Unha punta de lanza do Bronce Final en Dozón (Pontevedra). Armas e ritos no Bronce Atlántico do Noroeste Ibérico.

Share Embed


Descrição do Produto

José Suárez Otero

Unha punta de lanza do Bronce Final en Dozón (Pontevedra) Armas e ritos no Bronce Atlántico do Noroeste Ibérico

BOLETIN AVRIENSE

BOLETÍN AVRIENSE Núm. 44 (enero-diciembre 2014), págs. 183-216 I.S.S.N. : 0210-8445 D.L. VG-112-1972

Unha punta de lanza do Bronce Final en Dozón (Pontevedra) Armas e ritos no Bronce Atlántico do Noroeste Ibérico

José Suárez Otero

To Colin Burgess (1938-2014). In memoriam.

Unha punta de lanza do Bronce Final en Dozón (Pontevedra). Armas e ritos no Bronce Atlántico do Noroeste Ibérico

Resumo: Neste artigo estudiase unha punta de lanza aparecida nas montañas do interior de Galicia e encadrable na plenitude do Bronce Final. Expresa a forte identidade da metalurxia do bronce no Noroeste ibérico, no marco, sen embargo, dunha estreita relación coas Illas Británicas. Aporta, ademáis, un carácter afuncional ca pon en relación cun uso probablemente ritual. Ritualidade vinculada a áreas de paso ou fronteiras naturales, ergo á circulación de personas e obxetos, pero tamén a unha posible fragmentación cultural e mesmo territorial. Palabras chave: punta de lanza, Bronce Final, Willburton, metalurxia, esqueuomorfo, ritual.

Abstract: In this article we discuss a Late Bronze Age spearhead from Galicia’s mountainous interior. It demonstrates a strong regional identity in the bronze metalwork production of the Iberian Northwest, but at the same time also exemplifies close links with the British Isles. Its non-functional character points at a likely ritual use of this piece. This rituality seems to be linked to passage areas or natural boundaries, hence ultimately to the movement of people and objects, but also to potential cultural and territorial fragmentation. Key Words: spearhead, Late Bronze Age, Willburton, metalurgy, eskeuomorph, ritual.

Boletín Avriense, núm. 44 (enero-diciembre 2014), págs. 165-182, I.S.S.N. : 0210-8445, D.L. VG-112-1972

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

185

I. INTRODUCCIÓN

Abordamos de novo o estudo dunha punta de lanza do Bronce Final galego co obxectivo de rescatala do esquecemento, pero tamén de avanzar no coñecemento dese aspecto da panoplia de fins da Idade do Bronce e dos seus posibles significados. Facémolo defendendo a necesidade de recuperar unhas pezas infravalorar, e mesmo esquecidas, por entenderse como casos illados e carecer de un contexto arqueolóxico coñecido, as veces, ademais, sen claras referencias a súa procedencia e condicións da súa descuberta. Marxinadas por supor que unha peza en si mesmo carece de moito valor, e os estudos tipolóxicos non son mais que rémoras de supostos paradigmas arqueolóxicos superados, cargados de subxectivismo e so dirixidos a configurar cadros de cronoloxías relativas. So as análises metalográficas viñeron a atenuar esa desvalorización, pero non a recuperar os posibles valores da análises formal mais alá da súa inclusión nos reducidos parámetros da tipocronoloxía. Neste caso é ó impulso da súa selección como Peza do Mes en xaneiro de 2012 por parte do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense1, fíxonos retornar a unha peza da que xa tratamos de maneira sucinta anteriormente, cando quedara pendente un seu estudo mais amplo, que aquí pretendemos acometer. Referímonos a unha punta de lanza que, como procedente de Dozón (Pontevedra), aparece nas coleccións do Museo e a que, ademais da súa sucinta presentación no mencionado contexto, ou no da súa inclusión na exposición “Santiago e o Mar”2, xa lle dedicaramos tamén algunhas liñas valorativas nun traballo anterior3. Peza que presenta unha morfoloxía singular e algúns aspectos que permiten relacionala, como xa fixeramos nos anteriores traballos, a un episodio especifico da metalurxia do Bronce Final galego: o das puntas de lanza de marcadas semellanzas coas

1

Suárez Otero, 2012: passim.

2

Suárez Otero, 2004: 24.

3

Suárez e Carballo, 2001: 12, 15 e 17-18.

186

josé suárez otero

producións británicas asociadas á fase Wilburton, ao mesmo tempo que expresa as peculiaridades propias da metalurxia do Noroeste, sen esquecer as posibilidades interpretativas que unha peza tan singular pode ofertar. Unha peza que representa un episodio que expresa a existencia e recolle as características, o tempo que permite reflexionar encol das mesmas, do que se ven denominando “Bronce Atlántico”. Unha realidade cultural ó coñecemento da cal contribuíu en boa medida Collin Burguess, a quen lle dedicamos como obrigado recoñecemento este modesto traballo que ía a ser entregado cando soubemos do seu pasamento4. II. A PUNTA DE LANZA DE DOZÓN A. Descripción

Trátase dunha punta de pequenas dimensións: 14,3 cm de longo por 3,4 de anchura máxima. e 175 gr de peso (Figs. 2-4)5. Esta conformada por unha folla de forma tendente a triangular e enmangue tubular. Ese ultimo é marcadamente longo en relación á lamina, ó redor da metade da lonxitude total da peza, e presenta unha perforación circular, aínda que irregular, na súa base. Como particularidades temos a carencia de nervadura na folla, que é substituída no reforzamento da mesma polo seu carácter macizo – o tubo estreitase de xeito acusado no arrinque da folla ata perderse apenas acadada a metade da lámina, e por unha aresta central que fai que a sección transversal sexa simple e, de novo, romboidal. Outra peculiaridade agora mais especifica, e aínda na conformación xeral da peza, é a tendencia a concavidade nos aleróns que define a base da folla. Finalmente, mencionar a presenza de decoración, en forma de dúas liñas verticais paralelas que arrincan da base do tubo ata acadar case o estremo superior da folla, na que delimitan ó tempo que remarcan a súa aresta, agora mellor, crista central. Da materia tan só certificar que semella un bronce binario cunha composición equilibrada de cobre e estaño. Esa composición explicaría a calidade e o bo estado de conservación da peza, e quizais o aspecto pulido, case que brunido, da pátina; aínda que isto último só en parte, pois ese acabado fai pensar tamén nalgunha acción que mellorase o aspecto da peza unha vez retirada do molde. Molde

Queremos así lembrar e agradecer a valoración que ese investigador fixera dun traballo anterior no que tratábamos tamén das puntas de lanza do Bronce Final en Galicia. Referímonos ao estudo nesta mesma revista da punta de lanza de Brandariz (Suárez e Carballo 2001) e as referencias ao mesmo en Burguess and O’Connor 2008).

4

5

Ingresou no Museo por doazón con data de 20 de agosto de 1983.

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

187

que era bivalvo, como corresponde a unha metalurxia do bronce evolucionada, segundo algunhas evidencias conservadas nos fíos da peza. En canto a incidencias que puido sufrir a peza ó longo da súa existencia, temos que sinalar un inicio de fragmentación na base do tubo, que puido supor a perda dun pequeno fragmento da mesma, ou unha liña de fractura, quebrada e transversal, na base da folla que derivaría nunha fragmentación da peza en dúas metades, correspondentes ó tubo e folla, respectivamente. Algunhas melas na contorna do furado de encabamento, poden explicarse polo proceso, rudo e realizado en frío, da execución do mesmo, mentres que restos dunha liña de desgaste que iría paralela á base do tubo e algo máis arriba do furado podería deberse o sistema de encabamento, ou a como este puido incidir no uso da lanza. B. Un posible contexto arqueolóxico: outra punta de lanza de dozón

Carecemos de datos precisos sobre o seu achado, máis alá de tratarse dun achado casual que derivou en mans privadas, e, finalmente, nas coleccións do Museo. A única referencia a ese achado e o feito de terse producido no concello de Dozón, provincia de Pontevedra, sen especificar se puidérase situar no máis concreto da parroquia do mesmo nome: Santa María de Dozón, ou menos nunha máis concreta e referida o lugar de Castro Dozón, informacións que nos achegaría con algo máis de detalle o marco concreto do achado. O carecer desa precisión resultaría puramente especulativo relacionar o achado con algún dos xacementos coñecidos para ese concello, tan só cabe citar que unha posible relación con enclaves castrexos, como ocorre noutras puntas de lanza do Noroeste, non tería polo de agora base, dado que os castros coñecidos -Castro Dozón, Mosteiro ou San Breixo e Amedo- non semellan apuntar a unha ocupación coeva da peza que estamos a tratar6. Próxima tanto conceptual como cronoloxicamente si o é outra punta de lanza de bronce que, supostamente, procede de Dozón, hoxe no Museo de Pontevedra, pero adoece da mesma carencia que a que aquí tratamos: falta de referencias precisas do seu achado (Fig. 5). Sen embargo, por tratarse do mesmo tipo de peza e a súa condición de inédita, faremos un primeiro achegamento á mesma, deixando para un posterior traballo unha análise máis detallada. Trátase agora dunha punta lixeiramente máis grande: ca. 15 cm., presenta unha folla lanceolada e un tubo curto de base ancha, que se estreita ó chegar a folla, para converterse nunha delgada nervadura que acada o extremo da punta. A folla, con gumes biselados, ten

6

Carballo, 2002: 337-339.

