O órgano da ex-colexiata de Iria Flavia

Share Embed


Descrição do Produto

A. DÍAZ PAZOS

O órgano da ex-colexiata de Iria Flavia

separata de COMPOSTELLANUM

SECCIÓN DE CIENCIAS ECLESIÁSTICAS Volumen LX

2015

Números 1 - 2

57

O órgano da ex-colexiata de Iria Flavia Andrés Díaz Pazos Profesor de música de Ensino Secundario. CPI “Camiño de Santiago” Membro do equipo técnico de catalogación dos órganos de Galicia

1. INTRODUCIÓN A antiga colexiata de Santa María de Iria Flavia nas proximidades de Padrón (provincia da Coruña), hoxe con funcións de igrexa parroquial, é un espazo de recoñecido interese arqueolóxico, histórico e artístico.1 Dentro dela, a Capela Maior da igrexa, reedificada como o resto do templo entre fins do século XVII e comezos do XVIII, reúne varios elementos singulares. Algúns deles, como son o retablo e o cadeirado do coro (obras de Miguel de Romai) ou a reixa, teñen sido estudados e analizados polo miúdo.2 Porén destaca tamén nese espazo, moi poderosamente, a presenza do órgano (ver Figura 1) do que, nembargante, hai moi poucas referencias e datos ao noso dispor. Sobre este instrumento, en realidade, hai só unha atribución conxectural da súa caixa ao coñecido tallista compostelán Francisco de Lens, baseada nas súas similitudes estilísticas con certas obras do mesmo autor na Catedral de Santiago, tamén nos órganos.3 A partires de aí tense feito unha datación aproximada da súa construción: 1775. Ningún dato se sabe do organeiro que o construíu e moito menos da súa historia e devir ulterior. O que sucede co órgano de Iria non é excepcional no seo da comunidade galega. Pouco sabemos sobre os nosos órganos dos que, no mellor dos casos, podemos atopar algunha referencia á súa caixa, por teren espertado algún interese entre os especialistas en historia da 1  Ver por exemplo, Folgar de la Calle, Mª del Carmen, “Antigua catedral de Santa María de Iria Flavia” en Las Catedrales de Galicia, León, Edilesa, 2005, páxs. 45-57, e referencias alí incluídas. 2  Ibid. Tamén en Taín Guzmán, Miguel, “Trazas para Iria Flavia”, Archivo Español de Arte, 73, Nº289, 2000, páxs. 23-44 3  Folgar de la Calle, Mª del Carmen, Las Catedrales de [...], op. cit., páx. 57.

239

Figura 1. Vista xeral do órgano barroco da ex-Colexiata de Santa María de Iria Flavia

240

arte. Máis escasos aínda son os datos que temos dende un punto de vista organolóxico: organeiros que os construíron, escola á que pertencían, disposición orixinal do instrumento, contratos, intervencións que sufriu, etc.4 E si pouca é a información concreta sobre os órganos como instrumentos en si mesmos, pódense cualificar de practicamente inexistentes os estudos e análises máis amplos, que tenten aclarar os contextos musicais nos que estes instrumentos se atopaban inseridos e para os que foron creados e mantidos achegando, por exemplo, documentación sobre os organistas que traballaron neles, o seu uso, a súa evolución estilística como instrumento ou o tipo de música e de contexto litúrxico no que eran empregados. É preciso sinalar que este tipo de estudos, ademais proporcionar a información antedita, (primaria e polo tanto moi necesaria) sobre a vida musical galega neses contextos musicais concretos, son tamén pedra esencial na construción dunha visión globalizada sobre os nosos templos e catedrais. Achegan ademais unha perspectiva moi necesaria para outro tipo de investigacións feitas dende os máis diversos puntos de vista: histórico, económico, social, artístico e mesmo da vida cotiá, usos e costumes. Neste artigo, partindo da abondosa información de arquivo atesourada, fundamentalmente, no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago (AHDS) sobre a igrexa e antigo cabido de Iria Flavia e, en menor medida, daquela gardada no Arquivo Municipal de Padrón (AMP), Arquivo Histórico Universitario da Universidade Compostelá (AHUS) e no Arquivo da Catedral de Santiago (ACS) faise un estudo sobre o órgano histórico de Iria Flavia. En primeiro lugar identifícanse os seus autores, os mestres organeiros Manuel Sanz e Gregorio González, formados como oficiais no seo da importantísima escola dos organeiros reais 4  A data de hoxe os traballos máis completos e interesantes son: Pérez Constanti, Pablo, “Órganeros y organistas en Galicia. Siglos XVI al XVIII”, Notas viejas galicianas, Vigo, 1925, páxs. 389-401. Cela Folgueiras, Manuel J. e López Fariña, Miguel A., voz “Órgano” en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Lugo, vol. 32, 2003, páxs. 161-170; González Paz, José y González García, Miguel A., “Órganos en la provincia de Orense”, en Actas del III Colóquio Galaico-Minhoto, Viana do Castelo, vol. II, 1994, páxs. 681-700; Jiménez Gómez, Enrique, Acordes en Sol e Lúa. Os quince órganos do noso Santiago vello, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1999. Entre os escasos estudos particulares, sen tentar ser exhaustivos, poden destacarse: Rodríguez Criado, María F. e Limia Gardón, Francisco J., “El autor del órgano de la iglesia parroquial de Santa María de A Régoa (Monforte de Lemos-Lugo) y su restauración”, Boletín de Estudios del Seminario Fontán-Sarmiento, 12, 1991, páxs. 53-59; González García, Miguel Ángel, “Apuntes sobre la música en la Colegiata de Xunqueira de Ambía”, Boletín de Estudios del Seminario Fontán-Sarmiento, 16, 1995, páxs. 8-11; Garbayo Montabes, Javier, “Notas sobre la historia del órgano en la Catedral de Ourense”, Porta de Aira, 9, 2002, páxs. 327333; Cal Pardo, Enrique, “Catedral de la Asunción de Mondoñedo”, en Las Catedrales de Galicia, León, Edilesa, 2005, páx. 220.

241

Echavarría. Fíxase tamén a data da súa construción, 1780, e trázanse as súas principais vicisitudes até os nosos días. Dáse tamén información sobre un instrumento xa desaparecido: o que existía na igrexa de Santiago de Padrón, ligada á de Iria e que, como se verá, foi construído en idénticas datas polos mesmos organeiros.5 Por último, farase tamén unha pequena sinopse da historia do órgano en Iria, demostrando que o instrumento actual é o cuarto dunha serie de órganos que acompañaron as celebracións litúrxicas ordinarias e as principais festividades naquela colexiata dende, como pouco, mediados do século XVI. De feito, a documentación atopada nos arquivos citados sobre a actividade musical, tanto na igrexa de Santiago de Padrón como na propia colexiata, permiten unha visión e contextualización máis ampla do órgano e da música que aquela que no presente artigo se pretende. Por razóns de lonxitude, de concreción e claridade expositiva, reservarase ese material para un próximo traballo no que se de conta do papel que xogou a música en Iria, e tamén dos importantes esforzos do seu cabido para manter unha actividade musical digna e constante, cos seus naturais altibaixos e dificultades, ao longo de cinco séculos. 2. O ÓRGANO ACTUAL DE IRIA FLAVIA 2.1. Situación e descrición O órgano que hoxe vemos en Iria Flavia é un bo exemplar do chamado órgano barroco ibérico6 que foi restaurado recentemente, no ano 1999, polo taller de organeiría de Gerhard Grenzing (El Papiol, Barcelona), a instancias da Fundación Camilo José Cela e co financiamento da Fundación Barrié de la Maza. Ocupa unha tribuna ele5  A Igrexa de Santiago de Padrón, que xurde ao redor da pedra onde a tradición di que ataron a barca cos restos do Apóstol Santiago e os seus discípulos, funcionaba dende o século XVII como parroquia da vila. Aínda que orixinariamente era Iria a parroquia, pola distancia desta ao núcleo urbano o concello e o cabildo chegaron a un acordo para que tamén se celebrara culto nesta igrexa. O cabildo asistía cos seus coengos e capeláns e, a cambio, o concello contribuía ao sostemento da mesma, pagando o órgano, organista, sacristán, mozos de coro, cera, etc. 6  De xeito sinxelo e resumido, enténdese por órgano barroco ibérico un tipo de instrumento en uso dende finais do século XVII até mediados do XIX, típico da Península Ibérica, e por extensión de Sudamérica, cunha serie de diferencias técnicas e sonoras con respecto aos instrumentos que se estaban a construír en outros puntos de Europa. Entre as máis singulares pódese destacar a súa trompeteiría de fachada horizontal (en batalla), o uso de presións de vento relativamente baixas, o teclado partido (que posibilita usar rexistros diferentes na man esquerda e dereita), a carencia de pedaleiro desenvolvido (só presenta uns pequenos pedais chamados pisas) e os rexistros contidos na caixa de ecos, unha caixa que o organista pode pechar e abrir a vontade e que fai que o son deses rexistros sexa máis ou menos intenso.

242

vada dentro da capela maior, por riba do cadeirado do coro, no lado norte ou do Evanxeo. Xunto ca reixa do coro e o altar maior, forma un conxunto artístico notable, no que estes catro elementos dialogan e, ao tempo, transmiten unha mensaxe dende o pasado que fala dunha rica actividade litúrxica e, sen dúbida, musical.7 Como se dixo na Introdución, estes elementos, agás o órgano, teñen sido ben descritos e estudados. Porén, a capela maior (e mesmo a colexiata enteira) non pode ser totalmente entendida, nin artística nin espiritualmente, sen a participación dos catro ingredientes citados, dos que o órgano non é, dende logo, o de menor importancia. Ao órgano se chega por unha estreita escaleira, pegada ao muro norte da igrexa, nunha estancia contigua á capela maior. Na documentación de arquivo esta estancia aparece referida ás veces como a sancristía dos capeláns, diferenciada da sancristía dos cóengos, que é a actual sancristía, no lado oposto con respecto á capela maior. Ao chegar a estancia superior, con chan de madeira, atopámonos co motor moderno, para dar aire ao órgano, e o fol; dende esta accedese á parte traseira da caixa do instrumento e os tubos do interior (ver Figura 2). Por unha pequena porta pódese pasar ao estreito balconciño do órgano, xa mirando á capela maior, onde senta o organista. Alí observarse o teclado, tiradores dos rexistros cas súas novas etiquetas e pedaleiro, o que nos da a súa actual disposición, e dicir, o número de teclas, rexistros e xogos de adorno que posúe (ver no Apéndice I a descrición técnica do instrumento). Tamén dende este lugar se ten acceso ao rexistro de orlos, situado na parte interior do órgano, a través duns paneis en celosía desmontables, que o protexen e ao tempo permiten a saída do seu son. O estilo rococó da caixa e a presenza nela do escudo do arcebispo Bocanegra8 foron os elementos usados até o de agora para unha datación indirecta do órgano, como xa dixemos.9 Situada nunha tribuna enriba da segunda fileira do cadeirado do coro, consta dun corpo inferior, no que chaman a atención as celosías proxectándose cara a fora. Está organizada en cinco rúas, co teclado nun oco practicado 7  Cónservase tamén un facistol ca figura do Rei David cunha arpa (con toda probabilidade do século XVIII), e algúns libros de coro que complementan estes catro elementos citados e que, orixinariamente, ocuparían unha posición central na capela maior, entre as dúas ringleiras do cadeirado do coro. 8  Francisco Alejandro Bocanegra y Jivaja foi arcebispo de Santiago dende o ano 1773 até a súa morte no ano 1782. 9  Folgar de la Calle, Mª del Carmen, Las Catedrales de [...], op. cit., páx. 57. Porén, hai que sinalar que este método de datación do instrumento é moi arriscado, xa que é posible, e de feito común, que unha caixa alberge no seu interior un instrumento máis recente, anovado parcial ou totalmente.

243

Figura 2. Vista parcial dos canos do interior do órgano, ao abrir as súas portas traseiras. En primeiro plano, cos seus característicos resoadores de forma cónica, aprécianse parte dos canos do rexistro de trompeta real.

na rúa central do sotobanco (consola de ventá). Estas rúas, como soe ser típico, teñen continuación no corpo superior nos correspondentes castelos de tubos. Como é habitual tamén, a fila inferior ten tubos cantantes, e dicir que producen son, mentres que os superiores son de adorno, para completar esteticamente a fachada (tubos cóengos). Destacan tamén os tubos horizontais: a característica “batalla” do órgano barroco ibérico, de grande impacto sonoro e visual. Neste caso a disposición dos canos tamén respecta a simetría das cinco rúas da caixa, con formas en abanico que seguen as curvas e contracurvas da característica moldura rococó na que están inseridos. O instrumento non está asinado. Nos lugares habituais onde os organeiros deixaban a súa sinatura (na maior parte dos casos dentro do secreto ou na parte posterior da arca de ventos) non hai etiqueta algunha. Tampouco hai inscrición ou dedicatoria na caixa, como ás veces soe aparecer. Deste xeito, e como se ten dito, as referencias estilísticas sinaladas e a presenza no coroamento do citado escudo eran as únicas pistas que até agora proporcionaban algo de luz sobre a súa posible data de construción. 244

2.2. Os organeiros: Manuel Sanz e Gregorio González. A súa colaboración con Francisco de Lens Antes de continuar, queremos sinalar que habería un aparente desfase temporal entre este órgano, do último cuarto do século XVIII, e a dos restantes elementos citados da capela maior (retablo, cadeiras e reixas), que son de comezos do século XVIII, momento no que a colexiata foi enteiramente reedificada. En realidade, e como veremos máis adiante, o órgano actual de Iria viu substituír a outro anterior, en concreto un instrumento de 1728 dun organeiro santiagués (ou cando menos residente daquela en Santiago) de nome José Crespo. Non temos evidencia directa algunha da xénese e da motivación do cabido de Iria para facer un novo instrumento só cincuenta anos despois da construción deste órgano de José Crespo, xa que, por desgraza, hai un oco nas actas capitulares da colexiata xusto entre os anos 1772 e 1780. Porén, podemos aventurar con certo fundamento que concurrirían daquela varias causas: por un lado a evolución técnica e estética que experimentaran os instrumentos dende comezos do século XVIII. Por outra un certo momento de bonanza económica, que permitiría costear un instrumento novo máis grande. Outra posible causa podería ser o embelecer a capela maior, construíndo unha caixa de máis calidade e que harmonizase mellor cos demais elementos dela. Máis adiante achegaranse probas indirectas que apuntan a que as dúas primeiras causas confluíron á hora de tomar esta decisión. A falta das actas capitulares a primeira noticia directa documental referente ao órgano, que presentamos por vez primeira neste traballo, é de 1777, e sumamente importante: o 3 de agosto dese ano asínase o contrato para o novo instrumento entre os mestres organeiros Manuel Sanz e Gregorio González, dunha banda, e Ángel Díez Carrillo, cóengo de Iria e representante do seu cabido, pola outra.10 Faise ante o notario padronés Tomás López Montero de Andrade, e temos a fortuna de que o é moi completo nos seus termos e cláusulas, ao describir o órgano que se vai a facer, enumerando os seus rexistros, xogos de adorno, número de teclas e outros detalles. Grazas a este importante documento revelase o misterio que rodeaba a autoría deste notable instrumento, xa que se di que “ha de ser todo nuevo”, polo tanto obra íntegra dos citados organeiros. Tamén fixa definitivamente, xunto con outra documentación que se analiza máis adiante, as datas da súa construción. O contrato tamén recolle información moi valiosa sobre a construción 10  Arquivo Histórico da Universidade de Santiago (AHUS). Protocolos Notariais de Padrón. Notario Tomás López Montero de Andrade, ano 1777, fol. 131r-132r. Existe tamén unha copia simple do contrato no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago (AHDS) en: Fondo Parroquial. Iria Flavia, Sta. María. Documentación suelta. Nº4.

