Público, privado, común. Arqueoloxías do futuro de Galiza

May 24, 2017 | Autor: C. Amoedo-Souto | Categoria: Public Administration, Galician Studies, Commons, Public Domain
Share Embed


Descrição do Produto

Público, privado, común

Arqueoloxías do futuro de Galiza CARLOS AMOEDO SOUTO PUBLICADO EN GRIAL, Revista galega de Cultura nº 189, 2011, pp. 17-25, número monográifco "Valar o común?"

1

O 25 de novembro de 2010, o principal xornal escrito de Galiza recollía na súa capa a noticia da acta notarial asinada por un notario de Vigo, en virtude da cal unha señora reclamaba a propiedade do sol e pretendía cobrarlle un canon pola súa utilización ao Ministerio de Industria. A cuestión lembra poderosamente aqueles timos nos que alguén pretende vender a Torre de Hércules, ou similar edificio público, a algún incauto. Intuitivamente, pensamos que a Torre de Hércules, o faro que ilumina os roteiros mariños do golfo Ártabro, non pode ser alleada; mais as certezas sobre o que está fóra do comercio desaparecen cando lembramos que, un pouco máis arriba do golfo Ártabro, o castelo de Palma foi vendido polo Ministerio de Defensa en poxa pública a unha empresa para a súa futura explotación turística. Tal cousa aconteceu no ano 2003. O único dato formal que impide unha similar venda en poxa pública da Torre de Hércules é a súa afectación ao servizo público portuario de sinalización marítima, que xestiona a Autoridade portuaria da Coruña, entidade pública empresarial a medio camiño entre o dereito público e o dereito privado. Esta afectación é o que fai que a nosa Torre —integrante, desde 2009 da Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO— manteña a condición demanial, única que determina a súa inalienabilidade e imprescritibilidade. No mundo hipercapitalista no que vivimos, as certezas sobre o que é inapropiable polos particulares desaparecen. Como dixera Marx en 1848, todo o que é sólido desfaise no ar, de modo que as relacións sociais herdadas tenden a reducirse á forma dunha mercadoría. Malia que o vixente Código Civil e os tratados internacionais auspiciados pola ONU e ratificados polo Reino de España sobre o espazo exterior parecen oporse á pretensión de reclamar a titularidade dominical do sol, o certo é que, feitas as pertinentes consultas co Colexio de Notarios, o notario da nosa noticia elevou a pretensión a documento público. Certamente, poucas cousas máis poéticas para o individualismo propietario burgués que o desexo de posuír as estrelas, aínda que tal Hybris sexa o preludio da Némesis, a fatal queda que simboliza na tradición occidental o mito de Ícaro.

2. A apropiabilidade individual ou colectiva das cousas é unha convención social. Como tal, aparece condicionada ao modo de produción e intercambio económico de cada época, ben como aos procesos de cambio histórico que en cada sociedade se desenvolven nun momento dado. Digámolo cunha cita do malogrado Tony Judt:

17

O estilo materialista e egoísta da vida contemporánea non é inherente á condición humana. Gran parte do que hoxe nos parece “natural” data da década de 1980: a obsesión pola creación de riqueza, o culto á privatización e o sector privado, as crecentes diferenzas entre ricos e pobres. E, sobre todo, a retórica que os acompaña: unha admiración acrítica polos mercados non regulados, o desprezo polo sector público, a ilusión do crecemento infinito1.

Denuncias similares veñen facéndose polos críticos clásicos da modernidade capitalista, desde Marx a Weber, pasando pola escola de Frankfurt e a historiografía marxista, que veu documentando os procesos sociais da “gran transformación” —por dicilo nos termos de Karl Polanyi— que significou o pasamento do sistema estamental do Antigo Réxime ao liberalismo económico, coa súa peculiar entronización da propiedade privada como un dereito sacrosanto e a utilización, máis ou menos encuberta, da forma-Estado para desenvolver os procesos de acumulación de capital. Utilización esta, por certo, non exclusiva dos estados liberais, senón tamén ben utilizada na acumulación das sociedades comunistas soviética ou chinesa: de facto, o país que na actualidade lidera o crecemento capitalista é China, dirixida paradoxalmente por un partido comunista defensor da propiedade colectiva dos medios de produción.

