Os Lugares da memoria na Guerra Civil na Galiza

Share Embed


Descrição do Produto

~.

Os lugares da memoria da Guerra Civil na Galiza JOSÉ

o .que

está descontento

MARÍA

de si mesmo está continuamente

disposto a

vingarse; nós seremos as súas vitimas, aínda que non sexa máis que polo feito de termos que aturar decote seu repugnante aspecto. Pois o aspecto da fealdade fainos malos e sombríos. Friedriech Nietzsche, A Gaia Ciencia

T

odo grupo SO.C.ialctiltiva. ~oidadosamente unha memona que, apoiándose en acontecementos do pasado, realizando sobre eles unha escolma coidadosa, reinterpretándoos, contribúe a delimitar no presente o ámbito do posíbel. Controlar a reprodución da memoria social adquire así importancia estratéxica no terreo por natureza "polémico" das relacións de poder'. Mais, como se organiza esta memoria, tan limitada, fráxil e perecedoira como a propia natureza humanar? Cales son os seus esteos, os puntos de apoio a que o recordo consegue asirse a fin de se non esvaecer no esquecementojf Os científicos sociais somos herdeiros dos filósofos ilustrados e daqueles humanistas que quedaron engaiolados polas posibilidades que abrían a invención da imprenta e a difusión das habilidades de lecto-escritura ao conxunto da poboación". Cando distinguimos entre "cultura oral" e "cultura escrita" mostramos certa tendencia a reservar a etiqueta de "racional" a aquel cofiecemento que se estrutura mediante a linguaxe verbal, e dentro desta a aquel que se transmite a . través da escritura>, Esquecemos así que a comunicación humana se organiza sobre os cinco sentidos, que a cultura é por esencia audiovisual, como o son os discursos de poder. Ao longo dos últimos cinco séculos esta cultura audiovisual continuou a ser hexemónica nas vidas da inmensa maioría da poboación. No ámbito privado das emocións, naturalmente, mais tamén no mundo público da liturxia, onde a Igrexa católica construíu grandes escenografías sobre as que desenvolver elaborados rituais en que imaxe, cor, son, olores, sabores e sensacións táctiles puidesen integrarse. Paralelamente, o poder secular, primeiro ao longo do Barroco,

44

CARDESÍN

máis tarde encarnado nas monarquías ilustradas. finalmente co advento do estado nación, dese nvolveu en colaboración ou rivalizando coa Igrexa unha liturxia propia baseada na cultura audiovisual e ao mesmo tempo adquiriu destreza en manipular o espazo público onde esa liturxia civil se ha dedesenvolvers. Unha tecnoloxía de manipulación das imaxes que organizan o acceso ao recordo, que adquire unha das súas expresións máis notábeis nos réximes totalitarios do século XX7, mais que se manifesta de maneira máis xeral xa no contexto da Gran Guerra, can do todos os estados se ven obrigados a mobilizar as enerxías das súas poboacións''. O mesmo século en que a industria da información e do lecer de masas, baseada nas novas tecnoloxías da fotografía, o cinema, a televisión e finalmente o hipertexto transmitido a través da internet, volveron consagrar de maneira oficial a cultura audiovisual como esteo de memoria". Xa Walter Benjamin argumentou comó a fotografía e o cinema desprazaban a función social da obra de arte exhibida en público do campo do ritual á polírical''. Recentemente Philip Ethington recordounos como esas novastecnoloxías posibilitaron que lugares da memoria sii:uados nas grandes rnetrópoles do século XX se tornasen "iconas urbanas" que circulaban por todo o planeta representandoas' '. . Os sociólogos do coñecemento xa nos advertiran a comezos do século pasado que a memoria social se organiza a través de políticas de recordo que a inscriben no espazo mediante a asignación de soportes materiais que permiten .reordenar os acontecementos e outorgarlles significados concretosl-. Máis recentemente, Pierre Nora na súa obra fundacional sobre Les lieux de mémoire'>, estudou o desenvolvementode tales políticas no contexto francés. A construción do estado nación, adoito fronte a similares reivindicacións nacionalistas por parte de grupos periféricos, a necesidade de xestionar a cuestión social Ras grandes concentracións urbanas que nacen ao abeiro do capitalismo industrial ... xogan a favor de converter as cidades a finais do século XIX en grandes receptáculos de memoria, privilexiando certos

MEMORIA

DO

36

José Maña Cardesín, Profesor titular de Historia dos Movementos Sociais na Universidade da Coruña, onde dirixe o Taller de Estudos Urbanos. Na actualidade a súa investigación céntrase na historia urbana e na utilización de recursos multimedia aplicados ás ciencias sociais. En 2004 recibiu o premio 'H. J. Dyos Prize in Urban History' por "A Tale of Two Cities: the Memory of Ferrol between the Navy and the Working Class": É autor de medio centenar de publicacións, entre elas, Tierra, trabajo y reproducción

escenarios onde se desenvolven complexos programas iconograficosl+, Michonneau'>, no seu estudo sobre as políticas de memoria en Barcelona a finais do século XIX constatou como concorren na formulación de tales programas un ha pluralidade de actores, e até que punto son volátiles os significados que alí se expoñen.

social en una aldea gallega (1992).

