Recreando con Técnicas de Fotogrametría Histórica unha Paisaxe Megalítica Asolagada: O Caso do Encoro do Salas (Ourense). RECREATING WITH PHOTOGRAMMETRIC TECHNIQUES A SUBMERGED MEGALITHIC LANDSCAPE: THE CASE OF THE SALAS RESERVOIR (OURENSE)

Share Embed


Descrição do Produto

Férvedes

Vilalba (Lugo)

Número 8

Año 2015

Pp.: 9 - 16

ISSN 1134-6787

RECREANDO CON TÉCNICAS DE FOTOGRAMETRÍA HISTÓRICA UNHA PAISAXE MEGALÍTICA ASOLAGADA: O CASO DO ENCORO DO SALAS (OURENSE). RECREATING WITH PHOTOGRAMMETRIC TECHNIQUES A SUBMERGED MEGALITHIC LANDSCAPE: THE CASE OF THE SALAS RESERVOIR (OURENSE). Benito VILAS ESTÉVEZ

José María EGUILETA FRANCO

Univ. de Gales Trinity Saint David [email protected]

Sección de Arqueoloxía, Concello de Ourense arqueoloxí[email protected]

Miguel CARRERO PAZOS

Anders HAST

Univ. de Santiago de Compostela [email protected]

Uppsala University [email protected]

RESUMEN O obxectivo deste estudo é tratar de reconstruír a paisaxe megalítica do Val de Salas, que hoxe se atopa debaixo da auga, por mor da construción dun encoro nos anos setenta do século pasado. A elección desta zona reside principalmente nas múltiples referencias historiográficas que dan conta da súa riqueza tumular. Mediante o emprego de técnicas fotogramétricas sobre fotografías históricas, púidose reconstruír este espazo funerario megalítico. Cremos ademais que a metodoloxía proposta pode ser así mesmo un paso cara adiante no estudo de monumentos hoxe desaparecidos ou que están en proceso de desaparición. ABSTRACT The objective of this study is to try to reconstruct the megalithic landscape located at Val do Sala, that nowadays is situated under the water due to the construction of a dam at the seventies from the last century. The choice of this area is due to the several allusions that makes reference to the big amount of tumulus at this area. Through the employment of different photogrammetric techniques over historical photographs, it was possible to reconstruct this megalithic landscape. We also think that the methodology proposed might be a new step in the study of lost monuments, or that are beginning to disappear. Palabras Chave: Keywords:

1.-

Fotogrametría, encoro, mámoas, 3D, estereocopia. Photogrammetry, damm, tumulus, 3D, stereoscopy.

INTRODUCCIÓN.

A paisaxe megalítica do encoro do Salas sitúase no que se coñece como o Val do Salas no concello de Muíños. Non é o obxectivo desta investigación estudar integramente todos os xacementos que forman dito conxunto, senón tan só aqueles que se circunscriben á zona somerxida do encoro e as súas inmediacións. Hai que ter en conta que non resulta doado reconstruír unha paisaxe prehistórica e megalítica neste caso, pois é moi complicado saber se despois incluso dunha prospección arqueolóxica intensiva nos conseguimos achegar á distribución total do volume de túmulos que conforman a zona, e son varios os factores que inflúen nesta cuestión. Un dos factores fundamentais ata hai non moito tempo era a propia vexetación galega, que dificultaba enormemente os traballos de prospección. Sen em-

bargo, hoxe en día en parte gracias a tecnoloxía LiDAR, como recentes traballos están constatando (Carrero, M., Vilas, B., 2015), é posible facer unha preprospección mediante un preprocesado previo destes dados, que permite identificar o que poderían ser potenciais estruturas tumulares mediante a fotointerpretación, que logo habería que comprobar en campo, pois poden tratarse de mámoas ou de outros elementos como por exemplo afloramentos rochosos. Por outro lado, débese ter en conta tamén o problema das alteracións que estas estruturas puideron sufrir ó longo do tempo, que van dende simples alteracións superficiais ata a completa perda da estrutura, debido a diferentes situacións de uso do espazo en épocas posteriores. Neste caso concreto de estudo, este último punto é un dos grandes problemas que se formulan, pois a construción dun embalse nos anos 70 do século pasado provocou o asolagamento de gran parte

10 B. VILAS ESTÉVEZ, ET AL.

dos xacementos que alí se encontraban, provocando incluso a destrución e traslado dalgúns destes. 2.-

HISTORIOGRAFÍA.

