O machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño): novos datos para unha revisión

June 1, 2017 | Autor: Xose-Lois Armada | Categoria: Galician Studies, Iron Age Iberian Peninsula (Archaeology), Iron Age
Share Embed


Descrição do Produto

O machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño): novos datos para unha revisión

Xose-Lois Armada1 & Óscar García-Vuelta2

Introdución

O machado de bronce atopado na praia da Basteira (Cariño) é un dos obxectos arqueolóxicos máis significativos da comarca de Ortegal. Atópase exposto no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón (A Coruña) e foi dado a coñecer inicialmente por J. M. Luengo Martínez, primeiro director do mesmo (Luengo 1964). Aínda que logo ofreceremos unha descrición máis polo miúdo, trátase dun obxecto de bronce de 17 cm de lonxitude e 172’8 g de peso con forma de machado; ten catro aneis dispostos en diversas partes da peza e remata nunha cabeza de bóvido, amosando por ambos lados, na zona do arranque da folla, as representacións de polo menos un torques, un obxecto ou motivo circular e senllos motivos trenzados (Figura 1). Dende as datas inmediatamente posteriores ao traballo de Luengo, o machado foi obxecto de diversas observacións e interpretacións en publicacións diversas que evitaremos resumir aquí. Entre elas atópase o breve artigo que un de nós lle dedicou na desaparecida revista de estudos comarcais Arrós e que supuxo o seu primeiro achegamento a este obxecto (Armada 2001). Pouco despois, xa en colaboración, emprendemos un estudo sistemático dun grupo de bronces de temática sacrificial procedentes do Noroeste peninsular e conservados en diferentes museos, entre os cales se atopa este exemplar de Cariño. En efecto, a característica principal destes bronces é a presenza de diversos motivos 1 UCL Institute of Archaeology, 31-34 Gordon Square, Londres WC1H 0PY, Reino Unido. E-mail: [email protected] 2 Laboratorios de I+D de Arqueología, Instituto de Historia, Centro de Ciencias Humanas y Sociales, CSIC, Albasanz 26-28, 28037 Madrid. E-mail: [email protected] Terras de Ortegal 2 | 2015

157

Xose-Lois Armada & Óscar García-Vuelta

158

Figura 1

Machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño). Vista xeral por ambos os laterais. [Fotografía: autores].

Terras de Ortegal 2 | 2015

O machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño): novos datos para unha revisión

159 Figura 2

Esquema de situación dos motivos figurativos representados no machado. [Gráfico: O. García Vuelta].

figurativos relacionados co sacrificio de animais. Nalgúns casos -como o que nos ocupa- estes motivos dispóñense de maneira estática, mentres que noutros representan escenas de sacrificio. Xunto a animais e sacrificadores, inclúense habitualmente representacións de obxectos sacrificiais como son o machado e o caldeiro, así como de torques e de motivos sogueados ou trenzados de máis difícil interpretación. Os primeiros resultados do noso estudo publicámolos en dous traballos en que describimos en detalle as seis pezas coñecidas até entón (Armada e García Vuelta 2003, 2006). Posteriormente estudamos novos exemplares e analizamos con maior detalle algúns aspectos específicos (Armada no prelo; Armada e García Vuelta 2014). A razón de voltar aquí sobre esta peza, alén de seguir contribuíndo ao seu coñecemento entre o público non especializado, é principalmente achegar novos datos e argumentos para a súa interpretación. Por un lado, queremos presentar os resultados das análises de composición química realizadas recentemente e que contribúen a un mellor coñeTerras de Ortegal 2 | 2015

Xose-Lois Armada & Óscar García-Vuelta

cemento da tecnoloxía e da aliaxe empregadas na súa fabricación. Por outro, a paulatina aparición de pezas do mesmo grupo na Galicia setentrional –concretamente en Lugo e no castro de Punta Atalaia (Cervo)– permite novas consideracións interpretativas. O obxecto e o seu contexto