18

3. A finais da década dos anos vinte do pasado século, durante o primeiro plano quinquenal de Stalin, a revista satírica soviética Krokodil (o crocodilo) argallou unha fraude coa anuencia da policía secreta e de Lazar Kaganovich, o comisario de asuntos económicos de Stalin. A fraude consistiu en crear unha organización industrial ficticia, á que chamaron “Trust de Toda a Unión para a Explotación de Meteoritos”, que enviou cartas a distintas empresas estatais, sinalándolles as enormes perspectivas de salto cara adiante na construción do socialismo que se derivaría dunha nova fonte de metais especiais de alta calidade, os meteoritos, cuxa caída se ía producir, segundo cálculos dos máis prestixiosos científicos soviéticos, en varios lugares de Asia central. Funcionarios industriais de toda a Unión Soviética, presionados polo afán de industrialización a calquera prezo de Stalin, contestaron inmediatamente, interesándose polas perspectivas do asunto, e ofrecendo distintos servizos a cambio de participacións na sideral empresa. Con todas estas cartas, os xornalistas de Krokodil acudiron ao Banco Estatal, quen concedeu un enorme crédito para o desenvolvemento do negocio. A broma destapouse cando os intrépidos xornalis-

tas se dirixiron ao vicecomisario de Industria Pesada para pedir as autorizacións pertinentes da construción da fábrica de transformación dos meteoritos. O vicecomisario, menos crédulo que o resto de funcionarios soviéticos, sospeitou do asunto e chamou a policía política, poñendo fin a un “experimento”2 que move á hilaridade, mais tamén á reflexión; pois, trinta anos despois, o réxime soviético embarcouse na carreira por “conquistar” o espazo exterior. Sen esquecer que, baixo a éxida da construción do comunismo, o Partido Comunista da Unión Soviética desenvolveu un dos despoxos máis impresionantes da historia: a colectivización agraria de Stalin. 4. Porén, o pequeno engano da revista Krokodil é un xogo de nenos comparado co grande engano da actual fase do sistema capitalista mundial: toda a entrutura piramidal de créditos-lixo empaquetados durante anos en celofán polos mercados financeiros para manter a taxa de ganancia nun alto nivel, deu lugar a partir de 2008 á maior crise económica capitalista desde o crash de 1929. Cando, segundo a prédica neoliberal, as regulacións públicas dos mercados debían ser as mínimas posíbeis para que o mercado identificase as necesidades e asignase correctamente as prioridades sociais, resultou que a enormidade do abismo que se abría aos pés do sistema-mundo financeiro empurrou aos Estados a asumiren a responsabilidade de sacar ao sistema financeiro do burato mediante a maior operación “socialista” coñecida até o momento de absorción pública de débedas privadas. Os gobernos emiten débeda pública para tapar o burato financeiro e, ao tempo, evitar unha brusca queda do gasto público. A débeda pública é subscrita polos mercados financeiros internacionais. Asentada a situación, os mercados financeiros internacionais contraatacan na procura dun pago solvente, que manteña incólume a súa taxa de ganancia. Consecuencia: o pagamento dos xuros da débeda pública a curto prazo obriga a que os Estados realicen severos axustes á baixa do gasto público, aumentos da presión fiscal e do sistema de relacións laborais para lograr unha máis intensa explotación do factor traballo, coas miras postas en lograr máis produtividade e maior competitividade no escenario económico internacional. Consecuencia: non só se desmantelan as políticas públicas de benestar social características da segunda posguerra mundial europea, senón que o desmantelamento afecta ao sector público e aos núcleos máis “soberanos” da propia Administración. Diante dos nosos ollos está lográndose o gran milagre da conversión dun crash económico sen precedentes nunha revolución neocapitalista que

Ilustración 1. Ícaro achegándose ao sol

esnaquiza os restos da primacía moderna do público para colocar a man invisíbel, a lóxica da produción de mercadorías e do desenvolvemento capitalista no trono inapelable da regulación social, a cuxo redor bailan impotentes e sometidos os servos da organización política, sexan os Estados-nación, sexa a Unión Europea, e os cidadáns servos das nosas igualmente impotentes democracias liberais. Neste contexto, os bens tradicionalmente considerados como públicos ou comúns ábrense como nunca á lóxica capitalista e á apropiación privada: anceiando o paraíso, Ícaro continúa a súa suicida ascensión cara ás estrelas [ilustración 1].

1. Cfr. Algo va mal. Madrid: Taurus, 2010, pp. 17-18. 2. Este asunto foi relatado por un debuxante de Krokodil a Zara Witkin, enxeñeiro estadounidense que traballaba en Moscova nesa

Arqueoloxías do público, privado e común

época. Cfr. An American Engineer in Stalin’s Russia. The memoirs of Zara Witkin 1932-1934, Berkeley, 1991, pp. 211-212. Tomo a cita de David Priestland (2010), Bandera Roja. Historia política y cultural del

