Review: Letras Nómades, by Ana Acuña (ed) (Berlín: Frank & Time). Grial. Revista galega de cultura, 205. 110-1

June 4, 2017 | Autor: P. García Martínez | Categoria: Diaspora Studies, Memoria Histórica
Share Embed


Descrição do Produto

de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito, que aquí referimos tamén no seu momento, Henrique Monteagudo centra a súa atención neste novo volume na evolución do trobadorismo no inicio do século XIII no Baixo Miño, na diocese de Tui e, nomeadamente, na terra de Toroño. Como o propio Monteagudo explica no “Limiar”, este traballo naceu hai uns anos, cando estaba a preparar a exposición O son das ondas (2011) —centrada na figura de Martin Codax e na poesía trobadoresca—, e tivo a oportunidade de acceder a dúas mandas testamentarias do cabaleiro Johan Soarez de Chapela —a quen identifica co trobador Johan Soayrez Somesso— datadas nos anos 1238 e 1247 respectivamente, e que se encontran no cartorio do mosteiro de Melón. A lectura destes documentos, e doutros que virían posteriormente, fixo que o estudoso e profesor da Universidade de Santiago de Compostela tomase consciencia do seu valor para o coñecemento do marco histórico, xeográfico e social en que se orixinou e desenvolveu a poesía trobadoresca nas antecitadas terras, así como a importancia que nese momento tiveron determinadas familias da nobreza galega. Con este traballo contribúe, pois, Monteagudo, a unha liña de investigación que foi tomando vigor nas últimas décadas e que posúe unha gran relevancia para a nosa lírica, ao botar luz sobre o papel desenvolvido polas familias nobres dun e doutro lado do Miño no devir do fenómeno trobadoresco. Ao labor do propio Henrique Monteagudo temos que engadir, a este respecto, os traballos de José António Souto Cabo, cuxo volume Os cavaleiros que fizeram as cantigas (2012) foi tamén recensionado nestas páxinas, ou os dos portugueses José Carlos Ribeiro Miranda e António Resende de Oliveira, historiador que sen dúbida abriu camiño co seu (re)coñecido Depois do espectáculo trovadoresco (1994). A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia ten como obxectivo fundamental, en palabras do seu autor, “o esclarecemento da personalidade histórica do trobador Johan

110

Soayrez Somesso e a reconstrución do seu contexto familiar e social. A tarefa que nos propuxemos obrigounos a indagar a composición doutras familias nobres radicadas no sudoeste de Galicia. En particular, tivemos que esgaravellar nas orixes da liñaxe dos Fornelos, o que acabou por depararnos coas figuras históricas dos trobadores denominados nos cancioneiros como Afonso Soarez Sarraça e Estevan Fayan” (pp. 17-18). E, deste modo, vai trazando Monteagudo a personalidade histórica de Johan Soayrez Somesso, demostrando a súa procedencia galega —fronte ás voces que até ao momento se inclinaban por afirmar que era portugués— e guiándonos a través dos sempre enmarañados vínculos familiares, labor especialmente complexo nunha época en que a constitución das liñaxes aínda non se producira nin existía un sistema antroponímico claro e fixo. Para isto, e para alén do estudo propiamente dito, proporciónansenos no final da obra uns esclarecedores esquemas xenealóxicos e varios mapas que facilitan, sen dúbida, o adecuado acompañamento por parte do público lector. Ademais, tamén aparecen na parte final do volume tres anexos que conteñen a listaxe dos tenentes de San Martiño e terras veciñas (Anexo I), os tenentes, meiriños, mordomos e xuíces de Ribadavia (1200-1250) (Anexo II) e a descencencia dos Fayan (Anexo III). Estamos, pois, ante unha obra rigorosa en canto aos seus presupos-

tos metodolóxicos, froito dun longo proceso de análise e cuns resultados realmente extraordinarios, pois partindo da figura de Johan Soayrez Somesso, acaba Monteagudo por definir non só a cronoloxía e xenealoxía deste, senón tamén a dos xa mencionados Afonso Soarez Sarraça e Estevan Fayam. De por parte, toda esta complicadísima rede de relacións entre as diversas familias da nobreza miñota, mais tamén entre estas e a coroa galego-leonesa, castelá e portuguesa, vén dilucidar e definir en maior medida como se produciu o contacto do rei Afonso | —daquela aínda infante Don Afonso— coa poesía medieval galegoportuguesa, completando algúns dos datos xa ofrecidos a este respecto por Resende de Oliveira nun traballo do ano 2010. En definitiva, unha nova e valiosa contribución que, agardemos, teña continuidade e coadxuve para a apertura de novas vías de investigación que posibiliten un maior coñecemento das circunstancias que rodearon a xénese do fenómeno trobadoresco galego-portugués nas terras de aquén e alén Miño n Leticia Eirín García

O papel da memoria na elaboración de relatos historiográficos LETRAS

NÓMADES.