160

Fagamos un breve repaso polas características da peza e a historia do seu achado3. Como xa apuntamos, trátase dun obxecto macizo con forma de machado que incorpora varios motivos figurativos. O enmangue consiste nunha barra de sección cuadrangular coas esquinas redondeadas rematada cunha esferiña no extremo proximal (Figura 2.8); nesta zona sitúase un dos castro aneis (Figura 2.A). As representacións concéntrase na zona distal, que inclúe asemade os outros tres aneis: un deles, o de maior tamaño (Figura 2.B), na parte superior da peza, mentres que os outros dous están colocados a ambos os lados da folla do machado (Figura 2.C-D). O machado ten un remate ou prótomo de touro, representándose os trazos básicos do animal con moito detalle (cornos, orellas, ollos, nariz e boca) (Figura 2.1). Das orellas do animal para atrás saen en disposición horizontal dous trenzados (Figura 2.3/6), aínda que un deles apréciase con maior claridade. Ambos os motivos chegan até unha estreita moldura redondeada que se adapta ao contorno do enmangue rematando, a ambos os lados, nun voluminoso resalte semiesférico. Esta forma é difícil de interpretar, mais cremos que podería tratarse dun torques de remates piriformes (Figura 2.4). Moito máis claro resulta o torques con remates de periña que aparece nun dos laterais (Figura 2.2), no espazo comprendido entre os dous aneis inferiores, o motivo trenzado e o arranque da folla do machado. Na mesma posición, pero no outro lateral, represéntase un motivo circular con botón central de interpretación discutida. Algúns autores identifícano como un escudo circular ou caetra, mentres que para outros trataríase dunha pátera ou recipiente metálico. Aínda sendo difícil decantarse por unha ou outra opción, a segunda destas interpretacións é máis consistente coa presenza de caldeiros ou recipientes metálicos nos outros bronces deste grupo (Armada e García Vuelta 2014: 69). 3 Unha exposición pormenorizada destes aspectos pode verse en Armada e García Vuelta (2010: 89-100). Terras de Ortegal 2 | 2015

O machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño): novos datos para unha revisión

Figura 3

Vista panorámica de Cariño coa situación da praia da Basteira e dos dous castros costeiros máis próximos. [Fotografía: autores].

Segundo a información achegada por Luengo (1964: 149), o machado foi descuberto por A. Yáñez entre as rochas da praia da Basteira o día 14 de xullo de 1961. A peza estivo durante un tempo no Concello de Ferrol e -tras diversos avatares- o xa citado José María Luengo, na súa condición de Delegado Provincial de Excavaciones, fíxose con ela o día 31 de agosto de 1963. A partir de entón formou parte da colección fundacional do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón (A Coruña), que abriría as súas portas uns anos despois. Pode verse exposta nas vitrinas do citado Museo. Na praia da Basteira non se coñecen xacigos ou estruturas arqueolóxicas que podan asociarse co machado. No entanto, é moi significativo que no mesmo lugar aparecese, nun momento distinto, un notable puñal de antenas que tamén podemos vincular ao mundo dos castros (Meijide 1984-85). Cremos que existen principalmente dúas hipóteses para explicar estes achados. A primeira, de carácter máis profano, é considerar que chegan á praia arrastrados polo mar. Na ría de Cariño-Ortigueira contamos cun bo número de castros e, en concreto, o espazo costeiro que forman as praias da Concha e da Basteira está flanqueado por dous destes poboados aos que non sería arriscado asociar algún destes obxectos (Figura 3). O primeiro deles é o Castro de Cariño (Fábrega 2004: 64), que na actualidade atópase parcialmente oculto baixo o barrio do mesmo nome e que se empraza a uns 1180 m en liña recta (cara ao NE) do extremo sur da praia. O segundo xacigo, coñecido como Castro da Moura (Fábrega 2004: 70-71), érguese Terras de Ortegal 2 | 2015

