade. Os protagonistas nunca deben deixar de selo, e deben formar parte de todas actividades de posta en valor dunhas manifestacións que lle son propias aínda que estas sexan desenvolvidas a nivel internacional. A problemática común que se observa é a falta de apoio político e económico, consecuencia un do outro, que ocasiona que os colectivos interesados na salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial non conten con recursos para cumprir os seus obxectivos ou para prolongalos no tempo. Ademais, incluso se podería dicir que existen máis trabas que oportunidades para o seu desenvolvemento. Isto solucionase economizando custes a través de plataformas gratuítas mais de gran alcance como pode ser a Internet. Pois un trazo común destas iniciativas é a súa presenza na rede que permite que os portadores da información a poidan comunicar sendo difundida de xeito case inmediato a través da mesma plataforma. Os recursos tecnolóxicos cumpren unha labor moi valiosa á hora de documentar as manifestacións inmateriais tomando diversos formatos do mesmo xeito que contribúen á súa difusión. Con todo, non hai que esquecer que os factores de identidade, de sentimento e de autenticidade son fundamentais no Patrimonio Cultural Inmaterial e que unha expresións intanxibles fóra de contexto pode perder a súa razón de ser. Porque unha regueifa podería interpretarse en calquera contexto, pois co paso do tempo gañou un terreo que vai máis alá das cerimonias matrimoniais, pero un peliqueiro ou unha 54

procesión de Semana Santa ten que mostrarse no día e lugar que lle son propios, xa que non todo vale na difusión do Patrimonio Cultural.

55

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.