EN MEMOIIA DE

XAlME

mNTANItLA

TINEZ

E DOS FmOLANSJIl&ILm)OS E f..EPRiSAtIADOS PO~IRA.NQUISMO .P

S'OStIIPCION POPULAR A INICIATlVAllA

AS CIACI_ClJ1TURAL QUnfl'A~'IlM MAlim.'U

A memoria da Guerra Civil española . e do franquismo Ignacio Peiró interrogábase recentemente sobre a posición en que se encontraba a historiografía internacional perante unha "actualidade saturada de rnemoria'Té. Tras a "Caída do Muro" asistimos a unha relectura da natureza dos fascismos e comunismos, da Segunda Guerra Mundial e a primeira Guerra Fría, e máis adiante a un debate en torno aos nacionalismos e fundamentalismos relixiosos e a súa posíbel conexión coa violencia colectiva. Proliferaron os libros sobre a memoria social e individual verbo destes procesos e en particular sobre as experiencias traumáticas producidas polas guerras, ao tempo que se facía común un ha "lectura xudicial da historia". Esta dinámica chegou a España en forma de debate sobre a Guerra Civil, o franquismo e a transición democrática, cuestións que recupera~ ron a atención académica e mediática que espertaran nos primeiros anos da transición 17. Un-dos polos do debate constituíao a avaliación da represión, durante e despois de acabada a contenda, A obra coordinada por Santos Juliá18 estimaba en 150.000 e 50.000 o número de execucións e/ou asasinatos que tiveron lugar respectivamente nos bandos franquista e republicano, e abría a porta a novas investigacións rexionais e locais. Mentres, os medios de comunicación discutían a necesidade de reparar a memoria das vítimas do franquismo: escavar as fosas onde aínda xacían persoas que foran asasinadas; reparar económica, xurídica e simbolicamente a situación dos represaliados; e sinalar os lugares da memoria da represión 19. Un segundo polo de debate viña dado polo papel levado a cabo pola relixión na lexitimación

o mesmo

século en que a industria

da información

e do lecer, baseada

nas novas tecnoloxÍas da fotografía, o cinema, a televisión e o hipertexto transmitido

a través da internet,

volveron consagrar a cultura audiovisual como esteo de memoria Este artigo presenta algúns resultados do proxecto de investigación "Patrimonio de futuro: Investigación Acción Participativa na Cidade de Ferrol", que recibiu· financiament~

(código PGIDT04CS010201PR) da

Dirección de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia, no período 2004-2007.

1

Fentress, J. e Wickham, C. (2003).

([1925]1994).

4

2

W. AA. (2001).

Eisenstein, E. (1994).

exemplo actual, ver P. Marcuse. (1998). C. (2003). 11

9

Castells, M. ([1996]1999).

Ethington, P. (2006).

(dir.). (1984-1993).

14

12

5 7

3

Halbwachs, M.

Goody, J. (1990).

Burke, P. (2001). lO

6 8

Para un

Ginzburg,

Benjamin, W. ([1936] 2003).

Halbwachs, M. ([1941] 1991).

13

Nora, P.

Por contraste, véxase o desenvolvemento de tales pro-

gramas en España, e a súa posíbel relación coas limitacións que presentou o proceso de nacionalización Álvarez Junco, J. (2001). (ed.). (1999).

16

15

dirixido desde o aparello estatal.

Michonneau, S., en A. M. García Rovira

Peiró, I. (2004).

...

17

Aguilar, P. (1996). A Asociación

de Historia Contemporánea dedicou daquela dous volumes a esta materia. Sánchez Recio, G. (1999). Moradiellos, E. (ed.). (2003).

18

(coord.). Víctimas de la guerra civil. Temas de Hoy, Madrid, 1999.

Juliá, S. 19

El País

(2002).

