Fernando R. Tato Plaza / Ana I. Boullón: \"Fontes para o estudo da lingua medieval\"

June 24, 2017 | Autor: Ana Boullón | Categoria: Galician Studies, Medieval Galicia
Share Embed


Descrição do Produto

31Tato-Boullón.qxd

13/6/04

14:27

Página 709

BIBLIOTECA FILOLÓXICA GALEGA | INSTITUTO DA LINGUA GALEGA | (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza. Instituto da Lingua Galega, 2004: 709-770

FONTES PARA O ESTUDO DA LINGUA MEDIEVAL Fernando R. Tato Plaza e Ana I. Boullón Agrelo Instituto da Lingua Galega. USC

Para isto se fan os escritos, para que o que resplandece coa luz da verdade non se ofusque coa néboa do esquecemento1

Introdución Galicia conserva unha gran cantidade de fontes documentais medievais, a pesar das perdas ocasionadas trala decadencia dos mosteiros, a desamortización de Mendizábal ou o desleixo de diversas institucións, tanto civís como eclesiásticas. Xa o comentaba Jiménez Gómez na súa coñecida Guía: a pesar de muy considerables pérdidas, la documentación medieval gallega ocupa, en número, el segundo lugar de España, tras Cataluña, pasando de 20.000 el total de pergaminos sueltos conservados, sin contar la documentación transcrita en los Tumbos, Cartularios, Libros de Foros, de Cuentas, etc.2

Nesta mesma obra aparece un inventario dos arquivos onde se custodian documentos de orixe galega, que se pode complementar co Inventario coordenado anos máis tarde por Barreiro Fernández3. Como se ve nelas, é nos arquivos eclesiásticos, fundamentalmente nos catedralicios, onde se atesoura máis cantidade de documentación, amais do Arquivo Histórico Nacional de Madrid, a onde chegaron moitos fondos trala desamortización: hoxe garda máis do 26% de tódolos documentos que se conservan (vid. Barreiro Fernández, op. cit., p. 119).

1 “Ad hec scripta fiunt ut que ueritatis luce resplendent oblivionis nebula in posterum non offuscentur”, tirado dun documento de 1161, editado e traducido por Ares Vázquez (2001a). 2 Santiago Jiménez Gómez (1973): Guía para el estudio de la Edad Media Gallega (110-1480). Santiago de Compostela: Universidad. 3 Xosé Ramón Barreiro Fernández (coord.) (1988): Inventario das fontes documentais da Galicia medieval. Consello da Cultura Galega. Tamén se pode consultar na rede unha páxina creada pola Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, do Departamento de Historia I, que remite á información sobre os arquivos proporcionada polo Ministerio de Cultura: http://www.usc.es/~troia/paleo/arquivos.html.

31Tato-Boullón.qxd

14:27

Página 710

A publicación das fontes non literarias da Galicia medieval comezou de maneira máis ou menos sistemática contra finais do século XIX, da man daqueles eruditos que fundaron revistas nas que pretendían estudar e dar a coñecer as riquezas históricas, artísticas, arqueolóxicas e tamén lingüísticas e literarias do noso país, como explicitaban nas súas notas editoriais: De esta suerte se fomentará el estudio de la historia patria, que, dejando de ser privilegio de afortunadas inteligencias, haciéndose puramente popular, (…) levantará la decaída nacionalidad gallega (Galicia Diplomática, 1882).

Publicacións que procedían de tódolos puntos da nosa xeografía, como o Boletín de la Real Academia Gallega (A Coruña), o Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, ou o Museo de Pontevedra, e recibían nas súas páxinas as colaboracións de persoeiros que contribuíron ó Rexurdimento en diversos eidos, tales como Martínez Salazar, Vaamonde Lores, López Ferreiro ou o propio Murguía. Todos eles eran conscientes da riqueza documental de Galicia e mais da necesidade da súa divulgación. No gráfico que a seguir reproducimos observámo-lo distinto ritmo das publicacións desde as primeiras de que temos noticia. Publicación de fontes documentais medievais

33,9

Porcentaxes

FERNANDO R. TATO PLAZA E ANA I. BOULLÓN AGRELO

710

13/6/04

16,2

8,8

8,2 6,4

5,5 4,1

4,3

7,0

3,7 1,8

séc. XVII-XIX

1900

1910

1920

1930

1940

1950

1960

1970

1980

1990-2003

Tralo entusiasmo dos primeiros momentos, que tivo o seu punto máis alto na primeira década do século, houbo un lixeiro declive ata os anos inmediatos á guerra civil. Na inmediata posguerra deuse un repunte, quizais porque a publicación dos textos medievais era considerada inocua en tan difíciles momentos. A partir de 1950 produciuse un crescendo continuo de publicacións, que aumenta de maneira vertixinosa desde a década de 1980 (máis do 50% do total das rexistradas viron a luz neste período). Cremos que este

31Tato-Boullón.qxd

13/6/04

14:27

Página 711

4 Tales como Manuel Lucas Álvarez, Ángel Rodríguez, xa xubilados, Ermelindo Portela, José García Oro, Mª José Portela ou Arturo Romaní. Da nosa Universidade procede tamén o profesor Fernández de Viana, que fomenta desde Granada os estudos medievais galegos. E Carlos Sáez fai o propio na Universidade Complutense de Madrid, seguindo o camiño emprendido por seu pai, Emilio Sáez. 5 Sen embargo, moitos destes traballos permanecen inéditos; en ocasións, nin sequera se poden localizar nas facultades de orixe, e así, o traballo realizado e que superou unha avaliación académica, convértese en estéril ó non ter difusión. Pódese ver unha relación dalgúns deles en José Ignacio Fernández de Viana y Vieites (1989): “Las fuentes documentales gallegas de la Edad Media”, MPontevedra 43, 7.