O certo é que os estudos megalíticos no Val de Salas, tal e como indica Eguileta (Eguileta, J.M,. 2003), posúen unha longa traxectoria historiográfica, pois xa o investigador portugués J, Fortes no ano 1901 publicaba o primeiro traballo sobre as antas deste val De seguido, vanlle suceder outros estudos tamén moi temperáns, como son os de B. Fernández Alonso en 1906, impregnados dunha fonda paixón celtista propia do momento. Pero será a partires da xeración “Nós”, e como consecuencia da viaxe do Prehistoriador alemán Hugo Obermaier por Galicia, cando os conceptos de Prehistoria e Arqueoloxía comezan a ter un contido propio, e vai ser neste contexto que se desenrolarán os primeiros traballos de investigación, acompañados de escavacións en Maus de Salas, a cargo de Florentino López Cuevillas en 1927. Máis tarde o matrimonio de prehistoriadores alemáns George e Vera Leisner, tamén incluirán as antas desta zona nos seus traballos de 1959 e 1965. Sen embargo, habería que esperar ata a década de 1970, para que o que por aquel entón director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Xesús Ferro Couselo acometese novas escavacións na área por mor da inundación que ían sufrir os monumentos megalíticos, como consecuencia da construción da presa (obxectivo principal de estudo neste traballo) (Ferro, X., 1972). Xa na década dos anos 80 vaise realizar o primeiro traballo de prospección sistemática centrado no Val de Salas, e formado por un grupo multidisciplinar no que se van catalogar varias mámoas da zona do encoro do Salas, como son as mámoas de Veiga de Requiás. Se ben como xa se indicou antes, desafortunadamente, o encoro xa existía nese intre e este traballo permanece inédito como indica Eguileta (2003). Posteriormente, ó longo da década dos 90 do século pasado, íanse desenvolver traballos de prospección e escavación, a cargo de Xosé María Eguileta Franco, e que sufriron un trato desigual na intensidade e nas publicacións científicas (1993-94, 1995, 1997, 1999). Gracias a estes traballos contamos na zona con 44 estruturas tumulares rexistradas no entorno do encoro do Salas, ademais dunha posible cista indeterminada que carecería de masa tumular (gran parte delas se localizaron no ano 1999 cando unha seca propiciou unha gran baixada do encoro, aínda que non total). Estas mámoas agrúpanse en diferentes necrópoles, de xeito que: o grupo de Outeiro do Cavala-

dre contaría con 14 mámoas e a posible cista, o grupo de Munixei con 2 mámoas, a necrópole de Veiga de Requiás contaría con 19 mámoas, e o grupo de Veiga de Maus de Salas con 8 mámoas. Sen embargo non é descartable que existan mais mámoas baixo o encoro (Eguileta, J.M., 2003). 3.-

PROBLEMÁTICA.

Tal e como quedou dito anteriormente, gran parte dos monumentos que son obxectivo deste traballo atópanse somerxidos hoxe somerxidos baixo o encoro do Salas, habendo ademais constancia que durante a construción deste encoro en 1972, unha cantidade indeterminada de mámoas foi arrasada no sector meridional do dique (Eguileta, J.M., 2003). Un dos monumentos, o coñecido como Casiña da Moura, atópase reconstruído ó lado do devandito dique, tamén na súa beira Norte. Sen embargo, a súa reconstrución distaría moito de ser ideal xa que a súa orientación e tipoloxía orixinal como dolmen de corredor, non foron respectadas e hoxe ten a aparencia dun dolmen poligonal simple, coa entrada apuntando ó Norte. A maior parte dos monumentos aquí existentes atópanse realmente baixo a cota máxima de inundación do encoro, permanecendo gran parte do ano baixo a auga, ou incluso varios anos. Sen embargo, é importante resaltar que malia que o encoro perde gran parte da capacidade que posúe, este nunca se secou completamente, polo que pode ser que aínda hoxe queden monumentos sen catalogar debaixo das augas. Por outro lado, ademais as estruturas asolagadas polos encoros se atopan principalmente afectadas pola deflación, que consiste na erosión lenta da terra que comeza por descubrir novas estruturas e conclúe por provocar o seu colapso ó eliminar paulatinamente os materiais de unión das pedras que compoñen ditas estruturas (Matamoros, P., et al, 2013), o que en parte explica o mal estado das estruturas que se atopan a maior parte do tempo baixo o encoro. Por tanto, o que aquí nos preguntamos, é se sería posible reconstruír a paisaxe megalítica existente antes da construción do encoro grazas á fotografía histórica. 4.-

METODOLOXÍA E RESULTADOS.

