Redescubrindo a arte rupestre ao aire libre do Rosal (Pontevedra, Galicia) // Rediscovering the rock art open-air in O Rosal (Pontevedra, Galicia)

Share Embed


Descrição do Produto

SE PA RA TA

Estudo de Arqueoloxía, Prehistoria e Historia Antiga: achegas dos novos investigadores

Editoras: Rebeca Cordeiro Macenlle Alia Vázquez Martínez

1.ª edición: Santiago de Compostela, 2016

© Andavira Editora, S. L., 2016

Vía de Édison, 33-35 (Polígono do Tambre) 15890 Santiago de Compostela (A Coruña) www.andavira.com · [email protected]

© Rebeca Cordeiro Macenlle © Alia Vázquez Martínez © Os autores Diseño editorial: Dixital 21, S. L. Imagen de cubierta: O rapto das Sabinas, Jacques Louis David (1799) Impresión e encadernación: Tórculo Comunicación Gráfica, S. A. Impreso en España · Printed in Spain Reservados todos os dereitos. Non se permite a reproducción total ou parcial desta obra, nin a súa incorporación a un sistema informático, nin a súa transmisión en calqueira forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, fotocopia, grabación ou outros) sen autorización previa e por escrito dos titulares do copyright. A infración de ditos dereitos pode constituir un delito contra a propiedade intelectual. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra. Pode contactar con CEDRO a través da web www.conlicencia.com ou por teléfono no 91 702 19 70 / 93 272 04 47. Andavira, no seu deseño de mellorar as súas publicacións, agradecerá calquera suxerencia que os lectores fagan ó departamento editorial por correo electrónico: [email protected]

Depósito legal: C 1287-2016 ISBN: 978-84-8408-933-9

ÍNDICE 1. Miguel CARRERO PAZOS: Definiendo nuevas herramientas para la detección de túmulos megalíticos en Galicia. El uso de la tecnología LIDAR........................................................................................................

19

2. Benito VILAS ESTÉVEZ: Problemas de comunicación y necesidad del registro arqueológico desde una visión arqueoastronómica: el caso de los túmulos de la Serra do Leboreiro................................................................ 31 3. Alia VÁZQUEZ MARTÍNEZ: Redescubrindo a arte rupestre ao aire libre do Rosal (Pontevedra, Galicia)................................................................... 43 4. Andreia SILVA; Pedro XAVIER; Sofia Soares FIGUEIRIDO: A simbologia dos veados na Pré-Historia recenté do nordeste transmontano: formas pintadas e gravadas.........................................................................

55

5. Andreia SILVA; Pedro XAVIER; Sofia Soares FIGUEIRIDO: As gravuras rupestres de Crestelos (Trás-os-Montes, Portugal) e a sua longa diacronía desde a Idade do Ferro ao período contemporâneo.................................... 63 6. Fabio CARREIRO LAGO; David RODRÍGUEZ FIDEL: Colecciones y coleccionistas de materiales arqueológicos en Tenerife. Siglos XIX-XX.. 83 7. Mikel DÍAZ RODRIGUEZ; Alba Antía RODRÍGUEZ NÓVOA; Antón CARBALLO LOMBA; Miguel CARRERO PAZOS; Patricia VALLE ABAD; Alia VÁZQUEZ MARTÍNEZ: O poboamento na Comarca do Baixo Miño e a súa evolución na Prehistoria e na Antigüidade................. 95 8. Alba Antía RODRÍGUEZ NÓVOA; Mikel DÍAZ RODRIGUEZ; Cristina SEOANE NOVO: Revisión de datos contextuales para el yacimiento de O Achadizo (Boiro, A Coruña)....................................................................... 113 9. Aurora Irene PAZ VIRUET: Contactos comerciales entre las culturas púnica y castreña de la Península Ibérica en la Edad del Hierro. Investigación arqueológica realizada y estado de la cuestión.................... 127 10. Cristina SEOANE NOVO: A cerámica no espello dos metais: definición de criterios e metodoloxía de traballo a partir dos materiais do Castro do Achadizo (Boiro, A Coruña)....................................................................... 145 11. Francisco CIDONCHA REDONDO: Las creencias religiosas en la ciudad romana de Capera.......................................................................................

157

12. Aitor MONEO CRESPO: El culto a Júpiter y el sincretismo religioso en las comunidades del NO hispano. Júpiter y la teonimia indígena en los C. Asturum, Bracarensis y Lucensis................................................................

177

13. Alicia CALVO PANERA: La conceptualización de Troya en Lucrecio como punto histórico dentro del relato romano.......................................... 195 5

Índice

14. Aitor FREÁN CAMPO: Cultos orientales durante la primera Edad del Hierro en el noroeste de la Península Ibérica............................................. 215 15. María Victoria VAELLO RODRÍGUEZ: Las Antesterias en la epigrafía ática del s. IV a.C........................................................................................ 229 16. Marta FERNÁNDEZ ALLER: El homoerotismo femenino en la Grecia antigua......................................................................................................... 241 17. Irune VALDERRÁBANO GONZÁLEZ: Los estrechos de Ártemis: la guerra del parto en la antigua Grecia.......................................................... 257 18. Sara CASAMAYOR MANCISIDOR: Impudicitia: la transgresión de la virtud sexual femenina en la Roma antigua................................................ 273 19. Federica GATTO: Las sacerdotisas de Bona Dea: condición social y aspectos organizativos del culto................................................................. 289 20. José Miguel PUEBLA MORÓN: El reflejo del mito y el rito de los misterios de Eleusis en la moneda griega de Sicilia................................... 309 21. Anna SAPIENZA: La fuga degli Eneadi sull’emissioni monetali di Aineia. Documenti archeologici e numismatici a confronto................................... 321 22. Verónica DEL RÍO CANEDO; Begoña FERNÁNDEZ ROJO; Helena GONZÁLBES GARCÍA: Símbolos sacros en la iconografía alto imperial (s. I d.C.) en Emérita Augusta: lucernas y soportes monetarios................. 329 23. Javier CABALLERO ZAPATERO; Beatriz FERNÁNDEZ BONET: La representación de Venus y Diana en los mosaicos alto-imperiales............. 347 24. David SERRANO LOZANO: Epigrafía romana y plástica castreña: propuestas para un diálogo entre dos lenguajes visuales en el noroeste peninsular.................................................................................................... 363 25. Daniel FERNÁNDEZ MARTÍN: Termas romanas en ciudades de la Hispania Citerior: Valentia, Edeta, Lucentum, Ilici...................................

