Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

July 22, 2017 | Autor: F. Conde Soto | Categoria: Jacques Lacan, Psicanálise, Sexualidad, Los Jóvenes Y La Sexualidad
Share Embed


Descrição do Produto

Presidente: Gonzalo Martínez Sande Vicepresidenta: Angela Juana Torres Iglesias Secretaría xeral: Irene Martínez Montero Vicesecretaría xeral: Belén Martínez Alonso Tesoureiro: Jorge García Fernández Directora de Publicacións: Chús Gómez Rodríguez Vocais Mª José Rivas Seoane Monserrat Neira Rodríguez Mª José Recimil López María Jesús Vázquez Carreira Comité de Publicacións: Directora: Chus Gómez Rodríguez Vocais Santiago Lamas Crego Ramón Area Carracedo Alcira Cibeira Vázquez David Simón Lorda Fidel Vidal Pérez Ruben Touriño Cantón Francisco Moreno Tovar

SISO/SAÚDE, Nº 54-55 - Invierno 2014

Boletín da Asociación Galega de Saúde Mental

Comisión de control e garantías Coordinador: Tiburcio Angosto Saura Jose M Garcia de la Villa Merchán Mª Dolores Domínguez Adolfo Bobadilla Pardo Soledad López Ares. Sección Psicoanálisis Aplicado Coordinador: J.R. Eiras Sección Infanto-Xuvenil Coordinador: J. Mazaira

Imagen de portada «Amsterdam» Chús Gómez Diseño y maquetación Montse P. Miró. A Coruña Imprime Feito, S.L. Severino Cobas, 67. 36214 Vigo E-mail: [email protected] SISO/SAÚDE: V.G. 10984 ISSN: 1130-1538

Sección de Rehabilitación Coordinador: E. Paz Silva Comisión de Docencia e Investigación Coordinadora: Alexandre García Caballero Vocais Raimundo Mateos Miguel Anxo García Álvarez Javier Sardiña Agra Jesús Alberdi Sudupe Comisión de Asistencia e Lexislación Coordinador: Mª Xesús García Álvarez Vocais Marisol Filgueira Bouza Mª José Ramil Fraga Fernanda Sobrín Sueiras

Sumario Editorial 9

Asociacionismo Ramón Area

La Otra Psiquiatría La maldad 13

La maldad. Presentación de las XI Jornadas de la Otra psiquiatría José María Álvarez

21 Aimée Esmeralda Vegazo Sánchez, Isabel Reyes de Uribe-Zorita Althusser, de la tristeza melancólica a la hostilidad homicida Cristina Brophy Palma, Cristina Catalina Fernández

29

Figuras del mal en la clínica: «El caso de las hermanas Papin» Sergio González Miguélez, Esther Mancha Heredero

37

43 Garayo «El Sacamantecas» Antonio Rivera Hernández, Beatriz Carrasco Palomares 51

Pierre Riviere, razón y locura José Luis Quintana Velasco, Rafael Roberto Rodríguez Calzada

Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

3

57 Figuras del mal en la clínica: Caso Wagner Yanira D´Hiver Cantalejo, Sheila Tamayo Villahoz 63

Crimen, responsabilidad, castigo. Decisiones judiciales y salud mental Luis Seguí

75 El mal como construcción: Esperando a los bárbaros de Coetzee David Pujante 89

Lo real, el mal, la forma, su representación y un loco (o del por qué silbamos en la oscuridad) Jorge de los Santos «El perfume historia de un asesino» Patrick Süskind Chus Gómez

117

Originales y Revisiones

4

139

Diagnósticos y tratamientos. ¿Matrimonio de conveniencia? Marisol Filgueira Bouza

175

El cuerpo obsesivo en el paradigma psicoanalítico José Ángel Rodríguez Ribas

185

Autoridad Luciano González Anido

199

Desarrollo tardío del lenguaje Ramón Area Carracedo

Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

229

Polidipsia psicógena: Una revisión, un libro Santiago Agra Romero

273

Propuesta para la creación de un grupo multifamiliar en las consultas externas de psiquiatría Elena Gato Gómez