45

do réxime. A virulencia con que a Igrexa católica reacciono u fronte á expansión dunha escola pública laica ou ás limitacións para a expresión pública do culto, viuse reforzada con argumentos máis serios no contexto do esborrallamento do monopolio público da violencia na España republicana durante a guerra, con accións como a queima de igrexas ou os asasinatos de milleiros de relixiosos. Tras a guerra, a Igrexa puxo ao servizo da ditadura toda a capacidade de adoutrinamento de que gozaba desde o púlpito e a escola, chegando a cualificar a sublevación militar de "Cruzada" . Un terceiro debate valoraba a capacidade do franquismo pata xerar consenso. Dun lado, estaba o ámbito da lexislación laboral, as políticas sociais ou de vivenda-". Doutro, o control do sistema educativo e os medios de comunicación, e a capacidade para se apoderar do espazo e do tempo público-" mediante políticas de memoria centradas na construción de monumentos e na organización de rituais que festexaban os seus heroes e fitos fundacionais-s. Esta cuestión tornouse clave a partir do ano 2000, cando coincidiron dous acontecementos: o vixésimo quinto cabodano da morte de Franco, ocasión para a organización de eventos académicos e mediáticos; e o triunfo nas eleccións xerais do Partido Popular, que levou o goberno a contemplar publicamente a necesidade dunha "segunda transición" e devolveu as discusións historiográficas ao primeiro plano do debate político. Aquel mesmo verán un conxunto de historiadores convocados pola Universidade Menéndez y Pelayo en Santander procederan a denunciar a permanencia dunha estatua ecuestre de Franco chantada fronte ao concello da cidade, e de mane ira máis ampla, o mantemento de numerosos dignatarios ou efemérides da Guerra Civil e do franquismo no roteiro urbano-s. Poucos meses despois, e coincidindo con este vixésimo quinto aniversario, Televisión Española emitía un documental-La sombra del Caudilloonde se informaba da omnipresencia de toponimia, símbolos e monumentos franquistas ao longo de toda a xeografía española, entre os que salientaba un rosario de estatuas ecuestres de Franco, erixidas en Madrid, Barcelona, Zaragoza, Santander, Valencia e Ferrol. Tras a morte de Franco, os debates sobre a súa eliminación provocaran fortes controversias nas primeiras corporacións munici.pais democráticas, mais só en Valencia se decidira a retirala-s. Constituían estes monumentos un patrimonio artístico máis ou menos descontextualizado que sería merecente de respecto e protección? ou pola contra, constituíanse en "lugares de memoria" da ditadura, elementos de identidade das for-

zas que reivindicaban a súa herdanza e ofensa á memoria das vftimasr-> En 2003 realicei unha visita ao Museo do Exército en Madrid e accedín á Sala de la Guerra Civil. A estancia estaba ocupada por cinco maquetas de grandes proporcións, correspondentes a cadanseu lugar da memoria da guerra: Alcázar de Toledo, Oviedo, Santa María de la Cabeza, Simancas e Ciudad Universitaria. No centro elevábase un cartel que rezaba: "Reales Ordenes Generales para Oficiales (Carlos I1I, 1768). Art. 21: 'El oficial que tuviere orden absoluta de conservar su puesto a todo coste lo hará"'. A carón, un novo lema: "He aquí cinco ejemplos del más sublime cumplimiento de esta ordenanza". O Alcázar de Toledo e o Mosteiro de Santa María de la Cabeza foran elevados pola propagan·da franquista a emblema da resistencia heroica dunha presada de hornes fronte a forzas moi superiores; a Cidade Universitaria de Madrid, emblema da resistencia republicana e das limitacións do exército franquista, recibía aquí unha relectura radical; Oviedo "cheiraba' a miliciano s mineiros e a Revolución de Outubro. O exército franquista aparecía caracterizado en situación de se defender dun ataque. De quen? A resposta dábaa un cadro de enormes proporcións que ocupaba a parede do fondo, titulado Fusilamientos de Paracuellos del [arama. Alí tipos de aspecto patibular xunto a outros que vestfan uniformes que parecían saídos de Oacoirazado Potemkin metrallaban con crueldade homes indefensos que afrontaban con pé firme o seu destino. Un novo cartel rezaba: "Relación de personajes fusilados en Paracuellos del Jarama por el Ejército Republicano". O exército republicano asasinaba, o franquista defendíase. E a interpretación da Guerra Civil pechábase nunha das paredes laterais cun cadro de proporcións máis modestas, en que se podía ver a tres oficiais perante os que se aparecía, aboianda no ceo, a imaxe da Virxe María co neno Xesús en brazos. E o lema ao pé do cadro non deixaba lugar a dúbidas: "Tetuán 17 de Julio de 1936. Nuestra S.a de las Victorias la Noche del Alzamiento Nacional". Moi preta, dous grandes retratos presentaban a Franco respondendo ao mandato divino. Non é frecuente atopar programas iconográficas tan completos: as peculiaridades que caracterizan a adaptación do exército español á transición democrática explican a preservación des te reduto en plena capital de España. Maisen calquera caso, a anécdota perrnítenos pór de vulto varias cuestións. Primeiro, que as políticas de memoria do franquismo se esteaban en programas icanográficos complexos que se despregaban nun espazo único, o conxunto do territorio español, e nun tempo colectivo definido por fes-