161

Xose-Lois Armada & Óscar García-Vuelta

sobre un saínte amesetado situado enfronte da praia e a algo máis de 1300 m en liña recta do punto anteriormente referido. A outra hipótese asumiría que ambos bronces foron obxecto de deposicións intencionadas de carácter ritual en medio acuático, tal vez nun lugar de connotacións simbólicas, na liña do que se ten suxerido para o caso do machado (González Ruibal 2006-07: 567)4. Coa información dispoñible non é posible decantarse con firmeza por unha destas dúas hipóteses. Sen embargo, se optásemos pola segunda asumindo que ambos achados son froito dunha deposición ritual, a distancia cronolóxica existente entre eles situaríanos ante a suxestiva posibilidade dun uso ritual deste espazo concreto ao longo de varios séculos. Esta idea apóiase no feito de que os principais trazos tipolóxicos do puñal permiten atribuílo aos inicios da Idade do Ferro, mentres que, como logo veremos, o machado pertence seguramente a un momento avanzado do mundo castrexo, tal vez posterior á conquista romana. En todo caso, a inexistencia doutro criterio cronolóxico que non sexa o proporcionado polo exame morfotipolóxico das propias pezas impide unha atribución temporal precisa e fiable.

162

A composición química do metal

A comezos de febreiro de 2015 tivemos ocasión de analizar o machado de Cariño nas dependencias do Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón para determinar a súa composición química, empregando un equipo portátil de espectrometría de fluorescencia de raios X por enerxías dispersivas (pFRX) (sobre esta técnica ver, por exemplo, Pollard et al. 2007: 93-122; Shugar 2013). Traballamos cun espectrómetro Innov-X Systems de Olympus, que ten como fonte de raios X un ánodo de rodio e está equipado cun silicon drift detector (SDD). En particular, empregamos un protocolo baseado no programa Alloys de Innov-X e optimizado no UCL Institute of Archaeology para a análise de aliaxes arqueolóxicas. Este programa funciona cunha voltaxe de aceleración de 40 kV, unha corrente de 100 µA, 4 O achado de armas e outros obxectos metálicos en medio acuático, e a súa posible interpretación como ofrendas ou depósitos intencionados, constitúen temas de longa tradición no debate arqueolóxico. Pode verse unha abordaxe sistemática recente en Testart (2013), aínda que o libro céntrase en ríos, lagos e outras zonas húmidas ignorando, en cambio, a riquísima información achegada polos ámbitos litorais. Terras de Ortegal 2 | 2015

O machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño): novos datos para unha revisión

Táboa 1

Composición química, expresada como porcentaxes en peso, do machado da praia da Basteira (determinada mediante FRX).

Zona análise Fe Ni Cu Zn As Ag Sn Sb Au Pb Bi Folla Mango Anel grande Anel ext. proximal

Tr 0.2 84.1 0.1 0.3 ND 11.4 0.4 ND 3.5 ND 0.1 0.2 83.0 0.1 0.2 ND 12.4 0.4 ND 3.3 ND 0.1 0.1 84.9 0.1 0.2 ND 10.9 0.4 ND 3.3 ND Tr 0.1 87.4 ND 0.1 ND 9.4 0.4 ND 2.6 ND