5. Para alén da pura forza predatoria, da forza coactiva aplicada sobre as cousas, as persoas e os territorios, toda civilización debe construír a forma en que os individuos ou os grupos nos que estes se organizan se reparten licitamente os bens que nos rodean para atender as necesidades de reprodución do corpo social. As categorías do público, o privado e o común axúdannos a comprender a forma na que afrontamos hoxe esa tarefa colectiva. Porén, como todos os vocábulos da historia conceptual europea, as categorías do público, o privado e o común están dotadas dunha gran potencia arqueolóxica, por seren o resultado da sedimentación de moi variados procesos históricos. O que hoxe consideramos público ou privado, en efecto, non deixa de ser unha densa e

comunismo, Barcelona: Editorial Crítica, p. 164. 3. Xunto a estas distincións, o dereito romano clásico utilizaba o par público-privado para distinguir dúas formas de lei, a lex privata e a lex publica. Ambas eran unha declaración revocable de potestade que vincula a quen a dá e a quen a acepta; mais fronte á lex privata —aquela que declara o que dispón do seu nun negocio privado (lex rei suae dicta)—, a lex publica era a que declara o maxistrado (rogatio) e reciben os comicios do pobo romano coa súa autorización (iussum). Ulpiano, xa na época posclásica, distinguiu entre ius publicum e o ius privatum. O primeiro era ius cogens, de obrigado cumprimento, mentres que o segundo estaba atravesado polo principio dispositivo, a autonomía da vontade do cidadán romano. O mesmo Ulpiano (Digesto, 1, 1, 1, 2) distinguía no estudo do dereito entre o ius publicum (aquel que ad statum rei Romanae spectat) e o privatum, quod ad singulorum utilitatem. Toda esta tradición será recibida posteriormente nos dereitos europeos continentais da modernidade.

19

visguenta materia, cuxos perfís se desdebuxan aínda máis na experiencia histórica actual. Consecuencia da vis expansiva da lóxica estrutural capitalista das nosas sociedades, boa parte das discusións máis importantes do noso mundo parten dunha focaxe normativa —ou desiderativa— sobre o público, o privado e o común; isto é, unha focaxe profundamente ideolóxica sobre o que debe ser público, o que debe ser privado e o que debe permanecer nese especial limbo do común, non apropiable nin polos Estados nin polos individuos: de todos.

20

6. A cabal comprensión da tríade público-privado-común debe partir da tradición cultural do dereito romano, á que debemos a distinción entre res in commercio e res extra commercium, isto é, apropiables e non apropiables polos particulares (máis precisamente, polos cives romani, titulares plenos de dereitos)3. Entre as res extra commercium distinguíanse, pola súa vez, tres conceptos: as res divini iuris (cousas sagradas, relacionadas cos cultos relixiosos, aínda que tamén se incluíran nesta categoría as murallas das cidades romanas); as res publicae (públicas, do Populus Romanus, destinadas a un uso público, como as vías de comunicación, o aerarium, denominado Fiscus na época imperial, e o ager publicus), sobre as que podían concederse determinados dereitos privados (por exemplo, podía concederse a posesión ou unha concesión de explotación a longo prazo sobre o ager publicus, a conductio agri vectigalis); e as res communes omnium, isto é, cousas comúns a todos (o ar, a auga corrente, o mar e as súas ribeiras), que todo o mundo pode usar e gozar libremente. O dereito romano recoñecía unha particular categoría de tránsito cara á apropiación, as res nullius, apropiables mais aínda carentes de dono: a caza, as cousas abandonadas polos propietarios, a herdanza xacente, o botín de guerra... Por suposto, os escravos eran bens apropiables e transmisibles. Fóra da categoría das res communes omnium estaban as cousas en condominio. As comunidades privadas de bens regulábanse mediante a atribución de cotas-parte aos condóminos, que permitía repartir as cargas e proceder á compravenda e herdanza en función das cotas-parte; e ademais posibilitaba que cada titular dunha cota puidese requirir a cesación do condominio, ben mediante pagos recíprocos de cotas, ben mediante a venda da cousa e posterior reparto do prezo entre os condóminos (actio communi dividundo). Así e todo, nun dereito tan guiado polo suum cuique (dar a cada un o seu), había casos nos que a copropiedade se consideraba indivisíbel pola función solidaria do obxecto sobre o que versaba; así acontecía coa parede medianeira (paries com-