Nun primeiro momento, antes de empregar distintas técnicas fotogramétricas, consideramos a necesidade de estudar, gracias ó uso da tecnoloxía de LiDAR, a posible existencia de mámoas non detectadas anteriormente na contorna superficial do encoro, xa que as posibilidades desta tecnoloxía para a descuberta de novas mámoas foi contrastada recentemente coa localización dunha nova mámoa

Férvedes, 8 (2015), pp.: 9 - 16

11 RECREANDO CON TÉCNICAS DE FOTOGRAMETRÍA HISTÓRICA UNHA PAISAXE...

na necrópole de Santa Mariña en Lugo (Carrero, M., Vilas, B., 2015). Para facer isto, descargamos as follas LiDAR con resolución de 25 cm: 5864642; 586-4644; 588-4642; 588-4644; 590-4642 e 590-4644. Para o procesado dos datos LiDAR, fixemos uso do software QGIS (Open Source), e da toolbox lastools. Unha vez procesados os dados, creamos un Modelo Dixital do Terreo (MDT) con tan só os puntos do terreo, eliminando toda cobertura vexetal, o que nos permite visualizar moito mellor o que se atopa realmente na superficie. En base a isto e diferentes técnicas de visualización como o Hillshade, que simula un determinado ángulo de iluminación do sol que pode ser modificado manualmente sobre o MDT, provocando que existan zonas incididas directamente pola luz e poden ser visibles e outras non. A outra técnica que empregamos é un Local Relief Model (Hesse, R., 2010) que realiza unha representación da superficie topográfica con valores de elevación a escala local, que xunto co filtro resampling (realizado mediante o uso de software SAGA GIS (Open Source)) proporciona resultados moi interesantes. O máis característico é que ambas técnicas poden mesturarse utilizando como base cartográfica o hillshade cruzándoo co filtro Resammpling. Gracias a isto, acadamos un mapa no que conseguimos observar e situar os monumentos tumulares xa catalogados e publicados por Eguileta (Eguileta, J.M., 2003), podendo comprobar que non existían novos puntos susceptibles de ser considerados mámoas, pero si nos valeu para realizar pequenas correccións nas coordenadas daquelas mámoas que son visibles. Tamén indicamos no mapa tres mámoas das que temos constancia que xa non existen por mor da construción do encoro e o dolmen de Casiña da Moura trasladado (Fig.: 1).

Pero a pesar de que o LiDAR aberto do que dispoñemos en Galicia é unha ferramenta moi útil en arqueoloxía, tamén ten as súas limitacións ó non tratarse dun LiDAR de tipo batimétrico, o que permitiría observar o que se encontra debaixo da auga por ser capaz de traspasala. Por tanto xurde a necesidade de recorrer a outro tipo de dados e técnicas para poder observar os xacementos que se atoparían debaixo da auga. Os dados ós que recorremos foron as fotografías aéreas históricas, pois constitúen unha testemuña visual do terreo e da paisaxe no momento en que foron tomadas. O acceso á fotografía aérea antiga anterior á construción do encoro do Salas, pode permitir, por procesos fotogramétricos dixitais, recuperar virtualmente paisaxes que xa non existen (Redweik, P., et al., 2012). Isto é posible por que dun xeito resumido poderíamos definir a fotogrametría dixital como a forma de xerar modelos tridimensionais de maneira semiautomática a partir de fotografías. É importante recalcar que neste traballo imos a obter modelos tridimensionais aplicando técnicas fotogramétricas a posteriori, é dicir, baseándonos nun grupo de imaxes que non foron tomadas co obxectivo de axudar a crear un modelo en tres dimensións, é no que neste caso certos autores denominan fotogrametría involuntaria (Aparicio, P., et al, 2014). Para a zona do encoro de Maus de Salas, contamos con dous voos diferentes realizados polo exército americano en diferentes anos, antes da construción do encoro. Trátase dos voos coñecidos como Voo Americano serie “A” que fotografou a zona do encoro no ano 1946 e o Voo Americano serie “B” que fotografou a zona no ano 1956. O Voo Americano serie ”A” supón o primeiro voo fotográfico xeral de España realizado polo

Fig.: 1. Mapa do resampling filter xunto cunha serie de puntos que indicarían onde se atopan ou atopaban as mámoas.

