A posta en valor do patrimonio apícola cereiro tradicional: análise da experiencia comunitaria da CMVMC de Paraños (O Covelo)

May 21, 2017 | Autor: Damián Copena | Categoria: Commons, Apiculture, Patrimonio Cultural, Gestión De Recursos De Propiedades Comunitarias
Share Embed


Descrição do Produto

1

5

6

7

8

9

10

DamiánCopenaRodríguez Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía. Universidade de Vigo [email protected]

DiegoCopenaRodríguez Enxeñeiro inustrial

XavierSimónFernández Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía. Universidade de Vigo FCEE. Lagoas Marcosendes s/n, 36310 Vigo (Pontevedra) Recibido: 16/7/2014 Aprobado: 22/7/2014

A posta en valor do patrimonio apícola cereiro tradicional: análisis da experiencia comunitaria da CMVMC de Paraños (O Covelo) Enhancement of traditional apiculture heritage chandlery: analysis of community experience of CMVMC of Paraños (O Covelo)

Resumo: a presente comunicación mostra como a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños, entidade comunitaria que xestiona o Monte Comunal deste lugar, ten realizado importantes esforzos para recuperar un oficio tradicional e dinamizar social e economicamente este espazo rural mediante a posta en valor do patrimonio apícola vinculado coa cerería tradicional. Así, a Comunidade ten creado un centro de interpretación, rehabilitado un lagar de cera e posto en valor diferente patrimonio como eiras ou curadoiros da cera. Esta labor ten sido realizada de xeito comunitario grazas ao esforzo e ao traballo da veciñanza organizada na Comunidade de Montes. Palavras Chave: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, dinamización rural, cerería tradicional, lagares de cera, patrimonio apícola. Resumen: la presente comunicación muestra como la Comunidad de Montes Vecinales en Man Común de Paraños, entidad comunitaria que gestiona el Monte Comunal de este lugar, ha realizado importantes esfuerzos para recuperar un oficio tradicional y dinamizar social y económicamente este espacio rural mediante la puesta en valor del patrimonio apícola vinculado con la cerería tradicional. Así, la Comunidad ha creado un centro de interpretación, rehabilitado un lagar de cera y puesto en valor diferente patrimonio como son los curadorios de cera. Esta labor ha sido realizada desde la gestión comunitaria gracias al esfuerzo y el trabajo de la vecindad organizada en la Comunidad de Montes. Palabras Clave: propiedad comunitaria, dinamización rural, cerería tradicional, lagares de cera, patrimonio apícola. Abstract: the apiculture was very important for the Galician traditional rural society. Thus today important examples of beekeeping heritage are preserved. However, the beekeeping heritage related to traditional chandlery is deeply unknown to the whole society. In the municipality of O Covelo there are singular and unique samples of this beekeeping heritage related directly to chandlery. This paper shows how the Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños (CMVMC Paraños) has made significant efforts to recover a traditional craft and at the same time revitalize socially and economically this area. Thus has been built an interpretation centre, has been renovated a wax press and has been increased in value patrimony as wax threshing floors. This work has been carried out communally joining the efforts and the work of organized neighbours in CMVMC, whose are running the Interpretation Centre and conduct guided tours and exhibitions of the chandler. Keywords: common property, rural development, traditional chandlery, press wax, apiculture heritage.