188

josé suárez otero

forma lanceolada, presentando, sen embargo, un certo estreitamento na seu terzo superior e un remate oxival, o que matiza dita morfoloxía lembrando, aínda que tenuemente, as follas “flamexantes”. Unha diferenza especialmente significativa é o do estado de conservación, neste caso con abundantes alteracións das superficies, en especial cara ós gumes, na parte superior do nervio e na base do tubo, así como abundantes melas nos primeiros. Un estado de conservación que, unido a unhas dimensións xa próximas o normal nas puntas de lanza pequenas, fai pensar que agora estamos diante dunha expresión máis desas últimas e polo tanto con posibilidade de ter sido usada como arma. Na identificación tipolóxica atopamos outra vez paralelismos con algún tipo británico, onde se asocia de novo ós conxuntos tipo Willburton: leaf-shaped spearheads7, e que, sen embargo, na península semella ter pouca incidencia mais ala do Noroeste. Volvemos atopala nunha peza moi semellante á de Dozón e tamén no Museo Provincial de Pontevedra, á que se atribuíu unha procedencia no concello de Monforte de Lemos, o tempo que se asociaba, tamén supostamente, a machados de tope e dous aneis de diversa tipoloxía (Fig. 6) 8; co matiz de que neste caso a folla é máis estreita, o que da un carácter máis esvelto a unha peza de non moito maior tamaño (ca. 16 cm.). E xa con matices nunha procedente do leito do río Ulla, perto da súa desembocadura actual e hoxe no Museo do Castelo de San Antón (Coruña)9. Ten características semellantes, como o albado curto e con forma de embude e a súa proxección na folla agora en forma de aresta, pero é de menor tamaño e a folla asemellase mais á conservada no Museo de Ourense (Dozón I). Tamén a punta trasmontana de Castro Picote presenta unha conformación global semellante, especialmente na folla e nervadura, aínda que agora constatamos un tubo máis longo no contexto dun tamaño da peza tamén maior10. O primeiro e gran problema que presentan estas dúas pezas é o da súa orixe. Todas elas recuperadas por separado, ofrecen unhas circunstancias que nalgunhas poden facer dubidar da información que as acompaña. Así, a que foi recollida en Dozón procede neste caso aparece en mans dun particular que a gardaba dende facía tempo e a obtivera facendo algún traballo en Dozón. No caso da de Pontevedra, nin tan sequera temos noticias da súa aparición. Estamos, pois, diante dun grupo de pezas que pola converxencia ou coetaneidade tecnocultural e unha

7

Burguess and O’Connor, 2008: 47.

8

Monteagudo, 1977: 190 e fig. 150D.

9

Ruíz-Gálvez, 1984: 55 e 245.

10

Coffyn, 1985: 201 e 387.

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

189

orixe xeográfica que, aínda que un tanto vaga, semella coincidente, ben puidesen formar parte en orixe dun mesmo contexto: un acubillo de armas de bronces, quizais so de puntas de lanza, como outros que aparecen o longo do Noroeste; e, como moitos deses, atopado accidentalmente –polo xeral en relación a traballos no agro- e posteriormente separado polas condicións do achado: fortuíto e coa participación de mais dunha persoa; e, finalmente, dispersado en razón das vicisitudes concretas que sufrirá cada unha das pezas. Acubillos deste tipo non son raros no Noroeste, lembremos o depósito da Lagoa da Alcaián (Coruña) ou o acubillo da Pobra de Bourón (Lugo)11. C. O contexto xeográfico e metalúrxico

A procura dun contexto xeográfico defínese a partires dun área esencialmente de montaña: área central da Cordilleira Dorsal Galega (Fig. 1), pero ó mesmo tempo coa condición de área de paso entre a cunca do río Ulla e a do río Miño, correspondendo o territorio actual do concello de Dozón á cabeceira da primeira: cabeceiras do Asneiro-Deza e do Arnego; agás a parroquia de Bidueiros12. Trátase dun espazo fundamentalmente de tránsito entre esas dúas grandes cuncas fluviais e definido polos montes que as separan. Un ámbito xeográfico no que non semellan moi abondosos os achados metálicos do Bronce Final: a distribución dos machados recollida na obra de L. Monteagudo é ben expresiva desa situación. Nunha proximidade relativa a Dozón temos un machado de tope e dous aneis en Salto (Rodeiro)13, e xa máis lonxe, aínda que dentro do sector central da Dorsal, atopamos o machado de un anel de Oleiros (Toques, A Coruña) ou de dous aneis de Albidrón (Antas, Lugo)14. En definitiva, sempre achados illados e, polo de agora, escasos. Cando de puntas de lanza se trata, atopámonos que esta peza e outras aínda inéditas matizan esa conclusión. Nese último aspecto e atendendo ós novos achados, temos que modificar as conclusións ás que chegabamos nun traballo anterior, e no que semellaba presentarse unha distribución de ese item metálico cunha escasa presenza nas áreas de montaña e fundamentalmente vinculada ós vales dos grandes ríos ou ó litoral. Así, a cunca do río Ulla, coa que a área de Dozón está relacionada a través do río Deza, maniféstase polo de agora relativamente escasa en achados de bronce, se exceptuamos a situación na súa desembocadura e, particularmente, naqueles

11

Cfr. Ruiz-Gálvez, 1984, coa bibliografía anterior.

12

Carballo, 2003: 334-337.

13

Monteagudo, García y Meijomil, 1981: passim.

14

Monteagudo, 1977: 190 e fig. 150D.

190

josé suárez otero

máis abondosos e representativos da produción e circulación do metal como son os machados de tope e aneis, pero non tanto no que as puntas de lanza se refire con ata seis exemplos. Tres no hoxe derradeiro tramo do río –entre Pontecesures e Catoira- particularmente rico en descubertas, outro, o de Brandariz (Vila de Cruces), na parte media, mentres que o que estamos a tratar, xunto a outro da mesma procedencia e ó que nos referiremos máis adiante, lévannos ás terras altas que pechan a cunca. Casos non só vinculados a depósitos fluviais (Catoira), senón nas beiras do leito (Pontecesures), no val inmediato (Brandariz) ou nas serras que o pechan (Dozón). Sen embargo, os novos datos: Dozón coa peza que estudamos e unha segunda, a que tamén faremos referencia, unha inédita de Palas de Rei e o feito de que a mesma de Brandariz se atope nos somontes da Dorsal; permiten outra lectura e apunta a un comportamento diferenciado das puntas de lanza con respecto a outros ítems metálicos nos montes do interior de Galicia. A actual perspectiva, en base ós exemplos coñecidos, semella apuntar a que a área montañosa do interior de Galicia, cando menos no seu sector central, manifesta unha presenza de puntas de lanza non menos importante que o litoral ou as cuncas fluviais. Coa diferenza que mentres no litoral e nas terras baixas esa presenza convive coa maior abundancia dos outros elementos do complexo metálico do Bronce Atlántico, nas serras adquire unha maior relevancia, dada a aparente escaseza relativa dos machados. Agora ben esa relación puntas - áreas de montaña semella ter moita que ver cunha frecuente relación con puntos de paso a través delas, mesmo revalorizando o papel desa ultima circunstancia. Circunstancia claramente manifesta nos achados das serras orientais, en especial na zona correspondente á actual provincia de Lugo, e á que imos dedicar o seguinte apartado, dado que afecta á posible interpretación da peza en estudo. III. CARA A INTERPRETACIÓN: DE NOVO A LECTURA XEOGRÁFICA

A definición do espazo xeográfico no que apareceron as dúas puntas de lanza fala en primeiro lugar dunha área de montaña no interior de Galicia, en segundo dunha fronteira natural que fractura Galicia de norte a sur, ou máis concretamente separa as bacias media do río Miño e a do Ulla. Esta segunda condición conleva unha terceira: a existencia de pasos entre as áreas separadas, que neste caso exprésanse na portela de Coiras ou a de Cusanca, as dúas constatadas historicamente e na primeira cun importante papel na Idade Media, toda vez que por ela ía discorrer o Camiño de Ourense a Santiago15. Se atendemos á evidente condición

15

Carballo, 2003: 335.