245

dun órgano para a Igrexa de Santiago de Padrón, a partires do existente en Iria, e dicir do órgano citado de José Crespo e do que daquela había na de Santiago, que era un realexo (ver parte 3 deste traballo). No Apéndice II recollese a transcrición completa deste contrato. Antes de entrar na análise do contrato e nos pormenores da construción do órgano cumpre determos nas figuras dos mestres que o fixeron: Manuel Sanz e Gregorio González. Estes non son uns descoñecidos no panorama da organería ibérica. Está ben documentada a súa presenza como oficiais dos organeiros Pedro Manuel de Echavarría (1696-1771) e do seu fillo Joseph Vicente Zelestino de Echavarría (1745-1804), os dous organeiros reais, como o fora á súa vez o pai do primeiro.11 Esta saga de organeiros estaba radicada, como é lóxico, na capital, Madrid. Dada a importancia dos organeiros de que estamos a falar, xurde de inmediato unha pregunta: como é que os atopamos construíndo un órgano de tamaño mediano en Iria, tan lonxe do seu ámbito xeográfico de actuación, máxime cando nese intre hai en Galicia outros organeiros de prestixio?12 O contrato dá unha pista para tirar do fío que axuda a resolver este misterio. Nel dise que Sanz e González son “residentes en la Ciudad de Santiago”. Naturalmente non se quere dicir que os organeiros sexan naturais de Santiago, senón que no momento da súa formalización residen nesa cidade. Esta pista axuda a clarexar a cuestión. En efecto, si é difícil, como diciamos, entender a presenza de dous discípulos directos dos organeiros reais en Iria para facer un órgano relativamente modesto, non o é tanto imaxinalos traballando para a Catedral de Santiago. Se pescudamos nas actas capitulares e outra documentación desa época da Catedral de Santiago, atopamos que cara a finais de 1772 o cabido santiagués andaba metido en obras nos seus órganos. Nunha acta capitular con data 20 de novembro de ese ano pódese ler:13 “En este Cavildo se dio facultad al Sr. Fabriquero para que disponga hacer venir al Maestro que fabrica los organos de Segovia a efecto de que reconozca los de esta Santa Iglesia y hecho trata y confiera con el sobre hacerlos o componerlos segun lo tenga por conveniente”14 11  Pedro de Liborna y Echavarría (1664-1724), que foi organeiro real dende 1703. Deste xeito a saga abó-fillo-neto cubrirá un século ao servizo da Real Casa. Para máis información ver Barrero Baladrón, José Maria y De Graaf, Gerard A.C. El órgano de Santa Marina la Real de León y la familia Echavarría, organeros del Rey, León, Universidad de León, 2004. 12  Por exemplo Alberto de la Peña, autor en 1784 do soberbio instrumento de San Paio de Antealtares, na cidade de Compostela; ou mesmo o afinador dos instrumentos da catedral, tamén organeiro, Melchor González Maldonado. 13  Arquivo da Catedral de Santiago (ACS). Actas Capitulares. Libro 58, fol. 14v-15r. 14  Na transcrición da documentación inserida no texto seguíuse o criterio de des-

246

Unha institución como a Catedral non confiaba tarefas desa envergadura (mesmo barállase facer os órganos de novo) a calquera: o “maestro que fabrica los organos de Segovia” por esas datas non era outro que o xa citado organeiro real Joseph Vicente Zelestino de Echavarría.15 A Santiago non viu o mestre, que estaba construíndo un novo instrumento para a catedral segoviana, pero enviou aos que daquela eran os seus “oficiales principales”.16 O 27 de febreiro de 1773 xa teñen recoñecidos os órganos e elaborado un informe:17 “En este cabildo Junto por Cedula ante diem se leio memorial de unos organeros que ofrecen hazer los de esta Santa Yglesia, vajo las condiciones que propone y haviendose sobre ello oido al Sr. fabriquero se acordo gratificarles (y que) disponga lo que le paresciere, y tenga por conveniente y sea mas util a la Yglesia”

Aínda que nesta acta non se especifica o nome dos organeiros, si aparecen eses nomes no libramento ordenado ao fabriqueiro nese mesmo cabido nos libros de fábrica, e estes resultan ser Sanz e González:18 “Mas 2000 reales entregados a Don Manuel Saez (sic) y Don Gregorio Gonzalez organeros de 2 de Marzo (de 1773)”.19 Daquela compréndese agora porque o cabido de Iria escolle a estes mestres: por unha banda está o seu prestixio e talla profesional, como parte do taller dos Echavarría. Por outra as importantes ligazóns e continuas relacións, ben coñecidas, existentes entre a colexiata de Iria e a Catedral de Santiago. Non é desbotábel, por último, que houbera un apoio económico por parte do arcebispo Alejandro Bocanegra (que rexeu a sé de 1773 a 1782), o que xustificaría a presenza do seu escudo no ático da caixa do órgano, aínda que non se ten atopado ningunha achega documental directa que o confirme. Sanz e González traballarán nos dous órganos da catedral, da Epístola e do Evanxeo ata comezos do ano 1780. O 28 de Abril dese envolver as moitas abreviaturas existentes, co obxecto de facer máis doada a súa lectura, pero respectar a sintaxe e ortografía orixinal sen facer correción algunha. Entre paréntese inclúense as palabras e aclaracións que ao autor lle parecen oportunas. No caso dos apéndices documentais, onde se recollen íntegramente os textos, transcríbense literalmente deixando as abreviaturas tal como se atopan no documento orixinal. 15 Barrero Baladrón, José Maria y De Graaf, Gerard A.C. El órgano de [...] , op. cit. 16  Así aparecen referidos en documentos da catedral segoviana. Ver: Reinoso Robledo, Luciano, Integración de la música y la arquitectura en España. El órgano histórico-artístico en Castilla y León: Segovia. Estudio historiográfico, musicológico y técnico. Catalogación, Madrid, Universidad Complutense de Madrid , 1991, páx. 2365. 17  ACS, Actas Capitulares, Libro 58, fol. 33v. 18  ACS, Fábrica, Libro 5º, fol 386r. 19  Consérvase tamén o recibo correspondente a este libramento, asinado polos organeiros, en: ACS, Fábrica, Comprobantes de Cuentas 1775-1778.

247

ano están rematados os dous, e o cabido insta ao mestre de capela,20 ao organista Sabatán e ao mestre afinador (dos órganos) para que os recoñezan e dean o seu visto e prace:21 “En este Cavildo el Señor Doctoral expuso que los organos nuebos de esta Santa Yglesia estaban concluidos y acabados; y se resolbio que el Maestro de Capilla, el organista Sabatan, y el Maestro Afinador de esta Santa Yglesia pasen a reconocerlos, y de echo ynformen de su sentir”.22

É importante sinalar que a palabra órganos, en plural, usábase moitas veces na terminoloxía da época referida a un único instrumento.23 Neste caso pode facer referencia a un só, o pequeno,24 ou referirse globalmente ao remate final da obra nos dous, xa que sabemos que os organeiros traballaron en ambos. O podemos ver por unha acta capitular de 11 de Marzo de 1777, onde solicitan unha axuda de costa (probablemente para viaxar á súa terra) ao rematar o órgano grande:25 “En este cavildo con vista de Memorial de los Maestros organeros pidiendo Ayuda de Costa mediante tener fenecido el organo Grande; se acordo lo propongan para quando concluian el otro que falta”.

Non son os órganos da Catedral de Santiago o obxecto de estudo deste artigo, pero a investigación documental levada a cabo sobre as obras que neles se realizaron por parte de Sanz e González pensamos que aclara, de xeito definitivo, algún punto escuro máis que persistía sobre o órgano de Iria. Referímonos ao nome tallista encargado da realización da súa caixa. Non se teñen atopado referencias directas ao artesán que a realizou que, de acordo co contrato (ver Apéndice II), corría por conta do cabido iriense. Porén, se ten sinalado por algúns autores a posible autoría de Francisco de Lens, daquela o mestre entallador na catedral de Santiago.26 A partires da documentación analizada, pódese afirmar que é case indiscutible a súa colaboración. 20  Daquela era o italiano Buono Chiodi. 21  ACS, Actas Capitulares, Libro 59, fol. 150r. 22  O afinador e encargado do manteñemento dos órganos composteláns era o organeiro Melchor González Maldonado. 23  O plural tiña neste caso sentido referido por estar referido ás diversas voces, e dicir, rexistros, que un órgano pode dar, o que o diferencia dos restantes instrumentos. Este uso léxico afonda as súas raíces na Idade Media. 24  O órgano grande era o órgano do lado do Evanxeo, e o pequeno o da Epístola. Esta denominación non é referida ao tamaño das caixas, que son xemelgas, senon ao do instrumento, e indica que un instrumento ten máis rexistros (e polo tanto máis canos) que o outro. 25  ACS, Actas Capitulares, Libro 58, fol. 234v. 26  Folgar de la Calle, Mª del Carmen, Las Catedrales de [...], op. cit., páx. 57.

248

Sábese que foi Lens, como é lóxico, o que fixo as caixas cando Sanz e González traballan nos órganos da catedral.27 A primeira referencia que constata este feito é do ano 1774, do 5 de Novembro:28 “Mas 2.000 reales pagados al escultor Francisco de Lens, a quenta de las cajas que se estan haciendo para los organos”. Aparecen moitas máis referencias nos Libros de Fábrica, referidas ao traballo nos dous órganos, da Epístola e do Evanxeo, por parte de Lens. Confirman a estreita colaboración entre organeiros e tallista por un longo espazo de tempo, de case 7 anos. Entra, polo tanto, dentro do lóxico que os cóengos de Iria confiaran tamén neste recoñecido mestre a execución da caixa do seu órgano, tanto polo seu prestixio como polo grado de entendemento que sen dúbida tiña acadado cos organeiros. Sirva como proba engadida a comparación entre algúns elementos das caixas dos órganos da catedral e do de Iria, que mesmo para un ollo non afeito á análise estilística dos retablos, amosan similitudes máis que evidentes. A comparación feita nas Figuras 3 e 4 do presente traballo, que amosan detalles do órgano de Iria e a fachada traseira do órgano da Epístola da Catedral de Santiago, revelan similitudes moi obvias entre ambas caixas. Destaca en especial a presenza nos dous casos dunha cornixa de separación entre o banco e o primeiro corpo, practicamente idénticas. As liñas xerais do deseño tamén son moi similares, mais aló da obvia diferenza na forma, xa que se adaptan a espazos bastante diferentes (de desenvolvemento moi vertical no caso de Iria e netamente horizontal no de Santiago).29 Non queremos deixar de pasar por alto tamén as moitas similitudes entre estas dúas caixas e a caixa do instrumento de Segovia, onde traballaran Sanz e González. Tendo en conta a tradición de facer os propios organeiros as trazas das caixas,30 pensamos que non é aven27  As caixas que fai Lens, en estilo rococó, son as que dan ás naves laterais pois, como é ben coñecido, e Miguel de Romay o mestre encargado de facer as que dan á nave central para os órganos de Manuel de la Viña. 28  ACS, Fábrica, Libro 5º, fol 399r. A participación de Lens na fábrica da caixa dos órganos xa fora sinalada por Couselo Bouzas en: Couselo Bouzas, José, Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del siglo XIX, Santiago de Compostela, Imprenta del Seminario, 1933, páx. 409. 29  Hai que sinalar tamén que, nas proximidades de Iria Flavia, realizou Francisco de Lens retablos para dúas iglesias: os dous colaterais do Convento do Carmen (no propio Padrón), e os catro, tamén colaterais de Santa María de Dodro. Ibid., páx. 411. 30  É abrumadora a evidencia documental que proba tal feito: case todos os contratos ante notarios de órganos falan sempre da traza da caixa, que se amosa no momento de firmalo e da que, xeralmente se fan dúas copias, unha para os propios organeiros e outra para os mandatarios da obra. Por exemplo, na propia Catedral de Santiago, as caixas dos órganos de Domingo de Andrade responden á traza feita polo organeiro de la Viña. Ver, Taín Guzmán, Miguel, Domingo de Andrade, maestro de obras de la catedral de Santiago (1639-1712), O Castro, Sada, 1998, Ediciós do Castro, Vol I, páx. 445.

249

turado dicir que as de Santiago e Iria foron realizadas polos organeiros, dentro dunha liña xeral inspirada no instrumento segoviano. Naturalmente, cada tallista resolvería logo os detalles concretos dentro do seu propio gusto e estilo. Non é o obxecto deste artigo facer unha análise polo miúdo destas cuestións, aínda que son de grande interese. Queda simplemente apuntado para que os expertos en historia da arte poidan estudar con máis profundidade as relacións suxeridas. 2.3. A obra do órgano Temos a fortuna de que, ademais do contrato, consérvase tamén un documento moi prolixo e curioso sobre a construción do órgano de Iria, que axuda a entender a magnitude da empresa que entón, coma hoxe, era construír e instalar un instrumento como este. Son catro folios que conteñen a conta pormenorizada dos gastos do seu traslado e instalación, e que pola súa minuciosidade extraordinaria pensamos que paga a pena transcribir integramente, como así se fai no Apéndice III.31 O peche destas contas é de 26 de outubro de 1780 e delas imos a destacar e aclarar a continuación algún dato interesante. En primeiro lugar esta conta, combinada cun acordo do cabido de 16 de xuño de 1780,32 permite precisar as datas nas que se realizou o asento do instrumento (xunto co da vila de Padrón) e as tarefas precisas para levalo a cabo, así como tamén o custe total do mesmo, exceptuado o das caixas. O 16 de xuño os organeiros xa estaban traballando en Iria, instalando o órgano, cando non chegaba a dous meses dende que remataran os da Catedral: “En el Cavildo que se tubo el viernes diez y seis de Junio de mil setecientos y ochenta se dispuso lo siguiente=Haviendonos propuesto nuestro Vicario que los Maestros Organeros, que se hallan actualmente trabajando en esta Villa, y en la Casa, que el Cavildo tiene en Santa Maria para sentar el organo de la dicha Iglesia, dichos Maestros pedian asta unos trescientos reales vellon para pagar al Maestro Herrero manutencion de ellos, y otras cosas necesarias, que les eran precisas mientras estuvieren aqui”.

E evidente, xa que logo, que foran construíndo no seu taller as partes principais do novo órgano ao tempo que remataban os seu traballo na Catedral, pois é imposible construír dous órganos (recordemos que tamén fixeron o da igrexa de Santiago de Padrón) e a súas caixas en só catro meses, que son os que median de xuño a outubro. Soporta esta tese o texto do contrato, onde se especifica que “ha de ser por 31  AHDS, Fondo Parroquial, Iria Flavia, Sta. María, Documentación suelta, Nº4. 32  AHDS, Fondo Parroquial, Iria Flavia, Sta. María, Documentación suelta, Nº4.

250

cuenta del Cabildo (...) el pagar la conducion de la cañería y mas nezesario para los dos organos”. O documento contén logo unha serie de recibos, asinados por Sanz e González, de diversas cantidades que van obtendo ata chegar ao último, de 26 de outubro de 1780, no que se pechan as contas e que coincide precisamente co texto máis pormenorizado dos pagos para as obras de asentamento do instrumento (ver o Apéndice III citado). Nel faise constar tamén que os organeiros reciben unha gratificación de 2000 reais, de xeito tal que o custe total dos órganos, que fora fixado por contrato en 18000 reais, será finalmente de 20000 reais (ver na Figura 5 este texto cas sinaturas dos organeiros): “Mas recivimos seis mil cinquenta y siete rreales vellon. Con los quales nos ajustó dicho señor Loviano33 la partida de veinte mil rreales vellon que en todo y gratificacion ymportaron los expresados dos organos de Yria y de Padron y para que conste lo firmamos en dicha villa a veinte y seis de Octubre de mil setecientos y ochenta”.

Polo tanto o asentamento final do órgano, xunto co de Padrón, e dicir, a instalación do instrumento na súa caixa, levou como mínimo 4 meses. Para dar co montante total da obra, teríamos que engadir ao custe dos instrumentos as cantidades que a fábrica pagou aos diversos operarios e que segundo consta no documento recollido no apéndice III foron 1754 reais e 3 marabedís. Tamén habería que engadir o custe das caixas e o seu dourado, pero desgraciadamente non temos atopado ningún documento ao respecto. Sen dúbida nas actas capitulares de 1782 a 1780, hoxe perdidas, poderíase atopar algunha referencia. Porén, e a partires de outras caixas de instrumentos, pensamos que unha cifra media, máis ben á baixa, duns 8000 reais (incluíndo a construción, pintado e materiais) é unha boa aproximación para unhas caixas coma estas.34 Deste xeito o montante total dos órganos sería duns 30000 reais de vellón. Ata aquí as cifras e datas da obra. Unha pregunta interesante que xurde é canto supuña esa cantidade para as rendas da colexiata. É dicir, cal era o esforzo económico que tiña que facer a fábrica 33  José María Lobiano era o coengo fabriqueiro da colexiata de Iria, responsable polo tanto dos pagos por conta da fábrica. 34 En Couselo Bouzas, José, Galicia artística en [...], op.cit. páxs. 410 a 411, dánse diversas cifras de custes de retablos realizados por Lens e que poden servir tamén para facernos unha idea da orde de magnitude que puideron importar as caixas referidas. Nada sabemos da caixa do instrumento de Padrón, aínda que podemos supoñer que sería máis pequena e modesta. Toda a documentación que temos lido sobre esta obra transmite a firme sensación de que os traballos de máis envergadura son, con moito, os de Iria (ver, por exemplo, as anotacións do Apéndice III).

251

Figura 3. Detalle das cornixas que separan o banco do primeiro tramo das caixas na fachada posterior do órgano da Epístola da Catedral de Santiago (arriba) e do órgano de Iria Flavia (abaixo)

Figura 4. Detalle do castelo lateral dereito nas caixas na fachada posterior do órgano da Epístola da Catedral de Santiago (esquerda) e do órgano de Iria Flavia (dereita)

252

na construción dun instrumento destas características, o cal é unha medida da importancia que se lle daba ao instrumento. É certo que o dos cartos non é o único parámetro que nos permite cuantificar a importancia e significado do órgano nun templo, pero si está entre os máis importantes (non se fai un esforzo económico de importancia por algo que non é preciso), e tamén é un dos máis doadamente cuantificables. Analizadas as rendas dispoñibles da fábrica de Iria, atópase que no decenio que vai de 1771 a 1781 a media anual de ditas rendas era duns 13000 reais (cun pico de ingresos de 22249 reais en 1776 e un mínimo de 5970 en 1777).35 Con esta cifra media, podemos estimar que a obra dos órganos representaría algo máis de dous anos das rendas íntegras da fábrica. En termos modernos diríamos que o custe supuxo máis de dúas veces o orzamento anual total da colexiata o cal, certamente, é unha cantidade nada desprezable. Hai que ter en conta que o templo tiña que seguir co seu funcionamento ordinario durante eses anos e que das rendas da fábrica se pagaba, por citar algunhas cousas, ao organista, sancristán, a cera, o lavado do vestiario, os amaños que houbera que facer no templo (teitumes, portas, campás, mantemento...), as vestimentas dos acólitos, e un longo etc. Xa que en todos estes aspectos pouco ou nada se podía recortar, o esforzo económico por parte do cabido foi, en realidade, moito maior que o simple feito de aforrar e dedicar os cartos de máis dous anos a esta obra. Non hai datos sobre posibles fontes de financiamento extraordinarias na fábrica do órgano, de novo as desaparecidas actas capitulares terían proporcionado datos, sen dubida, sobre ese aspecto. Tampouco, como xa se ten dito, sobre un posible patrocinio económico por parte do arcebispo de Santiago, Alejandro Bocanegra. Estas partidas poderían ter aliviado algo o esforzo da fábrica, pero aínda así o cabido facía, ao construír un novo órgano, un enorme desembolso tendo en conta as súas rendas anuais.36 Polo que respecta ao prolixo documento relativo aos gastos de transporte e instalación dos órganos, que como dicimos vai transcrito integramente no Apéndice III, recomendamos ao lector que lle dedique un intre ao seu exame, e se poda facer así unha idea da actividade que xurdía arredor dunha obra coma esta. Porén, queremos destacar nel algúns aspectos salientables. 35  AHDS, Fondo Xeral, Serie Colexiatas, 1.15.22 (330), Colexiata de Iria, Libro de Cuentas de Fábrica (1769-1784) 36  Máis adiante, ao facer referencia ao órgano anterior que había en Iria, se recolleran datos sobre cómo a fábrica e o cabildo podían suplir fondos extras para obras desta envergadura.