238

Introducción

O medio rural galego conta cunha importante riqueza patrimonial material e inmaterial que precisa ser recoñecida, conservada e posta en valor. Toda esta riqueza patrimonial pode e debe de converterse nun elemento dinamizador do territorio no que se alberga. Este feito resulta especialmente importante nos espazos rurais, nos que o patrimonio e a cultura tradicional, entendidas dun modo amplo, poden ser ámbitos sobre os que artellar estratexias de dinamización económica e social (SIMÓN E PRADO, 2006). As oportunidades da posta en valor do patrimonio material e inmaterial acadan maior relevancia se temos en conta as dinámicas de abandono e as problemáticas socioambientais que se están a xerar nas últimas décadas no rural galego. Deste xeito, a situación é moi complexa nos entornos rurais posto que o emprego agrario atópase en caída libre, o avellentamento poboacional en constante aumento e se está a producir un tremendo abandono dos terreos de cultivo, do monte e mesmo dos núcleos anteriormente habitados. Todo este contexto favorece a aparición de problemáticas ambientais e sociais entre as que destaca principalmente a dos lumes forestais. Nesta conxuntura do mundo rural cómpre destacar que Galicia conta con algunhas características singulares no tocante aos axentes que xestionan os espazos rurais e que lle confiren ao territorio galego unha diferenciación clara con respecto a outros espazos rurais peninsulares e europeos. Así, unha gran parte do territorio galego conta cun réxime de propiedade colectivo veciñal que resulta moi relevante a nivel territorial. Segundo os dados da Xunta de Galicia en torno á cuarta parte da superficie galega, unhas 700.000 hectáreas, ostenta esta clase de propiedade colectiva repartida nas máis de 2.800 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) (CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR, 2014). A participación dos individuos nas CMVMC está ligada directamente á residencia no lugar ou parroquia propietaria do monte veciñal. Cada individuo que se traslada a vivir a un lugar ou parroquia que conte con Monte Veciñal pode formar parte da Comunidade participando na toma de decisións e nos aproveitamentos do Monte. As CMVMC organízanse en asemblea, contando cunha Xunta Reitora como órgano de xestión da Comunidade para o traballo diario no Monte Veciñal. Esta figura está regulada pola Lei 13/89 de Montes Veciñais en Man Común de Galicia e o seu regulamento; normas estas que definen aos montes veciñais como propiedades de carácter xermánico contando coas seguintes características principais:

 Inalienabilidade: os montes veciñais non se poden mercar ni vender.  Indivisibilidade: as propiedades veciñais non se poden repartir entre os vecinos

 Inembargabilidade: non resulta posible embargar os Montes Veciñais en Man Común.

 Imprescriptibilidade: esta clase de propiedades non perden as súas características ao longo do tempo.

239

Estas características singulares, claramente alleas á racionalidade capitalista convencional, confírenlle a estas entidades colectivas comunitarias importantes capacidades para o impulso e o desenvolvemento de proxectos dinamizadores nos entornos rurais mediante o aproveitamento e a posta en valor comunitaria dos recursos locais. Dentro das CMVMC podemos atopar casuísticas moi diversas, existindo moitas comunidades mal xestionadas ou sen manexo dos seus recursos. Sen embargo, cada vez son máis numerosos os exemplos de boa xestión dentro dos Montes Veciñais. Unha parte importante das iniciativas veciñais dinamizadoras que se están desenvolvendo na actualidade tratan de vincularse a un modelo de xestión no que prevalece unha visión multifuncional do Monte na cal é preciso compatibilizar a función económica, a ambiental e a social do recurso, tratando de que exista un equilibrio entre as tres funcións. Dentro deste modelo de xestión comunal están aparecendo iniciativas de CMVMC que tentan por en valor os recursos patrimoniais existentes no monte ou nas parroquias onde se localizan. Así, temos exemplos de proxectos de posta en valor dos elementos patrimoniais e dos coñecementos tradicionais vinculados a eles, como sendeiros desenvolvidos de xeito comunitario por comunidades de montes nos que os elementos patrimoniais acadan relevancia, a rehabilitación de elementos patrimoniais como por exemplo muíños1 e mesmo roteiros arqueolóxicos específicos postos en marcha por Comunidades de Montes2. No que segue presentaremos unha experiencia que vai nesta liña pero que, debido á singularidade do patrimonio valorizado e da proposta realizada resulta única e de grande interese: a iniciativa da CMVMC de Paraños (O Covelo), entidade comunitaria que mediante a posta en valor do patrimonio (material e inmaterial) cereiro tradicional existente no seu concello trata de dinamizar social e economicamente a súa contorna.

