En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie

July 3, 2017 | Autor: Gabriel Rei-Doval | Categoria: Galician Studies, Galician Literature, Galician language, Ibero-Romance Linguistics
Share Embed


Descrição do Produto

David Mackenzie (Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire, 1943) estudou en Oxford e en Nottingham, onde se doutorou coa tese A critical edition with linguistic and historical introduction of the «Corónica de Santa Maria de Iria». Tralo seu paso pola British Library, foi profesor nas Universidades do Ulster (1974-1986), Birmingham (1986-1996) e Cork (1997-2008). Fundador dos centros de estudos galegos nestas dúas últimas, foi asemade colaborador habitual do Hispanic Seminary of Medieval Studies na Universidade de Wisconsin-Madison. Director tamén de diversas teses de mestrado e doutoramento de temática galega, o seu labor de investigación desenvolveuse entre os estudos ibéricos medievais, a lingüística e literatura galegas e a literatura española. O seu mestrado esténdese principalmente entre Europa e Norteamérica, onde desenvolveu o seu labor docente. Foi así mesmo profesor convidado en universidades coma as de California ou Wisconsin, e contribuíu de xeito central e decisivo á creación e expansión dos estudos galegos no mundo académico anglófono e internacional. En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie é un volume constituído por contribucións realizadas desde diferentes lugares do mundo e relevantes no ámbito da lingüística iberorrománica e tamén para a lingüística e literatura galegas. Estas liñas temáticas constitúen áreas de traballo centrais no historial do homenaxeado. Nesta publicación participan algunhas das voces máis representativas das devanditas áreas, tanto en Galicia coma nos Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda e Australia. O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela comprácese en ofrecer á comunidade científica esta homenaxe, expresión de gratitude e recoñecemento a David Mackenzie, quen sen dúbida contribuíu a abrir tanto Galicia ó mundo coma o mundo a Galicia.

En memoria de tanto miragre

INSTITUTO DA LINGUA GALEGA

En memoria de tanto miragre Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie

Edición ó coidado de FRANCISCO DUBERT GARCÍA GABRIEL REI-DOVAL XULIO SOUSA

2015 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

En memoria de tanto miragre : estudos dedicados ó profesor David Mackenzie / edición ó coidado de Francisco Dubert García, Gabriel Rei-Doval, Xulio Sousa. – Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015. – 261 p. ; 24 cm. Precede ó tít.: Instituto da Lingua Galega D.L. C 1193-2015. – ISBN: 978-84-16183-96-8 1. Mackenzie, David – Crítica e interpretación. 2. Galego (Lingua). 3. Galego-portugués (Lingua)— Antes de 1500. 4. Literatura galega. 5. Literatura española. 6. Lingüística histórica iberorrománica. I. Dubert García, Francisco, ed. lit. II. Rei-Doval, Gabriel, ed. lit. III. Sousa, Xulio, ed. lit. IV. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed. V. Instituto da Lingua Galega 801 Mackenzie, David 806.99 806.90/99 ”04/14” 869.9

Este libro publícase coa axuda financeira da Secretaría Xeral de Universidades (Xunta de Galicia) ó grupo de investigación Filoloxía e lingüística galega (GI-1743), da Universidade de Santiago de Compostela.

©Universidade de Santiago de Compostela, 2015 Deseño de cuberta Raquel Vila Amado Maquetación Raquel Vila Amado Imprime Imprenta Universitaria Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Edita Servizo de Publicacións Campus Vida 15782 Santiago de Compostela usc.es/publicacions Dep. Legal C 1193-2015 ISBN 978-84-16183-96-8

Índice FRANCISCO DUBERT GARCÍA / GABRIEL REI-DOVAL / XULIO SOUSA De Nottinghamshire a Galicia..................................................................................

9

ROSARIO ÁLVAREZ / ERNESTO GONZÁLEZ SEOANE O romancillo da cea do cordeiro, texto galego do século XVII ..........................................

21

ROY C. BOLAND OSEGUEDA A carne fronte ao espírito: un estudo psicolóxico do cura namorado en Los Pazos De Ulloa ..........................................................................................

41

ANA ISABEL BOULLÓN AGRELO As copias como testemuños lingüísticos: a lingua galega no manuscrito V da Crónica de Iria (s. XVII) .......................................................................................

51

JUAN CASAS RIGALL Texto y glosa: «e como en arena do momia se espera» (Mena, Laberinto, 151e) ............

75

MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ O preprocesado lingüístico nos programas de síntese de voz .........................................

91

HENRIQUE MONTEAGUDO «Da ren que mays amey / daquela me segudades» (Osoyro Anes, B 40) .......................

103

STEPHEN PARKINSON Des ata até trões: A Family of Galician-Portuguese Prepositions and Conjunctions in the Cantigas de Santa Maria ..............................................................................

