A estela galaico-romana do Riós

May 24, 2017 | Autor: Alberte Reboreda | Categoria: Arqueología, Historia, Historia del Arte
Share Embed


Descrição do Produto

II

FARO DE VIGO

ARQUEOLOXÍA/PATRIMONIO

XOVES, 16 DE FEBREIRO DE 2017

O de Riós (documentado Orrios desde o ano 1204) é un concello ourensán que habitualmente só asociamos a un coñecido actor, á castaña e mais aos cogomelos, mais debería selo tamén pola estela funeraria de Gaio,un monumento conmemorativo galaico romano datado no s. III d.C que se exhibe na igrexa parroquial. O seu frontis aparece divido en catro rexistros que se estruturan así: 1º) Motivo decorativo en aspa inciso sobre unha peza rectangular que fai as veces de peaña. É un tema simple, presente xa nas estatuas-menhir da Idade do Bronce, caso da de Cruz de Cepos (Cervos, Montalegre) ou a de Vilacoba (Troitosende; A Baña). No repertorio funerario galaico-romano,este motivo articula un dos rexistro da coñecida estela funeraria de Mazarelas (Rodeiro; Oza dos Ríos). 2º) Sobre ela o campo epigráfico, no que lemos:”G. NIGRINI / V.S ALBINV / S.G ALBIANO / NIGRINO AN / XVI F.M.P / DMS,que foi interpretada por Fariña Busto (1991) así:“Gaio Nigriano Albino dedicou un monumento ao seu fillo Gaio Albino Nigrinio, de 16 anos. Consagrado aos deuses Manes.” Os Manes non eran outra cousa que os espíritos dos familiares finados que, crían os galaico-romanos, velaban desde o Alén pola protección da familia.“Consagrar a sepultura aos deuses manes ten unha función clara, entre outras: lembrar a quen se sitúa ante ela que se trata de algo sagrado, e por iso inviolable” apuntan Franco Maside e Pereira Menaut (2005). 3º) O campo superior aparece dividido en dous sectores.O inferior presenta unha secuencia de tres arcos de medio punto co interior refundido que recordan á Estela de Taragoña (Rianxo) ou á Estela anepigráfica do Castro (Aldeanova; Ordes), por citar dous Exterior exemplos gada igrexa laicos. Este parroquial motivo, que de Santa María de Riós. probablemente represente o panteón funerario

Lembranza de Gaio Sobre a estela galaico-romana de Riós ALBERTE REBOREDA (os nichos dos columbarios romanos tiñan esta forma), perdurará ao longo da Idade Media,como evidencia a súa presenza nos laterais do sartego de San Wintila (890 d.C), por exemplo. Sobre esta tripla arcada loce o motivo principal da estela do Riós, unha fermosísima rosácea de seis follas inscrita nun círculo, motivo que tivo un grande éxito nas estelas funerarias do norte peninsular. O seu rastro podemos seguilo en Braga (estela funeraria de Elaneobriga), en Navarra (estela de Porcius Felix), ou en Vigo (a que representa ao Dionisos e Ampelos, por exemplo),que se pode admirar no Museo Quiñones de León. As rosáceas hexapétalas

As rosáceas hexapétalas identifícanse co paraíso astral Sol e lúa foron fundamentais na relixiosidade pagá do NO peninsular

Patrimonio e desenvolvemento rural

Conta a veciñanza do Riós que cando a estela foi atopada na casa reitoral, as mulleres e homes da parroquia fixeron o posible porque esta xoia artística quedase no concello, de aí que lle buscasen acomodo na igrexa de Sta María.Alí segue hoxe, facendo de frontal do atril desde o que o párroco se dirixe aos fregueses. Quen decida parar no Riós este entroido non só debe buscar coa súa cámara a máscara do Vellarrón, da Madama ou do Farrangón, senón que ha encarmiñar os seus pasos cara ao templo parroquial para ad-

mirar a estela de Gaio Albino Nigrinio, un galaico romano que, coa súa morte prematura, provocou unha dor infinita no seu pai. Esta morte ecoa aínda hoxe entre nós en forma de arte, un motor vida e desenvolvemento rural aínda por explorar. Para iso cómpre poñer en marcha as “conclusións do Consello sobre a

gobernanza participativa do patrimonio cultural” que o Consello da Unión Europea ditou en 2014, e que insta á Comisión e aos estados membros a “fomentar a participación cidadá no marco dun modelo de desenvolvemento intelixente para as cidades europeas que integre activamente o patrimonio cultural coa fin de contribuír á innovación e á revitalización das cidades europeas”. Se ás cidades engadimos as vilas e aldeas de Europa, pensamos nós, o enunciado sería feliz e completo.

veñen sendo identificadas co paraíso astral, representado polo sol, o astro rei. O sol é fonte de luz e calor e, xa que logo, de vida. Desde o punto de vista relixioso o sol simboliza a inmortalidade e a resurrección,por iso non debe estrañarnos que a rosácea perdure na arte da Idade Media e, en certa maneira, se reformule á maneira culta a través do crismón. 4º) Sobre a rosácea inscrita nun círculo atopamos os motivos que se insiren no tímpano do frontón triangular (unha forma menos frecuente que a dos tímpanos semicirculares) que remata en altura a peza.Trátase dunha recreación do modelo inferior, pero adaptándoo ao espazo dispoñible,de maneira que as tres arcadas convértense agora en dous tímpanos, e o sol da hexapétala muda agora en media lúa aberta cara arriba (o crecente luar). Esta iconografía é idéntica á que loce unha das estelas galaicas atopadas en Iria Flavia e dedicadas aos deuses Manes, pero tamén á de Taragoña á que nos referimos antes. Mención aparte merecen as tres escuadras que se sitúan no terzo superior, interpretadas por algúns autores como instrumentos que reforzan o contido simbólico do tránsito do finado na súa «viaxe» cara un mundo astral. A lúa é o segundo astro en importancia para o ser humano.É o planeta que rexe a noite, o período tradicionalmente vinculado coa morte, pero tamén co coñecemento reflexivo, coa imaxinación e a memoria. Sol e lúa deberon ter moita importancia na relixiosidade prerromana do norte peninsular se temos en consideración, non só a súa presenza nas estelas funerarias romanas, senón as palabras de Itacio de Ossonoba,o principal adversario de Prisciliano quen, alá polo s. Estela gaIV d.C, o aculaico-romasou de practina de Gaio, car rituais máconservada xicos relaciono interior nados co temda igrexa. po,coas colleitas e coas ofrendas ao sol e á lúa en determinados penedos. A estela galaico-romana do Riós recorda,pola súa monumentalidade e deseño, ás estelas viguesas que se exhiben no Museo de Castrelos. Esta preciosa peza funeraria é, desde o punto de vista cultural, unha mostra máis do sincretismo relixioso e artístico romano,que non dubidou en incorporar á súa linguaxe plástica símbolos e elementos que xa formaban parte do repertorio espiritual e artístico dos pobos indíxenas.

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.