253

Figura 5. Recibo final da obra dos órganos en Iria e Padrón asinado polos organeiros

O primeiro refírese ao apunte dos gastos na “estada de Santa María”.37 Esta estada era necesaria, no transcurso da obra, para facer a caixa, dourala, pintala e instalar os canos do órgano, pero tamén o era (e aínda o é) para afinar os rexistros de lingüeta horizontais. Isto é así polo notable voo cara fora que ten a caixa do órgano por riba do balconciño do organista, que fai que sexa imposible chegar ás caravillas que serven para afinar estes rexistros dende este lugar. De feito, máis adiante no documento (no folio 3 volto) faise referencia a catro pontóns “que sirven para quando se afine el organo”, probablemente para asentar a estada.38 Por outra banda, en documentos da colexiata posteriores aparecerán tamén referencias á estada. Así sucede en agosto de 1787 e en maio de 1789, por exemplo, cando se pagan 2 reais e 4 reais e 32 marabedís a quen a instala por razón de sendas afinacións.39 É tamén notable a pléiade de artesáns locais, así como algún comerciante, que realizaban tarefas auxiliares dos organeiros, tallistas e os seus oficiais. Podemos citar polo seu oficio e nome aos seguintes: Ferreiro: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Balado Carpinteiros: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Miguel González e fillo Castragudín Canteiro:. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Josef Vidal Subministradores de madeira:. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Lucas Camiña Juan Varela Vicente de Torres Tendeiro (ferraxeiro?):. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Bentura Peiteado Sancristán (diversos traballos):. . . . . . . . . . . . . . . . . . . Calderón 37  Aínda que o documento está en castelán, o cóengo escribe aquí o termo galego máis propio para referirse a un andamio, é dicir, estada. 38  Algo que aínda hai que facer hoxe en día, como ten experimentado o autor deste artigo servindo de axudante na afinación do órgano. 39  AHDS, Fondo Xeral, Serie Colexiatas, 1.15.23 (331), Colexiata de Iria, “Libro para asiento de libranzas y gastos de la Yglesia de Sta. Maria de Yria Flavia”, fol. 129r. e 129v.

254

Tamén colaboran diversos “propios” ou “hombres” (ás veces en número de ata 8 para facer certos traballos pesados) e carreteiros para facer recados e transporte de pezas, entre eles o sepultureiro (non se di o nome), o “hijo de Lens”40 e o fillo do sancristán. Un total, polo tanto, dunhas 20 persoas que nalgún momento teñen que colaborar na obra, o cal unido aos dous organeiros, ao tallista e ensamblador da caixa e os seus respectivos oficiais daría unha cantidade total de arredor de 30 persoas que, con maior ou menor intensidade, participaron na construción do órgano. Na cima de toda esta organización estaban os mestres organeiros que coordinaban e supervisaban todas as actividades. É interesante tamén a referencia no folio 4 recto ao cravo. En concreto dise que se lle pagan a Calderón (o sancristán) dous reais por “traer a Santa María el Clave”. É dicir, os cóengos tiñan un cravo que usarían en determinadas celebracións litúrxicas, entre outras naquelas nas que o uso do órgano estaba prohibido, ao xeito que sucedía na catedral de Santiago e outras máis da península durante determinados días da Semana Santa. Durante o período final da instalación do instrumento produciuse un suceso que paga a pena sinalar brevemente. O organista da colexiata, Baltasar Cidrás proferirá ao vicario da colexiata “indecorosas” palabras sobre “la fabrica del organo y contra los organeros”, segundo consta nun auto capitular de 12 de outubro de 1780.41 Pode que non fora máis que unha reticencia ou celos do organista, a quen probablemente nada consultou o cabido sobre a fábrica do órgano a pesares dos seus 26 anos de servizo na Colexiata.42 En calquera caso chama a atención a prudente solución do cabido. No mesmo auto capitular citado de 12 de outubro decide, por unha banda, facer saber a Baltasar Cidras que “no teniendo en adelante más respecto al dicho Señor Vicario o a qualquier otro Señor capitular se le expelería del oficio (...) y que por aora pidiese perdon”. Ao tempo, ordena que se escriba a Santiago “para que viniese un organista de toda satisfaccion, y que se pasaria por lo que este dixese”, enténdese sobre a calidade do órgano. Xa dixemos o forte desembolso de cartos que tanto entón, como agora, supoñía a construción dun órgano. As necesidades que no ano 40  Probablemente se refira ao fillo de Francisco de Lens, o cal sería unha proba adicional á hipótese da autoría, por parte de este artista, da caixa. 41  AHDS, Fondo Xeral, Serie Colexiatas, 1.15.20 (328), Colexiata de Iria, “Libro de autos capitulares de 1780 a 1816”, fol. 1v. 42  Fora contratado o 15 de Febeiro de 1754, segundo consta nun auto capitular desa data. AHDS, Fondo Xeral. Serie Colexiatas, 1.15.20 (328), Colexiata de Iria, “Libro de autos capitulares. Año 1724 a 1772”, fol. 297r. Morrerá en Marzo de 1786, cando aínda era organista de Iria, como consta nunha anotación marxinal en AHDS, Fondo Xeral, Serie Colexiatas. 1.15.23 (331), Colexiata de Iria, “Libro para asiento [...]”, fol. 6v.

255

1780 tiña o cabido de Iria de unha opinión técnica cualificada, que asegurara a boa calidade do instrumento encargado, non distan moito das que hoxe en día seguen existindo. 2.4. Características principais do órgano O instrumento que en outubro de 1780 rematan Sanz e González é un órgano barroco ibérico prototípico desa época, que xunto aos rexistros máis habituais incorpora outros que comezan a incluírse de xeito habitual cara mediados do século XVIII, como son a frauta traveseira e o óboe.43 En concreto o instrumento de Iria é un órgano de tamaño medio. Nel a base a forman os chamados frautados, é dicir, os tubos nos que o son se xera mediante un bisel, coma nunha frauta de bico, e que algúns están situados na fachada, na primeira ringleira vertical de tubos e, outros moitos, no interior da caixa. No caso de Iria correspóndese aos rexistros do frautado de 13,44 oitava, ducia, quincena e o cheo e címbala de 3 filas de canos cada un. Deste xeito compúñase o que se chama unha pirámide sonora dende os sons máis graves do frautado até os máis agudos do cheo ou címbala, que se corresponden a pequenos tubiños de curta lonxitude que emiten sons moi agudos. Cando o organista de Iria conecta todos estes rexistros e preme unha tecla están a sonar, ao tempo, 10 tubos. Aínda que poden parecer moitos, era habitual que nos órganos máis grandes das catedrais houbera aínda máis rexistros para o frautado, estendéndoo pola parte grave (co frautado ou contras de 26 palmos) e introducindo outros rexistros intermedios antes de chegar ao de cheo, como son por exemplo a decinovena e a vintedosena. A estes rexistros, presentes con maior ou menor número de tubos no órgano dende a Idade Media, se lle foron engadindo outros novos. Entre eles están os de lingüeta, que no caso do órgano ibérico sitúanse na parte exterior do órgano, cos seus resoadores cónicos característicos en posición horizontal. Adoitábanse a chamar trompeteiría horizontal ou de batalla, e foron introducidos cara o final do século XVII. De feito un dos primeiros, senón o primeiro, que incorporou este tipo de rexistros de lingüeta externos ao órgano foi o orixinario da saga de organeiros Echavarría, o frade franciscano frei José de Echavarría. No caso de Iria esta familia está razoablemente completa cos rexistros de clarín, baixonciño e trompeta magna, na 43  Jambou, Louis, Evolución del órgano español. Siglos XVI-XVIII, Oviedo, Universidad de Oviedo, Servicio de publicaciones, 1988, páxs. 298 e 300. 44  Asi chamado por ter unha lonxitude de 13 palmos (medida habitual da época) o seu tubo máis longo, que dá a nota máis grave do órgano, un Do1. Corresponde, aproximadamente, a 2.6 metros de lonxitude.

256

fachada e en posición horizontal, os orlos no interior da caixa, na parte frontal, e a trompeta real tamén no interior da caixa pero na súa parte posterior (onde é máis doado afinala). O órgano tamén ten o habitual rexistro da corneta en eco, introducido nos órganos cara fins do século XVII, e que permitía facer certo efecto de forte e piano (coma un eco) abrindo ou pechando unha caixa onde se atopan os tubos deste rexistro. Por último, o órgano incorpora tres rexistros dos denominados de adorno: os tambores, timbais e paxaros. Os dous primeiros están constituídos, cada un deles, por dous tubos de madeira de lonxitudes lixeiramente diferentes, que producen o efecto físco-acústico do batido: un son oscilante que asemella o bater distante dun tambor. Os paxaros é o outro rexistro de adorno, neste caso o efecto do piar dun paxariño acadase cuns tubos en posición invertida que se introducen nun recipiente onde se pon auga. O seu principio de funcionamento é moi similar ao xoguete infantil de peto ben coñecido. Unha peculiaridade do órgano de Iria é que os primeiros 5 tubos do frautado principal, os máis longos, son de madeira, por “no poder acomodar en la caja por ser el sitio vajo”, segundo di o contrato. Outras especificacións do contrato que poden chamar a atención do lector, e que eran habituais neste tipo de documentos, son a referencia á proporción na aliaxe dos canos de estaño e chumbo: “quatro partes una de plomo”, o cal quere dicir un 75 % de estaño e un 25 % de chumbo. O primeiro, un metal moito máis caro, proporciona brillo aos tubos e tamén ao seu son, por esta causa (entre outras) a proporción de estaño era maior nos tubos da fachada e máis reducida no interior, aínda que unha proporción de máis dun 50 % de chumbo non se tiña por apropiada.45 Polo demais, os organeiros non cumpren cunha das cláusulas do contrato: a data de entrega, que había de ser un ano e medio despois da sinatura do mesmo, e dicir en febreiro de 1779. Aínda que podemos pensar que daquela, como agora, a entrega das obras atrasaríase de xeito habitual, creemos que, en realidade, a importante obra que estaban a realizar en Santiago condicionaba a obra de Iria. Os cóengos de Iria era perfectamente coñecedores de tal circunstancia e probablemente aceptaron o pequeno atraso.46 45  Ver, por exemplo, Tafall y Miguel, Mariano, Arte completo del constructor de órganos, Tomo I, Santiago, 1872. Edición facsimilar: Valencia , Librerías Paris, 2002, páxs. 266 e ss. Tamén Sara Buil, Joaquín, Diccionario Técnico-Histórico del órgano en España, Barcelona , CSIC, 2001, voces “estaño” e “plomo”. 46  Téñase en conta que dende a súa fundación como colexiata e os importantes beneficios outorgados por Diego Xelmírez, Iria tiña unha relación de forte dependencia co cabildo de Santiago. Por exemplo, un cóengo da catedral interviña como presidente

257

2.5. O órgano até os nosos días Cal foi o devir do órgano de Iria entre a súa construción e o momento da súa restauración en 1999? Imos dar os datos principais atopados do que sucedeu até os nosos días con este instrumento, aproveitando para amosar o modus operandi habitual dos cóengos de Iria no tocante ao seu mantemento e reformas que, en esencia, respondeu sempre ao mesmo esquema: o recurso de chamar a mestres e artesáns asentados na cidade de Santiago, que era o principal centro organeiro do noroeste da península. Daquela veremos pasar por alí, si non a todos, si á meirande parte dos organeiros que traballaron nesta cidade.47 Como veremos no seguinte apartado deste mesmo artigo, este procedemento se usaba tamén cando había que construír un novo instrumento. Moi cedo despois da construción do órgano, probablemente entorno a 1782 ou 1783, aparece por Iria Melchor González Maldonado “organero de la Cathedral de Santiago y afinador de dichos organos de dicha Cathedral” para afinar os dous órganos “en el dia de la Patrona”, e por similares datas terá que facer de novos os foles dos órganos de Iria e outros reparos nese mesmo órgano e no de Santiago. Este amaño foi de certa relevancia pois tivo un custe de 3300 reais, comparados cos 150 reais da afinación.48 Os foles é unha parte moi sensible dos órganos, que se deteriora moi rapidamente polo seu continuo movemento e tamén polo ataque dos ratos, moi afeccionados a morder as peles dos seus pregues. O amaño desta parte do órgano é a que, habitualmente, máis veces aparece contabilizada na documentación sobre estes instrumentos, porén neste caso asemella moi temperá, só 2 ou 3 anos despois da súa fabricación. É máis plausible a hipótese de que esta intervención veña dada por un fallo de cálculo dos organeiros no tamaño dos foles, no seu volume, e que non deran o suficiente vento para manter a entoación do instrumento cando se tocaba con todos os rexistros conectados. Ademais de nos foles, o órgano debía ter algún defecto de construción de certa relevancia, pois de novo no ano 1786 pagaranse a frei Felina elección do cóengo maxistral da colexiata. Zepedano y Canero, José María, Historia y descripción arqueológica de la basílica compostelán, Lugo, Imprenta de Soto Freire, 1870. Reedición facsmilar, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1999. 47  Por desgracia a información relativa aos mestres organeiros galegos ou activos en Galicia é aínda moi escasa. A biografía xeral citada ao comezo deste artigo da conta dalgúns deles. O que si parece evidente é que o centro santiagués será o principal, senón de orixe alomenos construtivo, destes mestres ao longo de séculos. 48  AHDS, Fondo Parroquial, Iria Flavia, Sta. María, Documentación suelta nº3, “Libro de quentas”, fol. 6v.

258

pe de la Peña “Religioso Francisco y organero en Santiago”, 4400 reais en dúas entregas polo “apeo del organo de Sta. Maria y composición de este y el de la villa”.49 Frei Felipe de la Peña foi un importante organeiro franciscano que, por esas datas, atopábase a punto acometer a construción dun novo órgano para o mosteiro de San Francisco en Santiago,50 e que no ano 1776 construíra o órgano, do que só queda a caixa, de San Rosendo de Celanova.51 Outro importante organeiro da época, tamén radicado en Santiago, Alberto de la Peña pasará xunto con un oficial 5 días, no ano 1786, afinando o órgano polo que cobrará 170 reais.52 Para que o lector se poda facer unha idea do que tales cantidades supuñan, sirva o dato de que o organista Cidrás cobraba por esas datas da fábrica de Iria, de salario anual, 912 reais e 17 marabedís. Debeu de quedar o instrumento, tras estas intervencións, en bo estado pois non se consignan outras de tal relevancia nas décadas posteriores. Só aparece, na diversa documentación consultada, noticias de afinacións e as típicas composicións dos foles, que farán, habitualmente, o propio organista ou algún artesán local. As primeiras adoitábanse facer antes das festas principais, cando o uso que se lle daba ao órgano e a relevancia e función que tiña na liturxia era de moita máis importancia. Por exemplo entre o 23 de Xullo de 1827 e o 23 de Xuño de 1828 (período no que foi feito o balance), o organista José Rosendo realizará diversas afinacións. A primeira será para o 15 de agosto, e consistirá na “afinación del organo de la Patrona (sic) y una piel para componer los fuelles y composición con su cola”, polo que cobrara 70 reais. Antes do Nadal do ano 1827 recibirá de novo 56 reais por afinar o órgano de Iria, e outros 22 máis cobrará antes do Corpus do 28 por afinar o órgano da igrexa de Santiago.53 Estas cantidades, que suman 150 reais (incluídos os materiais, claro), eran un interesante complemento ao salario de Rosendo, que daquela cobra49  Ibid., fol. 8r e 8v. 50  Pérez Constanti, Pablo, Notas viejas galicianas [...] op. cit., páx. 399. 51  González Paz, José y González García, Miguel A., “Órganos en la [...]”, op. cit., páx. 683. Sobre este organeiro daremos máis datos nun artigo que temos en preparación sobre o órgano no Santuario de Nosa Señora dos Desamparados de Abades, Silleda. 52  AHDS, Fondo Parroquial, Iria Flavia, Sta. María, Documentación suelta nº3. “Libro de quentas”, fol. 6v. Alberto de la Peña e coñecido, fundamentalmente, por ser o autor do órgano do mosteiro de San Paio de Antealtares, en Compostela. Este instrumento foi costruído entre 1782 e 1784. Ver, Carro Otero, José, Órgano barroco del convento de San Pelayo de Antealtares, Coruña, Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1974. 53  AHDS. Fondo Xeral, Serie Colexiatas, 1.15.23 (331), Colexiata de Iria, “Cuentas presentadas por el Capellan Fabriquero Don Ventura Rodriguez de los años desde el de 1826 al de 1836, ambos inclusibes que fueron revisadas por la Comision nombrada por S.E. el Señor Arzobispo”, fol. 16r e 16v.