377

26. Oria FERREIRO DIZ; Carmen GONZÁLEZ DOVAL: Posibilidades das técnicas de teledetección na análise morfolóxica da minería romana na Comarca do Carballiño............................................................................... 385 27. Marta MARTÍNEZ PARADA; Patricia FUENTES MELGAR; José Carlos SASTRE BLANCO: La frontera entre suevos y visigodos a través del poblado medieval de El Castillón......................................................... 391 28. Verónica DEL RÍO CANEDO; Oria FERREIRO DIZ; Francisco ALONSO TOUCIDO: Ajuar doméstico en las mesas compostelanas de época medieval: madera y cerámica como caso de estudio........................ 425 29. Adur INTXAURRANDIETA ORMAZABAL: Estoicismo y Blosio de Cumas: de Roma a Pérgamo....................................................................... 407 6

Índice

30. Rebeca CORDEIRO MACENLLE: El contenido político en las alocuciones militares romanas tardorrepublicanas. De Mario a César (107-44 a.C.)............................................................................................... 439 31. Denís IGLESIA VILANOVA: Os fora do noroeste peninsular. Unha ferramenta para organizar e administrar o mundo rural............................. 459 32. María Luisa PÉREZ GUTIÉRREZ: Características socioculturales de los orgenomescos según la documentación epigráfica..................................... 477 33. Javier VILLALÓN PASCUAL: Civitas sine urbe: el paradigma vadiniense 485 34. Gabriel GÓMEZ MARTÍN: Reflexiones sobre la efectiva latinización universae hispaniae de los Flavios en la Meseta Norte.............................. 497 35. María Cristina DE LA ESCOSURA BALBÁS: ¿Qué hace un romano como tú en un sitio como este? El problema de la onomástica latina en la Hispania republicana.................................................................................. 517 36. Jokin LANZ BETELU: A propósito de una legatio en el “Ara de Hasparren”.................................................................................................. 537 37. Marta FERNÁNDEZ CORRAL: Hoc monumentum faciendum curavit. Las relaciones entre dedicantes y difuntos en la epigrafía funeraria del norte hispano: el ejemplo del área autrigona.............................................. 553

7

Historia vero testis temporum, lux veritatis, vita memoriae, magistra vitae, nuntia vetustatis, qua voce alia, nisi oratoris, immortalitati commendatur? (CIC. De orat. 2. 32, The Loeb Classical Library)

LIMIAR O mundo da investigación non é doado, sobre todo para os novos investigadores. Por este motivo naceu a Asociación Cultural de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (ARCIAN), como unha plataforma destinada a fomentar a interacción e o debate entre todos os especialistas pero, dun modo especial, entre os novos investigadores. Así xurdiu na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela o I Encontro Internacional de Novos Investigadores en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (EINIACA), celebrado os días 10, 11 e 12 de xuño de 2015, como unha oportunidade para aquelas persoas que están a comezar a súa carreira académica de presentar os seus estudos e de coñecer a outros investigadores noveis que se atopan na mesma situación; como un medio para incentivar o diálogo sobre os métodos, as dificultades, as dúbidas e as vicisitudes coas que se atopa un investigador ao inicio da súa carreira; tamén para promover o debate e o intercambio de opinións sobre estes traballos; e, finalmente, para difundir os resultados das investigacións presentadas no encontro. Deste xeito, Estudo de Arqueoloxía, Prehistoria e Historia Antiga: achegas dos novos investigadores atópase nesta última parte: no desexo de colaborar coa divulgación dos traballos dos novos investigadores que se presentaron en EINIACA15. Desde o Consello Editor queremos destacar que todas e cada unha das investigacións presentadas pasaron un estrito control de avaliación mediante o sistema de pares cegos, coa finalidade de garantir a calidade desta obra. Así pois, neste libro pódense achar estudos que abarcan unha temática do máis variada e interesante: Paleolítico, Neolítico, Bronce, Ferro, República e Imperio romanos, Romanización, Relixións, Iconografía, Oriente Próximo, período Altomedieval e Arqueoloxía. Por último, queremos expresar a nosa gratitude á Universidade de Santiago de Compostela, ao Decanato da Facultade de Xeografía e Historia da USC, ao Departamento de Historia I da USC, á Escola Internacional de Doutoramento da USC, ao Programa de Doutoramento de Historia, Arte e Xeografía da USC, ao Servizo de Residencias Universitarias da USC e ao Concello de Santiago de Compostela, cuxa axuda foi e continúa sendo inestimable. Cómpre tamén agradecerlle ás entidades privadas a súa contribución, esencial para levar a cabo o encontro: Beta Analytic, Andavira Editora, Editorial Toxosoutos, Aguasana, JAS Arqueología e Semillas Fito. Igualmente, queremos recoñecerlle aos moderadores das sesións de EINIACA15 a súa presenza no encontro: Hugo Aluai Sampaio, Brais Xosé Currás Refojos, Alberto Bernabé Pajares, Fátima Díez de Platas, María Victoria Vaello Rodrígez, Ana Rodríguez Mayorgas, José Manuel Costa García e Pedro López Barja de Quiroga. Tampouco queremos esquecernos de todos os membros que compoñen o Comité Científico, pois grazas á súa colaboración desinteresada foi posible dotar de rigor académico este libro, así como enriquecer os estudos presentados coas súas suxestións e comentarios. 13

Ademais, gustaríanos resaltar o traballo realizado polo Comité Organizador do encontro formado polos nosos compañeiros Adur Intxaurrandieta Ormazabal, Irune Valderrábano González e Cristina Seoane Novo, xunto con nós mesmas: Rebeca Cordeiro Macenlle e Alia Vázquez Martínez. E, finalmente, agradecémoslles dunha forma especial a todas as persoas asistentes, sen cuxa presenza todo isto non sería posible. As editoras queremos darlle as grazas a todas estas persoas e agardamos que EINIACA15, xunto con este libro, sexan as primeiras edicións dunha longa e frutuosa serie.