711

FONTES PARA O ESTUDO DA LINGUA MEIEVAL

incremento non se debe, como antano, ó entusiasmo de certos círculos de eruditos, senón ó pulo conseguido no ámbito universitario compostelán: desde a facultade de Xeografía e Historia, tanto por parte de profesores de Historia Medieval coma de Paleografía4, que non só publican fontes, senón que incentivan a creación de teses de doutoramento e memorias de licenciatura5; desde a Facultade de Filoloxía é o labor do profesor Ramón Lorenzo quen estimula as publicacións desde unha perspectiva filolóxica. As revistas onde agora máis fontes se publican son Estudios Mindonienses, sobre todo, e mailo Boletín Auriense (continuando así o labor comezado polo seu predecesor, o Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense), Compostellanum, Lucensia, Cátedra (de Pontedeume), Cuadernos de Estudios Gallegos ou o Anuario Brigantino, e iso sen contar con revistas onde aparecen textos esporadicamente (A Trabe de Ouro, Abrente, Auriensia, Brigantium, Britonia, Tui, Minius…). No que respecta ás coleccións documentais completas, aparecen publicadas en editoriais diversas, entre as que cómpre salienta-la colección de fontes medievais do Consello da Cultura Galega: no seu catálogo figuran fondos procedentes de tódolos puntos da xeografía galega (Mondoñedo, Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra...). Nos últimos tempos saíron textos moi valiosos, como o Tumbo de Samos (Lucas Álvarez 1986), o de Celanova (Andrade Cernadas 1995, Sáez / Sáez 1996b, 2000), o de Caaveiro (Fernández de Viana / González Balasch 1999) ou o de Lourenzá (Rodríguez González / Rey Caiña 1992), todos eles con documentación abundante e de grande antigüidade. E está para publicarse a edición completa dos documentos de Montederramo, preparada por Ramón Lorenzo Desde logo, quedan moitas tarefas pendentes, dada a grande cantidade de documentación que posuímos. Mencionar todo o que queda por editar sería facer unha enumeración da maior parte dos fondos dos arquivos (en cálculos de Fernández de Viana [op.cit., p. 2], só un 5% está editado), pero podemos citar, pola súa importancia, outros tombos, como o Novo e o Vello da Catedral de Lugo, por exemplo, no AHN, arquivo con riquísimos fondos e cunha parte considerable deles aínda sen editar, especialmente no que toca ós documentos soltos, normalmente procedentes dos mosteiros galegos. Dos arquivos catedralicios, moitos textos foron publicados: é salientable o labor de Cal Pardo en Mondoñedo e o de Duro Peña, Leirós Fernández e López Carreira en Ourense (que posiblemente sexa o arquivo catedralicio máis editado). É de desexar que ocorra o mesmo cos de Lugo (que conta comparativamente cun número reducido de documentación, pois moita se encontra no AHN; a maior parte foi traballada por M. J. Portela Silva) e Tui, dos que ata agora só son coñecidos documentos soltos. O caso de Santiago é

31Tato-Boullón.qxd

FERNANDO R. TATO PLAZA E ANA I. BOULLÓN AGRELO

712

13/6/04

14:27

Página 712

diferente, pois o labor de exhumación de López Ferreiro a finais do XIX viuse practicamente interrompido. Dos riquísimos tombos que alí se atesouran, está publicado o A (Lucas Álvarez 1997), e só fragmentariamente os demais. Merecerían unha edición e publicación completa, así como o resto da documentación que alí se garda. É posible que exista relación entre o volume de publicacións e as facilidades de consulta: pois sería de desexar que tódolos investigadores tiveran acceso a uns materiais que, en definitiva, son patrimonio de todos. En canto á análise dos textos editados, non se pode facer unha valoración da calidade tan optimista coma da cantidade: Fernández de Viana (op. cit., 1989:2) estima que o 90% dos textos editados carecen da mínima garantía en canto á fiabilidade da súa transcrición, datación e transmisión: Deficientes referencias a las cotas archivísticas; cuando existen diversas copias de un original perdido no señalar sobre cuál se hace la edición; no indicar si se trata de inserciones, copias notariales, vidimus, etc.; no señalar la posible data de la copia o copias; ocultar el tipo de letra en que está escrito el supuesto original o las copias; no hacer una crítica diplomática auténtica señalado si se trata de un original, pseudoriginal, interpolado o falso.

A isto debemos engadi-la disparidade de criterios editoriais con que aparecen publicadas as fontes, incluso dentro dunha mesma colección. Sería desexable que, promovido polo Consello da Cultura Galega ou polas áreas das facultades correspondentes, se chegase por fin a un acordo común que permitise a utilización conxunta das mesmas fontes. Os actuais procesadores de textos facilitan enormemente o traballo de utilizar cursivas para o desenvolvemento de abreviaturas ou o emprego do til de nasalidade, por poñer un par de exemplos significativos. Unha emenda simple como esta evitaría ós filólogos ter que recorrer ós manuscritos para comproba-las leccións ofrecidas. *** Esta compilación de fontes documentais galegas na Idade Media ten como obxectivo facilita-lo estudo da lingua medieval. Por tanto, pretendeuse recoller tódolos textos non literarios editados ata o momento (2003). Nun principio, esta base documental foi sendo recollida para consulta persoal, por causa do noso interese lingüístico, e para isto pretendiamos obte-la referencia das coleccións documentais completas: de mosteiros, libros de concellos, tombos, etc. Pero non se pode nega-la importancia das edicións de conxuntos máis pequenos de documentos, e isto levounos a rexistrar practicamente todo o que encontrabamos. É unha tarefa imposible, porque imposible é ter en conta tódalas revistas, compilacións de artigos, capítulos de libros, anexos documentais de libros de historia, traballos académicos inéditos e aínda máis. As revistas de principios do século XX, en que tantos eruditos foron facendo contribución ó descubrimento do noso pasado histórico son especialmente difíciles de consultar, porque non é doado atopar coleccións completas e polo fragmentario das edicións.

