QUINÉSICA E REGUEIFA. REGUEIFANDO CON TODO O CORPO

Share Embed


Descrição do Produto

QUINÉSICA E REGUEIFA Regueifando con todo o corpo Aitor Rivas Universidade de Vigo

Que imos facer hoxe? Presentación

Análise do comportamento xestual en regueifas

Os xestos, a regueifa e as emocións

Conclusións

A Comunicación Non Verbal Definición Que é? É o conxunto de sinais, movementos, expresións da cara, a distancia, os xestos, os cheiros, etc. que serven para nos comunicar. Pódense catalogar os significados? Todos os significados da Comunicación Non Verbal non poden ser catalogados: non existe un glosario dos significados dos xestos, pois son moi complexos e moi variábeis. (Birdwhistell, 1970)

A quinésica Definición Que é? Os xestos, os movementos corporais, os das extremidades, os das mans, da testa, do pé, o comportamento dos ollos, as maneiras e a postura que interveñen na comunicación. p.ex. A postura que temos ao estar de pé, as chiscadelas de ollos, os acenos coas mans...

Análise dalgúns xestos a) Suso de Xornes e Antonio de Xornes https://www.youtube.com/watch?v=jhK8TrI7-dM&feature=youtu.be

(1’35’’ - 1’49’’)

Non lle levo a contraria non o quería ofender pois se van á túa escuela ai, moito non han aprender. (2’20’’ - 2’40’’)

Ai, foi á universidá esa é verdá, que eu n’o negho e botou alí tres anos poñendo o azulejo.

Análise dalgúns xestos b) Esther Porrit, Sara Marchena, Alba María, Nuria das Cruces e Noa de Capón https://www.youtube.com/watch?v=lulfGAlbyRI

(0’36’’ - 0’50’’)

A verdade é que nós somos todas, ai, artistas no século vinteún a regueifa é feminista! (3’49’’ - 4’00’’)

Ai, que sexi está Gayoso ai, que sexi, é que me mata! Que bonito ese vermello cos puntiños da gravata.

Análise dalgúns xestos b) Esther Porrit, Sara Marchena, Alba María, Nuria das Cruces e Noa de Capón https://www.youtube.com/watch?v=lulfGAlbyRI

(4’10’’ - 4’18’’)

Tedes razón, amighiñas, xa vos vén a molestar veña, pasa para o sitio veña, pasa a traballar. (4’26’’ - 4’36’’)

Pois mira, aquí está mira ti, o que hai que ver! Mira, pasa xa para alá, non tes nada que facer!

Análise dalgúns xestos c) Guillermo da Rabadeira

https://www.youtube.com/watch?v=rsAHJSya2IQ

(5’28’’ - 5’39’’)

Pois eu vin aquí adrede o mundo diga o que queira tendes aquí a Guillermo que vive na Rabadeira. (6’52’’ - 7’04’’)

Eu traballo en moitos sitios eu traballo en moitos lados porque son traballador non vivir equivocados.

Análise dalgúns xestos d) Certame Escolar de Regueifas de Valadares https://www.youtube.com/watch?v=i63rHZGu1KQ

(2’40’’ - 2’50’’)

O xardín está fermoso sobre todo en primavera hai moi... adoita haber... moitas flores… (6’00’’ - 6’12’’)

Chámome Álex Docampo agora son da cidade. Nunca viñen ás regueifas pero teño calidade.

Análise dalgúns xestos d) Certame Escolar de Regueifas de Valadares 7’49’’- 8’26’’

O meu pai saíu da casa foi facer unha viaxe é como el é xornaleiro fixo unha reportaxe. 26’39’’ - 26’47’’

Viaxar é importante para coñecer cultura e recorrer todo o mundo aportando a tenrura.

Expresións e emocións As expresións son universais?

Expresións e emocións 1. Que emoción transmite esta expresión?

Expresións e emocións Con que xesto e postura acompañamos esta emoción?

medo As cellas érguense e xúntanse. As pálpebras superiores érguense. As pálbebras inferiores ténsanse. Os beizos estíranse horizontalmente cara atrás.

Expresións e emocións 2. Que emoción transmite esta expresión?

Expresións e emocións Con que xesto e postura acompañamos esta emoción?

sorpresa Érguense as cellas. Ábrense os ollos. Ábrese a boca.

Expresións e emocións 3. Que emoción transmite esta expresión?

Expresións e emocións Con que xesto e postura acompañamos esta emoción?

noxo Enrúgase o nariz. Érguese o beizo superior.

Expresións e emocións 4. Que emoción transmite esta expresión?

Expresións e emocións Con que xesto e postura acompañamos esta emoción?

enfado As cellas baixan e xúntanse. A ollada enfurécese. Os beizos estréitanse.

Expresións e emocións 5. Que emoción transmite esta expresión?

Expresións e emocións Con que xesto e postura acompañamos esta expresión?

felicidade Fórmanse pés de galiña (enrugas). Érguense as meixelas. Móvense os músculos dos ollos.

Expresións e emocións 6. Que emoción transmite esta expresión?

Expresións e emocións Con que xesto e postura acompañamos esta emoción?

tristura Pálpebra superior caída. Perda do foco na ollada. Os extremos dos beizos caen lixeiramente.

Expresións e emocións Que emoción transmiten estas expresións?

Expresións e emocións Que emoción transmiten estas expresións?

Expresións e emocións A vergoña

Xestos, regueifas e emocións Para que facemos xestos?

Que facemos coa vergoña?

Que emocións queremos transmitir?

Como podemos mellorar as nosas regueifas?

conclusións 1. Os xestos contribúen á explicación do que dicimos e regueifamos. 2. Que imaxe queremos dar? O noso comportamento non verbal “percíbeno” as outras persoas e pode axudar a centrar ou a desviar a atención do público. 3. As emocións son moi importantes nas regueifas e, se están relacionadas co que dicimos, hainas que exteriorizar. 4. A vergoña non debe limitarnos cando estamos regueifando.

Conversamos

Que vos pareceu o tema? Algunha dúbida? Observacións?

Suxestións?

Moitas grazas

Aitor Rivas

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.