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

191

de paso a través desa área montañosa, comunicando a Galicia Occidental coa Oriental, a Galicia Litoral coa interior, ou simplemente as cuncas do Ulla e a do Miño, sitúanos na xa constatada relación entre achados metálicos e puntos de paso, dos que podemos atopar situacións parellas nas serras orientais galegas e referidos tamén a puntas de lanza, tanto illadas como en depósitos. Referímonos á presenza dun punta de lanza no Cebreiro (Lugo)16, cun papel de paso entre grandes áreas xeográficas que non merece maior comentario, pois boa parte das comunicacións entre a Galicia do norte e a Meseta pasaron por alí e segue a ser punto senlleiro no evolucionar do “Camiño de Santiago”. Si cómpre deterse en sinalar as marcadas diferenzas entre o exemplar de lucense e o que tratamos aquí, agás certas semellanzas na morfoloxía da folla e o carácter romo da mesma. No caso do Cebreiro a morfoloxía achégase a da punta de Catoira, pero ese mesmo paralelismo -tubo curto con forma de embude que se proxecta en forma de nervio estreito e arestado- e as dimensións lévanos a exemplos como Monforte ou mesmo Dozón II. Coincidencias máis nítidas con Dozón I atopámolas na punta asturiana de La Llaguna de la Fana en Tineo17. De novo en relación a un lugar de paso, neste caso asociado ó chamado “Camiño Primitivo” de Santiago18. De novo unha punta de moi pequenas dimensións, con punta roma, fronte dunha morfoloxía que difire na elección dunha folla flamexante cunha nervadura marcada, e unha técnica que neste caso si responde á de folla oca. Outro exemplo sería o depósito da Poboa de Burón, na Fonsagrada19, tamén ó carón dunha vía clave, agora nas relacións entre Galicia e o occidente de Asturias, pola que discorría o mencionado “Camiño Primitivo de Santiago”, localizando este depósito na mesma vía natural que o mencionado exemplar de La Llaguna20. Unha vía, pois, con bastantes evidencias do seu papel na circulación do metal no Bronce Final: o propio carácter de chatarra dos tres fragmentos de lanza deste depósito, hai que engadir esa condición a boa parte do deposito de machados de San Pedro de Neiro21, ó que se pode sumar o depósito de Bruicedo, como os dous anteriores

16

Ruíz-Gálvez, 1984: 85.

17

Blas Cortina, 1991/1992: 120.

18

Polín, 2006 a: passim.

19

Arias Vilas, 1977/1978: 66. Ruíz-Gálvez, 1984.

20

Polín, 2006 b: esp. 24-64.

21

Monteagudo, 1977: 168-169, Taf. 128.

192

josé suárez otero

dentro do actual concello da Fonsagrada22. Ámbolos dous conformados por machados de talón e dous aneis dos que conservan aínda o tocón de fundición: tipo Monteagudo 29. No caso de Neiro, o mellor coñecido e, tamén, o máis próximo a Burón, a eses machados engádese restos doutros en forma de tocóns de fundición ou fragmentos do talón e unha peza informe en chumbo Estamos, pois, diante de conxuntos de machados que polas súas características resultan afuncionais, polo que veñen sendo entendidos como posibles lingotes en forma de machado, algúns xa tan deteriorados que só poden ser entendidos como “chatarra”, ó que se engade a presenza de restos que remiten ó metal en si e non a ningún obxecto. En definitiva, manifestacións todas elas que coma no caso de Burón poden se entender como produto do atesouramento de metal con ou, cando menos, en condicións de ser mobilizado, e dispostos nas inmediacións dunha vía natural que comunica a área galaica co occidente asturiano. É proba da relevancia de ese derradeiro aserto é que na proxección desa vía xa en territorio asturiano volvamos a toparnos non só coa mencionada punta de lanza senón cunha significativa presenza dese tipo de machados e da “chatarra” de eles derivada: Monte Castrelo de Pelou e Castro de Chao de Sanmartín, todos eles no concello de Grandas de Salime23. Mesmo se nos adentramos máis, os exemplos, aínda dispersándose, como manifestan o machado de Larón (Cangas de Narcea) ou o tocón de Tapia de Casariego, semellan manter certa relación con esa vía, especialmente no depósito de Collada (Tineo) e posiblemente na vinculada a Cangas de Tineo24. Unha vía que foi definida por M. A. de Blas coma un posible itinerario NE-SO que permitiría a saída do cobre do cunca media-alta do Narón cara o actual territorio galego25. Itinerario que os exemplos galegos mencionados semellan confirmar e que cobraría así especial relevancia no contexto da metalurxia do Bronce Final do Noroeste. En definitiva, Dozón, O Cebreiro, Pobra de Burón, e quizais unha peza desaparecida e situada no concello de A Cañiza (Pontevedra)26, ademais do asturiano de La Llaguna de la Fana, falan dunha aparente redundante relación dos achados de puntas de lanza e vías a través da serras, non lonxe de portos ou portelas que permitirían o paso entre os montes que as conforman. A Pobra do Burón, pola súa

22

Monteagudo, 1977: 169.

23

Blas Cortina, 1991/1992; Villa 2002.

24

Monteagudo 1977: 172 e 175, Taf. 69 e 71.

25

Blas Cortina, 1991/1992: 133. Blas Cortina y Fernández Manzano, 1992: 403.

Descoñecemos as características desta peza que apareceu en San Sebastián das Achas e da se descoñece tamén o seu paradoiro actual, vid. Filgueira Valverde e García Alén 1959. 26

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

193

banda, expresa expresamente da circulación dos metais por esas vías, asimilándose como depósito ós de machados ou chatarra, mentres os outros tres falan dunha específico grupo de puntas de lanza que soen aparecer illadas, e en condicións que as distancian dos depósitos metálicos, grupo que definiremos e interpretaremos máis adiante (vid. Apdo. V). Sen embargo e antes de continuar centrados nesa casuística, non debemos esquecer que esa condición de “áreas de paso” non esgota as posibilidades interpretativas dese mesmo ámbito xeográfico, pois ó tratarse dunha dorsal montañosa que separa dúas grandes cuncas fluviais tamén pode exercer de fronteira entre ámbitos culturais e mesmo territoriais, como semella acontecer no Idade do Ferro27 Unha separación entre territorios que puido ter significado sociopolítico e que adquire así unha relevancia na que a presenza de armas non resulta estraña28, como tampouco os depósitos compostos por lanzas, ós que xa noutras áreas se lles ven atribuído un significado social, e mesmo político29. Finalmente, neste proceso de relativizar ás supostas solucións tampouco podemos esquecer que a condición de espazos de montaña definen unhas características xeográficas e medioambientais dabondo específicas como para acoller e determinar grupos humanas de riscos tamén diferenciados cos da súa contorna. Riscos que incluirían a esas armas, e tamén à construción material e ideolóxica dos depósitos metálicos nos que moitas veces aparecen. Aínda que carecemos, polo de agora, de datos que avalen a existencia de grupos culturais diferenciados nas áreas de montaña durante o Bronce Final do Noroeste30, e mesmo os que hai apuntan nun senso contrario, coidamos que era necesario formular tódalas posibilidades interpretativas dende a perspectiva xeográfica, nun momento no que a investigación tende a ser unidireccional no interpretativo.

27

Carballo 2003: passim.

