Historias dos Centros Historicos: a memoria social das sete cidades galegas

June 5, 2017 | Autor: J. Cardesin Diaz | Categoria: Digital Humanities, Urban History, Historia Urbana, Humanidades Digitales
Share Embed


Descrição do Produto

Historias dos Centros Históricos: a Memoria Social das Sete Cidades Galegas José María Cardesín [Universidade da Coruña]

XG000000_a_galicia_urbana_OK.indd 396-397

24/01/14 10:38

José María Cardesín

Hai anos que vimos traballando, no ámbito xeral da historia urbana, ao redor dun problema de investigación: as características da cidade europea –e en particular a galega– como espazo de xestión ao longo da idade moderna e contemporánea. Temos abordado este problema mediante un proxecto de investigación, «Historia Urbana de Galicia»1, que implica a elaboración dun Atlas Histórico das sete cidades galegas durante os séculos XVII-XX, nun formato dobre: un libro tradicional e unha web multimedia. Proxecto e atlas obrigáronnos a debuxar, seguindo un método regresivo, unha planimetría histórica para o conxunto do período e para as sete cidades. Estes planos, debuxados con rigor, son susceptíbeis de seren xeo-referenciados e de seren a base dun HIS, un XIS histórico. Ademais permítennos contemplar a evolución da mancha urbana a través do tempo e localizar de maneira rigorosa acontecementos, itinerarios e en xeral a información que nos proporcionan as nosas bases de datos. No curso desta investigación atopámonos con problemas metodolóxicos relacionados co tratamento das fontes cartográficas: unha cuestión crucial dado o papel tan diferente que teñen xogado planos e mapas nas diversas disciplinas que integran as ciencias sociais. Outra cuestión especialmente relevante é a da utilización do casco urbano actual como «punto de partida» para, a través dun método regresivo, chegarmos a reconstruír o seu tecido en épocas pasadas. A propia historia do centro urbano ven condicionar as transformacións que ten experimentado no conxunto da cidade, o seu estado de conservación actual e as posibilidades de revitalizalo. As tres grandes opcións coas que, no curso dos últimos sesenta anos, teñen xogado as administracións para enfrontarse ao deterioro dos centros históricos –rehabilitación, renovación urbana e destrución pura e dura–2 son inseparábeis do conxunto das políticas urbanísticas e de vivenda.3 Finalmente as políticas de marketing de cidades actuais teñen efectos contraditorios sobre os estudos científicos: poden achegaren recursos moi valiosos –financiamento ou a oportunidade para a colaboración interdisciplinar- máis tamén poden mediatizar as investigacións de maneiras menos positivas.

Historias dos centros históricos: a memoria social das sete cidades galegas

1. Formular un problema de investigación

  Ver para o caso galego Martínez, M. (2004): «A rehabilitación urbana dos centros históricos e a política de vivenda», en X. M. Souto, X. Bouzada e A. Figueiredo: Segundos Estudos Estratéxicos do Eixo Atlántico. Pp. 109-164.

Arquitectura e urbanismo enfróntanse á dobre tarefa de resolver problemas funcionais e difundir significados. E isto verifícase polo menos nun triplo ámbito. Os dous primeiros son a loxística material (abastecer e manter sa á poboación) e a loxística social (curar, controlar, organizar). As cidades concentran enerxía, información, poboación e capital ata un limiar crítico que fai posíbel a transformación social. O terceiro ámbito é o mental/ideacional e está constituído por espazos tan diferentes como a relixión e a cultura política, adoptando formas como o ritual ou as políticas de memoria. As cidades son os lugares onde o mundo é imaxinado e alí sitúanse as sedes de publicacións, cafés, teatros, escolas e institucións relixiosas. A importancia dos centros urbanos é, xa que logo, superior ao seu peso demográfico no conxunto do país. A partir desta formulación definimos un triplo obxectivo de investigación: o crecemento da cidade e a extensión do tecido urbano; a construción das infraestruturas e servizos públicos; e os cambios nas institucións de goberno local, sobre todo no que respecta ás competencias relacionadas coa planificación urbana. A nosa hipótese poderíase enunciar como segue. A construción física e cultural da cidade é o resultado histórico do encontro entre dous factores, a planificación que as autoridades públicas e os axentes económicos desenvolveron, e as respostas xeradas polos habitantes da cidade, individual e colectivamente. Todo iso mediado polos cambios na cultura política. Unha perspectiva comparativa permitiríanos contrastar hipóteses ao redor da capacidade dos axentes sociais para reinterpretar os retos xerados polas forzas do mercado e do estado, e analizar o peso das inercias do medio xeográfico e da historia. Estudar o tránsito da cidade moderna á contemporánea en Galicia obríganos a abordar un intervalo cronolóxico moi amplo (1700-2000), de maneira que sexamos capaces de entender as características dos dous grandes modelos e as particularidades do período de transición. Isto obríganos tamén a traballar dacabalo entre distintos mundos académicos. Dun lado entre dous ámbitos subdisciplinares, a Historia Moderna e a Historia Contemporánea, cuxo contacto dista de ser perfecto no noso país e en toda Europa. Doutro lado entre distintas historiografías nacionais que serven como modelo: unha «versión continental» moi influída polos cortes da historia política, en particular o da Revolución Francesa; e unha historia anglosaxona marcada por unha visión mais gradual e polo peso da historia económica, en particular da revolución industrial. Aos problemas de escala temporal véñense unir os de ámbito espacial. Atopámonos no seo dunha historia urbana cun rumbo eurocéntrico, que por exemplo presta atención menor ás grandes capitais asiáticas e mesmo ás grandes capitais europeas baixo cultura islámica, como a Córdoba califal ou a Istambul otomá. Unha historia que ata

398

399

1

  O financiamento inicial procedeu da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, a través do proxecto «Historia Urbana de Galicia: procesos de rehabilitación nos centros históricos» (Código PGIDIT07SEC010102PR), nos anos 2007-2010.

