Ferramentas líticas de Porto Maior

Share Embed


Descrição do Produto

Obxectos para contar unha cultura

Edición a cargo de Ramón Villares

Galicia 100 Obxectos para contar unha cultura

EXPOSICIÓN ORGANIZA Consello da Cultura Galega COLABORAN Abanca Afundación COMISARIO Manuel Gago COMITÉ ASESOR Presidente Ramón Villares Membros Carlota Álvarez Basso José Miguel Andrade Cernadas Fernando Bouza Felipe Criado Boado Guillermo Escrigas Lourenzo Fernández Prieto Pegerto Saavedra Dolores Vilavedra COORDINACIÓN DA EXPOSICIÓN Rocío Figueroa Guisande XERENCIA Marcelino X. Fernández Santiago DESEÑO DE MONTAXE Pepe Barro

ANIMACIÓN AUDIOVISUAL DE OBXECTOS Producións Audiovisuais: I DO VISUAL Fran X. Rodríguez: Dirección Roi Gil: Posprodución de sonido Beni Ferreiro: Música Luis Batalla: Debuxos AUDIOVISUAIS Toño Chouza: Dirección Pablo Chouza: Dirección de fotografía Pablo Chouza: Sonido Manuel Silva: Animación Álvaro Robles: Cor Beni Ferreiro: Música VERSIÓN INTERACTIVA Ozono Multimedia MODELOS 3D Patricia Mañana Borrazás Alejandro Güimil Fariña BANDA SONORA Beni Ferreiro REVISIÓN LINGÜÍSTICA Cristina Río López TRADUCIÓNS Cristina Río López COMUNICACIÓN E MARKETING Comunicación do Consello da Cultura Galega Comunicación e Marketing de Afundación

MONTAXE Puntouparte FOTOGRAFÍAS José Caruncho: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 12, 13, 14, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 24, 25, 26 ,27, 28, 30, 31, 33, 34, 35, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 52, 53, 54, 55, 56, 57, 58, 59, 61, 62, 63, 64, 65, 66, 67, 68, 69, 70, 72, 73, 74, 75, 76, 77, 78, 79, 80, 81, 82, 83, 86, 87, 88, 89, 90, 91, 92, 94, 96, 97, 98, 100 Museo Arqueolóxico de Ourense: 11, 16 Staatliche Museen zu Berlin. Alemaña: 15 Archivo Histórico Nacional. Madrid: 23 Alfredo Erias Martínez: 29 Real Biblioteca del Palacio Real (Patrimonio Nacional). Madrid: 32 Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela: 36, 96 Real Academia Galega. A Coruña: 60 Centro Galego de Artes da Imaxe. A Coruña: 71 Enrique Touriño / MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo): 84 Museo de Belas Artes da Coruña: 85 Llorenç Soler / Centro Galego de Artes da Imaxe. A Coruña: 93 Biblioteca Pública da Coruña Miguel Ángel Garcés: 95 Lugami, Artes Gráficas. Betanzos: 99

PUBLICACIÓN EDITOR Ramón Villares COORDINADOR Manuel Gago PRODUCIÓN Rocío Figueroa Guisande DESEÑO Pepe Barro MAQUETACIÓN Susana G. Diz (Mazaira grafismo) IMPRIME Tórculo Comunicación Gráfica

01

Eduardo Méndez Quintas Manuel Santonja Alfredo Pérez González Ferramentas líticas de Porto Maior As Neves Paleolítico Inferior, 420 000-347 000 a. C. Museo de Pontevedra