295

Un PAI sen Pai. Unha análise de teorías novas e vellas pouco citadas entre si Xacobe Abel Fernández-García

307

El asesinato de la psiquiatría comunitaria Francisco Pereña

343

¿Los sanitarios estamos en crisis? Cambios subjetivos en la sociedad contemporánea Anton Casais, Nuria Recondo

A propósito de... 359

Las queridas brujas del médico Beatriz Rodríguez Paz, Eva Álvarez Martínez

369

Sobre el relato literario de los pacientes. Un caso Carlos Rey

377

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno Francisco Conde

391 Cartas Santiago Lamas

Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

5

395

¿Quien era Jean-Martin Charcot (1825-1893)? Jean Garrabé

409

A Tola (La loca) (1975): una storie de censura franquista y de cine de Galicia David Simón Lorda

415

La romería de O Corpiño-Pontevedra (De Jacinto Esteva a V Televisión pasando por Toén) David Simón Lorda

425

Yo Beatriz Rodríguez Paz, Eva Álvarez Martínez

Casos clínicos 439

Esos celos… análisis de un caso clínico Isabel Reyes de Uribe-Zorita

465

La anestesia del deseo Esmeralda Vegazo Sanchez

485

Psicosis normalizadas. A propósito de un caso Nuria Recondo, Anton Casais

Os eventos consuetudinarios que acontecen na rúa

6

501

Movemento galego da saúde mental

503

Pola protección da saúde mental e contra o deterioro da súa asistencia pública

Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

509

Alternativas do Hospital psiquiátrico Ramón Ramos Ríos

521

Lugares, non lugares e hiperlugares Ramón Area

533

Proposta do MGSM ao Parlamento de Galicia

537

El Correo Gallego: «Máis de 280 profesionais promoven o Movemento Galego de Saúde Mental»

541

Declaración de atocha. En defensa de la atención pública a la salud mental

557

Carta al Presidente del Congreso

In Memoriam 561

Ben querido José Manuel Antón Seoane Montenegro, Antonio Diaz Piñeiro

565

Faro de Vigo: In Memoriam José Manuel García de la Villa Tiburcio Angosto Saura

569

Noticias sobre Dr. José Manuel García de la Villa (Vigo) David Simón Lorda

Libros 575

Estudios sobre las psicosis Chús Gómez

Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

7

8

579

Hacia una psiquiatría crítica: excesos y alternativas en salud mental Chús Gómez

585

The Storytelling Animal Santiago Lamas

599

El retorno del péndulo. Sobre psicoanálisis y el futuro del mundo líquido Chús Gómez

607

Sobre la responsabilidad criminal. Psicoanálisis y criminología Chús Gómez

615

Sobre la locura Chús Gómez

621

Normas de publicación

Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno1 Francisco Conde

No documental francés L’Empire des sans2 emitido por documentos TV o 22 de febreiro do 2012 fálase dunha nova xeración de xaponeses entre os 20 e os 30 anos de idade que consideran a relación de parella como algo innecesario. «Hervíboros» é a denominación que acuñou a escritora xaponesa Maki Fukasawa nun artigo nun diario xaponés do 2006 para referirse a un grupo de varóns caracterizados por unha notábel falta de competitividade no traballo, un claro interese pola moda, a importancia destacábel que lle dan ao coidado da súa liña, o feito de estar moi apegados ás súas nais e sobre todo unha máis que evidente falta de interese polas relacións sexuais. Son «herbívoros», por así dicir, porque non lles importan en absoluto os asuntos carnais. A Asociación Xaponesa de Planificación Familiar cifra –segundo o periódico inglés The Guardian– nun 45% a porcentaxe de

1 Unha versión abreviada deste texto foi presentada na XVIII Xornada do Seminario do Campo freudiano en Galicia, La crisis... del discurso actual celebrada os días 4 e 5 de abril en A Coruña. 2 L’Empire des sans (2011), documental de Pierre Caule en Dailymotion. Amanda goya lembra como o título é un equívoco con L’empire des sens (O imperio dos sentidos) xogando coa preposición francesa sans: sen.