14

CONSELLO ASESOR DE ARCIAN-EINIACA • • • • • • • • • • • • • • • •

Dr. Xosé Lois ARMADA PITA Dr. José Manuel CAAMAÑO GESTO Dra. Beatriz COMENDADOR REY Dr. José Manuel COSTA GARCÍA Dr. Pablo de la Cruz DÍAZ MARTÍNEZ Dra. Fátima DÍEZ PLATAS Dr. Ramón FÁBREGAS VALCARCE Dr. Jose Ángel FERNÁNDEZ CANOSA Dr. Carlos FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ Dr. Marco Virgilio GARCÍA QUINTELA Dr. Francisco Javier CONZÁLEZ GARCÍA D. Arturo DE LOMBERA HERMIDA Dr. Pedro Manuel LÓPEZ BARJA DE QUIROGA Dra. Pilar PRIETO MARTÍNEZ Dra. Pepa REY CASTIÑEIRA Dr. Carlos RODRÍGUEZ RELLÁN

15

AVALIADORES DE ARCIAN-EINIACA • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Dr. Andrés María ADROHER AUROUX Dr. José Miguel ANDRADE CERNADAS Dr. Javier ANDREU PINTADO Dr. Borja ANTELA-BERNÁRDEZ Dr. Xosé Lois ARMADA PITA Dr. Xurxo AYÁN VILA Dr. Óscar BARROS FERNÁNDEZ Dr. Juan Antonio BELMONTE AVILÉS Dr. Antonio BLANCO GONZÁLEZ Dra. Rosa BRAÑAS ABAD Dr. Gonzalo BRAVO CASTAÑEDA Dr. José Manuel CAAMAÑO GESTO Dr. Xulio CARBALLO ARCEO D. Erik CARLSSON BRANDT FONTÁN Dr. Fernando CARRERA RAMÍREZ Dr. Ladislao CASTRO PÉREZ Dr. Mario CÉSAR VILA Dra. Rosa María CID LÓPEZ Dra. Beatriz COMENDADOR REY Dr. Diego CONDE GÓMEZ Dra. Carolina CORTÉS BÁRCENA Dr. José Manuel COSTA GARCÍA Dra. Cecilia CRIADO BOADO Dr. Brais Xosé CURRÁS REFOJOS Dr. Antonio DE LA PEÑA SANTOS D. Arturo DE LOMBERA HERMIDA Dr. Pablo de la Cruz DÍAZ MARTÍNEZ Dr. Francisco DÍEZ DE VELASCO Dra. María de Fátima DÍEZ PLATAS Dr. José Antonio ESQUIVEL GUERRERO Dr. Ramón FÁBREGAS VALCARCE Dr. Xosé Anxo FERNÁNDEZ CANOSA Dr. Adolfo FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ Dr. Juan José FERRER MAESTRO Dr. César Antonio FORNIS VAQUERO Dra. Henar GALLEGO FRANCO Dra. Estela GARCÍA FERNÁNDEZ Dr. Marco Virgilio GARCÍA QUINTELA Dr. Julio GÓMEZ SANTA CRUZ Dr. Francisco Javier GONZÁLEZ GARCÍA Dr. Alfredo GONZÁLEZ RUIBAL Dr. Pedro Manuel LÓPEZ BARJA DE QUIROGA 16

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Dra. Guadalupe LÓPEZ MONTEAGUADO Dra. María Cinta MAÑÉ SERÓ Dra. Clelia MARTÍNEZ MAZA Dr. Alfredo MAXIMIANO CASTILLEJO Dr. Santiago Carlos MONTERO HERRERO Dr. Esteban MORENO RESANO Dra. María Luz NEIRA JIMÉNEZ Dr. Toni ÑACO DEL HOYO Dra. Pilar PRIETO MARTÍNEZ Dra. Josefa REY CASTIÑEIRA Dr. Javier RODRÍGUEZ CORRAL Dra. María Isabel RODRÍGUEZ LÓPEZ Dra. Ana RODRÍGUEZ MAYORGAS Dr. Carlos RODRÍGUEZ RELLÁN Dr. José Ignacio ROYO GUILLÉN Dra. Rebeca RUBIO RIVERA Dr. Ángel RUIZ PÉREZ Dra. Carmen SÁNCHEZ FERNÁNDEZ Dra. Laura SANCHO ROCHER Dr. Juan José SEGUÍ MARCO Dra. Rosa María SIERRA DEL MOLINO Dr. Fabio SILVA Dra. Ana María SUÁREZ PIÑEIRO Dra. Elena TORREGARAI PAGOLA Dr. Ángel VILLA VALDÉS

17

42

REDESCUBRINDO A ARTE RUPESTRE AO AIRE LIBRE DO ROSAL (PONTEVEDRA, GALICIA) REDISCOVERING THE ROCK ART OPEN-AIR IN O ROSAL (PONTEVEDRA, GALICIA) Alia VÁZQUEZ MARTÍNEZ

[email protected] GEPN-Dpto. Historia I, Facultade de Xeografía e Historia Universidade de Santiago de Compostela, Spain

PALABRAS CHAVE: petróglifos, censo, catálogo, O Rosal RESUMO: A través da recollida de datos na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia (DXPC) e de prospeccións arqueolóxicas realizadas con posterioridade, achegarémonos a coñecer a arte rupestre ao aire libre no concello de O Rosal. A primeira exploración dos datos extraídos na DXPC indican un censo baixo de efectivos; sen embargo, os resultados finais despois de realizar as prospeccións amosan un aumento do catálogo que trouxo consigo unha expansión na distribución dos petróglifos ate agora inédita en dito concello. Por outra banda, o traballo de campo realizado permitiunos saber cal é o estado actual de conservación no que se atopan este tipo de manifestacións. KEYWORDS: petroglyphs, census, catalogue, O Rosal ABSTRACT: Through the collection of data in the Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia (DXPC) and the archaeological prospections conducted, we will approach to the open-air rock art in the O Rosal council. A first approximation to the data extracted in the DXPC indicates a short census; however, the results of our survey show a marked increase of the catalogue, which also brings with it an expansion in the distribution of petroglyphs previously unknown in this council. On the other hand, the fieldwork carried out allowed us to analyse the current state of conservation of these kind of manifestations. 1. Introdución Moito se ten escrito sobre a arte rupestre ao aire libre no suroeste de Galicia, tal e como demostra a aparición, ao longo do tempo, de varias publicacións que centraron o seu interese nesta área concreta da nosa comunidade (Costas Goberna; Peña Santos 2011; Costas Goberna 1988; Sobrino Lorenzo-Ruza 1946). Lamentablemente, aínda continua a existir un gran valeiro en aspectos tales como a falta dun rexistro exhaustivo dos petróglifos coñecidos en determinadas áreas desta rexión. Perante a dimensión do territorio galego e a distribución da arte rupestre ao longo del, optamos por escoller o concello do Rosal (Pontevedra, Galicia) como caso de estudo para a realización dunha análise pormenorizada.

