O poboamento na comarca do Baixo Miño e a súa evolución na Prehistoria e na Antigüidade // The settlement in the region of Baixo Miño and its evolution along Prehistoric and Ancient times

Share Embed


Descrição do Produto

SE PA RA TA

Estudo de Arqueoloxía, Prehistoria e Historia Antiga: achegas dos novos investigadores

Editoras: Rebeca Cordeiro Macenlle Alia Vázquez Martínez

1.ª edición: Santiago de Compostela, 2016

© Andavira Editora, S. L., 2016

Vía de Édison, 33-35 (Polígono do Tambre) 15890 Santiago de Compostela (A Coruña) www.andavira.com · [email protected]

© Rebeca Cordeiro Macenlle © Alia Vázquez Martínez © Os autores Diseño editorial: Dixital 21, S. L. Imagen de cubierta: O rapto das Sabinas, Jacques Louis David (1799) Impresión e encadernación: Tórculo Comunicación Gráfica, S. A. Impreso en España · Printed in Spain Reservados todos os dereitos. Non se permite a reproducción total ou parcial desta obra, nin a súa incorporación a un sistema informático, nin a súa transmisión en calqueira forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, fotocopia, grabación ou outros) sen autorización previa e por escrito dos titulares do copyright. A infración de ditos dereitos pode constituir un delito contra a propiedade intelectual. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra. Pode contactar con CEDRO a través da web www.conlicencia.com ou por teléfono no 91 702 19 70 / 93 272 04 47. Andavira, no seu deseño de mellorar as súas publicacións, agradecerá calquera suxerencia que os lectores fagan ó departamento editorial por correo electrónico: [email protected]

Depósito legal: C 1287-2016 ISBN: 978-84-8408-933-9

ÍNDICE 1. Miguel CARRERO PAZOS: Definiendo nuevas herramientas para la detección de túmulos megalíticos en Galicia. El uso de la tecnología LIDAR........................................................................................................

19

2. Benito VILAS ESTÉVEZ: Problemas de comunicación y necesidad del registro arqueológico desde una visión arqueoastronómica: el caso de los túmulos de la Serra do Leboreiro................................................................ 31 3. Alia VÁZQUEZ MARTÍNEZ: Redescubrindo a arte rupestre ao aire libre do Rosal (Pontevedra, Galicia)................................................................... 43 4. Andreia SILVA; Pedro XAVIER; Sofia Soares FIGUEIRIDO: A simbologia dos veados na Pré-Historia recenté do nordeste transmontano: formas pintadas e gravadas.........................................................................

55

5. Andreia SILVA; Pedro XAVIER; Sofia Soares FIGUEIRIDO: As gravuras rupestres de Crestelos (Trás-os-Montes, Portugal) e a sua longa diacronía desde a Idade do Ferro ao período contemporâneo.................................... 63 6. Fabio CARREIRO LAGO; David RODRÍGUEZ FIDEL: Colecciones y coleccionistas de materiales arqueológicos en Tenerife. Siglos XIX-XX.. 83 7. Mikel DÍAZ RODRIGUEZ; Alba Antía RODRÍGUEZ NÓVOA; Antón CARBALLO LOMBA; Miguel CARRERO PAZOS; Patricia VALLE ABAD; Alia VÁZQUEZ MARTÍNEZ: O poboamento na Comarca do Baixo Miño e a súa evolución na Prehistoria e na Antigüidade................. 95 8. Alba Antía RODRÍGUEZ NÓVOA; Mikel DÍAZ RODRIGUEZ; Cristina SEOANE NOVO: Revisión de datos contextuales para el yacimiento de O Achadizo (Boiro, A Coruña)....................................................................... 113 9. Aurora Irene PAZ VIRUET: Contactos comerciales entre las culturas púnica y castreña de la Península Ibérica en la Edad del Hierro. Investigación arqueológica realizada y estado de la cuestión.................... 127 10. Cristina SEOANE NOVO: A cerámica no espello dos metais: definición de criterios e metodoloxía de traballo a partir dos materiais do Castro do Achadizo (Boiro, A Coruña)....................................................................... 145 11. Francisco CIDONCHA REDONDO: Las creencias religiosas en la ciudad romana de Capera.......................................................................................

157

12. Aitor MONEO CRESPO: El culto a Júpiter y el sincretismo religioso en las comunidades del NO hispano. Júpiter y la teonimia indígena en los C. Asturum, Bracarensis y Lucensis................................................................

177

13. Alicia CALVO PANERA: La conceptualización de Troya en Lucrecio como punto histórico dentro del relato romano.......................................... 195 5

Índice

14. Aitor FREÁN CAMPO: Cultos orientales durante la primera Edad del Hierro en el noroeste de la Península Ibérica............................................. 215 15. María Victoria VAELLO RODRÍGUEZ: Las Antesterias en la epigrafía ática del s. IV a.C........................................................................................ 229 16. Marta FERNÁNDEZ ALLER: El homoerotismo femenino en la Grecia antigua......................................................................................................... 241 17. Irune VALDERRÁBANO GONZÁLEZ: Los estrechos de Ártemis: la guerra del parto en la antigua Grecia.......................................................... 257 18. Sara CASAMAYOR MANCISIDOR: Impudicitia: la transgresión de la virtud sexual femenina en la Roma antigua................................................ 273 19. Federica GATTO: Las sacerdotisas de Bona Dea: condición social y aspectos organizativos del culto................................................................. 289 20. José Miguel PUEBLA MORÓN: El reflejo del mito y el rito de los misterios de Eleusis en la moneda griega de Sicilia................................... 309 21. Anna SAPIENZA: La fuga degli Eneadi sull’emissioni monetali di Aineia. Documenti archeologici e numismatici a confronto................................... 321 22. Verónica DEL RÍO CANEDO; Begoña FERNÁNDEZ ROJO; Helena GONZÁLBES GARCÍA: Símbolos sacros en la iconografía alto imperial (s. I d.C.) en Emérita Augusta: lucernas y soportes monetarios................. 329 23. Javier CABALLERO ZAPATERO; Beatriz FERNÁNDEZ BONET: La representación de Venus y Diana en los mosaicos alto-imperiales............. 347 24. David SERRANO LOZANO: Epigrafía romana y plástica castreña: propuestas para un diálogo entre dos lenguajes visuales en el noroeste peninsular.................................................................................................... 363 25. Daniel FERNÁNDEZ MARTÍN: Termas romanas en ciudades de la Hispania Citerior: Valentia, Edeta, Lucentum, Ilici...................................

377

26. Oria FERREIRO DIZ; Carmen GONZÁLEZ DOVAL: Posibilidades das técnicas de teledetección na análise morfolóxica da minería romana na Comarca do Carballiño............................................................................... 385 27. Marta MARTÍNEZ PARADA; Patricia FUENTES MELGAR; José Carlos SASTRE BLANCO: La frontera entre suevos y visigodos a través del poblado medieval de El Castillón......................................................... 391 28. Verónica DEL RÍO CANEDO; Oria FERREIRO DIZ; Francisco ALONSO TOUCIDO: Ajuar doméstico en las mesas compostelanas de época medieval: madera y cerámica como caso de estudio........................ 425 29. Adur INTXAURRANDIETA ORMAZABAL: Estoicismo y Blosio de Cumas: de Roma a Pérgamo....................................................................... 407 6

Índice

30. Rebeca CORDEIRO MACENLLE: El contenido político en las alocuciones militares romanas tardorrepublicanas. De Mario a César (107-44 a.C.)............................................................................................... 439 31. Denís IGLESIA VILANOVA: Os fora do noroeste peninsular. Unha ferramenta para organizar e administrar o mundo rural............................. 459 32. María Luisa PÉREZ GUTIÉRREZ: Características socioculturales de los orgenomescos según la documentación epigráfica..................................... 477 33. Javier VILLALÓN PASCUAL: Civitas sine urbe: el paradigma vadiniense 485 34. Gabriel GÓMEZ MARTÍN: Reflexiones sobre la efectiva latinización universae hispaniae de los Flavios en la Meseta Norte.............................. 497 35. María Cristina DE LA ESCOSURA BALBÁS: ¿Qué hace un romano como tú en un sitio como este? El problema de la onomástica latina en la Hispania republicana.................................................................................. 517 36. Jokin LANZ BETELU: A propósito de una legatio en el “Ara de Hasparren”.................................................................................................. 537 37. Marta FERNÁNDEZ CORRAL: Hoc monumentum faciendum curavit. Las relaciones entre dedicantes y difuntos en la epigrafía funeraria del norte hispano: el ejemplo del área autrigona.............................................. 553

7

Historia vero testis temporum, lux veritatis, vita memoriae, magistra vitae, nuntia vetustatis, qua voce alia, nisi oratoris, immortalitati commendatur? (CIC. De orat. 2. 32, The Loeb Classical Library)