2

  Ver para o caso francés Bakcouche, I. (2013): Aménager la ville. Les centres urbaines français entre conservation et renovation (De 1943 à nos jours). Armand Colin, París.

3

XG000000_a_galicia_urbana_OK.indd 398-399

24/01/14 10:38

José María Cardesín

Historias dos centros históricos: a memoria social das sete cidades galegas

datas recentes centrábase en Europa Occidental en prexuízo de Europa Oriental e sobre todo de Mitteleuropa. E que se centra nas grandes cidades europeas (París, Londres, Berlín, Viena, Roma) e máis preto de nós nas súas homólogas ibéricas (Madrid, Barcelona, Sevilla, Lisboa). Por iso é polo que decidimos dirixir a nosa investigación cara a un conxunto de cidades de pequeno/mediano tamaño (o equivalente dos «towns» ingleses) situadas nun espazo periférico, o NW da Península Ibérica. Tentamos non deixármonos atrapar por unha historia local e pretendemos entender a cidade como formando parte de redes. Por iso analizamos a construción dunha rede urbana de ámbito rexional, a galega. En calquera caso para nós a «rexión» é unha escala especial, é dicir unha ferramenta analítica, non un «deus ex machina». A escala rexional, convención importada en parte desde a historia moderna dos «Annales», non supón necesariamente a existencia dunha rede rexional senón dunha escala de análise que permite comparar e é máis abarcábel que a estatal actual. Abordamos esas cuestións mediante un proxecto de investigación no que levamos varios anos traballando, «Historia Urbana de Galicia», que implica a elaboración dun Atlas Histórico. Proxecto e Atlas desenvolven unha proposta de análise comparada dos centros históricos das sete principais cidades de Galicia: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, que en 2001 contaban cunha poboación conxunta de 955.000 habitantes, entre o mínimo de 82.000 de Ferrol e o máximo de 270.000 que marcaba Vigo. Este sete cidades sumaban no ano 1752 un total de 68.000 habitantes e superaban todas elas nesa data o límite inferior de 2.000 habitantes: o mesmo límite que adoptaría máis dun século despois, no ano 1887, o Instituto Internacional de Estatística para estabelecer unha definición mínima de cidade. Deseguido puidemos comprobar que desenvolver esta síntese sobre as sete cidades galegas ao longo dun período tan amplo enfrontábase a dificultades operativas. Non só a maior parte dos estudos previos con que contamos son de ámbito local. Ademais, segundo a cidade de que se trate, as investigacións foron realizadas por historiadores especializados en historia moderna ou contemporánea, historiadores da economía, historiadores da arte, xeógrafos con vocación histórica, sociólogos, arquitectos, urbanistas e arqueólogos. Todo iso supón non só obxectivos de investigación diversos, senón tamén diferentes metodoloxías, aparellos teóricos e mesmo diversos significados aplicados a un mesmo vocabulario. Ademais parte da investigación do últimos vinte anos foi realizada no seo das administracións municipais e non foi aínda publicada de maneira adecuada4. Parte da documentación máis relevante, incluso a cartográfica, xace no seo

dos arquivos locais, ben coñecida polos especialistas en cada cidade pero de acceso máis complexo para o investigador foráneo. Tendo en conta todas estas dificultades organizamos un proxecto de investigación que implicaba a colaboración dun conxunto de especialistas da Universidade da Coruña, procedentes de campos como a historia, xeografía, socioloxía, arquitectura e urbanismo, informática e deseño gráfico. A investigación implicaba ademais a toma de contacto ou o traballo conxunto con máis dunha trintena de técnicos ou investigadores académicos: se os primeiros traballaban na administración dalgunha do sete cidades, os segundos, estivesen adscritos ou non a algunha das universidades galegas, adoitaban con escasas excepcións centrar o seu interese no estudo dunha soa cidade. Coa colaboración destes investigadores e técnicos, novas áreas de traballo como a arqueoloxía, a historia da arte e o dereito viñeron engadir a súa perspectiva a este proxecto. E entón atopámonos co problema dos mapas…

4

  Por exemplo as investigacións vinculadas ao desenvolvemento de servizos arqueolóxicos municipais, que acompañaron a importantes tarefas de re-urbanización e rehabilitación dos centros históricos ao longo das últimas dúas décadas.

400

XG000000_a_galicia_urbana_OK.indd 400-401

2. Como resistirnos a traballar con mapas?

Porque en efecto enfrontabámonos a un problema serio de fontes. Na cidade estudada pola historia moderna e contemporánea, a importancia das investigacións de demografía histórica ou daquelas referidas á estrutura social resulta non só da importancia intrínseca destes temas senón tamén das oportunidades que ofrecen as fontes, por exemplo os censos de poboación que marcan cortes cronolóxicos claros e que permiten a comparación. Máis para entender cuestións como estrutura, acción ou significado debemos visualizar o espazo en que teñen lugar os acontecementos. E o certo é que descoñecemos as cidades reais nas que se movía a xente, porque nos falta cartografía e imaxes orixinais. Só por cinguirnos á Península Ibérica e fóra das súas principais cidades, raramente contamos con boa planimetría anterior ao século XIX. No que respecta as sete cidades galegas, en tres delas –Lugo, Ourense e Pontevedra– o primeiro plano que cubre cun mínimo rigor o conxunto do casco urbano é de mediados dese século. E polo que sabemos das cidades americanas de ámbolos dous hemisferios, nos séculos XVII-XVIII os mapas preséntannolas cun trazado regular que se afasta bastante do que coñecemos por outras fontes5. En canto ás imaxes, antes de que a popularización da fotografía urbana fora do estudo viñera a proporcionarnos os primeiros «varridos» sistemáticos a principios do século XX, dependemos das ilustracións que nos fornecen pinturas e gravados, que raras veces se obsesionan co rigor documental.