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

377

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

mulleres entre 16 e 24 anos que non están interesadas en ter relacións sexuais e nun 25% a porcentaxe de homes»3. Mais para atopar casos desta apatía sexual non é necesario ir tan lonxe como ao Xapón. Anthony Bogaert, un profesor de psicoloxía canadiense, afirma que o 1% dos británicos son asexuais. Estudando a resposta dunha mostra de 18.000 persoas ante a pregunta Sentiuse vostede atraído sexualmente por... uns 200 (138 mulleres e 57 homes) responderon que Nunca me sentín sexualmente atraído/a por ninguén4. O psicanalista francés Jacques Lacan di que non hai relación ou proporción sexual entre os seres humanos, porque no ámbito do humano, ao contrario que no ámbito do animal, non é posíbel a unión perfecta, sen resto, senón que hai algo que se perde sempre na unión entre dous suxeitos5. A frase lacaniá tamén apunta ao feito de que os goces en xogo son sempre disxuntos, porque en definitiva cada suxeito goza do seu corpo e non do corpo do outro. O goce é sempre goce sentido no corpo propio, mesmo se pensamos estar gozando do corpo do outro. En todo caso, non fai falla ser lacanián para advertir que calquera relación entre dúas persoas resulta complicada e que chegados ao ámbito do sexual esta complicación se manifesta máis claramente. Pero os herbívoros non se queixan da falta de proporción sexual, non desbotan as relacións sexuais porque sexa imposíbel acadar un máximo de pracer ou se sintan frustrados con respecto a un ideal sexual. As súas opinións son outras. 3 HAWORTH, A., Why have young people in Japan stopped having sex? (The Guardian, 20/10/2013), en http://www.theguardian.com/world/2013/oct/20/youngpeople-japan-stopped-having-sex. 4 BOGAERT, AF., Asexuality: Prevalence and Associated Factors in a National Probability Sample in The Journal of Sexual Research, Vol. 41, No. 3 (Aug., 2004), pp. 279-287. En Internet: http://www.jstor.org/stable/4423785. 5 Por exemplo: Entón, seguramente, este é o momento de lembrarlles que iso que lles dixen –non hai relación sexual– se hai un punto onde se afirma tranquilamente: é na análise onde iso ocorre (LACAN, J., Le séminaire livre XVI. D’un Autre à l’autre, Seuil, 2006, p. 226. 12 de marzo de 1969).

378

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

Semella que de entrada cabe distinguir aló menos dous grupos grandes: - Un primeiro grupo formado polos hervíboros ou asexuais que chamaremos soft ou de liña branda: neste grupo estarían aqueles suxeitos que confesan interesarse nas cousas do sexo pero que non están dispostos a ter que pasar pola relación co outro para conseguir satisfacción. Estes suxeitos, na súa meirande parte de sexo masculino e, polo tanto, máis ou menos fetichistas, poden recorrer como substitutivo do sexo á prostitución ou á masturbación –goce idiota, que dicía Lacan6–, para conseguir algo de satisfacción. En tódolos casos trátase da relación cun outro domesticado, domado, é dicir, de evitar enfrontarse ao outro ou asumir o risco do encontro cun outro imprevisíbel, cun outro que pode saírse do cálculo preestablecido e decepcionar os propósitos iniciais ou demandar algo que sorprenda. - Nun segundo grupo estarían os herbívoros ou asexuais hard ou de liña dura. Neste grupo se incluirían os suxeitos que afirman claramente non estar interesados en nada que teña que ver coas cuestións sexuais, tanto na súa variante compartida-dual como na súa variante individualista –masturbatoria–. En contraste ao fetichismo dos herbívoros de liña branda, na maioría dos casos os asexuais de liña dura soen ser mulleres, probablemente por unha certa maior disposición feminina a aceptar a privación7. E sobre este último