LIMIAR O mundo da investigación non é doado, sobre todo para os novos investigadores. Por este motivo naceu a Asociación Cultural de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (ARCIAN), como unha plataforma destinada a fomentar a interacción e o debate entre todos os especialistas pero, dun modo especial, entre os novos investigadores. Así xurdiu na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela o I Encontro Internacional de Novos Investigadores en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (EINIACA), celebrado os días 10, 11 e 12 de xuño de 2015, como unha oportunidade para aquelas persoas que están a comezar a súa carreira académica de presentar os seus estudos e de coñecer a outros investigadores noveis que se atopan na mesma situación; como un medio para incentivar o diálogo sobre os métodos, as dificultades, as dúbidas e as vicisitudes coas que se atopa un investigador ao inicio da súa carreira; tamén para promover o debate e o intercambio de opinións sobre estes traballos; e, finalmente, para difundir os resultados das investigacións presentadas no encontro. Deste xeito, Estudo de Arqueoloxía, Prehistoria e Historia Antiga: achegas dos novos investigadores atópase nesta última parte: no desexo de colaborar coa divulgación dos traballos dos novos investigadores que se presentaron en EINIACA15. Desde o Consello Editor queremos destacar que todas e cada unha das investigacións presentadas pasaron un estrito control de avaliación mediante o sistema de pares cegos, coa finalidade de garantir a calidade desta obra. Así pois, neste libro pódense achar estudos que abarcan unha temática do máis variada e interesante: Paleolítico, Neolítico, Bronce, Ferro, República e Imperio romanos, Romanización, Relixións, Iconografía, Oriente Próximo, período Altomedieval e Arqueoloxía. Por último, queremos expresar a nosa gratitude á Universidade de Santiago de Compostela, ao Decanato da Facultade de Xeografía e Historia da USC, ao Departamento de Historia I da USC, á Escola Internacional de Doutoramento da USC, ao Programa de Doutoramento de Historia, Arte e Xeografía da USC, ao Servizo de Residencias Universitarias da USC e ao Concello de Santiago de Compostela, cuxa axuda foi e continúa sendo inestimable. Cómpre tamén agradecerlle ás entidades privadas a súa contribución, esencial para levar a cabo o encontro: Beta Analytic, Andavira Editora, Editorial Toxosoutos, Aguasana, JAS Arqueología e Semillas Fito. Igualmente, queremos recoñecerlle aos moderadores das sesións de EINIACA15 a súa presenza no encontro: Hugo Aluai Sampaio, Brais Xosé Currás Refojos, Alberto Bernabé Pajares, Fátima Díez de Platas, María Victoria Vaello Rodrígez, Ana Rodríguez Mayorgas, José Manuel Costa García e Pedro López Barja de Quiroga. Tampouco queremos esquecernos de todos os membros que compoñen o Comité Científico, pois grazas á súa colaboración desinteresada foi posible dotar de rigor académico este libro, así como enriquecer os estudos presentados coas súas suxestións e comentarios. 13

Ademais, gustaríanos resaltar o traballo realizado polo Comité Organizador do encontro formado polos nosos compañeiros Adur Intxaurrandieta Ormazabal, Irune Valderrábano González e Cristina Seoane Novo, xunto con nós mesmas: Rebeca Cordeiro Macenlle e Alia Vázquez Martínez. E, finalmente, agradecémoslles dunha forma especial a todas as persoas asistentes, sen cuxa presenza todo isto non sería posible. As editoras queremos darlle as grazas a todas estas persoas e agardamos que EINIACA15, xunto con este libro, sexan as primeiras edicións dunha longa e frutuosa serie.

14

CONSELLO ASESOR DE ARCIAN-EINIACA • • • • • • • • • • • • • • • •

Dr. Xosé Lois ARMADA PITA Dr. José Manuel CAAMAÑO GESTO Dra. Beatriz COMENDADOR REY Dr. José Manuel COSTA GARCÍA Dr. Pablo de la Cruz DÍAZ MARTÍNEZ Dra. Fátima DÍEZ PLATAS Dr. Ramón FÁBREGAS VALCARCE Dr. Jose Ángel FERNÁNDEZ CANOSA Dr. Carlos FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ Dr. Marco Virgilio GARCÍA QUINTELA Dr. Francisco Javier CONZÁLEZ GARCÍA D. Arturo DE LOMBERA HERMIDA Dr. Pedro Manuel LÓPEZ BARJA DE QUIROGA Dra. Pilar PRIETO MARTÍNEZ Dra. Pepa REY CASTIÑEIRA Dr. Carlos RODRÍGUEZ RELLÁN

15

AVALIADORES DE ARCIAN-EINIACA • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Dr. Andrés María ADROHER AUROUX Dr. José Miguel ANDRADE CERNADAS Dr. Javier ANDREU PINTADO Dr. Borja ANTELA-BERNÁRDEZ Dr. Xosé Lois ARMADA PITA Dr. Xurxo AYÁN VILA Dr. Óscar BARROS FERNÁNDEZ Dr. Juan Antonio BELMONTE AVILÉS Dr. Antonio BLANCO GONZÁLEZ Dra. Rosa BRAÑAS ABAD Dr. Gonzalo BRAVO CASTAÑEDA Dr. José Manuel CAAMAÑO GESTO Dr. Xulio CARBALLO ARCEO D. Erik CARLSSON BRANDT FONTÁN Dr. Fernando CARRERA RAMÍREZ Dr. Ladislao CASTRO PÉREZ Dr. Mario CÉSAR VILA Dra. Rosa María CID LÓPEZ Dra. Beatriz COMENDADOR REY Dr. Diego CONDE GÓMEZ Dra. Carolina CORTÉS BÁRCENA Dr. José Manuel COSTA GARCÍA Dra. Cecilia CRIADO BOADO Dr. Brais Xosé CURRÁS REFOJOS Dr. Antonio DE LA PEÑA SANTOS D. Arturo DE LOMBERA HERMIDA Dr. Pablo de la Cruz DÍAZ MARTÍNEZ Dr. Francisco DÍEZ DE VELASCO Dra. María de Fátima DÍEZ PLATAS Dr. José Antonio ESQUIVEL GUERRERO Dr. Ramón FÁBREGAS VALCARCE Dr. Xosé Anxo FERNÁNDEZ CANOSA Dr. Adolfo FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ Dr. Juan José FERRER MAESTRO Dr. César Antonio FORNIS VAQUERO Dra. Henar GALLEGO FRANCO Dra. Estela GARCÍA FERNÁNDEZ Dr. Marco Virgilio GARCÍA QUINTELA Dr. Julio GÓMEZ SANTA CRUZ Dr. Francisco Javier GONZÁLEZ GARCÍA Dr. Alfredo GONZÁLEZ RUIBAL Dr. Pedro Manuel LÓPEZ BARJA DE QUIROGA 16

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Dra. Guadalupe LÓPEZ MONTEAGUADO Dra. María Cinta MAÑÉ SERÓ Dra. Clelia MARTÍNEZ MAZA Dr. Alfredo MAXIMIANO CASTILLEJO Dr. Santiago Carlos MONTERO HERRERO Dr. Esteban MORENO RESANO Dra. María Luz NEIRA JIMÉNEZ Dr. Toni ÑACO DEL HOYO Dra. Pilar PRIETO MARTÍNEZ Dra. Josefa REY CASTIÑEIRA Dr. Javier RODRÍGUEZ CORRAL Dra. María Isabel RODRÍGUEZ LÓPEZ Dra. Ana RODRÍGUEZ MAYORGAS Dr. Carlos RODRÍGUEZ RELLÁN Dr. José Ignacio ROYO GUILLÉN Dra. Rebeca RUBIO RIVERA Dr. Ángel RUIZ PÉREZ Dra. Carmen SÁNCHEZ FERNÁNDEZ Dra. Laura SANCHO ROCHER Dr. Juan José SEGUÍ MARCO Dra. Rosa María SIERRA DEL MOLINO Dr. Fabio SILVA Dra. Ana María SUÁREZ PIÑEIRO Dra. Elena TORREGARAI PAGOLA Dr. Ángel VILLA VALDÉS

17

O POBOAMENTO NA COMARCA DO BAIXO MIÑO E A SÚA EVOLUCIÓN NA PREHISTORIA E NA ANTIGÜIDADE THE SETTLEMENT IN THE REGION OF BAIXO MIÑO AND ITS EVOLUTION ALONG PREHISTORIC AND ANCIENT TIMES Mikel DÍAZ RODRÍGUEZ

[email protected] Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico (GEPN). Universidade de Santiago de Compostela, España.

Alba Antía RODRÍGUEZ NÓVOA

[email protected] Bolseira Predoutoral I2C (Xunta de Galicia) Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico (GEPN). Universidade de Santiago de Compostela, España.

Antón CARBALLO LOMBA

[email protected] Grupo de Análise Territorial (ANTE - GI1871). Dpto. de Xeografía. Universidade de Santiago de Compostela, España.

