ANÁLISE ICONOLÓXICA E ICONOGRÁFICA DUN TEMA BÍBLICO E MITOLÓXICO

May 26, 2017 | Autor: Rafael Quintía | Categoria: Art History, Bible, Mitology, Simbolism
Share Embed


Descrição do Produto

Rafael Quintía Pereira

Análise iconolóxica e iconográfica dun tema bíblico e mitolóxico

1

TEMA MITOLÓXICO O TEMA MITOLÓXICO DA DAMA E O UNICORNIO:

O tema mitolóxico da dama e o unicornio —enmarcado dentro do mito xeral do unicornio— fai referencia á vella crenza sobre cal era o xeito idóneo de cazar un unicornio. Foron moitos os autores que deron testemuño do xeito de cazar estes animais. Xa san Isidoro de Sevilla, no século VII, indicaba que para capturar un unicornio era imprescindible unha muller virxe. Segundo refire, este animal de natureza tempestuosa sentíndose atraído pola pureza da doncela abandonaba a súa ferocidade e pousaba a cabeza no colo da rapaza e ficaba durmido no acto. Intre este que era aproveitado polos cazadores para lanzarse sobre el e capturalo co fin de poder extrae-lo seu cobizado corno. A continuación reproducímo-lo que o bestiario medieval Libelus de natura animalium di sobre o tema:

A propiedade do unicornio é que é un animal moi terrible e forte que ten un corno na fronte co que fende e racha as árbores, e por esta forza os demais animais témeno. Non se pode cazar este animal a non ser coa dozura e co arrecendo dunha virxe: de maneira que cando os cazadores queren caza-lo unicornio levan ó monte onde está o unicornio unha rapaza virxe; e entón o unicornio vén xunto da rapaza polo arrecendo da virxindade e pon a súa cabeza no colo da rapaza; e entón os cazadores átano con cadeas e, precedidos pola rapaza, condúceno á cidade.

O Physiologus relata tamén o único xeito de cazar estes seres: 2

[...] e ningún cazador pode collelo pola forza. Hai un truco que se utiliza aínda para atrapalo e é este: Os homes levan unha virxe ó lugar onde el vive e

déixana soa alí. En canto o unicornio vexa esta virxe, caerá

engaiolado pola súa beleza, correrá ata ela e porá a cabeza no seu colo. Ela mímao e el dorme. Os cazadores achéganse entón, captúrano e lévano ó palacio do rei.

Como acabamos de comprobar, tódolos textos coinciden no único xeito posible de caza-los unicornios que non é outro que usando o engado dunha rapaza fermosa e pura. Segundo as lendas e crenzas da Europa medieval estes animais tan sabios, nobres e maxestosos tiñan un punto feble. Os unicornios sentíanse atraídos pola pureza e fermosura das doncelas virxes e adoitaban cambia-la súa liberdade polo cariño, mecos e coidados destas fermosas damas. Así, cando atopaba unha doncela no bosque, o unicornio achegábase docilmente a ela para pousa-la súa cabeza no colo da moza, e mesmo se convertía case nun animal doméstico que acudía a visitala á mesma hora cada día ó seu xardín. Esta estampa do unicornio deixándose coidar no colo dunha dama foi multitude de veces repetida nos gravados e nos tapices da época e incluso podemos vela nun baixorrelevo da basílica de Santa María, en Pontevedra, como analizaremos a continuación. Como outros exemplos desta escena podemos citar que está reflectida na serie de seis tapices coñecida como A dama e o unicornio ―realizada nos Países Baixos a principios do XVI e exposta hoxe en día no museo de Cluny de París― ou na fermosa serie de

3

sete tapices chamada A caza do unicornio ―realizados tamén nos Países Baixos a finais do século XV e que pertence á Colección Cloisters do Museo de Arte Metropolitano de Nova Iorque―. Nesta última serie amósase como un grupo de nobres ricamente vestidos e acompañados por cazadores e cans lle dan caza a un unicornio axudados dunha fermosa dama que atrae o animal cara ó seu sacrificio para levalo posteriormente ó castelo. No último tapiz o unicornio aparece outra vez vivo no medio dun campo cheo de flores, no que semella unha inexplicable resurrección. Hai que dicir que a descrición da caza do unicornio co cebo da rapaza virxe presenta algunhas variacións. O Physiologus grego na súa versión árabe explica como a moza atrae o unicornio ofrecéndolle os seus seos espidos. O animal comeza entón a mamar dos peitos da doncela, momento que é aproveitado para capturalo. Outras veces a dama deixa un peito ó descuberto e o unicornio ó percibi-lo seu olor achégase á virxe e bicando o seu peito espido queda durmido ante ela. Podemos concluír, por tanto, que tódalas historias xiran en torno á mesma idea común; o único xeito de cazar un unicornio é empregando como engado ou reclamo a pureza e beleza dunha doncela virxe, ante a cal o unicornio aplaca a súa bravura e convértese nunha mansa e dócil besta.

4

Respecto ó Unicornio: Respecto ó mito do unicornio, faremos a continuación algúns comentarios ó respecto.