A CMVMC de Paraños O Monte Veciñal de Paraños foi clasificado como tal no ano 1979 e está formado por seis parcelas principais e algunhas pequenas parcelas dispersas pola parroquia, que suman unha superficie total de máis de 300 hectáreas. Os comuneiros e comuneiras, en torno a unha centena, son as persoas que xestionan en asemblea o Monte Veciñal e que deciden as iniciativas que desenvolven como Comunidade de Montes. A Comunidade de Montes de Paraños localízase na parroquia do mesmo nome que forma parte do concello de O Covelo. Este concello, como moitos outros radicados no rural do interior galego, conta con múltiples problemáticas exemplificadas no despoboamento e avellentamento poboacional, feito este que favorece a infrautilización e o abandono dos recursos existentes no Concello. Desde o ano 1981 ate o 2013 a poboación residente no Covelo pasou a ser menos da metade; dos 6.766 habitantes do ano 1981 apenas fican no Covelo 2.800 no 2013 (IGE, 2014). Por outra banda, outra das principais problemáticas existentes no termo municipal ven derivada do feito de que a poboación que habita no Covelo tende a ter unha idade avanzada. Se utilizamos o índice de avellentamento3 como indicador para analizar a evolución da distribución en tramos de idade dos habitantes de Covelo, poderemos comprobar cómo este indicador medrou de xeito espectacular en poucos anos. Así, o ratio evoluiu de 176,6 no ano 1998 a 423,3 no ano 2013 sendo o cuarto maior índice de avellentamento da provincia de Pontevedra neste ano (IGE, 2014). 1

As Comunidades de Montes de Mouriscados en Mondariz ou a de Couso en Ponteareas son interesantes exemplos Podemos destacar a iniciativa da CMVMC de Amoedo en Pazos de Borbén ou a da CMVMC de Couso en Gondomar: http://montescouso.blogspot.com.es/p/rutas-arqueoloxicas.html 3 O índice de avellentamento consiste na relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos 2

240

Este complexo e dificultoso contexto social e poboacional confírelle máis importancia a calquera iniciativa dinamizadoras que parta da acción colectiva dos axentes locais, como acontece no caso das experiencias realizadas pola CMVMC de Paraños.

As iniciativas da CMVMC de Paraños A acción da entidade veciñal propietaria do Monte Veciñal en Man Común de Paraños abarca multitude de aspectos económicos, sociais e ambientais desta parroquia de o Covelo, sendo un importante axente dinamizador que o converte en peza fundamental para a activación de iniciativas que melloren a realidade económica e social dos veciños e das veciñas de Paraños e para a xestión dos recursos locais. Por exemplo, no tocante ao Monte, a CMVMC conta cun interesante manexo das súas masas forestais con importantes extensións arboradas entre as que destacan as plantacións de piñeiros. A Comunidade tamén ten realizado significativas plantacións de frondosas, con castiñeiros e carballos como protagonistas, e realiza diversos traballos silvícolas nas súas masas forestais, así como importantes tarefas relacionadas coa prevención dos lumes forestais. Sen embargo, a singularidade da CMVMC de Paraños radica nas iniciativas vinculadas coa posta en valor dos seus recursos naturais e patrimoniais. Deste xeito, existen varias iniciativas relevantes como a creación por parte da Comunidade de Montes dun roteiro que ten como eixo vertebrador ao río Xabriña e que integra e introduce no seu percorrido diversos elementos patrimoniais, principalmente muíños e infraestruturas apícolas tradicionais vinculadas ao oficio tradicional da ceraría. O Roteiro do Xabriña4 conta cunha lonxitude total de 17 quilómetros nos que se poden observar máis de 30 muíños, algúns deles restaurados e en activo e no que se insiren moitos elementos vinculados co patrimonio cereiro tradicional como o lagar de cera de Paraños, o lagar da cera da Lamosa e as eiras e pías de branqueo da cera de Paraños e a Lamosa. Sen embargo, a iniciativa máis singular da CMVMC de Paraños no que ao Patrimonios e refire é a vinculada directamente co patrimonio material e inmaterial apícola cereiro tal e como veremos a continuación.