113

RICARDO PICHEL GOTÉRREZ Sobre as relacións lingüístico-literarias entre as versións ibéricas derivadas do Roman de Troie. Un estado da cuestión ...............................................................

125

CHRISTOPHER J. POUNTAIN Que-deletion: the rise and fall of a syntactic fashion ..................................................

143

XOSÉ LUÍS REGUEIRA Os estudos de lingua (e cultura) galega fóra de Galicia ................................................

161

GABRIEL REI-DOVAL Qualitative and Quantitative Approaches to Galician Sociolinguistics in the 1990s: Complementarity or Rivalry? ..................................................................................

177

JOHN RUTHERFORD Álvaro Cunqueiro e a tradición literaria anglófona ....................................................

187

ANTÓN SANTAMARINA Coraxe e carraxe ......................................................................................................

201

XAVIER VARELA BARREIRO Achegas recentes á cronoloxía do alomorfo nasal do clítico CD de 3ª persoa ...................

213

MARTÍN VEIGA Impresións de Eduardo Blanco Amor en Valparaíso: entre a crónica vital e o ideario estético ....................................................................................................

225

DOLORES VILAVEDRA Do vivencial ao contestario: a evolución no tratamento da guerra civil na narrativa de Manuel Rivas .....................................................................................................

237

ROGER WRIGHT La lengua de Celanova doc. 13 (13 de abril, 918) ......................................................

251

De Nottinghamshire a Galicia David Mackenzie naceu o 8 de setembro de 1943 en Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire, Inglaterra, nunha familia de orixe escocesa. Comezou os seus estudos de lingua e literatura españolas na Universidade de Oxford en 1962, onde obtivo a súa licenciatura (BA Honours degree in Spanish) no ano 1966. Entre 1970 e 1974 traballou como Assistant Keeper no Department of Printed Books da British Library, pero, en canto tivo oportunidade, pasou a dedicarse á investigación e á docencia universitaria. Deste xeito, en 1975 acadou o seu grao de doutor (PhD) na Universidade de Nottingham cunha tese de temática galega titulada A critical edition with linguistic and historical introduction of the «Corónica de Santa Maria de Iria». Foi profesor de lingua e literatura españolas na Universidade do Ulster entre 1974 e 1986. Na Universidade de Birmingham foi tamén profesor entre 1986 e 1996, e alí fundou e dirixiu a Cátedra de estudos galegos –primeira cátedra ad personam deste perfil creada fóra de Galicia– entre 1994 e 1996. No University College Cork foi Catedrático e Xefe do Department of Hispanic Studies a partir de 1996; nesta universidade estableceu o Irish Centre for Galician Studies en 1997. Por outra banda, foi colaborador habitual do Hispanic Seminary of Medieval Studies (HSMS) da Universidade de Wisconsin-Madison, onde tivo un papel decisivo na realización de importantes publicacións e proxectos de investigación de lexicografía do castelán medieval ó longo de varias décadas. Entre eles, foi autor do manual de transcrición de textos medievais usados polo HSMS, que aínda hoxe continúa a ser empregado e resulta unha referencia ineludible para o medievalismo norteamericano e internacional. Aínda que o labor profesional principal de David estivo vinculado ó estudo do castelán e da súa literatura medieval, mantivo sempre unha profunda implicación, unha completa dedicación e un total compromiso coa lingua galega, idioma que fala perfectamente e que usa de xeito habitual en Galicia e na súa