43

Alia Vázquez Martínez

2. Historiografía da arte rupestre ao aire libre no Rosal As primeiras evidencias da existencia de arte rupestre ao aire libre no concello do Rosal son bastante temperás. Así, no 1929 e da man dun arqueólogo portugués residente no Colexio dos Xesuítas do Pasaxe (Camposancos), o Pai Eugenio Jalhay, e tamén por parte de Juan Domínguez Fontela, arqueólogo e veciño da zona, se deron a coñecer as primeiras referencias bibliográficas das que temos constancia (Martínez Tamuxe 1999). Sen embargo, a partires destas primeiras referencias de finais dos anos vinte, non se volven a ter noticias sobre novos achados ata pasados varios anos. Mentres que nos concellos lindeiros as publicacións acerca de petróglifos presentaban unha certa asiduidade (Eugenio Jalhay 1926; 1929), dentro dos límites administrativos do Rosal, non será ate pasadas dúas décadas desta primeira referencia cando voltemos ter novas sobre achados de estacións rupestres. Fernández Rodríguez –coa axuda dos irmáns Baquero Alonso (coñecedores de xacementos nos montes rosaleiros)– destaca a existencia dun gravado na parroquia de San Xoán de Tabagón (Fernández Rodríguez 1953), o cal probablemente se trate do mesmo cuxa referencia oral é recollida na carta arqueolóxica de Pontevedra (Filgueira Valverde; García Alén 1954). Novamente, tras esta alusión volven pasar anos de silencio das fontes arqueolóxicas no referente á arte rupestre deste concello, o que posiblemente sexa debido á falta de investigadores que centren o seu estudo no Rosal, xa que –como veremos– o incremento no número de descubertas que se dará en momentos posteriores será froito do traballo desenvolvido por veciños da zona interesados polo seu patrimonio arqueolóxico. Pese ás temperás descubertas de gravados rupestres ao aire libre en terras rosaleiras, foron escasos os traballos relacionados con estas manifestacións. Chegados á metade da década dos anos 80, co fin de dar a coñecer o patrimonio existente no concello, comezan a aparecer unha serie de noticias divulgativas en publicacións locais (Martínez Tamuxe 1982; 1986; 1988a; 1988b). Estas publicacións recollen e describen todos aqueles petróglifos que un veciño e arqueólogo da zona, Xoán Martínez Tamuxe, foi descubrindo no transcurso dos anos. Ata finais dos anos 80, as referencias sobre os petróglifos do Rosal foron fundamentalmente descritivas e divulgativas, non indo máis aló de información local destinada a que a propia xente do pobo soubese da existencia destes xacementos. Este tipo de traballos continúan nas décadas posteriores, informando sobre novos achados e realizando unha recompilación de todos os petróglifos coñecidos ata o momento (Martínez Tamuxe 2001; 2002; 2003; 2004; 2005; 2006). Co paso do tempo, esta bibliografía xerada grazas ao esforzo dos veciños interesados no seu patrimonio, e o notable incremento do Patrimonio descuberto que isto supón, fixo despertar a atención de varios investigadores. Entre estes últimos, o feito de que boa parte dos achados de arte rupestre do Baixo Miño se compuxesen de motivos xeométricos e figuras de época histórica, deu lugar a unha imaxe que refería a suposta ausencia de representación de naturalistas nas terras meridionais da provincia de Pontevedra. Sen embargo, a raíz das investigacións levadas a cabo por varios especialistas, danse a coñecer varias estacións con figuración naturalista no concello do Rosal, así como tamén outras situadas nos concellos lindeiros (Costas Goberna et al. 1994). Nos últimos anos, a disminuación no número de publicacións respecto á década anterior tense visto compensado coa organización de visitas por parte dos veciños da zona, co obxectivo de poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio do concello e 44

Redescubrindo a arte rupestre ao aire libre do Rosal

concienciar ó pobo da necesidade da conservación das pegadas deixadas polos nosos antergos. Tomando como base o mencionado estado de descoñecemento sobre a arte rupestre do concello e tras a revisión da base de datos xerada no 2013 (Vázquez Martínez 2015) a partir dos datos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia (DXPC), a cal confirmaba a escaseza de efectivos rupestres no Rosal, desenvolveremos unha catalogación e revisión da arte rupestre ao aire libre deste concello, obtendo un rexistro pormenorizado dos seus petróglifos. 3. Metodoloxía Para afrontar este traballo, foi necesario primeiramente recorrer á base de datos que actualmente manexamos, onde temos rexistrados –dende o 2013– a totalidade dos petróglifos catalogados na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia (DXPC) (Vázquez Martínez 2015). Consultada dita base e delimitada a área de estudo (debemos ter en conta que os límites do territorio establecidos neste traballo se definen a partir dos límites administrativos do Rosal), continuamos coa lectura específica da bibliografía xerada polas investigacións ao longo das pasadas décadas, o que permitiu ampliar e cumprimentar a información orixinalmente recollida en dita base. Tras este traballo previo de gabinete, realizáronse saídas de campo co fin de contrastar a información documental no noso poder e –se fose posible– ampliar o catálogo con novas estacións. Ditas saídas leváronse a cabo durante o mes de maio de 2015, contando para elo coa axuda de José Alonso Álvarez e Cándido Verde Andrés, veciños da zona e coñecedores dos montes rosaleiros e do seu patrimonio. No campo, optamos por centrarnos fundamentalmente en dous aspectos, a documentación gráfica de cada un dos petróglifos visitados e a cumprimentación dunha ficha cos principais datos de cada un deles. Con toda a documentación recadada durante esta fase, conseguimos a maior parte da información que se manexa neste estudo. Rematado o traballo realizado en campo, os datos obtidos foron tratados con Sistemas de Información Xeográfica (SIX). Entre os moitos programas dispoñibles para a realización deste traballo, escolleuse o software libre GRASS (Geographic Resources Analysis Support System). Con este software, realizaranse unha serie de mapas que permitiron ver e definir a distribución dos petróglifos polos montes rosaleiros. Por outra banda, coa información gráfica obtida e coa intención de realizar reproducións dos petróglifos que permitan unha mellora na documentación e visualización dos motivos representados, recorremos á fotogrametría baseada en Structure from Motion (SFM) aplicada xa en varias ocasións no estudio dos petróglifos galegos (Vázquez Martínez et al. 2015; Vilas Estévez et al. 2015). Con este método de reprodución, que permite resaltar os motivos representados no panel gravado, pretendeuse conseguir un rexistro máis exhaustivo dos mesmos. 4. Os petróglifos e o seu contorno Dentro da Comarca do Baixo Miño, ao suroeste da provincia de Pontevedra (Galicia), localízase o concello do Rosal, constituído administrativamente por catro parroquias: As Eiras, San Miguel de Tabagón, O Rosal e Tabagón. O Océano Atlántico baña a súa costa polo oeste, e polo este discorre na súa ribeira o Río Miño. Este concello linda con A Guarda polo sur, Oia polo norte e Tomiño polo nordeste. Outra