Miguel CARRERO PAZOS

[email protected] Bolseiro Predoutoral I2C (Xunta de Galicia) Arqueoloxía e Ecoloxía do Fenómeno Megalítico Galego. Universidade de Santiago de Compostela, España.

Patricia VALLE ABAD

[email protected] Bolseira Predoutoral I2C (Xunta de Galicia) Campus del Mar, Universidade de Vigo, España.

Alia VÁZQUEZ MARTÍNEZ

[email protected] Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico (GEPN). Universidade de Santiago de Compostela, España.

PALABRAS CHAVE: Baixo Miño, Paleolítico, Megalitismo, Bronce, Idade do Ferro, Romano, SIX. RESUMEN: A comarca do Baixo Miño foi intensamente prospectada e estudada ata a actualidade. A cantidade de datos da que dispoñemos posibilita o desenvolvemento de novas aproximacións a súa realidade arqueolóxica. A partir das intervencións realizadas, dos materiais atopados e dos xacementos inventariados podemos establecer a existencia dunha gran riqueza arqueolóxica na zona e formularnos o estudo do seu poboamento antigo. Creemos que a desembocadura do Río Miño e a proximidade da costa, fan da zona un lugar estratéxico para o paso e o aproveitamento de recursos tanto para os seres humanos como para os animais. Co presente traballo búscase analizar os datos dispoñibles sobre a ocupación da comarca do Baixo Miño dende a Prehistoria ata a Idade Antiga, a través dunha perspectiva diacrónica e multidisciplinar. A partir da utilización de Sistemas de Información Xeográfica combinados cos datos arqueolóxicos e cronolóxicos dos xacementos e os orográficos da zona, identificamos patróns diferenciais na ubicación destes grupos humanos por períodos de ocupación.

95

Díaz Rodríguez, Rodríguez Nóvoa, Carballo Lomba, Carrero Pazos, Valle Abad, Vázquez Martínez

KEY WORDS: Baixo Miño, Paleolithic, Megalithic, Bronze, Iron Age, Roman, GIS. ABSTRACT: The region of Baixo Miño has been intensely surveyed and studied until today. The amount of data at our disposal enables the development of new approaches to this archeological reality. From archaeological interventions, materials found and inventoried deposits, it is possible to establish the existence of a great archaeological wealth in the area and to study its ancient settlement. We believe that the mouth of the Minho River and the proximity to the coast, makes the area a strategic position for the passage and the use of resources for both humans and animals. Starting from a diachronic and multidisciplinary perspective, in the present work the occupation of the Baixo Miño from prehistory to antiquity is analyzed. Using Geographic Information System combined with archaeological and historical data of deposits and orographic information of the area, we identified differential patterns in the location of these human groups along the time. 1. Introdución Neste artigo preséntase un estudo dos xacementos da comarca do Baixo Miño. Abordamos este traballo de análise espacial dende un punto de vista diacrónico e multidisciplinar. O obxectivo é averiguar como as distintas comunidades se dispoñen no territorio. A riqueza patrimonial desta área unida á localización estratéxica debido á proximidade ao mar e á desembocadura do río Miño, fan dela un ámbito ideal para indagar nesta cuestión. Neste sentido, o gran número de xacementos afirma a existencia continuada dunha forte ocupación durante a Prehistoria, a Protohistoria e a Idade Antiga. A miúdo, os estudos de índole espacial abórdanse exclusivamente sobre épocas concretas e de maneira sincrónica. Este estudo permítenos falar da evolución do uso da paisaxe ó longo do tempo, para poder achegarnos á maneira de vivir e de concibir o espazo dos seres humanos que habitaron o Baixo Miño nas distintas etapas. Para lograr unha maior comprensión do territorio, a información arqueolóxica complementarase con datos xeográficos. A disposición dos xacementos no territorio pode respostar ás necesidades das diferentes comunidades, pero tamén poden darse supervivencias na maneira de entender a paisaxe que rodea ás comunidades prehistóricas, que ocuparían espazos identificados como lugares das comunidades predecesoras (Fábregas Valcarce et al. 1998), ou mesmo certos xacementos, que poderían ter actuado como memoriais (García Sanjuán 2008a, 2008b). Aínda que non abundan os traballos nos que se aborde un estudo espacial dos xacementos arqueolóxicos de diversos períodos nunha zona concreta hai algúns, que constitúen referentes directos deste artigo. Son os levados a cabo na Serra do Bocelo (Criado Boado et al. 1991) e na Península do Morrazo (Criado Boado; Cabrejas Domínguez 2005). Para o Baixo Miño cabe mencionar un traballo que serviu como antecedente inmediato deste, Valle Abad et al. (2015). Tamén na tese doutoral de Brais Currás se realiza un estudo espacial do poboamento en época castrexa e romana (2014). 2. Obxectivos O obxectivo principal deste estudo é coñecer a distribución dos xacementos de diversas épocas na paisaxe dunha comarca cunha intensa ocupación dende a Prehistoria, como é o Baixo Miño.

96

O poboamento na comarca do Baixo Miño e a súa evolución...

Neste traballo, pártese da asunción de que ao analizar o poboamento dende un punto de vista diacrónico, poden observarse os patróns de asentamento destas sociedades, e como van variando ao longo do tempo. Con todo, hai que ter en conta que non se analizan xacementos da mesma natureza. 3. Metodoloxía Para levar a cabo o estudo precisamos formar un equipo de persoas que coñecese as problemáticas das distintas cronoloxías, así como contar coa axuda dun xeógrafo que caracterizase a zona de estudo e cuxo traballo servise de nexo entre todas as partes. Este traballo comezou coa realización dun baleirado dos datos referentes aos xacementos que se atopan no inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia (DXPC). Consultáronse tanto os datos que se atopan na sede central de Santiago de Compostela como na provincial de Pontevedra. Ademais empregouse a información dos xacementos arqueolóxicos recadada en campo polos membros do grupo de estudo. Todos os datos recollidos engadíronse nunha base de datos e nun Sistema de Información Xeográfica (SIX) que permitirá manter a documentación ordenada e ademais, realizar unha serie de mapas e análises onde se mostren con claridade os datos. Unha vez obtida a información, comprobamos que algunhas das coordenadas tiñan erros, que foron corrixidos a partir dos mapas de pendentes a escala 1:25.000 da Xunta de Galicia e de datos recollidos en campo. Por último, xa con toda a información organizada, interpretáronse os mapas. Hai que ter en conta que se traballa cos datos dispoñibles, que responden ó grado de prospección e á visibilidade diferencial dos xacementos. Ao estar traballando sobre épocas pasadas, decidimos realizar un mapa propio dividindo a comarca en tres unidades morfolóxicas. Esta caracterización realizouse tendo en conta a xeomorfoloxía e a bioclimatoloxía da zona, así como a comprobación en campo.

Figura 1. Localización do Baixo Miño e modelo 3D da zona (elaboración propia)

A análise que realizaremos da documentación estruturouse entorno a cinco puntos: o número de xacementos inventariados, a altitude media destes, a figura fisiográfica e a situación xeográfica dos xacementos, por último a proximidade a cursos fluviais. Con estes datos intentaremos caracterizar a forma de ocupación do espazo en cada cronoloxía.

97

Díaz Rodríguez, Rodríguez Nóvoa, Carballo Lomba, Carrero Pazos, Valle Abad, Vázquez Martínez

4. Área de estudo A comarca do Baixo Miño sitúase ao suroeste da provincia de Pontevedra, na foz do río Miño, na súa confluencia co Océano Atlántico (fig.1). Hoxe en día está composta polos concellos de: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui. Na actualidade caracterízase por un clima oceánico, con temperaturas medias que roldan os 14ºC e cunha precipitación media anual de 1400 mm (Pérez Alberti et al. 1999). En canto á litoloxía e baseándonos nos mapas xeolóxicos do Instituto Geológico y Minero de España (IGME), observamos que se produce un predominio absoluto do substrato granítico, aínda que tamén cabe destacar a aparición dunha importante franxa de rochas metamórficas (lousas e xistos) con dirección norte-sur cortando pola metade á Serra da Groba, así como a existencia de pequenos filóns de cuarzo. Dende o punto de vista xeomorfolóxico e bioclimático, e baseándose na análise da información territorial que aportan as institucións competentes na materia (Instituto Geográfico Nacional, IGME, Meteogalicia, Aemet, entre outras) e con comprobación no campo, diferenciamos e nomeamos tres grandes unidades morfolóxicas (fig. 2): A Groba, o Val do Miño e a Franxa Litoral; a súa vez compostas por varias subunidades. 4. 1. A Groba Este conxunto montañoso esténdese de norte a sur dende os concellos de Baiona e Gondomar ata o norte do concello de A Guarda, acadando cotas máximas entorno aos 600 metros (alto da Groba). Debido á súa disposición meridiana, a súa serra principal (Serra da Groba) serve como barreira orográfica de contención dos ventos e borrascas marítimas procedentes na súa maioría do oeste e do sur (o cal beneficia enormemente, non só ao asentamento de poboación, senón tamén, ao aproveitamento hortofrutícola). A procedencia dos mesmos e a caracterización do clima en Figura 2. Unidades Morfolóxicas coas súas xeral, podería resultar un tanto diferente subunidades. Os números equivalen ás a comezos do actual período interglaciar seguintes subunidades: 1- Costa Rochosa, iniciado fai aproximadamente 10.000 2- Rasa Litoral, 3- Vales Litorais, 4- Mesetas anos (Holoceno) (Pérez Alberti et al. superiores, 5- Vales Interiores, 6- Val do Miño 1999; Pérez Alberti 2001). Tamén existe (elaboración propia). nesta unidade unha diferenciación notable oeste-leste, en canto a que, as ladeiras litorais ao oeste teñen unha pendente moito máis pronunciada que as ladeiras cara o leste, o cal inflúe nas características dos vales e dos cursos fluviais da zona. Podemos diferenciar ou clasificar tres grandes subunidades morfolóxicas na Groba: as ladeiras e vales litorais, as mesetas superiores e os vales interiores. 4. 1. 1. As Ladeiras e Vales Litorais Trátase da zona máis escarpada da Groba, estendéndose de norte a sur a través dos concellos de Oia, O Rosal e A Guarda. Esta subunidade pertence tamén 98