6 designámolo con este falo tal que eu o preciso de ser o significante que non ten significado, aquel que se soporta no home do goce fálico. Que é? –se non, isto, que a importancia da masturbación na nosa práctica suliña de abondo, o goce do idiota (LACAN, J., Le Séminaire livre XX, Encore, Seuil, 1975, p. 75). 7 Agradecemos este e outros apuntes que o psicanalista Manuel Fernández Blanco fixo ao final da lectura desta comunicación.

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

379

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

grupo sobre o que se centra este texto: por así dicir, os suxeitos verdadeiramente herbívoros. No ano 2001 un californiano de 30 anos, David Jay formou o grupo AVEN (Asexuality Visibility and Education Network), que hoxe en día conta cuns 60.000 membros. O equivalente latino desta páxina é a comunidade virtual «Red para la Visibilidad y la Educación de la Asexualidad» (REVA), que conta con participantes de case tódolos países latinos. Está dirixida por unha moza colombiana de 30 anos, estudante de arte e xestora cultural en Bogotá, Johanna Villamil. De entrada cabería pensar na ganancia subxectiva que provocan os efectos de grupo a nivel imaxinario, un fenómeno que acompaña a practicamente calquera «masa». Trátase do goce que provoca poder englobarse baixo a etiqueta «asexual» para así facer grupo. Johanna narra como mentres estudaba Arte na universidade, tras ler unha autobiografía de Andy Warhol (Mi filosofía de A a B y de B a A) deuse conta de que non estaba soa e de que había outra xente que sentía e pensaba como ela. Así a lista de persoeiros públicos que reivindican os asexuais van dende o deseñador de modas Karl Lagerfeld, pasando polo autor de Peter Pan ata o escritor Jorge Luis Borges, Emily Brontë, o filósofo Immanuel Kant ou Isaac Newton. Esta mesma vontade de facer grupo maniféstase nas ganas de reunirse e facer encontros, cuxas convocatorias son nalgúns casos realmente simpáticas8. Os individuos reforzan a súa identi-

8 O 4 de decembro do 2012: Asexuales de Perú, ¿están interesados en una reunión de asexuales? Contesten aquí! O 22 de setembro do 2013: Buscamos personas en Bogotá!!! Primera reunión de asexuales en Bogotá del 2013!!! Proximo Domingo 29 de Septiembre a las 3pm, cerca de la estación de trasmi Banderas! ¡¡Ven a conocernos!! O 9 de novembro do 2013: Se buscan personas de España, para celebrar una quedada asexual en Granada, el/la que quiera apuntarse, que publique este comentario. Aun no hay fecha para el evento por falta de personas. Gracias.

380

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

dade constituíndose en grupo. Unha mostra de que os asexuais aspiran a construírse unha identidade propia máis alá das xa establecidas ofrécea o feito de que o colectivo de asexuais de Bos Aires decidiu tomar parte na marcha polo orgullo gay do ano 2011. A situación foi curiosa posto que acabaron desfilando xunto a un colectivo que fixo moi precisamente da reivindicación da sexualidade e do corpo a súa bandeira identitaria. Mesmo teñen unha bandeira formada por catro franxas de cores negra, branca, violeta escura e gris. Porén, é necesario indagar mais alá deste beneficio subxectivo relacionado co rexistro do imaxinario. Os discursos son uns esquemas que Lacan introduce no seminario XVII, O reverso da psicanálise (1969-70), para describir catro maneiras de facer lazo social. Están formados por catro lugares –axente, outro, produción, verdade– nos que se distribúen en catro combinacións diferentes catro elementos-suxeito barrado ou $, significante amo ou S1, saber ou S2 e obxecto a. Os catro discursos que Lacan distingue neste seminario son: o discurso do psicanalista, da histérica, do amo e da universidade. Sen poder entrar nunha análise máis detallada, cabe simplemente dicir aquí que o discurso do amo pode ser interpretado ou lido como aquela relación social na que un suxeito en posición de mando (S1) dá ordes a un segundo suxeito (S2) para que produza determinado ben (a) pretendendo que el mesmo non é un suxeito dividido ($). S1 → $

