Gramática da ausencia. TEORÍA DAS PREPOSICIÓNS. CLAUDE ROYET-JOURNOUD Amastra-n-gallar | 2009

Share Embed


Descrição do Produto

112

se cara a versos finais que acollen preguntas espetadas sen contemplacións, directas e ferintes, que despoxan de máscaras e removen sentires. A autora endexamais camiña soa. Noutrora as lauras poboaban o seu universo e desta volta a poeta garántese novas compañeiras de xogos que len El agujero de las cosas perdidas, entoan cancións infantís e sofren as obrigas de ir a misa e camiñar ergueitas. A todas elas dedícaselle esta escrita que xorde coa rabia e a dor que produce o abandono da infancia e a aceptación das novas regras do xogo, a procura individual de explicacións cabais do mundo. Noutras coordenadas, a poesía de Branca Novoneyra, antes de ser publicada en papel, danzábase en escenarios alternativos. A carón do nome da autora ecoan títulos como Nexus 6, Late ou Bucle, espectáculos multimediais nos que a bailarina e coreógrafa mesturaba música, poesía e danza para explicar sensacións e condutas dun ser humano en loita coa sociedade. A vontade de experimentación artística da autora expándese a outros proxectos entre os cales sobresae “Tender a man”, no cal a súa danza segue o ritmo das programacións e dos acordes de Sulxeitos e acompaña tanto o recitado de versos de Yolanda Castaño coma o canto de Mónica de Nut Teatro. Dentro do labirinto, primeiro poemario (publicado) da autora, é ademais o punto de partida do

espéctaculo de danza Game Over, videoxogo coreografado de 25 minutos onde o verso adquire ao mesmo tempo gran protagonismo. O esquema construtivo da obra, ilustrada por Anxo Pastor e composta por un conxunto de poemas enmarcados polas composicións tituladas “saída” e “chegada” , ben podería lembrar a sucesión de pantallas de calquera aventura gráfica. Finalmente, inclúese como peche un grupo de cinco poemas recollidos baixo o título de “After Dark”, dos cales destaca “O aire das acacias”, ao evocar o acougo da fin da viaxe e da fin do soño. A escrita de Branca Novoneyra devólvelle protagonismo á, ás veces esquecida, dimensión física do ser humano. Esta é a razón de que a súa ollada se deteña con minuciosidade taxidermista nos efectos da viaxe poética en pel, ósos e extremidades. En consecuencia, fíxase unha cartografía de impactos físicos —fame, debilidade, náuseas, desmaios— e repénsase poeticamente o corpo ao escribir desde a perspectiva da bailarina que é extremadamente consciente da súa febleza e dos seus límites. Corren tempos nos que a poesía, máis que nunca, transcende as fronteiras do libro impreso e ecoa feita voz en recitais, performances e espectáculos de danza. Neste panorama creativo —e fervedoiro poético— Xiana Arias observa e pregunta desde un cuarto baleiro e Branca Novoneyra somérxese nunha aventura para polo menos atopar respostas no cerne do labirinto n Antía Marante Arias

Gramática da ausencia TEORÍA

DAS PREPOSICIÓNS

CLAUDE ROYET-JOURNOUD Amastra-n-gallar | 2009 | 82 páxinas

laude Royet-Journoud foi quen, noutro lugar, escribiu: “A máscara non instaura unha distancia, senón outra proximidade”. Frase na que asenta unha inversión, unha transvaloración. Do poeta francés, Amastra-n-gallar

C

publicou a finais de 2009 un libro que —como todo texto que funda a súa gramática— perturba a relación primordial: a do suxeito coa linguaxe. Só se precisa iniciar Teoría das preposicions para atopar a ausencia, que xorde dunha decisión, a de escribir a partir de “voces [que] xa non se conxugan”. Polo tanto, a ausencia é necesaria para a aparición do texto, eses “xestos en negro” ou utensilios dun dominio abstracto que circundan a presenza humana ata facela desaparecer na mesma linguaxe, exactamente o oposto ao corpo. Signos e carne. Da relación entre corpo e linguaxe, o que vén ser o mesmo ca dicir da relación entre dous corpos, é do que se vai ocupar Royet-Journoud. Isto é, da relación entre presenza e representación artellada mediante os signos e, inevitablemente simultánea, da relación entre corpo e suxeito, ou entre corpos e suxeitos. En ambos os dous casos, a busca de sentido anoa ausencia e presenza nunha corda que os poemas deste libro tensan ata a vibración sonora máis próxima ao silencio (quere dicir, á ausencia definitiva de significación). Así e todo, a tradución de Emilio Araúxo —poeta da edición, presente e ausente no campo literario galego— lévanos desde o orixinario “alfabeto do devanceiro” ata un sentido final que se despraza continuamente para, se cadra obxectivo do poeta, acadar esa “de-