O poboamento na comarca do Baixo Miño e a súa evolución...

a outra gran unidade morfolóxica que definimos para a comarca, a Franxa Litoral. Caracterízase pola forte pendente das ladeiras e vales que a compoñen, polos numerosos afloramentos graníticos, así como polo carácter torrencial dos curtos cursos fluviais existentes, que desembocan directamente no Océano Atlántico. Ademais a súa exposición aos ventos e borrascas predominantes actualmente dificultan, a priori, os procesos de asentamento e aproveitamento agrícola ou gandeiro. 4. 1. 2. As Mesetas Superiores Esta subunidade correspóndese coas zonas altas da comarca, as cales grosso modo caracterízanse por ser terras elevadas e chás. Neste espazo amesetado nacen a maioría dos ríos que bañan O Baixo Miño e que serven de afluentes para o Miño, salvo os que desembocan directamente no Océano. Existen numerosas zonas enchoupadas con vexetación de tipo turbeira ou braña, e outras de solos lixeiros e con menor humidade. Algúns accidentes xeográficos destacados desta zona son a Serra da Groba, a Serra do Argalo, o Val da Groba, o Monte Tetón e o Monte Aloia. 4. 1. 3. Os Vales Interiores Teñen unha disposición xeralmente norte-sur. Con pendentes máis suaves que os vales do litoral, cos cursos fluviais máis prolongados e con velocidades suaves no tramo medio e final dos ríos. A situación de abrigo orográfico que posúen permítelles acadar na actualidade unhas boas condicións para o desenvolvemento das actividades agrarias, tendo polo tanto unha gran importancia a situación das solainas fronte aos avesedos. Cabe sinalar a existencia de terrazas cuaternarias de cantos rodados nas partes baixas destes vales, bastante afastadas hoxe en día do río e cunha notable diferenza altitudinal con respecto ao nivel do río. Esta cuestión pode indicar as variacións que sufriu o nivel do mar ao longo da Era Cuaternaria e o encaixamento dos ríos. O nivel do mar durante varios períodos do cuaternario era completamente distinto ao da actualidade, e polo tanto obríganos a facer unha reinterpretación dos asentamentos prehistóricos así como das súas actividades, baseándonos nesas condicións xeográficas diferentes. 4. 2. O Val do Miño No último tramo do río Miño (correspondente ao Baixo Miño), o canle transcorre cunha dirección norleste-suroeste. Este tramo da bacía do Miño semella aproveitar fracturas de dúas direccións: unha norte-sur e outra leste/norleste-oeste/suroeste. A fractura norte-sur é empregada por moitos dos seus afluentes, como o río Louro ou o Tamuxe. Por outra banda, a fractura leste/norleste-oeste/suroeste é a que toma o río no tramo do Baixo Miño. O río desenvólvese xerando un val de gran anchura, cunha morfoloxía moi aberta e deixando amplos espazos de ribeira con deposicións cuaternarias de gran interese. A medida que nos achegamos cara a foz do Miño, o val ábrese, diminúe a velocidade da auga, e comezan a aparecer procesos de sedimentación e deposición nas terrazas cuaternarias. Distínguense deposicións de gravas, cantos, areas, arxilas ou limos, relacionados coa lentitude da auga neste tramo e que chegan ata a saída do río no mar, onde se mestura a auga salgada coa doce. Polo tanto, inflúe no efecto das mareas. Cabe destacar a formación de praias areosas, insuas ou deposicións fluviais de cantos rodados nas terrazas cuaternarias do río.

99

Díaz Rodríguez, Rodríguez Nóvoa, Carballo Lomba, Carrero Pazos, Valle Abad, Vázquez Martínez

4. 3. Franxa Litoral O litoral da comarca do Baixo Miño esténdese dende Cabo Silleiro ata o cumio de Santa Trega (A Guarda), de composición maioritariamente rochosa e onde apenas existe algún entrante ou saínte salientable (Pérez Alberti 1986). A disposición da costa está relacionada cunha fractura de dirección meridiana e de difícil localización, aínda que algúns autores a situarían a uns 30 ou 40 km da costa (Cano Pan et al. 1997a; 1997b). Trátase dunha costa aberta e moi exposta á acción dos ventos e borrascas dominantes así como aos efectos do mar, batendo este con forza na costa e polo tanto realizando unha importante acción erosiva sobre os materiais graníticos. Resulta unha costa rochosa onde apenas existen procesos de sedimentación recente, salvo algunha pequena praia de cantos, pero si máis antigas e elevadas, correspondentes probablemente con outros niveis do mar distintos ao actual. O límite sur desta Franxa Litoral coincide co monte Santa Trega, illado da Serra da Groba e cunha clara diferenciación na pendente das súas ladeiras. Cunha localización na mesma foz do Miño, ten un amplo radio visual o que o converte nun punto de control moi importante. Nesta unidade morfolóxica poderíamos distinguir tres subunidades destacables que a caracterizan: as Ladeiras e Vales Litorais, a Rasa Litoral e a Costa Rochosa. 4. 3. 1. Ladeiras e Vales Litorais Como xa comentamos, esta subunidade tamén forma parte da unidade morfolóxica da Groba e xa foi descrita. 4. 3. 2. A Rasa Litoral Trátase dunha zona chá ao pé das ladeiras costeiras da Serra da Groba, caracterizada pola súa irregularidade no trazado, ao aparecer de forma continuada e con pequenos entrantes e saíntes orixinados pola rede de fracturas que compoñen toda a comarca. Os procesos de mobilización das ladeiras (desprendementos) ou as riadas estacionais e a total exposición aos efectos do mar e dos ventos dominantes dificultan o aproveitamento agrícola do lugar, en comparación co interior da comarca ou coas zonas da ribeira do Miño, excepto nas de certo resgardo. 4. 3. 3. A Costa Rochosa A costa litoral nos concellos de Oia, O Rosal e A Guarda ten un carácter totalmente rochoso, sendo habitual os procesos de deposición ou mobilización de cantos mariños, polo que abundan as praias de cantos de gran tamaño. Ademais da forte acción mariña que sofre, xunto co seu carácter rochoso caracterizada por pequenos entrantes e saíntes, que pode resultar beneficioso para o establecemento de actividades que se aproveiten do mar, tales como, a localización de cetarias ou salinas. En canto á pesca, a forza coa que bate o mar dificulta a pesca directa con embarcacións, pero este activo efecto do mar facilita a actividade biolóxica na costa, aparecendo especies animais que habitan nas rochas da beira do mar e que poden ser recollidas para a alimentación dos habitantes das aldeas. 5. Paleolítico Á hora de realizar o estudo sobre os xacementos do Paleolítico no Baixo Miño, atopámonos cunha serie de problemas a ter en conta. En primeiro lugar, a maioría de xacementos están localizados a partir de achados puntuais como pode ser por 100

O poboamento na comarca do Baixo Miño e a súa evolución...