un filtro de aluminio de 2 mm de espesor e un colimador de 3 mm de diámetro. O tempo de adquisición foi de 40 segundos por medición. Os espectros cuantificáronse mediante o software Alloys creado por InnovX Systems, baseado nunha combinación de parámetros fundamentais e estandarización con patróns de referencia, que ofrece os resultados normalizados a 100% en peso. Estes equipos permiten realizar análises non destrutivas sobre as superficies dos obxectos sen necesidade de desprazalos fóra do museo. Porén, un dos principais problemas que expón a análise dos bronces arqueolóxicos é que a súa superficie está afectada en distinto grao por procesos de corrosión -o que se coñece como pátina- que xeralmente implican unha sobrevaloración dos elementos minoritarios da aliaxe e de elementos como o ferro, moi abundantes na superficie terrestre e cuxa presenza no espectro pode deberse máis á contaminación superficial que á súa presenza na composición metálica orixinal. Por esta razón, a obtención de resultados fiables implica a eliminación da pátina na superficie obxecto de análise coa finalidade de acceder ao núcleo metálico. Neste caso, dada a singularidade do obxecto e o seu estado de conservación estable, decidimos non aplicar ningún tipo de pulido superficial, analizando directamente na pátina. De feito, a pátina atópase alterada e eliminada en parte debido probablemente á súa abrasión e limpeza en datas posteriores ao achado, o que nos fai supor que os nosos resultados apenas difiren dos que teríamos obtido suprimindo a tenue capa de corrosión nas zonas a medir. Analizamos catro zonas diferentes: a folla do machado (Figura 2.5), o mango, o anel grande (Figura 2.B) e o anel situado no extremo proximal (Figura 2.A). Os resultados obtidos móstranse na táboa 1 e poñen de manifesto que o machado foi fabricado cunha aliaxe de cobre, estaño e probablemente chumbo. Tratándose de análises sen limpeza de pátina non é posible coñecer coa exactitude desexable a porcentaxe de chumbo presente na aliaxe, mais semella siTerras de Ortegal 2 | 2015

163

Xose-Lois Armada & Óscar García-Vuelta

164

tuarse nun rango en que resulta viable apostar pola súa presenza intencional. En calquera caso o emprego de ligas ternarias Cu-Sn-Pb é habitual na cronoloxía a que adscribimos a peza, polo que é probable que a presenza de chumbo sexa intencionada. A adición deste metal á liga ten o efecto de incrementar a fluidez da coada (Scott 1991: 24), propiedade que adquire maior relevancia cando se trata de obxectos complexos fabricados á cera perdida. Polo demais, atopámonos ante un bronce de boa calidade, con taxas de estaño situadas entre 9’4 e 12’4 %, sempre tendo en conta que se trata de análises superficiais sen eliminar a pátina. Outra observación que permiten os resultados analíticos refírese á técnica de fundición empregada. A homoxeneidade dos resultados nas catro zonas analizadas reforza a idea dunha fundición a cera perdida, que xa adiantamos en traballos anteriores. Esta técnica, aínda que admite algunhas variantes, consiste esencialmente en elaborar un modelo en cera coa forma do obxecto que se pretende obter, recubríndoo a continuación con varias capas de arxila; posteriormente derrétese a cera mediante quecemento e o resultado é un molde cerámico cuxo interior contén a superficie en negativo do obxecto. Unha vez vertido o metal, a extracción da peza require normalmente a rotura do molde. No caso que nos ocupa, os resultados son consistentes coa hipótese da vertedura do metal nunha única coada. As lixeiras diferenzas de composición dunha zona a outra entran dentro da variabilidade que atopamos con frecuencia en bronces arqueolóxicos obtidos deste xeito, que está suxeita a aspectos como a aliaxe empregada, a cantidade de metal e os intervalos de solidificación. Cómpre sinalar que o estudo radiográfico doutro dos bronces deste grupo con iconografía sacrificial, o conservado no Instituto Valencia de Don Juan (Madrid), tampouco permite observar zonas de unión (Antelo et al. 2010: 60-63). Táboa 2

Táboa-resumo dos elementos representados nos bronces con motivos de sacrificio.



Celorico IVDJ MAN I MAN II Lalín Cariño Atalaia Torques * * ? * * * * Machado * * * * * * * Caldeiro * * ? * * ? ? Prótomo * * * * * * * Zoomorfo(s) * * * * * Trenzado(s) * * * * * * Terras de Ortegal 2 | 2015

O machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño): novos datos para unha revisión