  Goerg, O. e Huetz de Lemps, X. (2011): La ciudad europea de ultramar. Universidad de Valencia, p. 74.

5

401

24/01/14 10:38

José María Cardesín

Figuras 1 e 2. Plano do Metro de París en 1913 (superior) e Plano do Metro de Londres c.1930 (inferior)

Se as gráficas son o gran instrumento de representación cuantitativa para os especialistas en demografía histórica e historia económica, os mapas son para os historiadores urbanos unha das grandes ferramentas para representar datos cualitativos e a súa dis-

Historias dos centros históricos: a memoria social das sete cidades galegas

tribución espacial. Resulta asombrosa a información que podemos obter dun simple mapa de metro acerca da interacción entre xeografía e historia na construción da cidade. Tomemos o exemplo de París (Figura 1)6. Dado que as vías de metro trazábanse seguindo o itinerario das grandes vías urbanas de superficie, o metro de París cóntanos a historia da expansión urbana a través de tres aneis sucesivos: desde as murallas baixomedievais que foron destruídas no século XVII para abrir a primeira rede de bulevares, ao muro trazado a finais do século XVIII con fins fiscais, para asegurar o cobro de impostos sobre as mercadorías que entraban na cidade, ata finalmente as fortificacións construídas por orde de Thiers na década de 1840, que debuxan ata hoxe a separación entre a cidade e a súa banlieue, así como o trazado do «periférico». E que nos conta o mapa de metro de Londres (Figura 2),7 tan distinto en comparación, coas liñas concentradas ao norte do Támesis e saíndo en todas direccións tamén cara ao norte? Pois é a historia da expansión urbana de Londres, seguindo a ruta das estradas que abandonaban a cidade, onde a extensión das liñas de ferrocarril, metro e tranvía permitiu construír lonxe do centro urbano vivenda barata para a clase media e os traballadores. O mapa da rede de metro en 1930 amosa ben ata que punto o río constituíu unha barreira case infranqueábel, non só para a rede de transportes senón para o crecemento urbano. Porque o Támesis non é un río pracenteiro: Londres atópase preto do mar, e dende época romana escolleu un tramo ancho do río polas súas potencialidades como porto. E, ata que se construíu a Thames Barrier fai agora medio século, a capital inglesa sufría periodicamente problemas de inundacións.8 Como amosan recreacións dixitais recentes, só con que o nivel das augas subise 5 metros o South Bank ao sur do río asolagaríase. Os mapas resultan tan útiles para facer historia urbana como as gráficas para a historia económica. O que pasa é que cos mapas non sempre tomamos as mesmas precaucións metodolóxicas que coas gráficas. Explícome: cando utilizamos gráficas sabemos que as magnitudes espaciais e temporais e os criterios de deseño teñen que ser homoxéneos para facer posíbel a comparación. Se queremos comparar o crecemento de sete cidades calquera, damos por suposto que os datos teñen que se referir ao mesmo período temporal. E non se nos ocorre proporcionar os datos dunha en números absolutos e outra en porcentaxes, ou usar para unha cidade un gráfico vectorial e para outra un gráfico de barras.   Chadich, D. e Leborgue, D. (1999): Atlas de Paris. Evolution d’un paysage urbain. Parigramme, París, p. 167.

6

  Cloud, H. (1999): History of London. Times Books, Londres, p. 113.

7

  Ibid, pp. 22-23.

8

402

XG000000_a_galicia_urbana_OK.indd 402-403

403

24/01/14 10:38

José María Cardesín

Historias dos centros históricos: a memoria social das sete cidades galegas

Figura 3. Evolución da poboación das sete ciudades galegas, 1842-2001. Elaboración propia en base aos datos dos padróns municipais

presentamos os correspondentes a Lugo, Santiago de Compostela e Vigo (Figuras 4, 6 e 8), o máis normal é que representen cortes cronolóxicos distintos, algo que ás veces pasa inadvertido cando só se mira a súa data de publicación. Tratándose dun encargo editorial, o equipo de Francisco Coello non deseñou os planos ex-novo. Parece mais ben terse encargado de atopar planos aceptábeis para cada cidade, e de adaptalos a uns criterios gráficos comúns para toda a serie. Telo amosado dun xeito convincente Julio Reboredo no seu estudo11 sobre o plano de Lugo de Francisco Coello datado en 1864, e que podemos ver na Figura 4: trátase do calco dun plano anterior, de 1846, que se garda no Museo Diocesano, e que á súa vez contén erros de vulto, que foran sinalados no orixinal, máis que Coello non se molestou en corrixir. Aínda con todo, contar con series de mapas destas características non é habitual para a Galicia anterior ao século XX. O máis habitual é precisamente o contrario, en particular segundo nos remontamos a antes de mediados do século XIX. A escala vai perdendo rigor no detalle, sobre todo fóra das áreas máis prestixiosas do centro urbano. Adóptanse criterios de representación gráfica que moven a confusión, como a paleta bicolor sepia-amarelo típica do século XVIII que serve para representar dun lado o construído e doutro o proxectado. Aparécennos mapas cunha perspectiva aérea que reúne as virtudes pero tamén os vicios de plano e alzado… Mesmo se contamos con mapas editados convenientemente, xa se trate dos orixinais ou de cartografías temáticas ou históricas realizadas a partir deles, as dificultades para realizar a comparación son grandes. Os mapas de base, realizados para cada cidade ao longo dos últimos séculos, foron elaborados en datas diversas, e serviron para orientar cronoloxicamente os estudos realizados a partir deles. Contando con cortes temporais diversos, resulta ás veces difícil avaliar se as diferenzas aparentes entre os desenvolvementos operados en distintas cidades non poderían deberse en parte a cortes cronolóxicos tamén distintos. Unha diversidade de especialistas implicados en cada investigación local supón tamén a realización de mapas temáticos elaborados con criterios diferentes, con escalas espaciais e convencións gráficas distintas12. Para obviar estes problemas decidimos que todos os planos do noso Atlas deberían ser redebuxados, usando os mesmos criterios de deseño gráfico, en tres escalas: xurisdición/concello, cidade e centro histórico. Partimos de planos oficiais e xeo-referenciados