Cfr. o episodio contido no Pseudo-Turpín, cando narra a chegada de Carlomagno: “Después de haber visitado la Tumba de Santiago, llegó a Padrón sin hallar resistencia y clavó una lanza en el mar, dando gracias a Dios y a Santiago por haberle llevado hasta allí, y dijo que ya no podía ir más adelante” (Liber Sancti Iacobi. Codex Calixtinus, Libro IV, cap. II, cf. Moralejo, Torres y Feo, 1999: 409). Sobre a relación entre armas e definición de espazos ou territorios dende a antigüidade á Idade Media, cfr. p.e. Tenreiro, 2005: passim. 28

Referímonos por exemplo a valoración social dos depósitos de puntas de lanza da Meseta Norte, onde son relativamente frecuentes: Fernández Manzano, Herrán Martínez y Rovira, 2005. 29

Non debemos esquecer que para momentos do Bronce Pleno temos detectado algunha singularidade, como a dos rituais funerarios en túmulos preexistentes e co chamado “vaso de borde revirado” como expresión cerámica máis común (Suárez Otero 1997 e 2002). 30

194

josé suárez otero

IV. IDENTIFICACIÓN TIPOLÓXICA E CONTEXTO CULTURAL A. Dozón e o “tecno-complexo wilburton”

O aspecto desta punta de lanza e tamén os seus paralelos mais próximos leváronnos nun traballo anterior a identificala cunha punta afín ás lozengue sectioned, hollow-blade spearheads, da bibliografía inglesa, e pointes de lance à ailerons losangés creux, da francesa, asociadas a metalurxia tipo Wilburton (Fig. 7,2)31. Agora sabemos que esa relación si ven existe, ten que ser matizada. Pois, si a forma e o aspecto apunta a que a intención era elaborar unha punta semellante as referidas, o certo é que a técnica empregada xa non é a mesma, e así falla unhas das características mais relevantes de aquelas: o ter a folla oca. Condición que sí se da tanto nunha das puntas do depósito de Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense)32, como noutra do castro de San Julião33, e que tamén atopamos nunha peza atopada no Castro de San Lorenzo Pastor (Arzua, Coruña)34, ou en algunha do deposito de O Hío (Cangas, Pontevedra)35. As que cabería engadir a do depósito de Bouças en Melgaço e, supostamente outra de Badín en Monção, ámbalas dúas á beira do río Miño e no seu derradeiro tramo36. E xa nos lindes do Noroeste ese mesmo risco atribúese a unha peza de Vega de Crispín (Asturias)37 e outra de Castro do Picote (Tras-os-Montes)38. Xa fora do Noroeste, con outra atopada na provincia de Palencia, sen procedencia exacta, pero non na moitas veces mencionada do depósito de Cisneros, da mesma provincia39. En consecuencia, un tipo que só aparece no marco británico ou no norte da Península

31

Suárez Otero e Carballo Arceo, 2001: 17-18.

32

López Cuevillas, 1955; Almagro Basch, 1960.

33

Coelho da Silva, 1986: 178.

34

Meijide, 1989: 7-24.

35

Monteagudo, 1977: 190 e fig. 150D; Ruiz-Gálvez, 1979: 129-150; Coffyn, 1985: 229-230.

36

Bouças: Coffyn, 1985: 387, lám. XXXVI, 7; Badim: Coelho da Silva, 1986: 178.

37

Coffyn, 1985: 133 e 387

Aínda que esta última ponnos en relación cos erros de atribución e mesmo de representación na bibliografía que trata esta cuestión, como podemos comprobar no caso da punta de Castrelo do Miño (Ourense), Coffyn, 1985: 201 e 387. 38

39 Consérvase só a punta e non na súa totalidade. Aínda que é maciza nos dous tercios superiores, presenta o inferior oco, a forma é lanceolada con sección trapezoidal e nervadura pouco destacada ou inexistente (Fernández-Manzano 1986: 108 e fig. 33,3). Mentres que a punta do Depósito de Cisneros é totalmente maciza (Idem, 108 e fig. 35,5).

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

195

Ibérica, especialmente no cuadrante NW40, cunha distribución que, como vimos expoñendo ao longo destas páxinas, as fai especialmente abundantes en Galicia e en menor medida no norte de Portugal41. En realidade, no que a súa adscrición tipolóxica se refire, non temos paralelos estritamente próximos mais que un exemplo case que idéntico aínda que fragmentario do castro portugués de São Julião; un xacemento no que recentes traballos arqueolóxicos evidenciaron unha prolongada ocupación que acada nos seus primeiros tempos a todo o Bronce Final ca. 1200-800 a.C., marco no que cabería inserir a peza en cuestión42. Sen embargo, esa ofrece unha característica, a da folla totalmente oca, que fala dunha tecnoloxía distinta a Dozón. Outro posible paralelo é a punta asturiana de Vega de Crispin43, tamén sen solución de continuidade entre tubo e folla e con aresta central, ó que se engade unha forma tendente a triangular da lámina, e de novo a oquedade desa última. Mesmo no fragmento do castro de San Lorenzo Pastor, aparece esa transición suave entre tubo e folla, de novo con esta oca44. Esa derradeira característica común ós tres exemplos citados levou a que na bibliografía aparezan relacionados coa metalurxia británica tipo Wilburton (Fig. 7), onde o “hollow casting” é unha técnica nova e moi expandida, afectando especialmente a elaboración das puntas de lanza, pero tamén a outros elementos metálicos45. Unha etapa de innovación tecnolóxica cunhas datacións ó redor do 1200-1000 a.C, e que traballos recentes chegan mesmo a reducir e precisar esa temporalidade: 1140-1020 BC46 . Eses paralelos sinalan unha primeira contradición na peza de Dozón, pois a falla de solución de continuidade entre tubo e folla

Aínda que a súa existencia foi recoñecida por distintos autores, onde reciben un máis detido tratamento é en Coffyn, 1985: 201 e 387. 40

41

López Cuevillas, 1955: passim; Monteagudo, 1981: 365-398.

Nos primeiros traballos M. Martins paraleliza esta peza con outra de Nosa Señora da Guia (Baioes) e a relaciona cos pequenos puñais que identifica co tipo Porto de Mos, incluindo todas estas pezas metálicas nunha fase que iba, segundo as datas do C14, entre o século X e o VIII a.C. e que identifica como Bronce Final III (Martins, 1988). Sen embargo, agora constátase a existencia dunha etapa de finais do II milenio (S. Juliao Ia, séc. XII-XI B.C.)) e outra do primeiro cuarto do I milenio (séc. Juliao Ib, s. X-IX B.C): Bettancourt, A. M. S., 2000: 104-107. 42

43

Coffyn, 1985: 201 e 387.

44

Meijide e Acuña, 1985: 174-187.

45

Coombs, 1975: 59-60. Bowman and Needham, 2007.

46

Needham, S., Bronk Ramsey, C., Coombs, D., Cartwright, C., and Pettitt, P., 1997.

196

josé suárez otero

a identificaría con esa metalurxia, ou a mesma forma da folla47, namentres que tecnoloxicamente resposta a unha tradición distinta. O mesmo acontece nunha das puntas do deposito de Santo Estevo de Ribas de Sil, de dimensións e aspecto semellantes á que tratamos, aínda que con diferenzas na morfoloxía e a folla, agora e oca e de sección elíptica. Un depósito no que, lembremos, asociase a unha espada pistiliforme, un pequeno colgante amorcillado e unha segunda punta de lanza. Este conxunto metálico, xa moi coñecido na bibliografía48, apareceu no leito do río Sil e conta cunha datación absoluta de 2880±70 BP (ca 930 a.C).49 A espada foi recentemente clasificada dentro de un grupo de espadas pistiliformes evolucionadas ó que se lle deu o nome doutro achado galego: “tipo Cordeiro”50. O colgante amorcillado, pola súa banda, ten paralelos en asentamentos e horizontes do Bronce Final galego, aínda que cunha cronoloxía relativamente ampla que chega ós horizontes de transición entre o Bronce e o Ferro Inicial. En canto a esa segunda punta de lanza, da que so se conserva un fragmento correspondente a súa metade inferior, estamos de novo diante da presenza da tecnoloxía “tipo Wilburton”, como acontecía en San Julião, ó que de xeito indirecto a relaciona tamén coa de Dozón. Unha metalurxia na que se inscribe a propia espada, e para a que a mencionada datación radiocarbónica lévanos cara o tránsito entre o segundo e o primeiro milenio: ca. 1100-900 B.C. A relación entre Dozón e Ribas de Sil preséntase ó mesmo tempo clara e complexa, e a conclusión que se pode tirar é que Dozón sintetiza nunha soia peza o que en Santo Estevo se expresa en dúas, ademais claramente diferenciadas entre si. En definitiva, o que en Santo Estevo é unha coexistencia de dúas tradicións metalúrxicas, en Dozón vóltase nunha converxencia das mesmas, que forza a pensar na existencia dunha terceira que as sincretiza e faría da datación de Ribas de Sil un terminus ad/post quem para Dozón. B. Dozón e as tradicións do bronce final i

Nesa contradición entre arcaísmo e innovación incidiría tamén esa forma da folla tendente a triangular e con aleróns de base rectilínea ou lixeiramente curva, atributos formais que, unido a un tamaño a cabalo entre as puntas de xavelina e

47 Sen esquecer que a punta de Dozón presenta uns inicios de posible fragmentación (vid. supra Aptdo. II)coincidentes coa fragmentación que sí aconteceu en tódolos exemplos de puntas tipo Willburton mencionadas. 48 Cfr. as obras de carácter xeral xa citadas, especialmente Ruiz-Galvez, 1984 e Coffyn, 1984, nas que se recolle a bibliografía anterior. 49

Alamgro Gorbea, 1977: 522.