259

ba 137 reais ao mes.54 No ano 1830 haberá unha intervención de máis calado, a xulgar polo seu custe de 2110 reais e 12 marabedís, por parte de “Don Manuel Gonzalez, Jose Soan, Angel Nobas y mas operarios”. Desgraciadamente non sabemos en que consistiu a súa intervención, só sabemos que foi nos “fuelles y organo de Santa María”.55 Nun dos recibos de esta obra o organeiro asina como Manuel Gómez de Soto, por isto podemos identificalo como a persoa que, polos anos 1824-25, era organista na igrexa parroquial de Santiago de Pontedeume.56 E, en fin, así seguirá cumprindo as súas funcións o órgano de Iria, cos seus pequenos amaños e afinacións, até a seguinte intervención de certa importancia que temos documentada. Esta, pola súa relevancia e significado, e polo que logo sucederá na restauración do instrumento, queremos describila algo máis polo miúdo. Sucede xusto no cambio do século XIX ao XX, e é en si mesma ilustrativa dos cambios que viña experimentando a organeiría na península durante a última metade do século XIX. Corresponde a un amaño no instrumento do que, neste caso si, temos o orzamento moito máis detallado. O fará o organeiro Luís García, que sen dúbida é o Luís García Jarabo que realiza arredor destas datas unha serie de intervencións por Galicia e que, pola que fai na catedral de Mondoñedo, sabemos que tiña residencia na Coruña.57 Polo amplo ámbito das súas actuacións e tamén polos importantes instrumentos nos que interveu concluímos que nese intre era un dos organeiros de referencia galegos, o cal confirma o xeito de referirse a el, como “acreditado y conocido organero” nunha das referencias citadas. En Iria presentará o seguinte orzamento, dirixido ao arcebispo como cabeza da administración da diocese, como dicimos bastante detallado:58 54  Ibid. fol. 27r. 55  Ibid. fol. 50r., e recibo adxunto sen foliar. 56  Paz Fernández, Xosé, “Música organística en Pontedeume”, Catedra, Revista eumesa de estudios, 13, 2006, páx. 218. 57  Cal Pardo, Enrique, La música en la catedral de Mondoñedo, Lugo, Alvarellos Editora, 1996, páxs. 673-674. Na catedral de Lugo presentará en 1898 un orzamento para uns amaños que non sabemos se chegaron a ser realizados. Ver en Vázquez Seijas, Manuel, “Un organero de Meilán”, Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, Tomo II, 16, 1945, páx. 133. Tamén trasladará en 1902 o órgano do Santuario das Ermitas ao coro alto. Ver en González Paz, José y González García, Miguel A., “Órganos en la [...]”, op. cit., páx. 685. Por último, sabemos que polo ano 1910 realizará dúas intervencións en Ourense. Unha na catedral, ver en Garbayo Montabes, F. Javier, “Las reformas de Mariano Tafall y otras intervenciones posteriores en los órganos del coro de la catedral de Ourense (1863-1924)”, Porta de Aira, 11, 2006, páxs. 203-205; outra na igrexa de Santa Eufemia del Norte, é dicir Santo Domingo, ver en La correspondencia gallega : diario de Pontevedra, Núm. 6093 de 1 de Xuño de 1910, páx. 2. Nesta reseña de prensa o chaman o “acreditado y conocido organero Sr. García Jarabo”. 58  AHDS, Fondo Parroquial, Iria Flavia, Sta. María, Documentación suelta nº5.

260

“1º Desmonte general del organo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 45 ptas 2º P  roceder a la composicion de los secretos para evitar las comunicaciones de aires y conseguir la no confusion en las armonias . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 180 ptas 3º A  rreglo de todas los mecanismos y sustituir por nuebos los inutiles. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 45 pts 4º C  omposicion de los tubos de los registros y remplazar por nuevos los inutiles . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 45 pts 5º C  onstruccion de fuelles de darle la presion con movimiento de pendulo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 400 pts 6º N  ueva montura de la lengueteria para conseguir la dulzura en los sonidos. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 85 pts TOTAL. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1000 (pts) Todo lo espuesto me conprometo a realizar por las mil pesetas quedando los trabajos a la revision de peritos que su E. Rmº tenga a bien nombrar. Iria Flavia 25 de abril de 1900 (Asina) Luis Garcia Nota: Debo manifestar a su E. Rmª la necesidad de dar la debida estension al teclado por ser este de octaba corta, dandole la debida de 54 notas de Do a Fa natural y en este caso los teclados se construirian nuevos añadiendo a cada uno de los rejistros siete tubos y siendo entonces todos los mecanismos nuebos; el precio de esta reforma seria de mil pesetas”

Esta intervención foi aprobada polo arcebispado “incluso la extension del teclado”, como consta nun escrito realizado sobre o propio documento. O máis interesante é a ampliación proposta para o teclado de 45 teclas, é dicir, a “modernización” do instrumento, dentro da estética daquel intre. Había que anular a oitava curta nos graves, e aumentar a súa extensión nos agudos até o Fa que, xa que nun teclado de 45 teclas a nota máis aguda é un Do. Isto supón engadir catro teclas na parte esquerda do teclado e outras 5 teclas máis na dereita, cos seus correspondentes canos novos. Son un total de nove teclas máis e, naturalmente, nove canos por rexistro, aínda que sorprendentemente Luís García fala de engadir sete tubos por rexistro. Probablemente foi un erro xa que fai constar que o teclado pasará a ter 54 notas. Esta intervención supuxo unha seria alteración na consola do instrumento, para realizar os aumentos sinalados e adaptala a un teclado máis longo, recortándose polos dous lados. Facíase esta intervención para permitir executar un repertorio diferente do que se interpretaba cando o instrumento foi construído. As outras reformas que foron realizadas foron o cambio no mecanismo de movemento dos foles, mediante unha panca de movemento alternativo que accionaría as dúas bombas destes, e diversos ama261

Figura 6. Estado de parte dos canos do órgano de Iria no ano 1998. Estes foron limpados, enderezados e recuperados

262

ños nos tubos e no secreto, que debía estar bastante deteriorado e tiña os típicos traspasos.59 É interesante a nova montura proposta nos rexistros de lingüeta, en concreto pola pretensión do organeiro de “conseguir la dulzura de los sonidos”. Pensamos que se refire á adaptación dos rexistros en batalla de Iria ao novo ideal sonoro romántico da época, nas antípodas do robusto ataque e son do órgano barroco ibérico. Para suavizar este ataque tan marcado tamén se facían entallas na alma dos canos, algo que sabemos que se fixo en Iria, probablemente polas mesmas datas e polo propio Gómez Jarabo.60 En fin, tanto estas intervencións como a extensión do teclado desvirtuaron seriamente a esencia orixinal do instrumento, que deste xeito converteuse nun híbrido que nin era totalmente capaz para interpretar o repertorio romántico da época nin podía xa tampouco interpretar con total propiedade o repertorio para o que fora construído.61 Si este tipo de intervencións se autorizaban daquela eran, fundamentalmente, polo esaxerado da relación prezo-función que implicaría construír un órgano plenamente romántico no que era xa unha simple igrexa parroquial.62 A maiores da desvirtuación sinalada, a intervención de García Jarabo, e probablemente outras posteriores das que non temos constancia, fixéronse nun momento de seria decadencia no eido da organeiría ibérica.63 O testemuña, no caso de Iria, o informe feito pola casa Grenzing previo á súa restauración.64 Alí faise constar que o órgano de Iria é “un 59  É dicir, a comunicación indeseada entre sí das canles de diversas notas adxacentes, o que fai que ao premer a tecla correspondente a unha nota soen outras contiguas que non deberían, que é ao que se refire o organeiro cando fala da “confusión en las armonías”. 60  O sabemos polo informe sobre o estado do órgano feito pola casa Grenzing previo á restauración de 1999. Ver máis adiante. 61  Exemplo do primeiro sería, por exemplo, a ausencia dun teclado completo aos pés. Do segundo, os dentes nas almas dos canos, que son un serio atranco para a intelexibilidade musical das pezas de carácter polifónico que, mesmo até ben entrado o século XVIII, se compuñan para o órgano ibérico. 62  Recordemos que Iria pasou a esta situación como consecuencia do Artigo 21.2 do Concordato de 1851, que reducía a igrexas parroquiais todas as colexiatas, exceptuadas aquelas situadas en capitais de provincia sen sede episcopal e dalgunhas excepcións consignadas no punto 4 do mesmo artigo. Esta é a razón de que na Coruña exista aínda hoxe en día unha colexiata. 63  Todos os procesos de desamortización do século XIX tiveron tamén unha fonda pegada no mundo do órgano, debido á mingua dos recursos económicos de catedrais e colexiatas, que fixeron serios recortes de gastos nas súas capelas musicais. Por exemplo, o oficio de organeiro e afinador dunha sede da importancia da catedral de Santiago desaparecerá coa morte de Mariano Tafall no ano 1874. 64  Quero agradecer a Oscar Laguna, da casa organeira Gerhard Grenzing, que me fixera chegar os extractos máis importantes deste informe, relativos ao estado do órgano no ano 1999 e as intervencións máis salientables que se executaron para devolvelo á súa esencia orixinal. Tamén a achega que me fixo das imaxes do órgano previo á súa restauración.

263

Figura 7. O estado da consola do órgano de Iria e do teclado en 1998. Apréciase o corte practicado á caixa orixinal, no ano 1900, para a ampliación do teclado feita polo organeiro Luis García Jarabo

264

instrumento singular de la época de mayor esplendor de la organería en Galicia” e que como outros instrumentos da época ten “sufrido importantes transformaciones que les han hecho perder su identidad”. Entre outras cousas estes organeiros, cunha dilatada e sólida experiencia no mundo do órgano ibérico, destacan que aínda que o “instrumento ha sido construido por artífices experimentados que han reflejado su técnica en cada una de las piezas que componen el instrumento”, no referente aos canos “se aprecian dos escuelas diferentes en la hechura de los tubos. La escuela del siglo XVIII que dio origen al órgano, con tubos de muy buena factura, y una escuela posterior que transforma e incorpora registros de estética posterior”. Sinalan tamén no informe a “desastrosa intervención en los tubos de la fachada que han sido tremendamente recortados”, o cal se facía para elevar a altura de afinación típica do barroco e século XVIII, en medio ton, para axeitala á práctica e á afinación dos instrumentos do século XX. Por fortuna o órgano de Iria caeu en boas mans, e a pesares da “degradación en que se encuentra”, como se di neste informe, “es un instrumento perfectamente recuperable”.65 Dan fe do estado no que se atopaba o instrumento dúas fotografías das cedidas polo taller de organeiría de Gerhard Grenzing (Figuras 6 e 7).66 Ademáis de testemuñar o estado de gran abandono, serven tamén de exemplo sobre o grado de coñecemento técnico que se ten acadado, no eido da restauración, sobre estes instrumentos, o que permite recuperar con grande acerto e criterio instrumentos que semellan totalmente inservibles. É así, perfectamente recuperado, que podemos gozar deste órgano hoxe en día. Permítenos escoitar, nun instrumento moi acaído, o repertorio da época nas mans dun intérprete experimentado e coñecedor da técnica e estética antiga. 3. ANTECESORES DO ACTUAL ÓRGANO DE IRIA. ALGUNHAS NOTICIAS SOBRE ÓRGANO NA IGREXA DE SANTIAGO DE PADRÓN A data de hoxe pódese documentar que houbo, cando menos, tres órganos en Iria anteriores ao de Sanz e González. Na Igrexa de Santiago podemos constatar, tamén, a presenza de tres instrumentos. A intensidade renovadora dos instrumentos na Colexiata de Iria e na devandita igrexa amosan ás claras a importancia que se lle daba á 65  No proceso de restauración houbo que reconstruír, tomando como base os canos conservados, os xogos completos de ducia, quincena, cheo, címbala e trompeta real, asi coma unha fileira completa da corneta. 66  Tamén a testemuña da actual sancristana, que asegura que o órgano xa non soaba dende os anos 50 do século XX.

265

presenza deste instrumento.67 Tal nivel de anovamento, sempre na procura de ter un mellor órgano, no senso da súa adaptación ás innovacións técnicas que se ían sucedendo e á evolución estética do seu ideal sonoro, está ao nivel das máis importantes igrexas e catedrais da península. Vexamos pois, por orden cronolóxico, cales foron e o que sabemos deles. 3.1. O órgano do século XVI Sabemos que un órgano, de autor descoñecido, estaba instalado na colexiata con anterioridade ao ano 1560, segundo se deduce do contrato feito no “coro alto” da igrexa co organista Bernabé Rodríguez de Carbajal, clérigo, ante o notario de número e cabido do concello de Padrón, Antonio Rodríguez.68 O contrato está asinado a 8 de outubro e non se sabe a data de construción nin moito menos o artífice do instrumento do que se fai cargo o referido organista. Non é improbable que fora construído, aproximadamente, dentro do primeiro terzo do século XVI, momento de intensa actividade organeira na comarca de Compostela e mesmo en toda a península.69 Este momento coincide tamén, grosso modo, coa transición técnica dende o chamado órgano gótico ao órgano con varios rexistros independentes de frautados,70 o cal probablemente levou aos responsables dos diversos templos a anovar e substituír uns instrumentos que para eles estaban a quedar atrás, dende o punto de vista da estética reinante.71 É interesante determos un intre no texto do contrato citado, por introducir algúns datos moi relevantes na historia do órgano en Iria, que perdurarán ao longo dos séculos e que, probablemente, viñesen de tempos anteriores. Falamos, en concreto, da relación de mutuo interese que cabido e concello tiñan no mantemento dunha actividade musical digna na Colexiata, o que levou a que durante moito tempo o 67  Serían, sen esaxerar, decenas as citas que poderíamos adxuntar das moitas páxinas que temos visto, só para o caso de Iria Flavia e da igrexa de Santiago de Padrón, cando ante a falta de organista, ou unha reforma necesaria, un instrumento desafinado, un fol que falla, etc se fala do “daño que se sigue”, a “o gran necesidad que hay”, lo “faltosa que esta la iglesia” de órgano, e outras expresións, cheas de viveza, similares. 68  AHUS. Protocolos Notariais de Padrón, Notario Antonio Rodríguez (P-69), 1560, fol. 167r-168r. Citado por primeira vez en Pérez Constanti, Pablo, Notas viejas galicianas [...] op. cit., páx. 392. 69  Ibid., páxs. 389-401. 70  Jambou, Louis, Evolución del órgano, [...], op. cit. e Revista de Musicología, XXXIV, 2, 2011, páxs. 11-42. 71  Non cabe desbotar que antes deste órgano houbera un anterior, mesmo pensamos que é máis que probable.

266

concello e o cabido asumiran o pago conxunto do salario do organista. En concreto se di que, “(o cabido de Iria) e concejo del padron se conçertaban y conçertaron e yzieron se conçertase con el dicho Bernabe Rodrigues de Carbajal clerigo de la forma seguyente en que dende agora por el dicho Cavildo e villa le tomaban y tomaron por organista del organo de la dicha Iglesia por un año cumplido que se empezaba a correr y a contar dende oy el dia que otorgan este contrato presente y por su selario se obligaron por si y en nombre de dicho concejo (...) debe de dar y pagar al dicho bernabe rodrigues de carbajal beynte ducados de a honze reales cada uno ocho ducados por la Yglesia. doze por dicho concejo segun que ansi solian pagar a los años pasados”

É dicir, o concello facíase cargo do groso do salario do organista, o 60 %, contribuíndo o cabido co restante 40 %. Tamén indica o contrato que este reparto viña dun compromiso anterior a 1560, sen que podamos precisar, a data de hoxe, cando se tomou. Podemos interpretar estas cláusulas dentro da intensa relación de simbiose existente entre concellos e cabidos naquelas vilas galegas que contaban con colexiatas. Esta relación ten sido estudada por Baudilio Barreiro e Ofelia Rey, que denominan a estes templos como verdadeiras “catedrales de segundo orden”.72 De acordo ca súa tese, as colexiatas contribuían ao boato e prestixio das vilas nas que estaban radicadas, dando maior lustre e esplendor ás cerimonias ás que asistían os seus rexedores e fidalguía local, que tiñan, polo tanto, un interese particular no mantemento das súas actividades litúrxicas. A historia do órgano e da música en Iria non fai máis que soportar dita tese, indicando o intimamente ligadas que están a historia da vila e a da colexiata. Esta relación de mutuo proveito tiña, como é lóxico, as súas disensións e problemas, sobre todo cando unha das partes deixaba de cumprir o acordado ou sucedía algún feito desgraciado. Pasará en Iria ao quedar deteriorado o órgano a comezos do século XVIII, como veremos un pouco máis adiante. O concello de Padrón tiña tamén o compromiso a dotar de órgano á igrexa, de “dar órgano y organista”: é dicir, de facerse cargo non só do pago dunha parte do salario do músico senón tamén da reparación e, si era o caso, da construción dun novo instrumento. De feito en Padrón a carga era dobre, xa que na igrexa de Santiago de Padrón, na vila, tamén había un órgano. A primeira constatación documen72  Barreiro Mallón, Baudilio e Rey Castelao, Ofelia, “Catedrales de segundo orden. Las Colegiatas en Galicia en la Edad Moderta”, SEMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, 15, 2003, páxs. 281-315.

267

tal directa deste compromiso está recollida nunha escritura do 15 de setembro 1611, feita entre o concello e o cabido, pola que o primeiro asume integramente o pago do organista:73 “que por quanto entre los dichos Canonigos y Cavildo avia differencia, y discordia con la dicha Justicia e Regimiento (da vila de Padrón) sobre el tañer del Organo ansi de la dicha Yglesia Colegial de Santa Maria de Yria como de la Yglesia del Señor Santiago de esta dicha villa, y en razon de ello tenia discordia, en que los dichos Canonigos y Cavildo decian no tenian obligacion del pagar al dicho Organista cosa ninguna por razon de tañer el dicho organo por no tener obligacion para ello, y que la dicha Justiçia y Regimiento tenia obligacion de pagar al dicho Organista y dalles organo por el ornato y authoridad de la dicha yglesia y honor de la dicha Villa (...) la dicha Justicia y Regimiento se obligan con las dichas sus personas y vienes de sus obligados de que desde oi dicho dia para en todo tiempo de siempre jamas tendran organo en las dichas dos Yglesias, y pagaran al organista que al presente es, o fuese todo lo que la dichas Justicia e Regimiento concertase con el de manera que no ha de aver falta de organo ansi dias de fiesta como los dias que no fueren de fiesta aviendose menester en las dichas dos yglesias conforme los dichos Canonigos y Cavildo se lo dijeren y ordenaren, y fuese justo para el ornato, y servicio, y culto Divino de las dichas dos yglesias”.