tividades e conmemoracións. Segundo, que estes programas pretendían integrarse nunha interpretación global da historia de España e mundial, no seo da cal a Guerra Civil adquiría o seu xusto significado. Finalmente, que dentro dunha interpretación providencialista, o catolicismo tinguía todos os aspectos da contenda. Un programa de investigación sobre a materia debe facer fronte a tres dificultades. Primeiro, documental: coa chegada da democracia monumentos e nomes de rúas foron erradicados de boa parte da xeografía española, mentres que apenas contamos cun número limitado de estudos de historia local. En segundo lugar, interpretar o significado dun lugar de memoria resulta difícil, dado que o propio réxime franquista procedeu a un constante labor de reinterpretación, conforme o fada co conxunto da súa propia historia. E é así como o Val dos Caídos comezou a se erixir como homenaxe aos mortos do bando franquista nunha Cruzada, para finalmente inaugurarse como . monumento ao conxunto dos caídos no que comezaba a cualificarse de guerra fratricida. Finalmente, porque toda a política de recordo implica tamén un labor de esquecemento selectivo. A Guerra Civil foi ao mesmo tempo unha grande operación represiva, e case exclusivamente iso en áreas de retagarda como Galiza. E sobre os lugares da represión non era preciso, nin quizais conveniente, realizar un labor de mernorialización: a súa presenza abondaba para atormentar a memoria das vítimas, que careceron de oportunidades para realizar a súa propia política de conmemoración, nin durante a ditadura nin, de maneira xeral, posteriormente.

Revista de tropas no buque escoLa Galatea, FerroL, 1944

Sobre os lugares da repre~ión . . .. . non era preCISO,run qUlzaIs conveniente, realizar un labor de memorialización:

Lugares para rememorar a Guerra Civil na Galiza: o exemplo de Ferrolterra A rapidez con que triunfou en Galiza a sublevación militar, fóra dalgúns focos Iocalizados->, e a práctica ausencia de resistencia organizada á ditadura durante as dúas décadas seguintes, son simple consecuencia e indicador da magnitude da represión ou tamén poden interpretarse como indicio da cápacidade do réxime para xerar certo consensor-? É indubidábel a importancia da represión, organizada minuciosamente a nivel local e encarnada en "paseos" e fusilamentos sumarios, na aplicación xeneralizada de medidas de cárcere ou desterro-". Os datos cuantitativos aínda son obxecto de debate, e se para o conxunto de Galiza se viñan manexando até épocas recentes cifras de entre 3.500 e 5.000 fusilados, investigacións locais como a levada a cabo por Bernardo Máiz sinalan cifras moi superiores-", O estudo de Maiz apunta tamén outrodato: que máisdun 25 por cento das mortes se producen

a súa presenza abondaba para atormentar

20

Saz, I. (2004).

21

a memoria das vítimas

Cenarro, A., en P. Anguera (ed.). (2003).

che. R.; Sánchez-Biosca, V. (2001). tabriamjpisapapeLesjcaLLejero (i004).

25

24

23

28

27

Tran-

....•

Andrés .. J. de, en J. Moreno (coord.).

ResuLta iLustrativa a comparación co caso da Rusia postso-

viética. Ver IngerfLom, C. S.; Kondrátieva .. T. (1999). (2005).

22

Ver www.terra.esjpersonaL6jcan-

26

Villares, R.

Cardesín, J. M., en J. de Juana eJ. Prada (coords.). (2005).

VeLasco, C. (2006). Tamén VV.AA. (2005).

29

Máiz, B. (2003).