Mesmo cando respectamos esas precaucións, desatender ás cuestións do deseño gráfico pode xerar problemas significativos. Voluntariamente decidimos converter á escala de grises esta gráfica das sete cidades galegas (Figura 3), debuxada orixinariamente en cores, sen mais modificacións. O resultado é moi confuso. Aínda se aclararamos nestas liñas que as dúas que mais medraron foron (por esta orde) Vigo e A Coruña, interpretar os itinerarios das outras cinco cidades resulta tarefa imposíbel. Mais que sucede cando tentamos cartografar a repercusión sobre distintas cidades dunhas mesmas circunstancias históricas?9 Mesmo cando os historiadores achegamos mapas ás nosas publicacións, non adoitamos debuxalos nós mesmos, nin contratamos a especialistas para que o fagan: reaproveitamos habitualmente planos realizados por outros colegas ou reproducimos mapas antigos. Mapas que nos proporcionan moita información, pero a partir dos cales é difícil comparar, dado que as escalas espaciais, os cortes cronolóxicos e os criterios de representación gráfica varían. Aínda se contamos coa posibilidade de recorrer a planos con similar grafismo e coa posibilidade de reducir á mesma escala, como os da serie de Francisco Coello de mediados do século XIX que cobre as setes cidades galegas10, e dos que neste texto 9

  Rodríguez, I. (2000): «Los estudios de ciudades españolas en el siglo XVIII: un acercamiento desde la evolución del plano», en S. Lombardo (coord.): El impacto de las reformas borbónicas en la estructura de las ciudades. Un enfoque comparativo. Consejo del Centro Histórico de la Ciudad de México, pp. 17-50.

  Reboredo, J. (2010): «El plano de Lugo de Francisco Coello», en revista Lucensia, núm. 40. Lugo, pp. 153-162.

11

  Quirós Linares, F. (2009): Las ciudades españolas en el siglo XIX. Vistas de ciudades españolas de Alfred Guesdon. Planos de Francisco Coello. Ed. Principado de Asturias, Oviedo.

  A elección dunha escala de análise espacial e temporal determinada ten efectos decisivos non só sobre a definición do obxecto de estudo, senón tamén sobre as conclusións da investigación en termos de relacións de causalidade. Ver Lepetit, B. (1996): «De l’échelle en histoire», en J. Revel (dir.): Jeux d’échelles. La microanalyse à l’experience. Gallimard-Le Seuil, París, pp. 71-94.

404

405

10

XG000000_a_galicia_urbana_OK.indd 404-405

12

24/01/14 10:38

José María Cardesín

Historias dos centros históricos: a memoria social das sete cidades galegas

da Consellería do Territorio da Xunta de Galicia. Reelaborámolos segundo certa escala e pautas gráficas que deberían servir de modelo para novos mapas correspondentes ao sete cidades no ano 2000. E sobre os devanditos planos-base fomos situando a información de mapas máis antigos, e conseguimos xerar planos rigorosos (e susceptíbeis de seren xeo-referenciados) no pasado, en 1936, 1860, 1800 e 1700. Deste xeito conseguimos alcanzar un triplo obxectivo. As referencias que nos aparecen na documentación ou aquelas que elaboramos nas nosas bases de datos (domicilios, localizacións de acontecementos, itinerarios) pódense situar con rigor no plano. Ademais a secuencia de planos permítenos estudar como vai evolucionando a mancha urbana: é dicir, como medra a cidade –espazo edificado e rede viaria– máis aló do que os modelos teóricos ou a historiografía predin. E finalmente, utilizar os mesmos cortes cronolóxicos e criterios de representación gráfica axúdanos a entendermos as traxectorias diversas que seguen as distintas cidades e a comparalas na mesma época. O proxecto rematou, e o Atlas irá pronto camiño do prelo. Imos presentar, no resto da nosa contribución, as reflexións sobre algúns dos resultados que temos acadado.

bel a conversión á nova fe, mediante a prohibición da pluralidade relixiosa propia do mundo romano. As relixións mistéricas máis puxantes do Imperio –os cultos de Mitra e Isis– estaban presentes na cidade con dous importantes santuarios; polo menos o primeiro semella ter sido destruído de maneira violenta a comezos do século IV. Figuras 4 e 5. Plano de Lugo c.1864, por Francisco Coello (esquerda) e Ortofoto do Centro Histórico de Lugo c.1995 (dereita)