50

Brandherm, 2007.

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

197

as puntas de lanza, ofrecen algunhas concomitancias con pezas do Bronce Final I ou de cronoloxía antiga pero sen poder precisar, como podería ser o exemplar de Mondreganes, na provincia de León51. Ou de maneira máis acentuada coa tamén leonesa de Renedo de Valderaduey, agora coa folla tendendo a elíptica, pero mesmas dimensións, tubo relativamente longo e moi profundo e aresta en vez de nervio52. Pezas que, ademais das coincidencias que o definen (Fig. 8), presenta unha indubidable coherencia xeográfica ó aparecer todos eles en localidades próximas do centro-este da actual provincia de León, unha xeografía un tanto afastada de Dozón, o que ven matizado polas sobradamente coñecidas as relacións da Meseta co Bronce Final atlántico53. Por outra banda, tamén no Noroeste atopamos ese tipo de follas, ademais dos exemplos citados en primeiro termo, nunha punta xa mencionada nestas páxinas e tipoloxicamente xa diferenciada, como é a depositada no Ulla, preto de Torres de Oeste en Catoira, con tubo curto con forma de embude que se proxecta en forma de nervadura estreita ata o extremo da lámina54. Risco ese último que lembra á segunda punta localizada en Dozón, e de novo a modelos tipo Wilburton, aínda que aqueles de folla maciza, situándonos no ámbito do Bronce Final II, pero tamén na reinterpretación galaica de atributos formais atlánticos. Finalmente, e de novo incidindo nas trazos peculiares desta peza, temos que sinalar que a decoración que presenta volvémola a atopar noutra punta de lanza que aparece dentro do coñecido conxunto de Santo Estevo de Ribas de Sil. Agora tratase dunha peza morfoloxicamente moi distinta, pois presenta unhas grandes dimensións e unha tipoloxía de inicios do Bronce Final: as basal-looped spearheads da bibliografía anglosaxona ou pointes de lance oeillets basaux na francesa; a decoración é aquí mais rica, pois a esas dúas liñas verticais paralelas que recorren lonxitudinalmente a peza, engádese agora a decoración na base da folla e tamén no extremo inferior do tubo de encabamento. Unha peza a que unha análise metalográfica antiga atribuía unha metalurxia de cobre, quizais arsenical55, pero

51

Fernández Manzano, 1986: 53.

52

Delibes, Fernández Manzano, Fontaneda y Rovira 1999: 70.

Delibes y Fernández Manzano 1991: passim, ou máis recentemente: Celis, Delibes, Fernández Manzano y Grau, 2007, ou máis concretamente Delibes, Fernández Manzano, Herrán Martínez, 2007 a e 2007 b. 53

Ruíz-Gálvez, 1984: 55 e 245; aínda que esta autora apunta tamén a semellanzas con puntas francesas do grupo de Saint-Brieuc-des-Iffs ou formando parte de depósitos parisinos do Bronce II. 54

55

Almagro Basch, 1960: passim.

198

josé suárez otero

que outra mais recente identifica como un bronce binario cunha elevada proporción de estaño (20,28 %), e escasas impurezas de ferro, níquel e arsénico, mais acorde coa tipoloxía da peza, propia de horizontes do Bronce Final I56, e tamén co que coñecemos da metalurxia de inicios do bronce final no noroeste, na que son frecuentes as altas porcentaxes de estaño. Esta coincidencia relaciona a peza de Dozón con tradicións metalúrxicas anteriores a Wilburton e o Bronce final II en xeral, outorgándolle un carácter arcaizante que semellan atoparse tamén nalgúns dos atributos formais da peza57. Non debemos esquecer, sen embargo, que unha decoración semellante atopámola nas puntas pezas do depósito do Hío, especialmente naquela que técnica e formalmente máis próxima resulta da metalurxia tipo Willburton. Aínda que agora a decoración presentase en forma de estreito resalte, pero ocupando tamén o espazo do nervio ou aresta e acadando dende o remate da folla ata o tubo de encabamento. Unha solución distinta pero cunha mesma funcionalidade nun marco que sí está claramente relacionado co tecnocomplexo Willburton e o Bronce Final II58. V. A PUNTA DE DOZÓN: MÁIS ALÁ DO FORMAL

Independentemente desa posible atribución da punta de Dozón do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ó complexo tecnoformal tipo “Wilburton”, hai unha serie de riscos, ben formais, ben contextuais que apuntan a posible función, e mesmo significado, desta peza. O primeiro é o das súas dimensións, as que podemos situar na fronteira entre o que podería ser unha punta de xavelina e as puntas de lanza propiamente ditas. Os ca. 14 cm de longo semellan demasiado grandes para a primeira identificación funcional, pero tamén demasiado escasos no que atinxe á segunda, o que deixaría esta peza nunha especie de limbo funcional; afuncionalidade na que redundaría o excesivo grosor en relación á lonxitude na folla. Se a esas ambiguas dimensións, unimos a tamén referida carácter romo do extremo útil da peza, e que na de Dozón afecta de igual xeito ós bordes da folla, tamén decisivos no seu funcionamento como arma, constatamos que a

56

Ruíz-Gálvez, 1995.

Arcaísmo que quizais está tamén na peculiar forma desta punta, definida principalmente pola tendencia ó cóncavo da base dos aleróns, afastándose dos modelos coñecidos para o Bronce Final e recorda, sen embargo, as puntas de xavelina do Bronce Medio británico, cun tamaño semellante, aínda que estas teñan argolas nun tubo polo xeral tamén máis longo. 57

Ruiz-Gálvez, 1979, coa bibliografía anterior, pero sen describilas: 131-133 e 145. Ou Idem, 1984 e Coffyn 1985. Recentemente: Suárez Otero e Carballo Arceo 2001: 2-25. 58

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

199

funcionalidade atribuíble a esas pezas escápase do instrumental, esixindo pois outras alternativas que xustifiquen a súa razón de ser e expliquen a súa morfoloxía. Constatábamos tamén que non se trata de un caso único. Existe unha serie cada vez máis ampla de pezas con esa mesma lonxitude -14 cm., algunhas das cales -O Cebreiro e La Llaguna de Fana- tamén coa punta e os bordes romos. Por contra, temos outra serie de pezas que teñen unhas dimensións xa algo superiores, ó redor dos 15-16 cm., pero que, sen embargo, presentan bordes afiados e puntas aguzadas, que falan da súa probable funcionalidade como lanzas, pero tamén dos límites dimensionais para a mesma -casos da supostamente provinte de Monforte de Lemos59 ou dunha do castro norportugués de Nosa Senhora da Graça en Melgaço60. Ese grupo de pezas aínda que con morfoloxías variables, manifesta o predominio de riscos relacionados coa variante galaica do tecnocomplexo tipo Wilburton, ben técnica -La Llaguna, ben formalmente –a outra punta de Dozón no Museo de Pontevedra, ó tempo que tamén teñen un especial peso aqueles outros riscos que poderíamos considerar arcaizantes, como os furados amplos e irregulares no encabamento, as follas trapezoidais -Dozón e Mondreganes- e en Dozón tamén a presenza de decoración. Se nos centramos en dúas pezas que polo de agora resultan claves na lectura que estamos a propoñer, Dozón e La Llaguna de Foxa, atopamos todos eses riscos que farían de ambas pezas morfoloxicamente, pero non funcionalmente, puntas de lanza. Máis aínda, en ámbolos dous casos semella haber unha clara preocupación pola súa definición formal, pola reprodución coidada dos riscos que son propios en puntas de máis tamaño, en tipos que respondan á tecnoloxía de folla oca, ben na versión Ribadesil-São Julião, no caso de Dozón, ben os “tipo O Hío”, no caso asturiano; mesmo no primeiro dos exemplos estamos diante dunha execución particularmente coidada como reflicten unhas superficies pulidas e brilantes. Unhas características que denotan unha preocupación pola “imaxe” das pezas, contrapondo à procura de maximizar a súa potencialidade instrumental como armas, o coidado na súa capacidade de expresar formal e conceptualmente a esas mesmas armas. O proceso de selección dos atributos máis polo seu carácter representativo que polo funcional, leva a unha intensificación da súa presenza ó tempo que a unha concentración neles do conxunto da peza, producíndose unha redución das dimensións da mesma. Ese proceso no formal, externo, é a tradución de outro conceptual que semella sustentar esa miniaturización e hiperexpresividade nunha

59

Monteagudo, 1977: 190, Taf. 150 D.