A figura do unicornio está presente na mitoloxía

popular de Europa, Asia, África e América. Pódese atopa-la súa pegada en tódalas latitudes, xa sexa en lendas, en contos, en gravados, en pinturas, en poemas ou nas referencias históricas e literarias que falan sobre tan maxestoso e misterioso animal. Froito desta extensión xeográfica do mito atopamos diferentes descricións físicas do unicornio, polo que non existe unha imaxe única, se ben tódalas descricións teñen certas características comúns en canto ó seu carácter e fisionomía e, sobre todo, en canto ós poderes curativos ó seu corno atribuídos. Deste xeito dise del, sobre todo na lírica medieval europea, que é un ser máxico e misterioso, solitario e esquivo, cun

carácter impetuoso pero

xeneroso, nobre, puro e moi espiritual. Consecuentemente, desenvolveuse todo un universo lendario ó seu arredor. Entre os seus poderes contábase que tiña a capacidade de teletransportarse unha vez ó día, o que era unha grande vantaxe para fuxir en caso de perigo. Alimentábase dos gromos máis tenros e frescos e da enerxía do sol, polo que os

anos nos que o sol tiña maior

actividade os unicornios brillaban cun lume prateado ata na noite. En canto á súa fisionomía, é descrito no Renacemento como un animal con aparencia de cabalo branco e cun corno recto na metade da fronte. Outras referencias descríbeno con corpo de cervo, cola de león e cabeza de cabalo cun corno na fronte, ou como un cabalo novo cun corno en espiral, patas de antílope, barba de chibo e cola de león. Ás veces había confusión sobre se era só cabalo cun corno ou tamén tiña características dunha cabra. Segundo Santo 5

Tomás de Aquino, tiña de ámbalas dúas naturezas e atributos mesturados no seu aspecto físico. Aparece tamén frecuentemente representado en pinturas e tapices medievais como unha pequena cabra con cabeza de cabalo, ou con cascos mixtos de cabra e equino, e tamén cunha barba similar á das cabuxas, como reflicte a pintura titulada A dama e o unicornio do pintor Rafael Sanzio,e que analizaremos a continuación con máis detalle. Noutras latitudes a súa descrición é aínda máis variada como ocorre cos unicornios chineses, que posúen semellanzas cos dragóns. Como se pode ver, non existe unanimidade en canto á súa fisionomía, que varía segundo a súa distribución xeográfica e segundo o momento histórico. En moitos casos é descrito como un equino e noutros como un ser híbrido con carácteres propios de cabalo, león, cervo ou cabra ou mesmo con características máis propias dun rinoceronte ou dun bóvido ca da equina estampa habitual. Isto último é o que acontece cos selos da cultura Mohenjo Daro que tamén serán obxecto de estudo neste traballo. Na Idade Media e posteriormente no Renacemento o unicornio adquiriu en Europa unha gran fama, dotándoo a lírica dunha gran beleza, maxestosidade e nobreza que fixo que se distanciase da idea que se tiña na antigüidade deste animal. Froito desta popularidade xurdiu a descrición máis estereotipada e coñecida por todos nós, moi diferentedas antigas referencias históricas ou das descricións recollidas en Asia ou África onde, por exemplo, os unicornios árabes se describen cun longo corno retorto e pel escura, e os orientais cunha longa barba, pel escura e un corno máis curto e curvo.

6

Jorge Luis Borges na súa obra El libro de los seres imaginarios cita un apólogo do século IX que coido que é bo colofón para o que aquí acabamos de dicir. Universalmente admítese que o unicornio é un ser sobrenatural e de bo agoiro; así o declaran as odas, os anais, as biografías de varóns ilustres e outros textos cuxa autoridade é indiscutible. Ata os párvulos e as mulleres do pobo saben que o unicornio constitúe un presaxio favorable. Pero este animal non figura entre os animais domésticos, non sempre é doado atopalo, non se presta a unha clasificación. Non é como o cabalo ou o touro, o lobo ou o cervo. En tales condicións, poderiamos estar fronte ó unicornio e non saberiamos con seguridade que o é. Sabemos que tal animal con crina é cabalo e que tal animal con cornos é touro. Non sabemos como é o unicornio.

Primeiras referencias históricas ó mito do unicornio: Quizais sexa na mitoloxía grega onde podamos atopar unha das primeiras referencias equiparable á idea do unicornio. Segundo esta, o deus grego Zeus foi aleitado de neno por unha cabra chamada Amalthea. Esta cabra tiña un só corno na fronte, feito polo que se pensa que puido ser un unicornio. Un bo día Zeus partiulle o corno e del saíu unha impresionante cantidade de alimentos. Por este motivo o corno pasou a ser coñecido como o Corno da Abundancia, ou Cornucopia, expresión que aínda perdura hoxe en día. Este corno da abundancia foi adoptado como elemento decorativo común

en

pinturas e ornamentos da época clásica e barroca. Zeus, en sinal de

7

agradecemento e cariño, converteu a cabra nunha estrela á que chamou Capella. Pero foi a partir das notas do historiador e médico grego Ctesias de Cnido cando realmente se multiplican as mencións sobre o unicornio. Nacido ó redor do inicio da segunda metade do século V a.C., Ctesias foi feito prisioneiro polos persas e pasou a servir máis tarde, polo menos durante a batalla de Cunaxa no ano 401 a.C., como médico do rei persa Artaxerxes Menon II (Dario II). De regreso en Cnido, alá polo ano 395 a.C., escribiu Historia dos Persas ou Pérsica, e Historia da India ou Indica, ambas hoxe en día perdidas, aínda que no século IX o patriarca de Constantinopla Photius seleccionou unha serie de anacos do Indica deixando constancia dos relatos de Ctesias. É nun destes fragmentos onde aparece por primeira vez o unicornio na historia escrita. Ctesias relátao así en Indica, (416 a.C.): Hai na India certos asnos salvaxes case tan grandes coma os cabalos en altura, algúns deles aínda máis, pero máis etéreos e delicados de aparencia. Os seus corpos son brancos, as súas cabezas soen ser de cor vermello escuro e os seus ollos posúen a cor azul máis profundo que teño visto en ser vivo ningún. Teñen na fronte un corno que mide aproximadamente 45 cm de longo e non é raro observar que brilla cun resplandor sobrenatural que simula unha estrela fulgurante na punta. Souben que o po obtido de pulverizar este corno é administrado nunha apócema que se sostén que protexe contra as máis potentes drogas mortíferas. A base do corno é dunha nívea cor branca e a parte superior é vermella, mentres que a parte central é negra. Os que beben destes cornos transformados en vasos

8

vólvense inmunes, segundo o dicir

común, á enfermidade sagrada (a epilepsia). En efecto, son tamén inmunes ós velenos se antes ou despois de inxerido beben calquera líquido san destes vasos...