Férvedes, 8 (2015), pp.: 9 - 16

12 B. VILAS ESTÉVEZ, ET AL.

Fig.: 2. Unha das Fotografías históricas do 1956 onde se indica cun recadro cal sería a zona do encoro. A mancha negra é territorio portugués.

Fig.: 3. Imaxe da área de estudo xeorreferenciada cos túmulos e zona actual do encoro marcada.

exército americano, e gracias a información aportada polo CECAF (Centro Fotográfico y Cartográfico del Ejército del Aire) sabemos que na zona houbo dous recorridos fotográficos distintos no tempo no ano 1946 e a diferentes alturas e resolucións: 1:43500 e 1:46900. O problema deste voo, é que a zona de interese atópase nos fotogramas nunha zona lateral das fotografías, e non completamente representada, o que provoca que a súa resolución non sexa demasiado boa, isto pode deberse a problemática de estar situado o encoro preto da fronteira con Portugal, e por tanto os problemas que puideron existir por fo-

tografar outro país sen permiso. Por tanto decidimos prescindir desta serie fotográfica no traballo. O Voo Americano serie “B” realizado no ano 1956 e 1957, e que foi feito en colaboración polo exército español e as forzas aéreas americanas, novamente grazas a información aportada polo CECAF, sábese que nesta zona existiu unha única pasada o 0404-1956 a unha escala de 1:31500. Neste caso a zona si se atoparía centrada nos fotogramas e si foi posible o emprego destas imaxes (Fig.: 2; 3). A pesar que dende o CDIX é posible descargar imaxes do voo de 1956, a resolución que posúen non é a mais alta posible, ademais para os traba-

Férvedes, 8 (2015), pp.: 9 - 16

13 RECREANDO CON TÉCNICAS DE FOTOGRAMETRÍA HISTÓRICA UNHA PAISAXE...

Fig.: 4. Modelo creado 3D da área creado con Agisoft Photoscan.

Fig.: 5. Modelo 3D sen textura, onde se pode observar todo o gran que acumula a imaxe.

llos de fotogrametría dixital é moi importante que as fotografías manteñan certo solape entre elas, para poder crear modelos tridimensionais. Ante esta tesitura, vímonos na obriga de contactar con CECAF, propietario de estas fotografías, para solicitar que nos enviasen todas as fotografías que recollían a área en cuestión en formato dixital na mellor resolución posible. En total 3 son os fotogramas que recollen esta área, dous de xeito completo, e un de xeito parcial. Unha vez obtidas as fotografías, o que se procurou, foi a de realizar unha aproximación novidosa en busca das mámoas catalogadas e de posibles mámoas na zona a través de técnicas fotogramétricas dixitais. Dicimos que se trata dunha aproximación novidosa, xa que a diferenza de outros traballos que estudaron zonas asolagadas con anterioridade como por exemplo o de Cerrillo Cuenca (2011) ou o de Redweik et alii (2012), aquí non preténdemos producir un MDE (Modelo Dixital de Elevacións) para estudar as relacións dos sitios ar-

queolóxicos coa paisaxe e como se estruturarían os camiños e visibilidades, senón que o que se pretendeu foi un nivel mais primario, de intentar achegarnos a identificar mediante a fotointerpretación coa xeración de modelos tridimensionais, a posible existencia de mámoas. Unha pregunta non carente de dificultades xa dende un principio, de igual forma que dixemos cos dados LiDAR, o que realizamos é unha fotointerpretación, do que pensamos que poden ser estruturas megalíticas, pero que despois hai que contrastar no campo, pois pode que esteamos errados, sen embargo neste caso a problemática é maior xa que non podemos ir ó campo a comprobar os puntos de interese, co cal o grado de subxectividade dos dados vai a ser maior, aínda que non por iso pensamos que se trate dunha análise errada. Sen embargo, cómpre ser consciente de que o traballo posúe un alto grado de subxectividade o non poder comprobar os dados no campo. Para a realizar fotogrametría é necesario que se teñan dúas ou mais fotografías dun mesmo elemento