A recuperación do patrimonio apícola cereiro tradicional A CMVMC de Paraños como axente dinamizador da Parroquia decidiu en asemblea desenvolver a iniciativa de recompilar, estudar e por en valor o patrimonio tradicional vinculado ao oficio da ceraría tradicional na Parroquia de Paraños e no concello de Covelo. Este feito ven derivado da existencia da importante patrimonio material apícola cereiro en Paraños e na parroquia limítrofe da Lamosa. Certamente este oficio acadou desde antigo unha grande importancia froito da importancia da apicultura nas sociedades tradicionais (LÓPEZ, 1994). A importancia histórica do Covelo no tocante ao oficio cereiro resulta significativa; deste xeito, o Catastro de Ensenada de mediados do século XVIII xa nos indica a existencia de 1.657 colmeas no Concello nesa época. A partir do que se recolle no Dicionario Madoz de 1850 podemos saber que na parroquia de Lamosa xa daquela era coñecido o seu lagar. O mesmo ocorre trala lectura doutro dicionario máis vello, o Diccionario Geográfico Estadístico de España y Portugal de 1826, no que ao describir a freguesía de Santiago de Covelo (aínda entón a actual parroquia da Lamosa era parte desa freguesía) cita unha “fábrica de cera” no seu territorio.

4

Pódese atopar máis información sobre o roteiro na páxina web da CMVMC de Paraños http://www.montesparanhos.com/ruta/.

241

Por outra banda, diferentes anuarios, enciclopedias e outras publicacións refírense ás persoas dedicadas ao oficio de cereiro no concello covelense (por exemplo, na parroquia da Lamosa, onde houbo un gran número de cereiros e, en consecuencia, unha especialización arredor deste traballo), chegando até datas relativamente recentes como sucede co Anuario General de España de 1913 (con 16 cereiros rexistrados, 1 en Paraños, 2 en Covelo e o resto na Lamosa) mailo de 1957 que constata aínda nese ano a actividade de 5 cereiros nas parroquias de Covelo, A Lamosa e Paraños. O anteriormente sinalado Dicionario Madoz salienta o branqueo de cera nas parroquias de Prado da Canda e da Lamosa como un dos oficios característicos dos habitantes do lugar, sendo as únicas referencias específicas deste Dicionario sobre esta especialización cereira existentes en toda Galicia. O oficio dos cereiros en Covelo foi esmorecendo pouco a pouco ate chegar á súa desaparición. As derradeiras referencias de cereiros en activo no Concello que podemos atopar no arquivo municipal son do ano 1961 con dúas cererías en Paraños. Sen embargo, a pesares da desaparición do oficio grande parte do patrimonio material e o coñecemento tradicional asociado aínda estaban presentes, polo que a Comunidade de Montes decidiu recuperalos e empregalos como elementos dinamizadores a nivel parroquial e municipal.

O Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños A CMVMC realizou un Proxecto5 consistente na posta en valor do patrimonio cereiro tradicional. Para elo mediante un traballo de pesquisa en numerosos arquivos históricos, análise de artigos científicos sobre a materia e, fundamentalmente, dun traballo de campo para a realización de entrevistas a persoas do Concello que tiveron vinculación co patrimonio ou co oficio cereiro, obtivéronse varios resultados. Así, tense creado o Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños, rehabilitado o lagar da cera de Paraños e posto en valor outro patrimonio cereiro como a eira de cera e a pía de branqueo de Paraños. A CMVMC ten editado unha Guía6 con información extensa sobre a historia, os elementos patrimoniais e os procesos cereiros tradicionais no Concello. Evidentemente, a existencia da importantes elementos patrimoniais en Paraños permite que en apenas uns centos de metros calquera persoa poida coñecer como era o oficio cereiro tradicional e as labouras do mesmo. Para pechar o círculo a CMVMC decidiu crear o Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños, un complexo cativo máis único a nivel peninsular. Neste espazo pódese coñecer o oficio da cerería tradicional, desde os principais elementos patrimoniais chegando aos procesos vinculados ao oficio cereiro. O centro trata de imitar un obradoiro cereiro contando con moitas pezas de interese o que foi posible mediante o traballo de recompilación realizado no Proxecto e, fundamentalmente, grazas á doazón de pezas por parte de veciños e veciñas de Paraños 7. No Centro de Interpretación pódese coñecer a importancia do medio natural, o traballo das abellas, os lagares da cera, os curadoiros ou eiras da cera e os obradoiros dos cereiros. O Centro permite entender este oficio tradicional, desde a obtención da materia prima necesaria ata a comercialización dos produtos finais elaborados polos cereiros e as cereiras.O Centro conta importante cantidade de pezas orixinais singulares entre as que destaca unha roda circular tradicional para facer as velas e dúas pailas que se utilizaban para o branqueo e para a elaboración das candeas e dos exvotos.

5

No Proxecto participaron ademais da Comunidade a SAT Abella Lupa e Damián e Diego Copena, coautores do presente texto. Pódese descargar a Guía no seguinte enlace web: http://www.montesparanhos.com/galeria_inf/i76_142.pdf. 7 Modesto Grandal fillo dos últimos cereiros de Paraños cedeu una grande parte das pezas existentes no Centro de Interpretación da Ceraría. 6

242

Fig. 1. Vista do Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños.

O Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños está xestionado directamente polos comuneiros e as comuneiras de Paraños, ofertando visitas guiadas e facendo demostracións do oficio dos cereiros8. O Centro conta con visitas de grupos numerosos que soen aproveitar o inicio ou remate da ruta do Xabriña, visitas de persoas interesadas no patrimonio e de alumnos de centros escolares da contorna.

8

Como non existe horario de apertura definido é recomendable concertar previamente a visita para poder acceder ao Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños http://www.montesparanhos.com/.

243

A posta en valor do patrimonio apícola cereiro tradicional: O lagar e as eiras da cera Outro dos pasos dados pola CMVMC de Paraños foi a restauración do lagar da cera da parroquia. O lagar está cedido na actualidade á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños, quen levou a cabo un labor de restauración do edificio e dos elementos fundamentais do proceso de extracción da cera, coa intención de pór en valor este patrimonio esquecido. Os lagares da cera, son edificacións con prensas que se utilizaban para procesar os favos da cera das abellas e que adoitaban ter unha titularidade privada9. Aseméllanse en moitos aspectos aos do viño, sidra ou aceite, aínda que cunhas especificidades propias derivadas da materia prima que van prensar. Na actualidade existen dous lagares de prensa de viga de cera nas parroquias da Lamosa e de Paraños, que se atopan en diferente estado de conservación. O lagar de Paraños foi restaurado pola CMVMC da parroquia namentres que o da Lamosa atópase nun estado de conservación bastante deficiente.

Fig. 2. O lagar da cera de Paraños.

9

O único lagar comunitario do que temos constancia é o lagar de Felgueiras na Cámara Municipal de Torres de Moncorvo (Santos, 1983).