Polo demais, a obriga fala por si mesma, e por certo de xeito ben rotundo, a propósito do interese comentado por aproveitarse do maior “ornato” (dise dúas veces) que os servizos litúrxicos da colexiata lle daban á vila, especialmente aqueles nos que había música. Boa proba de non ser isto unha mera formulación retórica é que o concello asume dende este intre, como diciamos, todas as cargas de ter órgano nas dúas igrexas e pagar ao organista que os debe servir. E a carga asumida non era pouca, implicaba tamén pagar as reparacións de mantemento precisas. Sirva como exemplo o recibo que en 1617 estende ao concello o organeiro Pedro de Morales, que se di “organista afinador de los organos de la Capilla Real y escurial de su magestad”, por un total de 200 reais “por raçon del adereço que hice de los organos de santa maria y santiago desta villa y flautas que puse”.74 73  AHDS, Fondo Xeral, Serie Colexiatas, 1.15.7 (319), Colexiata de Iria, Mazo 3,Varia, fol. 238r. 74  AMP, Contas de Propios e arbitrios, Caixa 324/1. Pedro de Morales foi un organeiro moi activo por Galicia polo cambio do século XVI ao XVII. Ver PÉREZ CONSTANTI, Pablo, Notas viejas galicianas [...] op. cit., páx. 392. Non temos atopado noticia de que este Pedro de Morales tivera realmente o cargo de organeiro no Escorial, pero si da súa actividade en Castela, en Segovia, Olmedo e Toro, polo ano 1583. Ver PALACIOS SANZ, José Ignacio “La organería en Castilla y Leon en tiempos de Antonio de Cabezón”. Revista de Musicología, 34, 2, 2011, páxs. 285-316.

268

3.2. Un novo órgano no século XVII. O órgano de Pedro Taboada y Camba de 1677 Durante o transcurso da investigación atopamos documentos e moita información sobre un longo preito interposto polo cabido contra a vila. Viña xerado pola desaparición do órgano de Iria no intre da reconstrución da igrexa, entre finais do século XVII e comezos do XVIII. Lendo esta documentación, vemos como o cabido tenta librarse de calquera responsabilidade no asunto e que a vila, sobre a base do acordo antes citado, se faga cargo do financiamento dun novo. Os datos que alí se conteñen leváronnos á suposición de que o órgano que existía no século XVI non era o que deu motivo ao preito, senón un construído máis tarde. Explicamos a continuación a liña de traballo que nos levou a tal conclusión, pois pensamos que é un bo exemplo de como a utilización de datos cruzados de diversas fontes e, en concreto, dos contratos dos órganos e da información económica que conteñen, permiten tirar hipóteses de traballo que enriquecen este tipo de investigacións musicolóxicas. Tamén porque a propia documentación do preito ofrece información complementaria á até o de agora exposta sobre a relación entre o cabido de Iria e o concello. O elemento básico de traballo foi a sentenza de 1717 do Justicia Mayor da cidade e arcebispado de Santiago a favor do concello e contra o cabido. Nela se cargan cas culpas a este de non por a salvo o instrumento durante as obras e o fai, polo tanto, responsable da súa perda, o que exime ao concello de financiar un novo. Por outra banda a resolución testemuña a obriga por parte do concello de pagar ao organista para servir na colexiata e na igrexa de Santiago sobre a base do acordo comentado con anterioridade. Di a sentenza, con data de 24 de decembro de 1717, que,75 “declaro estar observada la escriptura otorgada por la Justicia y Regimiento de la villa del Padron con el Cavildo Eclesiastico de la Yglesia Colegiata de dicha villa en quince de septiembre de seiscientos y once, presentada en estos autos por la qual se halla obligada la villa y sus Propios a dar organo, y organista a las dos yglesias de Santa Maria y Santiago della; y attendiendo a lo probado por una y otra parte en esta causa por aora debo de absolber, y absuelbo a la dicha villa de la acion contra ella puesta por dicho Cavildo Eclesiastico, al qual condeno a que reponga el organo que la dicha villa le tenia puesto en la referida Yglesia de Santa Maria, segun, y de la manera que servia quando a causa de la redificacion de ella le saco por la omission que tubo en no aver cuidado de su custodia, o aver interpelado a la dicha villa para que lo hiciese, y asi repuesto 75  AHDS, Fondo Xeral, Serie Colexiatas, 1.15.7 (319), Colexiata de Iria, Mazo 3, Varia, fol. 239v.

269

a vista de peritos de el arte dejo a dicha villa en la obligacion echa por dicha escriptura para que a lo adelante la cumpla como en ella se contiene (...) dada y pronunciada fue la sentecia de arriba y su anteccedente por su merced el lizenciado Don Joseph de Era y Miranda, Asistente y Justicia mayor en esta Ciudad de Santiago y su Arzobispado (...) a veinte y quatro dias del mes de deciembre de mil sietecientos y diez y siete”.

No medio da documentación hai un documento, unha alegación do procurador do concello de nome Mateo de Santiso, que achega o dato que nos fixo pensar que o órgano que se perde no transcurso destas obras non é o que xa existía no século XVI, senón un posterior. É, en concreto, o relativo ao custe dese órgano destruído. Di a alegación do procurador dirixida ao xuíz que,76 “aunque (...) estan obligados a poner dichos organos (a Xustiza e Rexemento da vila) hallara Vuesa Merced que antes de aora lo soportaron y pusieron en la Collegiata el que tubo de coste mas de ocho y cientos ducados (que) hestava serviendo y permanente asta que con la ocasion de amenazar rruina dicha Collegiata las contrarias (partes) pasaron de su autoridad y sin la menor intevencion de mis partes a demolerla sacando dicho organo de que husaron sin saverse de su paradero”.

A razón que nos levou á conclusión antedita foi que, de ser certo que o órgano custou 800 ducados, como alega o procurador, este sería un prezo descomunal para un órgano do século XVI. En efecto, examinados 13 contratos de órganos construídos na península (de diversos tamaños e características) dos que da conta Louis Jambou,77 entre os anos 1536 e 1564, atopamos que estes teñen un custe medio de case 40000 marabedís. O máis caro deles é un instrumento de 1563, con base nun frautado de 14 palmos, que custou 85000 marabedís. Pero 800 ducados son 300000 marabedís, daquela un factor 7.5 por riba do custe medio de mercado dos órganos da época e 3.5 veces máis caro que o máis caro dos órganos citado nesas referencias. Polo tanto, e aceptando como certo o prezo dado polo procurador do concello na súa alegación, conclúese necesariamente que nalgún intre o órgano que existía no século XVI é substituído por outro, que se malogra cando se reconstrúe a colexiata. Daquela, e partindo desta hipótese fixemos unha busca no AMP, xa que o concello era o encargado de dar órgano, na procura dalgún acordo ou orden do concello para construír un novo órgano en Iria. A lectura das Actas do Concello permitiunos atopar o intre no que se decide a construír un novo órgano para Iria, de feito amosáronse especialmente ricas xa que tamén nos fornece76  Ibid., fol. 243r. 77  Jambou, Louis, Evolución del órgano, [...], op. cit., Vol. 2.

270

ron con información sobre o órgano na igrexa de Santiago e sobre diversos organeiros que traballaron na vila. A primeira noticia atopada é de 1617, e corresponde ao amaño de Pedro de Morales citado xa no anterior apartado. Despois, en xaneiro de 1640 o concello vese compelido por unha carta das autoridades eclesiásticas de Santiago, onde se di que na igrexa colexial,78

“me an informado se acen los oficios devinos con poca decencia acaussa de faltar Vuesa merced a la obligacion que tiene de vestir con decencia a los muchachos que la sirve y no estar el organo compuesto pidoles con todo encarecimiento atienda con veras a reparar anbas cossas con la puntualidad que espero por ser obra tan acepta a nuestro señor”.

Parece que non se deu moita presa o concello, e non é até que 1642 que chaman a Baltasar Machado, organeiro en Santiago, para que “por quanto los organos de la iglesia de yria estan mal repasados” se achegue a amañalo.79 Cobrará 38 ducados por esta tarefa, segundo consta dun recibo onde se titula “afinador y maestro de organos”.80 22 anos despois, o 16 de Xullo de 1664, é Juan Guillermo “vecino y organista de la ciudad de la coruña” quen reclama ao concello que lle pague os 600 reais que lle debe por “adressar los dos organos de las dos yglesias desta villa y ponerle todos los cañutos que faltaban y componerlos a mi costa de todo necessario poniendo dos juegos nuebos”.81 Desta intervención estendeuse contrato ante o notario do concello, Pedro Gómez de Cancelada,82 e a súa lectura permite albiscar que daquela os órganos estaban xa bastante deteriorados, ao punto de non poderse usar: “parescieron presentes de la una sus mercedes justicia y rregimiento de la dicha villa (...) y de la otra Juan guillermo vecino horganista de la ynsigne colexial de la ciudad de la coruña y todas las dichas partes dixeron que por quanto al presente los Horganos de las dos yglesias de santa 78  AMP, Libros de Actas (1634-1652), Caixa 1, fol. 59r. 79  Ibid. fol 105r. 80  Ibid. fol 106r. Este organeiro, Baltasar Machado, de orixe portugués, ten certa relavancia no panorama organístico da Galicia do século XVII. Está documentada a súa actividade dende alomenos 1636, cando intervén nos órganos da catedral de Tui até 1669. Ver Pérez Constanti, Pablo, Notas viejas galicianas [...] op. cit., páx. 396. Nese ano, asociado co seu sobriño Juan Machado, construirá un órgano realexo para o Hospital Real de Santiago (AHUS, Archivo Gran Hospital, Libro 35 de escrituras, fol. 92). Dende o ano 1645, aproximadamente, debía ser o encargado da afinación e manteñemento dos órganos da catedral de Santiago. 81  AMP, Libros de Actas (1664-1672), Caixa 3, Carpeta 3/1, Consistorios de 1664, fol 44r. 82  AHUS, Protocolos Notarias de Padrón, Notario Pedro Gómez Cancelada (P-456) 1664, fol 139r. A escritura é de 12 de maio.

271

maria de Yria y santiago de la dicha villa estavan maltratados y que en ellos no se podia tañer y tenian nesessidad de adresarles y rreparase de todo lo nessessario que tenian nessessidad”.

Ademais de subministrarnos o interesante dato de que Juan Guillermo era o organista da colexiata da Coruña,83 este contrato é aínda máis explícito no estado dos órganos, ao detallar a intervención precisa en cada un deles (da igrexa de Santiago e de Iria): “dicho Juan guillermo a su costa y mencion a de adressar y conponer los dichos dos horganos de las dichas dos yglesias y para ello poner al organo de la yglesia de santiago de la dicha villa todos los caños que faltaren que son dies y siete y poner todo juego nuevo, y rreparar los fuelles de todo lo nessessario y esso mesmo todos los alanbres de dentro y de afuera, con lo que vbiere menester= y lo mesmo a de poner todas las barillas y el juego de adentro se a de encolar y segurar= Y en de la yglesia colexial de santamaria a de poner todos los caños que faltaren y poner a los fuelles unos baldresses nuevos y segurar todo el ayre y un juego nuevo de teclas con sus barillas y todas las cabritillas que fueren menester para el açiento de los caños, y el cuerpo del organo lo a de encolar y asegurar todo el ayre”.

Desta descrición vemos que o instrumento (falamos do de Iria) estaba deteriorado ao punto de ter que construír de novo o teclado con todo o seu mecanismo, repoñer canos ausentes, amañar os foles (isto si que entraría dentro dunha intervención máis común), asegurar todas a conducións do aire, para evitar perdas, e mesmo facer todas as “cabritillas”,84 e dicir as peles para o asento e boa estanquidade dos tubos sobre o secreto. En resumo, o órgano de Iria tiña algo mais que unha pingueira, o cal é lóxico se temos en conta que daquela tiña xa un mínimo de 100 anos. Ou non foi de moi boa calidade a intervención ou os órganos, de puro vello, non admitían xa máis parches porque o caso é que só 9 anos despois, o 10 de novembro de 1673, os cóengos de Iria fan saber ao concello de Padrón que,85 “en las yglesias desta villa auia mucho tienpo auia falta de organos porque el que ay en la yglesia del señor Santiago de dicha villa se auia 83  En datas similares Juan Guillermo fixo unha intervención nos órganos da catedral de Ourense e do Mosteiro de Montederramo. Así o fai saber Emilio Duro Peña quen recolle información do arquivo da catedral ourensana, onde este organeiro, que alí figura como de orixe irlandés, afinou os órganos entre 1662 e 1665 e amañou o órgano realexo, engadíndolle un xogo que lle fora substraído. Ver, Duro Peña, Emilio, La Música en la Catedral de Ourense, Ourense, Obra Benéfico Social de Caixa Ourense, 1996, páx. 276. 84  Ver a voz “cabritilla” en Sara Buil, Joaquín, Diccionario Técnico-Histórico [...], op. cit. 85  AMP, Libros de Actas (1673-1680), Caixa 4, Carpeta 4/1, Consistorios de 1673, fol 52r.

272

maltratado de calidad que en el no se podia tañer= Y el de dicha collegial se auia quitado para componer y que asta aora no se auia echo”.

No mesmo acto decídese enviar a Santiago ao procurador xeral da vila para que acorde cun organeiro a fabricación dun órgano realexo. Non é até o 7 de maio de 1674 que está na vila Juan Machado “maestro de órganos”,86 sobriño do Baltasar Machado que en 1642 amañara o órgano de Iria. Comprométese, por escritura pública, a construír un órgano realexo novo para a igrexa de Santiago87 por un custe total de 2200 reais:88 “Juan machado por esta dicha scriptura se obliga con su perssona vienes muebles e raices avidos e por aver de aser a esta dicha villa un horgano nuevo y de buena calidad para el servicio de la yglesia del señor santiago desta dicha villa a satisfacion del horganista mayor de la santa yglesia del señor santiago y mas perssonas que por dicha villa fuese señalado el qual a de tener seis registros en cada costado seis para el contrabaxo y otros seis para los tiples, y de cinco palmos de largo la flauta mayor y las mas en la correspondencia que le tocare y por quenta del dicho Juan machado a de correr toda la fabrica del asi de maderas dos fuelles que se an dentonar a mano como de todo lo demas que para ello fuere nesessario=el qual dicho organo le a de dar en una caja serrada y pechada con su pechadura y los dara echo y acauados dentro de tres messes que corren desde el dia de la fecha desta scriptura en adelante puestos en esta dicha Villa en manos de su merced dicha Justicia y Regimiento a su costa y riesgo”.

A forma de costear este instrumento resulta interesante pois amosa, de novo, como a burguesía da vila e os seus representantes, os rexedores, implicábanse en manter a igrexa polo prestixio que lle daba á vila e, polo tanto, a eles mesmos: a metade do custe se lle pagará a Machado “de los mercaderes del vino por quenta de lo que deven del año pasado de setenta y tres”.89 Polas súas características este sería un órgano cativo, un realexo, cunha serie de rexistros independentes de frautado sobre unha base de só cinco pes, o cal significa que soaría unha oitava por riba do son natural. Probablemente tamén tería un 86  AMP, Libros de Actas (1673-1680), Caixa 4, Carpeta 4/1, Consistorios de 1674, fol 43r. 87  Aínda que os dous organos estaban deteriorados, o caso é que só contratan a fabricación dun instrumento para a igrexa de Santiago. Descoñecemos se nese intre estaban xa amañando o de Iria ou pensaban en deixalo para máis adiante. Nada atopamos ao respecto. 88  Feita ente o notario do concello Jacinto Gómez de Cancelada nesa data de 7 de maio de 1674. AHUS, Protocolos Notarias de Padrón, Notario Pedro Gómez Cancelada (P-799) 1674, fols. 177r-178r. 89  AMP, Libros de Actas (1673-1680), Caixa 4, Carpeta 4/1, Consistorios de 1674, fol 43r.

273

rexistro de lingüeta, do tipo das dulzainas, que é un rexistro con resoadores de curta lonxitude. O órgano iría dentro dunha caixa “pechada con su pechadura”,90 o cal o resgardaba dos ladróns ou daquelas persoas que puideran deterioralo, e tamén do po. A documentación non deixa ás claras se este órgano se chegou a construír.91 Dous anos despois, o 20 de agosto de 1676, entra en escena un novo organeiro, Pedro de Taboada y Camba.92 Aparece por primeira vez na vila levando un realexo para Iria que, polo texto da acta do concello, parecese desprender que xa o tiña feito no seu taller compostelán e o leva alí para que poidan escoitalo, comprobar o seu son e, se é o caso, mercalo.93 Os cóengos, rexedores e “algunos feligreses” o atopan “pequeño y de poca bos para el servicio de dicha Yglesia por ser de mucho hueco”. E dicir, o órgano era demasiado pequeno e non tiña rexistros e volume sonoro suficiente para encher cos seus sons as naves da igrexa de Iria. Porén, o atopan mellor que o que estaba na igrexa de Santiago, en concreto din “de mejores boces”. A falta de precisión neste tipo de descricións non permite xulgar moi axeitadamente o que se quere expresar, aínda que neste caso parece que se están a referir a que ten mais calidade de son. Por todo isto, e tendo en conta que os mercadores do viño da vila tiñan feito un novo compromiso formal de pagar 3000 reais por un órgano para a colexiata, mellorando substancialmente a cantidade que tiñan previsto proporcionar, toman outra decisión.94 Deciden trasladar o realexo de Pedro de Taboada á igrexa de Santiago e encargarlle 90  Escápaselle aqui ao escribán un termo en galego. 91  Non temos atopado máis noticia sobre Juan Machado en Padrón, nin noticia de si o órgano se chega a asentar e examinar unha vez rematado, como indica a propia escritura. 92  De Pedro Taboada y Camba coñecíase até o de agora a su faceta como ensamblador e probablemente tallista, formado dentro do taller de Mateo de Prado. Nada se sabe da súa formación como organeiro, pero podemos supoñer que a adquirira polo contacto con algúns dos organeiros daquela presentes en Santiago, como os Machado. Si sabemos que se ten declarado organista e afinador de órganos da catedral de Santiago, e que en 1678 chega a acoller un rapaz cego na súa casa para aprenderlle órgano. En calquera caso estes dous intrumentos fabricados para a vila de Padrón son a primeira referencia coñecida como mestre organeiro. Ver, Fernández Gasalla, Leopoldo “Jerónimo de Castro e Pedro Taboada”, en Artistas galegos escultores, séculos XVI e XVII, Vigo, Nova Galicia Edicións, 2004, páxs. 339-367. 93  AMP, Libros de Actas (1673-1680), Caixa 4, Carpeta 4/1, Consistorios de 1676, fol 25r. 94  No texto do compromiso, feito ante o notario Jacinto Gómez de Cancelada no ano 1676, fan constar que “pagaran a la dicha villa tres mill rreales de vellon por una bes para acer y fabricar un organo para la dicha Yglesia colegial de Santa Maria de yria de la dicha villa (...) para cuyo efecto dicha villa a de poner el estaño y materiales que ay de dos organos viejos que fueron de dicha yglesia y de la del señor santaigo della”. AHUS, Protocolos Notarias de Padrón, Notario Pedro Gómez Cancelada (P-801) 1676, fols. 125r-126r.