exemplo a aparición dun útil lítico. Polo tanto hai un dato sesgado que se debe tratar con precaución, xa que non podemos equiparar un achado illado a un xacemento arqueolóxico como tal. Por outra parte estes achados dificilmente se atopan in situ e o máis lóxico é pensar que se moveron do seu lugar orixinal, o que dificulta o estudo. Tamén é importante destacar o amplo período que abrangue o Paleolítico. Concretamente nesta zona hai vestixios que se sitúan dende o Paleolítico Inferior ata o Mesolítico (Cano Pan et al. 1997). Sen embargo neste traballo non se puido precisar a cronoloxía de cada xacemento debido á natureza dos datos. Cómpre sinalar a problemática propia do “Camposanquiense”, denominación que engloba industrias líticas sen unha clara atribución cronolóxica, ao carecer de datos claros estratigráficos e tipolóxicos (Vidal Encinas 1983), e que parece ter unha natureza polixenética (Cano Pan; Vázquez Varela 1987) polo que non entraremos aquí nesta cuestión. Identificamos un total de 84 sitios arqueolóxicos que se atopan inventariados na DXPC, dos cales 71 están localizados como achados e 13 como xacementos (fig. 3a). Dentro do Baixo Miño resulta canto menos curiosa a falta destes no actual municipio de O Rosal. Quizais sexa debido á escaseza de prospeccións sistemáticas. A nosa hipótese de partida baseábase na crenza de que nesta etapa da Prehistoria, o maior número de xacementos se atopaban próximos a recursos fluviais e á costa, como acontece noutras zonas (Conde; Baena Preysler 2004), xa que abundan os recursos necesarios para subsistir, tales como a probabilidade de abastecerse de materias primas e do mar, que proporciona recursos alimentarios. Sen embargo este patrón non parece tan habitual, e o maior número de xacementos non se concentra na Franxa Litoral, senón na Groba. Localizamos os xacementos en zonas altas e acumulados en lugares concretos, sen estar espallados polo territorio. Isto pode ser debido a prospeccións máis intensivas ou á preferencia por ditas zonas. Tendo en conta as unidades morfolóxicas que se mencionaron no apartado anterior, cómpre salientar que dos 84 xacementos, 45 atópanse na Groba (53,57%) concentrados en tres zonas fundamentais: no val da Groba, no actual concello de Tomiño e na ladeira sueste do Monte Aloia; 25 están na Franxa Litoral (29,76%) ao longo da costa e por último temos localizados 14 no Val do Miño (16,67%) cunha importante concentración na ladeira norte do monte de Santa Trega. Por tanto máis da maioría están situados na Groba, aínda que esta unidade morfolóxica é a máis ampla das tres. A maioría dos xacementos están localizados en ladeira, o que é comprensible tendo en conta a orografía do terreo. Trátase de 54, o que supón un 64% do total. A segunda situación xeográfica que máis se produce é a costeira, en concreto 22. Todos eles se atopan na Franxa Litoral. O resto repártense en dous tipos de localización distintos: en cunca e outros dous en rechán. Mentres que hai un en dorsal, outro en esporón, un terceiro en outeiro e un último en zona chá. As evidencias de Paleolítico atópanse a unha altitude media de 183,35 m.s.n.m. Con todo, é un dato que presenta unha grande variabilidade, ao depender da orografía de cada unha das unidades xeomorfolóxicas nas que se sitúan (vid.supra). Na Franxa Litoral a altitude media á que se encontran é duns 10 m.s.n.m.; na Groba están a uns 321,86 m.s.n.m. e no Val do Miño sobre 47,64 m.s.n.m. O xacemento que se atopa a maior altitude dos que temos localizados (Achado dos Covelos II) está na Groba a uns 610 m.s.n.m. Mentres que temos a menor altura un total de 11, ao nivel do mar, todos na Franxa Litoral. 101

Díaz Rodríguez, Rodríguez Nóvoa, Carballo Lomba, Carrero Pazos, Valle Abad, Vázquez Martínez

A maioría de lugares arqueolóxicos, exceptuando aqueles que están na costa, atópanse a menos de 2000 metros dos ríos e dos seus afluentes actuais. Sen embargo os primeiros encóntranse moi próximos ao mar e ao conseguinte abastecemento de recursos tales como materias primas ou alimentos mariños. Sen embargo, hai que sinalar que a explotación de recursos mariños non se evidencia ata momentos avanzados do Paleolítico medio e dunha maneira máis intensiva no Paleolítico superior e no Mesolítico (Álvarez Fernández 2005). Polo que estes xacementos que se encontran na costa poderían pertencer a eses períodos.

Figura 3. Á esquerda (a), mapa de distribución do Paleolítico. Á dereita (b), mapa de distribución do megalitismo (elaboración propia)

6. O Neolítico e o fenómeno tumular e megalítico O estudo do poboamento neolítico conta en Galicia cunha problemática particular, derivada dos escasos datos sobre asentamentos poboacionais cos que se conta na actualidade. Isto contrasta co maior coñecemento do fenómeno funerario asociado a estas comunidades como é o Megalitismo, conformado en Galicia na súa maioría por túmulos ou mámoas (Rodríguez Casal 1990). Debido a isto, no presente traballo optouse por estudar só o factor espacial asociado a dita práctica funeraria, tendo en conta a existencia dun neolítico premegalítico (Fábregas Valcarce; Vilaseco Vázquez 2013) xa que estamos ante xacementos que puideron ter unha larga vida útil, con fenómenos de reutilización frecuentes (Fábregas Valcarce; Vilaseco Vázquez 2006). Os datos obtidos do DXPC para os xacementos megalíticos confrontáronse cós do Grupo de Investigación “Arqueoloxía e ecoloxía do Fenómeno Megalítico Galego”, da Universidade de Santiago de Compostela, nos que se conta con información arqueolóxica de 44 xacementos megalíticos, o que contrasta considerablemente coa información do Catálogo oficial da Xunta de Galicia, no que se atopan 67 túmulos. Estes datos oficiais foron contrastados en campo, detectando erros e desaparicións (Sousa 2012; Carrero Pazos 2012). Polo tanto, no presente estudo traballarase sobre os 44 xacementos megalíticos. Todos os xacementos se atopan na Groba. E a maioría deles aparecen nas mesetas superiores, sobre todo concentrados no Monte Aloia, no Monte Tetón, no Val da Groba, na Serra da Groba e na Serra do Argalo. Tan só aparecen oito túmulos concentrados nos Vales Interiores. O actual concello de A Guarda é a única área actual 102

O poboamento na comarca do Baixo Miño e a súa evolución...

que non conta con ningún vestixio megalítico, aínda que si se coñecen referencias antigas (Filgueira Valverde; García Alén 1977: 126), malia que hoxe se atopan desaparecidas (Gómez Nistal; Rodríguez Casal 2000; Martinón-Torres 2001; 2006). O fenómeno megalítico de O Baixo Miño comparte as características xerais do Megalitismo galego (Rodríguez Casal 1990), pois a localización topográfica parece ser fundamental para os construtores dos megálitos (Carrero Pazos; Rodríguez Casal 2015). Así, se observamos a figura 3b, podemos salientar unha clara agrupación dos xacementos nas partes altas das serras descritas anteriormente. Sen embargo, cómpre sinalar que as zonas elixidas non son cumios ou picos, senón zonas chas ou de balcón que anteceden ás grandes altitudes. Neste sentido, a maior altitude rexistrada é de 579 m.s.n.m. (Mámoa 2 do Monte Aloia, Tui), e a menor, 245 m.s.n.m. (O Castro, Tui). A media das altitudes dos xacementos indica topografías medias, de 377 metros. Por outro lado, existe unha clara preferencia por zonas chas (48,83%) e de ladeira (34,8%). Finalmente, o entorno de situación menos frecuente son as cimas, pois só o 16,37% dos xacementos cumpre dito patrón. No tocante á orografía, seguimos a clasificación de Eguileta Franco (1999), destacando as situacións en collados (34,8%) e divisorias (37,20%) coma os máis repetidos. Pola contra, son menos frecuentes as mámoas emprazadas en collados de divisoria (20,94%), balcóns ou recháns (7,06%). A relación con fontes acuíferas (ríos, arroios ou mananciais, no seu caso) tamén parece ser patente, pois o 62,79% están situados a menos de 500 m. Cursos fluviais e o 23,25% a menos de 100 m, polo que a relación é inmediata. Sobre as características máis propias dos xacementos da área de estudo, é necesario dicir que manteñen unhas propiedades estruturais bastante similares entre si, algo exemplificado por exemplo nas medias dos tamaños. O diámetro norte-sur e leste-oeste de ditos xacementos manteñen proporcións semellantes, sendo 12,95 m. (NS) por 12,55 m. (E-W). O cal indica un patrón de xacemento de proporcións medias, que difire dos grandes volumes tumulares doutras zonas, como o caso do Megalitismo da Serra do Leboreiro (Sousa 2012; Vilas Estévez 2015). O exame da altura (H), un valor actual que está claramente afectado pola grande alteración sufrida pola maior parte destes xacementos, mostra valores baixos, inferiores ao metro (0.89 m. de media). Estamos polo tanto, ante xacementos cun grado de alteración alto, o que se corresponde co amosado polo cálculo medio das superficies (136 m3) ou os volumes (68,76 m2). 7. O Bronce do Baixo Miño a través da arte rupestre ao aire libre A diferenza doutras épocas, no estudo do poboamento da Idade do Bronce, os restos habitacionais coñecidos son extremadamente reducidos en número, debido, eventualmente, ó uso de materiais perecedoiros (Fábregas Valcarce; Ruiz-Gálvez Priego 1994). No Baixo Miño non son moitos os xacementos que se coñecen adscritos á Idade do Bronce. Destaca o xacemento de Portecelo (O Rosal) (Vázquez Varela; Cano Pan 1988), que tradicionalmente se relacionou coa arte rupestre, aínda que de momento os datos son escasos (Méndez Fernández 1994: 90). Como segundo recurso para o estudo do hábitat, centraremos a nosa atención nos gravados rupestres ao aire libre pola crenza de que estes responderían á propia distribución das comunidades humanas que os realizaban (Fábregas Valcarce et al. 1998). A partir dos datos inventariados no catálogo da DXPC cuxo baleirado realizamos no 2013 (Vázquez Martínez 2015), rexistramos un total de 278 petróglifos, tanto 103