Como se pode observar, esta primeira descrición histórica contén tódolos elementos que despois se repetirán cada vez que se fala do unicornio, cítese: estampa equina, gran corno na fronte e os poderes curativos deste corno sobre todo como antídoto contra todo veleno. Cómpre aclarar tamén que, malia a ter escrito sobre a India, Ctesias nunca estivo alí e polo tanto os seus coñecementos eran de oídas e non froito da súa observación directa e persoal, aínda que no fragmento núm.33 Ctesias afirma que todo o seu libro é verdadeiro e que non escribiu nada que non vise el mesmo ou que non teña escoitado de boca de testemuñas cribles. Segundo case tódalas teorías o animal descrito por el pódese corresponder co rinoceronte hindú (Rhinoceros unicornis), animal de ata catro toneladas de peso que posúe un único corno sobre o seu fociño. Por outra banda, esta teoría vén reforzada polas calidades case máxicas que se lle atribúen ó corno do rinoceronte. Aínda que é posible que Ctesias fixese unha mestura na súa descrición entre este rinoceronte e outro animal pois a

talla e complexión do unicornio de Ctesias non se

corresponde coa do rinoceronte da india. Porén, durante moito tempo deuse por certo o relato de Ctesias e pronto personaxes como Aristóteles, Filóstrato, Eliano, Estrabón ou Plinio o Vello aceptárono, e fixéronse eco del. Aristóteles (384-322 a.C.) afirma no seu Historia animalis partibus animalium

e no De

que verdadeiramente existen dous seres con pezuño

compacto e cun único corno na cabeza: o Asno Indio que cita Ctesias e o órix

9

africano. Se ben Aristóteles acepta que o animal chamado unicornio se corresponde a un animal real, rexeita a crenza sobre os máxicos poderes atribuídos ó seu corno. O grego Megasthenes, quen visitou a India no ano 333 a.C., escribiu catro tomos dos seu Indica no que conta que escoitou que os brahmáns falaban do cartazoon, similar ó unicornio do que falara Ctesias. Cartazoon, besta do tamaño dun cabalo, pelaxe gris clara, cola semellante á dun porco e cun corno de cor negra extremadamente forte e espiralado. Animal sumamente xentil cuxa natureza solitaria facíao habitar nas montañas da India. Outra das máis temperáns mencións ó unicornio foi feita polo xeógrafo e historiador grego Heródoto de Haliparnaso quen no século III a.C. menciona na súa obra Historiae, entre outras bestas salvaxes, un asno dun só corno que habitaba no leste de Libia. Tamén nos di que o unicornio ten cabeza de boi e as súas hastas son empregadas polos fenicios para medir. Pola súa parte, Plinio o Vello (23-79 a.C.) menciona nos seus escritos o órix, o ox indio, o Asno da India e cita distintos tipos de unicornios; entre eles o Eglisseron e outro espécime de unicornio similar a un boi, salpicado de manchas brancas, que cando ve un inimigo enfurécese e coma se fose un touro acomete co seu único corno negro e pardo. Tamén afirma na súa Cyclopaedia Historia Naturalis que viu un animal ó que chamaron Monoceros, indomable por natureza e esquivo e que posúe cabeza similar a un cervo pero sen cornamenta, pes de elefante, cola de xabaril e corpo de cabalo. Engade que porta un corno negro na fronte e que brama profundamente. Dan caza na India a outra fera semellante polo corpo ó cabalo, pola cabeza ó cervo, polas patas ó elefante, pola cola ó xabaril. O seu bruar é

10

grave; un longo e negro corno de dous cóbados de lonxitude elévase en medio da súa fronte. Négase que poida ser apresado vivo.

Posiblemente Plinio continúa coa confusión de Ctesias, describindo o rinoceronte e non un verdadeiro unicornio. De tódolos xeitos, tanto Plinio como Aristóteles dan por certo e crible o texto de Ctesias ó afirmaren que non existen razóns para dubidar da súa existencia máis alá das que se puidesen ter sobre a existencia da xirafa ou do elefante. Afirman que o feito de que ninguén vise o unicornio non significa que sexa froito da imaxinación. Uns 500 anos despois de Aristóteles o estudoso romano Aelian (170235 a.C.) dixo que só grandes homes podían posuí-los recipientes feitos co corno de unicornio. Os seus escritos conteñen descricións próximas ás de Ctesias. Engade datos referentes a cor do astrágalo, ósos do nocello que son empregados como poderoso talismán, comentando tamén, no seu De natura animalium que na India hai un cabalo dun só corno e di que o monoceros foi algunhas veces chamado Carcazonon, que pode ser unha forma do árabe carcadán, que significa rinoceronte. Despois fai comentarios sobre as rexións poboadas polos unicornios: Din que hai montañas nas rexións interiores da India, que son inaccesibles ós homes e polo tanto están cheas de bestas salvaxes. Entre elas está o unicornio, que os hindús chaman cartazon (kartajan). Este animal é grande, do tamaño dun cabalo e ten crinas de pelo leonino, patas como de elefante e cola de cabra. É veloz coma os ventos máis feroces e esquivo ó máximo do imaxinable. Aseguran que é solitario e que xamais foi visto xunto a outros animais.

