Aprender en galego na UDC. O plano formal fronte ao real.

October 16, 2017 | Autor: E. Vázquez-Rey Farto | Categoria: Lingua Galega, Normalización Lingüística
Share Embed


Descrição do Produto

111

Aprender en galego na UDC. O plano formal fronte ao real ERNESTO VÁZQUEZ-REY FARTO Estudante da Facultade de Dereito

Confeso que cando o director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade me convidou a participar destas xornadas non sabía moi ben como expoñer a miña visión de parte sen enredar demasiado os argumentos. A perspectiva dun amplo sector dentro do estudantado a respecto do uso na universidade da lingua galega está vinculada ao idioma que emprega o profesorado, con quen se mimetiza, de tal xeito que se o profesorado non utiliza o galego como lingua vehicular, este cae en desuso en beneficio do castelán. É habitual, tamén, que os materiais didácticos (manuais, apuntamentos etc.) non se faciliten en galego, tendo que empregar os materiais facilitados nos centros, ou polo propio profesorado, que habitualmente están en castelán. Igualmente acontece cos enunciados dos exames ou probas escritas, que tan só nunha porcentaxe moi pequena se poñen á nosa disposición en lingua galega. Este é un resumo, sucinto pero certeiro, da realidade da meirande parte do estudantado na Universidade da Coruña, referenciado na diagnose do Plano de normalización lingüística da UDC, que sitúa o emprego da lingua galega –en exclusiva ou como idioma maioritario– na docencia nun 10%; mais esta visión parte dunha desigualdade formal. A Constitución española, no seu artigo 3 establece que: 1. O castelán é a lingua oficial do estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito a usala. 2. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

111

112

ERNESTO VÁZQUEZ REY-FARTO

3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural

que será obxecto de especial respecto e protección. Pola contra, o Estatuto de autonomía de Galiza, no seu artigo 5 di: 1. A lingua propia de Galiza é o galego. 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galiza e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar. 3. Os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. 4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Aquí é onde se atopa a anomalía: no dereito e no deber. Temos dereito a aprender e a usar o galego, mais temos a obriga de aprender o castelán, usémolo ou non. A desprotección constitucional e estatutaria da lingua galega é a que nos leva a termos estudantes na universidade galega sen competencias lingüísticas plenas no noso idioma. E isto trae causa política na covardía de non respectar, potenciar e, finalmente, normalizar a situación do galego en Galiza: lingua estranxeira na súa propia casa. A realidade é que para acadar un bilingüismo na práctica, cómpre que a lingua máis débil socialmente teña unha maior presenza no ensino, porque o castelán xa o reforza o estudantado a través de múltiples ámbitos. Así, para adquirirmos competencias en castelán abonda con que se ensine esa lingua, dominante e prestixiada, como materia no ensino primario e secundario. Isto non é da miña colleita (xa quixera!), senón que viñeron dicírnolo expertos do Consello de Europa nun comisionado que visitou o Estado español en setembro de 2007, incidindo en que Catalunya, Euskadi e Galiza deben aplicar a «inmersión total» no ensino e superar, así, o modelo bilingüe que impera nos tres territorios. Advertiron, ademais, que a poboación castelanfalante parece non ser suficientemente consciente da realidade lingüística do país. A este respecto quero facer referencia a unha mostraxe do informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, ao que volverei de contado, onde enquisadas 1201 persoas sobre se «o ideal sería unha situación en que os cidadáns fosen capaces de expresarse con igual competencia en galego e castelán, e logo, falasen a lingua da súa preferencia» case o 95% da poboación galega está de acordo (entre os matices De acordo, Bastante de acordo e Totalmente de acordo) en que empregaría a lingua da súa preferencia na hipotética situación de que fosen capaces de expresárense ao mesmo nivel de competencia en galego ou castelán. É unha hipótese, porén e tristemente, non é o caso.

APRENDER EN GALEGO NA UDC. O PLANO FORMAL FRONTE AO REAL

113

Con criterio técnico, segundo o devandito informe A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega, elaborado polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, o 37,4% das persoas enquisadas estaba totalmente de acordo con que os galegos e galegas deberiamos saber falar e escribir en galego; porcentaxe que chega a un 87,3% se contamos os diferentes matices (De acordo, Bastante de acordo e Totalmente de acordo). Así mesmo, as persoas galegofalantes de entre 18 e 29 anos son as que amosan unha actitude máis positiva cara á lingua; o contrario do que sucede cos castelanfalantes. Estas cifras, traídas á UDC, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña, publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da UDC baixo a coordinación do profesor Álvarez Sousa, vén dar un saldo máis positivo que o anterior, arredor dun 90% de estudantes que saben falar galego –no conxunto das distintas variábeis positivas–; porcentaxe que máis ou menos se mantén na lectura en galego e que baixa ao 82,99% na escrita. Se isto se compara con datos de hai vinte anos –exactamente de 1994– apréciase unha mellora substancial no estudantado que sabe escribir moi ben en galego (33,81% fronte ao 14,00% de 1994); e tamén é substancial o descenso da cantidade de estudantes que escriben mal en galego (10,70% en 1994 fronte ao 5,42% no 2003). O Consello de Goberno desta casa aprobou no ano 2006 o Plano de normalización lingüística da Universidade da Coruña como texto referencial sobre o cal avanzar na sensibilización do uso do galego na comunidade universitaria coruñesa e ferrolá, marcando cinco obxectivos específicos para o estudantado, que seguen aínda a ser un horizonte que cómpre acadar para o noso sector: a) Incrementar o uso da lingua galega como un dos idiomas instrumentais no proceso de ensino-aprendizaxe. b) Consolidar a competencia lingüística en galego do estudantado e favorecer o seu coñecemento por parte daquel que procede doutras áreas lingüísticas. c) Promover o emprego da lingua galega nos traballos de investigación, nos traballos de curso e nos exames. d) Favorecer o uso da lingua galega por parte do estudantado. e) Promover a interacción lingüística en galego como norma habitual.

114

ERNESTO VÁZQUEZ REY-FARTO

Niso estamos, mais aínda conscientes de todo o que xoga en contra collo para min a frase coa que concluíu o grande Luís Iglesia Besteiro nestas mesmas xornadas hai uns anos: «Hai que facer polo presente se, no futuro, queremos ter un pasado de que nos sentirmos orgullosos».

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.