S2 a

O exemplo paradigmático sería o amo antigo, quen daría ordes a un escravo para que lle conseguira os obxectos que sacien o seu desexo, e así permanecer el mesmo nunha posición de suxeito completo, ignorante da súa división. Lacan afirma que o discurso do amo permite tamén entender como funciona o inconsciente. Trátase de que hai certos significantes que ocu-

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

381

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

pan unha posición primordial e determinan dende o inconsciente a vida do suxeito. Pódese facer unha lectura a nivel colectivo do discurso do amo no que este se converte naquela instancia que determina que é o que se debe facer e que non, é dicir, como hai que gozar. Así, no que atinxe á cuestión sexual, pode afirmarse que o amo contemporáneo impón a través de tódalas esferas da vida social –a publicidade, o cine, a saúde...– que o sexo é un elemento imprescindíbel para obter a felicidade individual. O amo ordena gozar sexualmente. Non se trata simplemente da obriga de ter sexo senón de impor como e cando deben ter lugar os encontros sexuais. A importancia crecente que cobrou a sexoloxía a partir dos anos 70 como disciplina que pretende gozar do bo saber entorno ao sexual e que podería ensinar como hai que facer coas cousas do sexo dá testemuño desta crecente inxerencia do amo. A asexualidade dos herbívoros sería interpretábel a nivel colectivo como unha variante de rexeitamento ou unha resistencia dos suxeitos herbívoros ao discurso do amo contemporáneo. Como reacción fronte á insistencia do amo, o individuo decide rexeitar frontalmente todo o que teña que ver co sexo. Fronte ao bombardeo social coa cuestión sexual, unha resposta posíbel é refuxiarse na asexualidade9. Os asexuais fan militancia dunha resistencia fronte ao discurso do amo que provén da reivindicación de poder gozar sen sexo. En certo sentido é discurso do amo todo o que non fala da particularidade do suxeito, todo o que aspira a ser unha explicación universalizábel, homoxénea e igual para todos. Contra un

9 Nun mundo que lle outorga un alto valor á sexualidade é sinxelo sentir que un necesita sexo para ser feliz. Pero non é así en http://www.asexuality.org/home/general.html.

382

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

amo que se sustenta no imperativo «goza en todo momento e en todo lugar» o suxeito contraataca non aceptando este intervencionismo aparentemente amábel. Johanna Villamil afirma: «O que impulsamos é que as persoas vivan a súa propia sexualidade, que agora se vive segundo os réximes sociais»10. Este «contraataque» non pasa por unha renuncia total ao goce. Trátase dunha renuncia «aparente» porque é evidente que nesta renuncia ao pracer tamén hai goce. En todo sacrificio hai goce. Pero de entrada hai un xesto de separación con respecto ás normas que quere impor o amo. O fenómeno dos asexuais permite comprobar ademais a validez de dúas distincións da psicanálise lacaniá: - En primeiro lugar, a distinción entre pracer sexual e goce. Pode haber goce sen pracer sexual. Xa non só porque a renuncia ao pracer sexual sexa directamente produtora de goce, constitúa unha fonte de goce; senón porque hai outros modos de gozar que non pasan polo sexo. - En segundo lugar, a distinción entre goce fálico e goce Outro. Un suxeito afirma preferir ao sexo o feito de «compartir enerxía, algo que vai desde a punta do pelo ata o dedo do pé»11. Outro sostén: «Cecais eu teña maior sensibilidade que quen practica sexo común e corrente. É moi certo que se pode sentir pracer sexual sen chegar a practicalo como tal»12. Son ilustracións dun goce no que o suxeito prefire gozar por todo o corpo sen que este goce estea centrado ou