O ESPELLO DAS LETRAS

nudación sucesiva” que di o derradeiro verso do libro. Pois, atinado ou non, e ao falarmos de literatura o acerto apenas ten importancia, quen lea os textos de xeito sucesivo se ha ver desprazado no sentido da linguaxe, quere dicir, nun percurso que o leva da ausencia á presenza, da busca de sentido ao achado final dunha significación, mesmo ca esta sexa o baleiro (“que se escoita cos ollos pechados para retelo”), o enigma ou, como síntese resolutiva, o “equilibrio do nome”, a propia linguaxe como certeza de coñecemento, como traza da existencia e única posibilidade de perduración. Mais escribía eu antes sobre a palabra “relación”, da que “preposición” pode ser unha boa metonimia. A teoría do poeta —pois sen pensamento non hai experiencia, sen teoría o acto disólvese na nada— escríbese ao fío dunha relación, dun desprazamento que vai do común á alteridade, da linguaxe á poesía, do eu ao outro, do corpo ao amor. Esa relación é a que xorde do relato, da historia ou sucesión que remata nun sentido, ou nun sen-sentido. “Un relato de peles exhibidas” no que é a linguaxe a que amosa, denuda ou desanoa calquera relación; quer a do texto co significado quer a da comunidade co suxeito, a da linguaxe coa literatura ou a do corpo co amor. Pois ao “esgotamento dun alfabeto” —e a linguaxe non é máis ca o prolongamento do corpo— sucede a continuidade da carne (“o bordo é un aparato de sentido”), continuidade porque non a interrompe nin a caída no baleiro cando a lingua lle é “subtraída ao mundo”. O corpo, daquela, vira corpo de linguaxe, faise boca e lingua, abstráese e fica asemade concreto na fala e no tacto; ese son e ese tocar que expresan o amor como atención: unha emoción non recíproca na que o Outro é sentido como alteridade, ausencia de identidade que se fai presente nun (“Eu confíolle o corpo apagado dunha voz”). Onde esa voz apagada, silandeira, é a que sinala a distancia, o baleiro que a atención non oclúe nin ao que a linguaxe

outorga significación. Esa localización dos corpos na distancia, da linguaxe na carencia de significación, esa perda de veciñanza indica un afastarse da forma, do “asentamento intelixíbel” que establece a sucesión, a repetición, a xeración ou a reprodución que funda a comunidade. O comunal está ausente porque esixiría a reciprocidade, a adecuación do Outro coa que se formaría o Mesmo; xa non sería posible a atención á alteridade, ese “nome como distancia” que establece, sen a fixar, “a incomprensión [como] espazo vivo”. Nas páxinas 56 e 57, nun díptico seguramente formado polo azar da compaxinación, represéntase esa tensión entre o comunal e a alteridade que a linguaxe non chega a resolver e da que a literatura non deixa de ser un resto. Os poemas din: “POR MEDIO DUN CORPO // fotografías para calzar o conxunto” e “CADA ELEMENTO É SEPARÁBEL // na alteración doutro corpo”. Nesa alteración do corpo que é a linguaxe, e que é o amor, cífrase para min o “esforzo local” de Claude Royet-Journoud, a súa dor, a perturbación de afirmar que “a preposición escolle o incesto”. Na escena do seu libro, a ausencia que se fai concreta (“A desaparición está no cristal”), a fachada que se esfola para abrirse ao baleiro, a espera da perda, iso que nunca volve e acaba por converter o grosor en transparencia, axúdanos a “non sentir máis có movemento baleirado do pulso”, a insistencia da linguaxe como necesidade de inmanencia n Carlos Lema

Un Plauto para profanos e especialistas PLAUTO,

OS XEMELGOS

X. A. LÓPEZ SILVA (TRADUCIÓN DUCIÓN CRÍTICA)

E INTRO-

Andavira Editora | 2010 | 264 páxinas

alia que a tradución de obras literarias ao galego xa non é un feito marxinal, os clásicos grecolatinos na nosa lingua

M

seguen a ser escasos. Por iso énchenos de satisfacción que unha editorial privada aposte por esta obra de Plauto que busca deleitar e tamén ser útil a un abano de público moi amplo. O tradutor, que xa nos ofreceu con anterioridade versións do latín (Crónica de Idacio) e do grego (Electra de Sófocles), así como reflexións sobre a política de tradución en Galicia e as súas carencias, presenta agora unha das obras máis populares do autor latino e unha das máis representadas na actualidade, nunca traducida ata o de agora á nosa lingua. Nunha longa introdución, moi ben documentada, despois de contextualizar o feito teatral nas coordenadas históricas do seu tempo, López Silva fai un percorrido cronolóxico pola historia do teatro latino desde as súas orixes ata a súa influencia nas literaturas das linguas modernas. Partindo dos espectáculos preteatrais, comeza por valorar as tradicións osca e etrusca e o seu posible papel na transformación do elemento grego e, polo tanto, na configuración característica do teatro romano. A partir de aquí ofrece unha visión de conxunto de todos os xéneros e épocas, deténdose máis na comedia palliata e en Plauto, como é natural. Pero o estudo no só atende a aspectos literarios, senón mesmo extraliterarios, na liña das tendencias máis recentes de análise extratextual do teatro antigo. Así aborda problemas como a forma dos edificios teatrais, a disposición do público nas bancadas, a consideración social dos actores ou a importancia do teatro como espazo público e definitorio na estrutura

113

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.