munis). O vestibulum, ou espazo de acceso común a dúas vivendas, tampouco podía ser obxecto de división namentres se opuxese calquera dos copropietarios. Aínda hoxe, nos restos arqueolóxicos do Castro de Viladonga, un castro galaico-romano da época tardía, podemos apreciar a convivencia entre edificios destinados a un uso comunitario, as estruturas comúns e tamén o afán por individualizar a propiedade. Na ilustración 2 pódese apreciar como os primitivos poboadores de Viladonga construíron as súas vivendas familiares sen medianeira, optando por un cerramento individual, separado apenas por unha escasa franxa de vinte centímetros. 7. Todas as categorías e distincións formais que vimos de ver foron codificadas no Corpus Iuris, recompilacións do dereito romano debidas ao emperador Xustiniano (527-565). Un documento cultural esencial que foi rescatado e estudado na época medieval, conformando, xunto co dereito canónico, a cultura xurídica común de toda a Europa continental moderna. A cultura xurídica, a romanista, foi moi cedo utilizada polos monarcas medievais para lexitimar a súa posición política preeminente nun mundo, o feudal-estamental, caracterizado pola poliarquía señorial e eclesiástica. Esta poliarquía teceu o reparto do territorio en señoríos e xurisdicións, fosen de reguengo, señoriais ou eclesiásticos, mediante unha característica configuración da extracción e circulación de rendas e excedentes agrarios creados polas comunidades campesiñas. De maneira xeralizada, o imperium do mundo medieval e do absolutista construíuse mediante dúas relacións xurídicas: unha relación social vasalática entre señor e servo, que tecía o lenzo das lealdades mutuas; e unha relación dominical mediada por unha pléiade de relacións contractuais na que o dominio se escindía entre dominio directo (o detentado polo señor ou orde eclesiástica titular formal da propiedade) e en dominio útil, ou dereito de usufruto —normalmente configurado a longo prazo— detentado polo posuidor, que se obrigaba a pagar unha renda ou foro, normalmente en especie. A importancia desta propiedade demediada é fundamental para entendermos a historia galega contemporánea. Segundo os estudos de Ramón Villares4, a case totalidade das terras cultivadas no século XVIII pertencían en dominio útil ao campesiñado, que posuía e explotaba a terra a cambio de ceder unha parte do excedente agrario aos titulares do dominio directo ou eminente. Cara a mediados do século XVIII, case a metade do produto agrario cultivado polos labregos era “alleado”, indo a metade dese excedente para a

fidalguía, un terzo para o clero, unha décima parte a nobreza e, en menor medida, a facenda real e o propio campesiñado. A este sistema contratual de detracción de renda do produto agrario bruto engadíanselle os distintos trabucos que esixían paralelamente os señores, laicos ou eclesiásticos, e o monarca. Non é de estrañar que ao redor dos equilibrios das cargas deste sistema xirasen todos os conflitos sociais do Antigo Réxime, tanto co estado llano como entre as fraccións do bloque dominante. 8. Ao mesmo tempo, na Galiza moderna perviviu unha peculiar propiedade colectiva sobre os montes, tanto nunha formulación xermánicovisigoda (en réxime pro indiviso, do común dos veciños con lume no lugar) como nunha formulación romana (por cotas ideais, de “voces” ou “varas”). Estes montes, unha sorte de despensa gratuíta, que axudaba a complementar os recursos agrarios ordinarios, fortemente gravados, foron esenciais para manter o equilibrio socioeconómico da sociedade galega. A modalidade xermánica foi máis frecuente nas provincias do sur de Galiza, o que contribuíu a dar unha característica cohesión social ás comunidades labregas. Fronte a isto, no norte de Galiza foron máis abundantes os montes de voces ou varas, nunha comunidade de bens pro indiviso e por cotas, tipicamente romana. En calquera caso, os veciños defenderon —e seguen a defender aínda hoxe— en multitude de preitos a vixencia dos dereitos sobre eses montes, quer contra os señores, quer contra outros campesiños que praticaron cerramentos clandestinos ou despoxos desordenados5. Se, a partir da segunda metade do século XVIII se produce un xeneralizado cerramento de montes de varas, foi co ánimo de aumentar a terra de cultivo destinada a labradío ou pasto de gando, e así elevar a renda agraria.

lustración 2. Castro de Viladonga

e regalías do monarca, dos nobres, do clero, e da xente común (tanto os bens individuais como os comunais), érguese o dominio público, categoría que aparece no Code Civil napoleónico de 1804, para enunciar os bens cuxa titularidade se lle imputa á nación, e xa non ao monarca por vía de regalías (títulos concretos de propiedade atribuídos á coroa), nin aos señores por vía de privilexios xurisdicionais6. Para os liberais, entre o público da nación e o dereito de propiedade privada individual non debía haber tertium genus. De aí que a clasificación dos bens que se incorpora ao Código Civil español de 1889 distinguise —e distinga aínda hoxe— entre bens de dominio público e os bens patrimoniais do Estado, as provincias e as vilas (artigos 339 e 343), xirando a distinción arredor dun elemento funcional: a función ou soporte de

4. Cfr. La propiedad de la tierra en Galicia (1500-1936). Madrid: Siglo XXI, 1982. 5. Cfr. Saavedra, Pegerto (1996). “Os montes abertos e os concellos rurais en Galicia nos séculos XVI-XVIII: aproximación a un problema”, en Das casas de morada ao monte comunal, Santiago, Xunta de