10 ASTILLO, IGNACIA, La colombina que junta gente cansada de tanto sexo, diario Las últimas noticias, Chile, 17 de junio del 2012, p. 16. En Internet: www.lun.com. 11 CASTELLANOS USIGLI, ANTÓN, «Observador sexual: diálogo asexual», (7 Junio 2013), en el blog http://hablemosdesexo.com/historia/observador-sexualdialogo-asexual. 12 www.kienyke.com/historias/le-dije-chao-al-sexo/

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

383

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

organizado en torno a un órgano. O goce sexual é aquel goce localizado no órgano, pero hai outros goces que non se centran nel senón que obedecen a outra lóxica. Lacan distingue entre goce fálico e un goce outro. Os asexuais fan unha reivindicación da singularidade de poder gozar doutro modo que non sexa o modo sexual e rebélanse a amoldarse a calquera regulación colectiva. O suxeito non quere tolerar ningún control sobre o seu modo de goce. Outro testemuño afirma: «En broma dicimos: ¿para que ter sexo se podemos gozar dunha boa porción de pastel, especialmente de chocolate»13. Segundo as convencións sociais, o sexo debería ser máis satisfactorio ca un pastel de chocolate ou polo menos estar noutro plano diferente, pero este suxeito sepárase da escala habitual de comparación de praceres para defender a súa preferencia do chocolate. O administrador da REVA arxentina, Andrés Danielo, afirma que a identificación co grupo de asexuais pode ser para algúns suxeitos unha especie de defensa fronte a unha sociedade na que o sexo ocupa un lugar demasiado central, é dicir, unha sociedade que sostén que o goce sexual ten que estar presente e que quen non accede a el, está perdendo algo moi importante14. É dicir, unha defensa ante unha sociedade que considera que o goce sexual é o goce máis importante e non tolera outras alternativas.

13 MARINO, S., Asexualidad. El cuento de nunca acabar (28 de junio del 2012) en Clarín. http://www.si.clarin.com/cuento-acabar_0_727727230.html. 14 A través de REVA coñecín persoas de varias partes do mundo coas que me comunico, parolamos e constantemente debatemos. Ás veces vertemos a nosa frustración por sentirnos incómodos nunha sociedade que amosa que o sexo éo todo en Asexuales, en el Diario Campananews, (12 de febrero del 2014) en http://www.campananews.com/2014/02/asexuales/

384

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

A tese que se está a defender aparece xa nun texto do sociólogo Vicente Verdú, «La feminidad sin la mujer»15, onde se sostén que ante a insistencia do mercado en que hai que consumir sexo o único que pode facer o suxeito para defenderse é caer na antisexualidade. O psicanalista Manuel Fernández Blanco sinala que resulta unha tese suxerente a nivel sociolóxico pero que non se pode esquecer que o modo de goce non é algo que o suxeito poida cambiar tan á lixeira: o suxeito non pode levar a cabo un rexeitamento consciente do amo propoñéndose un novo modo de goce tan facilmente. É dicir, finalmente a asexualidade en cada suxeito estaría motivada sobre todo por factores individuais e habería que complementar esta perspectiva coa análise particular caso por caso. Na súa análise do problema a nivel xeral cabería falar dunha «anorexia sexual»16. A anorexia podería pensarse como unha defensa fronte a unha comida que se sente como asfixiante. No caso da anorexia alimenticia, un exceso de comida; no caso da anorexia sexual, un exceso sexual. A anorexia intentaría preservar o lugar do desexo e a falta que lle é inherente, pero cunha estratexia errada, que é privarse, confundindo así falta e privación. Esta advertencia lembra que non se pode esquecer que a psicanálise non ofrece respostas xeneralizables, senón que defende a necesidade de ir caso por caso para saber cales son os motivos particulares que en cada persoa condicionan esta renuncia a todo o que teña que ver co sexual. Finalmente trataríase de deixar paso á asociación libre e facer unha decantación dos elementos da historia do suxeito, para delimitar pouco a pouco que papel xoga na súa vida a posición de asexual, que é o que realmente significa para el o significante «asexualidade». Sen