Férvedes, 8 (2015), pp.: 9 - 16

14 B. VILAS ESTÉVEZ, ET AL.

realizadas dende distintos tipos de vista, a fotogrametría supón un sensor 3D pasivo xa que se limita a observar a escena a través dun sistema óptico ou óptico electrónico co obxectivo obter a través de esta visión, a información de carácter xeométrico. O que procura é individualizar puntos homólogos para obter un modelo tridimensional (Rodriguez, P., 2012). Nun primeiro momento, empregamos o software especializado Agisoft Photoscan para lograr unha recreación fotogramétrica 3D a través do que se denomina fotogrametría dixital automatizada. En este tipo de software o primeiro paso é aliñación das fotografías que se van empregar para a realización do modelo. Esta labor é realizada polo programa automaticamente, e inclúe a calibración e corrección de todas as imaxes partindo dos seus dados EXIF (exchangeable image file format. Son metadados que van asociados a fotografía dixital). O procedemento está baseado na utilización dos píxeles das imaxes como puntos, e procura todos estes puntos homólogos en todas as fotografías e con iso as posicións relativas de cada cámara (Rodriguez, P., 2012). O problema, é que as fotografías do ano 1956, non eran en formato dixital, é por tanto non levan asociados os dados EXIF, polo que Photoscan asume que os 35 mm de lonxitude focal equivalen igualmente a 50 mm e realiza a aliñación en concordancia con esta asunción (Photoscan User Manual). Unha vez orientadas o conxunto de posicións das cámaras, as propias fotografías, son empregadas para realizar ou unha nube mais densa de puntos (neste caso o fixemos) ou xa directamente para a construción da xeometría do modelo, é dicir, a construción da malla de polígonos en 3D que define a superficie do modelo. Por último, é posible conseguir unha textura fotorrealística do modelo (Rodriguez, P., 2012). O certo, é que neste caso, non acadamos os resultados esperados mediante o procesado das imaxes con Agisoft photoscan, pois a pesar de modificar os parámetros de distancia focal manualmente, seleccionar as áreas de interese mediante a creación de máscaras, e incluso a selección por áreas moi pequenas e corrección de erros de reproxección e reconstrución, os resultados con tan só 3 imaxes (das cales so dúas recollían a zona completa), non foron o suficientemente nítidos para poder observar os túmulos megalíticos, pois a pesar de poder conseguir un MDE da zona que como foi explicado anteriormente, sería interesante para outras análises, pero para a visualización e identificación de túmulos non resultou válido, o acumular demasiado gran na superficie, co cal xa non era válido o seu procesamento con outros software como SAGA GIS (Fig.: 3; 4). Polo tanto, ante a imposibilidade de usar este método para a visualización 3D dos túmulos, reco-