60

Marques, 1984: 41.

200

josé suárez otero

esencialización do obxecto e do seu significado. Unha transmutación do obxecto de instrumento a representación, converténdoo na práctica nun esqueuomorfo de sí mesmo, o que implicaría un cambio tamén de función, pois agora o contexto xa non son as armas, senón os símbolos, pero non cambia, sen embargo, o significado, polo que a nova función como símbolo debe de estar vencellada á función en tanto que obxecto, sexa a instrumental como arma, ou outra derivada: a arma como expresión do social ou o ideolóxico. Non hai pois unha ruptura conceptual, só funcional, polo que o contexto deste novo obxecto ten que estar dalgún xeito relacionado co daquel ó que representa. É necesario, pois, entender o papel da lanza no contexto das culturas do Bronce Final do Noroeste, para intentar comprender o desta derivación das mesmas. Desa afuncionalidade, ou mellor funcionalidade transferida, fálanos tamén o estado de conservación das pezas que a representan. Referímonos a que en tódolos casos as puntas consérvanse nun estado próximo ó orixinal: completas, sen alteracións superficiais significativas, o que, por outra parte, permite constatar o coidado dos acabados expresados en pátinas lisas, case que brunidas, ofrecendo aspectos regulares e abrillantados. Unhas condicións que contrastan cos exemplos parellos de puntas de lanza con condicións morfolóxicas e dimensionais para exercer como armas. O estado fragmentario de tódalas pezas con folla oca, evidenciando a debilidade que esa característica lles outorgaba e que parece provocaba a súa rotura pola metade da folla, indica que estiveron sometidas ás presións, empuxes, golpes que o seu uso implicaba. Circunstancias que as melas, perdas parciais ou desprazamentos, en especial no extremo proximal, avalan para a meirande parte das puntas de lanza do Bronce Final. Tampouco as puntas de xavelina, a pesares de ser máis pequenas e compactas, e, ademais, ter un uso diferenciado, escapan a rozaduras, perdas parciais nos contornos e rabuñados superficiais. Un estado de conservación, o das pezas en estudo, que implicaría, en fin, non só a mencionada afuncionalidade, senón unha amortización en condicións que impediran, ou cando menos dificultaran, a súa circulación e a reciclaxe en tanto que potencial materia prima. Condicións que poden atoparse na sacralización e/ ou ocultación da peza nun contexto ritual, máis que no atesouramento do metal ou na perda ocasional61. Contexto ritual que en Dozón podería estar expresado en parte na propia peza, pois na mesma, e sen alterar significativamente ó mencionado bo estado de conservación, atopamos inicios de alteracións que nas puntas

Outro exemplo de significados non funcionais na metalurxia do Bronce Final do Noroeste atópamolo nos machados de talón decorados, cf. Suárez Otero 2007: passim. 61

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

201

do mesmo tipo, pero que sí foron usadas como armas, aparecen consumadas, chegando mesmo a destruílas definitivamente e amortizalas no seu valor instrumental. Unha posible explicación desa coincidencia, e asumida a afuncionalidade da peza que tratamos, estaría nunha ritualidade que comportara “xestos” que implicaran accións semellantes as propias do uso normal dese tipo de arma, pero sen acadar a intensidade e/ou frecuencia dos mesmos. En definitiva, a punta de Dozón non só define un posible marco ritual, senón que tamén expresa os “xestos” que o conformarían e que implicaban de novo unha derivación do uso das lanzas do instrumental para o simbólico. VI. CONCLUSIÓNS

A morfoloxía da peza, senón a mesma condición de punta de lanza, non deixan dubidas no que respecta a contextualización cultural desta peza no marco do Bronce Final do Noroeste (1200-700 a.C.). Forma parte, pois, duns dos núcleos mais ricos do que se ven chamando Bronce Atlántico e integrase ó mesmo tempo nun dos conxuntos mais amplos e de marcada idiosincrasia dentro da metalurxia do Bronce Final da Península Ibérica, como e o das puntas de lanza do Noroeste hispánico, para as que neste momento contamos con mais de trinta exemplares, unha boa parte dos cales son aínda pouco ou nada coñecidos. Sen embargo, as peculiaridades sinaladas permiten facer unha lectura mais ampla e con consecuencias interpretativas relevantes para o coñecemento da cultura e a metalurxia do Bronce Final en Galicia. A. A compoñente metalúrxica, a materialización do obxecto

As relacións entre a metalurxia británica e a do noroeste hispánico no Bronce Final semellan existentes, pero resultan complexas na súa definición, ergo na súa interpretación. Un dos problemas é o das composicións metálicas, debido a presenza de bronces chumbados no caso británico, mentres que nas escasas puntas galegas analizadas, este non parece acontecer; sen embargo, ofrecen uns elevados porcentaxes de estaño, o que si parece común para a metalurxia do noroeste no Bronce Final I. Mentres as espadas presentan unhas composicións de bronce binario con proporcións de estaño mais afíns ó que se considerada doado. E, sen embargo, nos machados que puideran ser atribuídos a esa etapa, si empeza a aparecer unha presenza significativa do chumbo, aínda que en cantidades menores que na metalurxia Wilburton. Temos pois un comportamento diferenciado segundo o tipo de útil, como tamén será diferente a súa posible relación cos referentes externos.

202

josé suárez otero

Esa derradeira valoración, a dun suposto peso de tradicións metalúrxicas temperas dentro do Bronce Final, e, sen dubida, unha das principais mensaxes que esta peza parece transmitirnos. O tubo longo, a perforación na base do mesmo, grande e irregular, e a decoración, apuntan nese senso. Tamén esa singular característica formal dos aleróns cóncavos lembran formulas aínda mais arcaicas e que se remontan as orixes deste tipo de arma en tempos mesmo anteriores ó Bronce Final. Esa presenza expresada nunha peza que, pola súa forma e os paralelos mais próximos, encádrase na plenitude do Bronce Final, por volta do tránsito entre os dous últimos milenios antes de Cristo, e unha sinal de que a metalurxia do Bronce Atlántico en Galicia confórmase xa nos primeiros momentos da mesma e adopta cedo unha forte personalidade fronte das outras rexións atlánticas, tanto da península Ibérica como do resto da Europa atlántica. A segunda peza de Dozón, matizaría esas peculiaridades, remitíndonos formalmente de novo a tecno-complexo Wilburton, ergo as Illas Británicas, co que o conxunto -sexa depósito ou mera coincidencia xeográfica, define unha metalurxia formalmente de inspiración atlántica, pero tecnicamente local. En consecuencia esas pezas semellan incidir na existencia dunhas especiais aínda que complexas relacións coas Illas Británicas na plenitude do Bronce Atlántico, coa convivencia de semellanzas e diferenzas tanto no formal coma no técnico62. A partires das condicións expostas, a datación, xa mencionada e sempre problemática dunha peza descontextualizada, apunta para o tránsito entre o II e o I milenio BC, paralela á cronoloxía absoluta obtida para a punta de lanza do depósito de Santo Estevo de Ribas de Sil, no que tamén atopamos a confluencia de riscos arcaicos cos propios do tecno-complexo Wilburton, aínda que neste caso expresados en forma de pezas distintas e non na convivencia deses riscos nunha mesma peza, como sería o caso de Dozón. Unha cronoloxía que semella coincidir coa que o radiocarbono atribúe ós primeiros momentos de ocupación de Sao Juliao, onde aparece outra punta semellante á de Ribas de Sil, aínda que incidindo máis nos derradeiros séculos do II milenio B.C. Este enclave do norte de Portugal engade a posibilidade de vencellar os cambios metalúrxicos entre o Bronce Final I e o Bronce Final II cos comezos dos asentamentos en altura, como xa parecía insinuar, por outra parte, o asentamento galego de Mesa

62 Abunda a bibliografía que incide neste tema, unha parte dela xa citada: Coombs, 1975, para o Bronce Final II, ou nunha perspectiva de conxunto: Coffyn 1985 ou Ruíz-Gálvez, 1984; pero tamén Monteagudo, 1981 ou a mesma Ruíz- Gálvez, 1986 e 1987, entre outros muitos.