11

Entre a súas sens xorde un único corno negro, que non é liso senón que ten certos aneis naturais que rematan nunha afiada punta. De tódolos animais, este ten a voz máis disonante. É amable coas bestas que se lle achegan, pero pelexa cos da súa raza, e non só os machos entre si, senón que contenden aínda coas femias e as súas pelexas son a morte. Este animal é de gran forza corporal, ademais de que o seu corno é un arma inconquistable. Busca os lugares máis solitarios para habitar e na tempada de apareamento é amable coa femia escollida e pacen xuntos, mais cando isto termina, volve o seu ánimo salvaxe e regresa á súa vida solitaria. Din que os novos son ás veces levados ó rei para seren exhibidos, pola súa forza, en concursos durante os seus festivais, pero ninguén lembra a captura dun só espécime adulto.

O xeógrafo e historiador grego Estrabón (63-19 a.C.) tamén recolle que no Cáucaso existen cabalos dun só corno na cabeza. Apolonio de Tiana (3 a.C.–97), sabio e pensador grego, afirma ter visto durante as súas viaxes pola India asnos salvaxes capturados, e foi informado de que co único corno que posuían se facían vasos para os reis da India xa que crían que os que bebían deles estaban libres dos efectos dos velenos. O escritor romano Delso (170-239) fala de varias bestas dun só corno que habitan na India. Menciona que o unicornio ten un corno espiralado, que beber do seu corno libera de moitos males e que alcanzalo é imposible pois nunca se pode capturar vivo.

12

ANÁLISE DAS OBRAS

Obra: Dama e unicornio Autor: Cornelis de Holanda e Juan Noble Data: 1541-1547 (século XVI) Estilo: Renacentista Material: baixorrelevo sobre granito Baixorrelevo labrado no lateral esquerdo interior da porta principal da basílica de Santa María A Maior de Pontevedra

Descrición icnográfica: O baixo relevo amosa a estampa típica da dama co unicornio na que podemos ver á besta unicorne pousando a súa cabeza no colo da dama. A imaxe enmárcase nunha paisaxe boscosa onde destacan algunhas casas no horizonte. Este recheo paisaxístico evoca as pinturas coetáneas onde abundan as plantas, as árbores e os edificios. O feito de que a dama apareza sen cubri-

13

lo eu cabelo pode estar indicando a súa condición de moza nova e, xa que logo, virxe. Na tradición europea a descrición do unicornio varía a medida que pasamos do Medievo ó Renacemento. Na Idade Media o unicornio descríbese a miúdo como unha criatura pequena, que non soportaría o peso dunha persoa. O seu aspecto é híbrido: semellante a unha de cabuxa con patas de antílope, pezuños fendidos, barba de chibo, cola de león e un corno longo en espiral no medio da fronte. En cambio no Renacemento a imaxe do unicornio tínguese dun halo de maxestosidade e pasa a ser descrito en moitas ocasións como un grandioso cabalo de alba pelaxe cun longo corno espiral branco e moi recto que lle medraba na fronte. Na presente obra vemos que o animal é de pequeno tamaño en comparación coa dama, mais a falla de detalles imposibilita afondar máis nas súas características físicas. Esta obra forma parte dun conxunto ornamental formado por un total de 78 recadros que ilustran historias bíblicas, alegorías, emblemas e símbolos labradas en baixo relevo, baixo o arco da contraportada principal da basílica e entre pilastras e columnas separadas en cada lado por unha entrecalle decorada. O conxunto hístórico é netamente pertencente ó Antigo Testamento e complementa o programa escultórico desenvolvido no retablo pétreo da fachada exterior. Respecto ó autor, cómpre dicir que Cornelis de Holanda foi o máis representativo e fecundo dos artistas dos Países Baixos que traballaron en Galicia na primeira metade do século XVI.

14

Descrición iconolóxica: O primeiro que hai que dicir á hora de analizar o carácter icnolóxico deste tipo de representacións é que o simbolismo do unicornio, así como as alegorías feitas ó seu redor, foron múltiples e variadas ó longo dos anos e reflicten unhas, unha fantasía e creatividade marabillosa e outras unha riqueza simbólica e beleza sublime. En canto ó simbolismo desta primeira obra, debemos ter en conta que unhas veces as representacións medievais que amosan a caza do unicornio representan a paixón de Cristo e outras son alegorías da súa morte, onde o unicornio ven representar a Cristo, a doncela a Virxe María, o peito simbolizaría a Igrexa, o bico a paz e o soño a morte. A virxe que atrae e conforta o unicornio identifícase coa Virxe María e o cazador —cando aparece— co Espírito Santo que actúa a través do arcanxo san Gabriel. A estatura pequena do unicornio é un sinal da humildade de Cristo, e a súa semellanza a un chibo simboliza a súa relación cos homes pecadores. Noutras ocasións a estampa do unicornio no colo da dama configura un símbolo da sexualidade sublimada, pois o animal infatigable e feroz ante os cazadores cae, en cambio, rendido e aprisionado cando unha virxe se lle achega, amosando o indicio dunha sexualidade sublimada.