rremos a outra técnica, que consiste na extracción por pares de imaxes estereoscópicas de forma automática é dixital. Esta técnica foi xa empregada por Anders Hast e Andrea Marchetti co uso de fotografías aéreas históricas en distintos lugares de Italia agora desaparecidos por diferentes razóns (2015). A razón do uso deste tipo de imaxes é por que ofrecen unha mellor comprensión xa que se percibe información das profundidades que non están dispoñibles nunha foto sinxela. De igual forma que anteriormente, para a realización de imaxes estereoscópicas é preciso ó menos dúas fotografías con solape entre elas, do mesmo obxecto. O problema das fotografías aéreas históricas, é que os avións non voaban seguindo un trazado recto perfecto, polo que se precisa realizar unhas correccións xeométricas primeiro, e tamén afecta o problema da iluminación nestas imaxes onde se produce un descenso de luz nas esquinas e outros lugares que debe ser removido, creando un mapa tonal que faga as imaxes o máis semellantes posible (Hast, A., Marchetti, A., 2015). Non é aquí o obxectivo deste artigo, explicar todo o proceso que leva a adquisición das imaxes mediante estereocopia automática, polo que remitimos un traballo onde todo este proceso é explicado (Hast, A., Marchetti, A., 2015). Sen embargo é importante puntualizar que a estereoscopia dixital automática, é aínda unha técnica moi recente, e na que se está avanzando, de xeito que non todos os pasos son feitos aínda automaticamente polo ordenador, senón que algúns hai que facelos manualmente . O certo é que a estereoscopia manual existe dende hai tempo, pero é agora que se está comezando a desenrolar o campo da estereoscopia dixital, que está dando os seus primeiros pasos. Outro factor importante a ter en conta, cando se consigue unha imaxe estereoscópica mediante este método, e que para visualizar o 3D da imaxe, é necesario o uso de gafas anaglíficas, que son aquelas gafas que conteñen lentes de diferentes cores, xeralmente vermello e azul. Esta diferencia de coloración lle serve o ollo humano para filtrar de forma diferente as cores que reciben os ollos e crear a sensación do 3D. Tendo isto en conta, realizamos diferentes recortes da paisaxe do encoro do Salas, e creamos as imaxes estereoscópicas. Toma un pouco de tempo, dependendo da persoa habituarse a mirar esta imaxe, pero unha vez se consegue, créase a sensación de tres dimensións. Nalgunhas zonas, si nos valeu para poder definir a posible existencia de mámoas, e incluso percibir algunhas que hoxe en día estarían perdidas debido a construción do encoro (caso da zona 1 como se verá). En calquera caso como foi mencionado antes, é importante resaltar que esta tecnoloxía está aínda en proceso de desenrolo, e que existe o problema no noso caso concreto, da dificultade de poder cer-

Férvedes, 8 (2015), pp.: 9 - 16

15 RECREANDO CON TÉCNICAS DE FOTOGRAMETRÍA HISTÓRICA UNHA PAISAXE...

tificar se o que se observa son realmente mámoas, ou incluso se aqueles puntos sospeitosos que aparecen nalgunhas imaxes na superficie actual, pero que desgraciadamente xa non existen, serían mámoas algunha vez. 5.-

CONCLUSIÓNS.

Como se indicou o longo do traballo, o uso da estereoscopia dixital, carrexa certos problemas o ser unha técnica que presenta un alto grado de subxectividade. Non obstante parécenos unha técnica moi interesante e útil cando nos dispoñemos de ou6.-

tros posibilidades, como é o caso. Ademais esta técnica, presumiblemente, conforme se vaia desenrolando, poderá fornecer mais e mellores dados, pero que sempre estarán condicionados a comprobación no campo. Sen embargo neste caso para a zona do encoro do Salas, temos que dicir que os seus resultados, malia non ser os máis idóneos, si que nos permitiron realizar unha primeira aproximación histórica a unha paisaxe megalítica asolagada e apuntar novos posibles xacementos a través da fotointerpretación enriquecendo aínda mais o noso coñecemento do lugar e aportando mais dados acerca da dimensión das necrópoles megalíticas sitas neste val.

BIBLIOGRAFÍA.

APARICIO RESCO, P., CARMONA BARREIRO, J.D., FERNANDEZ DIAZ, M., MARTIN SERRANO, P.M. 2014 «Fotogrametría Involuntaria»: Resctando información geométrica en 3D de fotografías de archivo. VAR, 5, 10, pp.: 11-20 CARRERO PAZOS, M., VILAS ESTEVEZ, B . 2015 The possibilities of the aerial LiDAR for the detection of Galician megalithic tumuli (NW Iberian Peninsula). The case of Santa Mariña (Lugo). Poster presentation at CAA congress. CERRILLO CUENCA, E. 2011 Recorriendo un territorio desaparecido : Restitución fotogramétrica y análisis del paisaje de la necrópolis prehistórica del Vado de Alconétar. Actas del V Simposio Internacional de Arqueología de Mérida. pp.: 145-159. Tecnologías de Información Geográfica y Análisis del Territorio. Mérida, MATAMOROS CODER, P., CARRASCOSA MOLINER, B., CERRILLO CUENCA, E. 2013 La situación del patrimonio arqueológico subacuático en la cuenca extremeña del Tajo. Perspectivas de conservación, documentación y análisis I Congreso de Arqueología Naútica y Subacuática Española, pp.: 720-734. Catálogo de publicaciones del Ministerio. Cartagena. EGUILETA FRANCO, J.M. 1993-94 As mámoas dos Concellos da Baixa Limia: aportación al catálogo de monumentos tumulares de la comarca. Cuadernos de Estudios Gallegos, 41, pp.: 41-64.Santiago de Compostela. 1995 El volumen de los monumentos megalíticos: aportación a los patrones de emplazamiento de las mámoas de la comarca de A Baixa Limia (Ourense, Galicia). BSSA, Arte y Arqueología, 61, pp: 9-30.