31Tato-Boullón.qxd

13/6/04

14:27

Página 713

Aparece documentación desde o séc. VIII (ano 714) e, en galego, ata principios do séc. XVI (concretamente ata 1520). Hai dúas excepcións a este marco, que establecen un certo salto cronolóxico co groso dos textos: unha, a inclusión do chamado Parroquial suevo, editado por Pierre David, do séc. VI; decidimos incluíla por ser de grande interese toponímico, xa que o nome dun bo número das parroquias alí contidas teñen continuación ata hoxe. A outra é as constitucións da Confraría de santa Tegra, editada por Murguía e datada no ano 1591.

Referencia xeográfica. Só no caso de ser pertinente algunha aclaración (por tratarse dun topónimo pouco coñecido, por exemplo).

Lingua en que están redactados os textos. Este dato non se consigna en tódalas referencias en que o ámbito cronolóxico é claro: se é documentación dos séculos X e XI, por exemplo, non fai falta explicitar que está en latín, así como

6

Entendido isto non no sentido xurídico do termo -que os restrinxe ós actos establecidos polos particulares, opoñéndoos ós autenticados polos notarios, que teñen fe publica-, senón nun sentido máis ben diplomático: os relativos ó dereito privado, redactados ou non en forma pública, que se opoñen ós actos de goberno ou de administración. 7 Non sendo cinco ás que non conseguimos acceder: trátase, en tódolos casos, de memorias de licenciatura ou teses de doutoramento das que non hai copia nas bibliotecas universitarias, malia seren lidas na Universidade de Santiago de Compostela.

713

FONTES PARA O ESTUDO DA LINGUA MEIEVAL

Por outro lado, o interese específico pola lingua galega levounos, en principio, a darlles preferencia ós documentos redactados nesta lingua. Pero é evidente que, por un lado, as principais coleccións documentais comezan a existir contra o século IX ou X, e non tiña sentido couta-la súa integridade, ou dar conta unicamente dos documentos en galego. Por outra parte, é tamén necesario o estudo do latín medieval para a evolución histórica da nosa lingua, pois atopamos moitos testemuños romances nos documentos latinos, o que é importante para o estudo da morfoloxía, do léxico e, especialmente, da onomástica. De maneira que, en definitiva, damos preferencia ós documentos privados6, pois son os máis interesantes desde o punto de vista lingüístico, do séc. VIII ó XV. Con todo, recollemos tamén as máis importantes compilacións de documentos reais, pero no pretendemos tal exhaustividade para os traballos que reproduzan algún documento solto deste tipo, e o mesmo criterio se tivo en conta para os documentos eclesiásticos como as bulas ou os textos pontificios. Por outro lado, non se inclúen apéndices documentais que unicamente reproduzan documentos xa publicados, sen ningún tipo de modificación (como nova lectura, corrección de erros, etc.). As cerca de 500 referencias que reunimos foron consultadas na súa maior parte7, para poder ofrece-la información que a seguir detallaremos: Número de documentos transcritos. Ámbito cronolóxico.

31Tato-Boullón.qxd

FERNANDO R. TATO PLAZA E ANA I. BOULLÓN AGRELO

714

13/6/04

14:27

Página 714

tampouco é necesario dicir que está en galego un texto situado entre a segunda metade do séc. XIII e os finais do XV. Precisamos aqueles casos que escapan a esta situación xeral. Por outro lado, os rexestos en moitas ocasións non inclúen información sobre o romance empregado.

Arquivo onde está gardada a documentación. Non sempre é posible dar esta información, sobre todo no caso das referencias anteriores ó séc. XX, dado que en moitas ocasións simplemente non se ofrece. Ó final incluímo-la relación das abreviaturas dos arquivos máis citados.

Referencias internas. Remítese para outro autor que trate a mesma colección documental, especialmente ó que toca ás coleccións documentais completas. Tamén incluímos recensións que non sexan meramente noticias de edición, senón que comenten criticamente a obra.

Existencia de índice antroponímico e/ou toponímico. A intención é proporcionar datos concisos e útiles. Somos conscientes de que o ideal sería ofrecer máis información, como a pormenorización de cada documento, dando conta da súa condición de orixinal ou copia (e se é copia, de cando), as signaturas dos arquivos de procedencia, a sistematización das edicións anteriores, ou o número exacto de documentos en cada lingua8. Pero isto equivalería na práctica case a facer un rexesto de cada documento, o que é imposible neste momento e nun traballo coma este. Por outro lado, cremos que esta relación de fontes sería moito máis útil se fose posible facer buscas complexas, que permitise, por exemplo, localizar fontes por arquivo, por lugar de orixe da documentación, por período cronolóxico, por linguas, por áreas xeográficas, etc., e as combinacións posibles destas variables. Pero iso só é posible facelo en liña. A nosa vontade é poder poñer nun futuro próximo ó dispor dos interesados este repertorio, actualizado periodicamente, na páxina web do Instituto da Lingua Galega. Aproveitamos para pedir a quen observe erros ou omisións (que de seguro os haberá) que nos envíe emendas ou suxestións a [email protected]. Mellora-lo acceso ás fontes é sen dúbida un beneficio para tódolos investigadores, sexan do ámbito que sexan. *** Como segunda parte deste traballo incluímos unha relación das fontes literarias. Non é a nosa intención ofrecer unha relación exhaustiva das edicións existentes da nosa tradición literaria medieval, posto que obras de referencia como o Dicionário da Literatura Me-

8 Un repertorio de fontes deste tipo foi elaborado para as de orixe asturiana por un equipo dirixido por Ana Cano (Repertorio bibliográfico de fuentes documentales del dominio lingüístico asturiano-leonés en la Edad Media. [Oviedo]: Serviciu de Publicaciones del Principáu d’Asturies, 1996).