244

O lagar de Paraños, é unha edificación rectangular cunhas dimensións de 8 metros de longo por 5 metros de largo feita en pedra, cun tellado a dúas augas, o chan está feito de pedra e terra, e recibía a auga necesaria do proceso dunha levada que discorre ao seu carón. No seu interior atopamos unha viga de 6,80 metros, inxerida nun dos seus extremos na parede da edificación,onde pode xirar e no outro extremo, atopamos unha pedra de granito cun peso de arredor de 1200 kg , nestes momentos non se conserva o taco de prensar nin o fuso que se enroscaba na viga, e existe o oco onde se asentaba a caldeira de cobre, lugar onde se cocía a cera. Consérvanse as tres pías de pedra onde se separaba a cera das impurezas e da auga por un mecanismo que permitía a separación en función da súa densidade, contando a primeira delas cun traballo de cantería único entre os lagares que se coñecen, e dá conta da importante utilización que tiña este lagar. Tamén pódese observar a colocación das 3 pías de pedra que se utilizaban para arrefriar a cera, colocadas ao carón das paredes da edificación, que contan cun volume de 0,11 m 3. No conxunto do Estado e da Península apenas existen exemplos conservados de lagares de cera (Orantes, 2009), polo que os dous existentes en Covelo son uns elementos etnográficos dunha enorme importancia. A rehabilitación do lagar de Paraños permitiu que, despois de sesenta anos de inactividade, se puxese en funcionamento, sendo un dos poucos lagares de cera de prensa de viga de Europa con capacidade de traballar.

As eiras ou curadoiros para o branqueo da cera

A vista a Paraños permite coñecer outros elementos patrimoniais cereiros singulares como son eiras ou curadoiros da cera. Cando pensamos nas eiras en Galicia, identificámolas principalmente coa malla tradicional do centeo, do trigo ou da cebada (BAS, 1983). Sen embargo, en Covelo existen eiras que estaban dedicadas principalmente ao branqueo da cera. Podemos dicir que as eiras, ou curadoiros, consisten en espazos arquitectónicos que van ao aire libre, cubertas con lousas de pedra e que adoitan formas diversas (CAAMAÑO, 2003), podendo estar nalgúns casos elevadas. En Covelo podemos atopar dúas eiras en Paraños e seis na Lamosa, onde chegou a haber case vinte casas con curadoiro e con pías para branquear a cera (SAMPEDRO, 2007). O branqueo da cera tivo tradicionalmente moita importancia nalgunhas parroquias de Covelo como Prado da Canda, a Lamosa ou Paraños onde os cereiros especializáronse no branqueo da cera tal e como nos amosan as referencias do Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de mediados do século XIX de Madoz.

O proceso de branqueo é sinxelo e está feito de maneira natural. O primeiro que se precisaba era cera amarela. Cando o cereiro dispuña da cantidade suficiente desta cera, preparaba os utensilios e o curadoiro. Posteriormente, o cereiro prendía lume dentro dunha estrutura habilitada ao carón da pía coa fin de colocar sobre ela a paila na que derreter a cera amarela que pretendía branquear. Ao mesmo tempo, colocaba sobre unha pía grande de pedra, chea de auga, que dispuña dun rolete de madeira medio mergullado, unha estrutura de madeira ou de lata perforada que fai de coador mediante unha serie de buratos finos polos que o artesán facía caer a cera previamente derretida. Outra opción consistía en botar a cera derretida enriba do rolete directamente para conseguir as lascas de cera. Cando a cera estaba 245

derretida, un axudante comezaba a darlle volta o rolete con intensidade, mentres o cereiro collía a cera cun cazo e botábaa na estrutura de madeira enriba do rolete. Comezaban a caer unha serie de fíos de cera sobre o rolete, que solidificaban durante o xiro co contacto coa auga fría. Formábanse así unha sorte de lascas endurecidas que saían desprazadas cara a outra parte da pía. Alí, outra persoa encargábase de recollelos e colocalos en cestas. Para aumentar ou diminuír a cantidade de fíos que se obtiñan en cada vertedura, o cereiro procedía a tapar ou descubrir máis buratos e facilitar o labor. Cando a cesta estaba chea trasladábase ao curadoiro ou eira, onde se estendía. O proceso repetíase tantas veces fosen necesarias até acabar a cera amarela que tiñan para fundir. Nalgunhas ocasións acontecía que, nun determinado intre, a cera non conseguía se endurecer completamente debido ao calor excesivo da auga da pía. Para solucionar estes problemas os cereiros podían, ben cambiar a auga quente por outra fría, ou ben artellar un sistema de condución para que a pía contase cun caudal de auga corrente durante todo o proceso de endurecido. A cera feita lascas púñase na eira durante uns 8 días e, despois de 3 ou 4, procedíase a darlles a volta a man ou cun angazo pola mañá cedo, aproveitando que a cera estaba máis dura. Con este proceso conséguese que o efecto fotoquímico da radiación solar tornase a cera de amarela a branca, chamada popularmente como “cera esperma” outorgándolle valor engadido aos posibles produtos a elaborar posteriormente.

