FREIXEIRO MATO, Xosé Ramón, SÁNCHEZ REI, Xosé Manuel & SANMARTÍN REI, Goretti: “Perspectivas sobre o dialectalismo (lexical) no século XIX” e “Os dialectalismos lexicais”, n’A lingua literaria galega no século XIX, A Coruña: UDC, 2005, pp. 629 - 635 e 635 - 657

May 24, 2017 | Autor: Silvia Busto Caamaño | Categoria: Dialectology, Galician dialectology, Dialectal Variations
Share Embed


Descrição do Produto

Silvia Busto Caamaño Ano lectivo: 2016/17

Freixeiro Mato, Xosé Ramón, Sánchez Rei, Xosé Manuel, & Sanmartín Rei, Goretti (2005): “Perspectivas sobre o dialectalismo (lexical) no século XIX” e “Os dialectalismos lexicais”, n’A lingua literaria galega no século XIX, A Coruña: UDC, pp. 629 - 635 e 635 - 657

Neste artigo, que consta de dúas epígrafes que levan por título “Perspectivas sobre o dialectalismo (lexical) no século XIX” e “Os dialectalismos lexicais”, respectivamente, os autores teñen por obxectivo definiren que son os dialectalismos e en que áreas do país se empregan algúns deles. Para iso, nun primeiro momento, sinalan que as propostas de Carvalho Calero e Fernández Salgado/Monteagudo Romero están baseadas sobre o que actualmente se entende por galego común ou galego estándar, respectivamente. Para alén diso, esclarecen que os conceptos de dialectal, popular, coloquial e vulgar aparecen cando existe unha coiné elaborada. Aliás, afirman que moitas veces se comete o erro de considerar algúns fenómenos como dialectais cando non existía unha referencia normativa na altura. Con todo, os escritores e escritoras da altura empregaban trazos lingüísticos da súa zona e, xa que logo, non debían pensar que empregaban rexionalismos. Así, algúns escritores do século XIX tomaban como rexionais algunhas formas como chao, irmao ou verao. Este fenómeno é denominado «interdialectalismo» por Fernández Salgado/Monteagudo Romero, posibelmente polo prestixio de algúns autores da altura como Rosalía ou Pondal así como pola ausencia de formas rexionais que non contasen coa aprobación da crítica. Alén diso, segundo os autores, no caso das linguas cun desenvolvemento normal é máis doado utilizar os termos «popular», «dialectal», «rexional», entre outros, para se referir aos escritores e escritoras que empregaron un léxico diferente á forma estándar. Todas as linguas, sen excepción, presentan fenómenos de variacionismo xeográfico. No caso do galego, grazas ás investigacións do Instituto da Lingua Galega, coñécense con precisión os trazos fonéticos, morfosintácticos e lexicais que existen en todo o país distribuídos nas diferentes áreas. Frei Martiño Sarmiento e o padre Sobreira serían os primeiros en percibiren diferenzas diatópicas entre as diferentes áreas do país. Logo disto, no século XIX dicíase que a lingua estaba moi fragmentada, desde o punto de vista dialectal e mesmo impedía a intercomunicación entre habitantes de distintas áreas do país. Este feito causou que moitos lexicógrafos tiveran dificultades para elaboraren os seus Dicionarios, por exemplo, Cuveiro Piñol, quen citou no seu Dicionario a dificultade que tivo para o elaborar. Mesmo chegou a se pensar que por cada casal dos moitos que había na Galiza se rexistraba unha variedade do galego, feito que se recolle n’O Tío Marcos d’a Portela. Para outros, algunhas áreas presentaban unha variedade do galego cunha maior tendencia a ser influída por outras linguas, feito que Andrés Martínez Salazar recolle en Galicia. Revista Regional nun artigo titulado «En tela de juicio». Alén diso, houbo outros escritores como Francisco Álvarez de Nóvoa, quen autorizou a opinión de que non se podía empregar unha variedade común a todo o 1