Díaz Rodríguez, Rodríguez Nóvoa, Carballo Lomba, Carrero Pazos, Valle Abad, Vázquez Martínez

aqueles considerados de época prehistórica como histórica. No presente traballo, analizaremos soamente aqueles petróglifos considerados de época prehistórica, contando con 185 exemplares. Debemos precisar que a cronoloxía dos petróglifos é un tema que continúa en debate pola disparidade de opinións segundo os investigadores, pero semella existir certo consenso á hora de ubicar cronolóxicamente algúns deseños nesta época (Santos Estévez 1999). Éstes son: círculos (nas súas múltiples representacións), labirintos, espirais, zoomorfos, antropomorfos, armas e coviñas, non incluiremos, polo tanto, cruces, esvásticas, coviñas en solitario, entre outros. A distribución dos gravados rupestres ao aire libre no Baixo Miño, vese afectada pola falta de prospeccións intensivas, como xa se ten comprobado noutras zonas de Galicia (Fábregas Valcarce; Rodríguez Rellán 2012). En certa medida, isto provoca que contemos con grandes concentracións de petróglifos en determinados lugares. Con respecto ás unidades morfolóxicas, atopamos a maior concentración na Groba con 111 petróglifos (59,46%), seguido da Franxa Litoral con 62 (33,51%) e por último tan só contamos con 12 elementos no Val do Miño (6,49%). Se observamos a figura número 4a, a principal concentración dos gravados aséntase nas ladeiras da Serra da Groba. Tamén se atopa un certo número deles no Monte Tetón e encóntranse dispersos no Val da Groba. En canto a súa distribución altitudinal,existe unha clara preferencia pola zonas medias das serras (200-350 m.), sendo menor a súa presenza en cotas superiores e inferiores, como se ten sinalado para outras zonas de Galicia (Peña Santos; Rey García 1993). Así mesmo, entrando en detalle os motivos que conforman o panel adquiren menor complexidade a maior altura (Peña Santos; Rey García 2001), como acontece no caso do actual concello do Rosal, formado por dous círculos simples e sucos indeterminados, a 485 m.s.n.m. (Petróglifo Pedra Sobredoutra). Dende a posición topográfica das rocas situadas nas ladeiras das serras, principalmente a Serra da Groba, obtense un bo dominio visual das terras, así como dos principais recursos acuíferos, o río Miño e o Océano Atlántico. Sobre a proximidade ás fontes acuíferas, este foi un aspecto que se repetiu reiteradamente na historiografía, pero, dita proximidade explícase en función da distribución que terían os petróglifos sobre aquelas áreas de especial importancia económica (Bradley 1997). Neste sentido, a falta dun estudo máis pormenorizado como o realizado recentemente para Porto do Son (A Coruña) (Rodríguez Rellán; Fábregas Valcarce 2015), podemos observar que os gravados tenden a concentrarse nos lugares próximos de acumulación de auga, caso de regatos e brañas. Temos así, que o gravado máis próximo a unha fonte acuífera estaría a 50 metros fronte aos 2500 metros do máis afastado. 8. Asentamentos da Idade do Ferro Para a Idade do Ferro tivéronse en conta 35 xacementos, extraídos dos catálogos da DXPC de Santiago e de Pontevedra1. Todos os lugares arqueolóxicos desta cronoloxía que teremos en conta son, en canto á súa funcionalidade, asentamentos (fig. 4b). Sitúanse preferentemente en torno a dúas localizacións: na Franxa Litoral, con 10 castros (29,41%) e especialmente no pé das montañas, e nos bordes dos vales fluviais, tanto do Miño como de outros ríos secundarios da comarca. Concretamente no Val do Miño hai 16 (47,06%). Pola contra, quedan practicamente baleiras dúas zonas: os altiplanos ou zonas montañosas da Groba e os fondos de val. 1

Brais Currás (2014) apuntou na súa tese doutoral modificacións a este inventario. 104

O poboamento na comarca do Baixo Miño e a súa evolución...

Na unidade morfolóxica da Groba atópanse 9 castros (26,47%) As razóns que explican esta distribución asimétrica poden buscarse nas necesidades de apropiación de recursos e a concepción do espazo polas comunidades da Idade do Ferro (Parcero Oubiña 1995). Os altiplanos non son as zonas máis apropiadas para cultivar; en canto aos vales, pode que fosen zonas inundables, que, aínda que sexan terras fértiles, non dispoñan da tecnoloxía para cultivalas ou que, ao ser zonas de cultivo, non se asenten directamente sobre elas. En canto á situación, seguindo a clasificación definida por X. Carballo Arceo (1996), predominan os castros de tipo B: castros situados na ladeira dun monte, en pendentes suaves ou medias e con posibilidade de acceder, no seu entorno inmediato (a 800 metros) ou medio (a 2000 metros) (Parcero Oubiña 2000), a recursos, a cháns de uso extensivo e intensivo, así como a un río (ou á costa) e a vías de comunicación (Valle Abad et al. 2015).

Figura 4. Á esquerda (a), mapa de distribución da Idade do Bronce. Á dereita (b), mapa de distribución dos castros (elaboración propia)

As altitudes ás que constrúen os poboados varían segundo a área na que se localizan. Os castros situados nas montañas litorais presentan unha altitude media entorno aos 130 m., aínda que con altitudes máximas por enriba dos 300 m. (como Trega, con 340 m). Os castros localizados nos vales fluviais teñen en cambio altitudes moito menores, oscilando entre os 20 e os 50 m. Prefírense as ladeiras que dan ao este, máis protexidas das inclemencias do tempo, así como das de pendentes máis suaves. No estado actual das investigacións, non podemos distinguir variacións no patrón de situación para as distintas fases da Idade do Ferro, como se fixo para outras comarcas. Como indica Brais Currás Refojos na súa tese de doutoramento, faltan intervencións arqueolóxicas que proporcionen datacións radiocarbónicas e materiais2 que daten con seguridade os xacementos. Con todo, algúns dos castros con posibles ocupacións antigas segundo os seus materiais (A Cabeciña en Oia ou Trega en A Guarda) presentan unha situación tipo C (cerros rodeados de fortes pendentes). Outros, como Forca (A Guarda), datados no Ferro II, son do tipo B. Este patrón (situacións en altura no Ferro I e a media ladeira no Ferro II) é o indicado por Carballo Arceo (1996) e Manuela Martins (1990) nos seus respectivos estudos para a cultura castrexa en xeral. Algún traballo apuntou á existencia de diversas fases cronolóxicas para os castros da zona, a partir do estudo dos materiais (Rey Castiñeira. 1999) 2

105

Díaz Rodríguez, Rodríguez Nóvoa, Carballo Lomba, Carrero Pazos, Valle Abad, Vázquez Martínez

9. A romanización do Baixo Miño Na época romana, a análise realizouse a partir de 52 xacementos, catalogados polo DXPC3 como materiais illados, asentamentos, minas, necrópoles ou elementos viarios (fig. 4b). No seu reparto polo territorio, destaca a ampla concentración destes elementos no Val do Miño, abarcando máis da metade dos mesmos, un total de 34 (65,39%), observándose unha menor concentración nos vales e ladeiras interiores na Groba con 13 (25%) que se reducen na Figura 5. Mapa de distribución das evidencias romanas (elaFranxa Litoral con 5 xa- boración propia) cementos (9,62%). Neste apartado centraremos a nosa atención nos asentamentos e nos achados illados, xa que se trata de posibles indicativos de lugares habitacionais, relegando a un segundo plano ás necrópoles, minas e elementos viarios, debido á influenza doutros factores máis determinantes na súa localización. En xeral, os asentamentos sitúanse nas cuncas dos vales interiores da Groba e no Val do río Miño (un 86% do total), localizándose un pequeno grupo minoritario (o 14% restante) na Franxa Litoral. A elección destas localizacións parece estar condicionada pola explotación dos recursos do territorio (García García 1997) e polo posible paso dalgunhas vías de comunicación (fluviais, marítimas e terrestres) (Ferreira Priegue 1988) nas inmediacións. Respecto a súa localización, destaca a ocupación de zonas baixas, máis ben chairas, ao resgardo dos vales interiores na zona fluvial e na rasa e nos vales litorais da costa. Observamos a presenza dalgúns xacementos illados a media ladeira nas zonas montañosas do Val do Miño, cuxa localización a cotas maiores podería estar condicionada pola presenza de recursos mineiros, a distancias entorno aos 500 metros, un factor económico de gran importancia na zona durante a época romana (Currás Refojos et al. 2011). Trátase en xeral de asentamentos con fácil acceso a recursos hídricos, con traxectos raramente maiores a 800 metros (Valle Abad et al. 2015), localizados nunha contorna óptima para a explotación dos recursos do territorio (Sánchez Pardo 2008), por medio do cultivo, a gandería, as industrias marítimas ou a explotación mineira. Atendendo ademais á posible distribución de calzadas sobre o terreo (Ferreira Priegue 1988), pódese falar dunha zona privilexiada para o control do territorio e as vías de comunicación. Os asentamentos nestas zonas chairas, na parte baixa dos vales interiores e na zona litoral, sitúanse a unha altitude media entorno aos 40 m.s.n.m., aproveitando nalEsta información foi completada e corrixida cos traballos de Brais Currás Refojos (2014) e Helena Paula Carvalho (2008). 3