3. Os centros históricos cóntannos a historia urbana de Galicia

Os centros históricos son unha base moi produtiva para entendermos a historia urbana de Galicia. De feito, nós mesmos impartimos aulas acotío polas rúas das nosas cidades, co obxecto de ilustrar cuestións do programa docente. Neste texto e dadas as limitacións de espazo, ímonos centrar en tres exemplos: Lugo, Santiago e Vigo. Imos comezar por Lugo13. Fundada no ano 15 a.C., a cidade foi peza central da incorporación da Gallaecia ao Imperio Romano na era de Augusto. Chave do paso sobre o Miño na Galicia setentrional, converteuse en capital do convento lucense, ata contar cunha poboación que puido acadar 5.000 habitantes. A erección das murallas a finais do século III respondeu a un edicto xeral para todo o Imperio, e veu romper co que fora ata entón tradición romana de cidades abertas. O recinto amurallado naceu sobredimensionado, máis as súas características construtivas –cascallo cementado con cal– déronlle solidez, e ao tempo impedíronlle xogar o papel de «canteira» de materiais de construción; dúas características que foron vitais para asegurar a súa preservación durante a Idade Media. A cristianización da cidade e a súa conversión en sé episcopal non semellan ter vido referendar crenzas amplamente difundidas, máis parecen o acto político que fixo posí  Aproveito para agradecer aquí as dúas visitas guiadas polo centro histórico que me organizaron os arqueólogos Enrique González e Celso Rodríguez Cao: as súas explicacións de primeira man e as súas publicacións resultáronme fundamentais para entender a evolución histórica da cidade. Ver González, E. (2005): Imago Antiqua. Lugo Romano. Concello de Lugo. E Rodríguez Cao, C., ed. (2011): A Domus do Mitreo. Santiago de Compostela.

A finais do século XVII Lugo era unha pequena vila de 3.000 habitantes, que apenas ocupaba unha parte reducida do perímetro defendido polas antigas murallas. Que a cidade fose sede dun bispado definía o carácter dos principais edificios: catedral, pazo episcopal, seminario, dous conventos masculinos e dous femininos, e un hospital xestionado por monxes. Apenas o concello, na praza maior, supoñía unha tímida afirmación do poder civil. No curso do século XVIII a cidade apenas medrou, e cando o fixo foi sempre baixo patrocinio do seu señor, o bispo: reconstruíronse o concello e algúns edificios relixiosos, e recuperouse o acueduto romano. A afirmación do poder da monarquía traduciuse na construción dun cuartel para aloxar ás tropas e dunha prisión do rei. Na primeira metade do século XIX produciuse unha tímida expansión do tecido urbano, ao redor dos camiños que saían da cidade. A revolución liberal non se traduciu en principio na construción de novos edificios públicos, senón na desamortización dos bens eclesiásticos e en primeiro lugar dos conventos, para destinalos a novos usos. Un

406

407

13

XG000000_a_galicia_urbana_OK.indd 406-407

24/01/14 10:38

José María Cardesín

Historias dos centros históricos: a memoria social das sete cidades galegas

dos conventos femininos foi demolido, para ampliar a praza maior, mentres o segundo foi reconvertido en delegación provincial de Facenda. Os dous conventos masculinos aloxaban agora hospital e hospicio, cuartel militar, escolas e un teatro, mostra de novas formas de sociabilidade. A nova centralidade do poder civil emanado do concello tamén se evidenciara na erección dun mercado municipal e dun cemiterio fóra de murallas, conforme se prohibían os enterramentos na contorna das igrexas. E este o Lugo que nos amosa o Plano de Francisco Coello (Figura 4). Desde mediados do século XIX ata a II República, a cidade medrou e desbordou as súas murallas, destacándose o impacto da chegada do ferrocarril e mais adiante do automóbil. Novas ideas en torno ao valor do patrimonio histórico, amparadas politicamente, preservaron a muralla da súa demolición máis non da apertura con dinamita de novas portas. O seu anel exterior veuse converter en rolda de circunvalación. Aínda así a existencia de amplos baleiros no interior do recinto amurallado deu para organizar unha ampliación con mecanismos de ensanche. Novos edificios públicos construíronse promovidos pola Deputación, o órgano de goberno da nova provincia de Lugo cuxa capitalidade recaera nesta cidade. A sede de goberno da deputación provincial, o hospital, o Instituto de Bacharelato, o asilo de anciáns, a prisión construída segundo o modelo panóptico… e delegacións da administración estatal, entre elas o novo edificio de Facenda. Tamén o concello afirmou a súa presenza cun matadoiro e un novo cemiterio, e cunha pequena urbanización de vivendas sociais, as «casas baratas». Con todo a Igrexa católica tamén reaccionou, eran tempos do catolicismo social da Rerum Novarum. A igrexa recuperou ou construíu novos conventos, que escolarizaban e adoutrinaban a nenos e nenas, e un novo seminario para formar aos sacerdotes do bispado. Fóra da actividade xerada polas burocracias civil e eclesiástica, a iniciativa privada foi moi limitada: apenas se construíron dúas fábricas, unha delas para proporcionar electricidade. Tampouco se trazou unha liña de tranvía. Santiago de Compostela proporciónanos o segundo exemplo. Mero cruce viario en época romana, a prosperidade veulle a principios do século IX coa decisión da monarquía asturiana de atopar alí os restos do apóstolo Santiago, do que ningún documento anterior ao século VII mencionara a súa visita á Península Ibérica14. A partir de entón o apóstolo aprestouse a baixar dos ceos e empuñar a espada no campo de batalla, primeiro en defensa da monarquía leonesa, despois da castelá, finalmente da hispánica. Ou polo menos iso é o que aseguraban os haxiógrafos que tecían a súa lenda15. Unha