45

Alia Vázquez Martínez

característica definitoria do Rosal é a súa natureza fronteiriza, ó constituír a raia con Portugal (Figura 1). Conforme ás condicións actuais, é posible distinguir neste territorio diferentes unidades xeomorfolóxicas, as ribeiras do río Miño, o Val do río Carballo –afluente do anterior–, a costa atlántica e os contrafortes das Serras de Argalo e A Groba (Ledo Cabido 2005). Nestas dúas Serras é onde se localizan maioritariamente os petróglifos. A Serra da Groba é unha cadea montañosa de granito de dúas micas que se estende dende Baiona ata A Guarda, e serve de fronteira entre a zona de costa e o interior. Esta presenta unha importante diferenciación nas súas ladeiras, máis abruptas cara a costa e máis suaves cara o interior. A parte superior da serra preséntase amesetada, sendo o Monte da Groba o cumio máis alto, con 663 m (Baiona) (Leiro Lois et al. 2006). Debido á súa disposición meridiana, esta serra serve como barreira orográfica de contención dos ventos e borrascas marítimas procedentes na súa maioría do oeste e do sur.

Figura 1. Á dereita mapa de Galicia, e á esquerda detalle da situación xeográfica e medio fisico do Rosal (Pontevedra, Galicia). (Elaboración propia)

A Serra de Argalo pode definirse xeolóxicamente como metasedimentaria e cunha acusada pendente, o que dificulta o aproveitamento do solo (Precedo Ledo, 1995). En consecuencia, é unha zona escasamente poboada con un predominio de actividades económicas derivadas da explotación forestal. O Val do Rosal, é a unidade máis ampla, onde se localiza a capital do concello, con gran planitude, e limitado polas Serra da Groba e Argalo. 5. Análise dos datos Os primeiros resultados que obtivemos para O Rosal a partir dos datos rexistrados no catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (Vázquez Martínez 2015), como xa apuntamos, non superaban a ducia de exemplares. Este reducido número de efectivos foi complementado coa bibliografía xerada ao longo dos anos, a cal nos permitiu aumentar enormemente a cifra final. A pesar disto, a bibliografía xerada tanto por investigadores como por aficionados, e os escasos rexistros inventariados na DXPC, semellaban certificar a visión previa dun reducido número de superficies gravadas no concello.

46

Redescubrindo a arte rupestre ao aire libre do Rosal

Sen embargo, no curso do noso traballo de campo rexistráronse un total de 87 novas estacións rupestres; dito número supón un incremento do 88% con respecto ás 12 rochas catalogadas na DXPC ou coñecidas a través da bibliografía. Este aumento no catálogo, permitiunos comprobar os parámetros de distribución básica e os principais núcleos de concentración dos petróglifos. Anteriormente, como se pode observar na figura número 2, os achados dispersábanse fundamentalmente na ladeira da Serra da Groba e algún achado no surleste do concello. Este aumento do catálogo, non só implica un incremento en termos cuantitativos, senón tamén en termos cualitativos, complementando un catálogo non rexistrado con anterioridade.

Figura 2. Mapa de distribución cos datos inventariados da DXPC. (Elaboración propia)

A temática representada nos gravados rupestres ao aire libre nesta zona, coincide coa temática xeral dos petróglifos galegos. Sen pretender realizar unha pormenorizada descrición, dado que este non é o obxectivo deste traballo, temos –por un lado–, os petróglifos de época prehistórica, conformados fundamentalmente por dous grupos: motivos xeométricos –círculos simples, combinacións circulares, labirintos...–, e motivos naturalistas –zoomorfos, antropoformos...–. Por outro lado, nos motivos correspondentes a épocas posteriores, a temática máis repetida son as cruces, representadas nas súas múltiples varianzas: latinas, gregas, potenzadas... Centrándonos primeiramente naqueles petróglifos considerados de época prehistórica, os motivos xeométricos son as figuras máis representadas pese a diversidade temática existente neste concello, como tamén sucede noutras zonas de Galicia. Rexistramos no Rosal unha ampla variedade destas figuras gravadas nos paneis seguindo eses caracteres estilísticos comúns de representación que se dan ao longo do territorio galego, dende complexos deseños onde existe diversidade nas figuras gravadas –combinacións circulares, círculos simples con ou sen apéndice radial, coviñas e sucos que entrelazan ambos motivos– ata paneis máis simples presididos por un só motivo, como pode ser o coñecido petróglifo de O Picouto (Figura 3). Debemos salientar que neste petróglifo se mostra unicamente unha espiral ocupando a parte central do panel, un tipo de motivo que é menos frecuente na representación dos gravados.