Conclusións

O traballo desenvolvido pola CMVMC de Paraños no eido da posta en valor do patrimonio apícola cereiro resulta de enorme interese e importancia por varias cuestións. En primeiro lugar polo feito de que a iniciativa se localice nun lugar con problemáticas económicas e sociais nas que iniciativas dinamizadoras son moi necesarias, principalmente pola entrada de ingresos e a creación de actividade económica na parroquia derivada dos visitantes á ruta e ao Centro de Interpretación e ao Lagar da Cera.

Por outra banda, resulta precisa destacar a singularidade da iniciativa comunitaria. Os veciños e as veciñas que forman parte da CMVMC de Paraños están recuperando e valorizando un oficio tradicional desaparecido na parroquia como é o do cereiro. Están tratando de mellorar o seu presente grazas ao seu pasado. Ademais teñen restaurando elementos patrimoniais como o lagar da cera que podemos considerar como únicos a nivel peninsular o que lle concede máis importancia a esta iniciativa. Os veciños de Paraños organizados na Comunidade están posibilitando que non esmoreza o seu patrimonio e permitindo que as persoas interesadas poidan achegarse a coñecelo.

Despois de máis de 60 anos de inactividade o lagar de Paraños voltou a funcionar enchendo de olor a cera de abellas a parroquia e recuperando o coñecemento tradicional do oficio do cereiro para os nosos días mediante a creación do Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños.

246

Fig. 3. Elaborando candeas do xeito tradicional na festa de inauguración do Centro de Interpretación.

247

Referencias bibliográficas Anuario general de España. (1913). Anuarios Bailly-Bailliere y Riera reunidos. Barcelona. Tomo I. Consellería do Medio Rural e do Mar. (2014). Montes Veciñais en Man Común. http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/forestal/ordenacion/man_comun/.[5/09/20 14]. Xunta de Galicia.(1989). Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común. Diario Oficial de Galicia núm. 202, do 20/10/1989. http://www.es.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei13_1989.pdf. Instituto Galego de Estatística. (2014). Padrón Municipal de Habitantes. Arquivo histórico municipal de Covelo. Bas, B. (1983). As construcións populares. Un tema de etnografía en Galicia. Sada. Ed. do Castro:108 e ss. Caamaño Suárez, M. (2003). As. Construcións da arquitectura popular: patrimonio etnográfico de Galicia. Santiago de Compostela. Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos:329 e ss. Catastro de Ensenada, respuestas generales. 1751/54. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños. http://www.montesparanhos.com. Diccionario Geográfico Estadístico de España y Portugal. (1826). Tomo III. Madrid. Cendón González, A.; Copena Rodríquez, D.; e Copena Rodríquez, D. (2011). Favum, o lugar da cera. CMVMC de Paraños. López Álvarez, X. (1994). Las abejas, la miel y la cera en la sociedad tradicional asturiana. Oviedo. Real instituto de estudios asturianos. Madoz, P. (1850). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Tomo X. Orantes Bermejo, F. J. (2009). Geografía de la cera en España en Vida Apícola:22. Sampedro Fernández, A. (2007). A ceraría no Condado- A Paradanta en Soberosum. Ponteareas. Museo Municipal de Ponteareas:174. dos Santos Junior J. R. (1983). Lagar comunitario da cera, Felgueiras, Moncorvo. Trabalhos de Antropologia e Etnologia da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia Porto. Simón e Prado, X.; e Prado Orbán, X. (2006). Cultura Tradicional e Desenvolvemento Rural. Xunta de Galicia e Universidade de Vigo.

248

249

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.