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

203

de Montes63, o que implica a constatación dun momento non so de cambios na metalurxia, senón de cambio cultural profundo e xeneralizado no marco da Idade Bronce no Noroeste Ibérico. B. A compoñente funcional, o obxecto interpretado

A punta de Dozón inclúe na súa singularidade riscos que permiten facer unha lectura máis profunda da mesma. O reducido das dimensións, o carácter romo de bordes e punta e o bo estado de conservación, mesmo a calidade da pátina, afastan á peza do uso para o que foi concibida: punta de lanza, sexa arma ou sexa instrumento útil en prácticas económicas, aínda que con posibles significados sociais, como a caza. Dado que a forma non ofrece dúbidas na súa identificación, temos pois que considerar a punta de Dozón máis como representación que como expresión dunha punta de lanza. Ese carácter representativo que a converte nun verdadeiro “esqueuomorfo” so ten sentido no carácter simbólico e o uso ritual da peza. Dada a súa descontextualización pouco podemos engadir en canto a ese carácter simbólico e/ou ritual e as manifestacións concretas do mesmo que implicaron a esta peza. A única posibilidade de achegarnos ás posibles condicións e significados dunhas manifestacións de exclusivo carácter ideolóxico é o da especificidade da localización xeográfica e a aparente relación entre dita especificidade e pezas semellantes, máis en condición que en forma, á que aquí estudamos. Trátase da vinculación de puntas de lanza de dubidosa funcionalidade a áreas de paso en áreas de montaña do Noroeste, e mesmo a puntos críticos para a circulación de persoas e obxectos nese contexto. Unha posición que leva a valorar a posibilidade que esas puntas respondan a ritos relacionados con esa condición, os “Ritos de Paso”, nos que teñen incidido algúns investigadores, aínda que en base, fundamentalmente, a reiteración do fenómeno e a súa manifestación en forma de conxuntos -depósitos metálicos, máis que as características concretas das pezas. Unhas características que no caso das puntas de lanza remítennos ó armamento e o significado social do mesmo, máis que o posible valor económico do atesouramento metálico. Condición especialmente relevante se atendemos a que eses puntos críticos na circulación o son tamén na separación entre ámbitos xeográficos diferenciados. O que pode ser paso, tamén pode ser fronteira -e a area que nos movemos tivo ese papel en tempos da Idade do Ferro, polo que a

Aquí a nova metalurxia expresase no emprego da técnica do forxado, propia tamén do tecnocomplexo Wilburton (Suarez Otero 2002). 63

204

josé suárez otero

ritualidade en causa pode ter que ver con circunstancias relacionadas con encontro/separación de grupos humanos asentados en lados distintos da cordal montañosa. As armas poderían xogar un papel importante na definición simbólica de territorios adxacentes no xeográfico, pero diferenciados no social e no político, mesmo no étnico -aínda que esto último, tan do gusto das recentes interpretacións arqueolóxicas, é menos doado de definir. En definitiva, as posibilidades interpretativas son varias e non se circunscreben necesariamente ós chamados “ritos de paso”. Mesmo non podemos descartar que estemos diante dunha fenomenoloxía que resposte a idiosincrasia de poboacións asentadas en áreas de montaña, paras as que eses portos e portelas non representasen a transición entre ámbitos distintos, senón o centro daquel que ocupaban. Unha interpretación baseada nun concepto tan xenérico como o xeográfico enfrontase coa polisemia do mesmo, derivando na relativización das distintas propostas posibles. Só con novos datos, especialmente si estes inclúen contextos, e cun mellor coñecemento do que acontece no Bronce Final nesas áreas xeográficas, abranguendo todolos aspectos posibles do arqueolóxico, poderemos afondar nunha fenomenoloxía que de momento tan so podemos constatar e esbozar, máis que definir.

BIBLIOGRAFÍA Almagro Basch, M.: Depósito de Río Sil. Inventaria Archaeologica E3. Madrid, 1960. Almagro Gorbea, M.: El Bronce Final y el Periodo Orientalizante en Extremadura, Madrid: Biblioteca Prehistorica Hispanica XIV (Madrid 1977). Arias Vilas, F.: “Novedades arqueolóxicas do Museo de Lugo”, Boletín Comisión de Monumentos de Lugo, nº 87-90, 1977/1978, 66. Bettancourt, A. M. S.: O povoado de Sao Juliao. Vila Verde, Norte de Portugal, nos finais da Idade do Bronce e nos inicios da Idade do Ferro. Braga: Cadernos de Arqueología, Monografías 10, 2000. Bettancourt, A. M. S.: “Aspectos da metalurgia do bronze durante a Proto-História do Entre Douro e Minho”, Arqueología 26 (2001), 13-40. Bowman, Sh. and Needham, S. (2007): “The Dunaverney and Little Thetford Flesh-Hooks: History, technology and their position within the Later Bronze Age Atlantic Zone Feasting Complex”, The Antiquaires Journal 87, p. 53-108. Brandherm, D.: Las espadas del Bronce Final en la Península Ibérica y Baleares. Stuttgart: Prähistorische Bronzefunde IV, 16, 2007.

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

205

Burgess, C. and O’Connor, B.: “Iberia, the Atlantic Bronze Age and the Mediterranean”, S. Celestino, N. Rafel, X.-L. Armada (eds.), Contacto cultural entre el Mediterráneo y el Atlántico (siglos XII-VIII ane). La precolonización a debate. Madrid: CSIC. Serie Arqueológica 11, 2008, 41-58. Carballo Arceo, X.: A cultura castrexa na Comarca de Deza, Colección Deza Básicos 4 (Lalín 2002), 368 pp. Carballo Arceo, X.: “La dorsal gallega como barrera intracultural durante la Edad del Hierro”, Madrider Mitteilungen 44 (2003), 333-345. Celis, J., Delibes, G., Fernández Manzano, J. y Grau, L.: El hallazgo leonés de Valdevimbre y los depósitos del Bronce Final Atlántico en la Península Ibérica, Diputación de León: Estudios y Catálogos 17 (León 2007), p. 90-105. Coffyn, A.: Le Bronze Final Atlantique dans la Péninsule Ibérique. Paris, 1985. Coelho Da Silva, A.: A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal. Paços de Ferreira, 1986. Coombs, D.: “Bronze Age Weapon Hoards in Britain”, Archaeologia Atlantica 1 (1975), 49-82. Coombs, D.: “The Wilburton complex and the Bronze Final II in Atlantic Europe”, P. Brun y C. Mordan ed., Le gruppe Rhin-Suisse-France Orientale et la notion de civilisation des Champs d’Urnes, Actas du Colloque de Nemours 1986. Mèmoires du Musée Préhistorique d’Ile de France 1 (1988), 575-581. De Blas Cortina, M. A.: “Nuevos testimonios metalúrgicos de la Edad del Bronce en el Centro- Occidente de la región cantábrica”, Veleia 8-9, 1991/1992, 109-137. De Blas Cortina, M. A. y Fernández Manzano, J.: “Asturias y Cantabria en el primer milenio a.C.”, Almagro, M. y Ruíz Zapatero, G., Paleontología de la Península Ibérica. Madrid. Complutum 2-3, 1992, 399-416. De Blas Cortina, M. A. y Villa Valdés, A.: “El cilco terminal de la Edad del Bronce y las raíces de la Cultura Castreña”, J. Rodríguez coord., Prehistoria de Asturias. Oviedo: Edit. Prensa Asturiana, S.A.U. (2007), 659-672. Delibes, G.: “Tres lanzas Cogotas I en el homenaje a Fernández Catón”, Escritos dedicados a José María Fernández Catón. León: Centro de Estudios e Investigación San Isidoro, 2004, 5-23. Delibes, G. y Fernández Manzano, J.: “Metalurgia del Bronce Final en la Meseta Norte: Nuevos datos para su estudio”, B.S.A.A. LII (1986), 5-23. Delibes, G. y Fernández Manzano, J.: “Relaciones entre Cogotas I y el Bronce Final Atlántico en la Meseta española”, en Chevillot, CH.; Coffyn, A. ed. (1991), L’Áge du Bronze Atlantique. Ses facies de l’Écosse á l’Andalousie et leurs relations avec le Bronze continental et la Méditerranée. Actes du 1er Colloque du Parc Archéologique de Beynac. Perigeaux: Pierre Fanlac ed.,1986, 203-212. Delibes, G., Fernández Manzano, J., Fontaneda Pérez, E., y Rovira LLorens, S.: Metalurgia de la Edad del Bronce en el piedemonte meridional de la Cordillera Cantábrica. La colección Fontaneda. Zamora: Arqueología de Castilla y León. Monografías nº 3, 1999. Delibes, G.; Fernández Manzano, J.; Herrán Martínez, J. I.: “Ejercicio de tipología con los bronces de Valdevimbre: ¿un escondrijo del Bronce Atlántico?”, in J. Celis, G. Delibes, J. Fernández y L. Grau ed., El hallazgo leonés de Valdevimbre y los depósitos del Bronce Final Atlántico en la Península Ibérica, Diputación de León: Estudios y Catálogos 17, 2007, p. 90-105.