15

Obra: Dama con unicornio Autor: Rodrigo Alemán Data: 1489-1496 Estilo: Último Gótico Material: Talla en madeira de nogueira Escea tallada na misericordia da sillería baixa do coro da catedral de Toledo

16

Descrición icnográfica: A escena representa a unha dama con vestido, cofia e velo que sostén no seu colo a para dereita dianteira dun unicornio. O unicornio represéntase, como adoita ocorrer, cun aspecto híbrido: semellante a unha de cabuxa con patas de antílope, pezuños fendidos, barba de chibo, cola de león e un corno longo en espiral no medio da fronte. A escena parece obedecer ó que san Isidoro di ó respecto do unicornio nas súas "Etimologías": Díceselle ... unicornio, porque ten un corno na fronte, ..., tan agudo e forte que perfora ou rompe o que con el ataca; en loita co elefante, derríbao abríndolle o ventre. É de tanta fereza, que non poden cazalo los cazadores, e din os que escriben sobre a natureza dos animais que lle poñen diante unha mozan, que descubre os seus seos ó velo vir e, desta xeito, o animal depón a súa fereza e descansa a súa cabeza na xoven e, así, poden collelo os cazadores.

En 1489 o cabildo da catedral de Toledo encarga a Rodrigo Alemán a execución da sillería baixa do coro. Axudado por catro ou cinco entalladores, o artista remata a obra na primavera de 1496.

Debido á súa orixe,

probablemente de Brabante, o repertorio de formas serían as que se utilizaban nos Países Baixos, aínda que característico do seu taller foi a súa predilección por escenas profanas presentadas dunha forma orixinal. Algúns estudosos deste artista, como é o caso de Dorothee Heim, teñen atopado grandes paralelismos entre os motivos das sillerías do coro realizadas polo taller de Rodrigo Alemán e algúns gravados procedentes do Medio e Baixo Rin.

17

Descrición icnográfica: O dito para o baixorrelevo da basílica pontevedresa de Santa María pode ser aplicado a este caso tamén. Pero ademais, e tendo en conta o contexto cristián onde aparece esta representación, ó igual que a da basílica de Santa María, podemos engadir outros significados simbólicos: Aparece asemade como emblemático da espada ou a palabra de Deus. No século II, con Tertuliano, o unicornio convértese nun símbolo de Cristo. Dise que o unicornio representa a Cristo pola súa pureza e o seu corno a cruz. No Concilio de Nicea (ano 385) o corno de unicornio interprétase como símbolo da unidade divina pasando a significa-la unión de Cristo con Deus, do fillo co pai. Estas asociacións alegóricas foron recollidas polos escritores cristiáns do Physiologus: O unicornio é a figura da noso Salvador, o corno de salvación alzado para nós na casa do noso pai David. San Basilio (330-379) diría: Cristo é o poder de Deus polo que é chamado unicornio na Terra, xa que ten un só corno que é o poder común co pai. Pola súa parte, San Ambrosio, bispo de Milán (340-397) diría que o unicornio é o Fillo de Deus procreado. O seu corno afiado tamén significou que nin os principados, nin potencias, nin tronos, nin as dominacións poden comprender a Deus tal e como é. Á súa vez, o simbolismo fálico e da lanza do corno, combinados cunha mitoloxía de purificación, fixo do unicornio un elegante símbolo de penetración espiritual, en especial o misterio do ingreso de Cristo na matriz virxinal. A incapacidade do cazador para subxugalo é un recordatorio de que a vontade do Mesías non está suxeita a ningunha autoridade terreal. A estatura pequena do unicornio é un sinal da humildade de Cristo, e a súa semellanza a un chibo simboliza a súa relación cos homes pecadores.

18

Obra: Retrato de dama con unicornio Autor: Rafael Sanzio Data: 1505-06 Estilo: Renacemento Italiano Material: Óleo sobre lenzo A obra pictórica consérvase na Galería Borghese de Roma

19

Descrición iconográfica: A obra pictórica de Rafael no tocante ós retratos destaca pola calidade do debuxo e dos detalles, así como á importancia dada ás expresions dos modelos. A pintura está considerada un perfecto resume estilístico dos retratos femininos da época florentina de Rafael, un momento da súa carreira na que o artista vese claramente influído polas innovacións introducidas por Leonardo da Vinci no xénero do retrato a través da súa obra Mona Lisa. Pódese sentir, xa que logo, a influenza de Leonardo tanto na pose da dama, como na paisaxe evocadora e na temática do mito do unicornio. O cadro está datado cara entre os anos 1505-1506 grazas ao escotado vestido, moi de moda nos anos iniciais do Cinquecento. A obra destaca pola atmosfera sedutora e enigmática que transmite a fermosa muller que aparece retratada no lenzo. Esta obra de Rafael reflicte a forza plástica da imaxe, onde a cor ten unha grande importancia para o pintor. Os tons claros transmiten a idea de pureza, inocencia, feminidade, entre outros valores que poderiamos atribuiar á dama retratada. O cadro está estruturado nunha composición piramidal, trátase dun retrato de medio corpo en escorzo, onde a dama aparece coa cabeza xirada e situada ante unha loxia con dous columnas a través das qie se pode contemplar unha paisaxe. A estrutura da composición permítenos relacionar este cadro coa Gioconda de Leonardo. Hai un predominio do colorido e a luminosidade, así como unha coidada combinación das tonalidades na roupa da dama (vermello, con verde e branco). O emprego da técnica do sfumato — difuminado dos contornos— suaviza ás formas e o uso do claroescuro envolve as masas de sutís sombras.