9. Desde comezos do século XIX España e, particularmente, Galiza, sufriron un longo e lento tránsito desde o Antigo Réxime cara ao Estado constitucional e o liberalismo de mercado. Ese tránsito caracterizouse por múltiples resistencias e pervivencias do patrimonializado mundo do Antigo Réxime que dificultaron a construción da esfera do “público”. Un dos aspectos nos que máis claramente se perfilan esas dificultades de tránsito do Antigo Réxime ao Estado constitucional é na construción dunha categoría, o dominio público, que engloba todos aqueles bens de titularidade pública, quer da persoa xurídica “Estado”, quer dos concellos e provincias en que o territorio español se divide a partir de 1833. Fronte ao patrimonio

Galicia, pp. 351 e ss. 6. O decreto LXXXII, de 6 de agosto de 1811, das Cortes de Cádiz, sobre incorporación dos señoríos xurisdicionais á nación, declarou abolidos “los dictados de vasallo y vasallage, y las prestaciones así reales como personales, que deban su origen á título jurisdiccional, á excepcion de las que procedan de contrato libre en uso del sagrado derecho de propiedad”. Engadindo o artigo 5 que “Los señoríos territoriales y solariegos quedan desde ahora en la clase de los demás derechos de propiedad particular, si no son de aquellos que por su naturaleza deban incorporarse á la Nación, o de los que no se hayan cumplido las condiciones con que se concedieron, lo que resultará de los títulos de adquisición. Por lo mismo, los contratos, pactos o convenios que se hayan hecho en razón de aprovechamientos, arriendos de terrenos, censos y otros de esta especie, celebrados entre los llamados señores y vasallos, se deberán desde ahora considerar como contratos de particular á particular”.

21

A provisión pública de bens e servizos, caracterizada por responder a un reparto da riqueza con arreglo a distintos valores sociais que os simplemente mercantís, son considerados unha anomalía do mercado

22

servizo público, ou o seu uso público, que excluía a súa inmersión no tráfico xurídico-privado. Ao non estar adscritos a un uso ou servizo público, os bens patrimoniais do Estado, as provincias ou as vilas eran consideradas de propiedade privada, e equipárabanse no seu réxime de circulación aos bens pertencentes aos particulares, “individual ou colectivamente” (artigo 345 CC). Particularmente, podían ser alleados. Ao crearse en 1833, con Javier de Burgos, o réxime concellil e provincial contemporáneo, comezou a reclamarse a titularidade pública de moitos montes en man común. A posterior lexislación decimonónica oscilou entre o recoñecemento da propiedade comunal dos veciños sobre os montes e a súa negación, conforme ao dogma de eliminar os corpos ou vinculacións intermedias entre o incipiente público e o sacrosanto privado-burgués7. Ao final, foise arrinconando paulatinamente a titularidade comunal —privada— en favor da titularidade demanial dos montes, de tal xeito que moitos montes en man común foron incluídos na epígrafe “comunes y propios de los pueblos”, susceptibles de venda pública salvo excepción do Goberno, conforme á lei de desamortización xeral de 1855, cando non se acreditase o aproveitamento comunal. Malia seren os montes veciñais incluídos na Clasificación Xeral de Montes Públicos de 1859 e no Catálogo de Montes exceptuados da desamortización por causa de Utilidade Pública de 1901, isto non significou a súa desamortización, pois os concellos non interferiron nos aproveitamentos colectivos consuetudinarios dos montes en man común, e mesmo ocultaron a súa existencia aos enxeñeiros encargados de inventariar os de utilidade pública8, o que derivou nun escaso impacto da desamortización en Galiza: só se declararon alleables un total de 935 montes, que supuñan 8.206 das case dous millóns de hectáreas que de monte había en Galiza naquela altura. Aínda que posteriores reformas incluíron na categoría de alleables os montes e se incoaron expedientes de excepción, ningún expediente foi incluído, e os montes en man común quedaron nun limbo xurídico que chegou até ben entrado o século XX.

Fronte a isto, o dominio público caracterizouse polo seu réxime especial de exorbitancias funcionais, destinadas a defenderen a adscrición ao servizo público, isto é, as misións de interese xeral que se satisfacían a través desa propiedade pública (potestades de recuperación e deslindamento, inembargabilidade, imprescritibilidade, etc.)9. Así e todo, o feito de que un ben sexa de dominio público determina que, en principio, o seu uso sexa común e non excluínte, mais non impide a súa explotación privativa por particulares: isto prodúcese mediante mecanismos como as autorizacións e as concesións de dominio público, que outorgan aos privados dereitos reais de uso e explotación de maior ou menor intensidade. A existencia de “contratistas interpostos” que se subrogaban, mediante títulos xurídicopúblicos diversos, nos privilexios do Estado para desenvolver unha obra pública, prestar un servizo público ou explotar o demanio, foi outro dos elementos esenciais para o desenvolvemento capitalista contemporáneo. 10. Hoxe en día, o artigo 132 da vixente Constitución do Reino de España elevou a rango constitucional as categorías demanial e comunal, equiparándoas en certo modo nos seus privilexios funcionais: 1. A Lei regulará o rexime xurídico dos bens de dominio público e dos comunais, inspirándose nos principios de inalienabilidade, imprescritibilidade e inembargabilidade, así como a súa desafectación. 2. Son bens de dominio público estatal os que determine a lei e, en todo caso, a zona marítimo terrestre, as praias, o mar territorial e os recursos naturais da zona económica e a plataforma continental. 3. Por lei regularase o Patrimonio do Estado e o Patrimonio Nacional, a súa administración, defensa e conservación.