47

Alia Vázquez Martínez

Respecto aos motivos naturalistas, o número de exemplares é moito máis reducido en comparación cos motivos xeométricos, onde soamente temos a presenza de zoomorfos e algún ofidio. Esta aparente reducida presenza, levou a principios dos anos noventa a falar da ausencia de motivos naturalistas no corpus rupestre do suroeste de Galicia, visión que se viu parcialmente refutada polos resultados dunha investigación no Baixo Miño na cal se recollen para o concello do Rosal dúas rochas con representación de zoomor- Figura 3. Petroglifo de O Picouto. Modelo 3D fofos e algúns ofidios (Costas Gober- togramétrico realizado a partir das fotos tomadas na et al. 1994). Entre as dúas rochas nas prospeccións de campo (Elaboración Propia) con representación de cérvidos rexistradas por estes investigadores, só fomos capaces de rexistrar unha delas: Chan de Rei –ou tamén denominada polos veciños como Pinal do Rei–. A segunda das rochas, da que soamente se conservaría a cabeza astada dun cervo e que os autores sinalan preto da estación de Chan de Rei, nunha zona onde houbo extracción de cantería, non puido ser localizada. Ao reducido número de estacións con representación faunística documentadas naqueles anos, debemos incluir a figura dun zoomorfo nun panel coñecido dende hai anos na zona pero nunca rexistrado con anterioridade. A rocha, denominada como Outeiro do Cabalo, é un batolito granítico de grandes dimensións onde a figura do animal aparece na marxe dereita, mentres que o resto da superficie se atopa cuberta de combinacións circulares, moitas das cales reaproveitan as protuberancias da rocha como resalte. Respecto aos motivos de época histórica, clasificados como elementos máis modernos por presentar un suco moito máis marcado e con sección en “V”, tal é como se ten apuntado con anterioridade (Peña Santos; Rey García 2001: 27), os máis abundantes son as cruces. Estes gravados, especialmente aqueles que comparten a superficie con motivos prehistóricos, foron interpretados por algúns autores como símbolos destinados a cristianizar a rocha ou como método para marcar un lugar de culto (Peña Santos; Vázquez Varela 1979: 100). Entre as distintas rochas onde se representan cruces neste concello, esta hipótese sobre a posible cristianización ou culto, ven reforzada pola tradición oral que rodea o petróglifo denominado Fonte do Home (relato recollido nas prospeccións de campo realizadas). Este petróglifo esta formado por un conxunto de varias rochas nas cales se insculpen diferentes motivos, dende o xogo do “pai, nai e fillo” ata diferentes cruces. Neste lugar, segundo contan os veciños, se reunía xente xunto a estes gravados para rezar. 5.1. Distribución espacial A través distribución espacial dos petróglifos podemos aventurar cales eran as zonas de preferencia de aquelas sociedades que deixaron constancia destas manifestacións rupestres conservadas ao longo dos anos. Sobre este tema, diversos investigadores teñen evidenciado, para outras zonas de Galicia, como os petróglifos tenden a 48

Redescubrindo a arte rupestre ao aire libre do Rosal

localizarse preferentemente en altitudes ou ladeiras medias (Peña Santos; Rey García 1993), en comparación coas alturas e inferiores, onde a presenza das gravuras é máis reducida. Analizando en detalle os gravados rupestres localizados dentro dos límites rosaleiros, os grandes núcleos de concentración localízanse sobre a vertente oriental da Serra da Groba, abrigados do vento oeste que entraría do mar. Na Serra do Argalo, aínda que menores en número, se localizan tamén manifestacións de arte rupestre (Figura 4). Así mesmo, se temos en conta as altitudes nas que se atopan as estacións rupestres, observamos como predominan –ao igual que sucede noutras zonas de Galicia– as altitudes medias das serras (200-350 m.s.n.m.), en puntos onde se exerce un dominio visual sobre as terras máis baixas, o Val de O Rosal e o Río Miño.

Figura 4. Mapa de distribución cos datos recollidos tralas prospeccións de campo. (Elaboración propia)

Vistos e analizados cada un dos petróglifos nos labores de prospección, comprobamos que a localización a diferente altura dun determinado petróglifo parece influír na complexidade dos motivos que conforman o panel. Con isto, podemos facer unha distinción entre aqueles petróglifos que se distribúen en cotas inferiores aos 350 m., coa tendencia a ser superficies gravadas na súa totalidade co máis diverso número de figuras entrelazadas entre sí, e –por outro lado– aqueles outros situados en altitudes superiores conformados por motivos máis sinxelos e frecuentemente gravados en solitario. En canto ás características do soporte elixido polos gravadores, o primeiro que destaca é que existe unha preferencia polas superficies a ras de chan e moi pouco sobresaíntes; en segundo lugar, a realización das inculturas sobre o granito. Ista non é unha afirmación rotunda xa que en ocasións se incumpre esta tendencia, documentándose petróglifos sobre superficies coa suficiente inclinación para poder percibilas dende a distancia e tamén en materiais distintos ao granito. No primeiro dos casos, o repertorio figurativo varia segundo a inclinación da rocha, sendo as rochas horizontais ocupadas normalmente polos temas máis abundantes e característicos, e nos paneis inclinados, aínda sendo escasa a súa representación, as figuras naturalistas. No segundo dos casos, podemos sinalar que Galicia é unha zona fundamentalmente granítica, sobre todo no cuadrante sur-occidental. Os estudos sobre a arte ru49

Alia Vázquez Martínez

pestre ao aire libre dende hai décadas, centráronse principalmente na provincia de Pontevedra, zona con altas porcentaxes de granito, xerando a idea que o soporte elixido polos gravados era sempre o granito. Nas últimas décadas, varios traballos están demostrando a presenza de material distinto ao granito (González Aguiar 2011; Fábregas Valcarce; Rodríguez Rellán 2012), aínda que en menor contía, como tamén sucede neste concello rosaleiro, establecendo así que a distribución dos petróglifos non se atopa necesariamente determinada por un ou outro material. A presenza de xisto no Rosal e moito menor que a do granito, pese a isto, localizáronse petróglifos aproveitando os escasos afloramentos existentes, o que supón que un 4% dos gravados están realizados sobre xisto, fronte ao 96% onde o soporte elixido é o granito. Debemos destacar que non hai distinción sobre os motivos representados en un ou outro soporte. Tanto sexa xisto como outro tipo de material, a superficie da mesma esta insculpida con diversas figuras, como poden ser, entre outros o petróglifo de O Ghorghalado, cuxa superficie esta totalmente cuberta de diversos motivos. 5.2. Estado actual de conservación Non deixa de chamar a atención que, pese aos diversos traballos de divulgación e diferentes charlas-coloquios para aproximarse aos cidadáns e dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico, continúe a existir unha patente falta de coñecemento por unha gran parte da poboación local no que respecta á arte rupestre. Esta pode ser unha das causas das contínuas agresións que recibe o patrimonio arqueolóxico. Este tipo de accións non deixan indiferentes aos investigadores (Carrera Ramírez et al. 2002: 131–138; Carrera Ramírez 1998) quenes, analizando o tipo de agresións que sofren os petróglifos, teñen evidenciado como o home é o axente máis agresivo coa conservación da arte rupestre prehistórica. Diversas son as formas nas que este tipo de manifestacións está ou estivo afectado polo ser humano, sendo a extracción de pedra un dos factores máis nocivos, ao ter provocado a desaparición de moitas das superficies gravadas. O petróglifo de A Palloceira, cuxa característica principal é que está formando parte dun balaústre da finca dunha casa é un claro exemplo Figura 5. Petróglifo de A Palloceira. Vista xeral de extracción de cantería (Figura 5). onde se ubica formando parte do balaústre dunha Os veciños da zona, coñecedores desfinca (Fotografía: 27 de maio de 2015, Alia te balaústre que conta coa representaVázquez). Modelo 3D fotogramétrico (elaboración ción incompleta dunha combinación propia), empregando o radiance scaling como xa foi circular, din que procede da extractratado noutros petróglifos de Galicia recentemente ción de cantería. Logo de que os can(Vilas Estévez; Vázquez Martínez; Carrero Pazos, teiros conseguiron a materia prima e 2015) tras o posterior procesado da mesma,