Cuestións formais e paralelos

Non coñecemos no Noroeste da Península Ibérica ningún obxecto que mostre semellanzas formais marcadas co machado que nos ocupa. Porén, como xa sinalamos, o exemplar da praia da Basteira adscríbese con claridade a un grupo de bronces cuxa principal característica é a representación de seis motivos figurativos relacionados co sacrificio de vítimas animais: machados, caldeiros, torques, zoomorfos, prótomos zoomorfos e sogueados ou trenzados. O grupo componse actualmente de sete pezas completas (ou case) e fragmentos doutras dúas; nalgúns casos descoñecemos os lugares e circunstancias de achado, mais as que contan con información ao respecto proveñen de Celorico do Basto (norte de Portugal), Lalín (Pontevedra), Cariño, Punta Atalaia (Cervo, Lugo) e da cidade de Lugo. Todas elas mostran diferenzas formais entre si, se ben calquera das sete mellor conservadas reproduce como mínimo catro dos motivos figurativos citados, tal como pode observarse na táboa 2. As últimas dúas pezas de entre as citadas apareceron en escavacións arqueolóxicas na provincia de Lugo e achegan información moi relevante. Ademais, ratifican de maneira definitiva a adscrición do grupo ao Noroeste peninsular e concretamente, segundo a información hoxe dispoñible, aos territorios da actual Galicia e norte de Portugal. O mellor conservado destes dous novos exemplares apareceu nas escavacións do castro de Punta Atalaia (Cervo, Lugo) e foi publicado inicialmente pola arqueóloga que dirixiu a campaña (Castro Vigo 2009), que tamén nos facilitou o estudo do mesmo (Figura 4). Mide 12’1 cm de

Figura 4

Bronce con motivos de sacrificio procedente do castro de Punta Atalaia (Cervo, Lugo). [Fotografía: X.-L. Armada]. Terras de Ortegal 2 | 2015

165

Xose-Lois Armada & Óscar García-Vuelta

Figura 5

166

Fragmento dun bronce con motivos de sacrificio procedente da cidade de Lucus Augusti (Lugo). [Fotografía: A. Pernas].

lonxitude e contén un corpo trenzado de sección trilobulada rematado nun mango liso e moldurado no extremo proximal. No extremo oposto ten un prótomo de bóvido que simula ao mesmo tempo o fío dun machado. Na parte superior represéntase unha fila de catro animais de difícil identificación. Comezando polo extremo distal, o primeiro posúe dúas protuberancias que poderían interpretarse como cornos ou colmillos; no segundo destaca un posible corno ou colmillo de grande tamaño; o terceiro tamén semella ter uns pequenos cornos e unicamente o cuarto carece deles, polo que podería tratarse dun porco. En ambos os laterais, nas proximidades dos cornos do prótomo e coa abertura apuntando cara a eles, sitúanse dous torques con remates piriformes representados de maneira esquemática. Nun dos laterais, preto do torques e xunto á fila de animais, atópanse dous pequenos elementos circulares e lixeiramente cóncavos, que poderían interpretarse como caldeiros. No outro lado apréciase tamén unha forma esférica de difícil interpretación. O bronce apareceu entre os restos correspondentes ao derrube dun muro; a directora da escavación propón situalo entre os séculos I a.C. e II d.C. en función do seu contexto arqueolóxico (Castro Vigo 2009: 132-133). O outro exemplar a que nos referimos é un fragmento atopado nas escavacións urbanas da cidade de Lugo e conservado na Sala de Exposicións Porta Miñá desa mesma cidade. Deuse a coñecer primeiro no catálogo dunha exposición (González Fernández 2005: 128, num. 20) e despois aparece recollido de maneira sumaria nalgunhas outras publicaTerras de Ortegal 2 | 2015

O machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño): novos datos para unha revisión