Estas catro clases constitucionais de bens públicos (demaniais, comunais, do patrimonio do Estado e do patrimonio nacional) teñen en común o seu somentemento a unha reserva de lei10. Así, a lei 29/1985, de augas, considéraas un

recurso demanial na medida en que se integren no ciclo hidrolóxico, incluíndo así as augas continentais, os cauces das correntes naturais, os leitos dos lagos, lagoas e encoros, e os acuíferos subterráneos. Un enfoque similar —trasunto da función social da propiedade privada que introduce o artigo 33 da Constitución vixente—proxéctase sobre as costas (lei 22/1988, de 28 de xullo), as estradas de (lei 25/1988, de 29 de xullo) as minas (lei 22/1973, de 21 de xullo), os montes (Lei de Montes —lei 43/2003, de 21 de novembro) ou as vías pecuarias (lei 3/1995, de 23 de marzo). Hoxe, a lei estatal 33/2003 introduciu unha regulación xeral dos bens de dominio público e patrimoniais de todas as administracións públicas. Pola súa parte, os bens comunais aparecen identificados no propio artigo 132 CE, que somete a unha reserva de lei a súa desafectación, así como os principios de imprescritibilidade, inembargabilidade e inalienabilidade11. Os montes en man común, que como vimos sobreviviron á lexislación desamortizadora do século XIX, chegaron a nós porque seguiron sendo usados polos veciños: eran funcionais ao modo de produción agraria no que se baseou até hai moi pouco tempo histórico a nosa economía produtiva12. As leis 52/1968, de 27 de xullo, a 55/1980, de 11 de novembro e a 13/1989, de 10 de outubro, afrontaron sucesivamente a adaptación dos montes veciñais en man común a un contexto xa capitalista, moi distinto do que os viu nacer e desenvolverse, fornecendo as ferramentas para a súa explotación económica directa ou indirecta (cesións temporais, arrendamentos, enfiteuses, etc.) e para a adopción de acordos, establecemento de aproveitamentos, etc.

7. Como relata Xesús Balboa López, a mellor expresión desta oscilación é a real orde de 16 de xaneiro de 1848, orixinada nunha consulta de varios concellos da provincia de Ourense, que recoñecía a posibilidade de que os titulares dos montes comúns fosen os veciños dun lugar, e non o concello ou entidade administrativa correspondente. Fronte a isto reaccionou a real orde de 22 de maio de 1848, quen tamén en resposta ás múltiples consultas das vilas galegas, contestou que “1. La legislación administrativa vigente no reconoce la diferencia que se pretende establecer entre los montes del común de los pueblos y los del común de los vecinos. 2 Que es inadmisible el principio de que los vecindarios por sí y con absoluta independencia de los ayuntamientos y del gobierno puedan disponer omnímodamente de dichos montes llamados del común de los vecinos, asimilándolos con notoria equivocación a los de dominio particular. 3. Que todos los montes de propios y comunes, cualesquiera que sea su época y origen de adquisición, están sujetos a las disposiciones generales que hoy rigen, en virtud de las cuales los vecinos no están autorizados para proceder al aprovechamiento de sus arbolados sino por medio de los Ayuntamientos, que son los administradores legítimos de los intereses comunales con arreglo a la Ley”. Como é sabido, Karl Marx comezou a criticar desde moi cedo o proceso de parcelación e apropiación da terra comunal, con motivo da Lei da Dieta prusiana que prohibía a saca de leña seca dos montes, ao considerala un delito de roubo forestal. Cfr. os seus artigos publicados na Reinische Zeitung de 1842 sobre este tema, colectados en Juan Luis Vermal (1983), En defensa de la libertad. Los artículos de la Gaceta Renana. 1842-1843, Valencia: Fernando Torres Editor, pp. 205 e ss. 8. Cfr. Balboa López. Op. cit., p. 469. 9. A STC 227/1988, de 29 de novembro, ditada a propósito da constitucionalidade da Lei de Augas de 1985, deixou dito que “a ‘incorporación’ dun ben ao dominio público supón non tanto unha forma específica de apropiación por parte dos poderes públicos, senón unha técnica dirixida primordialmente a excluír o ben afectado do tráfico xurídico-privado, protexéndoo desa exclusión mediante unha serie de regras exorbitantes das que son comúns no devandito tráfico iure privato. O ben de dominio público é así, diante de todo, res extra commercium, e a súa afectación, que ten esa eficacia esencial,