206

josé suárez otero

Delibes, G.; Fernández Manzano, J.; Herrán Martínez, J. I.: “Los bronces de Valdevimbre y la metalurgia de Cogotas I”, in J. Celis, G. Delibes, J. Fernández y L. Grau ed., El hallazgo leonés de Valdevimbre y los depósitos del Bronce Final Atlántico en la Península Ibérica, Diputación de León: Estudios y Catálogos 17 2007, p. 106-131. Evans, J.: The Ancient Bronze Implements, Weapons and Ornaments of Great Britain and Ireland, London: Longmans, Green & co., 1881. Fernández Manzano, J.: Bronce Final en la Meseta Norte española: El utillaje metálico. Valladolid: Investigaciones arqueológicas en Castilla- León. Junta de Castilla-León, 1986. Fernández Manzano, J., Herrán Martínez, J. I., Rovira, S.: “Los depósitos metálicos burgaleses y la metalurgia del Bronce final en la Meseta Norte: algunas reflexiones”, Boletín Seminario de Arte y Arqueología LXXI (2005), 137-159. Filgueira Valverde, J. F. y García Alén, A.: Adiciones la carta arqueológica de la provincia de Pontevedra, El Museo de Pontevedra XIII (1959), p. 19-97. López Cuevillas, F.: “Armas ofrendadas al río Sil”, Zephyrus VI (1955), 234-240. Marques, J. A. M.: “Elementos para o estudo da Idade do Bronce no Alto Minho (Ponta de lança do Castro da Senhora da Graça – Monçao)”, Humanidades 4, 1984, 40-41. Martins, M.: A Citania de S. Julião, Vila Verde, Braga: Cadernos de Arqueologia, Monografías 2. 1988. Meijide Cameselle, G.: “Piezas de la Edad del bronce en el Museo de Terra de Melide”, Cuadernos de Estudios Gallegos XXXVIII, 103 (1989), 7-24. Monteagudo, L.: Die Beile auf der Iberischen Halbinsel, Prähistorische Bronzefunde IX, 6 (München 1977). Monteagudo, L.: “¿Koiné del Bronce Atlántico?”, I Coloquio Galaico- Minhoto (Ponte da Lima 1981), 365- 398. Monteagudo, L.: García Alén, A. e Lois Meijomil, J., “El hacha de Salto (Rodeiro) y las primeras hachas de dos asas en Europa”, El Museo de Pontevedra XXXV, 1981, 117-162. Needham, S., Bronk Ramsey, C., Coombs, D., Cartwright, C., and Pettitt, P.: “An independent chronology for British Bronze Age metalwork: the results of the Oxford Radiocarbon Accelerator Programme”, Archaeological Journal 154, 1997, 55-107. Peña Santos, A. de la: “Neue bronzezeitliche Funde im Museo Provincial von Pontevedra”, Madrider Mitteilungen 26, 1985, 22-28. Polín, R.: Camiño Primitivo de Santiago. Guía Histórica e cartográfica. Santiago: Xunta de Galicia, 2006 a. Polín, R.: Camín de Burón. Guía histórica y cartográfica do Camiño Primitivo de Santiago na Fonsagrada. Santiago: Xunta de Galicia, 2006 b. Ruiz-Gálvez Priego, M. L.: “El depósito de Hío (Pontevedra) y el final de la Edad del Bronce en la fachada atlántica peninsular”, El Museo de Pontevedra XXXIII (1979), 129-150. Ruíz-Gálvez Priego, M. L.: La península Ibérica y sus relaciones con el círculo cultural atlántico. Madrid, 1984.

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

207

Ruíz-Gálvez Priego, M. L.: “Navegación y comercio entre el Atlántico y el Mediterráneo a fines de la Edad del Bronce”, Trabajos de Prehistoria 43 (1986), 9-42. Ruíz-Gálvez Priego, M. L.: “Bronce Atlántico y “cultura” del Bronce Atlántico en la Península Ibérica”, Trabajos de Prehistoria 44, 1987, 251-264. Ruíz-Gálvez Priego, M. L.: Ritos de paso y puntos de paso. La ría de Huelva en el Mundo del Bronce Final europeo, Madrid: Complutum, extra 5,1995. Senna-Martínez, J. C.: “Depósitos “versus” oficinas de fundidor: problemas contextuales de la arqueometalurgia en Portugal”, J. Celis, G. Delibes, J. Fernández y L. Grau ed., El hallazgo leonés de Valdevimbre y los depósitos del Bronce Final Atlántico en la Península Ibérica, León: Diputación de León: Estudios y Catálogos 17, 2007, p. 258-279. Suárez Otero, J.: “Un vaso tumular de Outeiro de Rei: sobre unha variedade nova de vaso de borde revirado”, A Croa 6 (1997), 22- 29. Suárez Otero, J.: “Die Bronzezeit in Galicien”, Madrider Mitteilungen 43 (2002), 1-21. Suárez Otero, J.: “El puñal de Mesa de Montes. Metalurgia y cultura en el Bronce Atlántico del NO hispánico”, Gallaecia 21 (2002), 87-114. Suárez Otero, J.: “Punta de lanza de Dozón”, Singul, F. y Suárez, J. ed., Hasta el confín del mundo. Diálogos entre Santiago y el Mar (Vigo: Xunata de Galicia, 2004), 24. Suárez Otero, J.: “Hachas de talón decoradas: un fósil de la ritualidad en torno a la producción metalúrgica del Bronce Final gallego”, in J. Celis, G. Delibes, J. Fernández y L. Grau ed., El hallazgo leonés de Valdevimbre y los depósitos del Bronce Final Atlántico en la Península Ibérica, León: Diputación de León: Estudios y Catálogos 17, 2007, 290-297. Suárez Otero, J.: “Unha punta de lanza do Bronce Final de Dozón”, Ourense: Museo Arqueolóxico Provincial. Peza do Mes, xaneiro 2012. Suárez Otero, J. e Carballo Arceo, X.: “Brandaríz (Vila de Cruces, Pontevedra). Unha nova punta de lanza do Bronce Final no NO hispánico”, Boletín Auriense XXXI (2001), 9-34. Tenreiro Bermúdez, M: “Arrojar la lanza: un ritual jurídico en una crónica castellana del siglo XV y sus paralelos”, Anuario Brigantino 28 (2005), 65-76. Villa Valdés, A. ed.: Museo Castro de Chao Sanmartín. Grandas de Salime, Asturias. Oviedo: Consejería de Cultura y Turismo del Principado de Asturias, 2009.

208

josé suárez otero

Fig. 1. Dozón: O contexto xeográfico: A zona central da Dorsal Galega. 1. Localización. 2. Orografía, áreas de paso e castros (seg. X. Carballo 2003): A area de paso 3 e os castros nº 28, 29 e 30 definen o marco xeográfico probable da punta de lanza).

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

Fig.2. Punta de lanza de Dozón no Museo de Ourense.

209

josé suárez otero

1 2 3 4 5

210

Fig. 3. Dozón. Punta de lanza no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. (Arquivo gráfico MAP Ourense).

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

211

Fig. 4. Dozón (Pontevedra). Punta de lanza no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense: Detalles do encabamento (Arquivo gráfico MAP Ourense).

josé suárez otero

1 2 3 4 5

212

Fig. 5. Punta de lanza de Dozón no Museo de Pontevedra (Arquivo gráfico Museo de Pontevedra).

213

1 2 3 4 5

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

Fig. 6. Punta de lanza. Monforte de Lemos (acobillo?). Museo de Pontevedra. (Foto Arquivo gráfico Museo de Pontevedra; dibuxo L. Monteagudo 1977).

214

josé suárez otero

Fig. 7. Depósito de Wilburton (Cambridgeshire): Puntas de lanza (Segundo John Evans).

unha punta de lanza do bronce final en dozón. pontevedra

A

215

B

C D Fig.8. Nos límites funcionais da “punta de lanza”: A. Mondreganes, León (Fernández Manzano, 1986); B. Renedo de Valderaduey, León (Delibes et alii, 1999); C. Dozón; D. La Llaguna de Fana, Asturias (De Blas 1991/1992). Esc. ½.

Lihat lebih banyak...

Comentários

Copyright © 2017 DADOSPDF Inc.