15 VERDÚ, V., La feminidad sin mujer, en Yo y tú, objetos de lujo. El personismo: la primera revolución cultural del siglo XXI, Barcelona, De Bolsillo, 2007, p. 57. 16 FERNÁNDEZ BLANCO, M., La repetición como concepto fundamental del psicoanálisis, Capiton, Caracas, 2009, p. 21-22.

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

385

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

entrar neste rexistro máis propiamente singular é posíbel certo acercamento a vista de paxaro á esta problemática. De novo a nivel colectivo, cabe dicir que a asexualidade para o discurso do amo é unha patoloxía en dúas frontes diferentes: Por unha parte, a nivel estatal, existe un problema demográfico. Así, o goberno xaponés está moi razoablemente preocupado porque no 2012 se deu a taxa de natalidade más baixa do país. Prognostícase que se a situación non cambia o país perderá un terzo da súa poboación no ano 2060. Por outra parte, para a ciencia psiquiátrica resulta unha aberración, e unha vez comprobado que o organismo está san, deberían poñerse en marcha os necesarios procesos curativos da psique. A mesma rapaza colombiana citada anteriormente narra a súa visita a un médico para que lle explique os mecanismos cerebrais que se activan cando se ten sexo e descartar así no seu caso algunha posíbel lesión orgánica. Despois de facerlle varios exames e unha neuroimaxe funcional, o médico conclúe que a súa líbido está en perfectas condicións e a deriva ao psicólogo. A diagnose é simpática pola confusión entre organismo e líbido, cando resulta evidente que a líbido non é algo biolóxico. Toda unha recúa de sexólogos se dispoñen con presteza en Internet a defender que o sexo é un compoñente imprescindíbel para o benestar humano, dogmáticos defensores de que existe –con A maiúsculo– A natureza humana e de que é posíbel determinar cales son as necesidades humanas universais, comúns a tódolos humanos, sendo as sexuais das máis importantes. O discurso da sexoloxía, que defende que existe un canon do que debe ser unha sexualidade normal, cre, ao contrario que os psicanalistas de orientación lacaniá, na relación sexual. Dentro do ámbito da terapia sexolóxica a «asexualidade» é considerada un trastorno mental que hai que curar, mesmo se o individuo non se queixa en absoluto. Sorprende a radicalidade dalgúns terapeutas que chegan a cualificar de inhumano vivir

386

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

sen sexo, porque existirían en tódolos individuos uns patróns sexuais comúns e universais17. Que non existen o demostra a variedade de condutas que despregan os suxeitos para enfrontar a cuestión sexual e, en definitiva, ao outro. Malia iso, dende o discurso psiquiátrico estanse dando os primeiros pasos para crear unha nova entidade clínica e os artigos especializados sobre o fenómeno aumentan como demostra calquera busca na rede. Evidentemente sobra dicir que para a psicanálise a asexualidade, como calquera outro modo de gozar, non é unha disfunción, e polo tanto non ten sentido buscar unha ‘causa’ nin exixir unha ‘cura’ para elas. Resulta perfectamente lexítima a loita de todos os «asexuais» para non seren considerados enfermos18. A asexualidade non é unha disfunción namentres o suxeito non se queixe dela. A única «disfunción», entre aspas, que acepta a psicanálise é o malestar subxectivo do que os individuo se queixan. Por outra parte a sexoloxía erra cando pretende interpretar a protesta do individuo que acude a ela como unha protesta que se reduce ao ámbito do sexual e esquece que o que está aquí en xogo principalmente é o desexo. A sexoloxía destrúe o de-sexo e o converte en sexo, cando parece que na maioría dos casos os verdadeiros problemas se xogan naquel primeiro nivel.