20

Respecto á identidade da dama, foi identificada, con serias dúbidas, como Maddalena Doni, apuntándose tamén a unha moza da familia Borghese ou á propia irmá do pintor, Elisabetta. Este cadro ten unha peculiar intrahistoria, pois durante anos foi atribuído a Perugino e non a Rafael. Este feito debeuse a que a pintura sufriu un repintado posterior (finais do XVI) á súa realización,de xeito que en 1760 mencionábase o lenzo como unha obra de Perugino na que se representaba a Santa Catalina de Alexandría cuberta cunha capa e cunha roda xunto a ela como símbolo do seu martirio. Non foi ata 1936 –data da primeira restauración da obra– que se descubriu o verdadeiro retrato da dama e o unicornio que fixera Rafael. Pero ademais deste feito, unha investigación radiolóxica efectuada en 1927 detectou que primeiro Rafael empezou a pintar á xoven cun canciño nos seus xeonllos. Segundo algúns historiadores da arte —como a directora do Polo Museale di Roma, Rossella Vodret— podería tratarse dun retrato de voda que ía ser enviado ao noivo antes do casamento. Neste caso o canciño sería o símbolo da fidelidade conxugal. Pero o retrato quedou inconcluso e non foi ata pasados varios anos que Rafael pintou as mans da muller abrazando un unicornio.

Descrición iconolóxica: Respecto ó aspecto simbólico do cadro podemos dicir que o unicornio está representando a castidade e a inocencia, podendo establecer unha relación entre esta idea e a mirada limpa e directa da rapaza. Ademais, o unicornio representa tamén o que ama, o amante, que ó ve-la doncela queda inerte ante ela, cativo xa para sempre nunha doce prisión cuxo sostén é o desexo, a súa porta é a mirada da amada e as cadeas serían a esperanza de 21

ser amado. Se despois da captura sobrevén a morte, esta será unha morte por amor a causa da desesperación producida por non ser amando pola dama. Este último significado simbólico podería relacionarse tamén coa hipótse de que o cadro, orixinariamente, puido ser unha obra de regalo de boda. Os elementos simbólicos destacables no cadro son:  O unicornio: símbolo da castidade e da pureza  O xoiel que leva a moza pendurado sobre o peito e as súas pedras (rubí, esmeralda, pérola) evocan a virtude e a pureza. Isto apunta tamén a un posible retrato nupcial. Curiosamente, estes elementos que remiten á idea de pureza e castidade contrastan coa mirada desafiante que a retratada dirixe ó seu interlocutor, o que evoca á individualidade feminina. Así mesmo, a figura posúe unha forte carga de sensualidade. Esta ambivalencia do cadro deu lugar a múltiples lecturas literarias como, por exemplo, o que comenta o xa citado Julio Cortazar no seu Manual de instrucciones:

Lo que esta mujer sostiene en sus manos es la copa misteriosa de la que hemos bebido sin saber, la sed que hemos calmado por otras bocas, el vino rojo y lechoso por donde salen las estrellas, los gusanos, y las estaciones ferroviarias.

22

TEMA BÍBLICO

O PASO DO MAR VERMELLO POLO POBO DE ISRAEL:

O episodio bíblico que narra como Moisés conduce o pobo de Israel a través do Mar Vermello está contido no libro do Éxodo, capítulos 12 a 15. O Éxodo é o segundo libro da Biblia. Trátase dun texto tradicional que narra a escravitude dos hebreos no antigo Exipto e a súa liberación da man de Moisés, quen os guiou ata a Terra prometida. No xudaísmo, o libro do Éxodo forma parte do canon, atopándose contido na Torá e formando un dos cinco libros do Pentateuco, que forman a primeira parte da Biblia hebrea. No cristianismo, o libro do Éxodo tamén forma parte do canon e está contido no Antigo Testamento. Moisé, asemade, é coñecido no Islam como o profeta Musa Transcribimos a continuación o pasaxe bíblico no que se fala do tema en cuestión:

Éxodo 14 - Cruzando el Mar Rojo 1. (1-4) Dios atrae a Faraón para salir contra Israel Habló Jehová a Moisés, diciendo: Di a los hijos de Israel que den la vuelta y acampen delante de Pi-hahirot, entre Mig-dol y el mar hacia Baal-zefón; delante de él acamparéis junto al mar. Porque Faraón dirá de los hijos de Israel: Encerrados están en la tierra, el desierto los ha encerrado. Y yo endureceré el corazón de Faraón para que los siga; y seré glorificado en Faraón y en todo su ejército, y sabrán los egipcios que yo soy Jehová. Y ellos lo hicieron así.

2. (5-9) Faraón se decide a forzar a Israel para que vuelva a Egipto Y fue dado aviso al rey de Egipto, que el pueblo huía; y el corazón de Faraón y de sus siervos se volvió contra el pueblo, y dijeron: ¿Cómo 23

hemos hecho esto de haber dejado ir a Israel, para que no nos sirva? Y unció su carro, y tomó consigo su pueblo; y tomó seiscientos carros escogidos, y todos los carros de Egipto, y los capitanes sobre ellos. Y endureció Jehová el corazón de Faraón rey de Egipto, y él siguió a los hijos de Israel; pero los hijos de Israel habían salido con mano poderosa. Siguiéndolos, pues, los egipcios, con toda la caballería y carros de Faraón, su gente de a caballo, y todo su ejército, los alcanzaron acampados junto al mar, al lado de Pi-hahirot, delante de Baal-zefón.

3. (10-12) La respuesta de los hijos de Israel Y cuando Faraón se hubo acercado, los hijos de Israel alzaron sus ojos, y he aquí que los egipcios venían tras ellos; por lo que los hijos de Israel temieron en gran manera, y clamaron a Jehová. Y dijeron a Moisés: ¿No había sepulcros en Egipto, que nos has sacado para que muramos en el desierto? ¿Por qué has hecho así con nosotros, que nos has sacado de Egipto? ¿No es esto lo que te hablamos en Egipto, diciendo: Déjanos servir a los egipcios? Porque mejor nos fuera servir a los egipcios, que morir nosotros en el desierto.