cións (Armada e García Vuelta 2014: 59-61). Recentemente facilitounos o seu estudo Enrique González Fernández, arqueólogo do Concello de Lugo e director da escavación en que foi recuperado. Neste caso trátase dun fragmento correspondente ao extremo proximal, que mede 6’3 cm de lonxitude e 2’7 cm de altura (Figura 5). A parte conservada consiste nun vástago con decoración trenzada sobre o cal disponse un zoomorfo de difícil identificación; o vástago inclúe no extremo un remate liso con dous conos opostos moi desiguais que mostra semellanzas formais cun remate de torques. Segundo a información amablemente facilitada polo director da escavación, o fragmento foi atopado nunha intervención de urxencia efectuada en 1991 no número 19 da rúa Nova (antigo Pazo da Maza), formando parte do recheo de formación dunha calzada ou vía urbana que atravesaba unha zona de carácter doméstico cunha cronoloxía de época flavia. Estes dous achados permiten algunhas observacións pertinentes para a interpretación do machado da praia da Basteira. Como antes sinalamos, aínda que todos os bronces comparten uns mesmos motivos figurativos estes poden aparecer de maneira estática ou formando escenas de sacrificio. O machado que nos ocupa pertence aos primeiros, pero os exemplares de Lugo e Punta Atalaia amosan que non existe una distribución xeográfica específica para cada un destes grupos. O de Punta Atalaia, situado tamén na zona costeira setentrional de Galicia, é de feito unha peza híbrida que combina elementos dos dous subgrupos anteriores, mentres que o fragmento de Lugo posúe semellanzas claras co exemplar portugués de Celorico do Basto, un dos que inclúen a representación dun sacrificador conformando unha escena cun probable sentido narrativo. Polo demais, a funcionalidade específica de todas estas pezas segue sendo unha incógnita que estes dous últimos achados pouco contribúen a despexar. Dende logo non se trata de mangos ou puñais como a miúdo se ten escrito. A disposición dos aneis do machado da Basteira é semellante á dunha statera ou balanza romana, mais non cremos que o obxecto que nos ocupa tivese esta funcionalidade. Inclinámonos a pensar máis ben que se trata de exvotos sen outro uso específico. Os aneis deste exemplar de Cariño, e os que posúen o de Celorico do Basto e o conservado no Instituto Valencia de Don Juan, suxiren que nalgúns casos poderían estar pendurados ou que formarían parte de obxectos máis complexos.

Terras de Ortegal 2 | 2015

167

Xose-Lois Armada & Óscar García-Vuelta

Iconografía e ritual: consideracións finais

168

O machado da praia da Basteira e o grupo de bronces con motivos de sacrificio constitúen un auténtico reto interpretativo, presentando problemáticas diversas cuxa discusión pormenorizada excede os obxectivos destas páxinas. Algunhas xa están tratadas nas nosas publicacións previas e outras aínda agardan novos achegamentos en traballos futuros. Limitarémonos, pois, a salientar algunhas ideas principais. A temática reflectida nos bronces é o sacrificio de vítimas animais, un aspecto central das relixións antigas. Os bronces con iconografía máis complexa (Instituto Valencia de Don Juan, Celorico do Basto, Punta Atalaia...) representan un tipo de sacrificio de raizame indoeuropea e semellante á suovetaurilia romana, no que os animais –bóvidos, ovicápridos e suídos– se sacrifícan de maneira combinada e xerarquizada. Os exemplares con motivos en disposición estática -o de Cariño entre eles- son máis parcos na representación de animais e sacrificadores, mais comparten cos anteriores a presenza de motivos como caldeiros, torques, machados, trenzados ou prótomos. O machado aparece representado de diferentes maneiras pero sen dúbida na súa condición de instrumento sacrificial, que conta tamén con ampla tradición no mundo romano (Aldrete 2014). O caldeiro ocupa asemade un lugar central no ritual en canto recipiente que acolle partes dos animais sacrificados para o seu procesado e eventual consumo posterior. Pola súa parte, o torques é un obxecto emblemático nas sociedades protohistóricas do Noroeste peninsular, se ben o interesante destes bronces é que abren novas posibilidades interpretativas en torno ao seu significado simbólico e ritual, así como ao seu papel central neste tipo de sacrificios (Armada e García Vuelta 2014). Nas escenas máis complexas, como a do bronce do Instituto Valencia de Don Juan, o caldeiro ten un papel principal, ocupando o lugar destinado ao altar no sacrificio romano, e o torques sitúase ao seu lado. Esta posición destacada do caldeiro, como xa sinalamos, reforza a hipótese de que o motivo circular con botón central do machado da Basteira sexa tamén a representación dun recipiente metálico. Por último, os trenzados ou sogueados son máis difíciles de interpretar, mais semellan exercer unha fundición de delimitación do espazo ritual ou sagrado. A práctica deste tipo de sacrificios rituais, nos que as vítimas se ofrecen de maneira combinada a xerarquizada a diferentes divindades, está testemuñada no Occidente peninsular a través de tres inscricións en lingua lusitana e alfabeto latino procedentes de Cabeço das Fráguas Terras de Ortegal 2 | 2015

O machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño): novos datos para unha revisión

Figura 6

Mapa coa distribución dos testemuños de sacrificios combinatorios da IIª Idade do Ferro e época romana no Occidente da Península Ibérica (Armada no prelo)

(Pousalofes do Bispo, Sabugal, Guarda), Lamas de Moledo (Castro D’Aire, Viseu) e Arronches (Portalegre) (Schattner e Correia Santos 2010; Armada no prelo). Por outro lado, as escavacións no castro de Capote (Higuera la Real, Badajoz) permitiron documentar un altar con banco corrido situado na rúa central do poboado en cuxo entorno apareceron restos dun sacrificio e posterior banquete, incluíndo os restos óseos de 23/24 animais que foron sacrificados de maneira combinada e xerarquizada, de maneira semellante á reflectida en bronces e inscricións (Berrocal-Rangel 1994). Segundo o seu escavador, este ritual debeu ter lugar a mediados do século II a.C. con motivo dalgún acontecemento excepcional, seguramente de carácter bélico e relacionado coa conquista romana do territorio (Berrocal-Rangel 1994: 270-276). Todas as evidencias que estamos a considerar -bronces, inscricións e o altar de Capote- teñen unha cronoloxía entre o século II a.C. e os momentos inmediatamente posteriores á conquista romana. Por outro lado, se observamos a súa localización nun mapa (Figura 6) comprobaremos a súa extensión ao longo de boa parte do Occidente peninsular. Semella verosímil que estes rituais sacrificiais teñen nesta área unha orixe bastante antiga e, dende logo, anterior á conquista. No entanto, é Terras de Ortegal 2 | 2015

169

Xose-Lois Armada & Óscar García-Vuelta

precisamente neste período e nos momentos iniciais da romanización cando os testemuños relacionados coa súa práctica son particularmente abundantes. Non podemos aquí analizar demoradamente esta cuestión, mais semella claro que estes rituais desempeñan un papel moi relevante nos complexos procesos de asimilación e negociación cultural que se producen nestes momentos, feito seguramente favorecido polas súas semellanzas coa suovetaurilia romana. Así pois, un dos aspectos máis interesantes da machada da Basteira é que permite albiscar a integración dos habitantes dos castros da nosa comarca en correntes culturais e ideolóxicas de amplo espectro, feito que por outra banda non debería resultar particularmente excepcional. Agradecementos

170

Queremos expresar o noso agradecemento ao Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón, e concretamente a José María Bello Diéguez e Ana Martínez Arenaz, polas facilidades prestadas para o estudo do machado da Basteira e para a realización das análises que presentamos neste traballo. Asemade, a Eva Castro Vigo e a Enrique González Fernández por facilitarnos o estudo dos bronces de Punta Atalaia e Lugo respectivamente, así como polas informacións ofrecidas sobre o contexto dos mesmos. Este traballo é resultado dos proxectos de investigación Do obradoiro ó corpo: o metal como expresión de poder na protohistoria do Noroeste peninsular (10 PXIB 606 016 PR), financiado pola Xunta de Galicia; e Atlantic Late Bronze Age interaction through metal hoards (PN 515150), financiado na convocatoria IEF Marie Curie dentro do 7th European Community Framework Programme. Bibliografía