106

O poboamento na comarca do Baixo Miño e a súa evolución...

gunhas ocasións pequenas elevacións no terreo, alcanzando raramente os 80 m.s.n.m. de altitude máxima. Quedan fóra desta media os asentamentos localizados a media ladeira, cuxas altitudes oscilan entorno aos 120 e os 570 m.s.n.m., localizándose principalmente no concello de Tui, cunha clara disposición cara ao norte. Obsérvase ademais certa intención de orientar algúns de natureza fluvial cara aos ríos, principalmente cara ao Miño, e os litorais cara ao mar. Por outra banda, os materiais e asentamentos romanos na contorna dos castros, poderían indicar o aproveitamento de localizacións vantaxosas ou ser reflexo do intercambio de produtos entre as dúas sociedades (Pérez Losada et al. 2008). Por último, debemos incidir na diversidade de formas de poboamento que atopamos no Baixo Miño durante a época romana, e que veñen condicionadas polas necesidades da sociedade e pola súa localización no territorio (García García 1997). Desta forma podemos falar dun conglomerado secundario, a cidade de Tude (Pérez Losada 2002), que se situaría no Val do Miño, en relación directa co paso da vía XIX, procedente de Braga; as villae fluviais ou asentamentos produtivo-industriais, localizados nos vales interiores da Groba e no Val do Miño, destinados a explotación dos recursos do territorio; e as villae costeiras, localizadas na Franxa Litoral, cuxa función radicaba na explotación dos recursos mariños (Pérez Losada et al. 2008). En resumo, a romanización do Baixo Miño implica un cambio na localización dos asentamentos habitacionais, principalmente a zonas máis baixas e chairas, óptimas para a explotación do territorio, xa sexa mediante o cultivo e a gandería, mediante industrias de carácter marítimo ou a partir da minería. Por outra parte, a localización en zonas de val permite, mediante o control das vías de comunicación, vixiar o tránsito e o paso de produtos. 10. Conclusións A concepción espacial foi determinante na localización dos xacementos das distintas poboacións humanas dende o Paleolítico á Época Romana (fig. 6). Non podemos establecer unha comparación directa dado que os xacementos analizados das distintas épocas non presentan a mesma funcionalidade. Con todo, é posible recoñecer patróns diferenciais de ocupación do espazo nas diversas épocas estudadas en canto á distribución dos restos que chegaron ata os nosos días. As modificacións nas características culturais, tecnolóxicas e medioambientais propias de cada período inflúen nos patróns de ocupación do espazo. A proximidade ás vías de comunicación e lugares de obtención de recursos (ríos, minas, solos cultivables) parece ser un factor común en varias das épocas estudadas. Por outra banda, é importante sinalar que existen zonas de baleiro unido á falta de asentamentos claros para algunhas cronoloxías, especialmente no Paleolítico, no Megalitismo e na Idade do Bronce. Supón unha liFigura 6. Mapa de distribución da totalidade de xamitación no estudo e imposibilita a cementos (elaboración propia) 107

Díaz Rodríguez, Rodríguez Nóvoa, Carballo Lomba, Carrero Pazos, Valle Abad, Vázquez Martínez

comparación. Os baleiros no rexistro arqueolóxico poderían explicarse pola carencia de prospeccións intensivas no marco de proxectos de investigación, que poderían axudar no rexistro de asentamentos para as épocas que carecen deles. Por último, algunhas das unidades morfolóxicas aparecen menos representadas que outras en determinados períodos, como se mostra no gráfico 1.

Gráfico 1. Distribución dos xacementos por período e unidade morfolóxica (elaboración propia).

11. Agradecementos Agradecemos a Xulio Carballo, Pepa Rey e Ramón Fábregas as súas achegas e correccións neste traballo. Bibliografía

ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, E. (2005): “La explotación de los moluscos marinos durante el Paleolítico superior y el Mesolítico en la Región Cantábrica y en el Valle del Ebro: pasado y presente de la investigación”, Munibe 57, 359-368. BRADLEY, R. (1997): Rock art and the Prehistory of Atlantic Europe. Routledge, Londres. CANO PAN, J.A.; VÁZQUEZ VARELA, J. M. (1997): “Nuevos datos y perspectivas sobre las industrias líticas de la costa S.O. de Galicia”, Castrelos 0, 33-59. CANO PAN, J.A.; AGUIRRE, E.; GILES PACHECO, F.; SANTIAGO PÉREZ, A.; GUTIÉRREZ LÓPEZ, J.M.; MATA ALMONTE, E.; GRACIA PRIETO, J.; AGUILERA RODRÍGUEZ, J.; PRIETO REINA, O. (1997a): “Evolución del Pleistoceno en la cuenca baja del Miño, sector la Guardia-Tuy. Secuencia de los primeros poblamientos humanos y registro arqueológico”, en RODRÍGUEZ VIDAL, J. (ed.): Cuaternario Ibérico, AEQUA, Huelva, 201212. CANO PAN, J.A.; FUMANAL, M.P.; FERRER, C.; USERA, J.; BLÁZQUEZ, A.M.; OLMO, J. (1997b): “Evolución de la costa meridional de Galicia durante el Cuaternario Superior”, en RODRÍGUEZ VIDAL, J. (ed.): Cuaternario Ibérico, AEQUA, Huelva, 33-46. CARBALLO ARCEO, X. (1996): “Os castros galegos: espacio e arquitectura”, Gallaecia 5, 65-75. CARRERO PAZOS, M. (2012): El fenómeno tumular y megalítico en el noroeste: sur de Galicia y Norte de Portugal. Una nueva aportación desde los análisis estadísticos, Trabajo de Fin de Máster. Máster de Arqueología y Territorio, Universidad de Granada, Granada. CARRERO PAZOS, M.; RODRÍGUEZ CASAL, A. A. (2015): “Definiendo patrones de emplazamiento del Megalitismo gallego: la necrópolis del Monte de Santa Mariña como modelo”, Sémata, Ciencias Sociais e Humanidades 27, 299-321.

108

O poboamento na comarca do Baixo Miño e a súa evolución...