O asedio do público e do común

pode perseguir distintos fins: tipicamente, asegurar o uso público e a súa distribución pública mediante concesión dos aproveitamentos

11. A penetración da lóxica capitalista nos redutos que acabamos de describir fai que a lóxica do uso público ou colectivo —do uso gratuíto non consuntivo e sustentábel— estea en franco retroceso. A provisión pública de bens e servizos, caracterizada por responder a un reparto da riqueza con arreglo a distintos valores sociais que os simplemente mercantís, son considerados unha anomalía do mercado. Por toda a parte se xustifica, con maior ou menor solidez ideolóxica, as virtudes do mercado fronte aos defectos das institucións públicas. Unha das consecuencias da neoliberalización —á que se dedican en boa medida os esforzos desa estrutura institucional transnacional que é a Unión Europea— é a conversión de múltiples servizos públicos en “actividades reguladas”, coa consecuente desafectación de moitos bens ao ser-

privativos, permitir a prestación dun servizo público, fomentar a riqueza nacional, garantir a xestión e utilización controlada ou equilibrada dun recurso esencial ou outros similares”. 10. O Patrimonio Nacional constitúe o conxunto de bens e dereitos afectados ao uso e servizo do Rei e a Familia Real: Palacio de Oriente, Aranjuez, San Lorenzo del Escorial, El Pardo, etc. E o resto do patrimonio tradicional da Coroa, cuxa propiedade Franco lle atribuíu ao Estado, pero con adscrición permanente á Coroa, por lei de 7 de marzo de 1940. A súa regulación legal actual atópase na lei 23/1982, de 16 de xuño. 11. Unha das primeiras sentenzas do Tribunal Constitucional, a 4/1981, de 2 de febreiro, recaeu precisamente sobre a interpretación constitucional dos bens comunais. Fóra do ámbito dos montes, a STXG de Cataluña de 25 de setembro de 1996 declarou o lago de Banyoles ben comunal. 12. Segundo Xesús Balboa López, na actualidade persisten en Galiza 660.442 hectáreas de montes inventariados como veciñais en man común, superficie que supón pouco máis dun terzo da que tiña

23

Ilustración 3. Os montes veciñais en man común adoptaron nos últimos quince anos usos capitalistas

vizo público, que pasan a integrarse no tráfico patrimonial privado como bens patrimoniais da Administración, que carecen dos privilexios constitucionais defensivos do demanio13. O dominio público, máximo expoñente dos bens públicos, é posto en entredito como consecuencia dos procesos privatizadores e desreguladores14. Así, insístese na necesidade de “rendibilizar” as propiedades públicas baixo criterios de eficiencia e eficacia mercantil, como aconteceu nos últimos anos co “mercado da auga”15. Non é casualidade que a nova figura formal que se utiliza en toda a Unión Europea para externalizar e privatizar a construción e explotación dos servizos públicos máis característicos do Welfare State (a sanidade, por exemplo) se denomine “contrato de colaboración público-privada”, ou PPP (“public-private partnership”)16. No actual contexto de crise, asistimos a unha nova desamortización do ámbito público que trata de retomar a senda do crecemento precisamente desembarazando o funcionamento do mercado de vinculacións ou lóxicas non mercantís, como son as que expresan múltiples políticas públicas.

24

12. A este asedio non se escapan os bens que tradicionalmente consideramos comúns. En Galiza, producida a nosa revolución industrial con dous-

centos anos de atraso, conservamos aínda moitas pegadas dunha cultura de base agraria na que perviven importantes tradicións e costumes en común; non só a tenza da terra en réxime de pro indiviso dos veciños do lugar (os montes en man común), senón tamén os aproveitamentos de recursos escasos como a auga (comunidades de regantes), os traballos comúns (mallas, segas, matanzas, vendimas, etc.) e as festas patronais. Porén, trátase dun mundo en retroceso. Non hai máis que contemplar como os montes veciñais en man común adoptaron nos últimos quince anos usos capitalistas (turísticos, eólicos) cos que a avellentada poboación das aldeas trata de obter froitos inmediatos [ilustración 3].

O contrapunto dos bens comúns: unha alternativa poscapitalista? 13. E, no entanto, a lóxica dos bens comunais herdados do Antigo Réxime segue a ser unha arqueoloxía cargada de futuro: non doutro xeito se pode explicar o auxe dos estudos que identifican outros bens comúns globais (a capa de ozone, as pesquerías internacionais, o código xenético humano). A partir dos anos sesenta, estes bens recibiron unha particular atención na busca dos seus elementos definitorios e dos pro-

cesos institucionais necesarios para os regular en termos de sustentabilidade. Estes common goods caracterizaríanse por:

esta consideración xurídica a comezos do século XIX. Cfr. “Al margen de la Ley. La defensa de los montes vecinales de Galicia (18481968)”, en Salustiano de Dios, Javier Infante, Ricado Robledo, Eugenia Torijano (coords.) (2002): Historia de la propiedad en España.