Recibido: Aceptado:

1997

Megalitos y Coordenadas espaciales en la Baixa Limia gallega: ¿Una neolitización tardía en la Galicia Interior? In A. Rodriguez Casal (Ed.) : Actas do Coloquio Internacional: O neolítico Atlántico e as Orixes do Megalitismo, Universidade de Santiago de Compostela, pp.: 553-561 1999 A Baixa Limia galega na Prehistoria Recente. Arqueoloxía dunha paisaxe na Galicia Iinterior. Deputación Provincial de Ourense, Ourense, 547 p. 2003 Mámoas y Paisaje, muerte y vida en el Val del Salas (Ourense): el fenómeno megalítico en un valle de montaña. Univ. de Vigo. 168 pp. FERRO COUSELO, X. 1972 Reseña del Museo. Boletín Auriense, 2, pp.: 7-73. Ourense. HAST, A., MARCHETTI, A. e.p. Towards automatic stereo pair extraction for 3D visualisation of Historical Aerial Photographs. Digital Heritage Conference (Granada, 2015). HESSE, R. 2010 LiDAR -Derived Local Relief Models- a New Tool For Archaeological Prospection. Archaeological Prospection, 17, pp.: 67-72. REDWEIK, P., VILA LOBOS, L., FILIPE, M., FONTE, J., GONÇALVES, J.A. 2012 Recuperação de paisagens submersas a partir de fotografia aérea histórica. Boletim Instituto Geográfico do Exército, 74, pp.: 30-35. RODRIGUEZ NAVARRO, P. 2010 La Fotogrametría digital automatizada frente a los sistemas basaos en sensores 3D activos. Revista de Expresión Gráfica Arquitéctónica, 20, pp.: 100111. Valencia.

15/06/2015 01/08/2015

Férvedes, 8 (2015), pp.: 9 - 16

16 B. VILAS ESTÉVEZ, ET AL.

ANEXO. Preséntase a continuación diferentes imaxes esteresocópicas que deben visualizarse cunhas gafas anaglíficas (na versión en papel non é posible visualizar correctamente as imaxes debido a impresión en escala de grises, debe recorrerse a separata en formato dixital e o uso das gafas). O mapa xeral indica as imaxes e áreas estudadas.

Figura da zona 1. Se prescinde da sinalización do encoro, para non sobrecargar a imaxe. O lugar de estudo da imaxe, correspóndese coas referencias de destrución de mámoas pola construción do encoro. Cun círculo branco, se sinalas as mámoas que aínda perduran hoxe en día, e cun círculo negro aqueles puntos, que serían sospeitosos de ser mámoas arrasadas, un total de 4.

Figura da Zona 2. Esta zona se atopa permanentemente cuberta pola auga exceptuando ocasións especiais. Neste caso se sinala con puntos brancos, aqueles lugares onde as coordenadas sitúan mámoas, sen embargo non se observa nada neses lugares, polo que supoñemos que pode ser un pequeno erro de coordenadas, como sucedía na superficie antes da corrección co LiDAR. Cun círculo negro se rodean aqueles puntos novamente susceptibles de ser mámoas. Algún deles serán probablemente as mámoas catalogadas, sen embargo se observan seis posibles zonas a maiores de interese arqueolóxico.

Figura da zona 3. Se escolle esta zona asolagada, por presentar un baleiro de datos con tan só un túmulo rexistrado. Novamente, a coordenada na mámoa rexistrada non se corresponde en principio con unha mámoa, e se observan pola contra, 8 puntos susceptibles de ser considerados mámoas.

Férvedes, 8 (2015), pp.: 9 - 16

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.