50

Redescubrindo a arte rupestre ao aire libre do Rosal

o que sería parte dun petróglifo cuxas dimensións descoñecemos forma agora parte dun balaústre. Outros factores perxudiciais máis frecuentes, protagonistas de múltiples noticias, como a recente agresión sufrida a un dos petróglifos sitos no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Honorato 2015; Salgado 2015), son as constantes alteracións producidas na superficie gravada pola roza e tala de árbores. Lamentablemente, tras pasar a maquinaria pesada por encima da rocha, esta queda danada, tanto sexa por fractura, como a recente aparecida tras a tala de árbores onde se sitúa o petróglifo de O Picouto (fractura no marxe da rocha, o motivo non se viu danado), como polo levantamento superficial da rocha, que as veces impide recuperar as insculturas (petróglifo de As Cortes). Especialmente durante o verán, os montes galegos vense afectados por lumes forestais que non soamente arrasan a flora e fauna, senón que tamén perxudican ao patrimonio arqueolóxico. A influencia das altas temperaturas alcanzadas sobre a rocha, trae consigo a aparición de termoclastos que pode chegar a ocasionar a perda dos motivos, é tamén a perda da pátina natural que recobre a rocha. Unha das estacións máis deteriorada pola acción dos lumes forestais que rexistramos neste concello é a do petróglifo de Chan de Rei ou Pinal do Rei (Figura 6), cuxo panel presenta a representación de varios cervos, algúns deles practicamente desaparecidos. Por outra banda, os incendios deixan tras de si unha imaxe desoladora, un monte onde non queda vida, libre de maleza, polo que facilita a procura de novos vestixios (Torreso 2015). Exceptuando casos concretos coma os que vimos de mencionar, unha alta porcentaxe dos petróglifos deste concello se atopan nun bo estado de conservación, isto é debido, en parte, aos afeccionados que se encargan de manter en boas condicións os petróglifos sen que estes sexan invadidos pola maleza e queden ocultos baixo a mesma. Con respecto ao bo coidado da arte rupestre, no recentemente descuberto petróglifo de O Ghorghalado, levouse a cabo –durante o ano 2012– a súa posta en valor, baixo a dirección do arqueólogo Antonio Castro Rozados. Actualmente, o acondicionamento do entorno, e as zonas de acceso para protexelo realizadas no seu momento, fan que continúe protexido. Figura 6. Chan de Rei, cérvido en mal estado de conservación polos diversos incendios acaecidos na zona (Fotografía: 24 de maio de 2015, Alia Vázquez)

6. Consideracións finais O concello do Rosal, área de estudo onde centramos este traballo, non foi unha zona prolífica no que a estudos sobre gravados rupestres ao aire libre se refire. Durante décadas, foron poucos os investigadores que aquí se achegaron para estudar este tipo de manifestacións. A iniciativa levada a cabo por determinadas persoas do pobo, fixo 51

Alia Vázquez Martínez

que –pouco a pouco– a arte rupestre se fose coñecendo entre a poboación. A partir de aquí, tras varios achados, foi espertando o interese entre os investigadores. Isto nos leva a que calquera intento por abordar un traballo que teña en conta diversos aspectos dos petróglifos, como os que se trataron aquí, debe contar primeiramente cunha base de datos o máis completa posible, que contemple un achegamento á realidade na zona a estudar. Tralo rexistro dos petróglifos realizado, todos os petróglifos do Rosal que compoñen a nosa base foron estudados in situ, o que nos permitiu levar a cabo unha boa documentación de cada un deles. Como xa vimos, as características dos petróglifos do Rosal non distan das dos restantes petróglifos galegos. A súa distribución, alcanzando esta unha maior dispersión polo número elevado de rexistros, nin na súa conservación. Neste último aspecto, exceptuando algún caso concreto, os gravados se atopan en bo estado de conservación grazas a axuda desinteresada dos afeccionados que coidan dos petróglifos, manténdoos limpos. 7. Agradecementos Gustaríame amosar a miña gratitude a José Alonso Álvarez e Cándido Verde Andrés, veciños e coñecedores da zona de O Rosal. O traballo de recollida de datos en campo non sería posible sen a súa desinteresada axuda, mostrándose dende un comezo moi interesados neste traballo aquí levado a cabo. Tamén ao Concello do Rosal, por permitirme realizar unha visita nocturna guiada polos montes rosaleiros para ensinar un pequeno avance da investigación a desenvolver. Bibliografía

CARRERA RAMÍREZ, F. (1998): “La conservación de los grabados rupestres gallegos. Una revisión general del problema”, en COSTAS GOBERNA, F. J.; HIDALGO CUÑARRO, J. M. (eds.): Reflexiones sobre el arte rupestre prehistórico de Galicia, Arqueología divulgativa nº4, Vigo, 69-96. CARRERA RAMÍREZ, F.; COSTAS GOBERNA, F. J.; PEÑA SANTOS, A. de la. (2002): Grabados rupestres en Galicia. Características generales y problemática de su gestión y conservación, Diputación de Pontevedra, Pontevedra. COSTAS GOBERNA, F. J. (1988): “El petroglifo del Monte Tetón en Tebra (Tomiño) Grupo 1. Petroglifos: levantamiento de calcos y fotografía”, Castrelos nº1-2, 27–50. COSTAS GOBERNA, F. J.; MARTÍNEZ TAMUXE, X.; NOVOA ÁLVAREZ, P.; PEÑA SANTOS, A. de la. (1994): “Las representaciones de figura humana y fauna en los grabados rupestres galaicos del Baixo Miño y costa sur de Galicia”, Castrelos nº7-8, 31–60. COSTAS GOBERNA, F. J.; PEÑA SANTOS, A. de la. (2011): Los barcos de los petroglifos de Oia. Embarcaciones en la prehistoria reciente de Galicia, Vigo, Autoridad Portuaria de Vigo. EUGENIO JALHAY, P.: - (1926, Marzo): “Los grabados rupestres del extremo sudoeste de Galicia (Alrededores de Oya-Provincia de Pontevedra)”, Boletín de La Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense T.VII nº 167, 373–385. - (1929, Enero): “Algunos ejemplares de arte rupestre en los alrededores de Oya (Provincia de Pontevedra)”, Boletín de La Comisión Provincial de Monumentos de Históricos y Artísticos de Orense T. VIII no184, 305–312. FÁBREGAS VALCARCE, R.; RODRÍGUEZ RELLÁN, C. (2012): “A arte rupestre do Norte da Península do Barbanza”, en FÁBREGAS VALCARCE, R.; RODRÍGUEZ RELLÁN, C. (eds.): A arte rupestre no Norte do Barbanza, Andavira, Santiago de Compostela, 61-82. FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M. (1953): “Nuevos petroglifos en la comarca del Bajo Miño”, III Congreso Nacional de Arqueología, 353–361. 52