274

un novo órgano, máis grande, para a Igrexa de Iria. Ese mesmo día fan a escritura de compromiso onde se recolle que,95 “para dicha yglesia colegial se yciese otro de mayor altura (que o realexo) que es un organo de seis quartas de alto del tamaño y fabrica del organo maior del de la yglesia del conbento de san Martin el rreal de la ciudad de Santiago en quanto a la cañuteria boçes y fuelle porque la caja a de ser de tres castillos en la conformidad de la planta que a visto en la yglesia colegial desta villa el dicho Pedro taboada y a vista de maestros peritos en esta materia Y por el dicha Justicia y regimiento y mas vecinos le auian de pagar al dicho Pedro taboada quinientos y cinquenta ducados que haçen seis mill y cinquenta reales, el estaño viejo que esta villa tiene de los dos organos viejos, que tenian las dos Yglesias antes de aora que son ciento y una libras, y el rrealejo que atualmente tiene, y esta serviendo en dicha yglesia del Señor Santiago”.

É interesante nesta escritura a comparación que se fai co órgano daquela existente en San Martín, de feito di o “órgano mayor”, o que indica que habería outro máis cativo.96 Este órgano, e o de Iria, aínda así non serían órganos moi grandes, que teñen de lonxitude do seu caño maior de 12 ou 13 pés (cerca 2,5 metro) e a escritura especifica que neste caso será da metade. En calquera caso a intensidade sonora do instrumento non só depende da lonxitude deste primeiro rexistro de base, senón tamén do número de outros rexistros con canos máis pequenos. A indicación no contrato de que o instrumento ten que ser igual ao de San Martín en “cañutería, boces y fuelle” creemos que indica, precisamente, que ten que ter suficientes rexistros para acadar a potencia sonora desexable. En calquera caso acompañando a estes canos de 6 pés, que serían de estaño e chumbo e irían na fachada, neses tres castelos dos que fala a escritura, o instrumento tería outro rexistro de canos tapados da mesma lonxitude. Estes tubos tapados teñen unha altura sonora máis grave, e no caso dos de 6 pés, sería na oitava natural do teclado (e non unha oitava máis aguda coma os de 6 pés abertos). Isto é o que quere dicir a escritura cando indica, precisamente, que o instrumento terá que ser entregado “afinado en punto natural de organo”. Estes canos non teñen tanta potencia como os abertos pero, por contra, afórrase unha boa suma 95  AHUS, Protocolos Notarias de Padrón, Notario Pedro Gómez Cancelada (P-801) 1676, fols. 244r-245r. 96  Estes serían os verdadeiros precedentes do órgano que en 1684 constrúe o organeiro asturiano Alonso Menéndez Forcines para o mosteiro compostelán. O novo instrumento tería xa un frautado base de 13 palmos como era máis habitual. Ver, Vicente López, Simón “El órgano de San Martin Pinario en el siglo XVII. Precedentes y ejecución”, Compostellanum, Vol. 53, 2-4, 2008, páxs. 451-479.

275

en materiais, considerando o gran tamaño dos canos dun frautado aberto de 13 pés. Como vemos pola escritura o órgano terá un custe de 550 ducados e ademais lle darán os restos dos materiais de dous órganos que había en Iria e na Igrexa de Santiago97 e o realexo que hai nesta última. Este último dato si que parece indicar que o instrumento que Juan Machado se chegou a instalar neste último templo. É algo sorprendente que se desfixeran del só dous anos despois da súa construción, o cal só é explicable sobre a base dunha excepcional calidade do realexo de Pedro de Taboada. E algo disto debía de haber pois o 24 de abril de 1678, cando se instala o órgano en Iria, o organista maior da catedral de Santiago, Miguel de Susavila emite un informe sobre os dous instrumentos deste artífice e di que,98 “aviendo visto segun ba dicho el organo de la yglesia colegial de Santa maria de yria= y otro de la yglesia del señor santiago della, allo que el de dicha Yglesia colegial estar un horgano de buena calidad fabrica y rregistros del mayor de la yglesia de san martin el rreal de la ciudad de Santiago, menos que el (29v) lleno del no es tan abundante de boses como el referido y que en el no alla otro defeto alguno y baler muy bien los quinientos ducados que por el esta esta villa obligada a pagarle y en quanto al de dicha yglesia del señor santiago desta villa lo auia allado de mucha perfecion y muy vien acabado de los mejores del reyno y que bale muy vien trescientos ducados y esto dize es lo que siente debajo de su conciencia“.

O órgano da igrexa de Santiago, efectivamente, é cualificado moi eloxiosamente: como perfecto, moi ben acabado e entre os mellores que o experimentado e maduro organista tiña visto.99 Por outra banda o órgano de Iria lle parece un instrumento de boa calidade aínda que cun cheo “non tan abundante de boses” en comparación co de San Martín. Isto indica que ou ben tiña algún rexistro menos que este último ou que o propio rexistro de cheo, que ten varios canos que soan simultaneamente ao pulsar a nota correspondente, non tiña tantos canos por tecla como o de San Martín.100 97  O estaño vello (en realidade aliaxe de estaño e chumbo) de restos de canos destes dous órganos. Recordemos que esta era a parte que máis encarecía o instrumento polo prezo do estaño. 98  AMP, Libros de Actas (1673-1680), Caixa 4, Carpeta 4/2, Consistorios de 1678, fol. 29r. 99  Miguel de Susavila, antes de chegar a ser organista en Santiago, xa é citado como organista, no ano 1637, da colexiata de Xunqueira de Ambía. Ver, Duro Peña, Emilio La Música en [...] op. cit., páx. 280. 100  Hai que aclarar que por cheo entendese tanto o chamado plenum do órgano, e dicir, a conexión simultánea de todos os rexistros de frautados para producir un son de gran volume e brillantez, como ao propio rexistro individual dese mesmo nome, cheo.

276

Chaman a atención neste informe as cantidades das que fala Susavila. Por unha banda di que o órgano de Iria vale ben os 500 ducados que se lle pagan. Esa diferenza de 50 ducados co custe que na escritura realmente se estipula podemos achacala a un simple despiste, redondeo ou axuste final. Pero por outra, o que non ten moita explicación son os 300 ducados que di vale o realexo. Parécese desprender que é unha valoración súa, como querendo poñer en cartos o custe dun instrumento tan bo, o cal non ten porque significar que eses cartos se lle pagasen realmente.101 Sorprende en calquera caso que a suma desas dúas cantidades, 800 ducados, é exactamente a cantidade da que fala a alegación do procurador da vila de Padrón no preito de principios do século XVIII. Simple casualidade? Chegáronse a pagar realmente? Non o sabemos. Demos por boa a pista orixinaria deses 800 ducados que nos levou, felizmente, a atopar a información referida neste apartado, permitindo proporcionar novos datos sobre a figura do relevante artesán galego Pedro de Taboada, e enriquecendo tamén de xeito significativo esta pequena historia sobre os órganos na Colexiata de Iria. Para rematar xa este apartado, hai que dicir que o propio Pedro de Taboada se comprometerá a facer as afinacións e reparos que fosen precisos no instrumento. E o fai a través dun interesante compromiso do concello, tamén de 1678, con motivo da oposición dun fillo seu, Manuel de Taboada y Camba, á praza de organista en Iria que estaba vacante.102 O compromiso é de data de 24 de abril, precisamente a mesma do recoñecemento do instrumento por Susavila, que foi comisionado polo concello, aproveitando a súa presenza en Padrón, para examinar a Manuel de Taboada. Presentes, xa que logo, tanto Manuel coma o seu pai Pedro, “con ellos conferido y tratado lo que por cada un año se le avia de pagar por rrazon de dicho su selario se ajusto en ochocientos y cinquenta rreales de vellon que (...) para que lo susdicho tenga efecto los dichos Pedro de taboada y Manuel de taboada su hijo se obligan en que dicho manuel de taboada asistira a dicha plaça de organista en dichas dos yglesias y en ellas tocara a las missas y funçiones de questa villa tiene obligacion (...) y alguna bes que dicho Manuel de taboada vbiere de ir a tomar algunhas liçiones para su estudio en el ynterin que fuere asistira en su nombre Jose de taboada y canba asi mesmo hijo de dicho Pedro taboada y canba 101  De feito, na documentación do AMP, consérvanse só 5 recibos de Pedro de Taboada, que suman precisamente os 6050 reais aos que fai referencia a escritura de contrato citada no texto. AMP, Libros de Actas (1673-1680), Caixa 4, Carpeta 4/2, Consistorios de 1678, fols. 40r a 44r. 102  AMP, Libros de Actas (1673-1680), Caixa 4, Carpeta 4/2, Consistorios de 1678, fols. 26r-26v.

277

[27r] Y sin que desta dicha colegial el dicho Manuel de taboada y canba se pueda ir obponer a otra colegial sino fuere catredal (sic) = y durante el tienpo que dicho Manuel taboada u otro qualquiera hijo de dicho Pedro taboada asistiere a dicha plaça el dicho pedro de taboada cada un año refinara dichos horganos vna bez o las mas que fuere nezessario sin que por razon dello esta Villa o sus propios le an de pagar cossa alguna”.

Descubrimos aquí, ademais do salario que lle ían pagar, un segundo fillo organista de Pedro de Taboada de nome José. Tamén unha interesante cláusula que obriga ao organista a non opositar a outra colexiata, permitíndolle só facelo a unha catedral, polo comprensible ascenso de categoría profesional e salario que elo implicaba. Sen dúbida Pedro de Taboada vía na contratación do seu fillo como organista unha oportunidade para perfeccionarse e forxarse unha carreira profesional como instrumentista. De que as colexiatas supuñan moitas veces un chanzo intermedio para que os organistas acadaran metas máis altas da boa proba a cláusula sinalada, e o feito de que o propio Manuel de Taboada é admitido como organista en Tui en 1688.103 Alí pasará a cobrar 200 ducados de salario, e dicir 2200 reais, 1350 reais máis que en Iria.104 Non sabemos cando marcha de Tui pero curiosamente reaparece o seu nome en Mondoñedo no ano 1712, cando é admitido por organista pero cun salario menor que o de Tui, 160 ducados. Non debeu durar moito tempo alí pois para o ano 1713 a catedral mindoniense andaba á procura dun novo organista.105 3.3. O órgano de José Crespo de 1727 Como diciamos, pola sentenza citada de 1717 o cabido de Iria viuse na obriga de afrontar das súas rendas a reposición do malogrado órgano de Pedro de Taboada. A comezos do século XVIII a fábrica de Iria non era especialmente opulenta e, ademais, viña de afrontar as obras de reconstrución da colexiata e do rico mobiliario da súa capela maior. Os órganos sempre foron instrumentos caros e o cabido, quizais confiando en que o concello perdería o preito e asumiría os gastos, pode que quedara realmente sen fondos suficientes reservados para o instrumento. De outra maneira non se explica que, e a pesares da importancia litúrxica que tiña o órgano, non é ata 9 anos 103 Ver, Trillo, Joám e Villanueva, Carlos, La música en la catedral de Tui, Coruña, Diputación da Coruña, 1987, páx. 409. 104  En Tui comprométese tamén a afinar e compoñer os órganos, é dicir, facer pequenos reparos de manteñemento. Aínda era organista no ano 1701, cando lle suben o salario en 330 reais. Ibid., páx. 410. 105  Cal Pardo, Enrique, La música en la catedral de Mondoñedo, Lugo, Alvarellos Editora, 1996, páxs. 282, 284 e 399.

278

máis tarde que decide a súa construción. Nun acordo capitular de 7 de Xullo de 1726, recóllese que:106 “como Nuestra Sancta Yglesia de Yria se hallaba sin organo para la asistencia de aquella Soberana Señora y su reverendo culto como tambien por la autoridad de sus Canonigos, en que para la ejecucion de tan menesterosa obra se discurrieren los medios para dicha fabrica”.

A solución para conseguir os cartos precisos, recollida na mesma acta, non fai máis que testificar a importancia e necesidade do instrumento para o servizo do templo, como se di textualmente nese mesmo acordo: “dichos Señores Capitulares unanimes, y conformes dixeron, que por si y en nombre de los demas sucesores deban tres mil reales de vellon en la conformidad siguiente: los dos mil reales de los que se hallan existentes de la fundacion de misas del Señor Don Pedro Martinez de Castroverde difunto Canonigo que fue desta Santa Yglesia (...) Y los otros mil reales al cumplimiento de dichos tres mil los avian de dar dhos Señores Capitulares cada uno de su bolsillo = Y dicho Señor Presidente hizo pregunta al Señor Don Fadrique Martinez Canonigo Obrero en que estado tenia la fabrica de dicha Santa Yglesia, y sus medios, a que respodio, que aunque no se hallaba nada adelantada sin embargo de reconocer que la obra que se intentaba de dicho organo era tan precisa y necesaria (...) ofrecia quatro mil reales de Vellon (...)= asi mesmo dicho Señor Presidente propuso en este Cavildo que un devoto le dijera ayudaria por su devocion con quinientos reales de Vellon los quales aprontaria luego que se diese principio a dicho organo y que le holgaria muy mucho tuviesse efecto esta piadosa obra y que el Cavildo usase de su gran liberalidad como lo acostumbraba (...) de manera que todas dichas partidas (y su) importe son siete mil y quinientos reales de Vellon y en vista de lo referido dicho Señor Presidente propuso que era conveniente se escriviese carta por el Señor obrero a la Ciudad de Santiago al devoto que da dichos quinientos reales para que este buscase un buen Maestro Organero para que viniese a esta villa y formase planta de dicho organo para en vista della tratar y entrar en concierto”.

Como se deixa ver a fábrica continuaba a estar corta de rendas, e para resolver este problema os capitulares deciden recorrer a diversas vías extraordinarias de financiamento: buscar doazóns de particulares, poñer os propios cóengos cartos do seu peto ou sacalos dunha fundación para misas feita por un cóengo defunto. Por outra banda o documento, máis aló da linguaxe máis ou menos fría e das fórmulas habituais neste tipo de textos, deixa ver certa urxencia en por fin ao que xa era unha situación moi anómala para a colexiata. 106  AHDS, Fondo Xeral, Serie Colexiatas 1.15.20 (328), Colexiata de Iria, Autos Capitulares (1724-1816), fol. 32r.

279

As xestións do devoto leváronse a cabo dilixentemente, e o 31 de agosto de 1726 asínase diante do notario de Padrón Ignacio López Montero o correspondente contrato entre o cabido e José Crespo, que di ser “horganero vecino de la ciudad de Santiago”.107 Por desgraza o contrato nada di sobre a composición do instrumento, e dicir, non fai descrición pormenorizada sobre os rexistros que debía ter o número de canos, teclas, etc.108 Só fai referencia á planta que do instrumento presenta o organeiro para a súa aprobación por parte do cabido. Tamén fai constar o organeiro que o custe finalmente axustado para a obra de 8000 reais (500 reais por riba do orixinalmente previsto), está por baixo do seu verdadeiro valor, pero que aínda así comprométese a facelo pois,109 “hes su intencion formal servir a nuestra Señora de Yria a quien tiene particular debocion y con ello desde aora la sirve y ofrese contentadose tan solamente con los dhos ocho mil reales y no mas”. O instrumento está “ya cassi acavado“ o 17 de xuño de 1727, solicitando José Crespo que o cabido nomease unha persoa para que o recoñecera, segundo se recolle na correspondente acta capitular.110 Nese mesmo cabido decídese que sexa o organista maior do mosteiro de San Martín Pinario quen faga a inspección, polo que deciden cursar a correspondente petición ao abade para que lle de licenza para facelo. Aínda se atrasará este último trámite, preceptivo para que o construtor cobrase polo seu traballo, até o 6 de febreiro de 1728 momento no que, ante notario, faise constar a entrega do órgano e o 107  AHUS, Protocolos Notariais de Padrón, Notario Ignacio López Montero (1726), fol. 53r-54r. É moi probable que este José Crespo sexa parente do (senón o mesmo) José Crespo, mestre de arquitectura e carpinteiría, residente en 1752 en Santiago e que en 1741 faría o monumento de Xoves Santo de Salomé. Ver Couselo Bouzas, José, Galicia artística en [...], op.cit. páx. 270. 108  Porén, e a partires do expresado no contrato de Sanz e Gonzalez sobre o órgano que constrúen para igrexa de Santiago, podemos ter unha aproximación aos rexistros cos que debía de contar. Ver no seguinte apartado. 109  Sen saber a composición do órgano non resulta doado saber atá que punto o organeiro fala con sinceridade na valoración do instrumento. Supoñendo un instrumento máis ou menos prototípico do seu tempo, cun frautado principal de 13 palmos e os rexistros habituais, podemos ver como na recompilación de datos de arquivo que fai Louis Jambou (Jambou, Louis, Evolución del órgano, [...] op. cit., Vol II), o custo deste tipo de órganos se sitúa nunha media lixeiramente superior aos 8000 reais. Naturalmente había fluctuacións nos prezos dun punto da xeografía a outro e entre organeiros, porén a partires destes datos o órgano de Crespo situaríase na parte baixa dos prezos. Outro dato a ter en conta para analizar a fiabilidade é que os órganos, unha vez rematados, eran examinados por un avaliador externo ao organeiro, “a vista de Maestro de la profeçion”, como se di neste caso concreto. Non parece lóxico pois que o organeiro se arriscase a mentir neste punto. En calquera caso estas consideracións non pasan de ser evidencias indirectas. 110  AHDS, Fondo Xeral, Serie Colexiatas, 1.15.20 (328), Colexiata de Iria, Autos Capitulares (1724-1772), fol. 50r-52v.