monarquía que se definía como católica atopou no santuario de Compostela a proba da simpatía divina diante duns retos que se definían como relixiosos: a loita contra o infiel, foran os reinos ibéricos de fe islámica, o imperio otomán, as monarquías europeas que abrazaban a Reforma, a colonización de América. En consonancia a monarquía apoiou a transformación de Compostela nun importante centro urbano, meta do Camiño de Santiago e unha das primeiras cidades europeas que se especializaron en seren santuario de peregrinación16. Dende os tempos de Xelmírez a catedral románica e o conxunto da cidade convertéronse nun gran relicario que gardaba os restos e a memoria do Apóstolo. Figuras 6 e 7. Plano de Santiago de Compostela c.1865, por Francisco Coello (esquerda) e Ortofoto do Centro Histórico de Santiago de Compostela, c.1995 (dereita)

Cando o príncipe Cosme III de Medicis a visitou en 1669, Compostela achábase lonxe do seu antigo esplendor. Os membros do seu séquito descríbennos un casco urbano pobre, en boa parte construído en madeira, carente –a excepción da catedral e pouco mais– da monumentalidade da que adoitaban presumir as cidades europeas17. Non por moito tempo. A finais do século XVIII Santiago era a cidade máis importante de Galicia   Zeller, O. (2010): «Hacia la especialización: las ciudades de peregrinaje», en La ciudad moderna. Universidad de Valencia, p. 89.

16

  Villares, R. (2004): «Santiago de Compostela: os tempos de Xelmírez», en Historia de Galicia. Galaxia, Vigo, pp. 133-148.

14

  Rey Castelao, O. (2006): Los mitos del Apóstol Santiago. Nigratrea, Vigo.

15

408

XG000000_a_galicia_urbana_OK.indd 408-409

  Taín Guzmán, M. (2012): La ciudad de Santiago de Compostela en 1669. La peregrinación del Gran Príncipe de la Toscana Cosimo III de Medici. Consorcio de Santiago de Compostela.

17

409

24/01/14 10:38

José María Cardesín

Historias dos centros históricos: a memoria social das sete cidades galegas

e aloxaba a 15.000 habitantes. Era capital dunha das provincias galegas e sé do Arcebispado de Santiago, que se estendía ata a Estremadura española. A cidade tiña deixado arruinar as súas murallas e emprendera un programa de reformas urbanas que a converteron en exemplo do Barroco tardío, en particular a reforma ou construción exnovo da pel que cubría a catedral e de moitos do seus mosteiros e conventos18. O Arcebispo gobernaba ou tiña forza en moitas destas institucións: a Universidade, os hospitais, a galera de mulleres, o hospicio de orfos, todos eles destinados a cubrir as necesidades da arquidiocese compostelá. Tamén o tribunal da Inquisición. A revolución liberal non constituíu un bo negocio para a cidade de Santiago, que perdeu todas as súas funcións administrativas, co único interludio da Década Ominosa na que a cidade obtivo a sede da Capitanía Xeral e da Audiencia de Galicia. Algo que probabelmente ten moito que ver coas simpatías absolutistas e mais adiante carlistas que exhibiu Compostela. Cando comparamos o Plano de Francisco Coello (Figura 6) co que debuxara Ferro Caaveiro en 1796, non atopamos novidades relevantes: o cemiterio de Bonaval foi o único equipamento que se construíra no entanto. Con todo, a parálise na edificación non debe facernos esquecer a importancia da desamortización dos bens eclesiásticos. Centos de vivendas foron poxadas e adquiridas por investidores privados, mentres os conventos eran destinados a aloxar novos usos controlados desde o concello: hospicios para anciáns e orfos, escolas, cuarteis e prisións. A cidade non recuperaría a vitalidade ata finais do século XIX, cando a Universidade se converteu en motor do crecemento urbano, xunto co Hospital Xeral de Galicia que as catro deputacións decidiron situar aquí, sacando partido da tradición asistencial forxada pola igrexa. Tamén o Arcebispado, en resposta á chamada de atención vaticana «de rerum novarum», fixo o posíbel para resucitar a esmorecida tradición das peregrinacións. Finalmente tomemos o exemplo ben diferente de Vigo19. A finais do século XVII era unha pequena vila de pescadores, protexida por murallas levantadas con ocasión da Guerra de Restauraçâo portuguesa, con apenas dous conventos (masculino e feminino) extramuros. No século XVIII o crecemento urbano foi limitado, aínda que nas praias ao leste da cidade comezaran a asentarse pequenas fábricas de salgadura de peixe. Na primeira metade do século XIX a pequena cidade empezou a medrar de maneira decidida. Novas actividades industriais vinculadas á pesca situáronse fóra da cidade e construíuse un pequeno peirao. O concello controlado pola burguesía construíu extramuros un matadoiro e un cemiterio, e promoveu un pequeno hospital e asilo nos dous conventos desamortizados.

Mais a capital provincial tiña recaído na próxima Pontevedra. Alí íanse construír os equipamentos (administrativos, militares, escolares, hospitalarios) vinculados á administración provincial. A diferenza do exemplo de Lugo (e por extensión do de Pontevedra e Ourense), en Vigo todo será empresa privada, non equipamentos públicos vinculados ao estado. Figuras 8 e 9. Plano de Vigo c.1856, por Francisco Coello (superior) e Ortofoto do Centro Histórico de Vigo, c.2009 (inferior)

  Rosende, A. (2004): Una historia urbana: Santiago de Compostela, 1595-1780. Nigratrea, Vigo.