47

nos quince anos que seguen ao final da contenda. E dicir, que se a guerra se vive en primeiro lugar como "operación de exterrninio', dedicado a formar as novas tripulacións da Armada franquista. En primeiro plano, os mariñeiros exhiben tres. retratos.yá esquerda Francisco Franco, á dereita José Antonio Primo de Rivera e no centro o Sagrado Corazón de Xesús. Mentres, nas escolas públicas repúñanse o.s crucifixos que foran desterrados del as durante a República e que agora colgaban nas aulas, flanqueados polos retratos de José Antonio Primo de Rivera e Francisco Franco. . Tras a guerra, a figura do ditador viuse realzada á categoría de líder invicto, de quen emanaban a paz e a prosperidade, e a que todo "buen español" debía obediencia e gratitude. Nos cinemas as proxeccións finalizaban coa imaxe de Franco, a quen os espectadores debían saudar de pé co brazo en alto, mentres soaba a música do himno nacional. As elites locais decidían sacar proveito do poder persoal do ditador, e explotar a súa vinculación persoal coa cidade onde nacera. En 1938, e coincidindo coa visita a Ferrol do ministro do Interior Ramón Serrano Súñer, organizo use unha gran manifestación perante o Palacio de Capitanía. Mariños, militares e militantes de Falanxe sobrancean nas fotos, entre unha rnultitude que saúda "brazo en alto44. O motivo, a petición aprobada de forma unánime pola corporación municipal de que a cidade modificase o seu nome, pasando a chamarse "Ferrol del Caudillo". Un panfleto repartido na ocasión rezaba así: Ferrol cuna del gran Salvador de España espera con gran entusiasmo la hora de que su pueblo figure con el nombre de "El Ferrol del Caudillo". Nuestra inquebrantable adhesión al Caudillo se fortalece con vuestra visita a la ciudad natal de Franco ¡Arriba España! La ciudad de El Ferrol, madre fecunda de los navíos del nuevo Imperio, os saluda. Dios. España. Franco. Ferrol dio a España todo lo más que podía dar: El Caudillo. O Consello de Ministros apuro use a dar curso , legal a esta petición. A entrada triunfal de Franco na cidade produciuse nada máis rematar a guerra, cando desembarca u do cruceiro Canarias portando o uniforme de almirante, o mesmo que viste no .retrato que hoxe en día colga no Museo Naval. Volcaría a Ferrol en vinte ocasións+>, Ese mesmo ano, a través da Deputación Provincial da Coruña, un grupo de persoeiros organizaron a adquisición do Pazo de Meirás para 110 regalar a Franco. Desde aquel a e até a súa morte, o ditador pasaría alí boa parte das súas vacacións estivais, e onda el acudirían membros

Estatua ecuestre de Franco na antiga localización na praza de España de Ferrol. Fotografía: José M.' Fernández Balsa

do goberno e das elites nacionais. Cerros cons,e110s de ministros decisivos desenvolvéronse en Meirás, e cuantiosas inversións públicas des tináronse á cornarca+", que perrnitiron que a industria naval encarnada en Astano e Bazán chegase a dar emprego a 20.000 traba11adores. Tratábase, ademais, dunha actividade empresarial asociada a ese tipo de prácticas "paternalisras" .que ían proporcionar ao réxime un dos seus máis importantes activos á hora de cooptar a clase traba11adora. Ferrolanexionaba en 1940 o veciño concello de Serantes e organizaba o ensanche extramuros en torno á antiga Estrada de Castela, rebautizada como Avenida del Generalísimo. Flanqueando a Avenida situábase o novo barrio proletario de Recimil, unha promoción pública dun milleiro de vivendas en alugueiro, destinadas en parte a traballadores da industria naval. A doutrina oficial concedía á Igrexa católica a misión de vixiar os novos poboadores, moitos deles inmigrantes procedentes do medio rural, supostamente en perigo de perder a fe e o respecto á orde estabe1ecida. Os arquitectos quedeseñaron en 1939 o novo barrio de Recimil preocupáronse de o dotar dunha igrexa de gran tamaño, consagrada o mesmo que o conxunto do barrio á Virxe do Pilar, aquela que no primeiro ano da guerra soubera desactivar as bombas da aviación republicana e se convertera en protagonista dunha das festividades maiores do réxi-. mé? A fachada da igrexa de Recimil exhibe un programa iconográfico inusual. Sobre a porta de entrada un mural representa un cabaleiro medieval, vestido de armadura e empuñando a espada. Unha inscrición acláranos que se trata do rei Fernando .III de Castela. Flanquéano catro anxos, armados de espada e escudo. As cinco figuras ollan con seriedade cara á nova barriada.

A fábrica.de mitos franquista Ia explotar a figura de Fernando III "o Santo", facendo énfase no seu papel de forxador da unidade da Coroa de Castela e heroe na loita dos reinos cristiáns contra o Islam. O feito de ser ademais santo patrón do corpo de enxeñeiros militares cualificábao para tutelar un barrio poboado de traballadores dunha industria naval militarizada. A imaxe correspondíase cun clixé iconográfico enraizado na Idade Media en que a representación ecuestre testemuñaba a capacidade de gobernar a nave do estado e a espada era símbolo da capacidade para vencer os inimigos e manter a paz48. Ademais, en Recimil parece máis que plausíbel a alusión á clásica doutrina paulina da autoridade, que representa ao gobernante como pastor encargado de gobernar, espada en man, unha grea de lobos: Todos han de estar sometidos

a las autoridades

riores, pues no hay autoridad

que hay por Dios han sido establecidas, quien resiste· a la autoridad,

supe-

sino bajo Dios; y las de suerte que

resiste a la disposición

de

Dios, y los que la resisten se atraen sobre sí la condenación

[...

l ¿Quieres

Haz el bien y tendrás

vivir sin temor a la autoridad? su aprobación

[...

l.