EXPERIENCIAS

DA

MOBILIDADE FEMININA NA LITERATURA GALEGA

ANA ACUÑA (ED.) Frank & Timme 2014 230 páxinas

L

etras nómades constitúe o quinto volume da colección iBroLiT, creada polo grupo de investigación da Universidade de Vigo GAELT, e tirado do prelo polo selo alemán Frank & Time. O volume está coordinado por Ana Acuña, e ábrese cun texto introdutorio da historiadora

O ESPELLO DAS LETRAS

Josefina Cuesta, cheo de ferramentas útiles para achegarnos a debates abertos no eido da historiografía. Máis concretamente, achéganos ás discusións acerca do papel que debe ter a memoria na elaboración de relatos historiográficos ou, noutras palabras, o papel que lle corresponde á reconstrución de acontecementos pasados feita polos propios protagonistas. Procurando pensar o libro dende o título, podemos pensar que o fío que xungue os textos a nivel teórico é a idea da influencia do desprazamento humano na experiencia, e naquela parte desta que é a escritura. A mobilidade, daquela, entendida como a maneira en que as viaxes moven os marcos das leiriñas en que tiñamos dividido un mundo en que as cousas significaban cousas. Alén do texto de Josefina Cuesta, dividiría o libro en dous grupos: no primeiro, a presenza de literatura refire maioritariamente a fixación a través da escrita (cartas) de vidas que por ser escritas poden agora ser rescatadas do esquecemento. Este bloque comeza co emotivo retrato que fai Aurora Marco de tres guerrilleiras galegas, onde a idea de nomadismo se refire á súa forzada condición itinerante, cando entregadas á clandestinidade. Segue a historia contada por Olivia Rodríguez dunha familia de mulleres que, a través das xeracións que seguen ao fusilamento do “cabeza de familia” ao comezo da Guerra Civil, fai a viaxe de ida e volta dende o esquecemento ata o recordo; e a continuación están as catro historias de vida recuperadas por Carmen Mejía, onde se retrata a maneira en que a viaxe implica unha reformulación do que se pensaba como propio. Por último, estatuto especial merece a achega de Manuela Palacios, quen convoca a escritoras e escritores galegos para que recreen experiencias pasadas dunha muller querida, utilizando como punto de partida unha fotografía desta muller. Os dous últimos traballos son os que poderiamos chamar estudos literarios, asinados por María Xesús Nogueira e Ana Acuña. A primeira delas reúne nove autopoéticas de escritoras galegas onde explican o

quela enriquecer, os relatos históricos cos que habemos de explicar ese tempo febril que foi o século XX. Enriquecer daquela eses mapas cos que nos lanzamos ás tebras que son o estudo do pasado mirando de entender mellor o presente e, tamén, de buscarlle senso aos nosos proxectos de futuro común n Pablo García Martínez

papel que as viaxes tiveron na súa experiencia e na súa escrita. Pola súa parte, a editora do libro analiza dous casos de literatura galega feita por mulleres educadas noutra lingua, onde a propia viaxe dunha lingua á outra xa implica un certo desprazamento dende unha particular forma de ver o mundo cara a outra nova. Para propor un sentido a este libro poderiamos recuperar unha idea forte do texto de Josefina Cuesta, onde sitúa “el presente como horizonte de sentido de la memoria”. Recorro a esta cita porque considero Letras nómades un libro feito dende as memorias, xa sexan memorias recordadas ou memorias ficcionadas, como no caso do exercicio promovido por Manuela Palacios. Dende aquí podemos pensar o libro como un chanzo máis nun proceso aínda aberto e con moito camiño por andar, como é a conquista para as mulleres do acceso en condicións de igualdade ás esferas que, mesturadas, compoñen a vida social. Un avance, no eido da historia e da historia literaria, referido á presenza das mulleres nos relatos historiográficos, e que eu leo a dous niveis. Un primeiro avance, non exento dun certo senso de reparación, consiste na fixación para o recordo destas experiencias asediadas polo esquecemento. A raíz deste traballo chegariamos a un segundo logro que consistiría en proporcionar o material necesario para que tamén estas mulleres poidan incorporarse, e da-

A represión franquista no corpo bibliotecario BIBLIOTECARIAS E BIBLIOTECARIOS “INFAMES”: A DEPURACIÓN FRANQUISTA DO CORPO BIBLIOTECARIO REPUBLICANO. O CASO GALEGO FRANCISCO XAVIER REDONDO ABAL Laiovento | 2014 | 174 páxinas

X

ogando co título do libro Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”, e dándolle a volta, podemos dicir que Francisco Xavier Redondo Abal nos introduce nun tempo de “infamia”, cualificando así a longa noite de pedra do poeta Celso Emilio Ferreiro, iniciada un 18 de xullo de 1936 coa sublevación militar baixo o mando do xeneral Francisco Franco. A través dun pequeno colectivo, inferior en número a trescentas persoas, o autor reelabora a cronoloxía dun conflito, o mapa do conflito, as súas consecuencias e móstranos a varios protagonistas nunha parcela tráxica da súa vida. A investigación céntrase no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos (CAFBA). Tras o limiar do escritor Manuel Rivas, o libro estrutúrase en tres capítulos: “Introdución”, “A depuración como forma de violencia política do réxime franquista”, “Os actores do drama”; un epílogo, “Ai, dos vencidos!”; apéndice documental; relacións de partidos políticos, sindicatos e agrupacións e organismos oficiais e outras institucións, e fontes primarias e bibliografía consultada.

111

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.