18

  Aproveito para agradecer aquí á visita guiada polo centro histórico e o ensanche de Vigo que me organizou o especialista en historia da arquitectura Xosé Ramón Iglesias.

19

410

XG000000_a_galicia_urbana_OK.indd 410-411

411

24/01/14 10:38

José María Cardesín

Historias dos centros históricos: a memoria social das sete cidades galegas

O vello recinto amurallado aínda se pode visualizar no Plano de Francisco Coello (Figura 8). Dende entón e ata a II República o crecemento foi explosivo. Vigo derrubou sen vacilar as súas murallas e abriu unha ampla avenida que atravesaba o seu centro urbano, partíndoo en dous. Máis aquela burguesía decidiu ignorar o casco histórico e construír fora del. Sobre terras gañadas ao mar erixiu amplos ensanches burgueses, peiraos e instalacións portuarias. A pesca dinamizou a construción dunha rede de industrias que se aloxaban nos arredores da cidade, ata o veciño concello de Bouzas; como tamén se erixían, nos antigos arrabaldes, os barrios obreiros ou a estación do ferrocarril. Trazouse ademais unha ampla rede de tranvías que desde a cidade se expandía en todas direccións. Había edificios de interese colectivo, máis mesmo estes estaban vinculados á iniciativa privada: en especial os destinados ao lecer (teatros-cinemas). A burguesía construía os seus palacetes ao longo dos novos bulevares. O centro histórico, poboado por traballadores pobres, foi caendo na ruína. En 1932, no seu visionario Plan de Extensión e Reforma Interior de Vigo, o arquitecto Antonio Palacios mesmo propoñía arrasalo ata os alicerces para reedificalo de novo20.

Son en cambio os historiadores da arte os que mais teñen reflexionado acerca de como as propias opcións formais que se adoptaban no deseño urbano e arquitectónico posuían tamén implicacións importantes en termos de políticas de significado. E o que cabe dicir de innovacións urbanísticas como as que o Traité de la Police de Delamare propuxera para París24, buscando efectos como transparencia, comunicación fluída ou limpeza; ou as propostas do Essai sur l’Architecture de Laugier25, que predicaba o illamento das edificacións singulares, sobre todo das igrexas, na procura dos efectos de monumentalidade. Ambos os dous tipos de novidades van seren asumidas progresivamente en toda Europa Occidental, e tamén nos centros das cidades galegas, a partir de finais do século XVIII. As diversas correntes historicistas no século XIX, levaron a propiciar nos futuros centros históricos opcións estilísticas que invocaban as raíces históricas nacionais, xogando con frecuencia a inventar tradicións26. E as primeiras políticas de conservación do patrimonio urbano do franquismo foron quen de conxugar a produción de entornas con potencialidades turísticas e a invocación das raíces castelás e católicas; ou non era tal o que fixeron cando procedían a demoler barrios «degradados» nos centros históricos ao tempo que potenciaban a visualización singular de edificios vinculados a igrexa?27 Nas últimas décadas as políticas de marketing urbano aínda teñen contribuído a xerar maior confusión, na medida en que se dirixen a xerar entornas atractivas para un colectivo mal definido no que se mesturan as figuras do turista, o inversor e o novo rico28. No medio desas circunstancias móvense tamén as cidades galegas, onde as políticas de rehabilitación dos centros históricos dende os anos 1990 son un compromiso necesariamente imperfecto entre o pasado (a conformación histórica do centro urbano) e o futuro (as políticas «pro-growth» e as que buscan configurar unha marca de cidade). Apenas temos espazo para citar brevemente os tres estudos de caso que temos analizado no apartado anterior. Vigo pechaba o seu período franquista coa inauguración en 1974 dunha moderna casa do concello, un edificio-torre erixido en pleno casco histórico sobre a destrución dun castelo do século XVII. Aínda hoxe a cidade ten dificultades para asignarlle un papel ao seu centro histórico, un barrio popular estigmatizado nas últimas

4. As políticas urbanas sérvense da historia, non están ao seu servizo

Sociólogos do coñecemento como Maurice Halbwachs21 xa nos tiñan advertido hai un século de que a memoria social organízase a través de políticas que a inscriben no espazo, mediante a asignación de soportes materiais que permiten reordenar os acontecementos e outorgarlles significados. Recentemente Pierre Nora, na súa obra sobre Os lugares de memoria22, mostrou como a construción do estado nación, frecuentemente fronte a similares reivindicacións nacionalistas por parte de grupos periféricos, ou a necesidade de xestionar a cuestión social nas grandes concentracións urbanas que naceron ao calor do capitalismo industrial, xogaron a favor de converter as cidades de finais do século XIX en grandes receptáculos de memoria, privilexiando certos escenarios onde se desenvolvían complexos programas iconográficos23.   Pereiro Alonso, J. L. (1981): «El Plan Palacios», en Desarrollo y deterioro urbano en la ciudad de Vigo. COAG, Santiago de Compostela, pp. 77-110.

20

  Halbwachs. M. (1991): La topographie légendaire des Evangiles en terre sainte: étude de mémoire collective. PUF, Paris.

21

  Nora, P., dir. (1984-1993): Les lieux de mémoire. I.- République. II: La Nation. III: Les Français. Gallimard, París.

22

  Por contraste, véxase o escaso desenvolvemento de tales programas en España, e a súa posible relación coas limitacións que presentou o proceso de nacionalización dirixido desde o aparello estatal. Alvarez Junco, J. (2001): «El nacionalismo español: las insuficiencias en la acción estatal», en La construcción imaginaria de las identidades nacionales, revista Historia Social 40. Pp. 29-52.