17

Na miña opinión, dicir que alguén é asexual é o mesmo que dicir que non é un ser humano. Sería profundamente crítico coa idea de que a ‘a sexualidade’ é unha ‘orientación’ ou que é o xeito ineludíbel no que naceron algúnhas persoas. Os bloques constructores básicos dos patróns sexuais están en todos (BARNABY BARRATT, presidente da American Association of Sex Educators, Counselors, and Therapists, en Asexual and proud en http://www.salon.com/2005/05/26/asexual/). 18 Non é unha cuestión de se os asexuais poden converterse en sexuais mediante terapia ou drogas, é unha cuestión de se queren e de se facendo isto mellorarían as súas vidas [...] Na miña opinión o asunto é darlle á xente acceso a relacións saudábeis e deixarlles decidir onde queren poñer o sexo nas súas vidas (DAVID JAY en http://www.asexuality.org/home/ general.html).

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

387

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

A partir do seminario VI, O desexo e a súa interpretación (195960), Lacan introduce o seu obxecto a como como obxecto-causa do desexo. Lacan ensina que o obxecto pequeno a é o obxecto-causa do desexo e que en canto tal é aquilo máis peculiar de cada un de nós, aquilo que fai referencia ao noso modo de gozar particular. O obxecto a é o obxecto menos intercambiábel e menos xeneralizábel, un obxecto sen equivalente e que só vale para cada suxeito de maneira individual. O obxecto a leva sempre a marca do suxeito, é diferente para cada suxeito. A sociedade de consumo intenta ofrecernos obxectos que prometen poder substituír este goce, pero nesta substitución sempre hai unha perda para o suxeito, unha insatisfacción. A psicanálise intenta que o suxeito formule este desexo coas súas propias palabras, intenta preservar a singularidade deste obxecto, intenta que o suxeito non reduza o seu desexo aos mandatos colectivos e que finalmente obteña un mellor acordo entre el e o seu desexo para non gozar tanto ou tan mal ou gozar mellor. Curiosamente, entón os herbívoros comparten máis cousas con Lacan que os sexólogos, porque eles tamén están á procura dun modo de gozar particular máis alá dos ditames do amo.

Bibliografía 1. BARRATT, B., Asexual and proud en http://www.salon. com/2005/05/26/asexual. 2. BOGAERT, AF., Asexuality: Prevalence and Associated Factors in a National Probability Sample in The Journal of Sexual Research, Vol. 41, No. 3 (Aug., 2004), pp. 279-287. En Internet: http://www.jstor.org/stable/4423785.

388

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

Os herbívoros e a psicanálise. Resistencias ao discurso do amo moderno

3. CASTELLANOS USIGLI, A., Observador sexual: diálogo asexual, (7 Junio 2013), en el blog http://hablemosdesexo. com/historia/observador-sexual-dialogo-asexual. 4. CAULE, P. L’Empire des sans (2011), documental. 5. FERNÁNDEZ BLANCO, M., La repetición como concepto fundamental del psicoanálisis, Capiton, Caracas, 2009. 6. HAWORTH, A., Why have young people in Japan stopped having sex? (The Guardian, 20/10/2013) 7. LACAN, J., Le séminaire livre XVI. D’un Autre à l’autre, Seuil, 2006. 8. LACAN, J., Le Séminaire livre XX, Encore, Seuil, 1975. 9. MARINO, S., Asexualidad. El cuento de nunca acabar (28 de junio del 2012) en Clarín. http://www.si.clarin.com/cuentoacabar_0_727727230.html 10. VERDÚ, V., La feminidad sin mujer, en Yo y tú, objetos de lujo. El personismo: la primera revolución cultural del siglo XXI, Barcelona, De Bolsillo, 2007, 11. Asexuales, en el Diario Campananews, (12 de febrero del 2014) en http://www.campananews.com/2014/02/asexuales/

A propósito de... Siso Saúde nº 54-55. Invierno 2014

389

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.