Pero si

haces el mal, teme, que no en vano lleva la espadttl9•

41 En 1936 a figura doutro Victoria no Sánchez Barcaiztegui, rante retirado e tenente de alcalde franquista, liberais do monumento ao seu antepasado.

contraalmi-

escurecía as connotacións 42 En 2004 o monumento a

Franco foi retirado, tras sufrir un atentado con explosivos. 43 VV. AA. . .v (2002). 44 VV.AA. (1999). 45 Llorca, G. (1998). 46·Villares, R. (2000). 47 Cenarro, A. (2003).

48 Box, Z. (2004). En consonancia,

propaganda

ía representar

franquista

revestido de armadura e empuñando neámente unha cruz.

O aparato de

o propio Franco como guerreiro un ha espada que evocaba simulta-

49 Pablo de Tarso, en Sagrada Biblia (1944).

53

, Por nutra banda, os catro anxos que flanquean a figura de San Fernando na fachada da igrexa ferrolá evocan aquel que o mesmo lavé puxera gardando a entrada do Paraíso: Al hombre le dijo: Por haber escuchado a tu mujer, comiendo del árbol de que te prohibí comer [... ] por ti será maldita la tierra [... ]. Con el sudor de tu rostro comerás el pan [...], Y le arrojó Yavé Dios del jardín de Edén [... ] y puso delante del jardín de Edén un querubín, que blandía flameante espada para guardar el camino del árbol de la vida>",

Resulta complexo interpretar as políticas de memoria levadas a cabo tras a Guerra Civil porque a relixión católica proporcionou ao réxime boa parte do programa iconográfico e do ritual, de maneira que as mesmas procesións de Semana Santa, cos pasos flanqueados pola Garda Civil de gala, funcionaban como acto de expiación colectiva: "Perdoa ao teu pobo, Señor!" Co tempo perdemos o contexto, e as significacións puramente relixiosas ou culturais tenden a ocupar o noso horizonte de interpretación. En segundo lugar, desde moi pronto>o panteón de heroes do réxime tendeu a se condensar na figura do ditador, e conforme pasaron os anos esta foi obxecto dun labor de reinterpretación até culminar na figura do bo estadista benévolo vestido de civil conque a opinión pública foi bombardeada nos anos do desarrollismo, o que escurece as connotacións orixinais da súa representación como vencedor' dunha Cruzada'it. En 1926 fixárase unha placa en honor de Francisco Franco e de seu irmán Ramón na fachada da súa casa natal na Magdalena, e erguérase un monumento en honor deste último na Alameda. Convenientemente ignoradas as ideas republicanas do segundo, a súa conmemoración vai ser agora reinterpretada como alusión metonímica a seu irmán Francisco, mentres que as fazañas deste na Guerra de Africa se trocaban en metáfora que anunciaba a sublevación do Exército de Marrocos en 193652. Abundando nesta interpretación, o ditador inauguraba en 1949 fronte á Porta do Dique do Arsenal un "Monumento a los ferrolanos muertos en las campañas de África"53: sobre unha columna de grandes proporcións erguíase unha "Vitoria" en bronce que portaba unha coroa de loureiro. Mais o que acabou por se tornar en lugar de memoria por excelencia da cidade foi a estatua ecuestre do ditador que até 2002 se levantaba na Praza de España. Coincidindo coas celebracións dos ":XXV Anos de Paz", e por iniciativa do Casino de Ferrol, organizábase en 1964 unha Comisión pro Monumento al Caudillo Franco. Este debería ser financiado mediante subscrición popular, dando testemuño do amplo consenso en que

54

pasaría a basearse o seu mandato. A estatua ecuestre, en que o ditador portaba o uniforme de Capitán Xeral do Exército de Terra, sería fundida nos estaleiros de Bazán, en xusta reciprocidade polo apoio que prestara á industria naval. E a propaganda afirmou que o bronce procedía das hélices do cruceiro Canarias, aquel buque recentemente desaparellado que constituíra un dos baluartes da Armada franquista. A estatua foi erixida en 1967 na Praza de España54,.á que viña desembocar a nova Avenida del Caudillo (hoxeAvenida das Pías), o novo acceso á cidade que ademais a conectaba cos estaleiros Astano a través do Puente del CaudiIlofhoxePonte das Pías). O réxime enraizábase materialmente na Guerra Civil, mais superada esta, buscaba unha nova lexitimidade na prosperidade desarrolllsta. O monumento constituías e en "icona urbana" que ía representar metaforicamente a cidade durante moito tempo. Mais apenas cinco anos máis tarde, en 1972, chegaban a Ferrol as primeiras medidas de reconversión naval, mentres que forzas políticas e "sindicais de oposición experimentaban un tímido progreso. E o 10 de marzo, preto da Praza de España, unha manifestación de obreiros dos estaleiros de Bazán era tiroteada pola policía, co resultado de dous traballadores mortos e dezaseis feridos de bala. A folga estendeuse polas fábricas, os comercios pecharon e a policía tomou as rúas. A Praza de España, símbolo da , xenerosidade do ditador, quedaba asociada á memoria da represión. Unha interpretación reforzada pola decisión que tomou a última corporación municipal franquista de fixar ao podio' da estatua do ditador unha gran placa de bronce que reproducía o seu testamento; en que garantía que o seu réxime o sobreviviría->. Porén, chegaba a democracia e para os lugares da memoria da Guerra Civil abríase un futuro incerto _