10

En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie

relación cotiá cos galegos do mundo. Curiosamente, David tivo os seus primeiros contactos co galego durante unha viaxe que realizou a Galicia na súa adolescencia co gallo de aprender e mellorar o seu español. Os que o coñecen saben ben que unha forma de incomodar a David é preguntarlle por que fala galego; é o mesmo incomodo que sentimos todos aqueles galegos comprometidos co noso idioma que o usamos con normalidade cando somos interpelados do mesmo xeito. É este compromiso persoal e académico coa lingua de Galicia o que torna obrigada a publicación desta homenaxe que o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago se comprace en presentar á comunidade académica. David non só ten o galego como obxecto de estudo, senón que ten asemade colaborado de xeito incansable e eficaz na promoción da investigación sobre a nosa lingua no mundo anglófono, ben animando a outros investigadores foráneos a traballar sobre ela, ben presentando alí os investigadores galegos e axudándoos a situarse neste ámbito académico. É xusto e necesario salientar que David foi non só un dos principais responsables de abrir as portas do mundo anglófono á nosa lingua, literatura e cultura, senón tamén un dos iniciadores dos estudos galegos no estranxeiro. Debémoslle a David que a Modern Humanities Research Association incluíse unha sección dedicada á lingua e literatura galegas no seu The Year’s Work in Modern Language Studies, un repertorio crítico-bibliográfico que presenta a produción científica de máis calidade sobre as linguas e literaturas do mundo; desde 1994 David vén realizando as recensións correspondentes ós estudos de lingüística galega, con Henrique Monteagudo primeiro, e xunto a Francisco Dubert e Xulio Sousa despois e ata a actualidade. David tamén promoveu e dirixiu varias teses de doutoramento e de mestrado sobre temas galegos, entre as cales destaca o estudo de autores como Avilés de Taramancos, Pondal e Sarmiento, ou o estudo crítico do Rexurdimento. Así mesmo, ten publicado diversos artigos sobre lingüística galega e organizou o II e o III Symposium on Galician Studies in the UK (o III en colaboración con John Rutherford). Como froito do seu compromiso coa lingua galega, en 1994 foille concedido o premio Pedrón de Honra, que se lle outorga a persoas que residen fóra de Galicia e teñen destacado por engrandecer a cultura galega. No mesmo ano, foille entregado, polo seu traballo sobre o galego, o Hispanic Achivement Award at the London Hispanic Festival. En 2001 foi elixido Membro Correspondente da Real Academia Galega. En 2009 foi declarado Socio de Honra da Asociación Internacional de Estudos Galegos. En 2003 foi tamén declarado Socio de Honra da Hispanic Society of America. Finalmente, a Xunta de Galicia outorgoulle o Pre-

De Nottinghamshire a Galicia

11

mio da Cultura Galega 2014 na modalidade Lingua polo seu traballo de difusión internacional da lingua e a literatura galegas. Unha vez xubilado, decidiu deixar Cork para vivir en Santiago de Compostela, cidade onde reside e exerce coma un compostelán máis. Desde Compostela continúa a realizar diferentes proxectos de traballo e segue colaborando na promoción internacional do galego e da súa investigación. O camiño percorrido desde Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire, ata Santiago de Compostela non constitúe só un itinerario xeográfico, unha excursión, unha peregrinación ou unha viaxe dunha persoa. David camiñou toda a súa vida para, voluntaria e xenerosamente, ser un máis de nós, para virnos dar moito máis do que tomaba. Querido David, recibe en cariño, admiración e respecto este agasallo para completares a transición entre Nottinghamshire e Galicia. O noso maior recoñecemento a tanto miragre que para Galicia e a nosa lingua facilitou o teu xeneroso compromiso desde ese mundo que se expresa en inglés. En memoria de tanto miragre, velaquí esta homenaxe da comunidade científica galega e internacional. Os editores tamén queremos mostrar o noso agradecemento ós autores, que aceptaron con presteza e alegría entregar as súas contribucións para esta homenaxe. E queremos agradecerlles tamén a calidade dos seus escritos. Os traballos teñen catro temáticas relacionadas co labor investigador e docente de David: lingua galega, literatura galega, literatura española e lingüística histórica iberorrománica. Son os contributos de discípulos, colegas e amigos, ligados polo cariño e o respecto por David Mackenzie. Francisco Dubert García Gabriel Rei-Doval Xulio Sousa

David Mackenzie (Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire, 1943) estudou en Oxford e en Nottingham, onde se doutorou coa tese A critical edition with linguistic and historical introduction of the «Corónica de Santa Maria de Iria». Tralo seu paso pola British Library, foi profesor nas Universidades do Ulster (1974-1986), Birmingham (1986-1996) e Cork (1997-2008). Fundador dos centros de estudos galegos nestas dúas últimas, foi asemade colaborador habitual do Hispanic Seminary of Medieval Studies na Universidade de Wisconsin-Madison. Director tamén de diversas teses de mestrado e doutoramento de temática galega, o seu labor de investigación desenvolveuse entre os estudos ibéricos medievais, a lingüística e literatura galegas e a literatura española. O seu mestrado esténdese principalmente entre Europa e Norteamérica, onde desenvolveu o seu labor docente. Foi así mesmo profesor convidado en universidades coma as de California ou Wisconsin, e contribuíu de xeito central e decisivo á creación e expansión dos estudos galegos no mundo académico anglófono e internacional. En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie é un volume constituído por contribucións realizadas desde diferentes lugares do mundo e relevantes no ámbito da lingüística iberorrománica e tamén para a lingüística e literatura galegas. Estas liñas temáticas constitúen áreas de traballo centrais no historial do homenaxeado. Nesta publicación participan algunhas das voces máis representativas das devanditas áreas, tanto en Galicia coma nos Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda e Australia. O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela comprácese en ofrecer á comunidade científica esta homenaxe, expresión de gratitude e recoñecemento a David Mackenzie, quen sen dúbida contribuíu a abrir tanto Galicia ó mundo coma o mundo a Galicia.

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.