O petróglifo de Fonte grande.

Share Embed


Descrição do Produto

O PETRÓGLIFO DE FONTE GRANDE A significación deste tipo de motivos non está nada clara, nin a súa cronoloxía, que pode abarcar dende a prehistoria ata os nosos días. Autores especialistas en Arte Rupestre, como J. Costas Goberna defenden que este tipo de elementos poden servir de puntos delimitadores do espazo ou marcadores dentro da paisaxe antiga de límites de cotos e señoríos. David Fernández Abella

De tódalas tipoloxías de xacementos aqueolóxicos existentes en Coirós, as mámoas primeiro, e despois os petróglifos son os mais abundantes dentro do territorio municipal. O entorno rural e as características xeográficas e xeomorfolóxicas do concello poden ser os condicionantes para a existencia e conservación dun gran número de elementos patrimoniais nun área relativamente pequena, e dos que seguro no futuro se atoparán mais. As veces os achádegos de novos xacementos aparecen de maneira case casual, sen buscalos. So se precisa ter un ollo entrenado e ser curioso, para ver as pegadas do home nun paisaxe natural que antigamente estaba en gran medida domesticado. No pasado Agosto, durante a execución das labores de posta en valor do xacemento arqueolóxico de Pena Furada, o presidente da asociación de custodia do Patrimonio Cultural Vedoreira, José Francisco Castro Vilariño, advertiunos da existencia de un petróglifo novo na veciñanza. De este xeito, en canto foi posible, achegámonos a ver o sitio e comprobar a existencia do mesmo e as súas características. O Petróglifo atópase na parroquia de Santa Mariña de Lesa, a pouco mais de 150 m. do límite parroquial, nun gran batolito granítico que fai de

límite divisorio entre fincas, asimilada no propio valado divisorio, no lugar de Fonte Grande. Aínda que a existencia de este topónimo indicas ás claras unha surxencia de auga non foi localizada. O entorno atópase nunha zona de pendente cara o Oeste, hoxendía adicada á aproveitamento forestal, sobretodo de eucaliptos. A pedra, de grandes dimensións, vese ben dende o camiño que pasa polo sur da mesma que vai en dirección a zona de As Colmeas. O seu corte recto advirte con claridade que foi obxeto de extraccións de cantería de certa antigüidade na súa parte Sur, aínda que a parte cortada se presenta bastante erosionada. Na parte superior da pedra poden advertirse dúas cazoletas orientadas nun perfecto eixe Norte-Sur. As dúas teñen uns 3 cm. De profundidade, se ven a Norte e de forma circular, ten un fondo plano e arredondado e é de maiores dimensións ( 7,5 cm. diámetro), mentres que a outra (a Sur) é mais irregular e alongada, cun fondo moito menos uniforme, mais apuntado, e de menores dimensións (4 cm. diámetro). Estes motivos son denominados cazoletas ou coviñas (fossetes) e son os grabados de arte rupestre mais abundantes na xeografía galega, debido a súa sinxeleza de execución. Poden aparecer soas, agrupadas cun número variable delas ou en combinación con outros elementos grabados na rocha. A significación deste tipo de motivos non está nada clara, nin a súa cronoloxía, que pode abarcar dende a prehistoria ata os nosos días. Autores especialistas en Arte Rupestre, como J. Costas Goberna defenden que este tipo de elementos poden servir de puntos delimitadores do espazo ou marcadores dentro da paisaxe antiga 5

de límites de cotos e señoríos. De este xeito servirían de marcos territoriais ou de sinais de circunscricións, pero sempre nunha cronoloxía sen definir, debido a que a sinxeleza da súa factura neste caso non ofrece pistas para detectar a súa orixe, mais aló de o evidente de que sexan de orixe antrópico. Outra teoría interesante para o caso que nos ocupa, defendida por M. Santos Estévez e M.V. García Quintela, é a existencia de este tipo de motivos en relación ao que eles denominan Santuarios da Idade do Ferro. Así, con outros exemplos localizados ao longo de toda a xeografía galega, determinan unha relación entre os elementos centrais por eles localizados e os puntos con estes motivos rupestres, que poderían funcionar nunha dupla función de elementos delimitadores dese espazo sacro e marcadores do ingreso. De confirmarse esta teoría, deberían aparecer outros elementos similares noutros puntos da contorna do xacemento de Pena Furada (que se atopa a unha distancia de uns 530 m. do petróglifo de Fonte Grande), nas diversas orientacións xeográficas que aínda quedan. Sexa como for, o elemento vai a ser notificado e catalogado en breve, para protexelo e que se inclúa no Inventario de Xacemento arqueolóxicos de Galicia, e que se integre incluíndose no rico e abundante listado do patrimonio arqueolóxico do que pode presumir o concello de Coirós.

Maio 2016

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.