50

"Xénese", Ibidem.

(2002-3).

52

51

Cirici, A. (1977). Tarnén V. Sánchez-8iosca

Tan tarde como en 1987 un ha corporación democrática colo-

caba unha segunda placa na antedita fachada, en que rezaba a seguinte inscrición "Francisco Franco, CaudilLo de España y Generalísirno de los Ejércitos". (2002).

53

Castelo, 8. (2000).

54

González, J. (1991).

55

Cardesín, J. M.

Bibliografía Aguilar, P. Memoria y olvido de la guerra civil. Alianza, Madrid, 1996. Álvarez Junco, J. "El nacionalismo español: las insuficiencias en la acción estatal", en La construcción imaginaria de las identidades nacionales, monográfico 40 de Historia Social, 2001, pp. 29-52.

Halbwachs, M. Les cadres socieux de la mémoire. Albin Michel, Paris, (1925) 1994. Halbwachs, M. La topographie légendaire des Évangiles en terre sainte: étude de mémoire collective.

Andrés, J. de. "Las estatuas de Franco, la memoria del franquismo y la transición democrática", en J. Moreno (coord.). 'Nacionalismo espa-

PUF, Paris, (1941) 1991.

Ingerflom, C. S.; Kondrátieva, T. "¿Por qué debate Rusia en torno al cuero po de Lenin?", Prohistorie 3, 1999, pp. 81-110.

ñol: las políticas de la memoria', Monográfico 12 de Historia y Polí-

Juliá, S. (coord.). Víctimas de la guerra civil. Temas de Hoy, Madrid, 1999.

tica, 2004, pp. 161-186.

Llorca, G. "Ferrol Contemporáneo", en E. Ramil et alii: Historia de Ferrol.

Benjamin, W. La obra de arte en la época de su reproductibilidad (Urtext).

técnica

Box, Z. "Secularizando el Apocalipsis. Manufactura mítica y discurso nacional franquista: la narración de la Victoria", Historia y Política 12,2004,

Visto y no visto. El uso de la imagen como

documento histórico. Critica, Madrid, 2001, pp. 74-100.

Cardesín, J. M. "Que faire de la statue de Franco? Mémoire historique et action

a

Ferrol (Espagne)", Histoire Urbaine 6, 2002, pp. 131-150.

Cardesín, J. M. "A Tale of Two Cities. The Memory of Ferrol between the Navy and the Working Class", Urban History, vol. 31 (3), 2004, pp. 329-356. Cardesín, J. M. "La sociedad gallega en el franquismo", en J. de Juana e J. Prada (coords.).

rra civil e represión en Ferrol e comarca. Concello de Ferrol, 2002.

Máiz, B. Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consellos de Guerra: Ferro/, 1934-1955. A Nosa Terra, Vigo, 2003.

pp. 156-7.

Burke, P. "Poder y protesta",

politique

Vía Láctea, A Coruña, 1998. Máiz, B. Resistencia, guerrilla e represión ... Ver tamén X. M. Suárez, Gue-

Itaca, México, (1936) 2003.

Historia

contemporánea

de Galicia. Cap. 10,

Marcuse, P. "Reflections on Berlin: The meaning of construction and the construction of meaning", lntemational nal Research,Vol.

Michonneau, S. "Políticas de memoria en Barcelona al final del siglo XIX", en A. M. García Rovira (ed.). 'España ¿Nación de naciones?', Ayer35, Madrid, 1999, p. 101-120. Nora, P. (dir.). Leslieux de mémoire. I. République. II. La Nation. III. Les Fram;ais. Gallimard, Paris, 1984-1993.