31Tato-Boullón.qxd

13/6/04

14:27

Página 715

*** Por último, queremos agradecer desde aquí a tódalas persoas que responderon amablemente ás nosas solicitudes de información, nomeadamente a Ramón Lorenzo, Bieito Arias Freixedo, Xosé Luís Couceiro, José Ignacio Fernández de Viana, Carlos Sáez, Xavier Varela e Mercedes Vázquez Bertomeu. De maneira especial é de salienta-la colaboración de Carlos Cordeiro, que contribuíu a realiza-lo ingrato labor de comprobación de datos polas bibliotecas compostelás.

9 Coordinado por Giulia Lanciani e Giuseppe Tavani (Lisboa: Caminho, 1993). É tamén moi útil o catálogo en liña de Philobiblon (http://sunsite.berkeley.edu/PhiloBiblon/galician.html.) 10 Se ben hai que manexa-las edicións dos textos presentados nesta obra con precaución, pois non reproduce o aparato crítico, as edicións reproducidas responden a criterios moi heteroxéneos e deslizáronse moitos erros. 11 Véxase, por exemplo, Avenoza Vera 1995. 12 Amais dos textos perdidos que evidencian os fragmentos existentes dalgúns textos (como o de Tristán, os das Partidas ou o ordenamento de Alcalá), hai referencias indirectas sobre todo tipo de xéneros, como pon en evidencia Alan Deyermond en “Lost Literature in Medieval Portuguese”, en Ian Michael / A. Richard Cardwell (eds.): Medieval and renaissance studies in honour of Robert Brian Tate. Oxford: The Dolphin Book, 1986, 112; ou Ramón Lorenzo: “La interconexción de Castilla, Galicia y Portugal en la confección de las crónicas medievales y en la transmisión de textos literarios”, Revista de Filología Románica 19 (2002), 93-123.

715

FONTES PARA O ESTUDO DA LINGUA MEIEVAL

dieval Galega e Portuguesa9 ofrecen suficiente información como para facer superfluo un número excesivo de referencias neste epígrafe. Ademais, a multiplicidade de edicións de cancioneiros particulares de poesía medieval fai que na presente lista sexamos máis selectivos coa lírica do que coa prosa. Por iso, limitámonos a ofrecer unha relación das fontes primarias (os manuscritos, con indicación do arquivo onde se custodian), xunto coas reproducións facsímiles que se poden atopar no mercado ou nas bibliotecas, e mais as principais edicións que as refliten, ben agrupadas por cancioneiros (Ajuda, Vaticana, Biblioteca Nacional de Lisboa, Santa María, Baena), ou por xéneros (amor, amigo, escarnio). Non obstante, quen precisar de información bibliográfica detallada e abundante pode acudir a Brea (1996), onde se reúne a lírica profana mediante a reprodución de edicións dos cancioneiros particulares10. É rechamante a escaseza dos textos literarios que se conservan, especialmente en comparación coas fontes documentais. Aínda que pouco a pouco van aparecendo anacos ou fragmentos dalgúns textos11, sería necesario máis labor de pescuda nas bibliotecas e nos arquivos para recuperar parte dos noso acervo cultural perdido12. Nese sentido, parece que nos últimos tempos se perderon máis textos dos que se viron a luz (como o Códice de Albeitaría ou o fragmento do Tristán). Outro labor necesario é o de mellora-las edicións existentes –en ocasións realizadas sen o rigor hoxe esixido–, seguindo os criterios de transcrición comunmente seguidos para as edicións filolóxicas e confrontando os manuscritos. E tamén cómpre a publicación dos textos aínda inéditos. Aquí limitámonos a cita-los manuscritos e as edicións de conxunto, coas imprescindibles referencias internas sobre editores que traballaron sobre o mesmo texto.