Ferramentas líticas de Porto Maior O xacemento de Porto Maior (As Neves, Pontevedra) é na actualidade o lugar de ocupación humana máis antigo, e mellor coñecido, de Galicia. Sitúase nunha terraza fluvial do río Miño, é dicir, unha das súa antigas veigas, cunha cota relativa de +34 m sobre o nivel actual do río. A cronoloxía do xacemento, segundo a súa posición xeomorfolóxica e as datacións numéricas, sitúase no MIS 11 (Marine Isotope Stage 11), entre os 420 000 e os 347 000 anos antes do presente. Amosa catro niveis con evidencias de actividade humana, se ben nun deles (nivel G) atopamos un escenario de ocupación ata o de agora inédito fóra do continente africano. Nos pouco máis de 12 m2 escavados neste nivel G, recuperáronse 290 pezas de industria lítica, ás que temos que engadir outras 243 ferramentas procedentes do mesmo nivel xeolóxico. Este conxunto componse maioritariamente de LCT (large cutting tools) achelenses de cuarcita, é dicir, bifaces, fendedores e triedros, os cales ascenden a 227 pezas. É tal a densidade destes tipos de artefactos que na superficie escavada se contan, de media, máis de dez pezas por metro cadrado. O resultado dos estudios multidisciplinares que se atopan en curso de realización indica, con total claridade, que estamos ante unha acumulación deliberada nun punto concreto da paisaxe, sen alteracións posteriores dende o seu abandono por parte dos seus creadores. Este patrón de ocupación do espazo non fora identificado en ningún outro xacemento de tecnoloxía achelense europeo, polo que Porto Maior representa o primeiro, e único, exemplo coñecido de tal comportamento a nivel continental. Así mesmo, estas ferramentas teñen outra particularidade, o seu gran tamaño. Tanto bifaces como triedros superan os 180 mm de lonxitude media e os 900 g de peso, e constátase gran número de pezas que superan Galicia 100 / 41

amplamente os 200 mm e os 1500 g. Isto fainos o conxunto de ferramentas de maior tamaño coñecido, actualmente, en Europa. Os xacementos que presentan inxentes concentracións de LCT achelenses son unha constante na arqueoloxía do Plistoceno africano e de Próximo Oriente. Na África Oriental coñécense importantes xacementos que responde a este patrón de utilización do espazo. Olorgesailie, Kariandusi e Isenya (Kenia); Gadeb e Garba I (Etiopía); TK en Olduvai (Tanzania); K-30 en ’Ubeidiya ou o nivel 4 da capa 6 de Gesher Benot Ya’aqov (Israel) son algúns exemplos, cada un cunha problemática diferente, pero ningún deles permite explicar a que se debe o dito comportamento. Á marxe deste paralelismo, a importancia de tal nivel de ocupación de Porto Maior é que representa un forte lazo de unión co achelense africano, no contexto do proceso dos primeiros poboamentos de Europa. A día de hoxe están en intensa discusión a cronoloxía, fases e vías de colonización do «Vello Mundo» durante o Plistoceno Inferior e Medio. Sabemos que os primeiros grupos de humanos chegan ao sur de Europa, hai máis de 1 200 000 anos, cunha tecnoloxía moi elemental de núcleos e lascas. O que non temos moi claro é como, hai algo máis de 500 000 anos, aparece en Europa (esencialmente na súa zona meridional) unha nova tecnoloxía, o achelense. O achelense da Península Ibérica amosa evidentes paralelismos tecnolóxicos co africano, os cales van esvaendo a medida que aumenta a latitude, ata desaparecer completamente no norte e no centro de Europa. Moitas son as teorías que se barallan, pero parece que estas ferramentas son obra de grupos humanos de orixe africana que puideron atravesar polo estreito de Xibraltar nun tempo que non coñecemos ben. Neste contexto da investigación, Porto Maior presenta unha colección de materiais de fortes afinidades africanas e é, ademais, o único que amosa un patrón de ocupación tan específico. Se a isto lle engadimos a cronoloxía, duns 400 000 anos, estariamos ante unha das mostras máis antigas deste tipo de tecnoloxía a nivel peninsular. A maiores do anterior, Porto Maior supón un fito fundamental na investigación arqueolóxica e histórica de Galicia. O seu descubrimento permite demostrar que o noso Paleolítico é exactamente igual ao do resto do sur de Europa. Ata hai escasos anos, considerábase que era unha etapa atípica e «atrasada»; Galicia sería un auténtico «finis terrae» cultural. Esta idea levaba vixente dende os traballos elaborados en 1963, e publicados na revista Science, por Emiliano Aguirre e Karl Butzer no xacemento das Gándaras de Budiño (O Porriño, Pontevedra).

42 / Galicia 100

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.