4. (13-14) Moisés responde con gran valor Y Moisés dijo al pueblo: No temáis; estad firmes, y ved la salvación que Jehová hará hoy con vosotros; porque los egipcios que hoy habéis visto, nunca más para siempre los veréis. Jehová peleará por vosotros, y vosotros estaréis tranquilos.

24

1. (15-18) Las instrucciones de Dios para Moisés: deja de orar y empieza a hacer. Entonces Jehová dijo a Moisés: ¿Por qué clamas a mí? Di a los hijos de Israel que marchen. Y tú alza tu vara, y extiende tu mano sobre el mar, y divídelo, y entren los hijos de Israel por en medio del mar, en seco. Y he aquí, yo endureceré el corazón de los egipcios para que los sigan; y yo me glorificaré en Faraón y en todo su ejército, en sus carros y en su caballería; y sabrán los egipcios que yo soy Jehová, cuando me glorifique en Faraón, en sus carros y en su gente de a caballo. 2. (19-20) Dios neutraliza al ejército Egipcio con fuego Y el ángel de Dios que iba delante del campamento de Israel, se apartó e iba en pos de ellos; y asimismo la columna de nube que iba delante de ellos se apartó y se puso a sus espaldas,

e iba entre el

campamento de los egipcios y el campamento de Israel; y era nube y tinieblas para aquéllos, y alumbraba a Israel de noche, y en toda aquella noche nunca se acercaron los unos a los otros.

3. (21-22) Las aguas del Mar Rojo son partidas, y los hijos de Israel cruzan sin peligro a tierra seca. Y extendió Moisés su mano sobre el mar, e hizo Jehová que el mar se retirase por recio viento oriental toda aquella noche; y volvió el mar en seco, y las aguas quedaron divididas. Entonces los hijos de Israel entraron por en medio del mar, en seco, teniendo las aguas como muro a su derecha y a su izquierda.

25

4. (23-28) Dios trastorna al ejército Egipcio, y ellos son ahogados. Y siguiéndolos los egipcios, entraron tras ellos hasta la mitad del mar, toda la caballería de Faraón, sus carros y su gente de a caballo. Aconteció a la vigilia de la mañana, que Jehová miró el campamento de los egipcios desde la columna de fuego y nube, y trastornó el campamento de los egipcios, y quitó las ruedas de sus carros, y los trastornó gravemente. Entonces los egipcios dijeron: Huyamos de delante de Israel, porque Jehová pelea por ellos contra los egipcios. Y Jehová dijo a Moisés: Extiende tu mano sobre el mar, para que las aguas vuelvan sobre los egipcios, sobre sus carros, y sobre su caballería. Entonces Moisés extendió su mano sobre el mar, y cuando amanecía, el mar se volvió en toda su fuerza, y los egipcios al huir se encontraban con el mar; y Jehová derribó a los egipcios en medio del mar. Y volvieron las aguas, y cubrieron los carros y la caballería, y todo el ejército de Faraón que había entrado tras ellos en el mar; no quedó de ellos ni uno.

5. (29-31) Sumario: otro acto de redención a favor de Israel Y los hijos de Israel fueron por en medio del mar, en seco, teniendo las aguas por muro a su derecha y a su izquierda. Así salvó Jehová aquel día a Israel de mano de los egipcios; e Israel vio a los egipcios muertos a la orilla del mar. Y vio Israel aquel grande hecho que Jehová ejecutó contra los egipcios; y el pueblo temió a Jehová, y creyeron a Jehová y a Moisés su siervo.

26

Obra: Moisés guía o pobo de Israel a través das augas do Mar Vermello Contido no Hortus Deliciarum Autor: Herrad von Landsberg Ano: c. 1118

Descrición icnográfica: Imaxe propia da Idade Media, carente de perspectiva e onde se representa a un Moisés novo e sen barba, vestido con túnica que, seguindo as indicacións divinas e ante o pánico do seu pobo pola persecución dos soldados do faraón, alza o seu caxato e tendendo o seu brazo sobre o mar, sepárao en dúas metades, para permitir deste xeito que os hebreos poidan pasar e fuxir dos exipcios. Xa que logo, esta lámina, presenta o momento xusto en que o profeta separa as augas do Mar Vermello.

27

É de destacar o anacronismo das vestimentas das personaxes do cadro, como son, entre outros, as cotas de malla dos soldados ou os ropaxes das mulleres que acompañan a Moisés. A lámina vai acompañada dun texto en latín que narra a escena do paso do Mar Vermello e o milagre da separación das augas.

Descrición iconolóxica: Moisés aparece representado como o arquetipo de profeta, portando unha túnica e cunha vara na súa man. O xesto da man estendida cara ás augas reflicte o momento en que Deus obra o prodixio da separación do Mar Vermello a través do seu profeta que salva, deste xeito, ó pobo de Israel

28

Obra: Cuzando o Mar Vermello Autor: Cosimo Rosselli Data: terminado entre 1481 e1482 Esta pintura está situada no muro sur da Capela Sixtina e nela

Descrición iconográfica: O cadro representa a Moisés e ó pobo de Israel tras cruza-lo Mar Vermello e a salvo da persecución dos exipcios mentres os soldados do faraón perecen afogados nas augas. O cadro reflicte o momento en que Moisés xa pechou as augas do mar e os soldados exipcios perecen baixo elas, un pasaxe recollido no Éxodo 14, 2330 onde se narra como Moisés e o seu pobo foxen de Exipto, perseguidos polo exército do faraón, e logran cruzar o Mar Vermello porque Deus —a través de Moisés— fai que as augas se abran ó seu paso para cerrarse logo sobre os exipcios que morren afogados coas súas cabalgaduras. 29