31Tato-Boullón.qxd

FERNANDO R. TATO PLAZA E ANA I. BOULLÓN AGRELO

716

13/6/04

14:27

Página 716

1. Fontes documentais Alonso Rivas, Marina (1958): El monasterio de santa María de Armenteira. Documentos conservados hasta 1215. Memoria de licenciatura (inédita). Universidade de Santiago de Compostela [Transcribe 69 doc. de 1151 a 1251, en lat., do AHN; inclúe índices toponímico e de persoas; vid. García Miraz 1984]. Álvarez Álvarez, Eleutino (1982): Las exigencias señoriales en la Galicia meridional (1340-1450). Memoria de licenciatura (inédita). Universidade de Santiago de Compostela [Transcribe 127 doc. de 1418 a 1439, do ACTui (Libro IV de Johan Rodriges) e do ACOu, de san Clodio, Celanova e Montederramo. Vid. Astray Suárez, Corrales Lorenzo 1981, Saavedra Carballido 1982]. Álvarez Álvarez, Eleutino (1983): “El yantar y el hospedaje en el sur de Galicia (13401450)”, BAu 13, 137-152 [Transcribe 7 docs., de 1344 a 1447, en gal., do ACOu e ACTui]. Álvarez Castrillón, José A. (2001): Los Oscos en los siglos X-XIII. Un modelo de organización social del espacio en la Asturias medieval. Oviedo: Ayuntamiento de santa Eulalia de Oscos [Transcribe 66 docs. procedentes do arquivo de santa María de Vilanova de Oscos, hoxe en territorio asturiano, de fala galega; do AHN, aa. 1285 a 1466; non ten índices. Vid. tamén Floriano Llorente 1981, 1995-1996]. Andrade Cernadas, José Miguel (1991): “El monasterio de Celanova en Compostela: anotaciones documentales”, Compostellanum 36, 159-163 [Reproduce 3 docs. de 1094 a 1110, do AHN]. Andrade Cernadas, José Miguel (1995): O tombo de Celanova: estudio introductorio, edición e índices (ss. IX-XII). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega Rec.: J. I. Fernández de Viana: “Festina lente (A propósito de la edición del Tumbo de Celanova), Cuadernos de Estudios Medievales y Ciencias y Técnicas Historiográficas 20 (1995), 302-310; J. I. Fernández de Viana: “Caecus non iudicat de coloribus. A propósito de la edición del Tumbo de Celanova”, Signo 3 (1996), 227-237. [Transcrición dos 578 docs. do Tombo, composto entre o s. XII e XIII, que recolle textos do ano 826 ó 1104, no AHN (códices, 986B). Inclúe índice toponímico e antroponímico. Vid. tamén Sáez / Sáez 1996b]. Ares Vázquez, Nicandro (1971-72): “Documentos históricos”, BCMLugo 9, 57-58 [Transcribe 1 doc. do XIII, santa María de Lugo, do AHN]. Ares Vázquez, Nicandro (1972-76): “El monasterio de san Juan de Mera”, BCMLugo 9, 135-144 [Transcribe 3 docs., aa. 964, 985 e 1006, do Tombo de Sobrado]. Ares Vázquez, Nicandro (1999): “Perfia, perfidia e adopción de fillos. Un problema lingüístico”, Lucensia 18, 147-154 [Transcribe 1 doc. de 892, do ACLugo, con foto e trad.]. Ares Vázquez, Nicandro (2000): “Rectificaciones lingüísticas sobre un manuscrito do século X”, Lucensia 20, 99-113 [Transcribe 2 docs. con transcrición paleográfica, publicado por López Ferreiro 1901; do AHN, aa. 910 e 987. Con trad. ó esp. e foto]. Ares Vázquez, Nicandro (2001a): “Revisión dun diploma lucense do rei Fernando II”, Lucensia 22, 153-160 [Publicado por Recuero / Romero / Rodríguez 2000; é un doc.

31Tato-Boullón.qxd

13/6/04

14:27

Página 717

cuarto del siglo XV. Apéndice documental: Libro VI del notario Joham Rodrigues. Actas del Cabildo de la Catedral de Tuy de 2 de enero de 1433 a 1 de abril de 1435. Memoria de licenciatura (inédita). Universidade de Santiago de Compostela [Do ACTui. Vid. Corrales Lorenzo 1981, Álvarez Álvarez 1982 e Saavedra Carballido 1982]. Ávila y La Cueva, Francisco (1854): Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado. vol. III. Ed. facsimilar: Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1995. [Inclúe un apéndice de 21 escrituras, case todas en lat., aa. 878 a 1308 (esta última é un privilexio real, en cast.), copiadas do Arquivo do Mosteiro de Oia] Barral Rivadulla, Dolores (1992): “Dos documentos para ampliar la historia del desaparecido monasterio de Santo Domingo de la Coruña”, Archivo Dominicano 13, 245251 [Transcribe 2 testamentos de 1487 e 1414, do ACSC da Coruña] Barral Rivadulla, Dolores (1994): “El convento de santa Bárbara de la Coruña en el siglo XV: TOR femenina en Galicia”, Archivium Franciscanum Historicum 87, 418-445 [Reproduce 5 docs., aa. 1450 a 1478, do ACSC da Coruña]. Barral Ribadulla, Mª Dolores (1994): “La documentación medieval del archivo de las clarisas de A Coruña”, Archivo Iberoamericano 54, 83-95 [Rexesto de 18 docs. de 1414 a 1551, e transcrición de 5 docs, de 1428 a 1487, en gal. e 1 en lat.].

717

FONTES PARA O ESTUDO DA LINGUA MEIEVAL

de 1161, do AHN, do que se dan as correccións á lectura publicada, o facsímil e a trad. ó gal.]. Ares Vázquez, Nicandro (2001b): “Igrexas de Lemos doadas por Ordoño II á Sé Dumiense (13 agosto 916)” Lucensia 23, 365-374 [Reproduce un doc. de 916 publicado por Cal Pardo 1999, con trad. ó gal. e comentario toponímico]. Ares Vázquez, Nicandro (2002): “Fundación do mosteiro de santo Estevo de Ribas de Miño”, Lucensia 25, 359-368 [Doc. de 954, do AHN; con trad. ó gal. e foto. Publicado por García Conde 1942]. Arias, Maximino (1981): “El monasterio de Samos desde sus orígenes hasta el siglo XI”, Archivos Leoneses 35, 267-350 [Apéndice documental con 17 docs. do 922 a 988: 15 da BN de Madrid, a partir dun extracto do XVIII e outros 2 do AHN. Vid. González Vázquez 1987 e Lucas Álvarez 1986]. Arias, Maximino (1983): “El monasterio de Samos durante los siglos XI y XII”, Archivos Leoneses 37, 7-81 [Apéndice con 13 docs., aa. 988 a 1180, copias en extracto do s. XVIII, da BN e do AHN. Vid. Lucas Álvarez 1986]. Arias, Maximino (1984): “El monasterio de Samos desde el año 1200 hasta el de 1490”, Archivos Leoneses 38, 299-342 [Apéndice documental con 12 doc. de 1212 a 1487 procedentes do AHN, case todos reais e papais: en lat., cast., e só 1 en gal. (o nº 8). Vid. González Vázquez 1987 e Lucas Álvarez 1986]. Armas Castro, José (1992): Pontevedra en los siglos XII a XV: configuración y desarrollo de una villa marinera en la Galicia Medieval. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza [Contén 51 docs., de 1169 a 1498 en lat., gal. e cast. Proceden do MPo, AHN, ACS]. Astray Suárez, Inés (s.a.): La renta dominical del Cabildo de la Catedral de Tuy en el 2o

