O SEXO É POLÍTICA (OU PORQUE A MULLER NON LLE GUSTA A PORNOGRAFIA

June 13, 2017 | Autor: M. Expósito García | Categoria: Ethics
Share Embed


Descrição do Produto

O SEXO É POLÍTICA (OU PORQUE A MULLER NON LLE GUSTA A PORNOGRAFIA) Mercedes EXPÓSITO GARCÍA. Octubre 2008 Ven de ser traducida o galego a obra O Segundo Sexo de S. de Beauvoir. Un pequeno apartado ofrécenos unha primeira analise crítica do modelo de sexualidade de D.H. Lawrence. Posteriormente, Kate Millet, en “Política Sexual” desmitifica a este autor e, xa nos nosos días, J.M. Coetze sae na súa defensa. As duas autoras comparten a idea de que Lawrence propón un modelo de sexualidade masculina na que a muller aparece obxetualizada, carnalizada e subordinada o placer sexual do home. A obra de Lawrence O amante de Lady Chatterley é considerada por Coetze precursora da “liberación pública de forza sexual contida que marcou o comenzo da nova e luminosa década de 1960”. A sexualidade como opresión, a sexualidade como liberación. ¿Qué pensar de lecturas tan diverxentes?. A nosa resposta levanos a ter en conta o sexo-género do suxeito que fala. O suxeito non é neutro nin neutral. Conformado por dispositivos de socialización “xenerizados”, acaba convertido en muller ou home. Inda que sería necesario matizar o significado das expresións, podemos dicir que, en xeral, para as mulleres a sexualidade implica sumisión, subordinación, e para os homes liberación, poder. Enfrontadas a este feito, hai mulleres que experimentan a urxencia de desenmascarar os mecanismos de dominación dos homes. Unha estratexia é propugnar unha sexualidade que non se reduza o falo e o coito vaxinal e, por ejemplo, reivindicar a potencialidade erótica do clítoris. Sen embargo, esto deu pé a idea que os homes non son imprenscindibles para o disfrute erótico das mulleres. E noutro nivel simbólico, que as mulleres queren acabar co omnipresente poder falocéntrico dos homes. As reaccións non se fan esperar. Ocorre o mesmo que na dialéctica hegeliana: o amo deixa de selo cando o escravo toma conciencia de que o amo non lle resulta imprescindible. Pero neste momento de toma de conciencia, o amo tenta afirmarse como amo dun xeito mais violento que nunca. A loita entre as conciencias do amo e do escravo está servida. No título deste escrito, “A muller non lle gusta a pornografía”, empregase o xenérico Muller porque todolos datos apuntan a que a pornografía engrosa a lista de productos de consumo do mercado capitalista que levan selo masculino. O Home gústalle a pornografía e a Muller non lle gusta. Outra cousa é que na realidade atopemos algunhas mulleres as que sí lles gusta e alguns homes os que non lles gusta. Da a impresión de que alguns homes, o millor por estaren socializados nunha cultura que hiperrepresenta o masculino e o poder, teñen dificultades para ler correctamente mesaxes críticos ca pornografía coma os de Catherine MacKinnon. Coetze repróchalle a MacKinnon moitas cousas, entre elas que non analice o desexo masculino. Non é así. Segundo ela, é un desexo autista no sentido de que non ten en conta o desexo do outro (neste caso, outra, muller). Na pornografía, a sexualidade femenina está ausente, erotízase o poder e a violencia dos homes, a subordinación sexual. Coetze pode ser outro exemplo mais de que cando os avances do feminismo teñen eco na sociedade, provocan unha toma de posición caracterizada por actitudes inmobilistas que reafirman a xerarquía sexista da sociedade patriarcal. En Hacía una teoría feminista del Estado, MacKinnon comparte co feminismo a idea de que é necesario incorporar a óptica das mulleres na mirada do mundo, o sexual incluído. Renomear as cousas dende a posición das mulleres aporta outro modo de mirar, outro xeito de representar-se o mundo. Que nas imaxes opera un mecanismo

ideolóxico e innegable. ¿Cal é o que opera nas imaxes pornograficas? A resposta das tres autoras as que nos estamos a referir sería: unha ideoloxía patriarcal. D. H. Lawrence reproduce un modelo de sexualidade decimonónico que a Coetze lle parece novedoso pero que cincoenta anos antes lle pareceu a Beauvoir un dos mitos sexuais cos que os homes tentaron de definir as mulleres. Na sua obra O Segundo Sexo afirma que o sexo designa as mulleres, a carne e os seus perigos. A verdade contraria: que para a muller sexa o home sexual e carnal, é unha verdade nunca xamais declarada. Ninguen a declarou porque a representación do mundo é operada por homes que o describen dende o seu masculino punto de vista. OBRAS REFERENCIADAS: S. de Beauvoir O SEGUNDO SEXO Kate Millet POLÍTICA SEXUAL Catherine MacKinnon HACIA UNA TEORÍA FEMINISTA DEL ESTADO J.M. Coetze CONTRA LA CENSURA

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.