23

412

XG000000_a_galicia_urbana_OK.indd 412-413

  N. Delamare (1705-1738): Traité de la Police, 4 vols. M. Brunet, París.

24

  M. A. Laugier (1755): Essai sur l’Architecture. Duchesne, París.

25

  Mirkovic, A. (2012): «Quien es el dueño de Atenas? Planificación urbana y lucha por la identidad en la Atenas Neoclásica (1832-1843)», revista Cuadernos de Historia Contemporánea 34. Pp. 147-158.

26

  Muñoz-Rojas, O. (2013): «Archeology, Nostalgia and Tourism in Post-Civil War Barcelona (1939-1959)», revista Journal of Urban History (39) 3. Pp. 478-494.

27

  Delgado, M. (2007): La ciudad mentirosa. Fraude y miseria del «modelo Barcelona». Icaria, Barcelona.

28

413

24/01/14 10:38

José María Cardesín

Historias dos centros históricos: a memoria social das sete cidades galegas

décadas por agudos problemas sociais, e cuxas edificacións teñen un limitado mérito patrimonial ou mesmo atópanse en avanzado estado de ruína. O forte dinamismo industrial e urbano da pequena metrópole viguesa ten marxinado ao seu centro histórico, cuxa unidade orixinal resulta difícil de percibir, estando como está partido en dúas metades pola rúa Elduayen (compárese a ortofoto actual co Plano de Francisco Coello, Figuras 8 e 9). De feito trátase case do único caso galego onde quizais o elemento patrimonial mais significativo sexa unha fábrica racionalista! -A «Panificadora»). Mentres que o limitado potencial turístico do entorno vese desbordado polos seus valores de solo, o que non deixa de alimentar proxectos para derrubalo. O caso de Lugo é sensibelmente diferente. A cidade experimentou dende a década de 1950 un crecemento explosivo do tecido urbano, que desbordou amplamente os límites da foto aérea (Figura 5). Sendo como é unha cidade de tamaño modesto e estando situada nun dos concellos mais grandes de Galicia, gran parte dos equipamentos colectivos teñen abandonado o centro amurallado para buscar novas sedes nos arredores da cidade; os edificios que quedaron vacantes nos últimos anos reaproveitáronse como sedes administrativas ou culturais. A situación do centro histórico na actualidade presenta fortes contradicións. A cidade tenta fomentar a atracción de turistas, á calor da declaración das murallas romanas como patrimonio da humanidade. En torno a elas tense construído recentemente unha rede de museos e de centros de interpretación, mentres as tradicionais festas maiores de San Frolilán ceden o primeiro plano ao «Arde Lucus», en torno á presunta herdanza romana. Máis a propia delimitación oficial do centro histórico, que engloba o perímetro das murallas, constrúese sobre unha ambigüidade: porque boa parte do construído dentro do recinto amurallado é moi recente e ten un interese limitado, ou mesmo atópase en estado de ruína. Lugo tampouco conta cunha Universidade moi importante que poida ocupar contedores baleiros, nin moito menos ten a tumba dun apóstolo que atraia peregrinos. Santiago de Compostela sí pode presumir de ámbalas dúas cousas. A finais do século XX a reactivación das peregrinacións veu xerar unha forte chegada de turistas, atraídos pola tumba de Santiago e polo atractivo do centro histórico (Figura 7). Este chegara ata os os nosos días en bo estado de conservación grazas ao limitado dinamismo que experimentou no século XIX e á temperá protección que recibiu no século seguinte, o que lle permitiu gañar en 1985 o galardón do patrimonio da humanidade. Antigos pazos, conventos e inmobles diversos procedentes do Barroco viñeron agora a aloxar locais de hostalaría, edificios vinculados á Universidade e sedes administrativas, xa que a recente descentralización autonómica do estado español tiña convertido a Santiago de Compostela en capital de Galicia. O Consorcio da cidade, exemplo de partenariado

público-privado, ten amparado unha política de rehabilitación urbana esixente, unha rede museística que inclúe a inauguración recente dun interesante Museo da Cidade, e mesmo unha actividade editorial significativa no que as investigacións sobre historia urbana xogan un papel relevante29. Máis a situación ten tamén, como non podía ser menos, os seus claroscuros. A tumba de Santiago ten acadado un papel omnipresente. Primeiro en termos festivos –as festas do Apóstolo–. Segundo, en termos de política cultural: a infeliz ocorrencia da «Cidade da Cultura». Terceiro como motor do desenvolvemento turístico: o Xacobeo, as celebracións do Ano Santo Compostelán que «mal vertebran» o conxunto da política turística galega. E finalmente en termos políticos, dado que o 25 de Xullo, día do Apóstolo, é a un tempo data crucial do nacionalismo galego máis tamén do nacionalismo español. Cando escoitamos como ás máximas autoridades na Función do Voto imploran do Apóstolo que poña fin a crise bancaria, parécenos entrever que non é ese o ambiente mais axeitado para reflexionar historiograficamente sobre os mitos que deron orixe e foron conformando esa fermosa cidade.

414

415

XG000000_a_galicia_urbana_OK.indd 414-415

  Destacaríamos unha publicación recente de «alta divulgación», a de Vicente López, S. & Serrano Silva, J. (2010): Compostela, una historia entretenida. Atlas histórico ilustrado de la ciudad de Santiago. Consorcio de Santiago de Compostela.

29

24/01/14 10:38

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.