31Tato-Boullón.qxd

FERNANDO R. TATO PLAZA E ANA I. BOULLÓN AGRELO

718

13/6/04

14:27

Página 718

Barral Rivadulla, Dolores (1998): La Coruña en los siglos XIII al XV. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza [Transcribe 39 doc. de 1208 a 1972; deles, en gal., 18, de 1414 a 1497, procedentes do ACSC da Coruña, AHM da Coruña, ARG]. Barral Ribadulla, Mª Dolores / Ismael Velo Pensado (1994): “Colección de pergameos do arquivo da igrexa colexial de santa María do Campo (A Coruña)”, Estudios Mindonienses 10, 476-489 [Recensión de 44 docs. entre 1317 e 1672. Inclúen índice antroponímico e toponímico]. Barrau-Dihigo, Louis (1903): “Notes et documents sur l’histoire du royaume de León. I. Chartes royales léonaises 912-1037” Revue Hispanique 10, 349-454 [Edita 19 docs. do Tombo de Celanova (vid. Andrade 1995 e Sáez / Sáez 2000), 1 de Samos, 2 do Tombo de Sobrado (vid. Loscertales 1976); todos eles do AHN]. Barreiro García, M. Carmen (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Lectura, edición e léxico. Tese de doutoramento (inédita). Universidade de Santiago de Compostela [Transcribe 69 doc. de 1332 a 1503, do AHUS]. Bouza-Brey Trillo, Fermín (1959/1961): “Petrus Moogo, presbiter, no ano 1235”, BRAG 29, 13-16 [Transcribe 1 doc. do arquivo do autor]. Bouza-Brey Trillo, Fermín (1965): El señorío de Villagarcía desde su fundación hasta su marquesado (1461-1655). Anexo XV dos CEG, Santiago de Compostela [Contén 13 docs. desde 1402 a 1603, en gal. e cast.; proceden do arquivo particular do autor]. Cabana Outeiro, Alexandra (2001): “Documentos do arcebispo Xoán García Manrique no tombo H da catedral de Santiago”, A Trabe de Ouro 46, 241-257 [Transcribe 15 docs., aa. 1395 a 1397]. Cabana Outeiro, Alexandra (2003): O Tombo H da catedral de Santiago: documentos anteriores a 1397. Valga: Concello de Valga [Transcrición dos ff. 1 a 30 v. e 1 a 3v inversos do Tombo. Indica antropónimos, topónimos, rúas e lugares de Santiago, e rexesto cronolóxico dos 173 docs., de 1391 a 1396]. Cabana Outeiro, Alexandra (2003): Santiago de Compostela do século XIV ó XV: O Tombo H da Catedral de Santiago. Edición e estudio histórico. Tese de Doutoramento (inédita). Universidade de Santiago de Compostela. Cabana Outeiro, Alexandra (2003): “Documentos arcebispais no Tombo H da Catedral de Santiago: Gómez Manrique e Lopo de Mendoza”, CEG 50, 79-89 [Transcribe 5 docs., de 1397 a 1409]. Cabana Outeiro, Alexandra (2003): “A Casa Gótica de Ludeiro. Notas históricas, descrición e colección documental dun pequeño pazo do século XV non catalogado. Murguía. Revista Galega de Historia 1, 35-54. [Transcribe 4 docs., aa. 1478 a 1523. En gal., 1 de 1478 (copia de 1626), e 1 orixinal de 1502, todos do Arquivo Ducal de Medinaceli (Casa de Pilatos, Sevilla)] Cal Pardo, Enrique (1981): “Juan II de Castilla, Alonso Pérez de Vivero y el señorío de Galdo”, Compostellanum 26, 37-82 [Transcribe 2 longos docs. de 1434 e 1435, en gal., do ACMondoñedo, sobre Afonso Pérez de Viveiro].

31Tato-Boullón.qxd

13/6/04

14:27

Página 719

719

FONTES PARA O ESTUDO DA LINGUA MEIEVAL

Cal Pardo, Enrique (1983): El monasterio de san Miguel de la Isla de la Colleira (Historia y leyenda). Colección documental. Madrid. Ed. do autor [Contén 8 docs. de 1095 a 1494, procedentes do ACMondoñedo; en gal. o 2, 3, 4 e 5. Ten índice onomástico e toponímico]. Cal Pardo, Enrique (1984): El monasterio de san Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Colección documental. A Coruña: Deputación Provincial [Contén 64 docs. desde 1111 a 1544; en gal., 31 docs., de 1257 a 1506, do ACMondoñedo; inclúe índice onomástico]. Cal Pardo, Enrique (1985): “El monasterio de dueñas de santa Comba de Órrea (Lugo)”, Estudios Mindonienses 1, 13-81 [Transcribe 20 docs. de 1219 a 1496, algúns reais e en cast., do ACMondoñedo]. Cal Pardo, Enrique (1990): Catálogo de los documentos medievales escritos en pergamino, del archivo de la Catedral de Mondoñedo (871-1492). Lugo: Deputación Provincial [Pergamiños soltos: 234 rexestos, aa. 871 a 1689; Bulas e breves pontificios: 28, aa. 1156 a 1457; mosteiro de Pedroso: 62, aa. 1111 a 1544 (vid. Cal Pardo 1984); 3 tombos (o Calendario I, de 177 folios en pergamiño, dos ss. XIIIXIV, o Calendario II, con 97 folios en pergamiño, ss. XIII-XIV, e o Tombo Pechado, 250 folios en pergamiño, finais do XIV-XV): 1.626, aa. 1122 a 1525; docs. en papel: 336, aa. 1320 a 1492. No índice xeral inclúe topónimos e antropónimos castelanizados]. Cal Pardo, Enrique (1991): “De Viveiro en la Edad Media”, Estudios Mindonienses 7, 11-227 [Inclúe 94 doc. de 877 a 1489, do ACMondoñedo]. Cal Pardo, Enrique (1992): Mondoñedo -catedral, ciudad, obispado- en el s. XVI. Catálogo de la documentación del Archivo Catedralicio. Lugo: Xunta de Galicia [Recensión de 1.525 docs. de 1493 a 1599: actas capitulares, escrituras antigas, protocolos de notarios eclesiásticos, docs. varios]. Cal Pardo, Enrique (1993): “Parroquias del ayuntamiento de Viveiro”, Estudios Mindonienses 9, 625-821 [Reproduce 66 doc. dos ss. IX ó XV, a maioría en gal., do ACMondoñedo, algúns deles xa publicados anteriormente]. Cal Pardo, Enrique (1999): Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo: transcrición íntegra dos documentos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [É a sección “pergamiños soltos” do Catálogo (Cal Pardo 1990), 207 docs., aa. 871 a 1491 + 28 bulas pontificias, aa. 1156 a 1467. Inclúe índice antroponímico e toponímico]. Cambón Suárez, Segundo (1957): El monasterio de Melón (ss. XII y XIII). Tese de Doutoramento (inédita). Universidade de Santiago de Compostela [Transcribe 990 docs., aa. 963 a 1397, do AHN (Códices, Tombo 323 B, 324 B, 325 B, ss. XII-XVI, e pergamiños soltos), AHPOu e no ACOu. Vid. Soto Lamas 1992 e Losada Meléndez 1992] Cañizares del Rey, Buenaventura (1942): “El monasterio de san Martín de Lalín”, MPontevedra 1, 177-216 [Transcribe 4 doc., 2 do X e 2 do XI, do AHN].