280

informe e prace do organista maior do mosteiro de San Martín, frei Antonio do Pazo.111 O informe do organista é totalmente favorable, mesmo eloxioso, e só fai constar a necesidade dun último repaso de afinación, di frei Antonio que, “aviendolo visto y rexistrado (o órgano) con toda atencion no alle defecto alguno en el que sea notable, asi en la seguridad del secreto y aire, como en todo lo demas, asi en las vozes como en el corte de los rexistros, antes vien a lo que yo alcanzo me pareçio muy bien, solo si devo dezir y digo que en la afinazion no esta perfecto por quanto debe el dicho Joseph crespo darle una ultima mano de afinacion asta dejarle perfectamente afinado”.

Co compromiso formal por parte de organeiro Crespo de deixar afinado o órgano, o cabido lle fai libranza dos 8000 reais que custou o instrumento. E deste xeito permanecerá en uso na colexiata até que Manuel Sanz e Gregorio González o substitúan polo que hoxe podemos admirar e aproveiten parte dos seus materiais e canos para construír un novo para a igrexa de Santiago de Padrón. 3.4. Algúns datos sobre o órgano de Sanz e González na igrexa de Santiago de Padrón No transcurso da investigación que deu lugar a este artigo, e como xa se ten visto ao longo do presente traballo, apareceron bastantes referencias sobre os órganos que houbo na igrexa de Santiago. De feito podemos afirmar con seguridade que esa igrexa, ao longo da súa historia e ata o momento da súa demolición no século XIX, tivo cando menos tres órganos: un primeiro que existiría dende antes do século XVII, o realexo de Pedro de Taboda de 1667 e o que constrúen Sanz e González, en virtude do disposto no contrato que figura no apéndice II deste artigo. Non é desbotábel, como falamos no apartado sobre o instrumento de Pedro de Taboada, que un cuarto instrumento, de Juan Machado, tivera tamén unha presenza efémera neste templo. Imos agora falar un pouco sobre o último instrumento que houbo e de como desapareceu. Polo contrato (ver Apéndice II) vemos que se trataría dun órgano modesto, máis cativo que o de Iria polo número de rexistros que posuía, pero que aínda así tiña na súa base un frautado de 13 palmos. Como consecuencia se requiriu a construción dunha nova caixa para poder albergar este órgano, que con toda probabilidade foi executada tamén por Francisco de Lens, xa que que naquel intre o que había 111  AHUS, Protocolos Notariais de Padrón, Notario Benito Francisco Gómez Cancelada (1728), fol. 28r-29r.

281

era o realexo de Pedro de Taboada, un instrumento de tamaño cativo. Atendendo ao contrato a disposición deste órgano sería como segue: Man esquerda

Man dereita

Frautado de 13 Frautado de 13 Oitava Oitava Ducia Ducia Quincena Quincena Cheo (3 fileiras) Cheo (3 fileiras) Corneta (5 fileiras) Clarín Dulzaina Dulzaina

Tería, naturalmente, un teclado partido de 45 teclas, con oitava curta. Outro dato salientable do contrato é que di que “de los dos organos que ay en las rreferidas dos Yglesias (Colexiata e Santiago), se ha de componer para uno que sirva en la de Santiago de esta villa”, co que tendo en conta que, como diciamos, en Santiago había un sinxelo realexo, a meirande parte dos canos do órgano da Colexiata, é dicir do órgano de José Crespo de 1726, foron aproveitados para facer o da igrexa de Santiago. Polo tanto pensamos que a descrición arriba feita do órgano da igrexa de Santiago correspondese, cunha certa aproximación, ao que fora construído por Crespo para Iria. Tal disposición é totalmente compatible co tipo de rexistros usados nos instrumentos máis pequenos dese primeiro terzo do século XVIII, sobre todo pola escasa presenza de rexistros de lingüeta, reducidos neste caso a unha dulzaina nas dúas mans (un rexistro con resoadores cativos) e, algo moi característico, o clarín só na man dereita. Este instrumento desapareceu, espoliado, durante o tempo que a igrexa estivo pechada ao ameazar ruína, no século XIX, e previo ao seu derrube e reedificación.112 Por un expediente de 1857, ordenado instruír polo Arcebispo para entrar na igrexa e proceder á súa inspección, podemos reconstruír o que pasou.113 Todo indica que o sancristán, de nome Vicente Hermida, e que tiña na súa custodia as chaves da igrexa foi o que, por si mesmo ou en colaboración con outras persoas, roubou os canos do órgano ao longo dos anos que pasan dende 1852, cando se pecha, ao 6 de abril de 1857, cando de novo se entra nela.114 O proceso foi longo, e levou un intercambio de cartas, informes 112  Ver por exemplo en Singul, Francisco, “El primer proyecto de Manuel de Prado y Vallo para la iglesia de Santiago de Padrón”, Compostellanum, Vol. 50, 2005, páxs. 751766, e referencias ali incluídas. 113  AHDS, Fondo Xeral, Varia, 1.43.48 (1131), Arciprestazgo de Iria, Mazo 3º, Parroquias: letras O-P. 114  Segundo consta no expediente citado, no ano 1852, pechada xa a igrexa ao

282

e declaracións, xa que ninguén parecía ter as chaves. De feito, sgundo consta no expediente, o propio Hermida declarará o 5 de marzo de ese ano que, “las llaves que se le reclaman de la expresada yglesia del Señor Santiago que dice el Señor Don Lorenzo Rajoan que debe exsistir en su poder, no es esacto, por cuanto el que habla se las entregó en propia mano al Fray Lorenzo Rajoan Economo que era entonces de esta parroquia”.

Porén o propio Rajoan, xa no 1855, retirado do seu cargo, informara de que non as tiña. A culpabilidade de Vicente Hermida parece máis que probada, xa que cando se lle chama para que acompañe á comisión que fai o recoñecemento da igrexa ese 6 de abril, tras romper o pecho da porta, o alguacil que vai buscalo á súa casa “por hallarse muy inmediata”, non o atopa. É máis,“echo pregunta por su persona a su consorte Juana Taboada le contestara habia un mes estaba ausente, sin saver de su paradero, lo que hacia presente para los efectos combenientes.” Parece evidente que Hermida, despois da súa declaración do 5 de marzo, e visto o que se lle viña enriba, decidira poñer distancia entre “su persona” e a vila de Padrón. Daquela é o organista de Iria Flavia, que fora o último en tocar o órgano da igrexa de Santiago, o que fai o recoñecemento. O seu nome era Bartolomé Hermida, e o informe pinta un panorama desolador: “...se procedio (...) por el Señor Hermida, a practicar un escrupuloso reconocimiento del Horgano, que se halló la caja unicamente, segun a primera vista se deja conocer. Ynspeccionado segun corresponde resulta que dicho Horgano se compone de diez y nueve registros sin caños: flauteado de doce (sic) de mano derecha e izquierda, clarin de mano derecha, dulzaina de iden, corneta de iden, octaba real de mano derecha, docena de iden, quincena de iden, lleno de mano derecha, Zimbala de iden: Bajoncillo de mano izquierda, trompeta inglesa de mano izquierda, trompeta real de iden, octaba real de mano izquierda, docena de iden, quincena de iden, lleno de iden, Zimbala de iden, Flauta travesera de mano derecha.

culto, tres veciños de Padrón de nome Bernardo Iglesias, Manuel Abal e Marcos Benza, entran na igrexa con Vicente Hermida a recoller imaxes que ali había e levalas á igrexa do Carmen. Daquela observaron “que el organo se encontraba en buen estado y completo, sin falta alguna, a lo menos en lo esterior: que la falta que se observa de cañeria y trompas, se conoce fueron estrahidas maliciosamente: que cerrada la Yglesia, no es posible entrarse dentro persona estraña, por ninguna parte, en atencion a que las ventanas son muy altas, y ademas tienen rejas de fierro, por manera que deve atribuirse esta falta al encargado de la misma Yglesia. Que el citado organo estaba util, y se usaba en todas las funciones que se celebraban en ella”

283

Los pajaros, panderetas (sic),115 y los condutos todos rotos, que dan a conocer, se anduvo por encima de ellos con calzado de una persona porque estan esmagados, en terminos que quedo la citada caja, sin cañeria ni trompa alguna, y los fuelles en buen estado, lo mismo que los Bastidores. Asegurando el profesor, que para poner dicho organo, en el estado que hay cuatro años tenia, cuando el lo ha tocado, eran necesarios seis, o siete mil rreales en que regula los desperfectos que ha sufrido durante dicho termino.”

Os canos foran roubados, probablemente para vender, refundir o metal ou as dúas cousas. Recórdanos a escena ao que sucede hoxe en día cos roubos de cables de cobre. Por desgraza os canos probablemente foron vendidos ao peso a un ferraxeiro para fundilos e facer tubos para auga ou algo similar.116 Ademais da enorme perda patrimonial a manobra é economicamente absurda, xa que a aliaxe dos canos do órgano é especialmente rica en estaño (un metal moi caro) e non tanto en chumbo (un metal moito máis barato), que é o que en realidade se usaba para as conducións de auga. Por último, o informe do organista Vicente Hermida reflicte que a disposición do órgano de Padrón en 1850 non era exactamente a que figuraba no contrato de 1773 e que figura máis arriba. En efecto observamos, en concreto, que tiña algúns rexistros a maiores, que puideron ser engadidos nalgún momento posterior, ou mesmo decidiron colocalos no momento da construción. Son estes rexistros, para a familia de frautados e frautas, a címbala de man esquerda e dereita (un rexistro de frautado de canos cativos que dá máis volume e brillo ao son do órgano) e o de frauta traveseira de man dereita. Tamén a corneta inglesa (unha corneta de 4 fileiras por nota) de man esquerda.117 De rexistros de lingüeta tiña a maiores o baixonciño de man esquerda, completando o clarín de man dereita que xa aparece estipulado en

115  Nos se trata dun rexistro de adorno do instrumento, como os paxaros, se non dos panderetes, que son unha serie de taboeiros, a uns centímetros por riba do secreto do órgano, con buratos que serven para introducir por eles os canos e que permanezan estables, de pé, sobre o secreto. 116  Esta afirmación non é algo conxetural. Sabemos por información directa, que mesmo durante o século XX a práctica integridade dos canos dun órgano histórico galego foro espoliados da mesma maneira. Esta foi tamén a forma máis probable de desaparición dos canos máis cativos, situados no interior das caixas onde non se botan tanto en falta, noutros órganos. 117  No informe pon “trompeta inglesa”, pero é un claro erro pois ese rexistro non existe e si o de corneta inglesa. Tamén resulta raro que figure na man esquerda pois adoitaban a estar na man dereita. Pensamos de feito que era unha corneta en ecos de man dereita e que por falta de coñecementos técnicos, o transcriptor da declaración o escribise mal.

284

1773 e a trompeta real de man esquerda.118 Con estes engadidos, o órgano da igrexa de Santiago de Padrón case igualaba ao seu irmán de Iria, co que o espolio que nel se fixo privounos (no suposto de que tivera a sorte de chegar ata nós) de outro magnífico instrumento de Sanz e González. 4. CONCLUSIÓNS Como se ten demostrado no presente artigo, pódese documentar a presenza do órgano na Colexiata de Iria Flavia dende hai case 500 anos. É máis, como sucedeu nas máis importantes catedrais e centros relixiosos (outras colexiatas de relevancia, mosteiros, etc) a presenza de catro instrumentos, que se van sucedendo os uns aos outros co avance da técnica organeira e da estética musical, dan fe da fonda preocupación polo mantemento do órgano e da música como soporte fundamental da liturxia relixiosa. Até finais do século XVII o órgano de Iria será costeado polo concello de Padrón, pola súa “Justicia y Regimiento”. A raíz dun preito pola perda dun instrumento, serán os cóengos de Iria os que asumiran os custes de construír e manter os órganos a partires desas datas. A implicación do concello, aínda que decaera nese intre, testifica a importancia que para o prestixio das vilas medianas galegas tiña unha colexiata, cas súas funcións musicais litúrxicas, nomeadamente nas festas principais. De feito, na propia vila, construíronse tamén cando menos tres órganos consecutivos na igrexa de Santiago de Padrón que eran tocados polo mesmo organista de Iria. O instrumento que hoxe observamos, felizmente restaurado, foi construído en 1780 por dous mestres organeiros sobresaíntes, Manuel Sanz e Gregorio González, colaboradores directos, e polo tanto transmisores, da escola dos organeiros reais, a famosa familia Echavarría. En xeral, dada a proximidade e vinculación á sede metropolitana de Compostela, os organeiros que construíron ou repararon os órganos irienses eran ou estaban asentados nesta cidade, moitas veces servindo como organeiros na propia catedral. Só en momentos puntuais, ou ca perda de puxanza da música e da arte organeira cara fins do século XIX, serán organeiros de outras vilas os que amañen o instrumento.

118  Tamén parece raro este rexistro illado na man esquerda, sen continuación na dereita. Pensamos que puidera tratarse de novo dun erro, e que fora en realidade a dulzaina de man esquerda que si figura no contrato. De todos xeitos esta é unha suposición un chisco máis forzada que a da nota anterior.

285

AGRADECEMENTOS A realización deste traballo, como se ten dito, arranca no 2008, do proxecto de catalogación dos órganos de Galicia e das necesidades de saber máis sobre a súa historia. Desta maneira, quero agradecer moi especialmente ao persoal da, daquela, Consellería de Cultura que entendeu tan rapidamente a urxente necesidade de levar a cabo tal catalogación. Refírome a quen entón eran Xefe do Servizo de Arquitectura, José Antonio Naveira Seoane, Director Xeral do Patrimonio Cultural, Felipe Arias Vilas e Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo Rodríguez. Moito do que levo aprendido sobre órganos e patrimonio nestes anos o debo ás compañeiras de proxecto, especialmente a Marisol Mendive e Belén Bermejo. Tamén ás conversas e experiencias cos organeiros do taller de Gerhard Grenzing, a quen tiven a oportunidade de prestar a miña modesta axuda (darlle á tecla) en diversas afinacións: Daniel Grenzing, Andreas Fuchs e, moi especialmente, Óscar Laguna. O persoal dos arquivos visitados e do Concello de Padrón amosou sempre a máxima colaboración, dispoñibilidade e axuda. Don Anacleto, párroco de Iria até hai ben pouco, permitiunos acceder ao órgano con grande liberalidade sempre que o precisamos durante a realización do traballo. Merece un cariñoso e especial agradecemento Lola, a sancristana de Iria: o seu sorriso, cariño e afecto tan auténtico teñen a virtude de facer sempre sentir que todo é máis sinxelo do que pensamos. Parte deste traballo foi realizado polo autor durante o goce dunha licenza por estudos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

286

APÉNDICE I Disposición do órgano de Iria Flavia ƒƒ Órgano de estilo barroco ibérico nunha caixa rococó, rematado en 1780. ƒƒ Organeiros: Manuel Sanz e Gregorio González. ƒƒ Tallista: Manuel de Lens. ƒƒ Restaurado polo taller de organeiría Gerhard Grenzing en 1999. ƒƒ Teclado de 45 teclas en consola de ventá. Partido (entre Do3 e Do#3) e con oitava curta. ƒƒ 10 Pisas: 8 enganchadas ó teclado de Do1 a Si1/Sib1, timbais e tambores. ƒƒ Dúas zapatas para a Corneta de ecos e paxariños (estes últimos non funcionan). ƒƒ Afinación: La=411Hz a 13 ºC. Temperamento mesotónico. Composición de xogos Man esquerda

Man dereita

Trompeta Trompeta Real Óboe Címbala (3 fileiras) Címbala (3 fileiras) Cheo (3 fileiras) Cheo (3 fileiras) Quincena Quincena Ducia Ducia Oitava Oitava Frautado Frautado Cornetas (6 fileiras) Cornetas (6 fileiras, en eco) Frauta Clarín Clarín Baixonciño Trompeta Magna Orlos Orlos

Os rexistros de Clarín, Baixonciño e Trompeta Magna van no frontal da caixa en “batalla”. Os orlos son interiores, accedese dende o banco do organista. O resto dos rexistros tamén no interior da caixa, accedéndose dende a parte traseira do órgano.