CARVALHO, H. P. (2008): O povoamento romano na fachada ocidental do Conventus Bracarensis vol I e II, Universidade do Minho. CONDE, C.; BAENA PREYSLER, J. (2004): “Sig y paleohidrología: reconstrucción del modelo hidrológico en el yacimiento paleolítico del Camino de Salmedina”, Cuadernos de Prehistoria y Arqueología 9, 9-25. CRIADO BOADO, F.; BONILLA RODRÍGUEZ, A.; CERQUEIRO LANDÍN, D.; DÍAZ VÁZQUEZ, M.; GONZÁLEZ MÉNDEZ, M.; MÉNDEZ FERNÁNDEZ, F.; PENEDO ROMERO, R.; RODRÍGUEZ PUENTES, E.; VAQUERO LASTRES, J. (1991): Arqueología del paisaje. El área del Bocelo-Furelos entre los tiempos Paleolíticos y Medievales. (Campañas de 1987, 1988 y 1989), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela. CRIADO BOADO, F.; CABREJAS DOMÍNGUEZ, E. (coords.) (2005): “Obras Públicas e Patrimonio: Estudo Arqueolóxico do Corredor do Morrazo”, TAPA 35, Santiago de Compostela. CURRÁS REFOJOS, B. (2014): Transformaciones sociales y terrritoriales en el Baixo Miño entre la Edad del hierro y la integración en el Imperio Romano, Santiago de Compostela, Inédito. CURRÁS REFOJOS, B.; LÓPEZ GONZÁLEZ, L. F. (2011): “Minería romana y poblamiento en la cuenca del Baixo Miño (Noroeste peninsular)” en BRAZ MARTINS, C. M.; BETTENCOURT, A.; MARTINS, J. I.; CARVALHO, J. (coord.): Povoamento e exploração dos recursos mineiros na Europa atlántica ocidental, CITCEM, Braga. EGUILETA FRANCO, J. M. (1999): A Baixa Limia galega na Prehistoria Recente. Arqueoloxía dunha paisaxe na Galicia Interior, Excma. Deputación Provincial de Ourense, Ourense. FÁBREGAS VALCARCE, R.; RUIZ-GÁLVEZ PRIEGO, M. (1994): “Ámbitos funerarios y doméstico en la Prehistoria del NO. de la Península Ibérica”, Zephyrus, 46, 143160. FÁBREGAS VALCARCE, R.; CARBALLO ARCEO, X.; VILLOCH VÁZQUEZ, V. (1998): Petroglifos y asentamientos: el caso de Monte Penide (Redondela, Pontevedra). Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología T. LXIV, Universidad de Valladolid, 91-116. FÁBREGAS VALCARCE, R.; VILASECO VÁZQUEZ, I. (2006): “En torno al Megalitismo gallego”, en CARRERA RAMÍREZ, F.; FÁBREGAS VALCARCE, R.: Arte parietal megalítico en el noroeste peninsular: conocimiento y conservación, Tórculo edicións, Santiago de Compostela. FÁBREGAS VALCARCE, R.; VILASECO VÁZQUEZ, I. (2013): “From west to the west: the many lives of the Galician mounds”, en O’SULLIVAN, M.; SCARRE, C.; DOYLE, M.: Tara- from the past to the future. Towards a new research agenda, Wordwell, Dublin, 502514. FÁBREGAS VALCARCE, R.; RODRÍGUEZ RELLÁN, C. (2012): “A Arte rupestre do Norte da Península do Barbanza”, en FÁBREGAS VALCARCE, R.; RODRÍGUEZ RELLÁN, C.: A Arte Rupestre no Norte do Barbanza, Andavira, Santiago de Compostela, 61-82. FERREIRA PRIEGE, E. (1988): “Los caminos medievales de Galicia”, Boletín Auriense Anexo 9. FILGUEIRA VALVERDE, J.; GARCÍA ALÉN, A. (1977): “Inventario de monumentos megalíticos de la provincia de Pontevedra”, Museo de Pontevedra 31, 43-130. GARCÍA, M. L. (1997): “El poblamiento en época romana en Navarra: sistemas de distribución y modelos de asentamientos”, BIBLID 8, 75-110. GARCÍA SANJUÁN, L.: - (2008a): “Muerte, tiempo, memoria, los megalitos como memoriales culturales”, Ph: Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico 16 (67), 34-45. - (2008b): “Patrimonio del tiempo”, Ph: Boletín del Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico 16 (67), 4-11. GÓMEZ NISTAL, C.; RODRÍGUEZ CASAL, A. A. (2000): “El fenómeno tumular y megalítico en la Galicia suroccidental: aspectos historiográficos y estado actual de la investiga-

109

Díaz Rodríguez, Rodríguez Nóvoa, Carballo Lomba, Carrero Pazos, Valle Abad, Vázquez Martínez

ción”, en JORGE, V. M. O. (ed.): Congresso de Arqueologia Peninsular (3º. 2000, Vila Real) Neolitizaçao e Megalitismo na Peninsula Iberica, ADECAP, Porto, 321-336. MARTINÓN TORRES, M.: - (2001): Os monumentos megalíticos despois do Megalitismo: Arqueoloxía e Historia dos megalitos galegos a través das fontes escritas, s. VI. XIX, Concello de Valga, Valga. - (2006): “On the life-histories of megaliths in Northwest Iberia”, en RODRÍGUEZ CASAL, A. A. (coord.): The Atlantic Megaliths / Le Megalithiste atlantique. Acts of the XIVth UISPP Congress, BAR International Series 1521, Oxford, 43-51. MARTINS, M. (1990): O povoamento proto-histórico e a romanizaçao da bacia do curso médio do Cávado. Unidade de Arqueologia da Universidade do Minho, Braga. MÉNDEZ FERNÁNDEZ, F. (1994): “La domesticación del paisaje durante la Edad del Bronce Gallego”. Trabajos de prehistoria 51 (1), 77-94. PARCERO OUBIÑA, C.: -(1995): “Elementos para el estudio de los paisajes castreños del noroeste peninsular”, Trabajos de prehistoria 52 (1), 127-144. - (2000): “Tres para dos: las formas de poblamiento en la Edad del Hierro de Noroeste Ibérico”, Trabajos de Prehistoria 57 (1), 75-95. PEÑA SANTOS, A. de la; REY GARCÍA, J. M.: - (1993): «El espacio de la representación. El arte rupestre galaico desde una perspectiva territorial», Pontevedra. Revista de Estudios provinciais 10, Vigo. - (2001): Petroglifos de Galicia, Vía Láctea, A Coruña. PÉREZ ALBERTI, A.: - (1986): “El relieve”, en TORRES LUNA, P. (dir.): Geografía de Galicia. Tomo I: el medio Físico, Santiago de Compostela, 9-192. - (2001): “Análisis geomorfológico y evolución paleoclimática de Galicia durante el Terciario y el Cuaternario”, Sémata 13, 11-66. PÉREZ ALBERTI, A.; MARTÍNEZ CORTIZAS, A. (coords.) (1999): Atlas Climático de Galicia, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia. PÉREZ LOSADA, F. (2002): “Entre a cidade e a aldea: estudio arqueohistórico dos “aglomerados secuendiarios” romanos en Galicia”, Brigantium 13. PÉREZ LOSADA, F.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, A.; VIEITO COVELA, S. (2008): “Toralla y las villas marítimas de la Gallaecia atlántica. Emplazamiento, arqueitectura y función” en Las “villae” tardorromanas en el Occidente del Imperio: Arquitectura y función. IV Coloquio Internacional de arqueología de Gijón, 481-506. REY CASTIÑEIRA, J. (1999): “Secuencia cronológica para el castreño meridional galaico: los castros de Torroso, Forca y Trega”, Gallaecia 18, 157-178. RODRÍGUEZ CASAL, A. A. (1990): “O Megalitismo. A primeira arquitectura monumental de Galicia”, Biblioteca de Divulgación 4, Santiago de Compostela. RODRÍGUEZ RELLÁN, C.; FÁBREGAS VALCARCE, R. (2015): “Arte rupestre galaica: unha achega dende a estatística espacial e os SIX”, Sémata 27, 323-348. SÁNCHEZ PARDO, J.C. (2008): Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media, Universidad de Santiago de Compostela, Tesis doctoral. SANTOS ESTÉVEZ, M. (1999): “A Arte Rupestre e a construcción dos territorios na Idade do Bronce en Galicia”, Gallaecia 18, 113-118. SOUSA, G. (2013): O fenómeno megalítico na regiao galaico-portuguesa do Minho, Tese de Doutoramento, Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Historia I, Santiago de Compostela. VALLE ABAD, P.; DÍAZ RODRÍGUEZ, M.; RODRÍGUEZ NÓVOA, A.A.; VÁZQUEZ MARTÍNEZ, A.; CARBALLO LOMBA, A.; CARRERO PAZOS, M. (2015): “Estudio del poblamiento histórico de la cuenca baja del río Miño”, Congreso Internacional del Agua - Termalismo y Calidad de Vida, Ourense. VÁZQUEZ MARTÍNEZ, A. (2015): “Los petroglifos galaicos: una revisión sobre la distribución espacial”, en COLLADO GIRALDO, H.; GARCÍA ARRANZ, J. J. (eds.): AR-

110

O poboamento na comarca do Baixo Miño e a súa evolución...

KEOS 37. Symbols in the Landscape: Rock Art and its Context (IFRAO). Proceedings of the XIX International IFRAO Conference 2015, (Cáceres 31 Ago-4 sept. 2015), Tomar, 841–846. VÁZQUEZ VARELA, J. M.; CANO PAN, J.A. (1988): “Una perspectiva de la Edad del Bronce”, Trabajos de Prehistoria 45, 281-287. VIDAL ENCINAS, J. M. (1983): “El Camposanquiense, datos para una revisión crítica”, en: Seminario de Arqueología del Noroeste (2º. 1980. Santiago de Compostela). Actas del II Seminario de Arqueología del noroeste, Santiago de Compostela: Ministerio de Cultura, Dirección General de Bellas Artes y Archivos, Subdirección General de Arqueología y Etnografía, 39-57 VILAS ESTÉVEZ, B. (2015): Estudio de las orientaciones y emplazamientos de los túmulos de la necrópolis de La Serra do Leboreiro en base a la Arqueología del Paisaje y la Arqueoastronomía, Trabajo de Fin de Máster. Máster de Arqueología y Ciencias de la Antigüedad, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.

111

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.