31Tato-Boullón.qxd

FERNANDO R. TATO PLAZA E ANA I. BOULLÓN AGRELO

720

13/6/04

14:27

Página 720

Carriedo Tejedo, Manuel (1995): “Un documento leonés confirmado por Arias II de Mondoñedo (año 977)”, Estudios Mindonienses 11, 205-216 [Corrixe a datación anteriormente fixada en 973 dunha carta confirmada polo rei Ramiro III]. Carriedo Tejedo, Manuel (1999): “Noticias biográficas y documentos perdidos de los obispos gallegos durante la primera mitad del siglo X”, Estudios Mindonienses 15, 683-741 [Rexesto de 67 docs., aa. 904-951]. Carril Carril, M. Cruz (1975): Origen, formación y elementos constitutivos del monasterio de san Salvador de Celanova en el siglo X. Memoria de licenciatura (inédita). Universidade de Santiago de Compostela. Carro García, Jesús (1949): “La escritura de concordia entre don Diego Peláez, obispo de Santiago, y san Fagildo, abad del monasterio de Antealtares”, CEG 4, 111-122 [Reproduce unha copia en papel do XVIII, dun doc. en lat. de 1077, con nota de traslado en gal. de 1435, no ACS]. Carro García, Jesús (1952): “El privilegio de Alfonso VII al monasterio de Antealtares”, CEG 7, 111-122 [Reproduce unha copia en papel do XVIII, dun doc. en lat. de 1147, no ACS]. Carro García, Jesús (1953): “Escritura a favor de doña Elvira Osorio, mujer de Ruy Gómez, de todos los casares, heredades, casas, sotos y viñas que la orden de Alcántara tenía en la feligresía de santa María de Nogueira. Siglo XIV”, CEG 8, 130-137 [Reproduce 1 doc. de 1396, do Arquivo do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos]. Castro, M[anuel] (1913/1914): “Documentos históricos”, BCMOu 4 (1913), 307-308 [Transcribe 1 doc. de 1011 do Tombo de Samos]; 5 (1914), 23 [Transcribe 1 doc. de 1251 do AHPOu]. Castro, Manuel / Manuel Martínez Sueiro (1917): Documentos del Archivo de la Catedral de Orense publicados por la Comisión de Monumentos de la Provincia. Ourense: Imp. “La Popular” [Reproduce uns 225 docs., aa. 886 a 1500. Continúa en Documentos del Archivo Catedral de Orense, 1923] Castro, Manuel de (1980): “Santa Clara de Santiago, origen y vicisitudes”, BRAG 33, 373-412 [Reproduce 10 docs., de 1297 a 1502, do ACSF de Santiago, do AHN (do fondo de Oia) e do AHUS, en lat., gal. e cast. Os docs. en gal. son 3 de 1299, 1299 e 1302. Vólveo a reproducir en Castro 1983. Vid. Rodríguez Nuñez 1993a]. Castro, Manuel de (1983): “El real monasterio de santa Clara de Santiago”, Archivo Iberoamericano 43, nº 169-170, 3-61 [É o mesmo apéndice documental que reproduce en Castro 1980]. Castro, Manuel de (1983): La provincia franciscana de Santiago. 8 siglos de historia. Santiago de Compostela: El Eco Franciscano = Liceo Franciscano a. 36, nº 106-108 [Inclúe rexestos de 301 docs. entre 1231 e 1835, de diversos arquivos, principalmente do ACSC de Pontevedra, ACSF de Santiago, ACLugo, ACS e AHDS]. Castro, Manuel de (1989): “Los franciscanos de Viveiro y Gómez Pérez das Mariñas”, Estudios Mindonienses 5, 533-587 [Inclúe un apéndice con 6 docs. de 1450 a 1538, a maioría en cast. e os demáis nunha mestura entre cast. e gal., do ACSC de Ribadeo].