Redescubrindo a arte rupestre ao aire libre do Rosal

FILGUEIRA VALVERDE, J.; GARCÍA ALÉN, A. (1954): “Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra”, El Museo de Pontevedra VIII, 87–100. GONZÁLEZ AGUIAR, B. (2011): “Grabados rupestres en el Sur de la Provincia de Lugo”, Espacio, Tiempo y Forma. Serie I. Prehistoria y Arqueología nº 4, 123-140 HONORATO, V. (2015): “Los daños al petroglifo de Campo Lameiro que la Xunta niega”, El País, http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/01/15/galicia/1421339108_990230.html (data de consulta: 15/01/15). LEDO CABIDO, B. (ed.) (2005): Galicia en Comarcas. O Baixo Miño, Ir Indo, Vigo. LEIRO LOIS, A.; DAPORTA PADÍN, M.; CAAMAÑO RIVAS, V. M.; NUÑÉZ PÉREZ, M.; PONTANILLA PÉREZ, I. (2006): As montañas de Galiza, A Nosa Terra, Portugal. MARTÍNEZ TAMUXE, X.: - (1982): “Riqueza rupestre en el Monte de Torroso (A Guarda-O Rosal)”, Museo de Pontevedra T. XXXVI, 241–260. - (1986): “Reseña arqueológica de O Rosal”, A Peneira, Periódico Galego de Información Comarcal. - (1988a): «Descuberta arqueolóxica en Eiras», Boletín Informativo Municial. O Rosal. Año XVII nº 52, 13–14. - (1988b): “Grabados do Outeiro da Xesta”, Boletín Informativo Municial. O Rosal. Año I nº1, 12. - (1999): “Aportación á carta arqueolóxica do Concello do Rosal”, Boletín Informativo Municial. O Rosal. Año XIII nº 38-39, 15–20. - (2001): “Aportación a carta arqueolóxica do concellos do Rosal”, Boletín Informativo Municial. O Rosal. Año XIV no 41, 20. - (2002): “Aportación á carta arqueolóxica do concello do Rosal”, Boletín Informativo Municial. O Rosal. Año XV-XVI no 42-43, 12. - (2003): “Aportación á carta arqueolóxica do concello de O Rosal”, Boletín Informativo Municial. O Rosal. Año XV no 43, 12. - (2004): “Aportación á carta arqueolóxica do concello do Rosal”, Boletín Informativo Municial. O Rosal. Año XVII no 44, 12. - (2005): “Aportación á carta arqueolóxica do concello do Rosal”, Boletín Informativo Municial. O Rosal. Año XVII no 45, 12. - (2006): “Aportación á carta arqueolóxica do concello do Rosal”, Boletín Informativo Municial. O Rosal. Año XIX no 46, 12. PEÑA SANTOS, A. de la; REY GARCÍA, J. M.: - (1993): “El espacio de la representación. El arte rupestre galaico desde una perspectiva territorial”, Pontevedra. Revista de Estudios provinciais nº 10, Vigo. - (2001): Petroglifos de Galicia, Vía Láctea, A Coruña. PEÑA SANTOS, A. de la; VÁZQUEZ VARELA, J. M. (1979): Los petroglifos gallegos. Grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia, Sada/A Coruña, Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos, 30. PRECEDO LEDO, A. (dir.) (1995): Comarca do Baixo Miño. Plan de desenvolvemento comarcal de Galicia, Xunta de Galicia. SALGADO, X. (2015): Un informe da Xunta recoñece danos en petróglifos de Campolameiro. Galicia confidencial, http://www.galiciaconfidencial.com/nova/22719-informexunta-reconece-danos-petroglifos-campolameiro (data de consulta: 14/02/15). SOBRINO LORENZO-RUZA, R. (1946): “Los signos podomorfos del petroglifo de Santa Tecla y los del mismo tipo conocidos hasta la fecha en Europa”, El Museo de Pontevedra IV, 131–134. TORRESO, M. (2015): Localizan las canteras de las ruedas de los molinos del Folón y el Picón. La Voz de Galicia, http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/tui/2015/03/29/localizan-canteras-ruedas-molinos-folon-picon/0003_201503V29C13991.htm (data de consulta: 29/03/15). VÁZQUEZ MARTÍNEZ, A. (2015): “Los petroglifos galaicos: una revisión sobre la distribución espacial”, en COLLADO GIRALDO, H.; GARCÍA ARRANZ, J. J. (eds.): ARKE53

Alia Vázquez Martínez

OS 37. Symbols in the Landscape: Rock Art and its Context (IFRAO). Proceedings of the XIX International IFRAO Conference 2015, (Cáceres 31 Ago-4 sept. 2015), Tomar, 841-846. VÁZQUEZ MARTÍNEZ, A.; VILAS ESTÉVEZ, B.; CARRERO PAZOS, M.; KOTOULA, E. (2015): New techniques for rock art recording: Comparative analysis of Radiance Scaling and Virtual RTI, póster presentado no International Congress Lights on… Cultural Heritage and Museum!, Porto, Portugal.https://www.academia.edu/14263346/New_techniques_for_Rock_Art_recording_Comparative_Analysis_of_Radiance_Scaling_and_Virtual_ RTI (data de consulta: 20/07/15). VILAS ESTÉVEZ, B.; VÁZQUEZ MARTÍNEZ, A.; CARRERO PAZOS, M. (2015): «The Use of Photogrammetric Techniques for Recording the Rock Art Carving at Campo Lameiro (Galicia, Northern Spain)», Tracce Rock art bulletin nº35, http://www.rupestre.net/ tracce/?p=9520 (data de consulta: 20/07/15).

54

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.