Seren bens “de todos”, non apropiables nin polos Estados nin polos particulares. Seren bens dotados de valores non estritamente económicos —culturais, ambientais, sociais— e, por tanto, portadores dun alto potencial de solidariedade social, tanto en sentido sincrónico como diacrónico (solidariedade interxeracional).

Bienes comunales, pasado y presente, Madrid: Centro de Estudios Registrales, p. 453. Vid. tamén AA.VV (2006): Os montes veciñais en man común: o patrimonio silente. Natureza, economía, identidade e democracia na Galicia rural, Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 13. Así, a STC 166/1998 admitiu a embargabilidade dun ben patrimonial municipal, e a mesma posibilidade admitiu respecto dun organismo autónomo a STS de 29 de xaneiro de 1999 (RJ 1999/573). 14. Moreu Carbonell, Elisa (2003). “Desmitificación, privatización y

Entre os bens comúns adóitase distinguir entre bens comúns materiais, funxibles (o medio ambiente, as pesquerías en augas internacionais, os bens patrimonio da humanidade) e os bens comúns inmateriais, infunxibles (por exemplo, a propiedade intelectual en réxime de dominio público, os códigos xenéticos da materia viva, a propia internet). Mais se o estudo destes bens é crecente —como demostra a actividade da International Association for the Study of Common Property (IASCP), fundada en 1989, e cuxa traxectoria foi recoñecida co Premio Nobel de economía de 2009 a unha das súas principais representantes, Elinor Ostrom—, tamén a súa existencia está sendo sometida a un proceso de deslexitimación ideolóxica: a mercantilización do medio ambiente fundamentouse polo pensamento neoliberal en propostas como o ecoloxismo de libre mercado, especialmente a partir dos argumentos expostos en 1968 polo biólogo Garret Hardin sobre a “traxedia dos bens comúns”17, isto é: que o medio ambiente, por ser de uso gratuíto, tende a ser sobreexplotado e devastado, polo que a súa regulación económica e monetarización levaría a fixar prezos de utilización tendente a impedir a súa destrución18. Velaí o actual desafío: seguir mantendo a existencia destes bens fóra do comercio humano, isto é, fóra do alcance das lóxicas de acumulación capitalista, na actual plétora destas lóxicas. Estudar estes bens fornece tamén os elementos dunha posíbel alternativa poscapitalista para o conxunto da humanidade, de usos compartidos e sustentábeis dos recursos ao noso alcance. De aí a súa importancia teórica e, tamén, a súa importancia política práctica ■

globalización de los bienes públicos: del dominio público a las ‘obligaciones de dominio público’”, Revista de Administración Pública 161, p. 446. 15. Martín Mateo, Ramón (2000). “El agua como mercancía”, Revista de Administración Pública 152, pp. 7 e ss. 16. Este novo tipo contratual, acuñado no ámbito británico e incorporado ás directivas comunitarias de contratación do ano 2004, consignouse no artigo 13 da lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público. 17. Cfr. “The tragedy of the commons”, Science 162, 1968, pp. 12431248. 18. Unha exposición deste tipo de argumentación, que ve na propiedade común ou colectiva unha ineficiencia e un risco, pódese consultar en Maite Padilla, “El ecologismo de libre mercado”, en José Luis Gordillo (coord.) (2006). La protección de los bienes comunes de la Humanidad. Un desafío para la política y el derecho del siglo XXI, Madrid: Trotta, , pp. 21 e ss. A propiedade comunal sería un fallo de mercado causado por un intervencionismo gobernamental excesivo plasmado nunha lei que a ampara, polo que a receita é liberalizala, introducila nunha lóxica de apropiación mercantil, a lóxica do libre mercado rexido polo dereito privado, que dá lugar a unha mellor conservación do recurso natural. Este enfoque, trasunto dos argumentos da escola de Chicago, pode ser exemplificado por esta cita de De Alessi (1980): “The Economics of property rights: a review of evidence”, Research in Law and Economics 2, pp. 5-6: “Baixo o réxime da propiedade común, os individuos carecen tipicamente de dereitos exclusivos e libremente transmisibles sobre o uso dos recursos. Dado que os individuos non poden exercer plenos dereitos sobre o produto dos investimentos que poidan realizar no recurso posuído en común, entre o que se inclúe pospor o momento da captura, existen menos incentivos para conservar. Pasteiros, caladoiros de peixe, cotos de caza e bosques posuídos en común son tipicamente utilizados máis intensamente e esgotados antes do que o terían sido se se houbesen mantido como propiedade privada”.

25

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.