31Tato-Boullón.qxd

13/6/04

14:27

Página 721

721

FONTES PARA O ESTUDO DA LINGUA MEIEVAL

Cepeda Fandiño, Antonio (1995): “Informacións medievais sobre Melide: o chamado «Tumbo arzobispal» do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago”, Boletín do Centro de Estudios Melidenses 9, 12-17 [Transcribe algúns parágrafos do tombo, feito en 1435, dos que só están en gal. os ff. 72v. e 73r]. Cid, Cándido (1918-1922): “El monasterio de san Clodio”, BCMOu 6, 127-133 [Transcribe 2 docs.: a. 936, sobre a fundación, e a. 1115]. Cintra, Luis F. Lindley (1959): A linguagem dos foros de Castelo Rodrigo: seu confronto com a dos foros de Alfaiates, Castelo Bom, Castelo Melhor, Coria, Cáceres e Usagre. Contribuição para o estudo do leonês e do galego-português do século XIII. Lisboa: Publicações do Centro de Estudos Filológicos. Reprod. facs: [Lisboa]: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1984. [Segundo o editor, o texto, outorgado en 1209 por Afonso IX, oscila entre dous sistemas lingüísticos, o galego-portugués e o leonés: “a variedade de galego-português falada pelo copista de Castelo Rodrigo era, fundamentalmente, galega e não portuguesa. (…) a que pretendia escrever era o leonês”. Procede do Arquivo Nacional da Torre do Tombo, en Lisboa (maço 5 de Forais Antigos nº 4, 37 follas de pergamiño). Publicado previamente por Alexandre Herculano nos PMH Colección de documentos históricos del Boletín de la Real Academia Gallega. Coruña: Litografía e imprenta Roel, vol. 1, 1915 [Transcribe 81 docs., de 887 a 1500, en lat., gal. e cast.; hai máis, do XVI ó XIX, en cast. Proceden de diversos arquivos, sobre todo da RAG e do AHN]; vol. II, A Coruña: Roel, 1931 [Transcribe 31 docs., de 1157 a 1499]; vol. III, A Coruña: Moret, 1969 [Transcribe 55 docs., de 1116 a 1487]; vol. IV, A Coruña: Moret, 1970 [Transcribe 4 doc., de 1387 a 1517, do ARG, 6 docs. de Noia, entre 1434 e 1487, da colección de M. Fabeiro Gómez]. Colección diplomática de Galicia histórica. Vid. López Ferreiro 1901. Comesaña Martínez, Mª Ángela (1995): O tombo do Hospital e Ermida de santa María do Camiño de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra [Transcribe 55 docs., aa. 1420 a 1456, do MPontevedra. Inclúe índice antroponímico] Corrales Lorenzo, Mercedes (1981): Estudio de la producción agraria a través de los protocolos de la catedral de Tuy en la primera mitad del siglo XV (1426-1448). Memoria de licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela [Inclúe un apéndice documental coa transcrición dos libros VII e III do notario Johan Rodriges (14271435), do ACTui. Vide Astray Suárez, Álvarez Álvarez 1982, Saavedra Carballido 1982]. Couselo Bouzas, José (1928): “El hospital de san Lázaro de Santiago”, BRAG 18, 112116 [Transcribe 3 docs., de 1356, 1408 e 1431, do Arquivo Parroquial de santa María de Sar]. David, Pierre (1947): “L’organisation ecclésiastique du royaume suève au temps de saint Martin de Braga”, en Études historiques sur la Galice et le Portugal du Vie au XIIe siécle. Lisboa / Paris: Livraria Portugália Editora / Société d’Édition “Les Belles Lettres”, 1-82 [Edita, a partir de 9 testemuños, a chamada Divisio Theodemiri ou Parro-

31Tato-Boullón.qxd

FERNANDO R. TATO PLAZA E ANA I. BOULLÓN AGRELO

722

13/6/04

14:27

Página 722

quial Suevo, coa relación das parroquias establecidas no a. 569 polo rei Teodemiro. De gran interese toponímico]. Daviña Sáinz, Santiago (1998/2002): “El monasterio de las Cascas (Betanzos) I-II”, Anuario Brigantino 21 (1998), 77-102; 22 (1999), 135-148; 23 (2000), 151-160; 24 (2001), 117-138, 25 (2002), 103-150 [Transcribe o Tombo, conservado na RAG; publicado parcialmente por Vaamonde Lores en varios Boletíns da RAG e como apéndice do seu libro Ferrol y Puentedeume (1909). Foi iniciado en 1647, e copia docs. desde 1122, con varios engadidos ata finais do XVIII, en cast., gal. e lat. Moita riqueza toponímica]. Daviña Sáinz, Santiago / Ismael Velo Pensado (2002): Os primeiros foros da Coruña. A Coruña: Pernas Edicións [Copia do foro da Coruña, orixinal de comezos do XIII; ten unha copia de 1336, e un traslado de 1545, que é o que se transcribe, con fotografías do texto, que consta de 13 folios; do AHDS. Ten índice de persoas, 397-401]. Díaz y Díaz, Manuel C. (1989): “El testamento monástico de san Rosendo”, Historia. Instituciones. Documentos 16, 47-102 [No Tombo de Celanova (códice 986b), no AHN, do a. 977. Editado tamén por Díaz y Díaz et alii 1990, Andrade 1995, Sáez / Sáez 2000. Vid. tamén Gurruchaga Sánchez 1999]. Díaz y Díaz, Manuel C. et al. (1990): Ordoño de Celanova: vida y milagros de San Rosendo. Edición, traducción y estudio [A Coruña]: Fundación Pedro Barrié de la Maza [Inclúe un apéndice con “Documentos referentes a Celanova utilizados polo autor de VR”. Son 7 docs., aa. 935 a 1007, do AHN. Algúns reprodúcense en Andrade 1995 e Sáez / Sáez 2000 e outros en Férnández de Viana / González Balasch 1999]. Diéguez González, Júlio (2001): Galego-português lucu-auriense: resultados aj (
Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.