Pablo de Tarso. "Carta aos Romanos", cap. 13, en Sagrada Biblia. BAC,

Ariel, Barcelona, 2005, pp. 295-322. Castells, M. "La cultura de la virtualidad real: la integración de la comunicación electrónica, el fin de la audiencia de masas y el desarrollo de las

Madrid, 1944. Peiró, 1. "La consagración de la memoria. Una mirada panorámica a la

redes interactivas", en La era de la infórmación. Economía, sociedad y cul-

historiografía contemporánea",

tura, Vol. 1: La sociedad red. Alianza, Madrid, (1996) 1999, pp. 359-408.

poránea 53, 2004, pp. 179-205.

Castelo, B. Ferrol: Morfología urbana y arquitectura civil, 1900-1940, UniCastelo, B. "A expansión urbana: O Ferrol del Caudillo", en J. R. Sara luce da Provincia da Coruña, Vol.

XIV: Ferrol. Deputación Provincial. A Coruña, 2001, p. 212. Cenarro, A. "Los días de la 'Nueva España': Entre la 'revolución nacional' y el peso de la tradición", en P. Anguera (ed.). 'Dossier Los Días de España', Ayer. Revista de Historia Contemporánea 51,2003, pp. 115-134. Cirici, A. La estética del franquismo. Gustavo Gili, Barcelona, 1977. Eisenstein, E. La revolución de la imprenta en la Edad Moderna europea.

Ayer, Madrid.

Revista de Historia Contemporánea 50, 2003, pp. 11-234.

Sánchez-Biosca, V. "Materiales para una iconografía de Francisco Franco", Archivos de la Filmoteca 42-43, 2002-3.

Saz, 1. Fascismo y franquismo. Universidad de Valencia, 2004. Tranche, R.; Sánchez-Biosca, V. NO-DO. El tiempo y le-memotis. CátedraFilmoteca Española, Madrid, 2001. Valverde, J. Motín en el acorazado 'España'. O cadro ao óleo aparece reproducido en J. Arrarás (coord.). Historia de la Cruzada Española,

15-XII-2002, pp.

Velasco, C. 1936. Represión e a/zamento militar en Galiza. A Nasa Terra,

en P. Ethington; V. Schwartz (coords.):

Villares, R. "Un truncado lugar de memoria", La Voz de Galicia, 12-XI-

El País. "¿Qué hacer con la memoria del franquismo?",

Vigo, 2006.

14-15. P. "Introduction",

Urban Icons, monográfico nO 33 (1) de Urban History, 2006.

fentress, J.; Wickham, C. Memoria social. Cátedra, Madrid, 2003. Ferrol Análisis

17. "Portafolio: Entierro del almirante Luis de Castro,

Ferrol Urban History. Cambridqe Journals Online, 2005. http./yjournals.

cambridge.orgjfulltext_contentjsupplementary

2000, pp. 28-30. Villares, R. "Noite de pedra. La guerra civil en Galicia", en Galicia siglo XX. La Voz de Galicia, A Coruña, 2005, pp. 145-156.

VV.AA. 'A Guerra en Ferrol', Monográfico 12 de Cademos Ferrol Análisis,

1939", 2002. jU HYjsupp 1 Ginz-

burg, C. "Tu país te necesita: un estudio de caso de iconografía política", Prohistoria 7, 2003, pp. 11-36. González, J. "La escultura pública de Ferrol", Estudios Mindonienses 7, 1991, pp. 293-330. Goody, J. La lógica de la escritura y la organización de las sociedades. Siglo XXI, Madrid, 1990. Grandío, E. "Estratexias de control dun conflicto civil. Galicia, 19361939", en VV.AA. A represión franquista en Galicia ... op. cit., pp. 65-80.

Sánchez Recio, G. "El primer franquismo (1936-1959)",

Vol. 4, Tomo XIV, Ediciones Españolas, Madrid, 1941, p. 55.

Akal, Madrid, 1994.

Ethington,

en Ayer. Revista de Historia Contem-

1999. E Moradiellos, E. (ed.). "Dossier La Guerra Civil", en Ayer.

versidade da Coruña, 2000, pp. 177-8. e X. Fernández (dirs.). Arquitecturas

Joumal of Urban and Regio-

22, nO 2, 1998, pp. 331-338.

Club de Prensa de Ferrol, 1999. VV.AA. "Dossier Memoria y Olvido: ¿Cómo nacen y se borran los recuerdos?", Mundo Científico-La Recherche 227, 2001. VV. AA. 'Galatea, Buque Escuela de la Armada Española, 1922-1992', Monográfico 15 de Cademos Feno! Análisis, Club de Prensa de Ferrol, 2002.

..,¡

VV.AA., A represión trenquiste en Galicia. Actas do I Congreso da Memoria. Deputación Provincial da Coruña, Narón, 2005.

www.terra.esjpersonal6jcantabriamjpisapapelesjcalléjero.

"El pisapape-

les cántabro. Todo lo que no verás en las guías turisticas de Cantabria",

55

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.