287

APENDICE II Contrato do órgano de Iria, e do da igrexa de Santiago de Padrón (1777) AHUS, Protocolos Notariais de Padrón, Notario Tomás López Montero de Andrade (1777), fol. 131r-132r. Tamén en AHDS, Fondo Parroquial, Iria Flavia, Sta. María., Documentación suelta Nº4. En la Villa del Padron, a tres dias del mes de Agosto año de mil setecientos setenta y siete, ante mi ssnn. y testigos parecieron presentes Dn. Angel Diez Carrillo Canº de la Santa y muy Antigua Yglesia de Sta. Maria de Iria, como apoderado de dha Santa Yglesia, pª ajustar la echura de un organo nuebo para la rreferida Yglesia y composicion de otro para la de Santiago de esta dha. Villa el que se ha de componer con los dos que su cavildo tiene en las expresadas dos Yglesias; y Dn. Gregorio Gonzalez y Dn. Manuel Sanz Maestros Organeros y residentes en la Ciudad de Santº, y dijeron que se hallan combenidos entre si en hacer dho organo nuebo para la Sta. Yglesia de Yria, y componer con el que al preste. ay en ella y el que sirve en la de Santiago de esta Villa, otro, en la conformidad de que se hara expresion, y que una y otra (non se lé en la cantidad de Diez y ocho mil rrs de vellon, de los que al prest. se han de entregar a dhos Maestros Organeros la cantidad de seis mil rrs. de vellon para comprar materiales pª dhos órganos, los que han de fabricar y concluir vajo las condiciones sigtes. –– Primeramente que el órgano de Sta. Maria de Yria ha de ser todo nuebo, y se compondrá de un Flautado de a treze, de quarenta y cinco caños y estos han de cantar en la fachada de la caja, exceptuando los cinco maiores que han de ser de madera y han de cantar dentro, por no poder acomodar en la caja por ser el sitio vajo –– Iten una octava de quarenta y cinco caños –– Iten una Dozena de quarta. y cinco caños –– Iten una Quinzena de quarenta y cinco caños –– Iten un Lleno de tres caños por tecla –– Iten un Zimbala de tres caños por tecla –– Iten una Corneta de seis caños por tecla –– Iten una Corneta en ecos, qe. constara de otros seis caños por tecla –– Iten llevará [131v] de rexistros de lenguateria, Primeramnte. un clarin de ambas manos: Iten un Bajonzillo de mano yzquierda: Yten una trompeta magna de mano derecha: Yten un orlo de ambas manos: Yten una trompeta real de ambas manos, y esta ha de cantar en la parte de adentro de la caja: Yten un Obué y Flauta travesiera: Yten tambores y Timbales y Pajaros. Y los mencionados rexistros de Lenguateria han de cantar en la fachada, guardando bien Simetria y el estaño para los caños ha de ser de quatro partes una de plomo, y para todos los referidos rexistros se ha de hacer por cuenta de los referidos Maestros un secreto de buena madera de castaño: Yten otro secreto para la corneta y eco de corneta: Yten quatro fuellles

288

de dos baras de largo y una de ancho de madera de castaño, y han de ir forrados todos de buenos baldeses: Yten un teclado para el uso de todos los rexistros de quarta. y cinco teclas q. este ha de ser de gueso y de ebano: Iten otro teclado para los pies de diez teclas, para usar de trompas, tambores y timbales, y todo lo mencionado es para el organo qe. se ha de poner en Sta. Maria; Y de los dos organos qe. ay en las rreferidas dos Yglesias, se ha de componer para uno qe. sirva en la de Santº de esta villa lo sigte –– un Flauteado de trece: una octava de quarta. y cinco caños: una Dozena de quarta. y cinco caños=Una Quinzena de quarta. y cinco caños: un Lleno de tres caños por tecla: una corneta de cinco caños por tecla: un Clarin de mano derecha, y una dulzaina de ambas manos y para esto haran un secreto nuebo y un teclado y los tres fuelles que oy tiene servirán, forrandolos de nuebo por quenta de dhos Maestros, y si alguno de los caños de los órganos que ay oy dia y de qe. se han de componer el de Santº de esta villa [132r] les fundira dhos Maestros, de manera qe. uno y otro organo han de quedar echos y asentados a toda satisfaccion y aprobacion de persona intelixente que el Cavildo nombre para su reconocimto. despues de concluidos; Y en esta conformidad se obligan unos y otros otorgantes, los dhos Maestros Organeros, a dar concluidos con perfeccion dhos dos órganos, dentro de año y medio; Y el referido Dn Angel, o su Cavildo, a entregarles la expresada Cantidad de diez y ocho mil rrs. y darles ademas de esto la Casa qe. el Cavildo tiene ynmediata a la expresada Iglesia de Yria, para su avitaon. y travajo, mientras dure el asiento de las expresadas obras, y ha de ser por cuenta del referdo. Cavº de Iria, o quien su poder tenga, el pagar la conducion de la cañeria y mas nezº para los dos órganos, como asimismo la echura de las cajas correspondientes; Y en conformid. de lo referido, el expresado Dn Angel les entregó la cantidad de seis mil rrs. de vellon, en monedas de oro y plata, las qe. confesó haverle dado su cavildo para este fin; y dhos Dn Gregorio Gonzalez e Dn Manuel Sanz, las contaron y llevaron a su poder, y de ellas por la preste. dan recivo y carta de pago en forma, que que yo essno. doy fee; Y la misma de qe. dijeron se obligavan de hacer con perfeccion los rreferidos dos organos, vajo las condiciones referidas, con las costas, gastos y daños que se causaren, vajo la pena de execuon. y costas; y todo lo aqui contenido y expresdo. reciven por ssra. difinitiva de Juez compete. para dar en cosa juzgada, consentida y no apelada, y para qe. ansi se lo hagan cumplir, dan todo su Poder a los Juezes u Justicias de S.M. y cada uno a las de su fuero, Jurdon. y Domicilio a qe. se someten, y renunciaron a todas leys de su favor con la Xenl. y Derchos. de ella en forma; y el referido Dn. Angel, las del capitulo obduardus, suam de penis, sacros canones, y mas leyes eclesiasticas de su favor; Asi la otorgaron y firmaron de sus nombres, siendo a ello prestes. por testigos Josef Benito Arias, Franco. Bacariza, Y Manl. de Antelo, vezos. de esta dha Villa, y de todo ello yo essno. doy fee, y de qe. conozco a todas partes.

289

APENDICE III Relación dos gastos de transporte e montaxe dos órganos de Iria Flavia e Santiago de Padrón (1780) 119 AHDS, Fondo Parroquial, Iria Flavia, Sta. María, Documentación suelta. Nº4. Quenta y razon de lo que yo Don. Marcos de Cabo voy supliendo en la obra de los dos Organos de Sta. Maria y Villa ++ Primeramente en la estada de Santa María a tres carpinteros por tres dias y medio de trabajo dos a quatro reales y el otro a tres treinta, y ocho reales y diez y seis maravedíes . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 038@16 ++ A los que ayudaron a poner los palos en la estada quatro rs. y dos mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 004@02 ++ Por ciento, y veinte, y cinco clavos seis rs. y diez mrs.. . . . . . . . . . . . 006@10 ++ Yt al Herero Balado pr. cinqta. clavijas y dos Gatos diez y seis rs. y diez y ocho mrs . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 016@18 ++ Yt por quatro pinos, y su conduon. diez y seis rs. y veinte y quatro mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 016@24 ++ Yt a los Carpinteros de un refresco dos rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 002 ++ Yt a Miguel Gonzalez, y su hijo por un dia en deshacer la caja del Organo viejo siete rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 007 ++ Yt a un Cantero seis rs. y diez y ocho mrs. por un dia, y un pedazo de noche, que ocupo en ronzar la pared del organo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 06@18 ++ Yt a Miguel Gonzales, y su hijo por medio dia, qe. ocuparon en desarmar un tramo de la estada y bajarla mas tres rs., y diez y ocho mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 003@18

++ ++ ++ ++ ++ ++

(suma) ���������������������101@04 [1v] Yt a dho cantero tres rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 003 Yt a dho Miguel, y su hijo pr. emplomar las fijas de la Caja siete rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 007 Yt al Herero Balado pr. catorze fijas, seis cantoneras seis clavijones, y ochenta y ocho clavos, que todo peso sesnta y ocho libras ciento treinta y seis rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 136 Yt al dho Herero, dos rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 002 Yt a dho Carpintero pr. poner la estada a gusto del pintor cinco rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 005 Yt a Josef Vidal cantero por medio dia de ronzar la cornisa del medio dos rs. y diez y siete mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 002@17

119  Usamos o símbolo da arroba (@) para separ os reais da súa moneda fraccionaria, o maravedí. Asi, por exemplo, 005@12 quere dicir 5 reais e 12 maravedís. Recordemos que 34 maravedís facían un real de vellón.

290

++ Yt a un chico pr. limpiar la tribuna un real. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001 ++ Yt por una Pechadura y Palmelas para la puerta del Organo quinze rs. y diez y siete mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 015@17 ++ Yt por un ciento de clavos para dha Estada cinco rrs.. . . . . . . . . . . . 005 ++ Yt por onze libras de Plomo pa. emplomar diez y seis rs. y dies y seis mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 016@16 ++ Yt para la dha Obra compre mas diez y seis libras, y lo mas se gastó enella, qe. imptan. veinte, y tres, rrs. y diez, y ocho mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 028@18 ++ Yt. veinte, y ocho rs. los veinte por gratificaon. al hijo de Lens, y los ocho pr. la conduon . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 028 ++ Yt. a Josef Vidal Cantº pr. dos dias, qe. ocupo en componer la entrada para el organista diez rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 010 ++ Yt. a dos propios, qe. trajeron dos cajones con flautas de Sto. doze rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 012 (suma) �������������������� 368@04 [2r] ++ Yt. de un Propio pr. llevar una carta a los organeros tres rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 003 ++ Yt. de un refresco a qn. ayudo a colocar las prims. flautas dos rs. y quatro mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001@04 ++ Yt. a dho cantero por hacer la entrada para las dos vigas, que sostienen las rejas diez rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 010 ++ Yt. al sepulturero pr. llevar un palo al Aljoli un real. . . . . . . . . . . . . . . 001 ++ Yt. a ocho Hombres qe. auidaron a sacar los palos de la estada cinco rs. y diez y seis mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 005@06 ++ Yt. al carretero, qe. trajo la viga de la Matanza tres rs.. . . . . . . . . . 003 ++ Yt. a quien auido a cerra dha Viga dos rs. y diez y ocho mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 002@18 ++ Yt. a dos Canteros, qe. hizieron la entrada en la pared pa. las dos vigas, por haverlas echo mas vajas, y se tapearon. despues seis rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 006 ++ Yt. de un refresco tres rs. y seis mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 003@06 ++ Yt. por la conduon. de la prima. reja ocho rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 008 ++ Yt. por cerrar los prims. ahujeros quese hicieran para la prima. viga diez y ocho mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 000@18 ++ Yt. a Calderon, y su hijo por llevar la reja a la Villa un real, y diez, y ocho mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001@18 ++ Yt. a Miguel Gonzalez, y su hijo para refrescar un real y treinta mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001@30 ++ Yt. al dho Miguel, y su hijo por cinco dias, qe. ocupaon. en hacer quatro planchas en la Capilla Mayor pa. la entrada de las vigas, y disponer una viga y otras cosas treinta y cinco rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 035 ++ Yt. a tres carreteros, qe. trageron los fuelles, y condutos de Ayre en refrescar tres rs. y veinte, y dos mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 003@22 (suma) �������������������� 455

291

[2v] ++ Yt a Balado por quatro fijas de cruzeta dos fijas chiquitas, dos clavos largos, una pieza para la rexa, qe. despues se escusó ocho picos y cinceles veinte, y cinco rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 025 ++ Yt. a un cantero, qe. abrio los ahujeros para las dos vigas del Bendaval cinco rs y diez y ocho mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .005@18 ++ Yt. a dho Miguel, y su hijo, por cerrar el claro, qe. quedara entre las vigas, y el piso del organo, y lo mismo en la Tribuna de el Bendaval, cerrar y disponer la viga para dha. Tribuna, y quien le aiudo veinte y dos rs.. . . . . . . . . . . . . . . 022 ++ Yt. al hijo del Sacristan por traer la rexa para el Vendabal ocho rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 008 ++ Yt. a dho. Miguel, y su hijo pr. un dia en asentar dha rexa siete rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 007 ++ Yt. a quien la trajo de casa de Balado treinta mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . 030 ++ Yt. a Balado pr. cortar a dha. rexa, y echarle clavos cinco rs. y se cobro de quatro rs. libras en ocho libras de hierro, y solo le pague un real . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001 ++ Yt. a Miguel Gonzales y su hijo pr. diez, y nuebe dias que ocupaon. en hazer el respado del organo ciento treinta, y tres rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 133 ++ Yt. a dho. Miguel, y su hijo pr. labrar las vigas, que sostienen la rexa del Norte, hazer un Banquito pa. el organista, y perfeccionar dho. respaldo quarta. y cinco rs. ocuparon seis dias mº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 045@18 ++ Yt. a un Mozo que les auido a cerrar los puntones un real, y ocho mrs . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001@08 ++ Yt. a Balado pr. seis visagras, una cerradura para la puerta tras el organo, un clavija dos fixas, una (suma) �������������������� 704@06 [3r] cantonera, y otra soldada, y treinta picos, treinta y un rs.. . . . . . .031 (na marxe) “Tablado qe. se gasto” ++ A Dn. Vicente de Torres, por quatro tablas treze rs. y diez, y ocho mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 013@18 ++ Yt. dos vigas qe. tenia la Fabrica valuadas en quarta. y ocho rs. las dos.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 048 ++ Yt. por cuatro puntones, que se hizieron de una viga se tasaron, en veinte, y quatro rs . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 024 ++ Yt. quatro tablas valuadas en diez, y seis rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 016 ++ Yt. pague a Dn Juan Varela pr. una viga setenta, y cinco rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 075 ++ Yt. dos tablas valuadas en ocho rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 008 ++ Yt. al tendero Bentura Peiteado por trescientos, y un quarteron de clavos doze rs y veinte ms.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 012@20

292

++ Yt. por veinte, y dos viages, que hizo a Sto. un propio para traer estaño, y otros Materiales para los dos organos cada viaje a quatro rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 088 ++ Yt. al mismo propio por conducir el Material para el organo de la Villa desde la casa de Sta. Maria nueve rs.. . . . . . . . 009 ++ Yt. a varios propios, qe. quando se deshizo lo trageron a Sta. Maria catorze rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 014 ++ Yt. por armar las camas en qe. duermen los organeros seis rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 006 ++ Yt. por un xarro, y una escoba un real y veinte, y ocho mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001@28 ++ Yt. por treze libras, y mª de Plomo para asegurar la caja (suma) . . . . . . . . . 1051@04

++ ++ ++ ++ ++ ++ ++ ++ ++

++ ++ ++

[3v] despues, que los organeros vinieron a fixar la obra diez, y nuebe rs. y treinta, y dos mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .019@32 Yt. por quarta. tablas de pino, qe. compre a Lucas Camiña, y otro para cerrar los Fuelles de Sta. Maria a quatro rs. cada una ciento, y sesenta rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 160 Yt. de porte quatro rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 004 Yt. a dos carpinteros pr. medio dia en disponer la Puente para los Fuelles cinco rs . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 005 Yt. de refresco un real, y catorze mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001@14 Yt. al carretero, que trajo las piedras para los fuelles quatro rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 004 Yt. a dos canteros, qe. las cortaron arreglaron, y compusieron la entrada de la puerta de la escalera que sube a la Sala Capitular veinte rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 020 Yt. de refresco un real, y catorze mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001@14 Yt. por una tabla ocho rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 008 Yt. a Balado por doze fixas tirantes, y catorze tornillos de rosca, qe. pesaron las dhas. fijas cinqta. y cinco libras cada libra a tres rs. y los tornillos a real cada uno importaron ciento setenta, y nuebe rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 179 Yt. por quatro puntones, que sirven para quando se afine el organo catorze rs. y diez y siete mrs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 014@17 Yt. un real de conduon. a la casa de Sta. Maria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001 Yt. a Miguel Gonzs. por quinze dias y mº que ocupo (suma) . . . . . . . . . 1469@13

[4r] en cerrar los fuelles de Sta. Maria sesenta y dos rrs. . . . . . . . . . . . . . 062 ++ Yt. de refresco un real, y catorze mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 001@14 ++ Yt. de clabazon quinze rs. y dos mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 015@02 ++ Yt. por otra tabla, qe. sirvio para cerrar el piso de entre el Altar de Animas, y Organo ocho rrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 008

293

++ Yt. por un hierro, que hizo Balado para el medio de la rexa de Sta. Maria, y bugerar dha rexa veinte mrs . . . . . . . . . . . . 020 ++ Yt. a Calderon pr. barrer el sitio del organo de la Villa , y traer a Sta. Maria el Clave dos rs . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 002 ++ Yt. al mismo pr. ir a la esclavitud con un recado a los organeros dos rs . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 002 ++ Yt. pague al capintero Castragudin pr. reparar la caja del Organo de la Villa por dia y mº seis rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 006 ++ Yt. por mdio ciento de clavos dos rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 002 ++ Yt. al referido por otro dia quatro rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 004 ++ Yt. a seis hombres, que portearon los fuelles de Sta. Maria para la Villa quatro rs. y ocho mrs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 004@08 ++ Yt. por un esse, y dos fixas para la caxa del organo de la Villa catorze rs . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 014 ++ Yt. por una llave dos rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 002 ++ Yt. por dos dozenas de tablas de pino para cubrir los fuelles de la Villa setenta y dos rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 072 (suma) . . . . . . . . . 1684@03 [4v] ++ Yt. de porte desde el puente de la Villa dos rs. y mº . . . . . . . . . . . . . . 002@17 ++ Yt. pr. una cuerda para los fuelles onze rs. y quedo sobrante para otras veces. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 011 ++ Yt. a dho Miguel, y su hijo, por cinco dias, qe. cada uno ocupo en hacer el cubierto a los fuelles de la Villa treinta, y cinco rs. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 035 ++ Yt. de clabazon onze rs.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 011 ++ Yt. a un propio pr. traer de Santº los condutos, y caños para la trompa real del organo de la Villa quatro rs.. . . . . . . . . . . . . 004 ++ Mas tres rs. y mº por unos hierrs, qe. ultimamte. se hiciron. para poner los organos de la Villa. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 003@17 (suma) . . . . . . . . . 1754@03 Cuias Partidas suman la de mil setecientos cinqta. y un rs veon. recivi de mano del Sr. Dn. Josef Maria Loviano Canonigo Fabriquero de la Santa Yglesia de Yria, y para qe. a todo tiempo conste lo firmo en Paon. a veinte y seis de Octubre del año de mil setecientos y ochenta= este dinero recivio Dn Marcos de Cabo del Mayordomo Dn. Andres Villar como consta de libranza y recivo de dho Cabo qe. esta a continuacion=Se deve abonar a la fabrica de esta quenta ciento y doce reales de tablas y pontones, con dos vigas qe. puso para dha obra del organo=esta pagada=

294

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.