Aldrete, Gregory S. (2014): «Hammers, axes, bulls, and blood: Some practical aspects of Roman animal sacrifice», Journal of Roman Studies, 104, pp. 28-50. Antelo, Tomás; Bueso, Miriam; Gabaldón, Araceli e Martín Costea, Antonio (2010): La técnica radiográfica en los metales históricos, Madrid, Ministerio de Cultura. Armada, Xosé-Lois (2001): «A machadiña de Cariño e a cronoloxía dos bronces sacrificiais castrexos», Arrós, 3, pp. 4-8. Terras de Ortegal 2 | 2015

O machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño): novos datos para unha revisión

— (no prelo): «Sacrificio, consumo cárnico y religión del Bronce Atlántico a los celtas occidentales», en F. J. García Fernández, F. Lozano Gómez e A. Pereira Delgado (eds.), El alimento de los dioses: sacrificio y consumo de alimentos en las religiones antiguas, Sevilla, Universidad de Sevilla. Armada, Xosé-Lois e García Vuelta, Óscar (2003): «Bronces con motivos de sacrificio del área noroccidental de la Península Ibérica», Archivo Español de Arqueología, 76, pp. 47-75. — (2006): «Symbolic forms from the Iron Age in the North-West of the Iberian Peninsula: Sacrificial bronzes and their problems», en M. V. García Quintela, F. J. González García e F. Criado Boado (eds.), Anthropology of the Indo-European World and Material Culture, Budapest, Archaeolingua, pp. 163-178. — (2010): «Novas aportacións á arqueoloxía do Ortegal», en Patrimonio e desenvolvemento local: reflexións e iniciativas no Concello de Cariño. Actas das I e II Xornadas de Patrimonio e Desenvolvemento Local, Cariño, Concello de Cariño, pp. 79-121. — (2014): «Os atributos do guerreiro, as ofrendas da comunidade. A interpretación dos torques a través da iconografía», en O torques de Centroña cen anos despois, Pontedeume, Cátedra – Monografía 3, pp. 57-91. Berrocal-Rangel, Luis (1994): El altar prerromano de Capote. Ensayo etnoarqueológico de un ritual céltico en el Suroeste peninsular, Madrid, Universidad Autónoma de Madrid. Castro Vigo, Eva (2009): «Un nuevo ejemplar de los llamados bronces votivos sacrificiales», Gallaecia, 28, pp. 131-138. Fábrega Álvarez, Pastor (2004): Poblamiento y territorio de la cultura castreña en la comarca de Ortegal, Santiago de Compostela, Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe. González Fernández, Enrique (2005): Imago Antiqua. Lugo romano, Lugo, Concello de Lugo. González Ruibal, Alfredo (2006-07): Galaicos. Poder y comunidad en el Noroeste de la Península Ibérica (1200 a.C. - 50 d.C.), A Coruña, Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón. Luengo Martínez, José María (1964): «Machadinha votiva de Cariño (La Coruña)», Revista de Guimarães, 74, pp. 149-157. Meijide, Gonzalo (1984-85): «Nuevo puñal de antenas procedente de Cariño (A Coruña)», Brigantium, 5, pp. 249-259. Pollard, Mark; Batt, Catherine; Stern, Ben e Young, Suzanne M. M. (2007): Analytical chemistry in Archaeology, Cambridge, Cambridge University Press. Terras de Ortegal 2 | 2015

171

Schattner, Thomas G. e Correia Santos, Maria João (coords.) (2010): «Porcom, Oilam, Taurom. Cabeço das Fráguas: o santuário no seu contexto. Actas da Jornada realizada no Museu da Guarda a 23 de Abril de 2010», Iberografias, 6, pp. 7-145. Scott, D. A. (1991): Metallography and microstructure of ancient and historic metals, Los Angeles, The Getty Conservation Institute. Shugar, Aaron N. (2013): «Portable X-ray Fluorescence and Archaeology: Limitations of the instrument and suggested methods to archieve desired results», en R. Armitage et al. (eds.), Archaeological Chemistry VIII, Washington, American Chemical Society, pp. 173-193. Testart, Alain (dir.) (2013), Les armes dans les eaux. Questions d’interprétation en archéologie, Paris, Éditions Errance.

172

Terras de Ortegal 2 | 2015

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.