dominio lingüístico, e outros como Sieiro González defendían a creación dunha tarefa co obxectivo de harmonizar as variedades dialectais para a posterior elaboración dunha norma común. Para finalizar esta epígrafe, os autores sinalan que cómpre termos en conta que non todas as reflexións sobre as variantes do galego do século XIX tiñan o mesmo discurso, pois os defensores do país e da lingua foron quen de utilizar un discurso sobre ese variacionismo dialectal co obxectivo de xustificaren a inferioridade do galego con respecto a outras liguas e, para alén diso, debía perecer fronte elas. Este feito recólleo Joaquín de Arévalo na súa gramática. Na segunda epígrafe, titulada “Os dialectalismos lexicais”, sinálase que, con todo, os autores empregaron nas súas obras as formas que crían que eran as máis apropiadas tomando como referencia factores como a rexión en que naceron, o prestixio literario, a maior enxebreza lingüística etc. Para alén diso, os dialectalismos lexicais foron necesarios para darlle á lingua máis forza expresiva, así como tamén para caracterizaren a linguaxe literaria que empregaban algúns autores da altura. Logo, os autores afirman que os dialectalismos lexicais son os que máis atraen os lectores, as persoas que non coñecen a materia e mesmo as persoas estranxeiras, tal e como estabelecen Francisco Álvarez de Nóvoa e Joaquín de Arévalo; así, formas como fungueiro ou estabullo, barrelo ou berce etc. son evidencias de riqueza lingüística do idioma e non trabas para a incomprensión da lingua. Por outra banda, lémbrase que durante as primeiras décadas do século XX a estrutura económica do país estaba formada nomeadamente por populación dedicada aos labores agrícolas e mariñeiros. Xa que logo, é a lingua popular a que ofrece maior cantidade de dialectalismos lexicais que actualmente forman parte da norma común. En consecuencia, é na maioría do léxico do ámbito agrícola e mariño onde máis dialectalismos vai haber no século XIX. Porén, non hai suficientes traballos concretos na altura que mostren esa riqueza lexical. Víctor López Seoane (1877) recolle nun artigo unha relación elaborada, desde un punto de vista histórico-natural, non desde un punto de vista dialectolóxico, os diferentes tipos de anfibios e réptiles que había no país: píntega, pezoña ou sacaveira; lagartuxa ou sacarrancha, entre outros. Neste traballo non se toman en conta os dialectalismos lexicais no eido da natureza xeográfica na lingua literaria da altura, mais permite achegarse ao léxico dialectal do século XIX. Por exemplo, no que respecta ao léxico da fauna, para alén da forma máis común can, está a forma cuzo (forma empregada nas serras orientais do país e do galego estremeiro); ao termo raposo correspóndelle a forma golpe (típica da Galiza mindoniense) e, para alén de golpe, está o termo volpe, máis próxima ao étimo latino. Cabe destacar tamén, que no tocante á acentuación, hai mudanzas en certas formas, dependendo da súa distribución xeográfica. Por exemplo, paxaro ou páxaro; pexego ou péxego; lostrego (aparece noutras zonas do país, como Pontevedra), lóstrego (propia da área mindoniense) ou lostro. Alén diso, á forma rula (típica na metade occidental da Galiza) correspóndelle o termo rola, propio de Ourense e parte de Lugo. Alén diso, hai certos trazos fonolóxicos, como a perda da nasalidade vocálica da lingua medieval que aparecerán espallados polo territorio galego. É o caso de gado/gando, coello/coenllo. Á súa vez, nese gado/gando hai diferentes formas para referirse ás súas pezas, dependendo da súa distribución xeográfica; para referise á cría da vaca empréganse formas como cucho, xuvenca, xato ou tenreira. Hai outras formas no tocante ao léxico da fauna como xabarín, o cal ten distintas variantes dialectais como xavalí ou xabariño. Voltando ao léxico da flora, existen as formas castañeiro, castiñeiro ou castiro, mais no século XIX era máis empregada a forma castiñeiro. Outros casos de dialectalismos lexicais no eido da flora son mazaira, macira, maciñeira, mazanceira ou mazanceiro; amieiro, ameneiro ou abeneiro. Logo, para alén da árbore sabugueiro, 2

cuxa forma é máis común no norte do país (na área mindoniense), existen outras variantes como bieiteiro, biouteiro ou biaiteiro. Todas estas árbores teñen pólas ou ponlas, dependendo da área do país. Canto ao léxico propio das paisaxes agrícolas da Galiza, empréganse formas como cómaros ou arroós para se referiren aos lindeiros dun terreo e para facer referencia aos limites dunha propiedade existen os termos valo, valado ou beirón. Outras formas do léxico da paisaxe rural galega son fieito, fiéito ou fento; hórreo, bergueiro, cabazo, cabaceiro, espigueiro, piorno, entre outras. Os hórreos costuman estar próximos ás casas, preto de terreos que se empregan para tarefas agrícolas, as eiras ou airas (máis típico da Galiza oriental). Alén diso, nas eiras ou airas costumaban facerse pozos ou puzos (forma propia de algunhas falas ourensás) co obxectivo de proporcionar auga ás casas. Para referirse a formas propias da costa existen os termos xurelo ou chicharro. Logo, dependendo da procedencia do falante, empregarase a forma nai (propia da faixa occidental da Galiza) ou mai (típica do centro e leste do país). E a nai ou mai utilizará neno/-a, pícaro/-a, cativo/-a, meniño/-a, entre outras formas. Para facer referencia ao avó, o/-a neno/-a, pícaro/-a, cativo/-a, meniño/-a, empregará avó, mais para se referir á avoa, poderá empregar avoa ou avó, nomeadamente na Galiza meridional. Aliás, os/as nenos/as dormen no berce, berzo ou barrelo. No que se refire ao léxico de temática sentimental, as formas bicar e bico eran máis típicas no século XIX, mais beixo e beixar tamén eran empregadas, aínda que non con tanta fecuencia. A forma cóxegas convive con cóchegas, deligras, teligras, deligas (típicas estas tres últimas da área mindoniense) ou tiligas, entre outras. No léxico propio da climatoloxía empréganse, para se referiren ás nubes baixas, as formas brétema (a máis empregada nos textos do século XIX), néboa ou bruma. Da fusión de néboa con trebas ou tebras formouse tréboas. Para alén da brétema, a chuvia, choiva ou chuva é tamén moi común nos países atlánticos. Un feito oposto á brétema, e mesmo á chuvia, é alumiar, lumiar ou lumear. Canto ao léxico culinario, empregarase a forma bica (en moitas rexións de Ourense) ou botelo (na Galiza oriental). Estes termos pódense esquecer ou esquencer e mesmo mirar co significado de ver (na metade sur de Pontevedra) ou guichar como sinónimo de ver en Pontevedra tamén.

3

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.