Descrición iconolóxica: Na Historia da Arte, a figura de Moisés é frecuente tanto na arte xudía como na arte cristiá. Moisés represéntase, xeralmente, como profeta, polo que as Táboas da Lei constitúen o seu principal atributo. Neste caso, adoita aparecer coma un home maduro, barbudo, portando unha túnica hebrea e unha vara ou báculo na súa man. Na presente obra de Roselli o profeta Moisés aparece representado deste xeito, cos atributos do báculo na man e cun aspecto de home maduro, barbado e vestido con túnica, aínda que pola cronoloxía dos acontecementos o seu aspecto físico debería corresponderse máis ó dun home novo. É por iso que, cabe salientar, que nas imaxes que corresponden á súa xuventude adoita represéntase cos atributos dun príncipe exipcio. No cadro destaca o piar no centro da escena que representa a columna de lume que Deus usou para asustar ó exipcios. Tamén é de sinalar a presenza dunha muller axeonllada xunto a Moisés na parte baixa, á esquerda, que toca a música dun himno de agradecemento ó Señor. Esta muller é a irmá de Moisé, Miriam a profetisa. Por último, cabe salientar a dicotomía que amosa o cadro entre a parte dereita, na que o exército faraónico perece baixo as tebras dun ceo tormentoso e a parte esquerda onde Moisés e o pobo de Israel contemplan o milagre baixo un ceo iluminado onde destaca o Arco da Vella co seu simbolismo de ponte entre a Terra e o Ceo, en definitiva, entre o humano e o divino.

30

Obra: O paso dos xudeos polo Mar Vermello Autor: Ivan Aivazovsky Estilo: Romaticismo Data: 1891

Descrición icnográfica: A Biblia conta, no capítulo 14 do Éxodo, que, despois das dez pragas que atormentaron ó pobo exipcio, o faraón permitiulles aos hebreos saír da súa Segundo o texto bíblico, Moisés liderou ó seu pobo en dirección este, iniciando así a longa travesía cara á terra prometida. Partiron desde Ramesés cara á Sucot uns seiscentos mil hebreos, sen conta-los nenos. A grande caravana dos hebreos movíase lentamente e tivo que acampar tres veces antes de deixar atrás a fronteira exipcia, establecida entón no Gran Lago Amargo ou na punta máis setentrional do Mar Vermello. Entre tanto, o faraón cambiou de opinión e, ó mando dun grande exército, partiu para recupera-los seus escravos. Atrapados entre o exército 31

exipcio e o mar, os hebreos desesperáronse, pero Yahvéh dividiu as augas do Mar Vermello por mediación de Moisés, permitindo ós israelís cruza-lo con seguridade e pórse a salvo. Cando os exipcios intentaron seguilos, as augas volveron ó seu cauce, afogando a todo o exército exipcio. O cadro de Konstantinovich condensa o último pasaxe deste relato, cando Moisés conduce ó seu pobo a través do Mar Vermello tras separa-las súas augas coa axuda divina. Unha vez no outro lado, Moisés volve ergue-lo seu brazo sobre as augas para volver pecha-lo mar xusto no intre en que os exipcios cruzan detrás deles. O cadro amosa os hebreos na beira do mar e a salvo mentres as augas enfurecidas, engulen ós soldados do exército do faraón. Moisés co brazo estendido vese iluminado pola luz divina que emana do ceo. Na imaxinería cristiá, tanto católica como ortodoxa, cando se expresa a noción de santidade, Moisés pode ás veces presentar unha aureola naquelas representacións icónicas que lle son propias. Neste caso esa aureola vese substituída polos dous cornos dos que falaremos no apartado icocnolóxico. Respecto ó autor, podemos dicir que Iván Konstantínovich Aivazovski (1817 -1900) foi un pintor ruso, de ascendencia armenia, famoso polas súas mariñas. Encadramos a súa obra dentro do movemento do Romanticismo.

Descrición iconolóxica: A man alzada: Representa o momento en que Deus a través do seu profeta executa o milagre de separar as augas para que pase o pobo de Israel e de volver a pechalas sobre o exército do faraón.

32

Os cornos de Moisé: Outro dos atributo singulares de Moisés é a luminosidade que emerxe da pel do seu rostro e que reflicte o narrado no texto bíblico cando fala da luz que facía que resplandecera o rostro de Moisés despois de ter estado en presenza do Creador. En termos visuais isto represéntase, a miúdo, mediante dous raios de luz que parten dende a fronte do profeta. Nalgunhas representacións, os dous raios de luz que, arquetipicamente, parten da fronte de Moisés, foron substituídos por dous cornos, como acontece no presente cadro de Ivan Aivazovsky. Isto débese a un erro de interpretación ó traducirse a Biblia do hebreo ó latín. A antiga expresión hebrea keren or (‫ַ֛ן ר ָ ק‬ ֹ֥‫)רו‬, que se refire ó estado replandecente do rostro de Moisés, foi interpretada por Jerónimo de Estridón equivocadamente como "cornos" e incluída como tal na Vulgata. Isto deu lugar a un Moisés con cornos en varias imaxes eclesiásticas do período gótico tardío. Detectado o equívoco por parte da Igrexa, os cornos forón dende entón reemprazados por formas visualmente comparables ós raios de luz que expresasen a idea da resplandecencia do rostro de profeta Moisés. Por último, a columna de lume que se ve no fondo representa á columna de lume que Deus usou para asustar ó exipcios.

33

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.